You are on page 1of 15

4.

Cantigas de Santa María

1. Situación da obra no seu contexto. Relación coa lírica profana


trobadoresca
1) Contido: exaltación da Virxe, que coincide coa exaltación dunha muller que
se fai na lírica profana, pero neste caso desde unha perspectiva relixiosa.
2) Estética: están presentes moitos dos elementos retóricos da lírica profana,
coma que poden ser de mestría ou de refrán (a maioría, agás 7), pero as
necesidades son diferentes, xa que son cantigas máis narrativas e extensas, o
que leva ao uso dunha métrica e estilo distintos.
3) Lingua: é o nexo máis importante entre a lírica profana e a relixiosa, xa que
as CSM son cantigas narrativas, pero seguen sendo poesía lírica, polo que
atendendo ao par lingua-xénero tiñan que estar escritas en galego-portugués.
4) Carácter da obra: as CSM son unha obra literaria concreta (cronoloxía,
fontes, estrutura, problemas, tradición manuscrita, etc), que se opón ao carácter
de xéneros ou correntes da lírica profana.

2. A figura de Afonso X, o Sabio


2.1. Autoría das CSM
Desde a perspectiva do concepto de autoría medieval, Afonso X é o
autor da CSM.

2.2. Vida
1) Orixes: era fillo de:
a) Fernando III, o Santo: durante o reinado de Fernando III producírase a
unión entre León e Castela.
b) Beatriz de Suabia, o que lle daba a Afonso X a posibilidade de ser
emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, título polo que loitou
entre 1257 e 1275. Porén, o Papa Gregorio X oponse a que Afonso X
ostente este título. Isto reflíctese no "Prólogo A" das CSM (dos Romãos
Rey).
2) Reinou entre 1252 e 1284.
3) Casou en 1249 con D. Violante, filla de Jaime I de Aragón.
4) Morre o seu fillo primoxénito, o que dá lugar a un conflito entre o seu
segundo fillo, o futuro Sancho IV, e os netos do primoxénito. Sancho
levantarase en armas contra o seu pai e os D. Violante marcha para Aragón cos
netos que tiñan dereitos sucesorios. Isto reflíctese nun escarnio político de
Airas Nunes e tamén é posible que estea na orixe dunha composición do
propio rei na que reflexiona sobre a perigosidade das armas e conclúe que
quere ser mariñeiro.

1 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

2.3. Obras que promoveu


1) Lingua: usa o romance en todas as súas obras, o galego-portugués para a
poesía lírica e o castelán para a prosa.
2) Carácter das obras: son obras de carácter enciclopédico, compilacións de
temas diversos.
3) Tipoloxía das obras:
a) Xurídicas:
 Código de las siete partidas.
 Fuero Real.
 Espéculo
b) Históricas:
 Crónica General.
 Crande e General Estoria.
c) Científicas:
 Libros del saber de astrología.
d) Lúdicas:
 Libro de los juegos de ajedrez, dados y tablas.
e) Traducións:
 Biblia.
 Talmud.
 Cábala.
 Corán.
f) Poéticas:
 CSM.
 Lírica profana (probablemente 44 cantigas de escarnio e maldicir).

3. Noticia dos códices privativos desta obra


3.1. Introdución
Co termo técnico tradición manuscrita referímonos a todos os
manuscritos existentes dunha determinada obra ou xénero.

Os catro códices das CSM realizados no escritorio de Afonso X son


moi importantes pero non teñen copias posteriores. Ademais, comparten as
seguintes características:
1) Tipo de letra: letra minúscula gótica cursiva (igual ca no Cancioneiro da
Ajuda e no Pergamiño Vindel), importante para a datación dos manuscritos.
2) Soporte: pergamiño.
3) Música: todos teñen notación musical, agás o Códice de Florencia, que está
preparado para escribir a notación pero carece dela1. Disto debemos concluír

1
O mesmo acontece na lírica profana co Cancioneiro da Ajuda. Nos demais manuscritos (copias
renacentistas) a notación musical está ausente porque xa non se entendía a notación medieval e,
ademais, os humanistas só estaban interesados no texto.

2 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

que as CSM non só son unha obra poética, senón tamén unha colección
musical moi importante.

