You are on page 1of 8

A.C.I.

DE MATEMÁTICAS
ALUMNO:
CURSO: 2º E.S.O.
1. OBXECTIVOS
Tomando como obxectivos de referencia os do primeiro ciclo da E.S.O.,
reflectidos na Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas,
algúns suprímense e outros modifícanse. Establécense como obxectivos a
acadar polo alumno:
1. Recoñecer os usos e as funcións dos números na vida diaria.
2. Identificar as distintas ordes de unidades do sistema de numeración decimal ata as
unidades de sexta e sétima orde.
3. Coñecer e utilizar a estrutura do sistema de numeración decimal; ordes de unidades,
equivalencias e valor de posición das cifras.
4. Ler e escribir números de ata sete cifras.
5. Descompoñer e compoñer números de ata sete cifras.
6. Comparar e ordenar números utilizando os signos correspondentes.
7. Aproximar números á unidade de millar e ao millón.
2. Utilizar as propiedades conmutativa e asociativa da suma para a resolución de cálculos e
de situacións problemáticas.
2. Realizar operacións combinadas de suma e resta coñecendo o significado da paréntese.
3. Coñecer e aplicar as propiedades conmutativa e asociativa da multiplicación.
4. Coñecer e aplicar a propiedade distributiva da multiplicación con relación á suma ou a
resta.
5. Coñecer e aplicar a prioridade da multiplicación sobre a suma ou a resta en operacións
combinadas.
6. Coñecer e aplicar o algoritmo para multiplicar números de varias cifras entre si, levando.
1. Coñecer os distintos significados, usos e termos da división de números naturais.
2. Recoñecer a división como operación inversa da multiplicación, e viceversa.
3. Identificar e diferenciar as divisións exactas e as inexactas e recoñecer as relacións
existentes entre os seus termos para aplicalas á realización de cálculos e á comprobación
de resultados (proba da división).
4. Coñecer e aplicar a propiedade fundamental da división.
5. Coñecer e aplicar o algoritmo da división con divisores de ata tres cifras.
6. Aplicar o algoritmo da división á resolución de situacións problemáticas e xulgar a súa
utilidade.
1. Ler e escribir números decimais, con cifras e con letras.
2. Comprender o significado das distintas ordes de unidades decimais, así como o valor
posicional das cifras dun número.
3. Coñecer e utilizar as equivalencias entre as distintas ordes de unidades dun número
decimal: décimas, centésimas e milésimas.
4. Comparar e ordenar números decimais.
5. Aproximar números decimais ás unidades e ás décimas.
6. Utilizar os números decimais para expresar cantidades de diñeiro.
1. Coñecer e aplicar os algoritmos da suma e a resta de números decimais.
2. Coñecer e aplicar o algoritmo para a multiplicación dun número decimal por un número
natural.
3. Dividir números enteiros con cociente decimal.
4. Dividir un número decimal entre un enteiro.
5. Multiplicar e dividir pola unidade seguida de ceros.

