VOCABULARIO UNIDADE 1

 Magma: masa rochosa, fundida que se atopa no interior da terra, sometida a unha presión e temperatura elevadas. Pode sufrir un desprazamento cara ás capas superiores da codia, aflorando á superficie por fisuras ou erupcións volcánicas.  Litoloxía: ciencia que estudia as rochas, as súas propiedades físicas, qímicas e a súa estructura.  Placa tectónica: fragmento da codia terrestre que se desplaza como un bloque ríxido sen deformarse sobre a astenosfera do interior da Terra.  Rocha ígnea: rocha resultante do enfriamento do magma na corteza terrestre, a través dunha erupción volcánica (volcánicas) ou dun proceso máis lento no interior (plutónicas).  Rocha sedimentaria: rochas formadas por acumulación de sedimentos que, sometidos a procesos físicos e químicos, resultan nun material de certa consistencia  Rocha metamórfica: rocha orixinada polo metamorfismo doutra rocha primitiva, transformada mineralóxica, estructural e mesmo químicamente.  Estrato sedimentario: capa mineral formada por sedimentación, é dicir, polo depósito de minerais sobre a codia terrestre, continental ou mariña, procedentes da disgregación de rochas.  Rocha silícea: rocha ígnea conformada en gran medida por sílice (dióxido de silíceo). Segundo a súa porcentaxe en sílice podemos distinguir rochas ácidas (máis contido en sílice), intermedias e básicas.  Rocha arxilosa: rocha predominantemente por arxilas. sedimentaria detrítica, composta

 Rocha calcaria: rocha sedimentaria formada principalmente por carbonato cálcico  Fractura: ruptura producida nun terreo debido á acción das forzas tectónicas.

 Falla: fracturas de orixe tectónica acompañadas de desprazamento horizontal ou vertical dos bloques.  Fosa tectónica: depresión da codia terrestre alongada e limitada por fallas paralelas e elevadas.  Sinclinal: parte da prega que se fonde e que en xeral presenta forma cóncava. Os estratos destas rochas inclínanse cara ó interior ao contrario que nun anticlinal.  Anticlinal: dobra da codia terrestre, xeralmente convexa, que ten nonúcleo os estratos e as rochas máis antigas.  Xeosinclinal: depresión longa e profunda da codia terrestre onde se acumulan sedimentos.  Pregamento: accidente tectónico de carácter fléxible desenvolvido sobre materiais sedimentarios, como consecuencias da presión exercida por forzas comprensivas.  Oroxenia herciniana: relativo ao movemento oroxénico ocorrido durante os periodos carbonífero e pérmico no paleozoico, que deu lugar a numerosos relevos.  Oroxenia alpina: relativo aos movementos oroxénicos da era terciaria que deron lugar ás grandes cordilleiras actuais.  Transgresión mariña: avance do mar sobre un terreo que non fora ocupado por él ata o momento, producido por afundimento da costa ou elevación nivel do mar.  Regresión mariña: retroceso do mar, emerxendo zonas antes cubertas polas augas, producida por descenso do nivel do mar o por elevación do continente. É característico dos glaciacións, pola retención de auga polos glaciais, e das oroxéneses, al erguerse amplas áreas.  Curva de nivel: líña que en un mapa une todos os puntos que teñen igualdad de condicións e de altura o cota.  Perfil topográfico: liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas nun mapa topográfico.

 Macizo: relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos  Meseta: superficie cha de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes xeográficos de importancia e os seus rebordes poden ser montañosos.  Cordilleira: serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron e fracturaron os materiais que as compoñen, e onde o conxunto presenta características xeolóxicas e estructurais comúns  Serra: termo utilizado para designar unha liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de crestas dentadas, orixinadas por pregamento.  Páramo: superficie de erosión caracterizada por unha, máis ou menos, elevada altitude, cunha clara tendencia á planitude e por unha escasa vexetación.  Cerro testemuña: afloramento illado de rochas estratificadas, afastado do afloramento principal, debido á eliminación mediante denudación das rochas que os unían.  Morrena: acumulación de fragmentos de rochas (bloques, cantos, gravas) e arxilas transportados e depositados por un glaciar. Distinguimos varios tipos en función do lugar que ocupan no glaciar: morrena lateral, morrena central, morrena interna, de fondo e frontal ou terminal.  Glaciar: masa de xeo acumulada por riba da liña de neves perpetuas, desde onde se despraza val abaixo, por acción da gravidade, en forma de lingua ata que a ablación o vai consumindo.  Sedimentación: acumulación de material de orixe detrítica, química ou orgánica, nun medio mariño ou continental, que condiciona as súas características, na maioría dos casos despois de ser transportado a un medio diferente do seu lugar de orixe.  Costa: espacio lindante entre mar e terra en continua transformación pola acción de diversos factores (correntes mariñas, ondas ou abrasión).

 Erosión: conxunto de procesos que actúan sobre a superficie terrestre e modifican as forzas creadas pola oroxenia e a tectónica tendendo a igualar o relevo.  Campiña: chaira baixa e suavemente ondulada, percorrida por un río, que se forman on os páramos foron erosionados e afloran estratos de niveis inferiores.  Eólico: en geomorfología, relativo a los procesos y formas en los que interviene el viento (erosión eólica, depósito eólico…).  Aluvión: material, case sempre detrítico, que presenta calibre diverso (cantos, gravas, areas,…) e forma parte de depósitos sedimentarios de orixe fluvial.  Duna: acumulación individual de area que constitúe un relevo característico de medios desérticos e litorais.