FRANCISCO ARGIBAY JUNCAL NOEMÍ DOPAZO ALONSO NURIA FERNÁNDEZ BALO

ACTIVIDADE 7
a) Relación entre a competencia de coñecemento e interacción co mundo físico e outras competencias: Utiliza o Currículo de E. Primaria para realizar as tarefas e responder ás preguntas que se indican. Na descrición da “ competencia en coñecemento e interacción co mundo físico” aparece o seguinte parágrafo: “Así mesmo, a competencia de interactuar co espazo físico leva implícito ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, o seu asentamento, a súa actividade, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes, así como da importancia de que todos os seres humanos se beneficien do desenvolvemento e de que este procure a conservación dos recursos e a diversidade natural, e se manteña a solidariedade global e interxeracional. Supón, así mesmo, demostrar espírito crítico na observación da realidade e na análise das mensaxes informativas e publicitarias, así como adquirir uns hábitos de consumo responsables na vida cotiá”.

Relaciónao

con

UN

parágrafo

da

competencia

en

tratamento da información e competencia dixital. Xustifica a túa resposta. (Podes indicar o número de parágrafo).

Relacionamos a descripción da competencia de “Coñecemento e interacción co mundo físico” co quinto parágrafo da competencia en “Tratamento da información e competencia dixital”: A competencia dixital inclúe utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación extraendo o seu máximo rendemento a partir da comprensión da natureza e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto que eses cambios teñen no mundo persoal e sociolaboral. Así mesmo, supón manexar estratexias para identificar e resolver os problemas habituais de software e de hardware que vaian xurdindo. Igualmente, permite aproveitar a información que proporcionan e analizala de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica, coñecendo e relacionándose con contornos físicos e sociais cada vez máis amplos. Ademais de utilizalas como ferramenta para organizar a información, procesala e orientala para conseguir obxectivos e fins de aprendizaxe, traballo e lecer previamente establecidos.

Cremos que este parágrafo é o que mellor se corresponde co descrito da “Competencia en coñecemento e interacción co mundo físico” seguintes razóns: Ambos parágrafos supoñen adquirir un espírito crítico no tratamento da información e na observación da realidade, xa que as persoas deben seleccionar, analizar e sintetizar a información obtida para sacar o máximo proveito dela e responder as súas necesidades. Ser conscientes da importancia e influencia das novas tecnoloxías na vida cotiá das persoas e empregalas de xeito responsable. polas

-

Supón ter una autonomía e iniciativa persoal por parte das persoas

★ Nota: nun primeiro momento, realizamos a selección dun parágrafo completo do currículo de Educación Primaria. Posteriormente, a partir da posta en común cos compañeiros no laboratorio, decátamonos de que o labor que tiñamos que realizar consistía en resumir un parágrafo, escollido segundo o que nos considerasemos que incluía todos aqueles aspectos importantes do texto que ven proposto na actividade. Unha vez subsanado este erro, mostramos a selección das frases que nos consideramos de maior importancia e representatividade dentro da extensión do parágrafo escollido. Non obstante, éstas están marcadas noutra cor na primeira selección que fixemos. “A competencia dixital inclúe utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación extraendo o seu máximo rendemento a partir da comprensión da natureza e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto que eses cambios teñen no mundo persoal e sociolaboral. Igualmente, permite aproveitar a información que proporcionan e analizala de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo, coñecendo e relacionándose con contornos físicos e sociais cada vez máis amplos”.

b) Relación entre competencias e os criterios de avaliación: - No currículo de E, Primaria, área de CMNSC (3º ciclo), áchase o seguinte criterio de avaliación: “Identificar algúns dos usos que as persoas fan dos recursos naturais e da enerxía, así como agunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados, valorando o seu impacto a curto e longo prazo. Propor exemplos dos efectos da contaminación sobre as persoas, as plantas, os animais e os seus contornos, así como diferentes formas de previr ou reducir a contaminación do aire, da auga e da terra. Este criterio pretende avaliar o grao de coñecemento da utilización humana dos recursos naturais e da enerxía, os cambios ocasionados no medio natural, os efectos dalgúns tipos comúns de contaminación e a capacidade de prevención con condutas reponsables”.

Con que competencias se relaciona? Baseándote no texto e na descrición ampla de cada unha das competencias (Currículo de EP), xustifica a túa resposta

O criterio de avaliación, pertencente a área de “Coñecemento do Medio natural, social e cultural” do terceiro ciclo de Educación Primaria, relaciónase coas seguintes competencias básicas: Autonomía e iniciativa persoal, xa que se lle esixe ó alumnado que propoña exemplos dos efectos da contaminación sobre o entorno, así como tamén diferentes formas de reducir e previr este problema medioambiental.

-

Competencia

en

comunicación

lingüística.

Está

relacionada

coa

competencia anterior porque os alumnos deberán interactuar e expresar as súas opinións de xeito adecuado, coherente e claro sobre o tema. Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico, xa que esta competencia leva implícito ser conscientes da influencia que ten a presenza das persoas no espazo. Tamén posibilita a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e preservación das condicións de vida propia,das demais persoas e do resto dos seres vivos. Ademais, fai posible identificar os posibles problemas do medio para chegar a conclusión e buscar solucións que permitan solventalos. Competencia social e cidadá porque permite comprender a realidade social na que vivimos e tomar decisións que nos permitan contribuir a mellora do medio. Ter unha actitude de respeto polo entorno e traballar de xeito cooperativo para conservalo e melloralo.

c) Relación entre criterios de avaliación e actividades ou tarefas complexas:

Describe algunhas tarefas complexas, que pode realizar o alumnado, derivadas dos criterios de avaliación indicados. Utiliza o Currículo de E.P, documentación sobre competencias e as fontes que precises. Xustifica a túa resposta, indicando as fontes utilizadas.

- No currículo de E. Primaria, área de CMNSC (1º ciclo), áchase o seguinte criterio de avaliación “Identificar e describir algúns recursos fundamentais para os seres vivos (auga, aire), e a súa relación coa vida das persoas, tomando conciencia da necesidade do seu uso responsable. Este criterio de avaliación pretende coñecer a capacidade para observar, describir e explicar algúns compoñentes do medio (aire, auga...) recoñecendo a súa importancia para a vida das persoas. Apreciarase tamén a capacidade do alumnado para valorar a necesidade da adopción de medidas de protección do medio por parte de todas as persoas”. A actividade ten que levarnos a que o alumnado aprenda a observar, describir e explicar (o aire medio. e a auga)e recoñecer a sua importancia pra a vida das persoas valorando a necesidade de tomar medidas para protexer o

Actividade un: “Pescudando no xornal” Esta tarefa complexa resulta adecuada para que os nenos aprecien estes recursos sería traballar sobre os recursos naturais. Para esta actividade terán que buscar artigos de xornal o máis actuais posibles e do entorno próximo, como por exemplo no caso de Galiza está a orde do día a sobreexplotación pesqueira, a sobreexplotación dos montes graníticos ou a excesiva deforestación. A partir da lectura dos artigos seleccionados faranse grupos na aula, estes grupos terán que deseñar e buscar alternativas ecolóxicas e explicar porque está mal a sobreexplotación dos recursos anteriormente citados. Unha vez feito isto, terán que expoñer a información que obtiveron nun traballo. Finalmente, entre toda clase, farase un debate sobre porque é prexudicial para as persoas, sobre todo, a explotación destes recursos tanto a curto como a longo prazo.

Actividade dous: “Muíño de vento” Esta actividades consiste nun experimento. En primeiro lugar, levaremos a cabo unha chuvia de ideas na que os nenos farán preguntas que lle suscite a creación destes muíños. Posteriormente, formaránse grupos de cinco membros para pescudar a información (cómo realizar un muíño, que materiais se precisan, cal é o procedemento para a súa creación, que deseños podemos utilizar, cómo funciona unha vez realizado…). Despois disto, farase unha posta en común na clase e tras acadar as conclusións correspondentes pasarase a realización dos muíños. Estes pódense deseñar e construir usando obxetos que hai na casa, baseándose na máquina de

vento estadounidense deseñada a fins do século XIX para producir electricidade. O obxetivo e que muíño de vento saia ben e sexa quen de xerar suficiente enerxía alterna (AC) como para prender unha bombilla pequena. Se o experimento se realiza nun lugar cerrado ou un día sen vento, precisaremos dun pequeno ventilador eléctrico para poñelo en funcionamento. Para crear estes muíños imos precisar:

Materiais: 1 cadro de cartolina de 15 cm de lad (Normalmente usaríase unha cartolina pero, xa que estamos tratando o tema da reciclaxe e compre ser consciente, coherente e que os que dicimos se corresponda co que facemos,predicando sempre co exemplo, realizaremos os muíños utilizando follas do xornal) 1 pau 1 alfinete Tesoiras

Procedemento: - Paso 1: Primeiro imos arranxar o papel (folla do xornal) que debe estar cortado nun cadrado perfecto, logo imolo dobrar dúas veces logrando facer un triángulo pequeno.

- Paso 2: Coa axuda das tesoiras imos calcular a metade no triángulo de papel que fixemos e después cortaremos cada ángulo ata a metade do largo do triángulo.

- Paso 3: De seguido, abrimos o papel e veremos cómo se ven os cortes formando, xunto coas líneas dobradas que non cortamos, 4 triángulos no papel cadrado.

- Paso 4: Eliximos unha punta de cada pequeno triángulo e levámolo ao centro do cadrado, e así con todas elas. Ata acadar este aspecto:

- Paso 5: Co alfinete imos atravesar tódalas puntas que se entrecruzan no centro do papel, formando deste xeito a élice do noso muíño.

- Paso 6: Finalmente imos facer presión sobre o pau de madeira co alfinete que mantén a élice.

Xa temos os nosos muíños para que o alumnado aprenda de forma divertida e experimental como funcionan os muíños eólicos e hidraúlicos, para que serven ou cales son os mellores lugares para situalos. Unha vez realizado o experimento os nenos terán que pescudar a través da observación e apoiándose nas fontes das que dispoñan: - Onde hai muíños en Galicia? - Porqué se sitúan neses lugares? - Qué tipos de muíños existen e para que serve cada un deles? - Cómo contribúen a mellorar o medio ambiente os muíños? Unha vez levado a cabo esta pequena investigación, o docente corrixirá e verá as apartacións realizadas polos grupos heteroxéneos que se formaran na actividade anterior “pescudando no xornal” e falarase en clase de todos estes temas e das preguntas, dúbidas ou curiosidades que poden ir xurdindo na realización das pescudas.

Nestas actividades preténdese: ● Coñecer os recursos naturais, identificándoos co entorno próximo e a importancia que teñen para a vida das persoas. ● Adquirir unha actitude de compromiso co medio que nos rodea e coidar os recursos dos que dispoñemos, sabendo que estes poden esgotarse. ● Pensar no pasado, no presente e no futuro que pode (ou non) chegara ter o noso planeta e todas e cada unha das vidas na que el habitan.(cambios na paisaxe do entorno próximo) ● Fomentar o coidado polo medio e ser conscientes da importancia que teñen as nosas actuacións sobre a natureza.

● Reflexionar sobre a obra do ser humano sobre a natureza (animais extinguidos, bosques arrasados, invasión da natureza con construcións arquitectónicas...) ● Identificar as causas e as consecuencias da contaminación, a

deforestación ● Desenrolar a capacidades de analizar e sintetizar información. ● Traballar de forma cooperativa, respetando as ideas dos compañeiros e intentado ser autocríticos cos erros propios.

- No currículo de E. Primaria, área de CMNSC (2º ciclo), áchanse os seguintes criterios de avaliación: 1. “Montar, desmontar ou planificar e realizar un proceso sinxelo de construción dalgún obxecto ou aparello simple, amosando actitudes de cooperación no traballo en equipo e de coidado pola seguridade.Avalíase o coñecemento sobre as partes dun aparello, obxecto ou máquina sinxela e a aplicación deses coñecementos á construción dalgún obxecto ou aparello, planificando previamente a elaboración. Valorarase o traballo cooperativo e a desenvoltura manual, apreciando o coidado pola seguridade persoal e o coidado das ferramentas”.

2.

“Responder ou

preguntas

e

resolver

problemas obtendo

do

contorno

relacionados con feitos e fenómenos naturais e sociais, facendo predicións establecendo conxecturas, información relevante por medio da observación e/ou do manexo de fontes diversas e comunicando os resultados” Este criterio trata de avaliar a capacidade para formular e responder preguntas ou para resolver problemas respecto de sucesos que ocorren dunha forma natural, así como a capacidade de cooperar coas compañeiras e compañeiros valorando as súas achegas. Comprobarase a capacidade de establecer conxecturas, facer predicións, obter información por medio da observación ou noutras fontes, seleccionando a información relevante, contrastando datos, comunicando os resultados de forma correcta, variada e coherente.

