O TRABALLO POR PROXECTOS

ELABORACIÓN ARTESANAL DO XABÓN

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Tomando como referencia o libro de Azucena Arias “O proxectos”, elaboramos un proxecto sobre a elaboración xabón, contextualizando o que fixemos nós na clase Experimentais, pero coma se fose levado a cabo nunha clase Primaria. O resultado da nosa proposta é o seguinte: FABRICACIÓN ARTESANAL DO XABÓN

traballo por artesanal do de Ciencias de Educación

Na clase do segundo curso do terceiro ciclo de educación primaria (6º curso) dun colexio público do centro da cidade de Pontevedra, despois de realizar unhas modelaxes con barro na materia de Educación Plástica e Visual, foron todos ó baño para lavarse ben as mans. Cando chegaron ó lugar, un compañeiro que estaba enxugando as mans preguntoulle á mestra por qué facía escuma o xabón. A partir de aí, o interese do alumnado comeza a aparecer e ao volver á clase, decídese seguir falando do tema. Alí comeza un gran debate no que participaron en maior ou menor medida tódolos nenos e nenas da clase, pero como era a hora de marchar e non quedaba máis tempo, decidiron continuar outro día. Ó día seguinte, na materia de Coñecemento do Medio, Ana amosou á toda a clase unha pastilla de xabón que trouxo da súa casa. O xabón era de cor amarela e tiña forma de estrela. Como os alumnos mostraron moito interese polo xabón, o titor propuxo facer unha pequena investigación para afondar máis no tema e poder así satisfacer a curiosidade dos cativos.

Fase de preparación do proxecto:

Unha vez decidido o tema introducido pola pregunta dun dos alumnos, o profesor realiza unha avaliación diagnóstica para saber os coñecementos previos que xa teñen os alumnos e alumnas acerca do tema a tratar. Para iniciar esta avaliación inicial o docente realiza a seguinte pregunta en alto para toda a clase: ¿Qué sabedes do xabón?

2

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo A partir de ese intre, os alumnos comezaron a falar de xeito alborotado e polo tanto, decidiron que sería mellor que cada un levantase a mano e que aportase a información que quixese. A medida que os nenos e nenas ían dicindo o que xa sabían sobre o xabón, o profesor ía anotando todo no taboleiro da clase. O resultado final das ideas previas foi o seguinte:           Non se pode comer. Saen burbullas ao mesturarse ca auga. Poden ser de cores. Teñen olor. Utilízase para limpeza. Pódese aromatizar. Poder ser sólido ou líquido. Ten diferentes PH. Fabricouse nos campos nazis. Ten que ver coa glicerina.          É un composto homoxéneo. Pica nos ollos. Fai espuma. Faise con sosa. Pódese facer con graxa de porco (animal ou vexetal). Hai que usalo con auga. Podemos darlle forma. Disolvese na auga. Úsase para lavar o corpo, o pelo, o coche, a roupa…

O estudo destas ideas e coñecementos previos que tiña o alumnado, fará que teñan que pensar, expresar e comunicar as súas experiencias, crenzas e valores. Mediante isto, tamén toman conciencia do seu punto de partida, así como tamén das diferenzas, dúbidas, contradicións, erros e distintos puntos de vista que pode haber na clase. Despois de facer a detección das ideas previas que tiñan os estudantes, proseguiuse coa formulación de dúbidas e preguntas, a partir das cales xurdiron tódalas curiosidades que os alumnos e as alumnas tiñan acerca do produto. Esta curiosidade xorde da seguinte pregunta que realiza novamente o profesor na aula: Que queredes saber do xabón?

