CICL O DA S ROCHA S

As rochas : Unha rocha é un agregado multigranular dun ou de diversos tipos de minerais. A maior parte das rochas están formadas por un, dous ou tres minerais esenciais e varios accesorios. Nalgunhas rochas, como o mármore, tódolos grans pertencen a un mesmo mineral. Sen, embargo, na maiorías das rochas, como ocorre no granito, os grans pertencen a varios minerais diferentes. As rochas fórmanse pola actuación dos axentes xeolóxicos internos (actúan desde o interior: movementos oroxénicos, epiroxénicos, volcáns e terremotos) e externos (actúan desde o exterior: atmósfera, auga, vento e seres vivos). A enerxía necesaria para a actuación dos axentes externos ten dous oríxenes: enerxía solar, cusante dos fenómenos metereolóxicos que determinan o clima dunha rexión, e a gravidade, que fai descender a chuvia, as correntes de auga o xeo cos materiais que transporta, etc. Cada rocha xérase baixo unhas condicións de presión e temperatura (condicións ambientais). As rochas son estables baixo determinadas condicións de presión e temperatura e polo tanto, cando varían estas, transfórmanse os minerais e aparecen novas rochas. Cando, co paso do tempo, unha rocha se altera e disgrega, os materiais que as constitúen son reciclados unha e outra vez para formar novas rochas. Os pr ocesos cícl icos de formación , de destrucci ón e de tr ansf ormaci ón dunhas rochas noutr as constitúen o que denominamos cicl o lit oló xic o ou ci clo das r ochas. No ciclo litolóxico teñen lugar tres grandes procesos: 1. Proceso magmático: Orixina as rochas magmáti cas .En zonas profundas da terra, debido ás altas presións e ás temperaturas, fúndense os materiais e forman magmas (cando a temperatura supera o punto de fusión). Ó arrefriar, solidifican lentamente no interior ou bruscamente na superficie, cando atopan unha saída. Baixo as dorsais oceánicas, parte das rochas da astenosfera, que ascenden lentamente debido as correntes de convencción, se funden o disminuir a presión. Nas zonas de subducción o calor que xenera a fricción entre as placas provoca a fusión de parte das rochas da placa que subduce, dando lugar tamén a magmas. O magma, o ser menos denso que as rochas que o rodean e o estar dotado de gran movilidade, tende a ascender a través das fisuras. Se a fisura permite ó magma sair o exterior, como nas dorsais ou nas zonas de subducción, se solidifica rápidamente e o resultado e unha rocha volcánica. Se por o contrario, o magma non consegue sair o exterior, queda encaixado (intrue) baixo a superficie e solidifica lentamente, orixinando unha rocah plutónica. Este e o caso de moitos magmas formados baixo cadeas montañosas, en zonas de subducción ou de colisión de continentes. Tanto as rochas volcánicas como as plutónicas, que se orixinan pola consolidación dun magma, son rochas ígneas ou magmáticas. 2. Proceso sedimentario: Orixina rochas sedimentar ias . Os materiais superficiais erosionados e transportados deposítanse sobre todo nas cuncas mariñas, en forma de capas ou estratos horizontais (sedimentos orixinados pola descomposición e fragmentación das rochas preexistentes). Al comprimirse baixo o peso das capas de encima se compactan e endurecen, constituíndo unha rocha sedimentaria. A este proceso de litificación pode contribuir a cementación. 3. Proceso metamórfico: Orixina as rochas metamórf icas . Fórmanse no interior da terra pola transformación doutras rochas (poden sufrir cambios na súa estructura e na composicióndos seus minerais), debido ó aumento da presión e da temperatura, pero sen chegar a fundi-los materiais. 1

Primeiro os sedimentos e logo xa as rochas sedimentarias se acumulan no fondo oceánico. A medida que as placas se moven hacia a zona de subducción, arrastra os materiais hacia a fosa. Os cambios de presión e temperatura que sufren cando son arrastrados a maiores profundidades pola placa que subduce, determinan importantes transformacións nas rochas sedimentarias e tamén nas mesmas rochas ígneas que forman a litosfera oceánica. Estas transformacións, durante as cales as rochas se manteñen en estado sólido, e que se deben a aumentos das condiccións de presión e temperatura respecto as que tiñan as rochas orixinalmente, se coñecen como metamorfismo, e as rochas resultante son as rochas metamórficas. Tamén as presións que actúan cando a litosfera continental se deforma e engrosa para dar lugar a unha cadea montañosa e que van acompañadas dun aumento da temperatura, son causa de metamorfismo. Asímesmo, o magma que se enfría baixo a superficie da Terra, comunica un aumento de temperatura as rochas contiguas, sen chegar a fundilas. Estas rochas chamadas encaixantes, sufren metamorfismo.

2

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful