[NÉBEDA.

CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación




imaxe de Raul Lieberwith

Esta iniciativa inxírese no Proxecto de achegamento da lectura á
comunidade universitaria da Biblioteca da Facultade. Un
primeiro paso para desenvolver unha actitude crítica e selectiva
da produción científica é xerar aptitudes lectoras, que axudarán
a aprendizaxe contínua. A lectura é esencial para crear unha
capacidade de análese e crítica. Dentro do EEES o alumnado
no debe únicamente formarse en contidos curriculares da
materia, se non tamén formarse en valores de tipo cultural.
Neste sentido estase a traballar en moitas universidades. Temos
proxectos de ámbito internacional como é a Rede Internacional
de Universidades Lectoras no que están implicadas
universidades de Arxentina, Brasil, Ecuador, España, Italia,
México e Portugal, e á que hai uns anos se incorporou a
Universidade da Coruña coordinada por Héctor Pose, docente
neste centro.
Dende a Biblioteca tentamos xerar unha conciencia lectora nos
nosos usuarios e usuarias, paralela ao apoio ao estudo e
investigación. Para iso creamos espazos físicos e virtuais nos que
a comunidade universitaria do centro poida disfrutar da creación
literaria, en todos os xéneros e formatos.
Iniciativas previas.

1. O 17 de maio de 2011 a biblioteca inaugurou o Recuncho
de lectura coa idea de que sexa unha zona de reconciliación
[NÉBEDA. CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación


coa lectura que convide a ler, pensar e imaxinar. Un espazo
informal e cómodo para ler con tranquilidade, lugar de
achegamento da comunidade universitaria á lectura, unha
sala de exposicións de obras e un punto de encontro entre
lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para
compartir actividades relacionadas coa lectura: coloquios en
torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais… En
definitiva, un rincón de paz e de achegamento ás letras
2. En novembro do 2011 a biblioteca colaborou no Tour de
lecturas do Oeste, xornadas de coloquio e reflexión en torno
á lectura e aos seus creadores e creadoras, inscritas no
proxecto mencionado de Red de Universidades Lectoras.
3. Así mesmo a Biblioteca da Facultade de CC da Educación,
na sua inquedanza pola aplicación e optimización das novas
tecnoloxías da información nos seus servizos, organizou en
outubro de 2010 as Xornadas O libro electrónico: presente e
futuro na biblioteca e no ensino coa finalidade de crear un
debate aberto neste ámbito entre a Universidade, as
bibliotecas, os autores, o mundo editorial e os creadores e
xestores de dispositivos e de contidos. As xornadas contaron
con gran afluencia de público, na sua maioría pertencentes á
comunidade universitaria que comezaban a familiarizarse co
novo formato de lectura. E a partir de 2012 incorporou ao
seu fondo 10 lectores de libro electrónico, cargados con
máis de 1000 obras de creación. Os dispositivos dixitais de
lectura contribúen a crear novos xeitos de lectura individual
e social.
4. Realiza exposicións nas súas peceras de creatividade
relacionadas, en moitas ocasións coa lectura de creación.
5. Convida a autores e autoras a charlas cos usuarios e usuarias,
no curso anterior estiveron con nós Mariano Casas, autor de
banda deseñada, e Berta Dávila, unha das novas escritoras
con case todas as súas obras premiadas. Colaboaron con nós
en exposicións autores e autoras como Yolanda Castaño,
Francisco X. Fernández Naval, Ramiro Torres, Eva Veiga…
6. A Biblioteca colaborou nas Xornadas “De cerca”, en abril
de 2013, tamén dentro da Rede de Universidades lectoras.
7. A Biblioteca dispón dun fondo de literatura en varios
idiomas, cun apartado especial para literatura en español e
outro para literatura en galego e portugués. Unha colección
de literatura infantil e xuvenil, tamén ten nela o seu espazo a
banda deseñada, coleccións que se van actualizando
anualmente. Está subscrita á colección de poesía de Espiral
Maior, na que publican os nosos e nosas mellores poetas.
8. A partir de marzo de 2014 nace o seu Clube de lectura e
encontros literarios, Nébeda. Un espazo semivirtual que
recomendará lecturas, facilitará a discusión sobre elas e
convidará a autores e autoras a encontros puntuais.
[NÉBEDA. CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación



Obxetivos
1. Fomentar a lectura de obras de creación entre a
comunidade universitaria, para o seu disfrute e
entretenemento.
2. Potenciar o coñecemento dos autores e autoras galegos,
tanto clásicos coma contemporáneos, así como a
utilización da nosa lingua.
3. Fidelizar lectores e lectoras.
4. Favorecer o espíritu de crítica literaria, tan útil para
comezar calquera proceso de investigación.
5. Socializar a lectura. Compartila con outros membros da
comunidade universitaria e cos propios autores e
autoras das obras.
6. Animar á relación interxenaracional a través da cultura.
7. Estimular a creatividade, a difusión de ideas, incluso a
posible creación dun texto literario.
8. Alimentar a lectura como ferramenta de emancipación
persoal e social, imprescindible para a independencia na
aprendizaxe contínua.
9. Realizar actividades culturais complementarias que
poidan axudar á participación activa.
Funcionamento do Clube
1. A Biblioteca
a. Coordinarán o Clube María Gutiérrez Calvete e
Inma Doval Porto.
b. Dispón dun blogue / plataforma na que irá
creando distintas entradas para cada actividade.
c. Recomendará a lectura dunha obra e engadirá
todo o material que atope relacionado coa
mesma. A obra recomendada poderá estar
relacionada con algunha temática de actualidade,
suxerida por algún/ha docente colaborador/a, ou
polo autor/a convidado para o “encontro
literario”. Sempre tentará buscar obras pouco
coñecidas dun autor/a ou pequeñas “xoias
literarias”, ante todo se buscará a calidade das
mesmas. Alternaremos autores/as locais con
[NÉBEDA. CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación


internacionais, prosa e poesía, clásicos e
contemporáneos.
d. Contará coa colaboración dun escritor/a, poderá
ser o propio autor / autora da obra ou alguén que
poida analizar a súa obra, a quen convidará para
falar da mesma dentro dos “encontros literarios”.
2. Membros do clube: lectores/as
a. A participación é libre e gratuíta. Poden
participar alumnado, docente e PAS de toda a
universidade. Para ser membro activo do clube
hai que rexistrarse primeiro na plataforma. Se
ben calquera poderá ler os post que se
publiquen.
b. Os membros do clube, lectores habituais e
rexistrados na plataforma, terán preferencia para
participar nos encontros, se ben, se o aforo o
permite, pode participar toda a comunidade
universitaria.
3. Colaboradoras/es. A Biblioteca contará coa colaboración
de Patricia Carballal Miñán e Iria Sobrino, docentes na
Facultade.
4. Clube virtual. A través da plataforma do clube a
biblioteca animará á lectura e achegará material
complementario e os membros do clube comentarán o
que desexen sobre a mesma. Buscarase a participación
de autores/as e editores na conversa virtual.
5. Os encontros. Cada dous meses, aproximadamente, a
biblioteca favorecerá un encontró entre os membros do
clube e un autor/a que pode ser o da propia obra ou
alguén que a poida analizar. Estes encontros serán no
Recuncho de lectura, unha tertulia con café.
6. Outras actividades. Realizaranse actividades
complementarias relacionadas coa obra e autor na que se
está traballando: exposición de libros, ilustracións,
proxección de cine relacionado co tema ou a
ambientación histórica, percorridos literarios, lecturas
dramatizadas...



[NÉBEDA. CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación


Recursos cos que conta a Biblioteca para a realización do clube:
1. Un espazo físico, o Recuncho de lectura, no que se
levarán a cabo os encontros cos distintos autores e
autoras convidados.
2. Un espazo virtual, unha plataforma de comunicación en
liña con quen queira participar.
nebedaclubelectura.wordpress.com
3. Unha colección importante de obras de creación literaria
de todos os xéneros.
4. 10 lectores de libro electrónico dispoñibles para levar en
préstamo.

Programación prevista

 Marzo. Mes da muller traballadora. Analizaremos así a
obra Adios María, de Xohana Torres, considerada por
Teresa Bermúdez Montes como a primeira novela
galega de protagonista feminina escrita por unha muller.
Propostas:
o Lectura da obra.
o Encontro con Dores Tembrás, poeta e
coñecedora da súa obra.
 Abril. O pasado ano foi o 50 aniversario da publicación
de Rayuela, de Julio Cortázar, hai 30 anos xa da súa
morte e en agosto deste ano, o autor tería feito 100 anos.
Queremos homenaxealo lendo e analizando a súa obra.
Propostas:
o Lectura dunha das súas obras
o encontro con Francisco X. Fernández Naval,
especialista na sua obra e que acaba de publicar a
traducuión dun dos seus relatos ao galego, A
autoestrada do sur, primeiro de 8 contos que
integran a obra Todos los fuegos, el fuego.
o Proxección de películas relacionada, dada a
grande relación de Cortázar co cine, películas de
Godard, Antonioni, Antín ou Bielinsky.
o Exposición nas peceras de creatividade “O
mundo de Cortázar”


[NÉBEDA. CLUBE DE LECTURA E
ENCONTROS LITERARIOS.]
1 de enero de
2014

Biblioteca Facultade Ciencias da Educación


Orzamento
Cada encontro literario pagarase entre os 100 e os 130 €,
dependendo de se o autor/a ten ou non que desprazarse.
Aínda que a actividade do clube se materá durante todo o ano,
os encontros só se realizarán entre outubro e maio. A idea é
realizar cada ano académico 6 encontros, 3 en cada
cuatrimestre.
Entre marzo e decembro de 2014 realizaremos 5 encontros, que
xeran un gasto aproximado de 600 €.
Algúns clubes de lectura de bibliotecas universitarias en España:
 365 días de libros. Club lectura Universidad Carlos II de
Madrid. http://365diasdelibros.blogspot.com.es/
 CLUECA. Club universitario de cómic y álmun
ilustrado. Universidad de Alicante.
http://cluecaleeis.blogspot.com.es/
 La calma lectora, clube de lectura da Biblioteca da
Universidade de Las Palmas de Gran Canaria.
http://bibwp.ulpgc.es/clubdelecturaulpgc/
 Club de lectura UCO, clube de lectura da Universidade
de Córdoba.
http://www.uco.es/cultura/forolectura/index.php
 Club de lectura de la Biblioteca de La Laguna
http://clubdelecturaull.blogspot.com.es/
 ¿Qué he hecho yo para merecer ésto?. Clube de lectura
da Biblioteca de Universidad de La Rioja.
http://quehehechoyoparaleeresto.wordpress.com/
 Nos gusta leer. Clube de lectura da Biblioteca
Universidad de Extremadura.
http://nosgustaleer.wordpress.com