Ante esta pregunta formuláronse moitas outras preguntas mediante a técnica do remuíño de ideas, que atendían ás dúbidas e ós intereses que tiña o alumnado acerca do tema. O que tiñan curiosidade por saber os estudantes sobre o tema é o seguinte:     Que é o xabón? Que reaccións acontecen na súa formación? Como se fai o xabón? Quen o inventou e cando? 3

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo                   Con qué se fai? Por que fai escuma? Que ocorre cando reacciona coa auga? Que é o PH? Por que pica nos ollos? Por que o xabón de glicerina reseca a pel? Por que se usa para limpar? Cales son as súas utilidades? Que é a glicerina? Como se facía o xabón nos campos de concentración nazis e por que? Por que ás veces é sólido e ás veces é líquido? Que se utiliza para darlle cor? Vantaxes do xabón artesanal fronte o químico. É o mesmo xabón de limpeza humana que o que se emprega para lavar a roupa? Por que estivo de moda o champo para cabalos nas persoas? Por que ten olor? Hai fábricas próximas? Segue aberta a fábrica da Toxa?

Como as preguntas eran abundantes, decidiron entre todos agrupalas por categorías para que fose máis doado buscalas posteriormente. As categorías que se propuxeron para dividir as preguntas foron as seguintes:     Composición: qué é o xabón e de qué elementos se compón. Caracterización: características do xabón. Orixe: orixe e historia do xabón. Fabricación: como se realiza o xabón e como poderiamos fabricalo na aula.

Toda esta información previa compilada, categorizada e debatida, conduce a que se investigue o tema para solucionar as dúbidas e completar así a información que o alumnado non posúe. Por iso, é necesario elaborar un guión entre todos para realizar propostas e levar a cabo esa investigación. Nese guión, o alumnado coa axuda do mestre, propón varias alternativas para buscar información. Os fontes que plantexan sobre onde poden facer a súa busca son os seguintes:       Preguntar nas casas (familias). Preguntar en tendas especializadas. Buscar na Internet. Ler as etiquetas do xabón. Buscar en libros. Visitar unha fábrica. 4

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo     Consultar a persoas expertas (profesor, químico…) Vídeos didácticos. Proxectar vídeos nas aulas. Enviar correos de consulta a empresas expertas.

Unha vez seleccionadas as fontes, o profesor realiza grupos de traballo para buscar a información. É importante que os grupos os realice o docente e que sexan heteroxéneos, para que así se facilite o proceso de ensinanzaaprendizaxe no grupo de iguais. Como a clase de 6º está composta por un total de 20 alumnos (11 nenas e 9 nenos), o mestre divide ós cativos en 5 grupos de 4 persoas cada un. Cada grupo será enumerado e deberá encargarse de buscar información en fontes diferentes:  O grupo 1, está formado por alumnos que viven nun medio rural e, polo tanto, será o encargado de buscar información preguntando ás súas familias (pais, nais, avós e avoas). O grupo 2 será o encargado de ir a biblioteca e realizar a súa busca en libros e enciclopedias diversas. O grupo 3 deberá realizar un itinerario das tendas especializadas da cidade de Pontevedra e ir a preguntar alí sobre o xabón. O grupo 4 encargarase de falar con persoas expertas. Para iso bastará con falar con diversos profesores de ciencias do colexio ou dalgún instituto da cidade. E por último, o grupo 5,deberá buscar información en internet.

Unha vez feitos os grupos, o profesor, coa axuda doutros docentes doutras materias axudará a cada un dos grupos a preparar as diversas técnicas para comezar a súa busca. Para iso, o grupo 1 elabora, coa axuda dun mestre, unha nota para levar a casa coas preguntas que cada un lle debe facer a súa respectiva familia. O grupo 2 visitará a biblioteca do centro cun profesor para que este lles explique cómo procurar un libro na biblioteca e como buscar información nel. O grupo 3 e o grupo 4 deberán realizar unhas preguntas para facer entrevistas ás persoas dependentes das tendas especializadas que haxa na cidade e as persoas expertas do tema. 5

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo Finalmente, co último grupo realizarase unha pequena práctica na aula de informática do centro para que aprendan a buscar en páxinas fiables de internet, como por exemplo google académico.

