Xosé Miranda (Lugo, 1955

)
Licenciado en Bioloxía, profesor de bacharelato, narrador e poeta. É especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado varios libros, algúns galardoados co Premio Esquío ou o Eusebio Lorenzo

Baleirón. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002), publicada en 2003. Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988) e dende aquela xa deu ao prelo unha boa presada de títulos como como Historia dun paraugas azul (1990, A biblioteca da iguana (1994), O demo á orella (1996), Morning star (1998) e Pel de lobo (2002), así como numerosos relatos en libros colectivos. Recibiu os premios máis prestixiosos como o Xerais, Merlín, Modesto Rodríguez Figueiredo, etc. Como autor de literatura infantil publicou Lúa e os nubeiros, O coello Federico ou Amancio Amigo e o meigo de Salamanca, entre outros títulos. Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral.

GUIÓN DE TRABALLO DE MORNING STAR
1. Resume o argumento principal e apunta os temas secundarios que ao teu parecer conforman a novela (non máis dunha páxina). 2. Describe os personaxes principais e secundarios diferenciando entre protagonistas e antagonistas e personaxes planos e redondos. 3. Cales che pareceron os personaxes máis interesantes e por que motivos? 4. Esta é unha novela de aventuras mais tamén unha novela histórica que recrea a sociedade galega de mediados do s. XIX e está inzada de referencias históricas reais. Propoñémosche unha serie de aspectos que debes desenvolver centrándote na lectura e/ou axudándote doutras fontes. Que aspectos che chamaron máis a atención? Que che resultou máis sorprendente, atractivo...? (podes engadir outras cuestións). - Os costumes e a realidade social da época - As vilas e outros espazos xeográficos - O bandoleirismo (Tomás das Congostras, o romance de Tasende...) - As carlistadas - A figura do cego 5. A que fai referencia o título da novela? Indaga nesta referencia histórica. 6. Comenta os seguintes temas presentes na novela: - A ambición humana - A superación persoal - Avaricia - O odio e o amor 7. A intriga é un ingrediente fundamental nunha novela deste tipo e de que se administre con éxito por parte do autor depende en boa parte que o lector se enganche ao relato. Conségueo? Como? 8. Fai unha valoración persoal de Morning Star.