O CONTO

Nun conto nárrase unha historia que lles sucede a uns personaxes, nun lugar e nun tempo concretos.

NORMAS PARA ESCRIBIR UN CONTO
Antes de empezar un conto tes que pensar e ter claro as seguintes cousas.
1. A idea: Pode ser un suceso estraño, como a desaparición do meu irmán, un feito máxico, coma conversión
dun neno nun paxaro, ou unha aventura divertida a visita dun neno a un “ parque de atraccións”. Tamén
pode ser un problema que se lle presenta de pronto a un dos personaxes; por exemplo, un neno descobre
que os mobles da súa habitación desapareceron.
2. Os personaxes do conto: Os personaxes dos contos soen ser persoas ou animais; ás veces incluso son
cousas que falan e compórtanse como se fosen persoas. Pode haber un bo e outro malo.
3. Lugar e tempo: O escritor debe explicar onde se realiza a acción, (Ex: No bosque, Nun castelo, Unha
cidade perdida, no colexio, Nun pais encantado, Na praia, Nun parque de atraccións, Nun polideportivo,
No cine, No patio, Na miña casa, No interior da terra, etc), e cando,é dicir, en que momento se realiza.
(Ex: Nun pasado moi afastado/ Pola mañá/ Hoxe en día./ Hai cen anos/ Pola tarde./ Pola noite, etc)
4. O mapa do conto: Cando xorde o problema teño que pensar como se vai solucionar. Ou se pasan feitos
máxicos que consecuencias van a ter.
5. A acción: Son as cousas que lles ocorre ós personaxes . Viven aventuras, teñen que superar probas
difíciles, son enganados ou auxiliados por outros personaxes, reciben premios ou castigos.

Os contos soen empezar e acabar dun xeito parecido. Podes utilizar algúns destes principios ou finais.
Principios: Finais:

Érase unha vez... E colorín colorado, este conto acabouse.
En certa ocasión... Foron felices e comeron perdices.
Había unha vez...
Isto é verdade e non minto, como mo contaron, cho conto.
Nun país lonxe ...
Acabouse o conto, levouno o vento e foise mar a dentro.
Érase que se era...
Hai moitos, moitos anos... Entón o galo cantou e este conto rematou

Unha vez temos claro o anterior comezamos o conto:

Partes do conto:
1. Introdución: é o comezo do conto, o escritor explica onde e cando comeza a acción e presenta a algún
personaxe.
2. Nó: Unha vez feita a introdución o autor conta a historia, é dicir, todo o que sucede a acción. Por exemplo,
primeiro conta o problema que se lle presenta a un personaxe e logo narra tódalas aventuras que levan á
solución.
3. Desenlace: é o remate da historia, pode se-la solución ó problema que xurdiu inicialmente.

Últimos pasos
Unha vez rematado o conto temos que seguir estes últimos pasos:
1. Ler de novo o conto e comprobar se as oracións están ben explicadas.
2. Escribir correctamente tódalas palabras, valéndose, se é preciso, da axuda do dicionario.
3. Pon as maiúsculas e tiles debidas.
4. Mellora a puntuación , emprega: puntos, comas, a raia do diálogo, dous puntos...
5. Utiliza pronomes e sinónimos
6. Fai debuxos dos momentos máis interesantes do conto.
7. Preséntao axeitadamente e ponlle unha portada atractiva.

1

Related Interests