s novas circunstancias climáticas poderían afectar aos recursos de cada rexión (colleitas, pesca, turismo, etc.).

O cambio climático terá vantaxes para as persoas e especies que poidan adaptarse á nova situación. Ademais, haberá países que terán un clima máis suave, menos frío. Pero os cambios poderían provocar unha crise económica e haberá que ter en conta novos riscos debidos ao probable aumento de sucesos meteorolóxicos extremos, como ondas de calor e choivas torrenciais.

I Ten algunha vantaxe o cambio climático?

o modificar a distribución xeográfica de animais e vexetais, o cambio climático fará o mesmo coas infeccións que son transmitidas a través moitas destas especies (mosquitos, vermes, etc). Suponse que podería incrementar a presenza de moitas enfermidades actuais como a malaria, o paludismo, a febre amarela, o dengue e a tripanosomiase, sobre todo nas rexións tropicais.

probable que aumenten os fenómenos meteorolóxicos extremos como os grandes furacáns, que obteñen a súa enerxía da calor das augas tropicais. Desde 1970 non creceu o número de furacáns por ano, pero si se duplicaron os furacáns de máxima intensidade, como o «Katrina». O que non ten nada que ver co quecemento global son os tsunamis, producidos por terremotos submarinos. Tamén é seguro que a Terra non se destruirá porque cambie o clima.

É

A A

I Haberá máis furacáns e tsunamis? O cambio climático destruirá a Terra? I Serán máis frecuentes algunhas enfermidades como a malaria?

I Como miden os científicos a temperatura global?
on este fin a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) ten distribuídas por todo o mundo 10.000 estacións de observación meteorolóxica terrestres, 7.000 en buques, 300 en aboias fondeadas e 9 en satélites. Estes dispositivos xeran ao día 15 millóns de da-

orque unha cousa é o tempo dun día concreto e outra o clima, que é unha media do tempo durante moitos anos, durante miles e miles de días. Con números tan grandes axúdanos a estatística. Por exemplo, podemos calcular que a poboación mundial chegará a 7.000 millóns de persoas o 18 de outubro de 2012, pero non podemos saber cantos familiares teremos nesa data. Algo parecido ocorre coa predición do tempo e o clima. Aínda que non podamos predicir o tempo que fará dentro de 10 días, complexos cálculos matemáticos dannos a temperatura media e o nivel do mar que haberá, aproximadamente, a finais do século XXI. tos, cos que se determina a temperatura global media da Terra e outros parámetros. A gran cantidade de cifras recollidas desde multitude de lugares reduce ao máximo os posibles erros na medición e, ademais, evita que a calor propia das cidades distorsione a media global.

P C

I Como poden saber o clima dentro de 50 anos se non poden predicir o tempo que fará dentro de 10 días?

s efectos do cambio climático serán máis intensos na rexión ártica (onde viven os osos polares) que na antártica (onde viven os pingüíns). No Ártico provocará o desxeo de mares, ríos e do permafrost (a capa de terra conxelada de modo permanente). Todo isto modificará a distribución e a extensión dos bosques, da tundra e, en consecuencia, de todas as especies asociadas a estes ambientes. Calcúlase que a poboación dos osos polares pasará duns 20.000 a 14.000 nos próximos 50 anos. Os pingüíns veranse afectados en menor medida.

O

I Desaparecerán os pingüíns e os osos polares?

oito. Podemos, por exemplo, evitar o malgaste de enerxía, auga e outros recursos (reciclar, aforrar, etc), pedindo aos gobernos e as empresas que fagan o mesmo. Unha lámpada de baixo consumo permite aforrar a combustión duns 140 litros de petróleo ou 160 quilos de carbón. Substituíndo todas as lámpadas dun país o aforro sería enorme. Tamén apoiar a educación en valores (responsabilidade, solidariedade, etc) e defender que se invista en investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico para poder contar con recursos que eviten ou diminúan os efectos do cambio climático. O semanario Time leva á súa portada o tema do quecemento global, converténdoo en motivo de interese popular.

M

I Que podo facer eu?