Unha actividade adecuada a estes criterios sería a da reciclaxe: Na primeira sesión formularanse preguntas sobre a reciclaxe. Por exemplo:
● ●

Qué é a reciclaxe? Qué obxetos podemos reciclar?

● Por qué é importante reciclar? ● Recicla moita xente? ● Qué técnicas de reciclaxe podemos utilizar? ● Cómo debemos clasificar os residuos nos cubos do lixo?

Unha vez teñamos as preguntas intentaranse resolver entre todos na clase. As cuestións que non se resolvan na aula clase deberán buscarse nas diferentes fontes dipoñibles (Internet, libros, enciclopedias, noticias, profesionais relacionados co sector…) Unha vez resoltas tódalas cuestións pasarase a fabricación de obxectos con materiais reciclados que os mesmos alumnos poderá aportar. Nesta fase é preciso que o alumnado forme grupos de tres membros. As actividades que deseñamos son as seguintes: Os nenos realizarán unha práctica

estantería composta por dúas botellas de plástico recicladas e unhas cordas. Unha vez feita poderán recortala facendo un "collage" ou pintalas como eles gusten.

- A segunda actividade consiste en fabricar con cartolinas uns cubos para o lixo. De esta forma, os alumnos poderán dispoñer dos recursos precisos para realizar a reciclaxe durante tódolos días do curso. Estes cubiños pegaranse a parede ou colocaranse cunhas chinchetas no corcho para que os alumnos teñan sempre claro cantos contenedores temos e onde se coloca cada tipo de lixo pegaranse debuxos u recortes dos materiais que pode conter cada un deles.

Nesta actividades preténdese: ● Pretendemos fomentar a curiosidade do alumnado e que formulen preguntas para resolver de forma conxunta. Para dar resposta a aquelas cuestións que aínda descoñecemos despois da posta en común, os alumnos, de forma individual, terán que seleccionar e analizar a información relacionada coas dúbidas que persisten. Posteriormente, cada neno expón o que pescudou ante a clase e entre

todos formularán unha resposta para esas preguntas que quedaron sen resolver. ● Ser capaces de realizar produción propias partindo de materias reciclados. ● Coñecer a importancia da reciclaxe adquirindo unha actitude de respecto polo medio ambiente reciclando e non contaminando. ● Traballo de forma cooperativa e dun xeito seguro manexando con coidado os instrumentos que poidan ser perigosos.

● Adquirir como hábito o proceso de reciclar os lixos que producimos.

● Fomentar a existencia e importancia da presenza dos tres erres na nosa vida (reducir, reciclar e reutilizar)

- No currículo de E. Primaria, área de CMNSC (3º ciclo), áchase o seguinte criterio de avaliación: 3.“Identificar algúns dos usos que as persoas fan dos recursos naturais e da enerxía, así como algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados, valorando o seu impacto a curto e longo prazo. Propor exemplos dos efectos da contaminación sobre as persoas, as plantas, os animais e os seus contornos, así como diferentes formas de previr ou reducir a contaminación do aire, da auga e da terra. Este criterio pretende avaliar o grao de coñecemento da utilización humana dos recursos naturais e da enerxía, os cambios ocasionados no medio natural, os efectos dalgúns tipos comúns de contaminación e a capacidade de prevención con conductas reponsables”. A actividade ten que facer que o alumnado coñeza o uso que fan as persoas dos recursos naturais e da enerxía, algúns cambios que se producen no medio, os efectos dalgúns tipos de contaminación e a capacidade de prevención con condutas responsables. A tarefa complexa consiste en empregar diferentes fotografías dun mesmo lugar ó longo do tempo para observar os cambios que se produciron e ver os efectos negativos da contaminación existente nese lugar (por exemplo, un río). Deste modo, os alumnos terán que observar e describir os cambios que se produxeron debido a acción do home sobre o medio, así como das consecuencias que estes acarrean no entorno. Para esta actividade os nenos terán que poñerse en grupo e buscar información sobre os usos e beneficios que se lle poden sacar a un río e que

danos ocasiona as instalacións preto deles o que usan como recurso enerxético como fabricas, centrais eléctricas. Posteriormente buscaran noticias sobre a contaminación de ríos do entorno próximo e que condutas son necesarias para previr os riscos de contaminación. Nesta actividades preténdese: - Avaliar o uso dos recursos naturais e da enerxía. - Coñecer os cambios ocasionados no medio natural. - Efecto dalgúns tipos de contaminación. - Capacidade de prevención (con condutas responsables).