miércoles, 20 de noviembre del 2013 | la voz de la escuela

orientación educativa >>

3

> LOS DEBERES

¿Cando teñen sentido os deberes?
Criterios que deben cumprir as tarefas para ser eficaces
Sentido do deber, responsabilidade, disciplina ou hábito de traballo son algúns dos conceptos que manexan con máis frecuencia os defensores dos deberes escolares, que se botan as mans á cabeza cando xorden casos de rebeldía nos que son os propios pais os que se negan a machucar aos seus fillos coas tarefas. Ata agora estes proxenitores, detractores dos deberes, tiñan do seu lado a lei: a lexislación autonómica galega vixente (Orde 22/7/1997) prohibe os deberes en infantil e primeiro ciclo de primaria e redúceos a «casos excepcionais» e «de forma ocasional» en segundo e terceiro ciclo. Pero a última noticia sobre este tema é que está anunciada unha nova normativa pola que se dará vía libre aos centros educativos para decidir se mandan deberes para casa ou non. Na práctica, e a pesar da lexislación, as tarefas para casa están á orde do día na maioría dos centros educativos. ¿Cambiarán agora as cousas coas novas disposicións legais? En todo caso, é conveniente ter presentes as vantaxes e desvantaxes dos deberes escolares. Hoxe toca falar dos seus beneficios:

ESCUELA DE PADRES

■ TEMA DO MES: Os deberes. ■ ETAPA: Educación obrigatoria. ■ COMPORTAMENTOS A

EVITAR: Desprezar as tarefas escolares en todos os casos e en calquera circunstancia.
■ ALGUNHAS CLAVES:Conse-

guir que os fillos repartan o seu tempo diario entre o horario escolar, as actividades, os deberes e o tempo de descanso de forma equilibrada.
■ A FRASE: «Os traballos ex-

PEPA LOSADA

Convén que os deberes conecten coa cultura audiovisual e a sociedade da información

VANTAXES ■ Reforzan o aprendido en clase. Serven para afianzar coñecementos, dominar destrezas básicas e asimilar aprendizaxes que doutro xeito quedarían no aire. ■ Crean un hábito de traballo diario, e obrigan a pór en práctica métodos de estudo, fundamentais para superar a educación secundaria. ■ Obrigan ao alumno a organizar o

seu traballo, a programar os tempos e a aumentar a súa autonomía progresivamente. ■ Supoñen pór en práctica o valor do esforzo, a perseveranza e o sentido da responsabilidade. ■ Fomentan a capacidade de concentración e de razoamento, e a memoria. ■ Permiten desenvolver habilidades de procura de información, investigación e selección de recursos para completar os coñecementos.

■ É unha forma de que os pais estean implicados na evolución escolar dos seus fillos e de observar de cerca a súa capacidade de organización, atención e dominio de destrezas básicas. ■ Son un instrumento esencial para que o profesor verifique os progresos do alumno e avalíe se asimilou con eficacia os contidos impartidos na aula.

traescolares (deberes) dirixiranse ao mellor aproveitamento educativo do tempo libre e ao desenvolvemento da creatividade e sociabilidade. Serán acordes coas características específicas de cada alumno e respectarán, en todo caso, as súas necesidades lúdicas, de convivencia familiar e de descanso» (Orde 22/7/1997 do «DOG»).
■ PARA SABER MÁIS: El PP pre-

> Ana T. Jack
anatjack@edu.xunta.es

vé que la modificación de la norma sobre los deberes (bit. ly/HuwZqR) entre en vigor el próximo curso (bit.ly/1auz0NS).

Tarefas intelixentes
Mandar deberes para casa pode achegar beneficios ao alumno, a condición de que cumpran uns criterios básicos: ■ Que os poidan facer eles sos de forma autónoma, sen que un adulto (os propios pais ou un profesor particular) teña que estar ao seu lado para explicar os contidos e guiar a tarefa. ■ Que non sexan excesivos: nin de todas as materias nin todos os días. Para iso é imprescindible que os profesores se coordinen entre si. ■ Que non lles obriguen a renunciar a actividades extraescolares (música, pintura, xadrez...) ou á práctica dun deporte por falta de tempo. ■ Que lles permitan dispor a diario de tempo para xogar, ler, ou estar coa familia. Non debemos esquecer que estas actividades son fundamentais para o seu desenvolvemento persoal, social e emocional. ■ Que sexan tarefas individualizadas, adaptadas ás necesidades de cada alumno. Por exemplo, a Luis vénlle ben practicar a lectura comprensiva, a Marta repasar a táboa de multiplicar, a Raquel a caligrafía... ■ Que teñan en conta os diferentes ritmos e capacidades de traballo (se cadra Antón faino en media hora, pero Alba pasarase case tres horas loitando cos exercicios de matemáticas). Unha solución é establecer polo menos dous niveis de actividades: as obrigatorias e as voluntarias ou de ampliación. ■ Que sexan actividades que sirvan para repasar conceptos xa aprendidos en clase (e non se aproveite para meter contidos novos). ■ Que teñan moi presentes, sobre todo en primaria, as destrezas básicas: lectura comprensiva, expresión escrita e cálculo básico. ■ Que non sexan máis do mesmo: que favorezan a creatividade. Que estean relacionados coa experimentación e investigación (non só libro de texto, caderno e cóbados). Por exemplo: visitas a museos e bibliotecas, análises de noticias, manualidades, problema de enxeño... ■ Que estean conectados coa cultura audiovisual e a sociedade da información na que naceron (visionado de películas, procura en Internet, elaboración de power points, webquest, programas informáticos de deseño, redes sociais...). ■ Que sexan actividades atractivas e motivadoras, non monótonas, repetitivas e pesadas. ■ ¡Que non quiten as ganas de aprender! ■ Que fomenten o traballo en equipo, o compañeirismo e o éxito colectivo. ■ Que sexan revisados e corrixidos polo profesor, para dar ao alumno información acerca dos acertos obtidos e os erros a mellorar. ■ ¡Que non aumenten para o fin de semana ou en períodos vacacionais! Estes días son para descansar e para facer outro tipo de actividades.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful

Master Your Semester with Scribd & The New York Times

Special offer for students: Only $4.99/month.

Master Your Semester with a Special Offer from Scribd & The New York Times

Cancel anytime.