Aplicar as operacións con números fraccionarios na resolución de problemas. 2. Ler e escribir fraccións e identificar os seus termos. compás. Identificar fraccións decimais e números decimais. Utilizar estratexias persoais para a estimación de capacidades e de pesos. 6. 4. Simplificar e amplificar fraccións. multiplicacións e divisións) de medidas de lonxitude e aplicalas á resolución de situacións problemáticas. Resolver situacións problemáticas de lonxitude. Comparar e ordenar a capacidade de distintos recipientes utilizando as unidades de medida. Identificar e nomear os diferentes tipos de ángulos segundo as súas posicións relativas. Coñecer as unidades de capacidade e as de peso. 5. Facer estimacións acerca da área de figuras non poligonais. Representar graficamente fraccións. interpretando as súas abreviaturas. Comparar fraccións coa unidade e fraccións de igual denominador ou numerador entre si. construílos e calcular a súa amplitude. 3. Recoñecer o metro como unidade principal de medida de lonxitude no Sistema Métrico Decimal. Manexar con soltura expresións complexas e incomplexas. paralelogramos e triángulos. 3. 1. Utilizar o vocabulario de medida de lonxitudes de forma adecuada. 2. 2. 7. restas. Recoñecer e calcular fraccións equivalentes a unha dada. 5. Sumar e restar fraccións de igual denominador. Identificar ángulos complementarios e suplementarios.6. 3. e utilizar as súas equivalencias. Comparar e ordenar o peso de distintos obxectos utilizando as unidades de medida. Coñecer os conceptos de superficie e área. etc. 4. Resolver problemas dunha e dúas operacións con números decimais 1. 5. Realizar operacións (sumas. 2. Multiplicar fraccións e cantidades enteiras. 3. Realizar equivalencias entre as unidades de capacidade e entre as unidades de peso. 6. 1. . Recoñecer e construír a bisectriz dun ángulo utilizando diversas estratexias (pregadura. Medir e construír ángulos utilizando o transportador. o decímetro cadrado (dm2) e o centímetro cadrado (cm2) como unidades de medida de superficie. Clasificar e nomear os ángulos segundo a súa abertura. 4. Sumar e restar fraccións a unha ou a varias unidades enteiras. 4. Identificar unha fracción como a expresión matemática dunha parte dun todo que se dividiu en partes iguais. Manexar con soltura expresións complexas e expresións incomplexas. Realizar operacións con medidas de capacidade e de peso e aplicalas á resolución de problemas 1. 5. 1. 2. Calcular o valor da fracción dunha cantidade. Calcular a área de cadrados e rectángulos. Recoñecer o metro cadrado (m2). Coñecer as unidades maiores e as unidades menores que o metro e aplicar as súas equivalencias. 3. 2. 3. 4. 5. 6. 1.). 4.

Multiplicación con decimais. centésimas e milésimas. Cálculo mental: sumar e restar centenas completas. Comparación e ordenación de números decimais. - Suma e resta números con igual ou diferente cantidade de cifras decimais.. ou cando se multiplica o divisor por un número.. Algoritmo da división con divisores de ata tres cifras. A resta. Sumas e restas combinadas.. calcular. Representación e descomposición de números de ata sete cifras. - . Propiedade fundamental da división. Aproximación de números decimais. - Significados da división: repartición e partición. 1 000. Variación do cociente dunha división cando se multiplica o dividendo por un número. Xerarquía das operacións: prioridade da multiplicación. Lectura e escritura de números.. A división exacta: equivalencias fundamentais. Casos especiais da división: ceros intermedios ou finais no cociente. Lectura e escritura de fraccións.Termos e significado. medir. 50. Resolución de problemas dunha ou dúas operacións con números decimais. División dun decimal entre un enteiro. Multiplicación dun número decimal por 10. dividir números múltiplos de 8 entre 4 e entre 8. Representación de números na recta numérica. Propiedades da multiplicación: conmutativa. División de números enteiros con cociente decimal.Concepto de fracción como parte da unidade.2. A multiplicación como operación abreviada dunha suma de sumandos iguais. Cálculo mental: sumar e restar 9 e 19 a números de tres cifras. asociativa e distributiva. - As propiedades conmutativa e asociativa da suma.Representación gráfica. identificar. Equivalencias entre décimas. 100. CONTIDOS - A utilidade dos números: números para contar. - Os números decimais: as décimas. Cálculo mental: multiplicar un número de dúas cifras por 4 e por 8. representación no ábaco e na recta numérica. . 100 ou 1 000. Restas equivalentes. Lectura e escritura. as centésimas e as milésimas. Os números de sete cifras: equivalencias entre as diferentes ordes de unidades. 40. Aproximación de números á unidade de millar. Uso da paréntese.Orde nas fraccións. Comparación e ordenación de números. . Dividir un número decimal entre 10. Relacións entre os termos da resta. O valor de posición dunha cifra nun número. Aproximación á unidade de millón. Cálculo mental: sumar números de dúas cifras e restar números de dúas cifras. Cálculo mental: sumar e restar 11 e 21 a números de tres cifras. Multiplicación dun decimal por 30. . ordenar. A división inexacta: relación entre os seus termos. Algoritmo de multiplicar números de varias cifras. .

.Operacións con medidas de lonxitude: suma. o dm2. .Operacións con medidas de lonxitude: suma.5. metro. amplitude. Cálculo mental: multiplicar por 0.Cálculo mental: multiplicar por 5 e dividir entre 5. . decámetro. Identificación de ángulos e xiros.Cálculo mental: multiplicar por 20 e dividir entre 20. agudo. Medida de ángulos: o grao sesaxesimal. . . hectómetro. Ángulos consecutivos. multiplicación e división de medidas de lonxitude.5 e dividir entre 0.Fraccións maiores. decímetro.Área do cadrado. Ángulos complementarios e suplementarios. vértice.Simplificación e amplificación de fraccións. .Cálculo mental: multiplicar por 20 e dividir entre 20. . hectómetro. . do rectángulo. decímetro. e o cm2.Cambios de unidade: equivalencias e transformacións. Unidades non convencionais: a cuadrícula.Cambios de unidade: equivalencias e transformacións. decámetro.Expresións complexas e expresións incomplexas. Construción e cálculo da amplitude. Equivalencias e cambios de unidade. . multiplicación e división de medidas de lonxitude.Valoración da utilidade da medida de superficies. .Fraccións decimais e números decimais. resta..2 e dividir entre 0. do rombo.2. centímetro. adxacentes e opostos polo vértice. .Cálculo mental: multiplicar por 0.Paso de fracción decimal a número decimal. . milímetro. obtuso. . centímetro. .Área e superficie.As unidades universais de medida de lonxitudes: quilómetro. - Clases de ángulos: recto.Unidades convencionais: o m2. Bisectriz. menores ou iguais que a unidade.As unidades universais de medida de lonxitudes: quilómetro. . . metro. Elementos dun ángulo: lados. . . Área de polígonos irregulares.Interese por descubrir algoritmos e leis para o cálculo da superficie. . . plano e completo. O transportador. .Fraccións equivalentes. do romboide e do triángulo. milímetro.Expresións complexas e expresións incomplexas. A medida de superficies. resta. .Comparación e ordenación de fraccións de igual denominador e de igual numerador. .

Aplica o algoritmo da división na resolución de situacións problemáticas. ben como partición. tanto exacta como inexacta. 5. Establece equivalencias entre as distintas ordes de unidades do noso sistema de numeración. Recoñece a prioridade da multiplicación en operacións combinadas de sumas ou restas e multiplicacións. 3.2. 4. 3.1. Identifica situacións nas cales se empregan os números. Coñece e utiliza as equivalencias entre ordes de unidades ata a unidade de millón.1.1. 2.2. Levar a cabo a aprendizaxe sobre tarefas concretas. Expoñer as tarefas da forma máis visual posible para poder captar a máxima atención. Realiza sumas e restas combinadas na orde correcta. o lugar mais axeitado posible. 5. 6. Realiza divisións con ceros intermedios ou finais no cociente aplicando o algoritmo. Aplica a propiedade conmutativa e asociativa da multiplicación á realización de cálculos.2. 4.1. Tratar de que participe na medida do posible no grupo. METODOLOXÍA      Secuenciar os contidos de forma coherente tratando de interrelacionar os distintos conceptos e procedementos. 3.1. 6. 2. con ou sen paréntese. Aplica a propiedade fundamental da división na realización de cálculos e na resolución de problemas.1. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.1. 1. Realiza divisións con dividendos de varias cifras e divisores de ata tres cifras utilizando o algoritmo.3. Valora a importancia do algoritmo da división na vida cotiá.1. Compón e descompón números segundo o valor posicional das súas cifras. Aplica a propiedade distributiva da multiplicación con relación á suma e á resta na realización de cálculos e na resolución de problemas. Expresa multiplicacións en forma de división. Comprende as regras de formación de números no sistema de numeración. Coñece as propiedades conmutativa e asociativa da suma. 5. ao cálculo mental e á resolución de problemas. 1.1. 6. 1. Coñece e aplica o algoritmo para multiplicar números de varias cifras entre si. Compón e descompón números segundo as súas ordes de unidades. 4. Le e escribe correctamente números de distintas cifras. Identifica o valor de posición de distintas cifras nun número. 3. Aplica as propiedades conmutativa e asociativa da suma ao cálculo escrito. 4.1.1.1. 1.1. 7.1. 5. 5. Diferencia a división exacta da división inexacta en función do resto. . Identifica cada un dos termos dunha división.2. Recoñece distintas situacións de división ben como repartición. e exprésaas coa terminoloxía propia da división. 2. ocupando para elo. 5. 3.1. Coñece e aplica as relacións existentes entre os termos da división exacta e inexacta á realización de cálculos e á comprobación de resultados.1.2.1. Aproxima números á unidade de millar e ao millón. Dividir as tarefas en partes para facilitar a súa comprensión.2. 6.1.2.1.3. Interpreta a función que cumpren os números nas situacións en que se utilizan. e viceversa.2. Compara e ordena números utilizando os símbolos correspondentes.

