You are on page 1of 32

FF

Editorial

R
Contidos
Editorial……………………………. Érase unha vez 1981……………….. …….. Polo mundo…...………………….... Máis perto………………………….. Mari Paz, a felicidade do gol….…… O mes en imaxes....………………… O galego de seleccións comarcais….. As galegas sub’18 e sub’16…….….. David Menayo, xornalista………….. A ver se sabes……..…...................... Club de amigos da FF……………. III Trofeo Verónica Boquete……… Os grandes clubs: O. Lyonnais…..... Resultados de decembro………… 2 3 6 8 10 15 17 18 20 23 24 25 26 28

FF
Revista do fútbol feminino galego Director: Carlos Castro Pinhão Consello de redación: Carlos Castro Pinhão Óscar Losada Castro Manuel Julián Jiménez Josu Imanol Julián Fandiño Maquetación: Carlos Castro Pinhão Capa: Arquivo de Mari Paz Vilas Dono Colaboracións: www.diariodemestalla.com Publicidade: María Isabel Pego Romalde Enderezo electrónico: revistaff@outlook.es © Revista FF

ematou un dos anos máis duros da historia recente. Nunca escoitara a tanta xente maldicir o 2013 como neste final de ano. Sen embargo, foi un ano excelente para o fútbol feminino, malia que en n maio vivimos unha nova fase de ascenso á Primeira División Divi na que o Girona derrotou a El Olivo sen dar opcións ás galegas. E en xullo e agosto confirmamos que nove dos nosos equipos formarían parte da Segunda División. Un fito na historia do noso deporte. Por outro lado, tres xogadoras galegas seguían consolidadas dadas na máxima categoría. 2014 vén con máis perspectivas de aumentar os nosos rexistros. El Olivo, no mellor comezo da súa historia, leva doce vitorias en doce partidos. Friol, malia o erro no último partido do ano, está loitando por entrar na fase de ascenso asc como segundo mellor. Por abaixo, é posible que para o ano se recupere un formato que moitos clubs demandan para a Primeira Galega, a do grupo único con 18 ou 20 equipos. A Copa dividiuse en categorías. A sensación deixada en Aldán é que este es formato funciona. De cara ao inmediato, tamén sería necesario que a FGF non perdera a perspectiva da selección galega absoluta. É algo que demandan moitas xogadoras. Neste Nadal cumpriuse o lustro da última aparición da irmandiña. Precisamente, no apartado de seleccións, selec a FGF apostou por incorporar axiña o torneo de seleccións comarcais sub’12 e sub’16, sub’1 que xa tivo a primeira fase en decembro, lamentando a ausencia da delegación de Ourense. Este provincia seguirá sendo a disciplina pendente do fútbol feminino galego. o. O remate do ano trouxo a Galiza a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. O resultado, desigual, vai permitir a Galiza ter opcións de entrar nas semifinais sub’16 de conseguir dúas vitorias na próxima xuntanza de combinados. A última vez que o conseguíramos foi, coas dúas, na 2009/10. 2013, con todo, vai ser algo especial para nós por ser o ano do noso nacemento. Carlos Castro
2

FF
competición continental para o mes de xuño de 1982. O subcomité foi, desta vez, quen pediu información e regulamentación á UEFA. Nun estudio impreciso coñeceuse que en España había arredor de douscentos equipos con escasa experiencia en competicións porque as súas presenzas se limitaban a partidos ou torneos amigables e, nalgunha rexión, campionatos comarcais ou propiamente rexionais con regulamentacións heteroxéneas. Os contactos de Mallol e a iniciativa do Concello de Tarragona permitiron que a Copa Reina Sofía se convertera en realidade grazas ao financiamento da administración local tarraconense. O torneo pensouse con dezaseis equipos que, nunha primeira fase, estarían divididos en catro grupos de catro escuadras, en sedes próximas á capital provincial, nomeadamente, Salou, Torredembarra, Torreporta e Vilaseca. Os campións xogarían as semifinais nas dúas primeiras citadas e a final e o partido polo terceiro e cuarto lugar terían lugar na propia Tarragona.

Érase unha vez 1981
Carlos Castro
O fútbol feminino español comezaba unha andaina, cada vez máis seria, no 1981. Nesa temporada organizárase a primeira liga catalá, na que resultara vencedor o Catalunya, da Cidade Condal, por diante do Barcelona. Na RFEF, a ex xogadora e presidenta do Barcelona, María Teresa Andreu e Agustín Mallol, comezaran a desenvolver o proxecto coa posta en marcha dun campionato de España lóstrego. Serían dezaseis clubs participantes e vinte partidos en tres días. Dez anos de tentativas permanentes, de mudanzas na mentalidade da sociedade española, de radicais negacións por parte da RFEF, ían ter a súa primeira concreción no intensísimo final de semana do 26 a 28 de xuño na provincia de Tarragona. O embrión da copa Reina Sofía comezara a xermolar en outubro de 1980. A RFEF creara un subcomité presidido polo vicepresidente do ente federativo, Rafael Cervantes. Nin todos os que levaban anos traballando unha década no fútbol feminino estiveron de acordo con os compoñentes do grupo de traballo no que, por outro lado, non había mulleres. A principal voz discordante viña da Coruña, José Mañana, técnico do Karbo, criticou a presenza de Cervantes e os seus colegas á fronte dese subcomité, ao entender que “a comisión designada non está formada polas persoas máis idóneas.” Ano e medio antes da constitución do subcomité, a UEFA convidara á RFEF a facer parte dun estudo sobre o fútbol feminino, pero os dirixentes españois desestimaran o convite alegando que en España non existía esa modalidade. Dezasete países europeos contaban xa con campionatos nativos e UEFA pensaba en deseñar unha
3

FF
Sobre os dezaseis equipos previstos só se presentaron catorce. As pontevedresas de A Pallota e as catalás do Cardona faltaron á cita. Para compensar, a organización conseguiu incorporar, a última hora, ás ilerdenses do Ardevull, que entraron no grupo II, o de Vilaseca. Os partidos ían estar divididos en dous tempos de 35 minutos salvo a final, que os tería de 40. Aquela última fin de semana de xuño presentou o obstáculo da choiva, que condicionou a competición, até impedir a celebración dalgún dos partidos programados na parte final da primeira fase. No grupo I, disputado en Salou, o favorito, Barcelona, definiuse como o primeiro semifinalista logo de gañar, no triangular, a Sabadell e Granollers. O grupo II, en Vilaseca, presentaba máis incertezas. A incógnita do Valladolid, e o potencial do fútbol canario, que xa levaba anos desenvolvéndose na distancia, representado pola U. Risco, poderían ser un problema para o Español. O Ardevull era un convidado de última hora para rechear, o máis dignamente posible, o buraco do Cardona. O venres 26, a U. Risco mostrou o seu potencial goleando a ás ilerdenses e ás pucelanas. No día seguinte, no partido decisivo do grupo, colocáronse nas semifinais por riba das periquitas. En Torredembarra xuntouse o grupo máis equilibrado. Favorito, por ter vencido semanas antes na I Lliga Català, era o Catalunya. O outro catalán, San Adrián, se ben era inferior, podía darlle sustos a calquera. Sen dúbida, o Sondika vasco ía ser o rival do campión catalán, sen descoidar á U. Canarias das Palmas. Nos partidos do venres, San Adrián perdeu os dous partidos, as canarias gañaron ás vascas pola mínima e o Catalunya fixo o propio coas unionistas por 2-1. Na xornada do domingo o Catalunya confirmou a súa presenza nunha das semifinais da tarde. Para os galegos, a historia estaba no grupo de Torreporta. O Karbo, logo dos seus partidos internacionais e con outros rivais importantes de España, foi, desde o asubío inicial, o inimigo a bater. Na primeira xornada venceron
4

comodamente ao Ciudad Condal e, cunha goleada escandalosa, ás locais de Punta del Este. Na xornada seguinte, e diante da imposibilidade de xogar na matinal por mor da choiva, déuselle a clasificación para as semifinais ao non poder xogar o seu partido contra as mallorquinas do Cide. Nas semifinais, os dous equipos cataláns perderon por 3-0 contra o Karbo e o U. Risco. Galegas e canarias veríanse na final do día seguinte no Nou Estadi.

O gran partido, pitado polo colexiado de Primeira División, Crespo Aurré, comezou mal para as galegas. Na primeira chegada das insulares, May perforou a meta defendida por Ana. As de Mañana reaccionaron ben. Encarna comezou a recuperar balóns no medio do campo e Inma a inventarse xogadas que comezaron a implicar á bancada. Nunha contra conducida por Inma, o balón chegou a Lis que puxo a igualada cando o reloxo marcaba o cuarto de hora de partido. As galegas seguiron dominando até o descanso. Na continuación, as canarias repetiron o guión. Na súa primeira aproximación, Julia non puido cantar o gol porque Tere sacou o balón entre os paus da meta de Ana. Pasada a hora, Lis deleitou aos seareiros coa xogada do partido. Driblou a cantas lle saíron e finalizou cun tiro alto que bateu na trabe antes de aloxarse na rede. O Karbo repregou e contou coa sorte das campioas cando, xa no remate, May regateou a Ana pero o seu disparo acabou detido na lama, pouco antes de traspasar a liña de gol. Minutos despois, Inma, considerada mellor xogadora do torneo, colleu das mans do gobernador civil de Tarragona, Francisco Robert, a I Copa Reina Sofía.

FF I Copa Reina Sofía
Grupo I (Salou) 26/06: Barcelona – Sabadell: 1-0 Barcelona – Granollers: 6-0 27/06: Sabadell – Granollers: ? Grupo II (Vilaseca) 26/06: Ardevull – U. Risco: 1-9 Español – Valladolid: 1-0 Valladolid – U. Risco: 0-5 Español – Ardevull: 3-0 27/06: Valladolid – Ardevull: ? Español – U. Risco: ? Grupo III (Torredembarra) 26/06: Catalunya – San Adrián: 5-0 U. Canarias – Sondika: 4-3 San Adrián – Sondika: 2-5 Catalunya – U. Canarias: 2-1 27/06: San Adrián – U. Canarias: ? Catalunya – Sondika: ? Grupo IV (Torreporta) 26/06: Punta del Este – Cide: 0-9 Ciudad Condal – Karbo: 0-4 (Inma (2); Lis; Aurora) Ciudad Condal – Cide: 1-1 Punta del Este – Karbo: 1-10 (Carmencita (4); Inma (3); Tere; Pili; Aurora) 27/06: Punta del Este – Ciudad Condal: ? Cide – Karbo: 0-0* * Non se xogou polas choivas torrenciais. Semifinais 27/06 (Torredembarra): Barcelona – Karbo: 0-3 (Lis (3)) 27/06 (Salou): U. Risco – Catalunya: 3-0 3º e 4º lugares (Tarragona) 28/06: Barcelona – Catalunya: 0-0 / 5-4 Final: DOMINGO 28/06/2013 (12,30) Estadio: NOU ESTADI (Tarragona) (3.000) C.F. FEM. KARBO: 2 - U. RISCO: 1 (1-1) KAR: Ana; Olga, Tere, Geli, Pili; Inma, Carmencita, Nati (Rori 28’); Encarna, Lis Franco, Aurora. Tre. José Mañana. RIS: García-Sanabria; Del Pino, Tere, Rosa, Marisol; Yolanda, Gloria, Auri; May, Julia, Paqui (Emi 72’). Tre. ? Goles: 0-1 May 5’; 1-1 Lis Franco 15’; 2-1 Lis Franco 63’. Árbitro: Crespo Aurré (Catalán). Auxiliares: Quiñones e Jiménez Lucena. Disciplina: CA: Geli.

As campioas
Guardarredes: ANA María Pardo Fernández TERESA Faraldo Gómez Defensas: ANA MARÍA Rey Iglesias María de los Ángeles Olmo Cotelo “GELI” María OLGA Fernández Méndez María del PILAR Martínez Ramón María del Pilar Neira Martínez “PILI” TEREsa Pallas Pallas Centrocampistas: AURORA Feros Rey María del C. Rguez. Redondo “CARMENCITA” ENCARNA Pérez Castelo María INMAculada Matilde Castañón González Anunciación Davila Pérez “TITA” Dianteiras: Luisa Victoria de Fátima “LIS” FRANCO Iglesias MARÍA del Pilar Vázquez Paz NATIvidad Costas Vila Aurora Martínez García “RORI” Treinador: JOSÉ MAÑANA Martínez Delegado: RICARDO COUCEIRO Bibliografía: CRESPO, M.G. (27 de junio de 1981): Barça y Catalunya, semifinalistas, Sport, p. . CRESPO, M.G. (29 de junio de 1981): El Karbo se tomó una copa con Ricard, Sport, pp. 20-21. GUILLÍN, J. (15 de julio de 1981): El Karbo de La Coruña, campeón y decano del fútbol femenino, Marca, p. 10. PARDINAS, J.J. (23 de octubre de 1980): La federación proyectará el fútbol femenino cuando conozca sus afiliadas, El País, p. .
5

FF

Polo olo mundo
Centro Olímpico, Olímpico campión do Brasil
No número anterior deixabamos o Brasileirão feminino nas semifinais. Nelas, con sorte desigual, o campión da Libertadores, São José, derrotou ao Rio Preto (3-4 e 4-4) 4) e o Centro Olímpico ao Foz Cataratas (5-1 1 e 1-1). 1 Na final, tamén a dobre partido, o equipo paulistano derrotou tou ao São José logo de empatar no primeiro encontro celebrado en San Xosé dos Campos (2-2). 2). No choque definitivo, con empate a un no marcador, a internacional Cristiane (foto) fixo, nos últimos instantes, o definitivo para que o Centro Olímpico se proclamara ara campión do Campionato Brasileiro. Brasileiro As vermellas tamén puideron celebrar que a súa dianteira Gabi Zanotti, con doce tantos, se proclamara mellor marcadora do torneo.