3.2. Códice toledano (TO)


1) Lugar de conservación: orixinariamente estaba na Biblioteca da Catedral
de Toledo, pero na actualidade consérvase na Biblioteca Nacional de
Madrid.
2) Descubrimento: foi descuberto polo Padre Sarmiento.
3) Datación:
a) Nun primeiro momento considerouse que era o códice máis moderno, xa
que se trata dunha copia.
b) O musicólogo portugués M. Pedro Ferreira demostrou que se trata do
códice máis antigo, que responde ao momento inicial do proxecto.
4) Contido: 128 cantigas que o sitúan na primeira etapa do proxecto das CSM
(100).
5) Características:
a) Miniaturas: carece delas.
b) Letras capitais iniciais: resaltadas, alternando azul e vermello.
c) Música escrita para o refrán (que aparece no inicio da cantiga, ao contrario
ca na lírica profana).
6) Edicións:
a) Monteagudo (2001), edición facsimilar.

3.3. Códice escurialense (E) ou Códice dos músicos


1) Lugar de conservación: Biblioteca do Escorial.
2) Contido: 417 cantigas, é o máis amplo de todos e responde á terceira etapa do
proxecto (400 cantigas).
3) Características:
a) Ten máis de 40 miniaturas nas que se representan músicos.
b) Notación musical.
c) Letra minúscula gótica cursiva.
d) É o único no que aparecen os nomes do copista (Johannes Gundisalvi) e
dun autor, Airas Nunes. Isto levou a varias interpretacións:
 Walter Mettmann considera que Airas Nunes podería ser o redactor
principal das cantigas.
 Tavani nega que Airas Nunes desempeñe o papel que lle outorga
Mettmann.

3 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

3.4. Códice T. I. 1 (T) ou Códice rico


1) Lugar de conservación: Biblioteca do Escorial.
2) Características:
a) Colección importante de miniaturas: 6 por cantiga (nunha páxina) e dúas
páxinas para as cantigas rematadas en 5, que son máis longas.
b) Estrutura baseada no número 5.
c) Ten 24 textos en castelán, xa que da cantiga 2 á 25 inclúense
prosificacións das composicións a pé de páxina en castelán.
3) Contido: 193/195 cantigas, que sitúan o códice na segunda etapa da
colección (200 cantigas). Fáltalle unha parte do caderno inicial e o último.

3.5. Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F)


1) Características: é un complemento do Códice rico a nivel de contidos, xa
que sigue o mesmo programa compositivo (miniaturas).
2) Contido:
a) Pertence á 3ª fase do proxecto, é dicir, ás 200 últimas cantigas (o Códice
rico incluiría as 200 primeiras, que se corresponden coa 1ª e 2ª etapas).
Porén, só se conservan 104 das 200 e, aínda que está preparado para a
notación musical, carece dela.
b) Inclúe dúas cantigas que só coñecemos grazas a este manuscrito.

3.6. Composicións do Cancioneiro B


No Cancioneiro B da lírica profana inclúese:
a) Unha cantiga de loor, a 467 (tamén incluída no Códice de Toledo e no
Códice escurialense).
b) Unha estrofa que segundo Silvio Pelegrini podería ser o inicio doutra
cantiga de loor (nº 468).

 A notación musical nas CSM


1) O normal é que a estrutura estrófico-métrica da primeira cobra se manteña
nas demais, polo que abonda con achegar a notación musical só nesa cobra.
2) O texto sobre o que se transcribe a notación musical aparece en liña continua,
ocupando toda a caixa e sen respectar a división en versos. Por debaixo
aparece o pentagrama ou tetragrama cos pneumas. No resto de estrofas a
liña correspóndese co verso.

4. Edicións
1) Edición de Cueto ou Valmar:
a) Autor: Leopoldo Cueto, marqués de Valmar. Foi sufragada pola RAE.
b) Data de 1889.
c) Fontes: toma como base o manuscrito E, pero descoñece o F (polo que
carece de dous textos).
4 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

d) Características: contén erros de lectura, pero é importante polo seu valor


histórico.

2) Edicións de Walter Mettmann:


a) Edición publicada pola Universidade de Coimbra (1959-1964):
 Consta de tres volumes iniciais, que inclúen o texto e unha introdución.
En 1972 publícase un cuarto volume cun glosario.
 En 1981 Xerais publicou unha edición facsimilar en dous volumes que,
ademais, inclúe un limiar de Ramón Lorezo sobre a lingua das cantigas.
b) Revisión publicada na Editorial Castalia (1986-1989): foi publicada en
formato de peto en tres volumes, polo que a introdución e o glosario son
reducidos.

