You are on page 1of 2

a transición de mar a terra

Ao mesturarse coa auga do mar no esteiro, o río deposita parte da súa carga. Fórmanse extensas chairas lamacentas e areosas, que fican descubertas na baixamar. Co paso do tempo e coa continuada acumulación de sedimentos, o nivel do terreo vaise elevando, e a proporción do tempo que fican fora da auga se incrementa. Así observamos o lento proceso de sedimentación e colonización das zonas fora das canles principais do río por plantas como a morraza (Spartina maritima), e da gradual conversión dalgunhas zonas do esteiro en humidais e posteriormente en hábitats terrestres.

O río Miño no seu tramo final, dende o encoro de Frieira ata a súa desembocadura no océano Atlántico, percorre 76 km que conforman a subconca internacional do Baixo Miño. Este singular espazo transfronteirizo, acubilla dous espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000 galega, o Lugar de Interese Comunitario (LIC) Baixo Miño e a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Esteiro do Miño, ambolos declarados como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

as marismas

Dentro deste esquema, as marismas sitúanse na parte alta, de xeito que pasan a maioría do tempo fora da auga salobre e as zonas superiores somentes chegan a cubrirse coas preamares vivas. A planta dominante é o xunco mariño, ou nas zonas con aportación de auga doce, o carrizo. Co paso do tempo as marismas terminarán por colmatarse, independizándoa do influxo da marea, e abrindo o camiño para a colonización polos salgueiros e ameneiros. A densa vexetación e a inaccesibilidade para o home fai que as marismas de Salcidos sexan excelentes hábitats para fauna, atopando aquí refuxio ducias de especies de aves, mamíferos, réptiles e anfibios.

O Baixo M iño
No contorno da desembocadura do río Tamuxe, no lugar de Salcidos, atopamos case 150 Ha de marismas, xunqueiras e carrizais, hábitats que representan a transición entre o medio mariño e o medio terrestre. Desde aquí tamén podemos contemplar o resto do esteiro, onde destacan numerosas illas sedimentarias e extensas chairas intermareais. Este conxunto de hábitats naturais é de alta importancia para flora e fauna e acolle numerosas especies protexidas e ameazadas, salientando as aves que atopan aquí alimento e refuxio.

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Investimos no seu futuro” UNIÓN EUROPEA

P

R

O

G

R

A

M

A

CooPeraCiÓN traNSfroNteriZa E S P A Ñ A - P O R T U G A L CooPeraÇÃo traNSfroNteiriÇa
2 0 0 7 2 0 1 3

XEFATURA TERRITORIAL

As Marismas de

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS VALORES NATURAIS DESTA ZONA VISITA:

www.anabam.org

Salcidos

Garza (Ardea cinerea)

a Transición a Bosque Na parte superior da marisma. Carriza dos xuncos (Cisticols juncidis) a Fauna Lontra (Lutra lutra). a planta dominante na marisma. sobre todo na baixamar. 6 5 Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus). arriba). tolera as inundacións periódicas con auga salgada. pódese ver como van colonizando salgueiros e ameneiros. típicamente onde entra un río de auga doce. os Carrizos Río Tam uxe Illa Morraceira de Grilo Illa Morraceira das Varandas 3 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) Salcidos 2 1 5 4 6 Illa Canosa Nas charcas de baixa salinidade dentro dos carrizais crían anfibios como a ra verde (Pelophylax perezi. O lirio amarelo (Iris pseudacorus) é tamén frecuente. As chairas lamacentas son importantes comedores para aves limícolas como a pildora dourada (Pluvialis apricaria). eficaz O observatorio de aves de Salcidos depredador das marismas . Acollen tamén un dos nosos réptiles máis singulares: o sapoconcho común (Emys orbicularis. 2 Os carrizos (Phragmites australis) dominan as zonas humidas pero con menos salinidade. dereita). convertíndose así nun bosque humido 3 4 as Chairas Intermareais 1 os Xuncos O xunco mariño (Juncus maritimus).