Fase de desenvolvemento do proxecto:

Despois de realizar os grupos de traballo, cada un deles deberá consultar as fontes que se lles asignaron e obter a información que se desexaba buscar e que está reflexada nas preguntas acerca de que querían saber. Tamén deberán realizar as notas ou comentarios oportunos, distinguir a información importante da secundaria e desbotar aquela información que sexa inútil. Tras a busca, o alumnado trae a clase toda a información que atopou sobre o tema e realizarase unha posta en común. Como a información é moi ampla, o alumnado en conxunto e coa axuda do profesor deberá seleccionar, analizar, clasificar, valorar, contrastar, reelaborar e esquematizar todo o que xa teñen sobre o xabón. Isto realizarase en varias sesión porque precisa moito tempo e coidado. En primeiro lugar cada grupo de alumnos comparte cos demais a información que atopou. Posteriormente, analízanse e valóranse tódolos contrastan entre os diferentes grupos de traballo. datos obtidos e se

Despois, se clasifica a información e se reelabora de xeito esquematizado. Para iso, os cativos fixeron entre todos un cadro resumo contestando a tódalas preguntas que se plantexaban ó principio do proceso. Este cadro resumo se expón a xeito de mural na entrada do colexio para que o poidan ver as familias, os profesores e o resto de alumnos e alumnas do centro que teñan interese no tema. O resultado do traballo do alumnado é o seguinte:

6

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo
COMPOSICIÓN Qué é o xabón e de qué elementos se compón
Qué é o xabón? É o produto da reacción química, chamada saponificación, entre un álcali (Hidróxeno de sodio ou potasio) e algún ácido graxo. Isto é, o xabón é unha sal de ácidos graxos que mediante a reacción de saporización forma xabón e glicerina. Ademais o xabón é emulsionante, o que significa que permite ao aceite estar en contacto ca auga. Qué é o PH? É unha medida de acidez ou alcalinidade dunha disolución. Indica a concentración de ións hidronio [H3O+] presentes en determinadas sustancias.

CARACTERIZACIÓN Características e utilidades do xabón
Ten olor Se utilizamos un aceite esencial para darlle olor ao xabón, ao votalo nunha asa alcalina, quentase e no proceso de saponificación perde forza xa que os aceites esenciais teñen pouca duración aromática. Tamén podemos usar aromas e perfumes ou combinar como desexemos estes tres elementos para darlle un olor agradable ao noso xabón artesán. Utilidades que ten (limpeza e hixiene) O xabón mata as materias vivas e retira a graxa. Utilizámolo para a hixiene persoal, da casa, do coche e de tódalas cousas que nos rodean. Temos xabóns específicos para cada cousa.

FABRICACIÓN Como se realiza e como poderiamos fabricalo na aula
Con qué se fai o xabón? Aceites procedentes da cociña (usados), vexetais ou animais (utilizase moito a graxa de porco), auga, sal común, sosa… Existen moitas “receitas” como a que nos mesmos usamos no laboratorio ou por exemplo a seguinte: - 3 litros de aceite de oliva usado. - 3 litros de auga. - 200 gramos de fariña. - 500 g de sosa. - 100 gramos de sal. Cómo se fai? Seguindo o procedemento que levamos a cabo no laboratorio: pesamos a sosa, usando un vidro de reloxo e o máis rapidamente que poidamos para evitar a carbonatación. Seguidamente botamos a sosa no vaso de precipitados con auga e remexemos coa variña. Posteriormente engadimos o aceite pouco a pouco e sen deixar de remexer sempre no mesmo sentido ata obter unha masa espesa. Se o desexamos podemos engadir perfume ou aroma. Finalmente colocámolo sobre unha placa petri ou sobre un molde e deixámolo secar. Cómo se facía o xabón nos campos de concentración? Facíanse empregando a graxa de cadáveres humanos.

ORIXE Orixe e historia do xabón
Quén o inventou? Créese a teoría de que inventouse na antiga Mesopotamia debido a que atopáronse tabriñas de arxila sumerias que mencionan a mestura que se obtería de ferver aceites con potasio, resinas e sal e sobre seus usos medicinais. Cándo se inventou? Baseándonos na cuestión anterior créese que se inventou fai uns tres mil anos na antiga Mesopotamia.

Ten a mesma composición un xabón para a hixiene persoal que un deterxente? Non, a principal diferenza entre eles atopámola nos grupos polares, nos xabóns é o grupo carboxilato (O=C-O-Na) mentres que nos deterxentes é o grupo SO3 Na. O deterxente é disolvente GH8 mentres o xabón é IJ45 para ademais facelo dunha forma corrosiva.

Pica nos ollos Débese a que está formado por sosa cáustica e outros compoñentes químicos que poden resultar irritantes en zonas sensibles como son os ollos ou calquera ferida que teñamos aberta. O xabón non deixa de ser unha sal ácida de graxas que ao estar en contacto directo cos ollos provoca escozor, irritación e picor.

Por qué estaba de moda o uso de champo para cabalos en persoas? Os humanos temos o pelo 3 veces máis fino cos cavalos ou o que é o mesmo, estes animais teñen 3 veces máis groso e forte o pelo cos humanos. Este foi o principal motivo polo que comezou a utilizar este tipo de produto

7

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo
tamén para o consumo humano e debido a que os seus ingredientes foron aprobados por la FDA, Food and Drug Administration, axencia dos Estados Unidos responsable da regulación de alimentos, medicamentos e cosméticos. Qué vantaxes ten o xabón artesanal ante o xabón de composición química? Os xabóns artesanais empregan só ingredientes vexetais moi beneficiosos para a saúde da nosa pel xa que posúe multitude de propiedades terapéuticas, manteñen toda a glicerina que é moi beneficiosa para a pel seca e sensible, non conteñen, non conteñen fragancias artificiais nin produtos químicos, non conteñen derivados do petróleo polo que axudamos o coidado do medio, se os fabricamos nos mesmos podemos elixir os aceites que mellor se axusten ás necesidades da nosa pel, podemos escoller materias primas naturais e de primeira calidade. Cómo se lle dá cor ao xabón? Para facer xabóns caseiros de cores podemos elixir entre una variedade de ingredientes naturais que nos permiten sacar uns xabóns con debuxos, marmolados ou con mesturas de cores. -Colorantes naturais para xabón: aceites vexetais, plantas e sementes moídas ou especias, pigmentos minerais e arxilas. Ás cores que teñen os aceites naturais, minerais ou arxilas que empreguemos serán as que teña o noso xabón. Forma escuma en contacto coa auga A combinación de aceites ou graxas con produtos alcalinos crea escuma de xabón, que suspende a suciedade mediante a creación dunha maior tensión superficial na auga (a escuma que forme o xabón ven condicionada polo tipo de aceite que este conteña) Por qué se facía xabón nos campos nazis? Os experimentos nos campos de concentración eran moi abundantes co pelos das mulleres xudías facían perrucas para as alamanas, arrancábanlle os dentes de ouro fundíanos para facer xoias. En canto ao de xabón hai moitas teoría, de feito algúns ata din que se trata dun mito de dominación histórica xurdido na Segunda Guerra Mundial, tamén na Segunda os aliados volveron dicir que Alemania utilizara graxa de cadáveres humanos para fins industriais, mostráronse algúns deste xabóns como evidencia nos xuízos de Núremberg. Non sabemos se isto é de todo cerco aínda que o Museo de Varsovia afirma gardar varias barras de xabón, supostamente feito a base de graxas xudías. Houbo ou hai fábricas preto? Si, a fábrica de La Toxa no Grove, PROQUIDEZA, S.L. Lalín (Pontevedra), PRODUCTOS DISICLIN, S.A. – Silleda