3. 4. Suma e resta números decimais con igual ou diferente cantidade de cifras decimais.1. dúas ou tres cifras decimais. 6.2. 1. Divide números naturais e decimais entre 10.1.1. 1.3. 1 000.2. 3.2. 1. Escribe o valor decimal dunha fracción decimal.1. Recoñece o metro como unidade fundamental de medida de lonxitude no Sistema Métrico Decimal. Coñece os termos dunha fracción e o seu significado. Resolve problemas con números fraccionarios. Utiliza as abreviaturas das unidades para expresar lonxitudes. as centésimas e as milésimas. 1. (Casos sinxelos).2. Intercala un decimal entre outros dous dados.3. 3. 1.1.1.1. 4. 1. 3. 1. Compara e ordena fraccións de igual denominador ou de igual numerador. 2. Divide un número decimal entre un enteiro. Divide dous números enteiros aproximando o cociente á orde decimal indicada (décimas ou centésimas).1. 5.1. Resolve problemas dunha ou dúas operacións con números decimais. 4.1.2. 2. a partir do valor dunha fracción da devandita cantidade. 3.1. 2. Utiliza as fraccións para representar as partes iguais nas que se divide un obxecto ou cantidade. 100. etc. o cociente de dous números enteiros.1. Descompón unha fracción impropia en unidades enteiras máis unha fracción propia. Utiliza os números decimais para expresar cantidades de diñeiro. Interpreta o valor de cada unha das cifras dun número decimal segundo a posición que ocupa. centésimas. 3. Descompón números decimais segundo o valor posicional das cifras e segundo as distintas ordes de unidades. Calcula lonxitudes equivalentes a outras dadas. de forma automatizada. Multiplica fraccións por cantidades enteiras.2. 5. Calcula fraccións equivalentes a unha dada.1.1.1.1. 4. Diferencia a parte enteira da parte decimal dun número.1.1.1. Calcula o valor total dunha cantidade. Recoñece as abreviaturas das unidades de lonxitude. 5.1. 5. Ordena de xeito crecente ou decrecente números decimais. o cálculo da fracción dunha cantidade. Calcula o produto dun número natural por un número decimal aplicando o algoritmo correspondente. Compara fraccións coa unidade. Escribe con cifras números decimais que se lle ofrecen en linguaxe verbal (ata as milésimas).2. 4. 3. 5. Representa graficamente fraccións. 3.2. Suma e resta unidades enteiras e fraccións.2. 1 000.2. Multiplica números decimais e naturais por 10. co apoio da recta numérica. Realiza sumas e restas de fraccións de igual denominador.1. Le e escribe fraccións. Utiliza o vocabulario de medida de lonxitude de forma axeitada.2. 2. Simplifica os resultados das operacións con fraccións. Recoñece fraccións equivalentes.1. Aproxima números decimais ás unidades e ás décimas 6. 1. 4. 2.1. Compara números decimais e utiliza os símbolos correspondentes. 1. 4. 5. Calcula cunha aproximación de dúas cifras decimais.2. por simplificación e por amplificación. . 100.1. Le e escribe números decimais cunha. 2.3.1.1. Recoñece as unidades maiores e as unidades menores que o metro. 2.2.). 3.1. Establece equivalencias entre as décimas. 6. Acha. Expresa unha mesma cantidade en distintas ordes de unidades (décimas.2. 2.