I 1987

Dende hai vinte anos
I 1988 I 1990 I 1995

I Están de acordo os científicos sobre o cambio climático?
o substancial si, aínda que hai algúns procesos que aínda non se comprenden ben e cuxa influencia sobre o clima do futuro aínda se discute. O cambio climático estúdase desde disciplinas tan diversas como a meteoroloxía, a xeografía, a xeoloxía, a

N
A

A ONU crea, en Xenebra, o Panel Intergobernamental para o Cambio Climático (IPCC). Segundo informe do IPCC. Rebaixa as súas estimacións para o ano 2100 a un

O primeiro informe do IPCC predí un incremento da temperatura planetaria de 0,3 ºC por decenio, pero non pode asegurar se está vinculada a un cambio natural ou á actividade humana.
DISEÑO Y MAQUETACIÓN

índa apagando todos os motores e as fábricas, o CO2 emitido permanecería máis de 100 anos na atmosfera. Non podemos frear o quecemento global, pero si retardalo e diminuír os seus efectos. Para iso debemos reducir as emisións de CO2, tal e como estableceu o protocolo de Kioto, asinado por 141 países en 1997. Con todo, moitos non cumpren os seus compromisos; e ademais tres grandes potencias económicas (China, India e EEUU) nin sequera asinaron o protocolo. Aínda que hoxe non sabemos como frealo, a historia indícanos que os descubrimentos científicos poden, moitas veces, resolver os problemas. Así que unha esperanza está na investigación.

I Pódese frear o quecemento global?
I 1997 I 2007
incremento máis probable de 2 ºC e un aumento do nivel do mar de 50 centímetros. Aconsella mellorar o rendemento do consumo enerxético.

oceanografía ou a astrofísica, que se complementan nas súas conclusións. Para valorar no seu conxunto toda a información dispoñible, a ONU creou o Panel Intergobernamental para o Cambio Climático (IPCC), cuxos informes reflicten o mellor coñecemento científico sobre este tema.

Museos Científicos Coruñeses

Unha información elaborada por

Museos Científicos Coruñeses

Asínase o Protocolo de Kioto para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Entra en vigor en 2005. Cuarto informe do IPCC. Os expertos vencellan o actual quecemento global á actividade humana.
O CTO P UBLICACIONES

QUECEMENTO GLOBAL?

cambio climático
Edición realizada co patrocinio de

Monografías de Comunicación Científica

07

1920

1950

1980

2000

ACQUARIO DI GENOVA

O

O tempo é o conxunto de todos os parámetros físicos e químicos da atmosfera nun lugar e momento determinados. Estes parámetros pódense medir (temperatura, velocidade do vento, cantidade de choiva, etc).

cambio climático comezou a ser un tema de interese popular hai uns vinte anos. Desde entón, foi incrementando a súa presenza nos medios de comunicación e en todo tipo de faladoiros. Durante o último ano, tamén se converteu en motivo de preocupación cidadá, en obxectivo de diferentes iniciativas políticas e de campañas publicitarias. Os Museos Científicos Coruñeses recolleron as principais inquedanzas populares sobre o tema, enunciadas en forma de preguntas, para respondelas nesta publicación. Te m p o e c l i m a

I Foi 2006 o ano máis cálido da historia? Efecto Invernadoiro

O clima non se pode medir, non se refire a unha realidade física senón virtual, é unha media. Falamos de clima chuvioso pero non sabemos con certeza que días choverá

índa que agora lle botemos a culpa do quecemento, grazas ao efecto invernadoiro vivimos nun planeta confortable, cuns 14ºC de temperatura media. Na lúa, que non está máis lonxe do Sol, a media é de 18 graos baixo cero. A diferenza está en que a Terra posúe unha atmosfera, que retén a calor e evita que se escape ao espazo. Iso é o efecto invernadoiro, debido ao dióxido de carbono (CO2) e outros gases (vapor de auga, metano, ...). O problema do quecemento xorde ao reforzar ese efecto natural con todo o CO2 que se emite cada vez que se queiman combustibles fósiles (fundamentalmente petróleo e carbón).
A luz solar quenta a Terra

ste inverno foi máis suave do habitual en España, en moitas zonas do resto de Europa e en Norteamérica. Algo parecido sucedeu en 2006, só que entón o inverno foi durísimo en Rusia. Que o tempo pareza raro un ano, ou varios, non significa que cambie o clima. O clima é unha media a longo prazo do tempo meteorolóxico. Tería que haber moitos invernos estraños no mesmo sitio durante decenios para poder dicir que alí sucedeu un cambio climático. E iso alteraría tamén a fauna, a flora e a paisaxe do lugar.

Concentración de CO2 (ppm)

Ita lia Es pa ña Gr ec ia Al em añ a Ru si a Ca na dá EE .U Au U. st ra lia

I O quecemento é culpa do CO2 e do efecto invernadoiro?

on, aínda que en EEUU si foi. Tendo en conta todo o planeta, 2006 foi o sexto ano máis cálido desde que se empezaron a rexistrar datos globais de temperatura, en 1861. A marca teno 1998 e séguenlle, segundo a Organización Meteorolóxica Mundial, 2005, 2002, 2003 e 2004. Aínda que a temperatura non sobe cada ano e hai altibaixos, a tendencia nos 30 últimos anos é de subida. Isto é o que chamamos quecemento global: a temperatura media da superficie da Terra subiu 0,7ºC desde principios do século XX.

E

Temperatura media

N A

I O ano 2007 comezou sen neve en lugares onde o inverno é moi duro: chegou o cambio climático?

I Contaminamos os animais tamén ao respirar?
18ºC 16ºC 14ºC 12ºC 10ºC 300 280 260 240 220 200 180 160 4ºC 8ºC 6ºC

respiración non é responsable do incremento actual do CO2 atmosférico, xa que procede de alimentos que en última instancia fabrican as plantas co que capturan da atmosfera. Con todo, ao queimar combustibles fósiles emítense á atmosfera grandes cantidades de carbono que permanecía enterrado baixo o chan.

Os gases atmosféricos (CO2, metano, vapor de auga, etc) reducen a cantidade de calor que o planeta emite ao espazo

s cambios na órbita da Terra, e na inclinación do seu eixo, alteran a cantidade e distribución de luz que nos chega do Sol. Estas variacións prodúcense en longos ciclos de tempo e considéranse a principal causa das sucesivas glaciacións do último millón de anos. A actividade do Sol tamén varía en ciclos máis curtos (de 11 e 80 anos) pero a súa influencia sobre o quecemento actual considérase irrelevante.

I Hai cambios no Sol que producen cambios climáticos na Terra?
400.000 400.000 350.000 350.000 300.000 300.000 250.000 250.000

A
O

Te m p e r a t u r a e C O 2

A
150.000

200.000

200.000

150.000

s rexistros meteorolóxicos só se remontan a mediados do século XIX. Pero podemos reconstruír con detalle o clima desde hai centos de miles de anos, grazas ao xeo dos polos. A neve, ao caer, atrapa pequenas burbullas do aire, que dan información moi precisa sobre a temperatura global, a concentración de CO2 e demais indicadores do clima dese momento. Canto máis se profunda no xeo, máis se retrocede no tempo. Para chegar máis atrás e coñecer o clima de hai millóns de anos recórrese a datos xeolóxicos (rocas, sedimentos, fósiles, etc).

O

I Hai fumes contaminantes que arrefrían o planeta?

I Como podemos saber o clima do pasado?
100.000 50.000 0 Anos ata o presente (0 = ano 1950) 100.000 50.000 0 Anos ata o presente (0 = ano 1950)

Estados Unidos 21% s emisións de CO2 e demais gases de efecto invernadoiro son a principal causa do quecemento global. Outros contaminanCentroamérica tes, sobre todo partículas sólidas que 1% flotan na atmosfera parecen causar arrefriamento, pero a súa influencia sobre Suramérica a temperatura global é menor que o quece3% mento provocado polo CO2.

temperatura e a concentración de CO2 na atmosfera foron da man nos últimos 650.000 anos: as épocas máis cálidas da Terra coinciden coa maior abundancia de CO2. Pero se nos fixamos en períodos máis curtos a coincidencia non é exacta. Nos últimos 150 anos a cantidade de CO2 non parou de crecer e, en cambio, a temperatura estivo estancada a mediados do século XX porque hai outros factores que arrefrían o clima. Con todo, o actual aumento do CO2 é o factor que máis inflúe, e seguirá quecendo o planeta.