3) Edicións facsimilares:
a) Códice rico: edición da Editorial Edilán en 1979.
b) Códice de Florencia: edición da Editorial Edilán en 1994.
c) Códice Toledano: edición de H. Monteagudo.

5. Análise das Cantigas de Santa María


5.1. As CSM no contexto mariano europeo
As CSM insírense na moda do seu tempo, xa que no momento eran frecuentes
en Europa as coleccións de milagres marianos:
a) Finalidade:
 Achegarlles materiais aos predicadores.
 Servir de propaganda dos santuarios.
b) Carácter dos primeiros textos: coleccións en prosa de finais do s. XII,
escritas en latín, que posteriormente serían versificadas en romance.

As principais coleccións de milagres en romance da Europa da época son:


1) Miracles de Nostre Dame de Gautier de Coinci:
a) Contén 58 milagres, alternando algunhas composicións de loor. Isto puido
influír na estrutura das CSM.
b) Forma métrica de xograría: longas tiradas monorrimas, normalmente
octosilábicas (aínda que non sempre hai isometría) con preferencia pola
rima consonante.
c) Carácter dos milagres:
 Son historias moralizantes que se transmiten mediante unha narración
simple (proverbios populares, reflexo dos sentimentos dos personaxes,
etc).
 Están próximos aos sermóns.
d) Influencia nas CSM: ademais da posible influencia na estrutura (cantigas
de loor), as CSM conteñen 48 milagres dos Miracles de Nostre Dame, dos
que 25 son case unha adaptación dos desta obra.

5 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

2) Milagros de Nuestra Señor de Gonzalo de Berceo:


a) Contén 25 milagres.
b) Forma: mester de clerecía. Están escritos polo tanto en cadernavías (4
versos monoconsonantados, xeralmente alexandrinos).
c) Carácter dos milagres:
 Son relatos extensos próximos á épica.
 Ton familiar (busca da verosimilitude).
d) Fontes latinas.
e) Influencia nas CSM: 18 dos milagres narrados por Gonzalo de Berceo
aparecen nas CSM.

3) Cantigas de Santa María de Afonso X, o Sabio:


a) 420 cantigas.
b) Características das cantigas:
 Son máis breves cás composicións das obras anterioes.
 O nome de cantiga achéganllo os bibliotecarios de Felipe II e reflicte a
súa relación coa lírica trobadoresca.
 Achéganse ao exemplum (narración breve en prosa con finalidade
moralizante).
c) Forma: presenta concomitancias coa lírica trobadoresca.
d) Maior importancia das CSM ca outras coleccións de milagres:
 Literaria: riqueza métrica, coidado na realización...
 Plástica: miniaturas, decoración secundaria...
 Lingua: vocabulario máis amplo có da lírica profana (mesmo máis
amplo có das cantigas de escarnio e maldicir).
 Música.

5.2. As cantigas de milagres e as cantigas de loor


5.2.1. Cantigas de milagres
1) Características:
a) Cantigas narrativas.
b) Son 356 cantigas.

2) Fontes: segundo Filgueira Valverde existen seis grupos de fontes:


a) Materiais latinos: diferentes coleccións europeas de milagres e outro tipo
de textos.
b) Materiais romances: Gautier de Coinci e Gonzalo de Berceo.
c) Obras xerais das que se puideron tomar materiais aplicables á Virxe.
d) Coleccións locais de santuarios estranxeiros.
e) Coleccións locais de santuarios penninsulares.
f) Vida do propio Afonso X: é a fonte para as chamadas cantigas de milagres
familiares, nas que se relatan.
Filgueira Valverde tamén apunta que as primeiras cantigas
(cronoloxicamente) estaban baseadas en fontes foráneas, seguidas das de fontes
peninsulares e, finalmente, das de inspiración autobiográfica.