Recoñecida a discriminación, discriminación por transexual, a Miranda Sánchez
O Consejo para Prevenir nir y Eliminar la Discriminación de la Ciudad de México (COPRED) cualificou como discriminatorio prohibir a unha un muller transexual xogar a fútbol nunha nun liga feminina e ordenou a súa readmisión e reparación do dano causado á futbolista. Miranda Itzayana Sánchez, , que en xuño do 2012 asinara polos Jaguares Aldana acreditando a súa condición de muller er cun documento do d rexistro civil, explicou que, , malia que inicialmente “non houbo inconvenientes” para a súa participación na Liga, os equipos rivais presionaron para ara que a botaran asegurando que “se estaba deixando xogar a un home”. A futbolista, de 44 anos, xogara temporadas atrás nos Pumas.

UCLA vence na NCAA
A Universidade de Calfornia en Los Angeles (UCLA) proclamouse por primeira vez na historia vencedora do campionato universitario estadounidense. Un gol na prórroga de Kodi Lavrusky deu ás californianas o título ao vencer por 1-0 1 á Universidade Estatal de Florida, no partido celebrado no WakeMed Soccer Park de Cary (Carolina do Norte). A final, marcada polas inclemencias meteorolóxicas, foi presenciada por arredor de 3.000 seareiros sobre os 8.806 que mercaran o ingreso. Nas semifinais, UCLA derrotou nos penaltis a Virginia (1-1 / 4-2), 2), universidade co mellor balance da temporada con 24 triunfos e unha derrota. derrot Pola súa parte, Florida State vencera a Virginia Teach por 3-2. 3 A campioa da edición 2012, North Carolina, caera derrotada nos cuartos de final polas novas campioas, que se beneficiaron do gol de ouro marcado por Taylor Smith ao comezo da segunda parte da prórroga (1-0).

E o Mainland Pride de Nova Zelandia
O Mainland Pride, derrotando ao Northern por 4-2, proclamouse por primeira vez campión da liga de Nova Zelandia, á vez que impedía que o seu rival sumara o terceiro título da súa historia. O partido, celebrado en Auckland, non comezou ben para as de Christchurch, que deberon virar o marcador inicial desfavorable avorable desde o minuto dez. Dous goles da internacional sub’20, Belinda van Noorden, o terceiro da máxima artilleira da competición, Aimee Phillips, e o que fechaba a conta, da mediacentro Annalie Longo, esnaquizaron os prognósticos.

Segundo Federbet, o R. Sociedad-Granada Granada foi amañado
Nunha sesión organizada no Parlamento Europeo á que foi convidada a empresa belga Federbet, esta agrupación de operadores de apostas contra o fraude deportivo denunciou que o partido R. Sociedad-Granada Granada foi amañado. O partido, ido, celebrado o 10 de novembro, rematou coa vitoria txuriurdin por 3-0, 0, con goles de Encinas (63’), Lizaso (81’) e Peña (89’). Polo momento ninguén tomou determinacións.

Ashley Brown lesionada na súa reaparición
A mellor futbolista nova da Liga Australiana 2011/12, 12, tivo que retirarse no minuto 30 do partido no que o seu equipo, Melbourne Victory, derrotou ao Newcastle Jets por 6-0. 6 A dianteira, que regresaba resaba ao equipo logo dun parón de doce meses por unha lesión na perna, volveu recaer amargando a goleada do seu equipo que lle permitía, nese momente, comandar a liga empatada a nove puntos co Brisbane Roar.

6

FF

Alemaña vence no Europeo sub’17
A selección dirixida irixida por Ralf Peter proclamouse campioa continental logo de derrotar a España nos penaltis. A final, celebrada no Proact de Chesterfield (Inglaterra), comezou dominada polas hispanas, que se adiantaron no marcador aos nove minutos cun gol de Patri Guijarro. No 76, a catro do remate, a centroeuropea Hartig fixou a igualada que levou aos lanzamentos desde os once metros. Neles, España marcou o primeiro e Alemaña errou o seu, todo o contrario que nos tres seguintes nos que España fallou todos mentres as xermanas os marcaban. No partido pola terceira vaga, que daba billete para o Mundial de Costa Rica 2014, Italia impúxose ás anfitrioas tamén nos penaltis. Os 80 minutos remataron sen goles e, na sorte máxima, as transalpinas venceron por 4-3.

brasileiras só deixaron fuxir para Canadá a edición do 2010. Precisamente, as norteamericanas foron terceiras iras ao derrotar a Escocia por 1-0 0 (Schmidt 83’), na final de consolación. Os resultados da primeira fase do torneo foron: Xornada 1: Escocia-Canadá, Canadá, 2-0 2 e Brasil-Chile, 2-0. Xornada 2: Escocia-Brasil, Brasil, 1-3 1 e Chile-Canadá, 1-0. Xornada 3: Chile-Escocia, 4-3 e Brasil-Canadá, 0-0. As locais Debinha e Marta foron as mellores goleadoras do torneo con tres tantos cada unha.

Definida a Algarve Cup 2014
Islandia, China, Noruega e Alemaña, no Grupo A e Estados Unidos, Xapón, Suecia e Dinamarca, no B, disputaranse o título da vixésimo primeira Algarve Cup, que se disputará na rexión máis ao sur de Portugal entre os días 5 e 12 de marzo deste ano. O grupo C, cuxo primeiro clasificado só pode aspirar ao quinto lugar, estará formado por Portugal, Austria, Rusia e Irlanda Irla do Norte. O torneo amigable, o máis importante do mundo disputado por seleccións absolutas, depara na primeira fase a reedición da final da pasada Copa do Mundo na que Xapón venceu aos Estados Unidos. As norteamericanas son as actuais campioas pois, no 2013, gañaron á Alemaña na final por 2-0 2 con goles de Alex Morgan nos minutos 13 e 34. Foi o seu noveno título que as distanciaba da segunda selección con maior número de éxitos no evento, Noruega, con catro. Francia, a grande ausente, non está na competición compet desde a edición do 2007.

Sorteados os grupos upos da primeira fase para o Mundial sub’17 de Costa Rica
O Italia-Zambia, Zambia, en San Xosé e o Gana-Corea Corea do Norte, en Liberia, abriran, o próximo 15 de marzo, o Mundial feminino sub’17. Os dezaseis equipos ficaron agrupados do seguinte xeito, logo do sorteo celebrado o 17 de decembro en Pueblo Antiguo: Grupo A: Costa Rica, Venezuela, Zambia e Italia. Grupo B: Alemaña, Canadá, Gana e Corea do Norte. Grupo C: Xapón, Paraguai, Nova Zelandia e España. Grupo D: México, Colombia, Nixeria e China. O primeiro do Grupo o A contra o segundo do B, o primeiro do B contra o segundo do A, o primeiro do C contra o segundo do D, e o primeiro do D contra o segundo do C, cruzaranse nos cuartos de final o 27 de marzo. As semifinais están programadas para o 31 e o partido para o terceiro te e cuarto lugar e a final xogaranse o 4 de abril. Os partidos celebraranse en catro campos: Alejandro Morera Soto de Alaxuela, Edgardo Baltodano Briceño de Liberia, Ricardo Saprissa Aymá de Tibás e o Nacional de Costa Rica, en San Xosé, que acollerá a final.

Flaviana Seeling, líder de Axé Bahía, intermediaria de xogadores
Flaviana, a líder do grupo de música axé e eurodance, converteuse en intermediaria de xogadores á partir do seu emparellamento co dianteiro arxentino, Juan José Morales. A maior parte dos proxectos céntraos no traspaso de xogadores chilenos ao mercado brasileiro logo de cinco anos de consolidación na profesión. Precisamente, no seu país está asociada á firma Conquest Sports pero en Arxentina e Chile é intermediaria ediaria das empresas Drogba Players e Unosports, respectivamente. A súa última xestión foi fichaxe do seu marido, o citado Morales, que pasou do Paraná C. brasileiro ao chileno C.D. Huachipato, do “comandante” Mario Salas.

Brasil vence no o Internacional de Brasilia
A selección brasileira impúxose, por cuarta vez, no Torneio Internacional de Brasília. Os partidos, celebrados no estadio Mané Garrincha, da capital federal, levaron a unha final entre Brasil e Chile que, , diante de 15.000 seareiros, foi gañada polas verdeamarelas cun contundente 5-0 5 (Formiga 8’; Marta 41’; Darlene 56’; Cristiane 76’; Debinha 85’). As

7

FF

Máis erto
Sara Pita, do Compostela ao Orzán
A dianteira Sara Pita deixou o Compostela para fichar polo Orzán. O último partido no que defendeu as cores branco e celestes foi no primeiro de decembro, cando empataron co Sárdoma a un gol. Afástase do lanterna vermella do grupo I da Segunda División, logo de xogar oito partidos, sete deles de titular, e non marcar goles nesta que era a súa segunda campaña no equipo compostelán. Na súa estrea co líder da Primeira Galega no grupo I, Orzán, axudou a vencer a O Val, nun dos partidos importantes da temporada, participando como titular até o minuto 81, cando foi substituída por Carballo.

anteriores, superaron a barreira dos cen inscritos; no cualitativo, enfocado ao fútbol feminino, porque houbo un corenta por cento de matrículas de rapazas. Igualmente, porque continúan a manter un bo nivel de fidelización, incluso entre participantes que repetiron tendo as súas residencias fóra de Galiza. A pegada internacional trouxo miúdos de lugares como Guatemala. Tamén, no plano da integración, porque tres rapaces da Fundación Down Compostela, foron bolseiros da organización. O campus tivo o seu centro nas instalacións deportivas de Santa Isabel, pero, polo número de participantes, foi levado a outros dous campos da capital galega. Ademais do seu campus, e como ben sendo habitual no seu período de descanso, a xogadora do Tyresö visitou equipos como o Conxo, o Villestro ou o Tomiño.

Jessica, a expulsión por mes
A xogadora do Umia viu, no partido da xornada 10, contra o Atlántida Matamá, a súa terceira expulsión da temporada. A ex do At. Arousana tras a súa incorporación, nesta campaña, ao equipo de Barrantes, converteuse, con seis cartóns, na futbolista máis punida entre as xogadoras dos equipos galegos de Segunda División e da Primeira Galega. Na pasada sesión, actuando con regularidade no primeiro equipo das vilagarciás, nunca marchou aos vestiarios antes de tempo por unha decisión disciplinaria. No presente exercicio todo comezou no último partido de outubro, cando foi expulsada contra o Valladares no minuto 83. Volveu ser convocada na xornada 7, na visita do Umia á Guarda. Alí aguantou até o 67. Despois de completar o partido contra o equipo B do Arousana, foi expulsada contra o Matamá no minuto 57. Fin de ano horrible para a xogadora da Illa de Arousa.

Isabel, dous goles por partido
Se alguén anda a procura de dianteira ten que dar unha ollada no barrio vigués de Lavadores. Alí, no equipo que dirixe unha histórica como Aurora Feros, atoparán á killer da Primeira Galega. O seu nome é Isabel Fernández Viñas. A xogadora de Poio volveu, coa súa irmá xemelga, Marina, ao cadro vigués, onde pasara tres campañas (2002/2005) e desde onde partiu para o Pontevedra, equipo no que estivo até a súa desaparición, salvando a campaña 2007/08, cando xogara en El Olivo. Seis deses exercicios transcorreran pola Segunda División. No seu primeiro ano coas granates ascendera á categoría estatal e erguera a Copa FGF. Con El Olivo, baixo as ordes de José Estévez, xogara a fase de ascenso á Superliga caendo contra o Barcelona e o Pozuelo de Alarcón. Tras regresar ás beiras do Lérez, sumou 16 goles (10, 1 e 5) nas tres temporadas que xogou coas granates até a desaparición do equipo. Dos 21 goles desta temporada, once marcoullos a dous equipos, 6 ao At. Arousana B e 5 ao Ponteareas.

Éxito do III Campus Vero Boquete
Unha capacidade de traballo incansable tivo como consecuencia que, por terceiro ano seguido, o cualificativo de éxito fora aparellado ao resultado e valoración final das organizadoras do Campus Vero Boquete. Desde a directora, Uxía Parcero, pasando por xogadoras como Ceci Brea (Compostela) ou Susú Cores (Victoria) até chegar á omnipresente Vero Boquete (Tyresö), todas coinciden en que, a teor dos números, o Campus volveu a cubrir os seus obxectivos. No aspecto cuantitativo, porque como nas veces

8

FF

Fany Varela, cruzado anterior

rotura

de

O primeiro de decembro foi un día infeliz para Fany Varela. No partido contra o Victoria, co marcador encamiñado, entrados na segunda metade, foi disputar un balón con Tati, quen fora até a pasada sesión, e desde a 2009/10, a súa compañeira de equipo no Peluquería Mixta Friol. A xogadora de Outeiro de Rei saíu do lance cunha rotura do ligamento cruzado anterior. Até o momento, a mellor artilleira do grupo con dez goles, está á espera de ser operada e logo deberá pasar unha longa convalecencia. Desde que lle sexa feita a cirurxía, o tempo de recuperación nunha futbolista oscila entre os cinco e os seis meses.

grupo B foi composto por un segundo equipo do Racing Vilariño, o Moledo, El Olivo B, reforzado por catro xogadoras do primeiro equipo, e o Telmo Peluqueros. Os dous mellores de cada cadro clasificaban para semifinais. A final, disputadísima, foi xogada por El Olivo B e o Erizana. Venceran as viguesas nos penaltis, despois que o encontro finalizara con empate a un. As olívicas revalidan o título, pois na edición de 2012, reforzadas daquela con xogadoras como Anair ou Clo, gañaran ao Telmo Peluqueros por 4-1.

Presentada en Santiago a biografía de Vero Boquete
O día 27 de decembro, nun centro comercial de Santiago, foi presentado o libro “Vero Boquete la princesa del deporte rey”, publicado baixo o selo da editora viguesa Cydonia. O autor, David Menayo, xornalista do Diario Marca, confesou que os 138 segundos que pasaron desde que a protagonista errou o penalti contra Escocia até o gol que Vero acabou marcando, e que serviu para a clasificación de España á Eurocopa de Suecia, fixéronlle mudar a parte inicial da obra, convertendo ese momento, que é até onde chega a historia, nunha introdución emotiva. No persoal, eses pouco máis de dous minutos, permitíronlle vivir un dos momentos máis intensos da súa traxectoria como xornalista. O libro está enfeitado polo prólogo do tamén xornalista Tomás Guasch.

Belén, a “fichaxe invernal” do At. Arousana
No lado oposto do deporte está a dianteira do At. Arousana, Belén Fernández Millán. A dianteira, que non xogaba desde o grave golpe sufrido na perna dereita no penúltimo partido de Liga do pasado exercicio contra o Sárdoma, cando tivera que abandonar o campo no descanso, reapareceu 7 meses e 24 días despois no encontro que as de Vilagarcía xogaron en Mareo. Tras o primeiro contacto, e no regreso ao lugar de autos, tardou 18 minutos en encaixarlle dous goles ao Salamanca, e chegou a tempo de ser convocada por Quin Balbuena para a galega sub’18 que disputou, na Coruña, a primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas.

Sandra, Anair e Andrea Carid, plenos en decembro
Sandra (Bértola), Anair (El Olivo) - foto - e Andrea Carid (Friol) foron as tres únicas xogadoras do grupo I da Segunda División que marcaron en todos os partidos do mes de decembro. O último de Sandra foi, dos seus, o máis importante, ao determinar a vitoria do seu equipo na Valenzá. No caso de Anair, incluso fixo un dobre no derbi contra o Sárdoma e así, os seus catro goles do mes permitíronlle igualar a Fanny Varela na cabeza da táboa das goleadoras do grupo. Andrea Carid, pola súa conta, comezou a súa colleita continuada no último partido de novembro e, con eses catro goles nos últimos catro xogos, está a un gol das anteriores, empatada a nove tantos con Alba (At. Arousana) e Joana (Sárdoma).

El Olivo B leva o III Racvil
O Racvil é o torneo de Nadal que organiza o Racing Vilariño. Ten un día de duración e conta con oito equipos que non deixan de xogar partidos durante doce horas. Nas súas tres edicións encheron de seareiros o campo de San Pedro. Como nas dúas anteriores edicións, os oito equipos foron divididos en dous grupos. No A, xunto ao equipo local estiveron o Erizana, o Bértola e o Concello de Mos. O

9

FF

Mari Paz!
a feli"idade do gol
Un ano máis volve a estar na loita por ser a mellor goleadora da Primeira División española. Nacida no literario berce do fútbol galego, a súa condición de killer levouna ao mellor equipo español de comezos do século, o Levante. A súa traxectoria futbolística non deixa de totalizar as dúas beiras das cidades onde vive: Arosa e At. Arousana, Barcelona e Espanyol, Levante e Valencia. Probablemente sexa a xogadora que coñece máis derbis locais de Primeira desde os dous lados. Levar o gol nas veas permitiulle vestir a casaca da selección española. Non é das habituais de Quereda pero, cando este lle deu a oportunidade, provocoulle unha hemorraxia de goles a Cazaxistán que a convirten, con sete, na futbolista con maior número de tantos nun partido oficial UEFA de seleccións absolutas. Se os goles mediran a felicidade das futbolistas ela nunca poderá perder o sorriso. É Mari Paz Vilas Dono, a depredadora do Salnés.
Sendo galega, nacer perto de Vilagarcía axuda a ter máis claro que xogar ao fútbol non é unha utopía? Teño nacese ao claro que, en onde ao Desde calquera lugar xogaría fútbol.

primeira imaxe de ver o meu primeiro partido de fútbol feminino. Foi na Lomba, onde xogaba a selección absoluta [refírese ao España-Francia (1-2), da fase de clasificación para a sétima Eurocopa, xogado o 21/05/2000].

O teu paso do Arosa S. Cult. Ao At. Arousana tivo unha certa polémica ao querer percibir, os primeiros, algunha cantidade de diñeiro. Lembras aquilo? Pois se che son sincera, non lembro moi ben a polémica. En todo caso, si teño unha idea que non fora fácil ir dun equipo ao outro. Eu era unha nena e os meus pais tíñanme afastada dos posibles problemas que puideran ter acontecido, eles só querían que fora feliz xogando sen preocuparme por cousas externas. Coas amarelas tes a túa experiencia cento por cento feminina. Fálanos daquel Arousana. Cando me fichou o Arousana eu andaba un pouco perdida no mundo do fútbol feminino. Lembro que aquel ano ían segundas ou terceiras. Entrei pola metade da Liga e rematamos segundas, ás portas da fase de ascenso. Xa, no meu segundo ano, todo foi diferente. Xoguei o campionato desde o comezo ata o final. Gañamos a Liga, xogamos a fase de ascenso e foi o meu trampolín á Superliga. Teño boas lembranzas desa época pero o máis importante son amizades importantes que aínda conservo. Os teus primeiros técnicos foron Plácido Cortés e Celso Couso. Desde a túa perspectiva actual, como profesional, como os valoras? Pasaron moitos adestradores pola miña vida. Nesa etapa eu era moi nova e non valoraba moito a calidade que podían ter, máis que iso importábame o trato que tiñan cara a min.

fútbol. Nacín para xogar pequerrecha tiña a seguridade que darlle patadas a un balón facíame realmente feliz e por iso non desistín ata xogar cos rapaces. Como era o fútbol feminino de comezos de século, cando ti empezas? Cando comecei a xogar ao fútbol cos rapaces, a verdade é que non coñecía o mundo do fútbol feminino, pero si teño a

10

FF
Gardo moi boas lembranzas dos dous como persoas. Sempre me apoiaron na miña decisión de irme e sentíronse orgullosos de terme adestrado. O lado triste é ficar ás portas do ascenso naquela fase contra L’Estartit e At. Madrid. Foron tan superiores como para perder ambos partidos? O L´Estartit non foi superior, pero tiña máis experiencia ca nós, pero o At. Madrid si que o foi. Naquel momento ficharan xente da Superliga para subir de categoría e iso notárase moito. Pero temos que estar contentas por ter dado a cara e chegar ata onde chegamos. Parece como se as tres grandes tiverades a maldición de non conseguir os obxectivos desexados con certos equipos. A Vero faltoulle a Liga co Espanyol antes de irse ao estranxeiro, a Ana Buceta o retorno á Segunda División co Bértola e a ti o ascenso á División de Honor co Arousana. Non sei se será maldición ou non, pero si que nos faltou algo a cada unha. Malia todo, eu estou feliz co que conseguín. O No segundo ano alí xa recibes ofertas de equipos de Superliga. Si. Decidín irme ao Levante porque son moi esixente. Sempre quixen mellorar e chegar o máis lonxe posible. Se nese ano tivéramos subido co Arousana, está claro que non tería marchado, ficaría para vivir a experiencia no equipo da miña cidade. Poderiamos dicir que ti, no fútbol, entre goles e diñeiro, escolles os goles. Sen ningunha dúbida. A felicidade de marcar un gol nunca ma poderá dar o diñeiro. Na túa última temporada en Vilagarcía fas 55. Si. Foi un ano bo cara ao gol. Por riba, eses goles axudaron a gañar a Liga e esta foi a mellor lembranza que levei daquilo. Tamén foi a época das primeiras convocatorias coa sub’19. Que nos contas daquelas primeiras experiencias internacionais. Non podía crer que me chamaran da selección española. Foi un dos mellores momentos da miña vida. Era un saco de nervios e lágrimas de alegría. As experiencias vividas coa No 2006 abres as portas á Superliga. Foi difícil adaptarse? Foi moi difícil. Pero en todos os aspectos. O que menos me custou foi no futbolístico, porque ao final estás facendo o que che gusta e coas mellores xogadoras ao teu lado. Son Naquela época xa estaba Vero Boquete en Aguiño. Ti, que compartiches competicións case sempre con ela e momentos galega, súa traxectoria. É moi boa xogadora, loitadora e con ganas de mellorar. Non é preciso que faga una valoración sobre ela porque todos sabemos o que conseguiu. nas que seleccións española e valoracións fas sobre a ascenso a Superliga é cuestión de sorte nos emparellamentos. No Arousana tivemos a sorte de compartir unha experiencia moi bonita. selección nos distintos campionatos foron xeniais. Só se pode imaxinar o que se sinte cando as vives.

11

FF
futbolistas das que podes espremer moitísimas cousas que te axudan a progresar. O peor foi mudar de cidade, vivir soa sen coñecer a ninguén, estar lonxe da miña familia tanto tempo, das miñas amigas e, sobre todo, do meu irmán xemelgo. Levante foi a mellor oferta, o mellor proxecto, ou as dúas cousas? Foi a mellor opción en todo. Era o equipo punteiro que sempre pelexaba polos títulos, no que estaban as mellores xogadoras. Eu sabía que alí ía aprender moitísimo, mellorar e madurar como futbolista e persoa. E agora pódoche dicir que non estaba errada. Incluso dese primeiro ano no que cheguei aínda sigo xogando con dúas grandes futbolistas como Sara Monforte e Mariajo Pons, e ata o ano pasado con Sandra Vilanova. Son tres persoas moi importantes na miña vida a día de hoxe. Marchas do Barcelona ao veciño. Tamén puido resultar un pouco sorprendente que o deixes cando o equipo comeza a gañar. Marchei do Barça porque para min rematara outro ciclo. Cando non se está ben e precisas trocar de aires non importa como está o teu equipo nese momento. Como “perica” pasas dúas campañas. Na primeira, para non perder o costume, gañas a terceira Copa cun equipo diferente. O partido contra o Afiánzaste na sub’19 e participas no Europeo de Islandia. Le Sommer, Delie, White... Grandes rivais nunha competición importante. Que salientarías dese torneo? Nese momento foi triste ficar eliminadas nos Cuartos de Final mais agora, cando o lembramos ao atopármonos aquelas xogadoras, mirámolo con ledicia e decatámonos que, pasándoo ben, collemos experiencia a esa idade, tan noviñas. Desas competicións, ao final, ficamos, como sempre, valorando as grandes amizades que fomos sementando. Athletic foi un dos máis apaixonantes carreira? Podería dicir que foi un partido que sempre terei na miña memoria. o xeito Foi de impresionante da túa No fútbol feminino o Barcelona tamén é “mes que un club”? Ben, esa imaxe de máis que un club eu a vexo máis de portas cara fóra. É máis unha frase feita polos seareiros que dan todo polo Barça, que do propio club. Pero si que hai bo tratamento cara a todos e, sobre todo, tentan coidar a imaxe que se dá desde cada equipo do club. Coas granotas gañas unha Liga e unha Copa. Un título cada ano e marchas a un Barcelona en construción. Por que? Vou porque no Levante comezou a haber moitos trocos. No Barça vin unha hipótese moi bonita, tiña a oportunidade de participar na mellora dese proxecto. Era unha gran aposta dentro do club e sentinme moi valorada, así que decidín vivir unha nova experiencia.

gañar esa Copa. Ninguén apostaba por nós e demos a sorpresa. E o gol que marquei na prórroga foi un estourido de loucura. Levareino sempre no corazón.

12

FF
Si, aquel gol a Ainhoa aproveitando a estratexia dun córner. Que porcentaxe de inspiración permite unha acción planexada? Inspiración cero! Antes de sacarse aquel córner viume unha imaxe á cabeza de que ía marcar, que ese era o momento do gol. Foi a suma das ganas de todo o equipo de marcar gol o que me axudou a empurrar ese balón ao fondo da rede. Nese partido, había algunha diferenza emocional entre marcar o primeiro gol e marcar o quinto, o sexto ou o sétimo? Non. Son dianteira e temos en mente o gol durante todo o partido. Un gol sempre é un gol, e máis coa camiseta da selección. Nunha convocatoria de dezaoito tiñas a Willy Romero por diante, pero nunha de vinte e tres... Non estar en Suecia foi o momento máis triste da túa carreira? Creo que si. Pero máis aínda cando sabes que tes sitio na selección, cando as túas compañeiras din que deberías estar na convocatoria logo que na fase de clasificación fose a máxima goleadora sen ir convocada a todos os partidos. Pero como sempre, respecto a decisión do adestrador, e a seguir traballando. Non hai outra. Nese, teu primeiro ano no Espanyol, El Olivo estréase na Primeira División. Como se vía o futuro do equipo galego na categoría desde fóra? Desde o Espanyol apostabamos que non ían descender porque viámolo un bo equipo. Ao final desincháronse e foi unha mágoa. O descenso de El Olivo deixoume triste porque teño amigas alí, como a miña "sister" Sara González, a quen lle desexaba toda a sorte do mundo para que ficaran na Primeira. En febreiro de 2012, estando con Soni Bermúdez liderando a táboa de goleadoras da Liga, España xoga en Santiago contra Austria. Ti non apareces na convocatoria. Que pasou pola túa cabeza? Tristeza e decepción. Só pensei en seguir traballando duro para o caso de, se volveren noutra ocasión, no perdela. Sen embargo, vas nalgúns partidos da fase de clasificación para a Eurocopa de Suecia e méteslle sete a Cazaxistán. A Logo do verán UEFA ou a RFEF déronche algo que conmemore ese récord absoluto a nivel continental nun partido oficial de seleccións absolutas? Non, non recibín nada para conmemoralo (risas). Pero isto é normal dentro do fútbol feminino. Se fose a nivel masculino saberíase a un nivel mundial.

volves a Valencia, pero para vestir de branco. Outra vez partir cara outro proxecto construción. No Espanyol a situación económica era moi delicada, ata o punto de ter estado meses sen cobrar. Eu son de fóra e non podía estar sempre coa ansiedade de se ese mes cobraría e podería pagar os meus gastos. Foi un ano difícil por cuestións externas e unha decisión difícil porque era moi querida no club, polos seareiros … Tanto eu como as dúas compañeiras que viñemos ao Valencia comentamos moitas veces, polo cariño que lle temos ao club, que esperamos non descendan. Oxalá mellore a súa situación. en

13

FF
competitividade é a que me levou a estar onde estou. Son demasiado competitiva, quero gañar sempre. Cando no Nadal de 2007 se recuperou a selección galega ti eras un dos estandartes. No ano seguinte, a imaxe máis mediática das seleccións erades ti e Nacho Novo. Apeteceríache volver xogar coa irmandiña? Encantaríame ncantaríame xogar outra vez coa selección e que a camiseta levara o noso nome. Mari Paz é sinónimo de gol. Cal é o máis bonito que lembras ter marcado e cal é, para ti, o máis importante? Os máis importantes, o primeiro coa selección absoluta e o da Copa da Reina que comentabamos antes co Espanyol por todo o que supuxo. E por bonito, lembro o que lle marquei a El Olivo de chilena (foto). . É unha definición que sempre me encantou. O inicio do teu periplo é Vilagarcía, gustaríache que esa
© Dulce Sotos Valero (www.diariodemestalla.com)

tamén poida ser a túa derradeira estación como xogadora? Non o teño en mente. Nunca se sabe como podo rematar. Mentres sexa feliz dáme igual onde.