Pode ter cor? Si, pode tela dependendo das materias primas utilizadas na súa fabricación. O xabón vai adoptar a súa cor. Por exemplo: Se usamos aceites vexetais: Aceite de oliva verde = amarelo claro Aceite de aguacate = verde Aceite de polpa de espiño amarelo = laranxa Se usamos arxilas de cores manteranse no xabón. Se usamos pigmentos minerais obtemos cores estables aínda que nalgúns casos podemos

8

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo
ter cambios no xabón como acontece co pigmento violeta que no xabón convertese nun ton gris. Qué é a glicerina? Reseca a pel? A glicerina é un emoliente natural que ten un efecto refrescante na pel, e está elaborada a partir de graxa vexetal ou animal. En principio é un produto recomendado para pel seca, xa que é hidratante pero pode acontecer que seque a pel, se esta é delicada. O xabón para lavar a roupa é o mesmo que o que utilizamos na nosa hixiene diaria? Para está pregunta hai que diferenciar entre o xabón e o deterxente que sirve para lavar a roupa, o xabón é unha sal alcalina de un ácido graxo de cadea longa, sen embargo, os deterxentes son unha mestura de moitas sustancias. O seu compoñente activo é similar ao do xabón, a molécula que contén ten unha longa cadea cunha parte lipófila e outra hidrófila, pero os deterxentes solen ser un produto sintético derivado do petróleo. Continua aberta a fábrica da Toxa? Non, a fábrica pechouse en 2007 e trasladou a súa produción a Polonia aínda que aquí aínda están presentes ás tendas típicas situadas na Toxa.

Qué reaccións suceden na súa formación?

Ao finalizar a recollida de información, o alumnado realiza coa supervisión do profesor diversos tipos de actividades para consolidar as súas aprendizaxes.  A primeira delas e a visita a unha fábrica próxima a cidade. Para iso, entre toda a clase redactan un correo electrónico para mandarlle á fábrica e solicitar así a realización dunha visita guiada na que un experto lles poida explicar ós alumnos o funcionamento da empresa e a elaboración dos produtos. Para iso, realízase primeiro un borrador co que queren escribir. Despois corríxense as faltas de ortografía e finalmente se redacta de forma clara e precisa. Tamén realizan unha serie de preguntas para poder facerlle ós traballadores e profesionais da fábrica.

9

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo O docente, deberá ademais organizar a saída. Para iso deberá chamar e visitar primeiro a fábrica e despois contratar un autobús, establecer un presuposto e realizar as autorizacións para os pais e nais.  A segunda actividade e a elaboración de xabón artesanal na escola. A elaboración realízase da seguinte maneira:

      

Materiais: Un vaso de precipitados de 250 ml Unha variña de vidro 30 ml de auga 30 ml de aceite (usado) 5 gramos de sosa cáustica Luvas Lentes de seguridade

Procedemento: 1. Pesamos a sosa usando un vidro de reloxo e o máis rápido que poidamos para evitar a carbonatación. 2. Botamos a sosa no vaso de precipitados e a auga. Remexemos coa variña. Que observas? 3. Agora engade o aceite aos poucos, remexendo coa variña SEMPRE NO MESMO SENTIDO. Este proceso dura aproximadamente unha hora ata obter unha sorte de pasta (da consistencia da maionesa). 4. Se queres aromatizalo ou botarlle colorante, agora é o momento 5. Envorcámolo sobre unha placa Petri ou sobre un molde contido nun cristalizador ou na propia caixa Petri. 6. Deixámolo reposar un par de días e obteremos un xabón útil para fregar louza ou lavar roupa e, sobre todo, para tirar manchas de graxa da roupa.

Ao levar a cabo esta actividade, os alumnos puideron experimentar por eles mesmos as reaccións químicas que se producen durante este proceso, como por exemplo a reacción exotérmica que se produce cando a auga se quenta ao estar en contacto coa sosa cáustica.

10

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo O alumnado sacou fotos durante o proceso para realizar posteriormente un mural co procedemento da fabricación do xabón.

Nesta fotografía, pódese observar como un grupo de alumnos, despois de medir a cantidade de aceite, mestúrana coa auga. A sosa caústica xa está disolta.

Nesta imaxe, o aceite xa está mesturado coa auga e un alumno está remexendo.

Resultado final dos xabóns.

11

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Fase de valoración do proxecto:

Unha vez que se termina a investigación e se levan a cabo as actividades complexas, hai que realizar unha avaliación final conxunta de todo o proceso. Nesta valoración os alumnos e alumnas deben ser críticos para realizar unha autoevaluación das súas aprendizaxes. De este xeito, deberán contestar ás preguntas que lles formule novamente o docente:
-

Qué aprendestes e que vos falta por aprender?

Como resposta a esta pregunta os alumnos e alumnas da clase de 6º de primaria responderon que aprederon os diferentes usos do xabón, a súa orixe, composición e outros datos curiosos sobre él. Ademáis de aprender contidos sobre o tema, tamén aprenderon a realizar investigacións, buscando de xeito crítico a información que precisan. Para iso foi necesario seleccionar, analizar, clasificar, constrastar e esquematizar, tarefa á que non están moi acostumados os cativos. Finalmente, cabe destacar que aprenderon a buscar información en diferentes fontes e a traballar cooperativamente en grupo e responsabilizándose cada un do seu propio traballo autónomo. Así mesmo, o que lles falta por aprender todavía e moito, xa que como di o refrán o saber non ocupa lugar. Quizáis poderían traballar con outros métodos e realizar técnicas diferentes para obter a información. Tamén poderían plantexarse outras preguntas como por exemplo:
-

Como será o xabón detro de 100 anos? Onde se mercará? Usarase para o mesmo?

Finalmente, de tódolos proxectos sempre poderían saír outros temas de interese para traballar co alumnado. Así, este proxecto podería dar lugar a outras investigacións. Algunhas delas, relacionadas directamente con esta do xabón, sería facer por exemplo un proxecto sobre a hixiene ou investigar a relación existente entre o xabón e a saúde e o campo da medicina. Cabe destacar que nun proxecto a duración depende totalmente do alumnado, pois o traballo remata cando remata o interese e curiosidade dos estudantes.

12

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo Os proxectos, aínda que parezan que xorden repentinamente e todo se fai sobre a marcha, o profesorado deber traballar moito e planificar o que se vai levar a cabo na aula. Ademais, tamén deberá motivar ó alumnado e actuar como guía, pois nos proxectos son os alumnados os protagonistas do seu propio aprendizaxe, desempeñando sempre un papel moi activo. En canto a planificación ou programación deste proxecto do xabón, móstrase detalladamente na seguinte táboa:

ELABORACIÓN ARTESANAL DE XABÓN
A metodoloxía do proxecto da elaboración do xabón contribúe a traballar no alumnado as seguintes competencias básicas: Competencia en comunicación lingüística porque permite posuír destrezas para producir diversos textos e verbalizar procesos, conceptos e ideas, resumir informacións, regular intercambios comunicativos e adquirir actitude de saber escoitar e saber contrastar ideas e opinións. Competencia social e cidadá, xa que permite participar activamente no traballo de clase, ter destreza para expresar as propias ideas escoitando as alleas e tomar decisións. Tamén permite adquirir unha actitude de respecto e de cooperación no traballo en grupo. Tratamento da información e competencia dixital, posto que permite coñecer diferentes tipos e fontes de información e posuír destrezas relacionadas coa busca, selección, recollida e procesamento da información de xeito crítico e responsable ante o uso das TIC e na valoración da información e do uso das fontes. Competencia para aprender a aprender porque permite coñecer e ser consciente do que se sabe e do que falta por aprender, de controlar os procesos de aprendizaxe, adquirindo unha actitude de participación activa. Tamén permite aceptar os erros e aprender dos demais.