A

I Se segue aumentando o CO2 seguirá aumentando a temperatura?
2%

Reparto das emisións mundiais de CO2
Canadá

17%

Na parte alta da Praia de Razo (Carballo) existen sedimentos de areas que indican a existencia dunha praia fósil situada a varios metros por riba do actual nivel do mar

I Estamos vivindo un cambio natural ou provocado por nós?
s cambios climáticos poden estar provocados por variacións na luz que chega do Sol ou pola actividade volcánica, causas que chamamos naturais. En lugares concretos eses cambios poden ser moi drásticos (variacións de temperatura de 10ºC en poucos
Fonte: Energy Information Administration, USA (2005)
Media Mundial

O
4%

Toneladas de C O 2 emitidas por habitante
Europa África Rusia e Asia Central Oriente Próximo

5%

Outros

7%

Sur Asiático

5%

Este Asiático

4%

22%

Sureste Asiático

2% Australia e Nova Zelanda

4%

4%

Xapón

Fonte: Energy Information Administration, USA (2005)

25 20 15 10 5 0

anos), pero a nivel global son moito máis lentos (ao final das glaciacións a subida foi de 2ºC por milenio). O último informe científico do IPCC da por certo que as actividades humanas son a principal causa do actual e rápido quecemento global da Terra.

I O cambio climático afectará igual a todo o mundo? I Se se derreten os polos asolagarase o mundo?

Glaciar de Monteperdido (Pirineos) en 2004 e a principios do século XX

nicialmente o quecemento será máis acusado nas rexións próximas ao Polo Norte; outros lugares ata poderían arrefriarse un pouco. A mediados de século o quecemento será xeneralizado, aínda que menos intenso nas rexións tropicais do Hemisferio Austral. O sur de Europa é unha zona especialmente sensible á variabilidade climática. Prevese un aumento das secas e unha redución da dispoñibilidade de auga, que afectará ao turismo e ás colleitas.

s predicións para finais do século XXI apuntan a que a temperatura podería subir 1,8ºC nun mundo cunha poboación estable e que usa enerxías limpas, ou incrementarse ata 4ºC nun mundo de crecemento económico rápido e que segue empregando intensamente combustibles fósiles. En calquera destes escenarios os nosos invernos serán máis suaves pero non desaparecerán.

A I

I Morreremos abrasados de calor? Vai desaparecer o inverno?

e se derretesen por completo os polos quedaría moito sitio onde vivir. O nivel do mar subiría uns 70 metros, debido ao xeo que hai sobre terra na Antártida e en Grenlandia. En cambio a fusión do xeo que está flotando (o do Polo Norte e dos icebergs) non afectaría ao nivel do mar, como tampouco varía o nivel dun vaso de auga cando se derrete un cubiño de xeo que flota nel. De todos os xeitos, os polos non van desaparecer nun futuro próximo. A finais de século o nivel do mar subiría entre 18 e 59 centímetros, sobre todo porque a auga dos océanos ocupará máis volume ao quentarse.

O S

In di a Br as il Ch in a Fr an ci a Su ec ia

I É a primeira vez que cambia o clima? Algunha vez fixo máis calor que agora?

clima da Terra cambiou constantemente. Desde que os nosos antepasados comezaron a camiñar sobre dúas patas, hai 4 millóns de anos, houbo máis dunha ducia de cambios climáticos, alternando épocas amornadas como a actual con intensas glaciacións que cubriron de xeo case todo o Hemisferio Norte. Moitos millóns de anos antes, na era dos dinosauros, houbo períodos moi cálidos (temperatura media global de 25ºC) e non existían zonas polares xeadas.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful