You are on page 1of 4

Resumo: Metáforas da vida cotiá, pp.

39-95

1. Os conceptos mediante os que vivimos (unha discusión é unha guerra)


1) Definición de metáfora: entender e experimentar un tipo de cousa en
termos doutra.
2) Natureza da metáfora:
a) Son metafóricos: procesos do pensamento humano > sistema conceptual
> linguaxe.
b) Está presente na linguaxe cotiá, ordinaria (unha discusión é unha guerra).
c) As metáforas varían segundo a cultura.

2. A sistematicidade dos conceptos metafóricos (o tempo é diñeiro)


1) Concepción dos conceptos > actuación (cultura).
2) Subcategorizacións por mor das implicacións metafóricas = sistema de
conceptos metafóricos coherente > sistema de expresións metafóricas
coherente.

3. Sistematicidade metafórica: destacar e ocultar


1) A estruturación metafórica é parcial, non total (senón as dúas cousas serían
a mesma):
a) Destaca algúns aspectos.
b) Pode ocultar outros (aspecto cooperativo das discusións).
2) Metáfora da canle (Michael Reddy):
a) Metáfora:
 Ideas = obxectos.
 Palabras = recipientes.
 Comunicación = envío a través dunha canle.
b) Crítica: non ten en conta os interlocutores nin o contexto, que son
necesarios (por favor, senta no asento do zume de mazá [contexto]; necesitamos
fontes de enerxía alternativas [emisor]).

4. Metáforas orientacionais
1) Metáforas estruturais vs. metáforas orientacionais:
a) Metáforas estruturais: estruturación metafórica dun concepto en termos
doutro.
b) Metáforas orientacionais:
 Organizan un sistema global de conceptos con relación a outro.
 Orientación espacial con base:
 na experiencia física,
 na cultura (polo que poden mudar dunha cultura a outra).
2) William Nagy, exemplos:
arriba abaixo base
feliz triste física: postura inclinada = tristura
consciente inconsciente física: durmimos deitados e estamos espertos de pé.
enfermidade
saúde e vida física: enfermidades e morte = deitados
e morte
sometemento
control e
ao control ou física: talla e vencedor dunha loita
forza
á forza
máis menos física: unha morea cantos máis elementos ten máis elevada é
futuro (arriba física: movemento
e diante)

1 Gramática galega II
2009/2010
USC
Resumo: Metáforas da vida cotiá, pp. 39-95

arriba abaixo base


status
estatus baixo sociais e físicas: poder (social e físico)
elevado
bo malo físicas
virtude vicio físicas e sociais = bo e malo (sociedade ≈ persoa)
racional emocional físicas e sociais (control [sobre os animais]= arriba)

3) Conclusións:
a) A maioría dos conceptos fundamentais organízanse mediante metáforas
especializadoras.
b) Sistemas coherentes de metáforas.
c) Coherencia entre sistemas de metáforas.
d) Base:
 Non arbitraria: física ou cultural.
 Moitas bases posibles: elección da máis coherente.
 Importancia da espacialización, a veces esencial (status alto).
 Os conceptos puramente intelectuais tamén se basean en metáforas.
 Variación cultural.
 Difícil distinción entre bases físicas e culturais.

4) Os fundamentos experienciais das metáforas:


a) Ningunha metáfora se pode entender nin representar sen ter en conta a base
experiencial: as dúas partes dunha metáfora están unidas pola base
expriencial.
b) Metáforas que non se axustan: tipos de experiencias diferentes.

5. ...

6. Metáforas ontolóxicas
6.1. Metáforas de substancia e entidade
1) Metáforas orientacionais vs. metáforas ontolóxicas:
a) Metáforas orientacionais: baseadas nas orientacións espaciais.
b) Metáforas ontolóxicas: baseadas en obxectos físicos (propio corpo) e
substancias = categorización do discreto e do que non o é (necesidade de
límites artificiais).
2) Metáforas de substancia e entidade:
a) A maioría non son recoñecidas como metafóricas.
b) Ten finalidades moi limitadas (causa de que non sexan recoñecidas como
metafóricas):
finalidade exemplos
medo aos insectos
referirse traballar pola paz
a honra do noso país
moita paciencia
cuantificar
demasiada hostilidade
lado violento da súa personalidade
identificar aspectos brutalidade da guerra
sensación de vitoria
a presión das responsabilidades foi a causa da súa crise
identificar causas
as discordias internas custáronlles o campionato
establecer metas e veu na procura de fama e fortuna
motivacións vou cambiar a miña forma de vida, para atopar a verdadeira felicidade
2 Gramática galega II
2009/2010
USC
Resumo: Metáforas da vida cotiá, pp. 39-95

c) Poden ser máis elaboradas: a mente é unha máquina e a mente é un


obxecto fráxil céntranse en aspectos diferentes, pero as dúas poden ser
válidas nalgúns casos (averiouse / estoupou).

6.2. Metáforas de recipiente


6.2.1. Extensións de terra
1) Concepción de nós mesmos coma un recipiente:
2) Proxección da concepción de nós mesmos sobre a realidade:
a) Busca ou imposición de límites (obxectos, ambiente natural).
b) Implica cuantificación.
c) Obxecto recipiente (tina) e substancia recipiente (auga).

6.2.2. O campo visual


1) Conceptualizado coma un recipiente: o que vemos está dentro del e o que
non vemos fóra.

6.2.3. Acontecementos, accións, actividades e estados


1) Acontecementos e accións = obxectos recipiente.
2) Actividades = substancias > recipiente:
a) Para as accións.
b) Para outras actividades que as enchen.
c) Para a enerxía e materiais que cómpren para elas, e os seus derivados.
3) Estados = recipiente.

7. Personificación
1) Metáfora ontolóxica que consiste na consideración de algo que non é humano
como humano.
2) Categoría xeral: podemos escoller diferentes aspectos ou formas de ver
unha persoa (a inflación é unha persoa > a inflación é un adversario).

8. Metonimia
1) Definición: referencia a unha entidade mediante outra coa que está
relacionada. Exemplo: o sandwich de xamón está esperando a conta onde sandwich
de xamón = persoa que pediu un sandwich de xamón (non se trata dunha
personificación).
2) Características:
a) Procedemento referencial que proporciona comprensión, permitindo
centrarse máis especificamente cá metáfora nalgúns aspectos.
b) Forman parte da conceptualización e a lingua cotiás.
c) Non son arbitrarias, senón que teñen unha base na experiencia (máis obvia
cá das metáforas, xa que adoitan ser físicas ou causais).
d) Son sistemáticas.
e) Dependen da cultura. [as metonimias simbólicas están a medio camiño entre a
metonimia e a metáfora].

tipo exemplos
PARTE POLO TODO trae o teu traseiro por aquí!
(sinécdoque) teño un catro portas novo
ten un Picasso no seu estudo
PRODUTOR POLO PRODUTO
odio ler a Heidegger

3 Gramática galega II
2009/2010
USC
Resumo: Metáforas da vida cotiá, pp. 39-95

tipo exemplos
OBXECTO USADO POLO O saxo ten a gripe hoxe
USUARIO Os autobuses están en folga
CONTROLADOR POLO Nixon bombardeou Hanoi
CONTROLADO Napoleón perdeu en Waterloo
INSTITUCIÓN POLA XENTE o exército quere restablecer o destacamento
RESPONSABLE o senado pensa que o aborto é inmoral
a Casa Branca non di nada
LUGAR POLA INSTITUCIÓN
Wall Street está aterrada
LUGAR POLO Pearl Harbor aínda ten efecto sobre a nosa política internacional
ACONTECEMENTO Watergate cambiou os nosos políticos

9. Desafíos á coherencia metafórica


1) As incoherencias son aparentes. Exemplo:
METÁFORA diante detrás
futuro (en relación a nós): nas pasado (en relación a nós): agora
O TEMPO É UN OBXECTO semanas que quedan por diante todo queda atrás
QUE SE MOVE pasado (como obxecto que se move futuro (como obxecto que se move
cara a nós): na semana que precede cara a nós): nas semanas seguintes

2) Consistencia e coherencia:
a) Consistencia: formación dunha imaxe única.
b) Coherencia: subcategorías dunha categoría principal (máis frecuente).

10. Algúns exemplos adicionais


As metáforas (e as metonimias) estruturan parcialmente os conceptos,
o que se reflicte na lingua:
a) Expresións simples literais.
b) Frases feitas.

11. A natureza parcial da estruturación metafórica


1) Estruturación parcial das metáforas:
a) Parte utilizada: linguaxe cotiá (as teorías son edificios: cimentos,
contruír).
b) Parte non utilizada: linguaxe figurativa ou imaxinativa (as teorías son
edificios: cuartos, escaleiras)
2) Tipos de metáforas imaxinativas:
a) Extensións da parte usada dunha metáfora. Exemplo: estes feitos son os
ladrillos e o morteiro da miña teoría.
b) Parte non usada da metáfora literal. Exemplo: a súa teoría ten millerios de
pequenos cuartos e longos, tortuosos corredores.
c) Metáformas novas. Exemplo: as teorías clásicas son patriarcas...
3) Metáforas sistemáticas (vivas, fixadas convencionalmente, sistema global)
vs. metáforas asistemáticas (“mortas”).

4 Gramática galega II
2009/2010
USC