-

Competencias que contribúe a desenvolver

-

-

-

Autonomía e iniciativa persoal, xa que permite ser responsable, planificar, comunicar, tomar decisións e saber cooperar cos demais. As áreas do currículum máis directamente relacionadas e que se traballan neste proxecto son:

Áreas que interveñen e relación entre elas.

-

Coñecemento do medio natural, social e cultural: esta área intervén no proxecto xa que o alumnado traballa cun tema que está directamente relacionado cos seres humanos e a saúde. Así mesmo, se traballa coa composición, características, fabricación e orixe do xabón, que é un composto químico que se elabora con elementos

13

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo
naturais. Lingua castelá ou lingua galega: por ser o vehículo de comunicación que utilicen e no que se exprese o alumnado. O obxectivo deste proxecto non é so que o alumnado aprenda conceptos e coñecementos que lles interesa do xabón, senón que sexan capaces de planificar e dirixir o seu propio aprendizaxe traballando cooperativamente con outros compañeiros, fomentando unha actitude crítica con respecto a determinar o que saben e o que lles falta por aprender, e sabendo buscar, seleccionar, analizar, contrastar, sintetizar a información recollida de diversas fontes. O xabón e a súa composición, características, orixe e fabricación. A temporalización dun proxecto depende do alumnado, xa que cando remata o interese e a curiosidade dos alumnos e alumnas, remata o proxecto. Non obstante, o proxecto da elaboración artesanal do xabón que se realizou no laboratorio (fabricación do xabón), na aula (planificación do mesmo) e fóra da institución escolar (recollida de información), durou aproximadamente 3 semanas. No proxecto levarase a cabo diferentes tipos de avaliación: Autoevaluación: xa que os alumnos serán críticos coas súas propias aprendizaxes, determinando que aprenderon e que lles falta por aprender aínda. Avaliación inicial: posto que antes de comezar o proxecto realizouse unha avaliación sobre as ideas previas que tiña o alumnado sobre o xabón. Avaliación continua e formativa: xa que os alumnos observan os procesos que realizan das súas aprendizaxes durante todo o proxecto para mellorar e axustar o proceso de ensinanza-aprendizaxe sobre a marcha. Avaliación final e sumativa: posto que o alumnado é consciente dos contidos que acadou ó longo do proceso educativo vendo tamén a evolución das súas aprendizaxes.

Obxectivos.

Contidos.

Temporalización.

-

-

Avaliación. Instrumentos. Indicadores de éxito.

-

Como técnicas e instrumentos de avaliación se empregan os seguintes: Informes: mediante esta técnica podemos empregar instrumentos como debates e pequenas investigacións nos que o alumnado exprese as súas ideas e opinións e busque información sobre o tema do xabón. Observación: mediante esta técnica podemos realizar diarios de clase ou rexistro de anécdotas no que se recollan datos sobre a execución das tareas do alumnado. Análises de contido: mediante a revisión das tareas valórase o nivel de comprensión e execución do alumnado.

-

-

14

Francisco Argibay Juncal Noemí Dopazo Alonso Nuria Fernández Balo

Recursos e materiais. Fontes probables.

Os indicadores de éxito dun proxecto son que o alumnado participe de forma activa e motivada no proceso porque ten interese e curiosidade polo tema. Como recursos materiais contamos con material escolar (bolígrafos, folios, rotuladores, etc.), recursos TIC como ordenadores e os diversos libros e enciclopedias que se atopan na biblioteca do centro. As fontes onde se pode buscar a información son a internet, os libros e enciclopedias, as familias do alumnado, diversos profesores e expertos na materia, comerciais especialistas, fábricas e empresas e vídeos didácticos. De tódolos proxectos sempre poderían saír outros temas de interese para traballar co alumnado. Así, este proxecto podería dar lugar a outras investigacións relacionadas directamente co xabón, como por exemplo facer un proxecto sobre a hixiene ou investigar a relación existente entre o xabón e a saúde e o campo da medicina.

Posibles proxectos relacionados e posibilidades de ampliación.

15