as expresións complexas en incomplexas.1.1. 3.1. o máis adecuado. 3. Compara e ordena o peso de distintos obxectos. completos.2.1. Calcula a área de figuras planas utilizando diferentes unidades cadradas de medida. Expresa en forma complexa capacidades e pesos expresados de forma incomplexa. Realiza estimacións para calcular capacidades e pesos. 1. Efectúa equivalencias entre as unidades de peso. Identifica e constrúe ángulos consecutivos. Aplica as operacións con unidades de lonxitude á resolución de situacións problemáticas. nesta adaptación curricular. o dm2. Recoñece as unidades de peso.1.2.1. agudos e obtusos. 7. Elixe entre o m2. plano. 2. por conteo directo de unidades cadradas. Constrúe e/ou calcula a medida do ángulo complementario e do suplementario dun ángulo dado. Aplica as equivalencias entre as unidades de lonxitude en situacións diversas. Calcula de forma aproximada a área de figuras non poligonais. Transforma lonxitudes expresadas en forma complexa a incomplexa. 3. Calcula a área de polígonos irregulares descompoñéndoos noutros polígonos de área coñecida. 6. Recoñece e traza a bisectriz dun ángulo utilizando os instrumentos de debuxo.2. 3. planos. 4. completo.2. 6. Recoñece as unidades de capacidade. e viceversa. 1. 7. adxacentes e opostos polo vértice.1. 3. 4. 2.1.3. e ordénaas de menor a maior superficie. 5. transformando. 4. Realiza equivalencias entre as unidades de capacidade.2.1. Identifica ángulos complementarios e suplementarios.2. Calcula a área de distintas figuras planas. Identifica de forma automatizada a medida dos ángulos máis usados: recto.2.2. En todos estes contidos trabállase o razoamento matemático e faise especial fincapé. paralelogramos e triángulos. 5.2. rectángulos. 1. 1.1.3. 3. Clasifica os ángulos en rectos. 4. 4.2. Expresa en forma complexa ou en forma incomplexa o resultado dunha medición.1. multiplicacións e divisións de medidas de lonxitude expresadas en forma complexa e en forma incomplexa. 5.1.1. 5.1. Realiza operacións con unidades de medida de capacidade e de peso. 4. Aplica as equivalencias entre as diferentes unidades de superficie estudadas para resolver problemas. previamente. Transforma en incomplexa unha capacidade ou un peso expresado en forma complexa. e o cm2. Compara e ordena a capacidade de distintos recipientes. 1. segundo a superficie que se quere medir. 2.1. etc. Resolve situacións problemáticas sinxelas nas que interveñen as unidades de lonxitude. 6. 2.1.1. Calcula as áreas de cadrados. Realiza sumas.1. 5.3. restas.2. CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS Resolveranse problemas sinxelos que lle servirán ó alumno para poder expresar e interpretar distintas situacións da vida cotiá aumentando así a súa competencia en comunicación lingüística. coñecidas algunhas das súas dimensións. Utiliza o semicírculo graduado para medir ángulos.1. no coñecemento a nivel básico dos distintos tipos de números así como as operacións entre eles que lle . Aplica as operacións con unidades de capacidade e de peso na resolución de problemas. 2. Constrúe ángulos dunha abertura dada.

Así mesmo a resolución de problemas sinxelos permitiralle aplicar o pensamento dedutivo e así exercer unha postura crítica para desenvolverse adecuadamente en distintos aspectos entre os que cabe sinalar o consumo. Unha das competencias ás que mais aporta as Matemáticas é a competencia para aprender a aprender pois aspectos como a concentración.permitirán interpretar de forma cuantitativa a realidade. O tratamento da información e competencia dixital verase mellorado co uso puntual da calculadora. memoria e a comprensión dos distintos obxetos matemáticos axuda moito a potenciar esta. Neste senso estase potenciando a súa competencia matemática. A 6 DE NOVEMBRO DE 2014 PROFESOR: CARLOS LÓPEZ MACEDA DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS . EN VIGO. As demais competencias básicas reciben un aporte en menor medida. aportando así á competencia no coñecemento e a interpretación co mundo físico. e trataranse dun xeito transversal.