EXPRESIÓN ESCRITA.

Describir unha persoa
Para describir unha persoa hai que explicar o seu:
- Aspecto físico : A idade, como ten: o cabelo, os ollos, o nariz, a boca, as orellas, as cellas, dentes,
barba o corpo, etc e como vai vestida.
- e o seu Carácter, isto é, a forma de ser e as afeccións, o aspecto persoal.

Exemplo: Aspecto físico Forma
de ser
Nadia acaba de facer nove anos. É loura, ten os ollos grises e redondos. Ten o nariz
requichado e a boca pequena. Gústalle vestir vaqueiros e xerseis de colo alto. É
tranquila, simpática e encántalle facer bromas. Ademais do baloncesto, a súa outra
afección son os crebacabezas
Afeccións
Para inventar un conto debes saber describir os seus personaxes.

Como describir un personaxe inventado?
Pasos para describir un personaxe:

1º Pensa as características que mais che gusten de ti e doutras persoas. Úneas para formar un
novo personaxe.

2º Fai unha lista das súas características:
- Características físicas: Como é a súa cara ?, o seu corpo? Cal é a súa idade? Podes
esaxerar as súas características para que sexa máis divertido.
- Personalidade: O teu personaxe é amable ou enfádase con facilidade? Decide cómo
actúa en diferentes situacións.
- Afeccións e roupa: Que lle gusta ao teu personaxe? Tocar un instrumento, facer
senderismo, observar as estrelas, facer deporte, resolver misterios, axudar aos demais, etc. Pensa
na súa actividade favorita e vísteo de maneira axeitada.
- Habilidades especiais: Que pode facer o teu personaxe que non podas facer ti? No
mundo fantástico todo está permitido( facer aparecer unha cidade, voar a outro pais, ser
invisible, etc). Aprovéitao!

3º Repasa a lista das características que pensaches no paso anterior. Despois redacta a
descrición, buscando as palabras máis axeitadas. Non repitas palabras, utiliza sinónimos e pon
puntos ao finalizar cada oración.

4º Para rematar, le a descrición e corrixe os erros que poidas ter antes de presentar o teu
traballo. Se tes algunha dúbida non dubides en usar o dicionario.

1