You are on page 1of 1

44

deVerano | Entrevista

SÁBADO 20 DE JULIO DE 2013 ELPROGRESO

Pedinlle a Deus facilidade de palabra para comunicar que a natureza hai que respetala e disfrutala; é un ben maior, é para todos»

Suso López e a cadela Luci.

SUSO GARCÍA

VeTeRINARIO e PROTAGONISTA DE ‘OS DÍAS DE SUSO’

«SEMPRE QUIXEN UN CABALO. AGORA TEÑO OITO, FALO CON ELES E SEI O QUE QUEREN»
Jesús García leva 25 anos traballando con animais pero foi este ano cando se revelou como fenómeno televisivo grazas ao programa ‘Os días de Suso’ na TVG.

▶ TEXTO: REBECA SÁNCHEZ

Por culpa de ‘Os días de Suso’ agora é un rostro coñecido. Pois si, a xente recíbeme agora como máis de festa, non coas preocupacións de sempre e comentan cousas do programa. Noto unha actitude máis positiva. Ata xente que non é cliente me fala, no hai tanta barreira. A xente empatiza máis conmigo e iso facilita o meu traballo. O programa céntrase en vostede e no seu labor como veterinario. Como acaba protagonizando o seu propio espazo televisivo? Máis ben ao revés. A produtora pensou en min coma único protagonista, pero eu pedín que os compañeiros aparecesen porque a empresa é unha unidade. Somos unha piña. De onde xorde o seu interese polos animais? Crieime nunha granxa e había de todo: cans, gatos, vacas... Houbo un tempo no que quixen ser cura pero pasouseme a nube do cura e tiven claro que quería ser aliviador de animais. Tiña mascota cando era un rapaz? Os meus pais non me deixaban ter un can porque era un animal de renda, un gasto, pero tiven a Bimba, unha cadela de caza moi boa. A miña ilusión foi sempre ter un cabalo. Comunícome con eles. Hai un libro de Monty Roberts, ‘De mis manos a las tuyas’, que me serviu de moito. Eu falo cos cabalos, entro na miña manda —teño oito cabalos— e sei perfectamente que queren e que necesitan. No seu traballo cada día é unha aventura. Saes da casa e non sabes o que podes atopar; pode ser calquera tipo de situación. E mesmo na estrada hai perigos: xabaríns, tractores... é un rallie; a min téñenme sacado puntos por ir sen cinto ou falando co móbil. Seguro que viu de todo. Que experiencia recordará sempre? Hainas positivas e negativas. Nun parto que asistín o animal veu vivo, pero podre. Ao sacalo berrou. Foi algo asqueroso porque presioneille co dedo a tripa e perforei a pel. Agradable pois é a recompensa de ver vivir e sandar os animais. Síntome coma un gladiador que loita na area contra a morte. A morte non me quita o sorriso, non deixo que me deprima. Cal foi o animal máis exótico que tratou? Un mono que me deu bastante grima e moita mágoa. Estudou Veterinaria en Madrid. Como recorda eses anos? Estiven dous anos en León e catro, en Madrid. En León foi moi duro, parecía que querían exterminar a

raza veterinaria. Esa experiencia traumatizoume, non me trataron coma unha persoa senón como alguén a bater. En Madrid moi ben, aprendín moito e teño bos recordos de todos os profesores. A primeira tempada do programa rematou. Algún lugar en mente para gozar as vacacións? Normalmente a xente que está sempre na casa quere irse por aí. Eu estou fóra todo o día e nas vacacións quedarei na casa, en Viladavil (Arzúa), para gozar da casa, dos animais e a familia. Teño unha leira de setenta ferrados onde está a casa, os parrulos, os cabalos, quince gatos, os cans, as galiñas e todo. Gandhi dixo: «Un país, unha civilización, pode ser xulgada pola forma en que trata aos seus animais». Como o facemos en Galicia? Hai tres clases de persoas: os de só me importas mentres me deas diñeiro; os de impórtasme un carallo, e os de ti formas parte de min, cada vez que te ofendo a ti, oféndome a min mesmo. Cando empecei o programa pedínlle a Deus facilidade de palabra para comunicar que a natureza hai que respetala e gozala; é un ben maior, é para todos. O seu empeño como profesional salvou da extinción a galiña de raza piñeira. Séntese orgulloso dese logro? De todo o que fixen na vida é do que máis orgulloso estou. Salvar unha raza da extinción é un logro, pero salvar unha raza tan nosa como esa foi incrible. A galiña piñeira ten características propias e é a única que ten unha capa de camuflaxe. Ten a mesma cor que un faisán cando nace, é máis rústica. A súa rusticidade lévaa na carne, sabe a faisán e hai que preparala como unha peza de caza. A carne é vermella, escura. Ten unhas capacidades maternais incribles; é dilixente. Ten cousas que outras razas non teñen. No programa segue un guión ou é así de natural? Os meus clientes sempre me din que saio como son, natural. Non estou nin maquillado nin levo guión; son espontáneo. Se me mandan repetir sempre o fago diferente. A miña inspiración é a que me dan de arriba, son un comunicador e quero aproveitar para dar un gran agradecemento a todo o agarimo que me demostraron os seguidores do programa. Para cando a segunda tempada? Aínda non se sabe nada, pero eu estaría encantado de facela, teño ideas novas. A audiencia sempre foi in crescendo. Se outras cadeas están interesadas eu non me pecho a nada.

Related Interests