6 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

3) Estrutura:
a) Refrán: son todas de refrán, agás sete. O refrán das CSM caracterízase por:
 Situarse ao comezo da composción, ao contrario do que acontece na
lírica profana, e repetirse ao final de cada estrofa.
 Inclúe a idea principal da cantiga, xeralmente unha lección moralizante.

b) Estrutura bipartita / tripartita (xa nos Milagros de Nuestra Señora de


Gonzalo de Berceo):
 Initium: pode chegar ata a 3ª estrofa e pode conter indicacións sobre:
 Lugar onde se desenvolve o milagre.
 Tempo.
 Indicacións imprecisas sobre a fonte.
 Presentación dos personaxes.
 Medium: parte central, relato do milagre.
 Finis: en moitos casos as cantigas carecen del e rematan de xeito
abrupto. As composicións con final marcado adoitan recapitular o
contido da cantiga ou indicar que chegou á súa fin.

5.2.2. Cantigas de loor


1) Características:
a) Son cantigas non narrativas, pero non todas as cantigas non narrativos son
de loor (aínda que si a maioría). Con todo, adoita usarse a etiqueta de
cantigas de loor aplicada a todas as cantigas non narrativas.
b) Son 64 cantigas.
2) Fontes: non hai modelos concretos para este tipo de cantigas, pero os temas
desenvoltos son recorrentes na literatura mariana anterior e coetánea.
3) Temas:
a) Amor mundano vs. amor á Virxe.
b) María vs. Eva (xogo de palabras ave vs. eva).
c) Explicación das 5 letras do nome de María.
d) Festas da Virxe (en 5 cantigas e 1 prólogo):
 Anunciación.
 Concepción.
 Nacemento.
 Candelaria.
 Asunción.
e) Festas cristolóxicas:
 Creación do mundo.
 Epifanía.
 Resurrección.
 Ascensión.
 Pentecostés.

4) Estrutura: son adscribibles a dous modelos:


a) Forma de pregaria (maioritario), nas que a finalidade é buscar o perdón
da Virxe, para o que se fai unha exaltación dela dun xeito bastante
abstracto, só se fai referencia a aspectos relevantes da súa vida coma a
7 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

Anunciación (é o momento no que acepta ser nai de Deus, a razón pola que
é loada e que tamén dá pé a visión da Virxe como mediadora).
b) Modelo da cantiga de amor (minoritario), no que a Virxe substitúe a
dama e o devoto ao namorado. Con todo, a Virxe, ao contrario cá dama,
nunca nega a esperanza e a recompensa.
5) Outros trazos:
a) Son cantigas máis intimistas, nas que o propio Afonso X pode aparecer
presentándose como trobador da Virxe, devoto ou pecador que busca
amparo.
b) Métrica variada.
c) Na rúbrica indícase que son cantigas de loor.

5.3. Estrutura
5.3.1. Primeira redacción (100 cantigas)
1) Prólogo A ou intitulatio: prólogo introdutorio da obra, a única
composición sen música.
2) Prólogo B: reflexión sobre o feito de trobar.
3) Cantigas:
a) Cantigas de loor: 1, 10, 20, 30...
b) Cantigas de milagres: as restantes.

5.3.2. Segunda redacción (200 cantigas)


1) Mantemento da distribución entre cantigas de loor e cantigas de milagres.
2) Adición dunha estrutura baseada no número 5, de xeito que a cantiga nº 5 e
os seus múltiplos eran cantigas narrativas máis longas, que tamén
presentaban miniaturas a dobre páxina (Códice rico e Códice F).

5.3.3. Terceira redacción (400 cantigas)


As cantigas 401 e 402 son epílogos desde o punto de vista temático,
pero nin están ao final nin foron engadidas nesta última etapa. Así, a 401 ou
Cantiga de petiçom fai referencia a 100 cantares.

5.3.4. Simbolismo dos números


1) Algúns autores consideran que:
a) O feito de que o 10 simbolizase a perfección, e polo tanto a divindade,
explica que a primeira redacción das cantigas incluíse 100 composicións
(10 x 10).
b) O número 5 é importante desde varios puntos de vista:
 É divisor de 10.
 Procede da suma de 3+2, que simbolizaría a busca de Deus por parte do
home:
 3: Trindade.

8 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

 2: home (é un número divisible, que representa a corruptibilidade do


home). Isto explicaría a segunda redacción (100x2) e tamén a
terceira (200x2)
 Está vinculado á Virxe tamén por:
 O nome de María ten 5 letras.
 Está vinculado ao Rosario (estruturado mediante a mestura do 10 e o
5) e ten 5 misterios.
 As festas dedicadas a María son 5.

2) Outros autores defenden que segundo a simboloxía dos números, 400 era o
número máximo de cantigas que podía acadar a obra: 10x2=20, 20x5=100,
100x4=400 (o 4 representa o terreal).

5.4. A autoría
1) Filgueira Valverde: considera que a unidade estilística da obra revela que
houbo un autor principal, que segundo Filgueira sería Afonso X, e outros
autores secundarios.
2) Mettmann:
a) Tamén considera que hai unha parte moi ampla escrita por un autor
principal. Dado que entre as dúas columnas da cantiga 223 se cita a Airas
Nunes e tamén a que existen coincidencias entre as 15 cantigas profanas
deste autor e as CSM, Mettmann achega a posibilidade de que ese autor
principal fose Airas Nunes. Ademais, isto explicaría que dun poeta tan
importante coma el só conservemos 15 cantigas.
b) O resto das composicións presentan trazos estilísticos moi variados, e nelas
poderían intervir ata 6 autores diferentes.
c) Considera que a intervención de Afonso X como coordinador da obra é
moi importante e tamén que as cantigas en 1ª persoa son da súa autoría.
3) Tavani: non admite a autoría de Airas Nunes, por varias razóns:
a) Non existe documentación que demostre que Airas Nunes estivo na corte
de Afonso X (aínda que si hai documentos que o sitúan na corte de Sancho
IV).
b) Considera imposible que, estando na corte e sendo un poeta tan
importante, non sexa citado por outros poetas nin retado para tenzóns.
4) Spanke: expón que a presenza do nome de Airas Nunes se pode deber a que
se tomou del a música ou que el mesmo foi o compositor da música desa
cantiga.
5) Leopoldo Cueto: defende que puido ser Airas Nunes o que achegou a
temática da cantiga, unha hipótese desbotada na actualidade xa que
coñecemos a fonte exacta desa composición.

En conclusión, Afonso X é o autor das CSM se atendemos ao concepto


medieval de autoría, xa que tiña a vontade de elaborar esta obra, foi o seu mecenas, e
puido intervir en parte da súa composición.

9 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

5.5. Etapas de elaboración


5.5.1. Mettmann
1) 1ª etapa (100 cantigas):
a) 1270-1274.
b) Entre esas 100 cantigas inclúense:
 O Prólogo A.
 O Prólogo B.
 A Pitiçon, unha composición que aparece na estrutura definitiva
numerada como a 401, pero que pertence á primeira etapa. Ten carácter
de epílogo.
c) Códices:
 Segundo Mettmann non conservariamos manuscritos da época que
reflectisen esta primeira etapa, senón que se correspondería cun códice
hipotético TO0 (o orixinal do TO) e con follas soltas que usarían os
copistas para a composición dun cancioneiro.
 Na actualidade sabemos que o TO, malia ser unha copia e non un
orixinal, foi realizado no escritorio de Afonso X, e non é o máis tardío
dos manuscritos conservados, como apuntaba Mettmann (e o musicólog
catalán Higini Anglés).
d) Estrutra: baseada no número 10 (cantigas de loor).

2) 2ª etapa (200 cantigas):


a) 1274-1277.
b) Códices:
 Códice rico, que contén 193 cantiga porque lle falta un fascículo e parte
do inicio.
c) Estrutra: engádese a estrutura sobre o 5, polo que cómpre reorganizar os
materiais existentes para que as cantigas máis longas ocupen o número 5 e
os seus múltiplos.

3) 3ª etapa (400 cantigas):


a) 1277-1282.
b) Códices:
 Códice F: incompleto, xa que lle faltan case 100 cantigas e moitas
miniaturas.
 Códice E: é o máis completo de todos, con 417 cantigas, pero é menos
luxoso có Códice rico e o Códice F. Con todo, ten 40 miniaturas que se
corresponden coas 40 cantigas de loor, todas elas de músicos (por iso é
coñecido tamén coma o Códice dos músicos).
c) Estrutura: nesta 3ª etapa necesitábanse 359 cantigas de milagres, pero por
non contar con ese número de cantigas narrativas repítense 7 milagres.

10 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

5.5.2. Jesús Montoya


1) Datos nos que base a as etapas que establece:
a) O TO xa era coñecido antes de 1269, xa que o poeta catalán Cerveri de
Girona viaxa a Castela á corte de Afonso X e escribe a Cansó de Madonna
Santa Maria dedicada ao monarca, que xa debía ser un autor coñecido
polas súas CSM.
b) Hai 13 cantigas que se poden datar antes de 1269 analizando o seu
contido.
c) Atopa documentación en Sevilla de entre 1253 e 1269 que amosa que o rei
lle fixo doazóns a poetas, chantres e escribáns desta cidade. Este feito
pode ser considerado un indicio de que podían ser doazóns a persoas que
interviñeron na elaboración das CSM.

2) Etapas:
a) 1ª etapa (200 primeiras cantigas):
 1257-1266/1269:
 En 1257 Afonso X convértese en candidato a emperador do Sacro
Imperio Romano Xermánico (dato que aparece reflectido no Prólogo
A).
 Códices:
 TO.
 Primeiras 200 cantigas de E.
 Códice rico (T).
b) 2ª etapa (200 últimas cantigas):
 Códices:
 200 últimas cantigas de E.
 Códice F.

3) Direccións: segundo J. Montoya trabállase de xeito simultáneo en dúas


direccións:
a) A elaboración dun códice simple (E).
b) A elaboración dun códice luxoso (T e F).

5.6. A versificación
1) Relación coa lírica profana: a forma é diferente da da lírica profana
(herdeira do sistema provenzal), pero presenta puntos concomitantes:
a) Refrán:
 Todas as CSM presentan refrán agás 7.
 Ao contrario ca na lírica profana, o refrán aparece no inicio da
composición. Ademais, nas cantigas narrativas ten a función de conter a
idea central.
b) Outros elementos retóricos trobadorescos tamén poden aparecer nas
CSM, pero en menor medida (xa que o importante é o contido).

11 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

2) Rima:
a) Sempre é consoante.
b) Pode ser masculina (verso rematado en palabra aguda) ou feminina (verso
rematado en palabra grave).

3) Medida do verso: é moi variada e pode oscilar entre as 3 e as 21 sílabas (con


cesura cada 7), xa que depende do tipo de composición:
a) Cantigas de loor: o verso adoita ser máis breve.
b) Cantigas narrativas: versos máis extensos.

4) Estrofa:
a) Zéxel (esquema maioritario):
 Orixe: procede da estrofa árabe denominada muwassaha:
 Variable.
 Con refrán inicial, que non se mestura co corpo da cobra.
 O corpo da cobra ten dúas partes diferenciadas. A parte final
denomínase sint e o sint da última cobra é a kharxa (en mozárabe ou
árabe vulgar), que era a base da composición.
 Características: a estrofa máis común presenta o seguinte esquema:

AA bbba (AA)
 AA: refrán inicial (dístico monoconsonantado).
 bbb: 2ª rima ou mudanza.
 a: verso de volta (repetición da rima do refrán, pero é un verso que
non pertence ao refrán).
 AA: repetición do refrán que seguramente se daba nas interpretación
cantadas das composicións. Con todo, son frecuentes os
encabalgamentos entre estrofas que saltan o refrán, polo que é posible
que esta repetición non estivese no texto inicial.
b) Rondel: estrofa menos frecuente na que o refrán se mestura co corpo da
cobra.
c) Cantigas de tipo trobadoresco: son moito menos frecuentes.

5.7. A lingua
1) Filgueira Valverde:
a) Lingua achegada á falada (refráns, xiros populares, etc.).
b) Ausencia de latinismos.
c) Ausencia de castelanismos.
d) Occitanismos e galicismos na mesma medida ca na lírica profana.

2) Ramón Lorenzo:
a) Conteñen a 1ª documentación de moitas palabras.
b) Lingua viva.
c) Moi traballada.
d) Representan a dirección galega da evolución lingüística (fonética,
morfoloxía, léxico).

12 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

 Comentario de textos
1) Prólogo A / Poema introdutorio / Intitulatio:
a) Características xerais:
 É a única composición non musicada, aínda que se indica que as
cantigas da obra conteñen música:
 Primeira redacción: fez cẽ cantares cõ sões.
 Última redacción: fezo cantares e sões.
 Contén referencias que nos permiten datala:
 Murça: foi conquistada cando Afonso X era infante, polo tanto antes
de 1252.
 Nevl': conquistada en 1262.
 Xerez: conquistado en 1264.
 Beger: conquistado en 1264.
 Medina (Medina Sidonia): conquistada en 1264.
 Alcalá (Alcalá de los Gazules, Cádiz): conquistada primeiro durante o
reinado de Fernando III e por segunda vez durante o de Afonso X.
 dos Romãos Rey: Afonso X foi candidato a emperador entre 1257 e
1275.
b) Forma:
 Estrutura externa:
 7 cobras, unha estrutura pouco frecuente no cancioneiro profano (o
máis frecuente era 3/4 cobras).
 É de mestría, o que a achega á lírica trobadoresca.
 Estrutura interna:
 Versos heptasílabos2 (na lírica profana o habitual eran os
decasílabos).
 Rima consonante3 (en todas as CSM).
 Rima femina nos versos 1 e 3 e rima macho nos versos 2 e 4.
 Esquema estrófico: abab (pouco frecuente na lírica profana).
 Recursos retóricos:
 Atehuda: encabalgamento das estrofas ao longo de toda a
composición, que tamén se pode manifestar coa presenza das
partículas ilativas e, ca, pois, quando e que.
c) Contido: o rei expón todo o seu poder terreal e explica que, a pesar dese
poder, só quere facer un libro en honra da Virxe.

2
Na lírica medieval o ictus (base rítmica) é agudo, polo que o cómputo silábico comprende ata a última
sílaba acentuada. Non se producen sinalefas, pero son frecuentes as elisións vocálicas.
3
Cómpre apuntar que na rima as vogais de grao medio deben ter a mesma abertura, do mesmo xeito
que non se producen rimas entre vogais orais e nasais (agás algunhas excepcións).

13 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

2) Prólogo B:
a) Características xerais:
 Contén unha razó introdutoria que só está presente nos índices.
 Está musicado.
 No Códice rico engádese ao final do texto aquí se acaba o prólogo das
CSM.
b) Forma:
 Estrutura externa:
 7 cobras.
 Mestría.
 Estrutura interna:
 Versos decasílabos.
 Rima consoante masculina (aaabab).
 Estrofas de 6 versos.
 Recursos retóricos:
 Rimas derivadas (faz / ffazer).
 Cobras capfinidas (e rrogo-lle que me queira por seu // trobador
e que queira meu trobar).
 Cobras capdenals.

c) Contido:
 Reflexión sobre o trobar aplicándolle a doutrina trobadoresca á lírica
relixiosa, achegándose sobre todo á cantiga de amor (que ést' a mellor /
cousa que el fez; non me quer'eu partir [...] se a ben servir), aínda que a
Virxe corresponde o devoto, mentres que a senhor non corresponde o
trobador (que me dé gualardon com' ela dá / aos que ama).
 Finalidade da obra (E o que quero é dizer loor / da Virgen; quer' eu
mostrar / dos miragres que ela fez; e ar / querrei-me leixar de trobar des
i / por outra dona).

3) Cantiga 331:
a) Forma:
 Estrutura externa:
 Zéxel:
 Refrán inicial.
 AA bbba (AA), aínda que a extensión das partes pode variar.

 Recursos retóricos:
 Encabalgamentos interestróficos saltando o refrán: entre as estrofas 8
e 9 e 9 e 10.
b) Contido:
 Rúbrica introdutoria, que resume o contido da cantiga, aínda que pode
ter erratas. Así, neste caso a rúbrica explica que a Virxe resucitou un
neno, pero na cantiga nárrase que cura á nai do neno da tolemia que lle
provocara a morte do seu fillo.
 Refrán: idea principal do milagre.
 Estrutura narrativa:

14 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
4. Cantigas de Santa María

 Exordio: apertura que non forma parte da narración e que busca a


captatio benevolentia, un recurso recorrente no teatro e tamén nas
CSM (transmisión oral).
 Initium: 1ª, 2ª estrofas e primeiro verso da 3ª. Está marcado por onde.
 Localización do milagre (en Rocamador avẽo / na sa igreja da
Virgen).
 Presentación dos personaxes (hũa moller ouv' un fillo).
 Medium: desde o segundo verso da 3ª estrofa ata o terceiro da
décima. Está marcado por mais.
 Finis: último verso, que reitera a idea do refrán.

15 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC