Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

GLOBALIZACIÓN
Identificar en cada un dos catro casos a súa pertenza ás seguintes categorías: Globalizado, Interdisciplinario ou Sumatorio de contidos, argumentando as razóns que vos levan a establecer a identificación correspondente.

Caso 1
 Categoría á que pertence e por que.

Este primeiro caso pertence a categoría de sumatorio de contidos con rasgos de interdisciplinariedade, xa que se utiliza “O Mar” como escusa para traballar actividades que non están relacionadas. Trátanse dende ás distintas áreas, aínda que os coñecementos se manteñan illados. Ademais, a eliminación dunha actividade non inflúe sobre o desenvolvemento das outras.  Papel do profesorado.

Á hora de elixir o tema, o profesorado, non parte dos intereses do alumnado e non existe consenso sobre o que se desexa tratar na aula, xa que o docente segue estritamente a programación didáctica anual. O docente manda realizar uns exercicios programados e trabállase sobre o mar de xeito moi abstracto. Tampouco se indica a finalidade dos exercicios expostos.  Papel do alumnado.

O alumnado realiza as actividades impostas polos docentes e tan só teñen “voz” na actividade da Asemblea. Non desempeñan un papel activo, xa que a execución da maior partes dos exercicios non promove a acción e non hai investigación por parte dos alumnos.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Competencias básicas.

A execución das actividades non permite o desenrolo das competencias básicas nin contribúe a concepción de coñecementos sobre o tema proposto, xa que non se profundiza no tema do “mar”.  Exercicios/ actividades.

Os exercicios que se realizan son moi mecánicos e están marcados e estipulados polo profesorado, polo que non permiten flexibilidade na súa execución nin participación activa do alumnado (agás, na asemblea) e non se indica a finalidade de cada actividade. Así mesmo, realizan exercicios pouco útiles, como por exemplo escribir receitas de peixes. O ideal sería que a levasen a cabo e sacar máis proveito do que fan.  Avaliación.

Non se mostra unha avaliación inicial e tan só teñen a xeito de avaliación final o recollido do realizado sobre o tema do mar nun libro.

Caso 2
 Categoría á que pertence y por que.

Este segundo caso pertence á categoría de sumatorio de contidos, xa que pretende usar o tema para traballar outros ámbitos como á motricidade fina por exemplo (execución de exercicios manuais).  Papel profesorado

O docente non parte das ideas previas dos discentes, encargados de levar a cabo o conxunto de actividades propostas. Non obstante, parece que nun principio se parte dun suposto punto de interese, xa que os alumnos viven nun entorno próximo os profesionais da pesca.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Papel do alumnado.

O alumnado posúe liberdade á hora de experimentar e manipular os útiles de pesca e á hora de facer preguntas os pais convidados. A pesar de que na biblioteca buscan libros, no resto de exercicios, o alumnado non desempeña un papel activo e limítase a realizar os exercicios mecánicos e estipulados polo mestre.  Competencias básicas.

Non se traballan nin se desenrolan competencias no proceso de ensinanzaaprendizaxe, feito fundamental na idade de Educación Primaria.  Exercicios/ actividades.

Os exercicios son mecánicos e non parten dos intereses do alumnado, polo que o docente non motiva a súa clase. O alumnado mantén contacto coa realidade, pois recibe a visita de expertos sobre o mar, cos cales interactúan. Non obstante, a visita semella non estar preparada e por iso, as preguntas que realizan os nenos e nenas non están preparadas nun guión previo do que queren saber. A manipulación dos útiles de pesca tampouco supón ningunha aprendizaxe, xa que se manipulan sen máis. Os alumnos poderían aproveitar máis a visita e empregala para facer preguntas sobre a faena no mar, aprender cal é o uso de cada un deses elementos marítimos, como se utilizan, etc. Nun dos exercicios, os alumnos traballan estratexias para facer historias sobre o mar pero non as levan á práctica, polo que os exercicios propostos non favorecen a adquisición de aprendizaxes significativas.  Non Avaliación se realiza ningunha actividade de avaliación inicial para partir dos

coñecementos previos que posúen os nenos, e a actividade de avaliación final se centra só na elaboración dunha serie de fichas.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Tampouco se fai un seguimento dos procesos evolutivos dos alumnos na súa aprendizaxe, indispensable nesta etapa para subsanar dificultades e reforzar positivamente os logros conseguidos.

Caso 3
 Categoría á que pertence y por que.

Este terceiro caso pertence á categoría do coñecemento relacional, xa que o tema xorde da interacción coa realidade (unha alumna que chega á clase cunha bolsa chea de cunchas) polo que podemos dicir que parte dos intereses do alumnado.  Papel do profesorado.

O docente neste caso actúa como guía e organizador das aprendizaxes, parte dos intereses dos discentes, e planifica como levar a cabo as distintas actividades e que facer coa información e os útiles obtidos do estudo do tema do “Mar”. Aínda que as actividades que se realizan na clase xorden dun consenso entre o docente e o alumnado, o profesor desempeña un papel moi importante xa que traballa e planifica.  Papel alumnado.

Os nenos recollen obxectos relacionados co tema e recopilan información sobre o mar realizando posteriormente unha posta en común na clase, polo que desempeñan un papel moi activo. Eles mesmos deciden xunto co docente, as actividades que van a realizar, polo que estas son flexibles porque seguen o seus ritmos e necesidades. Ademais, os alumnos toman parte na súa propia aprendizaxe, xa que reflexionan sobre o que aínda non saben, tomando conciencia dos coñecementos que posúen e dos que aínda lles quedan por aprender.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Competencias básicas.

Neste caso desenrólanse as competencias a través de actividades e tarefas complexas como a retroalimentación, á hora de subsanar mediante diferentes fontes as dúbidas que van xurdindo entre os alumnos e alumnas na aula, realizando exposicións das preguntas que lle suscita o tema e propoñendo solucións para resolvelas. As competencias que máis se traballan son o Tratamento da Información, a Autonomía e Iniciativa Persoal, a competencia en Comunicación Lingüística e a competencia para Aprender a Aprender.  Exercicios/ actividades.

Os actividades están moi ben plantexadas, posto que permiten ao alumnado traballar de forma activa no proceso de ensinanza-aprendizaxe. As actividades promoven a iniciativa, a organización e a aprendizaxe, axudándose uns alumnos a outros e corrixindo erros.  Avaliación.

Como avaliación inicial hai unha asemblea ao comezo, no que expoñen cousas que saben sobre o mar, e durante o transcurso do tema van aprendendo mediante a corrección de erros que tiñan. Sen embargo, ao final non se realiza ningún tipo de avaliación final para saber se realmente os alumnos posúen nocións básicas sobre o tema.

Caso 4
 Categoría á que pertence y por que.

Este cuarto caso pertence á categoría da interdisciplinariedade, xa que os contidos están dispostos por áreas de xeito que cada unha delas aporta algo ao tema tratado.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Isto supón a integración de todos os docentes que participan neste proxecto.  Papel do profesorado.

Como se di anteriormente, os docentes teñen un papel colaborativo e tamén organizador, sen embargo os exercicios que preparan son moi ríxidos e non permiten que os discentes experimenten, facendo que teñan un papel pasivo. Ademais ao non facer avaliación inicial non saben o nivel de coñecementos previos do alumnado.  Papel do alumnado.

O alumnado ten en todo momento unha participación pasiva, xa que só se limita a realizar as tarefas impostas polo profesorado.  Competencias básicas.

Neste caso aínda que se traballa dende distintas áreas non se traballa de forma óptima as competencias, pois os exercicios realizados non favorecen a súa adquisición. Non obstante, se traballa de forma lixeira a Autonomía e Iniciativa persoal e a competencia Matemática no xogo simbólico.  Exercicios/ actividades.

Os exercicios que se levan a cabo son moi ríxidos e están moi dirixidos, polo que non permiten que o alumnado mostre as súas ideas ou que podan xurdir novos exercicios, partindo dos seus intereses. Poderíase destacar a o recanto de xogo simbólico no que o alumnado realiza compra -venda de produtos do mar, que é un dos puntos fortes deste caso, posto que permite aos alumnos ter unha participación máis activa, fomentando a súa autonomía e iniciativa persoal, pois este tipo de actividades son útiles para que os nenos aprendan a desenrolarse na vida cotiá.

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Avaliación.

Non se realiza unha avaliación inicial, polo que os docentes descoñecen dende que punto partir e non teñen en conta a curiosidade e os coñecementos previos do alumnado no tema que van tratar. Tampouco se realiza un seguimento dos alumnos durante o proceso de ensinanzaaprendizaxe. Finalmente, a modo de avaliación final o alumnado recolle todo o que realizou nun mural.