Até cando tes pensado seguir á beira do Turia? Vivo o día a día. Nunca sabes o que pode deparar o futuro. Agora son moi feliz e é o que me importa. Na túa traxectoria sempre camiñaches cun inimigo: o peso. Cres que ese é o factor máis determinante que te afasta de non ter conseguido aínda máis cousas? O peso? Se te refires ao peso corporal, nunca tiven problemas con iso en ningún sitio. Estou no peso que teño que estar. Son ancha porque teño moita masa muscular, así que me sorprende esta pregunta. Hai dous conceptos que tamén te definen como futbolista: talento na definición e competitividade. Que é para ti cada un deles? A definición no gol creo que é máis por ser intelixente e saber o que tes que facer en certos momentos (risas). E a

14

FF

# mes en ima$es

Pdo. 2. Javier Gómez Noya, A Coruña sub’12 – Ferrol sub’12: 3-0. © Revista FF

Xda. 12. A Reigosa, Friol – Erizana: 1-2. Sheila (F) e Katy (E). © Revista FF

Xda. 10. Anexo Sinde, O Val – Boiro: 3-0. © Revista FF Xr. 11. Víctor Fernández Alonso, Victoria – Erizana: 2-1. Eva (V) fai o 2-0 diante de Anita (E) e Lau (E). © Revista FF

Pdo.2. Arsenio Iglesias Pardo, Galiza sub’18 – Madrid sub’18: 1-2. Angy (G). © Revista FF

15

FF

Xr. 11. Víctor Fernández Alonso, Victoria – Friol: 1-2. © Revista FF

Ptdo. 2. Víctor Fernández Alonso, Galiza Sub’16 – Madrid Sub’16: 2-2. © Revista FF Ptdo. 1. A Xunqueira, Pontevedra Sub’15 – Vigo Sub’15: 0-5. © Revista FF

16

FF

# galego de sele""i%ns "omar"ais
Ferrol e Pontevedra serviron de sede da primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub’15 e sub’12. O torneo, herdeiro do vello Caixa Galicia, era un dos obxectivos logo que os dirixentes da FGF o suprimiran na temporada 2011/12. Por primeira vez, incluíndo as edicións xogadas baixo aquela denominación, incluíuse o fútbol feminino. O evento ten moita importancia en aspectos esenciais: os seleccionadores galegos poderán observar os principais valores das dúas categorías, á partir da peneira dos seleccionadores comarcais, e ver comportamentos deportivos de futbolistas alén dos equipos nos que militan; as xogadoras poden verse en equipos integramente femininos nos que os formatos de convivencia global en vestiarios e ben diferente da parcial que existe para unha rapaza en equipos mixtos; máis xogadoras de cada grupo se comunicarán baixo outros códigos de comportamento e, centrándose en aspectos físicos e psicolóxicos, desenvolvendo novos roles; de xeito global, a competición é un paso máis no desenvolvemento do fútbol feminino de base. A presa, necesaria, por colocar o torneo no calendario, permite pasar por alto erros de comunicación e posta en práctica da regulamentación acontecidos na sede de Ferrol.

Grupo Norte (Javier Gómez Noya - Ferrol) Lugo - A Coruña: 1-0 A Coruña - Ferrol: 2-0 Ferrol - Lugo: 0-3 Clasificación: 1. Lugo, 6; 2. A Coruña, 3; 3. Ferrol, 0. Grupo Sur (A Xunqueira - Pontevedra) Vigo - Pontevedra: 5-0 Santiago - Vigo: 2-2 Pontevedra - Santiago: 0-2 1. Vigo, 4; 2. Santiago, 4; 3. Pontevedra, 0. Clasificados para semifinais: Lugo, A Coruña, Vigo e Santiago.

&ub'1)
No norte, canteiras como a do Victoria co seu particular enforque ao feminino desde abaixo, as potentes ligas coruñesas, e a frecuencia coa que se afrontou o traballo de conxunción víronse no campo. Lugo, cun moi bo partido no arranque, empatando coas herculinas, soterrou as posibilidades contra un Ferrol que foi a sorpresa, coa traballada vitoria sobre as luguesas. No sur, nun grupo igualadísmo, todo se determinou nun último encontro no que, saltándose o equilibrio dos dous primeiros, Pontevedra goleou a Santiago que, logo do primeiro gol, sufriu no desespero que ir a por outro gol que lle daría a clasificación. Sorprendeu, polo pouco usual, ver un Vigo discreto, que fechou os dous partidos con 0-0. Grupo Norte (Javier Gómez Noya - Ferrol) Lugo - A Coruña: 1-1 Ferrol - Lugo: 2-0 A Coruña - Ferrol: 3-0 Clasificación: 1. A Coruña, 4; 2. Ferrol, 3; 3. Lugo, 1 Grupo Sur (A Xunqueira - Pontevedra) Vigo - Pontevedra: 0-0 Santiago - Vigo: 0-0 Pontevedra - Santiago: 3-0 Clasificación: 1. Pontevedra, 4; 2. Vigo, 2; 3. Santiago, 1. Clasificados para semifinais: A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo.
Vigo sub’15 nos penaltis contra Pontevedra. © Revista FF

&ub'1(
Lugo foi o equipo máis conxuntado e gañou sen problemas, malia o apertado resultado contra A Coruña, aproveitando a recuperación de xogadoras que son fundamentais na Milagrosa. A Coruña decidiu o seu pase en Ferrol diante dun combinado de xogadoras afeitas, salvo as do Val, unha delas a guardarredes que se lesionou, ao campos de Fútbol 8, pola liga desta modalidade que aglutina a quince equipos de Ferrolterra. As locais tiñan todos os boletos para ser últimas e confirmaron o prognóstico. En Pontevedra, a canteira viguesa foi superior e só a confianza privoulles da dobre vitoria contra un Santiago tremendamente competitivo. As compostelás foron a sorpresa agradable do torneo. Pontevedra, cunha desestrutura de traballo que se patentizou no campo, foi a xusta eliminada. 17

FF

*s galegas sub'18 e sub'1+
O 21 e 22 de decembro a FGF organizou o primeira fase de grupos dos campionatos de España de seleccións autonómicas nas categorías sub’18 e sub’16. Nos campos coruñeses do Arsenio Iglesias Pardo e Víctor Fernández Alonso os seareiros puideron ver evoluír ás seleccións representativas de Galiza, Madrid, Baleares e A Rioxa. O confronto das nosas coa sempre poderosa Madrid ía condicionar o papel cara á, na segunda fase, partir cunha puntuación que lles dea hipóteses de estar presentes nas semifinais. A outra rival, A Rioxa, a priori o grupo máis fraco, debería servir para garantir, cando menos, unha vitoria.

para as de Biel Femenías. Para rematar, Galiza non tivo piedade da Rioxa encaixándolle un elocuente 6-0. O técnico da irmandiña, Quin Balbuena, salientou o poder de Madrid, focalizado en Laura Ortega e Bea Beltrán, e as características da competición, ao non ter límites para escoller xogadoras dun mesmo equipo – do R. Madrid viñeron seis -. Considerou que, no primeiro partido, tiveron as súas opcións ao final mesmo que Madrid se mostrou máis forte durante a maior parte do encontro. Do partido contra A Rioxa centrouse especialmente nos 35 minutos moi bos que puxeron ao seu seleccionado con 4-0. A respecto das opcións para a segunda fase entende que “todo pasa para gañar os dous partidos e esperar. A derrota contra Madrid nos pode dificultar alcanzar a fase final.” Para o segundo sector espera poder contar con Sheila (El Olivo), María Xaco (Monte Forte) e Ángela Nogueira (Villestro), ademais dos beneficios que terá cunha Belén (At. Arousana) máis rodada. Gr. A: Baleares – A Rioxa: 5-0 Galiza – Madrid: 1-2 A Rioxa – Galiza: 0-6 Madrid – Baleares: 3-1 Gr. B: Castela-A Mancha – Murcia: 2-0 Navarra – Castela-A Mancha: 1-4 Murcia – Navarra – 2-0 Gr. C: Aragón – Valencia: 1-7 Castela-León – Aragón: 3-3 Valencia – Castela-León: 2-1 Gr. D: País Vasco – Cataluña: 0-1 Estremadura – País Vasco: 0-3 Cataluña – Estremadura: 3-0 Gr. E: Canarias – Asturias: 0-2 Andalucía – Canarias: 4-1 Asturias – Andalucía: 1-1 1. Valencia, 6 (9-2); 2. Castela-A Mancha, 6 (6-1); 3. Cataluña, 6 (4-0); 4. Madrid, 6 (5-2); 5. Andalucía, 4 (5-2); 6. Asturias, 4 (3-1); 7. Galiza, 3 (7-2); 8. Baleares, 3 (6-3); 9. País Vasco, 3 (3-1); 10. Murcia, 3 (2-2); 11. Castela-León, 1 (4-5); 12. Aragón, 1 (4-10); 13. Navarra, Canarias, 0 (1-6); 15. Estremadura, 0 (06); 16. A Rioxa, 0 (0-11). 18

&ub'18

A competición sub’18, no Arsenio Iglesias, comezou cun partido sen cor, onde Baleares, liderada por Mariona (Collerense), derrotou sen problemas ao combinado rioxano or 5-0. A capitá insular, que leva catro goles nesta temporada na Primeira División, manexou o partido sen oposición marcando dous goles complementados polos de Cárol, María Serra e Nabila. Na estrea da nosa selección, Madrid, cos goles de Laura Ortega (25’) e Bea Beltrán (50’), subcampioas de Europa sub’17 a principios de decembro, colocaron unha distancia imposible para unha Galiza que sempre foi a reboque, e que recortou cun gol de penalti transformado por Irina. Laura Ortega, a figura da fase, foi a dominadora absoluta do primeiro tempo do seguinte partido contra Baleares. Dous goles dela, unidos ao de Morales, deron un triunfo a Madrid sobre as das illas no primeiro partido do domingo. Mariona fixo o da honra

FF
&ub'1+
Gr. A: Baleares – A Rioxa: 5-3 Galiza – Madrid: 2-2 A Rioxa – Galiza: 4-6 Madrid – Baleares: 2-0

Nas sub’16, no popular Leyma, A Rioxa demostrou que non ía ser a vítima propiciatoria dos a priori. Contra Baleares xogou un partido de alternativas continuas no marcador. Primeiro marcaron por medio de Irene, Patri Guijarro, subcampioa de Europa con España dúas semana antes, empatou e Bárbara puxo ás insulares por diante. A Rioxa volveu virar con goles de Leyre e Celia pero aí se esgotaron. Dous novos tantos de Patri e o último de Marina Cerezo deron a vitoria ás de Dani Ros. No Madrid-Galiza, as irmandiñas apelaron á heroicidade para igualar un 2-0 no comezo do segundo tempo. No domingo, nun partido resolvido na primeira metade, Madrid gañou a Baleares por 2-0 mentres que Galiza e A Rioxa entraron nunha hemorraxia goleadora favorable ás irmandiñas que, logo de se colocaren 3-0, deixáronse ir para rematar 6-4. Manolo Petaca, o seleccionador galego, entendeu que fronte a Madrid, que marcou a diferenza, os outros tres combinados mostraron a súa progresión. No aspecto individual salientou a calidade da madrileña Macarena Portales (At. Madrid), da insular Patri Guijarro (Collerense), Irene Yanguas (Logroño) e Leyre Monente (Comillas) da Rioxa e de todo o grupo galego, en especial a guardarredes Carmen (At. Arousana), Nerea González (Orzán) e Nuria Rábano (Milladoiro).

Gr. B: Castela-A Mancha – Murcia: 1-0 Navarra – Castela-A Mancha: 1-0 Murcia – Navarra – 1-5 Gr. C: Aragón – Valencia: 1-1 Castela-León – Aragón: 1-2 Valencia – Castela-León: 6-0 Gr. D: País Vasco – Cataluña: 0-5 Estremadura – País Vasco: 1-3 Cataluña – Estremadura: 1-0 Gr. E: Canarias – Asturias: 2-3 Andalucía – Canarias: 3-2 Asturias – Andalucía: 2-0 1. Cataluña, 6 (6-0); 2. Navarra, 6 (6-1); 3. Asturias, 6 (5-2); 4. Valencia, 4 (7-1); 5. Galiza, 4 (8-6); 6. Madrid, 4 (4-2); 7. Aragón, 4 (3-2); 8. Baleares, 3 (5-5); 9. Castela-A Mancha, 3 (1-1); 10. Andalucía, 3 (3-4); 11. País Vasco, 3 (3-6); 12. Canarias, 0 (4-6); 13. Estremadura, 0 (1-4); 14. A Rioxa, 0 (7-11); 15. Murcia, 0 (1-6); 16. CastelaLeón, 0 (1-8).

19

FF

,avid Mena-o! $ornalista
David Menayo é unha testemuña case completa do xornalismo sobre fútbol feminino que se fai en España. A súa suxestión podería ter sido até un reto para un xigante da comunicación deportiva como é Marca. A súa presenza na pasada Eurocopa, naquela entrevista con Thomas Berthold na previa do España-Inglaterra por Eurosport, delatouno como o único xornalista español no evento. Ademais, o seu vínculo con Galiza faise patente coa biografía escrita sobre Verónica Boquete.

En qué medios traballaches? Ademais daqueles do comezo, Cadena Cope e Diariogoles.com, desde 2007 estou en MARCA. Paralelamente, colaborei en diferentes proxectos de radio, prensa, revistas e televisión de forma esporádica. Sempre en deportes? Si. Tiven a sorte de traballar sempre no que me gusta e no que máis entendo. Creo que é fundamental para dar máis do cento por cento de ti mesmo como ás veces require a ocasión. Como chegas a Marca? No 2007 cheguei a MARCA.com, un proxecto que comezaba a tomar forza, ser referente en internet e quería desenvolverse. Rafael Alique, por aquel entón director, contratoume e desde aquela fago parte do seu grupo de traballo. No meu caso, ando a cabalo entre web, xornal e radio. Xornalista multitarefa. Como é MARCA por dentro? É un mundo, como toda gran empresa, que agora mesmo loita contra a crise adaptándose ao novo escenario que formula o século XXI. Estar no xornal deportivo de referencia do país esíxelle a un unha responsabilidade extra, pero á vez é reconfortante saber que o teu labor chega a moita xente. Que valoración fas sobre a presenza do fútbol feminino nos medios españois? Desgraciadamente creo que é escaso pero, afortunadamente, cada vez é maior. Penso que a nosa función como xornalistas é educar á xente e informar dun mundo até agora tan descoñecido e cheo de estereotipos e prexuízos. Por que te achegas ao fútbol feminino? No meu caso, foi unha amiga que xogaba ao fútbol quen me “descubriu”' esta disciplina. Sempre tivera coñecemento, pero a escasa visibilidade nos medios facía case imposible o seu seguimento. Por iso, en canto puiden, quixen sumar o meu gran de area a ese gran castelo. Existen moitas diferenzas entre o tratamento que, do fútbol feminino, fai a prensa estranxeira en comparación coa española? Cada país é diferente. Non podemos comparar a países de primeiro nivel, falando de fútbol feminino, como Estados Unidos, Suecia ou Alemaña con España. Eles son espellos nos que debemos ollar, adaptando as nosas circunstancias e a nosa cultura á información que se ofrece.

Cales son as túas orixes xornalísticas? A miña andaina comezou na Cadena Cope, onde fixen prácticas. Logo fun redactor xefe de diariogoles.com. Tiveches algún referente? Os meus referentes foron sempre radiofónicos. É o medio que máis me gusta e ao que me 'enganchaba' diariamente desde que teño uso de razón. Lembro escoitar a Juanma Gozalo, José María García, Paco González, Pepe Domingo Castaño, ... Malia que destaco sobre todos a Edu García, do que non só aprendín e aprendo profesionalmente, senón tamén persoalmente. 20

FF
Recoméndanos un medio internacional, en calquera formato, pola súa información, tanto en exclusividade, cantidade e calidade. Para mín, L'Equipe sempre é un referente. A súa aposta multideporte paréceme a idílica, mesmo sendo consciente que en España sería pouco viable a día de hoxe. Un xornal capaz de abrir na súa capa co Olympique Lyon -feminino- campión de Liga, o Wolfsburgo -feminino- campión da Champions, o Mundial de esgrima ou o Seis Nacións de rugbi é un modelo a imitar. Creo, e é opinión persoal, que non todo o que se “vende” en primeira plana debería ser fútbol ou, máis concretamente, Real Madrid e Barcelona. Cal foi o partido máis bonito que viches na túa vida? Máis que por calidade, por todo o que representou, o España-Escocia no que as nosas se clasificaron para a Eurocopa de Suecia. Aquel 24 de outubro de 2012 lembrareino sempre. Foi un partido que ben pode adaptarse a un guión de cine. Dúas viradas, partido á prórroga e un final de infarto con Vero Boquete errando un penalti primeiro e marcando o gol da vitoria e clasificación no último suspiro. Eu, desde a bancada, pasei de chorar de pena a facelo de alegría. Non lembro telo pasado tan mal ollando un partido de fútbol. Cunha reportaxe escrita, ou unha crónica, simplemente, pode seducirse a un lector para que milite no fútbol feminino? Por suposto! Creo que hai moitas historias que, ben contadas, poden provocarche a vontade de que te achegues a unha materia. E o fútbol feminino ten moitas por descubrir. Cres que é esaxerada a visión que se ten desde aquí sobre a repercusión mediática e social que ten o fútbol feminino en países como Alemaña, Suecia ou Estados Unidos? Neses países o fútbol feminino é unha disciplina máis, normalízase todo. A nós parécenos moito porque aquí non está normalizado. Oxalá chegue o día no que ver a unha futbolista na capa dun xornal non provoque sorpresa. Na túa traxectoria terás vivido unhas cantas situacións insólitas. Cóntanos algunha. Unha das cousas que máis me chamou á atención é que xornalistas estranxeiros te coñezan malia non ter relación con eles. Recentemente pasoume en Suecia, na Eurocopa, onde ao presentarme a algún homólogo me dicían: "Ti es o que escribe no MARCA, non é?" Ás veces non somos conscientes do alcance que ten a información. 21 Debúxanos perfís de xogadoras medias de Primeiras Divisións en: a) España; b) Alemaña; c) Estados Unidos; d) Inglaterra; e) Francia; f) Suecia. a) Futbolista de toque, combinación e garra. Sabe que non pode vivir do fútbol no seu país porque non é profesional e debe compaxinalo con estudos ou traballo. b) Futbolista de gran fortaleza física, técnica e autoesixencia de triunfar. Son profesionais ao cento por cento e teñen a bagaxe que a outros países lles falta. c) Igual que as alemás, sumando o plus de sabérense vender mellor no plano publicitario e marketing. d) Semellante ás españolas pero cun xogo máis directo e físico. É un fútbol en progreso. e) A cabalo entre Alemaña-Suecia e España-Inglaterra. Máis toque que físico e co haber de bos resultados ao nivel da selección absoluta. f) Similar a Alemaña.

A Liga española experimentou catro formatos en menos de quince anos. Que valoración tes sobre isto? Creo que non se deu coa tecla adecuada. Para min, o progreso pasa por unha Liga máis atractiva e de máis nivel, con menos equipos – oito ou doce – e un fútbol base con equipos saneados economicamente. Tamén a Segunda División, con sete grupos, está sobrecargada. Isto, sumado á visibilidade en medios – importancia da televisión – e profesionalización do fútbol feminino. Quen son os responsables de que isto non marche e por que? Non creo que se deba sinalar a alguén en concreto. Sempre pensei que o progreso depende de que, desde todos os sectores, xogadoras, clubs, Federación e medios, se reme na mesma dirección.

FF
Cres que a selección está deixada da man da RFEF? Non creo que estea deixada, pero é certo que o apoio podería ser maior. Tanto economicamente como ao nivel de repercusión. Penso que debería aproveitarse o bo momento polo que pasa a selección masculina e os grandes resultados que están tendo ás nosas féminas, para impulsar esta sección que estivo tanto tempo maltratada. Penso que se podería vender mellor a marca España neste apartado. Estamos vendo á mellor xeración da historia? Para min si. E non só por resultados, tamén por sensacións. As nosas xogadoras son un reclamo para os mellores clubs de Europa e do mundo, e iso fala moito da calidade das nosas. Estar entre as oito mellores seleccións do continente e ter un pé no próximo Mundial, coloca á nosa selección a un nivel eloxiable. Por que cres que a RFEF renuncia ás subvencións públicas do CSD co interesante que sería sumar máis cantidades para o desenvolvemento do fútbol feminino en España? Tampouco coñezo en profundidade o tema, así que prefiro manterme á marxe. Si creo que, como calquera empresa, todo ingreso sería benvido porque levaría investimento non só na base, pois tamén nun primeiro nivel que así o demanda e merece. No pasado verán fuches o único correspondente de prensa acreditado por un medio español na Eurocopa. Como viches o Suecia 2013 perto da selección española e o torneo en xeral? Durante os dous primeiros partidos da primeira fase estiven acompañado por Javier de la Casa (RadioMARCA) e Patricia Coma (R.C.D. Espanyol). Profesionalmente foi unha gran experiencia, poder vivir de perto a ilusión xerada por un grupo que non só fixo realidade o soño de xogar un campionato de Europa, unido á capacidade que tiveron de convencer, co seu xogo, e colocarse entre os oito referentes do continente. Organizativamente, a UEFA estivo sobresaínte. O público tamén respondeu moi ben. Creo que a valoración xeral é máis que notable. Ademais de ao fútbol feminino, asociámoste a Vero Boquete por ser o seu biógrafo. Cando e por que decides facer este traballo? Suxerinlle escribir o libro durante unha concentración da selección española na fase de clasificación para a Eurocopa. Sempre quixen escribir un libro, unha historia interesante que puidera encher. Creo que a súa vida é unha historia con maiúsculas e por iso fíxenlle a suxestión. Ao principio tomoume por tolo, pero acabou 22 ilusionándose tanto coma min neste proxecto. Creo que o resultado final é moi chulo. Debes coñecela ben. Como é Vero no fútbol e como é fora del? Para min é unha das mellores futbolistas do mundo. Polivalente, líder, excelente técnica, garra, fame de títulos, autoesixente – ás veces demasiado –, capaz de ler cada momento do partido e psicóloga de grupo cando este o precisa. Fóra do campo é como dentro del, unha muller con personalidade, de carácter, valente e fiel a uns valores cos que eu tamén me identifico. Humilde, familiar e amiga dos seus amigos.

España é un país que non le e afastado do fútbol feminino. A túa suxestión biográfica é, unha rebelión contra o estado das cousas, unha acción contracultural, un grito no deserto, unha necesidade persoal ou profesional, unha reivindicación doutros valores …? Un soño feito realidade. A fin deste proxecto non era escribir un best-seller, nin facerme rico co libro, simplemente crear unha obra que pagara a pena. Creo que se conseguiu e todas as críticas que recibimos foron boas. Oxalá sexa o principio de máis proxectos. Con tanto enredo con Messi, Ronaldo e Ribéry, dános ti o podio das xogadoras do ano e dinos quen foron as mellores treinadoras/es, equipos e seleccións. Xogadoras: O de ouro para Lena Goessling, o de prata para Lotta Schelin e o de bronce para Vero Boquete; como treinadora escollo a Patrice Lair; como equipo ao Wolfsburgo e, como selección do ano, Alemaña. Campións da Liga española e da Copa de Europa? Barcelona e Tyresö. Antes falabas de ter un pé pero, con todo o que falta fóra, incluído o partido en Italia, cres que España estará en Canadá 2015? Non teño ningunha dúbida. Hai equipo, calidade, ilusión e convicción de que é posible. Canadá 2015 espera ás nosas... e espero estar aí para contar as súas batallas.

FF

* ver se sabes .
1. Copa do Mundo 1.1. Quen é, con dez ez goles, a xogadora que marcou máis goles nunha fase final? a) Akers; b) Aarønes; c) Sissi; d) Sun Wen; e) Marta. 1.2. No 2003 China ía ser a sede dunha fase final que finalmente foi celebrada nos Estados Unidos. Por que non se xogou no país asiático? a) Porque xa ían celebrar a Olimpíada no 2008; b) Por un problema interno do goberno; c) Porque ía sufrir o boicot de occidente; d) Porque a CNN comprou os dereitos televisivos e decidiu cambiar a sede; e) Pola expansión, no país, dun virus respiratorio. 2. Eurocopa

a) Alemaña; b) Noruega; c) Suecia; d) Francia; e) Rusia. 4. Fútbol español 4.1. Nas temporadas 2009/10 e 2010/11 o campión da liga regular, debido a que se celebraba, posteriormente unha final, non ergueu o título. Quen foi o gran prexudicado? prexud a) Espanyol; b) At. Madrid) c) Rayo Vallecano; d) Barcelona; e) Athletic. 4.2. E o gran beneficiado que gañou as finais? a) Espanyol; b) At. Madrid) c) Rayo Vallecano; d) Barcelona; e) Athletic. 5. Fútbol galego 5.1. Que xogadora marcou o primeiro prime gol oficial coa irmandiña absoluta? a) Lis Franco; b) Vero Boquete; c) Mari Paz Vilas; d) Lucía Abreu; e) Anair Lomba. 5.2. E o último, até agora?

2.1. No 2009, Alemaña gañou a final por maior diferenza de goles cun 6-2 a … a) Italia; b) Suecia; c) Noruega; d) Inglaterra; e) Finlandia. 2.2. Cal foi a última edición na que se xogou o partido polo terceiro e cuarto lugar? a) 1984; b) 1987; c) 1989; d) 1991; e) 1993. 3. Copa de Europa 3.1. Segundo a clasificación UEFA, cantos países teñen dereito a clasificar dous equipos para o torneo? a) Un; b) Dous; c) Catro; d) Seis; e) Oito. 3.2. Quen ocupa o primeiro lugar nesa clasificación de coeficientes?

a) Míriam Ríos; b) Mari Paz; c) Vero; d) Anair; e) Joana. 6. Actualidade 6.1. Na recente fase final do Europeo sub’17 dúas xogadoras mandaron na táboa de goleadoras con catro tantos: a alemá Sehan e … a) Andrea (ESP); b) Křivská (CZE); c) Porter (ENG); d) Walkling (GER); e) Ferreira (POR). 6.2. E quen, con nove goles, foi a mellor marcadora de toda a competición? a) Andrea; b) Křivská; c) Porter; d) Walkling; e) Sehan.

Solucións do número 3: 1.1. d; 1.2 d; 2.1. e; 2.2. b; 3.1. b; 3.2. b; 4.1. b; 4.2. a; 5.1 c; 5.2. b); 6.1. e; 6.2 b.

23

FF

Club de amig/s

Revista FF

Queres unha publicación que fale do fútbol feminino galego
!orma orma parte do )lub de amig0s da Revista FF "#uda #uda economicamente este pro#ecto. pro#ecto !ai a túa doa1ón escribindo a re2istaff0outloo3.es $ste mes tam%n nos a#udou cunha aportación económica&

4,(5$ 6$*(" ".-8.

'($)*S"+,S D$ -* '"(" ),.-*./"(77 ),.-*./"(

24

FF

000 1rofeo 2er%ni"a 3o4uete
O Tomiño F.C. é, dos clubs galegos modestos, un dos máis activos. Na pasada campaña, cunha entrada de luxo no Alivio, que xa quixeran equipos da Terceira masculina, lograron o ascenso a Primeira División Galega e, pouco despois, ficaron en Aldán subcampioas da Copa de Segunda División autonómica. Nos paróns ligueiros os únicos que non paran son eles. Dalgún xeito son dos principais dinamizadores da selección comarcal do Baixo Miño, no ano pasado, co motivo do 17 de maio, puxeron en marcha o Trofeo Día das letras Galegas entre a propia selección e un potente combinado galego dirixido por Pili Neira. Desde hai tres anos moven, en decembro, o Trofeo Verónica Boquete. A santiaguesa, ademais foi nomeada madriña do seleccionado baixomiñoto. No último domingo do ano xogaron a terceira edición que, por vez primeira, tivo carácter internacional. Son, neste pouco tempo, o torneo –a partido regulamentario – o torneo de Nadal de referencia en Galiza. Por terceiro ano consecutivo a vila de Tomiño acolleu o seu Trofeo Verónica Boquete. Para esta ocasión, a directiva presidida por José Antonio González Gómez, conseguiu subir un chanzo elevando o partido á categoría de internacional coa presenza da selección distrital de Braga, dirixida pola ex internacional absoluta portuguesa, Joana Carvalho. Os prolegómenos do encontro atrasaron a hora de comezo, primeiro pola demorada chegada do cadro luso e despois pola homenaxe, con saque de honor incluido, que novamente o Tomiño fixo a Paula, a rapaciña de Boiro, operada satisfactoriamente, e coa que se implicaron os tomiñeses desde hai a primeira edición recadando fondos por medio do Banco de Tampas do Baixo Miño. O partido, inicialmente, foi controlado polo combinado bracarense, que inmediatamente se puxo por diante cun remate de Carol (Os Sandinenses) que superou a Anny (El Olivo). A reacción da selección baixomiñota foi inmediata. Ao cuarto de hora, Anair (El Olivo) sacou un tiro desde trinta metros marcando un golazo ao que non puido responder Rita (Os Sandinenses), algo que a xogadora guardesa repetiu quince minutos despois. Carol, seguiu a senda bigoleadora da galega para, de cabeza, colocar as táboas antes do descanso. Vero (Tyresö), que substituíra a Anair antes de iren os equipos aos vestiarios, deixou a súa impronta adiantando ás celestes ao bater a São (Pico de 25

Regalados) e coa penumbra sobre o Alivio, Irina (Sárdoma), inventouse un gol desde a distancia, pola escadra, imposble para a terceira guardarredes bracarense, Jacky (Martim). Ao final, Tomy (Victoria), recolleu o trofeo que acresita ás galegas como vencedoras. Salientar que, ademais da internacional española e xogadora do Tyresö sueco, Vero, tamén estiveron na relva do campo tomiñés dúas xogadoras que, tres semanas antes, defenderan a casaca da selección portuguesa no Europeo sub’17, Carol Oliveira e a lateral esquerda do Vilaverdense, da Primeira División, Margarida Machado.
08/12/11. A Carballa. Baixo Miño-Coruxo, 4-2 23/12/12. O Alivio. Tomiño-Barbadás, 2-1 29/12/13: O Alivio. Baixo Miño-Braga, 4-2

A FICHA DOMINGO 29/12/2013 (16,30) Campo: O ALIVIO (Tomiño) (300) BAIXO MIÑO: 4 - BRAGA: 2 (2-2) BMÑ: Anny; Judit, Sara, Silvia, Ita; Ceci, Sarita, Anair, María, Sandra; Tomy. Sels. Iván Melo e Rubén Alonso. Tamén xogaron: Vecky; Irina; Míriam; Mabel; Loreto; Vero. BRA: Rita; Catarina Machado, Nathalie, Belinha, Margarida Machado; Madalena, Bete, Malagueta, Ana Rita, Vanessa; Carol Oliveira. Sel. Joana Carvalho. Tamén xogaron: São (g); Jacky (g); Ana Gonçalves; Tânia Costa; Eduarda; Diana Gonçalves; Kat; Ana Tinoco. Goles: 0-1 Carol 5’; 1-1 Anair 14’; 2-1 Anair 28’; 2-2 Carol 41’; 3-2 Vero 57’; 4-2 Irina 76’. Árbitro: Martínez Míguez (Galego-Vigo). Auxiliares: Goce Veiga e Miniño Mosquera. Disciplina: Non houbo.

Sarita (BM). © Revista FF

FF

#s grandes "lubs

Olympique Lyonnais
O 17 de abril de 1971, Holanda e Francia xogaban o primeiro partido entre seleccións, recoñecido pola FIFA. As galas venceron 0-4 4 diante de 1.500 seareiros. Xogadoras como Marie-Louise ouise Butzig ou Collete Guyard foron protagonistas daquel encontro que as clasificou para o mundial oficioso de México, no 1971. O 16 de novembro do 2002, Francia e Inglaterra xogaban o partido de volta da eliminatoria definitiva que clasificaría ao quinto combinado europeo para o Mundial do ano seguinte nos Estados Unidos. Francia, como na ida, gañou 1-0. 0. Un gol de Diacre, sumado ao de Pichon en Londres, consolidaba, diante de 23.000 seareiros e coas cámaras de Canal +, o crecemento definitivo do fútbol feminino eminino en Francia. As datas tampouco son aleatorias en relación ao club máis importante da rexión Ródano-Alpes e, , desde os últimos anos, de todo o país galo. En 1970, a terceira cidade, despois de París e Marsella, celebraba o nacemento do F.C. Lyon. No 2004, 004, logo daquel mundial, o F.C. Lyon se integraba na estrutura do O. Lyonnais. O primeiro campionato de Francia data da temporada 1974/75 e o Stade Reims foi o primeiro campión. As do Marne dominaron as tres primeiras edicións nas que as lionesas estiveron ron ausentes. Na 1978/79 entraron na elite chegando ás semifinais onde o omnipresente cadro de Reims elimináraas, para logo caer na final contra o outro grande da época, A.S. Étrœungt. Até a 1984/85 o Lyon non chegou á súa primeira final. Gañara a fase preliminar e a final liderando, en ambos casos, o Grupo B, por diante do Saint-Joseph

e o Muret, respectivamente. Nas semifinais derrotou ao Hénin-Beaumont Beaumont polo valor dobre dos goles como visitante e perdeu a final contra o Saint-Maur Saint por 2-0 en Moulins. O equipo uipo aproveitou os momentos de crise no fútbol feminino francés para posicionarse entre os grandes. Vingaron a derrota anterior contra o Saint-Maur Saint na final da 1990/91 logo de empatar a un e vencer, en Tolosa, nos penaltis (4-2). (4 Os títulos repetiíonos na 1992/93, 1994/95 e 1997/98. Dous anos antes da integración, o equipo conseguiu os subcampionatos por detrás do Juvisy e do Montpellier. Eses dous equipos son, precisamente, alternándose no primeiro e segundo lugar nas dúas seguintes sesións, os que retardan retarda o comezo de monólogo inconstestable dun equipo, xa baixo o emblema do Olympique Lyonnais desde a 2006/07 até a actual na que, parece, volverá a repetir título. Precisamente, ao primeiro título xúntase o do equipo masculino sendo, a primeira vez, que a Liga ga francesa masculina e a feminina é gañada polo mesmo emblema. O éxito colectivo foi sempre aparellado dos individuais e así, a Union Nationale dee Footballeurs Professionnels (UNFP) recoñeceu a xogadoras azuis como Camile Abily (2006/07), Sonia Bompastor (2007/08), Louisa Nécib (2008/09) e Lota Schelin (2012/13) mellores xogadoras do ano no contexto do fútbol galo. No apartado goleador, varias lionesas lideraron a táboa como Sandrine Brétigny (42, sendo récord histórico nun campionato, na 2006/07), Kátia da Silva (27 na 2008/09), Eugénie Le Sommer (22 na 2011/12) e Lotta Schelin (24 na 2012/13). No continente, a primeira aparición do cadro da beira do Ródano data da campaña 2007/08. O 9 de agosto do 2007, no grupo F con sede en Strumica (Macedonia), derrotaron derrot por 12-0 0 ás eslovacas do Slovan Duslo de Sala. Abily abriu a goleada no minuto 7 e Nécib fechouna no 85’. Arrasaron como campioas de grupo con tres vitorias, 29 goles marcados e ningún recibido. Na Segunda Fase, actuando como locais, foron primeiras do d grupo D empatadas a todo co Brœndbyernes danés, primeiro equipo europeo ao que non foron quen de facerlles gol. Nos Cuartos de Final derrotaron ao Arsenal pero caíron nas Semifinais, polo valor dobre do gol como visitante, contra o Umeå sueco (1-1 e 00). O periplo na seguinte campaña, evitando a Primeira Fase, polo seu novo coeficiente UEFA, foi semellante, caendo nas semifinais contra o Duisburg , contra quen empatara en Lyon (1-1) e perdera en Alemaña en cinco minutos infelices nos

26

FF
que Inka Grings lles encaixou dous tantos pouco antes do descanso (3-1). 1). Na temporada 2009/10 subiron outro chanzo. Só perderan un partido en todo o torneo, na volta de Cuartos de Final contra o Torres italiano cun gol en propia porta de Shirley Cruz (1-0). 0). Na semifinal vingáronse ving do Umeå gañando 3-2 2 en Gerland (o do triunfo de Kátia da Silva no 83’) e empatando sen goles no Gammliavallen. Na final, rematada sen goles no Alfonso Pérez de Xetafe, o Turbine de Potsdam coroouse campión nunha serie de penaltis dramática, con erro de Herlovsen no quinto da quenda que, de ser gol, daría o título ás francesas (o anterior lionés tamén fora errado por Henry), e novo erro de Thomis no cuarto da morte súbita que impedía fechar co título continental o ciclo de dez anos de Farid Benstiti á fronte dos equipos (Lyon e O. Lyonnais). O 26 de maio do 2011 é a data máis festexada polo equipo francés. Nesa momento, un ano e seis días despois do de Xetafe, contra o mesmo rival que en España, o O. Lyonnais alcanzaba, por primeira vez, o título de campión de Europa no Craven Cottage londinense. Un gol de Renard aos 27 e outro da suíza Lara Dickenmann no 85, daban o cetro ás dirixidas por Patrice Lair. Invictas no campionato, só ás rusas do Zvezda 2005 conseguiron non saír derrotadas na ida, en Perm (0-0) 0) para cederen en Francia por 1-0 (Dickenmann 60’). Na campaña 2011/12 o percorrido foi mellor. Golearon earon en todos os partidos até chegar ás semifinais contra o Turbine. Na ida, en Lyon, as francesas arrasaron cun 5-1 sacando ndo trascendencia ao 0-0 0 de Alemaña. Na final, en Múnich, o Frankfurt sucumbiu a un primeiro tempo completo das de Lair, no que sentenciaron cos goles de Le Sommer, de penalti, e Abily.
'atrice 6air. © 9i3ipedia.

acabou coa hexemonía das galas cun gol desde os once metros de Martina Müller no minuto 73.

Historial
Nome completo: Olympique Lyonnais Fundación: 2004 Campión Liga de Francia (7): 2006/07, 2007/08; 2008/09; /09; 2009/10; 2010/11; 2011/12; 2012/13. Campión Copa de Francia (3): ( 2007/08, 2011/12; 2012/13. Campión Copa UEFA (2): 2010/11; 2011/12. Enderezo: 350 avenue Jean Jaurès | 69007 Lyon (France) Tel.: 0892 69 69 69 // E-Mail: serviceclient@olympiquelyonnais.com serviceclient

Plantel
Guardarredes: 26. Sarah BOUHADDI 1. Pauline PEYRAUD-MAGNIN MAGNIN Defensas: 17. Corine FRANCO 5. Saki KUMAGAI 3. Wendie RENARD 20. Sabrina VIGUIER Centrocampistas: 23. Camille ABILY 15. Elise BUSSAGLIA 21. Lara DICKENMANN 6. Amandine HENRY 11. Amel MAJRI 10. Louisa NÉCIB 13. Mélissa PLAZA 4. Makan TRAORÉ 7. Megan Anna RAPINOE Dianteiras: 9. Eugénie LE SOMMER 8. Charlotta Eva SCHELIN 12. Elodie THOMIS 24. Laëtitia TONAZZI Treinador: Patrice LAIR *En escuro as internacionais absolutas. Fotos: © OL.

No pasado exercicio, co cartel de favoritas, repartiron goleadas por todo o continente chegando á Final con oito triunfos noutros tantos partidos. Volvían á cidade do primeiro título con todo para facer historia como primeiro club en ter tres títulos consecutivos. . O rival foi un emerxente Wolfsburg, que só cedera un empate na Copa, pero con resultados algo máis axustados,

27

FF

Resultados ,e"embro mbro
España
1ª División
Xornada 9 (21/12/2013) Barcelona – Levante: 1-0 Xornada 11 (01/12/2013) Granada – Espanyol: 2-2 R. Sociedad – Rayo Vallecano: 1-1 Collerense – Oviedo Moderno: 1-1 Sevilla – Trans. Alcaine: 2-1 Sp. Huelva – Levante Las Planas: 3-0 San Gabriel – Levante: 1-1 At. Madrid – Athletic: 2-1 Valencia – Barcelona: 0-1 Xornada 12 (08/12/2013) Espanyol – Valencia: 0-1 Rayo Vallecano – Granada: 2-1 Oviedo Moderno – R. Sociedad: 2-0 Trans. Alcaine – Collerense: 2-2 Levante Las Planas – Sevilla: 1-1 Levante – Sp. Huelva: 0-3 Athletic – San Gabriel: 4-0 Barcelona – At. Madrid: 2-1 Xornada 13 (15/12/2013) Espanyol – Rayo Vallecano: 1-1 Granada –Oviedo Moderno: 2-2 R. Sociedad – Trans. Alcaine: 0-3 Collerense – Levante Las Planas: 5-1 Sevilla – Levante: 1-0 Sp. Huelva – Athletic: 0-1 San Gabriel – Barcelona: 0-4 Valencia – At. Madrid: 0-1 Xornada 14 (29/12/2013) Valencia – Rayo Vallecano: 0-1 Oviedo Moderno – Espanyol: 2-1 Trans. Alcaine – Granada: 2-1 Levante Las Planas – R. Sociedad: 2-2 Levante – Collerense: 3-0 Athletic – Sevilla: 5-0 Barcelona – Sp. Huelva: 3-0 At. Madrid – San Gabriel: 4-0 1. Barcelona, 40; 2. Athletic, 30; 3. At. Madrid, 29; 4. Rayo Vallecano, no, 26; 5. Valencia, 25; 6. Levante, 24; 7. Sp. Huelva, 18; 8. Collerense, 17; 9. Sevilla, 17; 10. San Gabriel, 16; 11. R. Sociedad, 15; 12. Oviedo Moderno, 14; 13. Espanyol, 13; 14. Transportes Alcaine, 13; 15. Levante Las Planas, 9; 16. 6. Granada, 8. 8 Mellor marcadora: Soni (Barcelona) 14 goles. Guardarredes menos batida: Ràfols (Barcelona) 3 g./ 12 p. (0,25).

(0-1 Laura 17’; 0-2 2 Andrea Carid 30’(p); 0-3 0 Angy 43’(pp); 0-4 Tamy 47’; 1-4 Tomy 62’; 2-4 4 Noelia 68’) Erizana – Ponferrada: 2-0 (1-0 Katy 36’; 2-0 Luci 50’) Compostela – Sárdoma: 1-1 (1-0 Rosi 58’; 1-1 Yaiza 89’) Gijón – Salamanca: 4-2 1 Silvia 30’(p); 2-1 2 Paloma 47’; 3-1 Irene 53’(p); 3-2 (1-0 Irene 20’; 1-1 Silvia 82’; 4-2 Paloma 89’(p)) El Olivo – Mareo: 3-1 1 Eva Cachón 55’; 3-1 3 Natalia (1-0 Sarita 22’; 2-0 Anair 46’; 2-1 Sánchez 81’) At. Arousana – Bértola: 3-5 1 Míriam 22’; 2-2 2 Sofía 47’; 2-3 Loló (0-1 Sofía 6’; 1-1 Alba 16’; 2-1 52’; 2-4 Xeila 73’; 2-5 5 Sandra 85’; 3-5 3 Alba 89’) Parquesol – Barbadás: 3-1 (0-1 Mónica 53’; 1-1 1 Sandra 66’; 2-1 2 Culé 75’; 3-1 Ainhoa 77’) Xornada 11 (08/12/2013) Victoria – Erizana: 2-1 (1-0 Tomy 4’; 2-0 Cris 35’; 2-1 1 Chama 89’) Ponferrada – Compostela: 5-0 0 Patricia Martínez Martí 70’; 4-0 Lucía (1-0 Jeny 11’; 2-0 Lorena 49’; 3-0 Rodríguez 75’; 5-0 0 Patricia Martínez 77’) Sárdoma – Gijón: 3-1 -1 Joana 59’; 3-1 Marta 79’) (1-0 Raquel 26’; 1-1 Irene 42’; 2Salamanca – El Olivo: 1-2 1 Carla González 41’; 1-2 1 Anair 64’) (1-0 Bea 32’; 1-1 Mareo – At. Arousana: 3-1 -1 Eva Cachón 52’; 3-1 Anina 80’) (0-1 Alba 30’; 1-1 Romina 38’; 2Bértola – Parquesol: 1-2 (0-1 Sandra 6’; 0-2 2 Nerea Fidalgo 24’; 1-2 1 Sandra 65’) Friol – Barbadás: 2-0 (1-0 Andrea Carid 42’; 2-0 0 Nuria 85’) Xornada 12 (15/12/2013) Friol – Erizana: 1-2 1 Tania 27’; 1-2 1 Katy 39’) (1-0 Andrea Carid 17’; 1-1 Compostela – Victoria: 1-1 (0-1 Pau 21’; 1-1 1 Raquel Barreiros 54’) Gijón – Ponferrada: 2-1 (1-0 Raquel 65’; 1-1 1 Patricia Martínez 67’; 2-1 2 Nuria 73’) El Olivo – Sárdoma: 3-1 (0-1 Irina 10’; 1-1 Anair 27’; 2-1 1 Natalia Natali 37’; 3-1 Anair 55’) At. Arousana – Salamanca: 2-2 (1-0 Belén 2’; 2-0 Belén 18’; 2-1 1 Puerto 27’; 2-2 2 Puerto 73’) Parquesol – Mareo: 2-4 (0-1 Alba 2’; 0-2 Romina 12’; 1-2 2 Sandra 54’; 1-3 1 Saray 75’; 2-3 Culé 77’; 2-4 Laurina 89’) Barbadás – Bértola: 0-1 (0-1 Sandra 83’) 1. El Olivo, 36; 2. Friol, 30; 3. Parquesol, 23; 4. Bértola, 20; 5. Salamanca, 19; 6. Barbadás, 19; 19 7. Mareo, 17; 8. Gijón, 17; 9. Sárdoma, 15; 10. Victoria, 14; 11. At. Arousana, 10; 12. Ponferrada, 9; 13. Erizana, 8; 14. Compostela, 3. 3 Mellor marcadora: Fany Varela (Friol), Anair (El Olivo) 10 goles. Guardarredes menos batida: Anny (El Olivo) 9 g./ 11 p (0,82).

1ª Galega – Grupo I
Xornada 9 (01/12/2013) Aguiño – Monte Forte: 6-0 Milagrosa – Pastoriza: 3-1 O Val – Val do Ulla: 3-2 Villestro – ACRD Boiro: 4-0 Xornada 10 (08/12/2013) Villestro – Orzán: 2-0 O Val – ACRD Boiro: 3-0 Milagrosa – Val do Ulla: 2-1 Aguiño – Pastoriza: 2-3 Xornada 11 (15/12/2013) Orzán – O Val: 2-0

2ª División – Grupo I
Xornada 10 (01/12/2013) Victoria – Friol: 2-4

28

FF
ACRD Boiro – Milagrosa: 2-2 Val do Ulla – Aguiño: 2-2 Pastoriza – Monte Forte: 1-2 Xornada 12 (18/12/2013) Milagrosa – Orzán: 2-1 1. Orzán, 24 (11); 2. Villestro, 22 (9); 3. O Val, 21 (10); 4. Milagrosa, 21 (11); 5. Pastoriza, 13 (10); 6. ACRD Boiro, 8 (10); 7. Val do Ulla, 6 (10); 8. Aguiño, 6 (10); 9. Monte Forte, 5 (9). Mellor marcadora: Estefanía (Orzán) e Lucía Pardo (Milagrosa) 11 goles. Guardarredes menos batida: Isa (Orzán) 11 g./ 11 p. e Silvia (O Val) 10 g./ 10 p. (1).

2ª Galega – Grupo II
Xornada 12 (01/12/2013) Goyán – Vila do Corpus: 2-6 El Olivo B – Moledo: 1-3 Tyde – Racing Vilariño: 1-0 Sárdoma B – San Miguel: 2-8 Xornada 13 (08/12/2013) Vila do Corpus – El Olivo B: 3-6 Moledo – Tyde: 4-0 Racing Vilariño – Sp. San Mateo: 3-4 San Miguel – Alertanavia: 2-1 Xornada 14 (15/12/2013) El Olivo B – Goyán: 8-0 Tyde – Vila do Corpus: 0-1 Sp. San Mateo – Moledo: 0-2 Sárdoma B – Racing Vilariño: 6-1 1. El Olivo B, 31 (12); 2. San Miguel, 27 (11); 3. Moledo, 26 (12); 4. Alertanavia, 19 (10); 5. Vila do Corpus, 19 (12); 6. Sárdoma B, 17 (11); 7. Tyde, 12 (12); 8. Sp. San Mateo, 11 (11); 9. Racing Vilariño, 4 (12); 9. Goyán, 0 (11).

1ª Galega – Grupo II
Xornada 9 (01/12/2013) Umia – At. Arousana B: 7-0 Guardesa – Atlántida Matamá: 0-2 Tomiño – Lavadores: 0-4 Ponteareas – Telmo Peluqueros: 1-1 CCAR Valladares – Choco: 4-1 Xornada 10 (08/12/2013) Ponteareas – CCAR Valladares: 0-3 Tomiño – Telmo Peluqueros: 1-2 Guardesa – Lavadores: 1-2 Umia – Atlántida Matamá: 0-3 At. Arousana B – Choco: 0-2 Xornada 11 (15/12/2013) Choco – Ponteareas: 2-0 CCAR Valladares – Tomiño: 6-1 Telmo Peluqueros – Guardesa: 2-0 Lavadores – Umia: 5-1 Atlántida Matamá – At. Arousana B: 5-1 Xornada 12 (22/12/2013) Atlántida Matamá – Choco: 4-1 1. CCAR Valladares, 30; 2. Atlántida Matamá, 26 (12); 3. Lavadores, 22; 4. Choco, 22 (12); 5. Guardesa, 19; 6. Ponteareas, 14; 7. Umia, 12; 8. Telmo Peluqueros, 11; 9. Tomiño, 6; 10. At. Arousana B, 0. Mellor marcadora: Isabel (Lavadores) 21 goles. Guardarredes menos batida: Nerea Molares (Atlántida Matamá) 8 g./ 12 p. (0,67).

2ª Galega – Grupo III
Xornada 12 (01/12/2013) Bueu – Portonovo: 11-1 Salcedo – Noalla: 1-6 Amanecer – O Grove: 3-2 Dena – Cdad. Pontevedra: 1-8 Concello de Mos – Beluso: 0-1 Xornada 13 (08/12/2013) Portonovo – Salcedo: 7-3 Noalla – Amanecer: 4-1 O Grove – Dena: 2-1 Cdad. Pontevedra – Concello de Mos: 2-1 Beluso – At. Arousana C: 10-0 Xornada 14 (15/12/2013) Salcedo – Bueu: 1-13 Amanecer – Portonovo: 1-3 Dena – Noalla: 0-5 Concello de Mos – O Grove: 4-0 At. Arousana C – Cdad. Pontevedra: 1-8 1. Beluso, 34 (12); 2. Ciudad de Pontevedra, 29 (13); 3. Bueu, 28 (12); 4. Noalla, 25 (13); 5. Portonovo, 24 (13); 6. Concello de Mos, 16 (12); 7. Salcedo, 16 (13); 8. O Grove, 15 (13); 9. Amanecer, 6 (13); 10. At. Arousana C, 6 (11); 11. Dena, 3 (13).

2ª Galega – Grupo I
Xornada 8 (01/12/2013) Conxo – 981: 4-0 Torre – At. Melide: 4-2 Victoria B – Orzán B: 3-2 Rúa Valdeorras – Tordoia: 1-6 Xornada 9 (08/12/2013) Sar – Conxo: 1-0 981 – Torre: 0-3 At. Melide – Victoria B: 1-1 Orzán B – Rúa Valdeorras: 3-2 Xornada 10 (15/12/2013) Orzán B – Tordoia: 2-4 At. Melide – Rúa Valdeorras: 3-4 981 – Victoria B: 0-6 Sar – Torre: 3-0 1. Tordoia, 27 (9); 2. Victoria B, 20 (9); 3. Rúa Valdeorras, 16 (9); 4. Orzán B, 15 (9); 5. Sar, 15 (9); 6. Conxo, 8 (8); 7. Torre, 8 (9); 8. At. Melide, 7 (9); 9. 981, 0 (9).

Alemaña
1. Frauen-Bundesliga
Xornada 8 (11-21/12/2013) Wolfsburg – Freiburg: 4-1 Turbine Postdam – Essen-Schönebeck: 4-0 Xornada 9 (01/12/2013) Bayer Leverkusen – Freiburg: 5-1 Jena – Sindelfingen: 2-0 Bayern – Duisburg: 0-1 Frankfurt – Hoffenheim: 8-2 Cloppenburg – Turbine Postdam: 1-3 Essen-Schönebeck – Wolfsburg: 0-2

29

FF
Xornada 10 (08/12/2013) Bayer Leverkusen – Sindelfingen: 8-0 Freiburg – Essen-Schönebeck: 1-1 Wolfsburg – Cloppenburg: (15/02) Turbine Postdam – Frankfurt: 0-3 Hoffenheim – Bayern: 2-2 Duisburg – Jena: 3-0 1. Frankfurt, 26; 2. Turbine Potsdam, 23; 3. Wolfsburg, 21 (9); 4. Bayern, 18; 5. Jena, 14; 6. Essen, 12; 7. Bayer Leverkusen, 12; 8. Freiburg, 10; 9. Duisburg, 10; 11. Cloppenburg, 9 (9); 11. Hoffenheim, 8; 12. Sindelfingen, 1. Mellor marcadora: Šašić (Frankfurt) 14 goles.

Inglaterra
FA Women’s Cup – Copa de Inglaterra
Cuarta Eliminatoria (01/12/2013) /2013) Chester-Le-Street Town – Tranmere Rovers: 0-1 Middlesborough – Sheffield Utd. Com.: 3-2 3 Whitley Bay – Brighouse Town: 2-1 2 Chorley – Huddersfield Town: 1-6 1 Blackpool Wren Rovers – Hull City: 1-0 1 Liverpool Feds – Peterlee St. Francis: 6-0 6 TNS – Sandiacre Town: 4-0 Reedswood – Leicester City: 2-1 1 Loughborough Students – Cambridge Women’s: 5-2 5 Copsewood Coventry – Nettleham: 1-0 1 Loughborough Foxes – Milton Keynes Dons: 1-3 Crystal Palace – Maidenhead Utd.: 2-0 2 C&K Basildon – KIKK Utd.: 2-1 Bedford – Westfield: 3-0 (np) Leverstock Green – Queens Park Rangers: 0-5 Ebbsfleet Utd. – Denham Utd.: 2-5 2 Enfield Town – Norwich City: 3-2 Exeter City – Gosport Borough: 3-1 3 Forest Green Rovers – St. Nicholas: 0-1 0 Plymouth Argyle – Univ. of Portsmouth: 3-0 3 (np) Larkhall Ath. – Swindon Spitfires: 3-0 3 Chichester City – Gloucester City: 6-0 6

DFB-Pokal Pokal / Copa de Alemaña
Cuartos de Final (15/12/2013) Werder – Frankfurt: 0-8 Freiburg – Cloppenburg: 1-0 Essen – Köln: 5-2 Jena – Sand: 0-2 Mellor marcadora: Meyer (Sand) 7 goles.

Francia
D1 Feminine
Xornada 9 (11/12/2013) Hénin-Beaumont – Paris St.-Germain: 0-1 Xornada 10 (01/12/2013) Hénin-Beaumont – Juvisy: 2-4 Guingamp – Muretaine: 5-1 Montpellier – O. Lyonnais: 1-4 Soyaux – Arras: 5-0 Yzeure – Saint-Étienne: 2-1 Paris St.-Germain – Rodez: 7-0 Xornada 11 (08/12/2013) Paris St.-Germain – Juvisy: 0-1 Muretaine – Hénin-Beaumont: 1-5 O. Lyonnais – Guingamp: 5-0 Arras – Montpellier: 1-3 Saint-Étienne – Soyaux: 1-2 Rodez – Yzeure: 2-0 Xornada 12 (15/12/2013) Juvisy – O. Lyonnais: 0-4 Hénin-Beaumont – Arras: 2-2 Guingamp – Saint-Étienne: 0-3 Montpellier – Rodez: 8-1 Soyaux – Yzeure: 1-0 Muretaine – Paris St.-Germain: 0-9 Xornada 13 (22/12/2013) Arras – Juvisy: 2-3 O. Lyonnais – Muretaine: 0-7 Saint-Étienne – Hénin-Beaumont: 0-0 Rodez – Guingamp: 0-0 Yzeure – Montpellier: 0-3 Paris St.-Germain – Soyaux: 6-0 *1. O. Lyonnais, 52; 2. Paris St.-Germain, 46; 3. Montpellier, 43; 4. Juvisy, 43; 5. Soyaux, 33; 6. Guingamp, 31; 7. Hénin-Beaumont, Hénin 26; 8. Rodez, 25; 9. St.-Étienne, 24; 10. Arras, 24; 11. Yzeure, 20; 12. Murertaine, 14. Mellor marcadora: Delie (Paris St.-Germain) Germain) 16 goles. * Partido gañado, 4 pts; empatado, 2 pts.; perdido, 1 pto.

Italia
Serie "
Xornada 11 (07/12/2013) Chiasiellis – Brescia: 1-2 Valpo Pedemonte – Inter: 3-2 Firenze – Mozzanica: 0-0 Pordenone – Como: 3-2 Napoli – AGSM Verona: 1-5 Res Roma – Scalese: 5-0 Riviera di Romagna – Tavagnacco: 0-1 0 Torres – Perugia: 3-0 Xornada 12 (14/12/2013) AGSM Verona – Riviera di Romagna: 0-1 0 Brescia – Firenze: 2-0 Como – Chiasiellis: 3-0 Inter – Napoli: 3-2 Tavagnacco – Res Roma: 2-0 Perugia – Pordenone: 1-2 Mozzanica – Valpo Pedemonte: 0-1 0 Scalese – Torres: 0-5 Xornada 13 (21/12/2013) AGSM Verona – Inter: 4-2 Chiasiellis – Mozzanica: 0-2 Firenze – Valpo Pedemonte: 2-1 1 Pordenone – Brescia: 0-2 Napoli – Tavagnacco: 3-6 Res Roma – Perugia: 4-2 Riviera di Romagna – Scalese: 7-0 7 Torres – Como: 6-0 36 3. Brescia, 36; 4. AGSM Verona, 1. Torres, 37; 2. Tavagnacco, 36; 26; 5. Mozzanica, 22; 6. Riviera di Romagna, 22; 7. Pordenone, 20; 8. Res Roma, 19; 9. Valpo Pedemonte, 16; 10. Firenze, 14; 11.

30

FF
Como, 12; 12. Chiasiellis, 10; 13. Napoli, 8; 14. Inter, 7; 15. Perugia, 6; 16. Scalese, 5. Mellor marcadora: Panico (Torres) 14 goles. Quintajense – Oleiros: 10-1 Viseu 2001 – Pico de Regalados: 2-1 2 Leixões –Pontinha: 3-3 / 4-3 Sousense – Gondim: 3-1 Cadima – Arsenal 72: 3-0 Vila – Esperança: 0-1 Terceira Eliminatoria (21/12/2013) 1/12/2013) Esperança – Viseu 2001: 0-2 Paio Pires – Sacavenense: 0-3 Sousense – Quintajense: 0-1 Os Sandinenses – Eirolense: 4-0 Leixões – Cadima: 1-1 / 5-6 -4 Pasteleira – D. Laura Santos: 1-

Coppa de Italia
Oitavos de Final (11/12/2013) Amicizia Lagaccio – Torres: 1-3 Como – Inter: 1-2 Fimauto Valpolicella – Mozzanica: 1-5 Pordenone – Tavagnacco: 0-3 Mestre – Bardolino Verona: 0-5 Firenze – Riviera di Romagna: 0-0 / 4-3 Roma – Res Roma: 1-2 Carpisa Napoli – Acese: 0-2

Xapón
Empress’ Cup / Copa da Emperatriz
Primeira Eliminatoria (23-24/11 11/2013) Osaka Un. Health and Sport Sciences – Nittaidai: 2-2 / 4-5 Fukuoka J. Anclas – Ehime: 1-4 Kanto Gakuen Un. – Fujieda Junshin High School: School 3-1 Nojima Stella Kanagawa – Hinomoto Gakuen Senior H.Sc. H : 1-2 Naruto Uzushio High School – Fukui Senior High School: 0-3 Hooh High School – Cerezo Osaka Sakai: Sakai 2-0 Nagano Parceiro – Elfen Sayama: 0-5 Ange Violet Hiroshima – Shizuoka Sangyo Un. Un Iwata Bonita: 2-3 Kamimura Gakuen H.Sc. – Hokkaido Bunkyo Un. Un Meisei H.Sc.: 3-0 Mashiki Renaissance Kumamoto – JFA Academy Fukushima: 0-6 Waseda Un. – Sendai Un.: 3-0 Shimizu Daihachi Pleiades – Japan Soccer College: 1-2 Segunda Eliminatoria (30/11-01/12/2013) 01/12/2013) Nittaidai – Ehime: 1-2 Kanto Gakuen University – Kibikokusaidaigaku Charme: 2-8 Tokiwagi Gakuen H. Sc. – Hinomoto Gakuen Senior H. H Sc.: 0-6 Fukui Senior High School – Hooh High School: 1-2 Elfen Sayama –Shizuoka Sangyo Un. Un Iwata Bonita: 2-0 Kamimura Gakuen High School – Sfida Setagaya: 1-6 Speranza Osaka Takatsuki – JFA Academy Fukushima: Fukushima 4-1 Waseda Un. – Japan Soccer College: College 4-0 Terceira Eliminatoria (07-08-11/12/2013) 11/12/2013) INAC Leonessa – Ehime: 10-0 Kibikokusaidaigaku Charme – Urawa Red Diamonds: 2-1 Iga Kunoichi – Hinomoto Gakuen Senior H. Sc.: 3-1 Hooh High School – Vegalta Sendai: 0-10 Yunogo Belle – Elfen Sayama: 4-3 Sfida Setagaya – JEF Utd.: 2-5 Albirex Niigata – Speranza Osaka Takatsuki: Takatsuki 3-0 Waseda Un. – NTV Beleza: 0-4 Cuartos de Final (15/12/2013) INAC Leonessa – Kibikokusaidaigaku usaidaigaku Charme: Charme 7-0 Iga Kunoichi – Vegalta Sendai: 2-1 Yunogo Belle – JEF Utd.: 2-0 Albirex Niigata – NTV Beleza: : 1-0 1 Semifinais (21/12/2013) INAC Leonessa – Iga Kunoichi: 3-2 Yunogo Belle – Albirex Niigata: 0-1 0 Final (23/12/2013, en Omiya) INAC Leonessa – Albirex Niigata: Niigata 2-2 / 4-3

Portugal
Nacional
Xornada 9 (29/12/2013) F. Benfica – Boavista: 5-0 Xornada 10 (01/12/2013) Cesarense – 1º Dezembro: 1-0 Vilaverdense – Valadares Gaia: 2-1 A-dos-Francos – Setúbal: 5-0 F. Benfica – Albergaria: 4-1 Boavista – At. Ouriense: Xornada 11 (08/12/2013) F. Benfica – Setúbal: 5-0 Boavista – Albergaria: 0-4 At. Ouriense – Cesarense: 5-1 1º Dezembro – Vilaverdense: 2-3 Valadares Gaia – A-dos-Francos: 1-2 Xornada 12 (15/12/2013) Vilaverdense – Cesarense: 4-1 A-dos-Francos – 1º Dezembro: 4-0 F. Benfica – Valadares – Gaia: 0-2 Boavista – Setúbal: 2-3 Albergaria – At. Ouriense: 3-1 Xornada 13 (21/12/2013) At. Ouriense – Vilaverdense: 2-0 Cesarense – A-dos-Francos: 0-6 1º Dezembro – F. Benfica: 1-6 Valadares Gaia – Boavista: 0-1 Setúbal – Albergaria: 1-7 1. A-dos-Francos, Francos, 36; 2. F. Benfica, 29; 3. At. Ouriense, 27 (12); 4. Albergaria, 25; 5. Vilaverdense, 22; 6. Boavista, 19 (12); 7. Valadares res Gaia, 15; 8. Cesarense, 7; 9. Setúbal, 6; 10. 1º Dezembro, 2. Mellor marcadora: Sousa (A-dos-Francos) 19 goles.

Taça de Portugal / Copa de Portugal
Segunda Eliminatoria (01/12/2013) Os Sandinenses – Seia: 9-0 Os Belenenses M.Grande – Eirolense: 0-7 Paredes – Pasteleira: 1-2 D. Laura Santos – Povo de Martim: 2-1 Bobadelense – Paio Pires: 1-1 / 2-3 Sacavenense – Os Belenenses: 1-0

31

Natalia – Nere Carballo – Chama – Carolina – Irina – Anair – protagonistas Virginia – Pl(ci/o Cort0s – !ol. – Son on cada domingo ninguén sabe os Aru%e seus Angy – Covi –pero Anita – #ar'a – #.nica – nomes" Carminha –Queremos Jimena – !au – +any Varela – que o fútbol feminino teña outra dimensión dimensión" Geluco Villar –Catu Catu – !uchi – #abel – 7aira – Este é un proxecto para editar House – Xeila – +o%i #art'ne) – #o – Vanesa – en papel que, polo momento, est# en pdf" Sara Pita – Tania – An/rea #ir.n – Jos0 ,st0ve) Queremos estar moito tempo pero – So hia – !uci – Tamy – *aren – $tegui – Pau precisamos axuda financeira – !u Pu"ol –Se#sana – 1ama – Sara #oug(n – queres facer a túa doazón porque c$e e gusta que facemos, $%i – Pincho – Vic&y – o Toni Pa). – #ayte – forma orma parte do Club de amig@s !uc'a S(nche) – Carla – Helena – An/rea – Tere da -evista ++ Escr%benos a Canle – Sarita – – *aty – Nuria a – #arcos re istaff@outloo!"es e dinos +lavia – ,vacon !ago #'riam – $lga – 2oli – canto – desexas colaborar para que poidamos seguir" -osi – Camis.n – Charly seguir Garc'a – !aura – Ale"an/ra – Joana – -osa/o – Graciela – Iban !. e) – Anny – 1esi – Clau/ia – 4(rbara – ,mma – $ve – 1avi/ Iglesias – -oci – ,va !(u)ara – Tatiana Tatian – 1rus – 2ai)a – Nere Cao – Ari – Pacy – Pachi – Cristina –*ily *ily – An/rea Cari/ – !oreto – #arta – Sus3 – 4eli – 4ibi – San/ra – Ant'a – !ara – 56'a – Sheila – Pauleta