You are on page 1of 31

1.

Introdución ao estudo da sintaxe

1. Multiplicidade de abordaxes para o estudo da sintaxe


1.1. Visión panorámica da cuestión
1.1.1. Multiplicidade de modelos
1) Causas da multiplicidade de modelos: a complexidade da linguaxe fai
imposible unha abordaxe total, de aí a existencia de diferentes modelos
lingüísticos.
a) É imposible a demostración empírica de moitas das hipóteses nas que se
basean estes modelos.
b) Cada modelo perspectiva o fenómeno dun xeito diferente, de xeito que os
elementos que son centrais nun, poden ser periféricos e mesmo acientíficos
noutros.
c) A multiplicidade de modelos teóricos ten, polo tanto, carácter estrutural,
non conxuntural.
2) Multiplicidade de modelos:
a) Multiplicidade diacrónica: o cuestionamento de modelos dá lugar ao seu
abandono e á aparición de novas teorías.
b) Multiplicidade e contexto social: dependendo do contexto cultural poden
predominar uns ou outros modelos teóricos.

1.1.2. Relacións entre as principais correntes lingüísticas contemporáneas


1.1.2.1. Contexto americano
1. Franz Boas (antropoloxía):
a) Consideraba a lingua coma unha manifestación da cultura dos pobos.
b) A lingüística americana do século XX é continuadora directa de
Bloomfield, aínda que seguindo dúas liñas complementarias
diferenciadas:
 Bloomfield: formalista, non ten en conta a relación entre a lingua
(sistema) e a cultura (uso).
 Sapir: consideración da lingua coma un produto das relacións cos seus
usos.
1.1. Bloomfield (Language, 1933):
 Considérase que o iniciador do estruturalismo americano.
 Era discípulo de Boas e coñecedor da obra de Saussure.
 Formouse na escola neográmatica en Alemaña.
 Desenvolve un método científico:
 Influído polo positivismo da psicoloxía cognitivista (Skinner)
 A partir do estudo das linguas amerindias.
 Estudo descritivo das unidades e a súa combinación (sen
proxectar as categorías da lingüística occidental):
distribucionalismo.
1.1.1. Chomsky: a mediados dos 50 posiciónase contra o excesivo
descritivismo (taxonomismo) e avoga pola explicación da estrutura das
linguas, máis alá da súa descrición. Xorde así a gramática xenerativa:
 É o modelo de gramática formal máis importante da gramática
contemporánea.

1 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

 Cómpre relacionala co seu contexto, xa que a obra de Chomsky


aparece nun momento no que se están a desenvolver linguaxes
formais, precisas para a interacción con máquinas
(desenvolvemento da informática).
 Ten carácter hipotético-dedutivo:
 Un conxunto finito de regras permite formar (xerar) un número
infinito de oracións posibles.
 A gramática é previa ao corpus (conxunto do producido
lingüisticamente), xa que é unha propiedade innata, de xeito
que o corpus só é un subconxunto pola gramática1.
1.1.1.1. Teoría estándar : é un modelo moi dinámico, que sofre moitas
reformulacións. Destacan dous grandes debates:
 Debate sobre a semántica, que dá lugar ao gran cisma nos 60s,
entre:
 Semantismo: gramáticas non xenerativas, próximas á liña de
Sapir e ao cognitivismo.
 Teoría estándar alargada.
 Transformacións:
 Modelos transformacionais.
 Modelos non transformacionais ou transformacionais mínimos
(movemento de α).

1.2. Sapir:
a) Sigue en maior medida a liña iniciada por Boas, xa que ten en conta as
relacións entre a lingua e o seu uso.
b) Considera outros ámbitos relacionados coa lingüística: literatura,
música, antropoloxía, psicoloxía, etc.
c) A consideración da lingua coma unha manifestación da cultura dos
pobos dá lugar ao xurdimento da Teoría do relativismo lingüístico (as
linguas impoñen a maneira de ver o mundo2).

1.2.1. Lamb.
1.2.2. Pike: gramática tagmémica.
1.2.3. Greenberg: gramática funcional tipolóxica , orientada ao estudo
comparado das linguas para establecer unha clasificación tipolóxica
das mesmas a partir de modelos ideais de comportamento (tipos).
a) Non debe confundirse con:
 Clasificación xenética, aínda que as linguas xeneticamente próximas
tenden a selo tamén tipoloxicamente.
 Clasificación xeográfica.

1
Outra concepción é a de considerar que a gramática emerxe do corpus (do uso lingüístico). Con todo,
é imposible constatar empiricamente se a gramática emerxe do corpus ou viceversa.
2
Isto non é totalmente así, pero as diferentes estruturas das linguas poden condicionar a visión do
mundo, aínda que non determinala.

2 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

b) Criterios (complementarios):
 Morfolóxico (dominante ata a 2ª ½ do XX): atende ás propiedades
formais das palabras e dá lugar aos seguintes tipos de linguas (analíticas
> sintéticas):
 Illantes: as palabras son (case) invariables na forma, é dicir, son
linguas sen morfoloxía, polo que cada palabra é un morfema
(non se producen fusións de morfemas). Exemplo: chinés.
 Aglutinantes: as palabras sofren modificacións morfolóxicas
con fins semánticos, pero cada morfema ten un determinado
valor gramatical e só un (non se producen amálgamas).
Exemplo: turco.
 Flexivas: con fusión de diferentes valores gramaticais nun
mesmo morfema (amálgamas).
 Incorporantes: poden producirse amálgamas pero, ademais as
palabras poden estar constituídas por varios radicais léxicos, que
noutras linguas ou nesa mesma lingua noutros contextos
desempeñarían unha función sintáctica diferenciada (a máis
común é a do obxecto). É dicir, pode expresarse en formato de
palabra o que noutras linguas ou nesa mesma lingua noutras
circunstancias se expresaría mediante unha oración. Exemplo:
*paxarocazabamos (incorporante) = nós cazabamos paxaros
(flexiva).
 Sintáctico (desde Greenberg, nos anos 60s3): ten en conta a orde dos
constituíntes actanciais en contextos non marcados:
 Clasificación:
 SVO. Exemplos: galego, chinés.
 SOV. Exemplos: latín, xaponés.
 VSO. Exemplos: árabe, galés.
 Outros menos frecuentes.
 Características sintácticas da maioría das linguas: a
continuidade secuencial na FV é moi frecuente. Non se dá no
terceiro tipo, pero nestas linguas hai evidencias da existencia
desa unidade.
 Concepto de universal lingüístico:
Tipoloxía lingüística Gramática xenerativa

constatación empírica > xeneralización


concepción apriorística (hipótese da
Exemplos: todas as linguas do mundo se adquiren gramática como propiedade común e innata) que
de xeito natural; é posible a tradución entre todas
as linguas humanas; o léxico e a sintaxe son as
dá lugar a que varíe o concepto
compoñentes básicas das linguas; toda lingua é
un sistema de signos; etc.

3
Cando a sintaxe pasa a ocupar un lugar central nos modelos de estudo da lingua.

3 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.1.2.2. Contexto europeo (non anglosaxón)


1. Considérase que Saussure é quen senta as bases da lingüística moderna
(estruturalismo vs. lingüística atomista do XIX), aínda que podemos atopar
antecedentes deste novo modelo noutros autores anteriores.
a) Saussure achega conceptos coma:
 Lingua vs. fala.
 Sincronía vs. diacronía (e preferencia polos estudos sincrónicos fronte
aos estudos diacrónicos do XIX).
 Teoría do sistema lingüístico: elementos relacionados cuxo valor
depende da posición no sistema, de xeito que alteración dun elemento
supón tamén a alteración daqueles cos que está relacionado. Isto oponse
ao estudo individualizado dos elementos (caracterización atomista) que
se facía no XIX.
 Teoría do signo lingüístico, coma unha asociación arbitraria de
significante e significado (á que xa se referiran antes outros autores).
 Teoría do fonema coma unha imaxe acústica abstracta en oposición á
materia fónica (son).
b) Só publica en vida obras que se adscriben á escola neogramática, un
modelo que é cuestionado no Curso de lingüística xeral que publican os
seus discípulos.

1.1. Primeira Escola de Praga (Trubetzkoy, Jakobson, Mathesius):


a) É a primeira gran escola funcinonalista.
b) Non abstrae as formas lingüísticas das súas condicións de uso, xa que
son produto delas.
c) Desenvolve moitos dos conceptos achegados por Saussure, coma a
noción de sistema lingüístico, en especial no ámbito no que é máis
visible: a fonoloxía.

1.1.1. Segunda escola de Praga (60s): céntrase moito máis na sintaxe


(universal a todas as linguas, ao contrario cá morfoloxía) e desenvolve
nocións fundamentais na actualidade, coma a de función sintáctica,
definida pola gramática tradicional mediante criterios moi heteroxéneos.
Así, distinguen entre diferentes estruturas:
 Formal: concordancias.
 Semántica (axente, etc.).
 Comunicativa (tema, etc.).

Exemplo:
Definición de suxeito na gramática tradicional Problemas
- O Sux. cumpre os tres criterios en o neno
- aquilo do que se di algo comeu o bocadillo.
- o que realiza a acción - O Sux. non é aquilo do que se di algo en o
- o elemento co que concorda o predicado en bocadillo comeuno o neno.
número e persoa - O Sux. non realiza a acción en o neno caeu
polas escaleiras.

4 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.1.1.1. Gramática funcional de S. Dik.


1.1.2. Funcionalismo francés (Martinet) (60s): ten unha grande influencia
no funcionalismo español e no portugués. Así, no ámbito español sería
Alarcos o que rompe coa tradición posneogramática de Menéndez Pidal.
1.2. Escola de Glosemática (Hjelmslev):
 Formalista (abstracción do uso).
 Inflúe no desenvolvemento de moitas das ferramentas conceptuais
actuais, coma por exemplo:
 División entre forma e substancia no plano do contido e da
expresión.
 Conceptos de interdependencia, coordinación, etc.
1.3. Gramática dependencial (Tersnière):
a) Non é unha gramática constitutiva4 (nin funcional nin formal) xa que se
centra nas relacións de dependencia ou conectivas, é dicir, de
dependencia entre partes.
 Así, o N do predicado adoita ser o centro de toda a predicación e del
dependen outras partes, e destas outras, etc.
 Ten unha grande transcendencia no ámbito alemán (gramática de
valencias).
b) A noción de valencia xorde nesta escola, pero expándese por todas as
gramáticas.
 Fai referencia a que o N é un elemento léxico que selecciona outros
elementos, polo que distinguimos entre:
 Actantes (argumentos): elementos obrigados para un determinado
predicado. Exemplo: comer esixe un Sux. e un CD.
 Circunstantes (satélites, adxuntos): elementos que o emisor pode
engadir de xeito opcional.
 Con todo, esta terminoloxía pode ser problemática, xa que un
mesmo elemento pode ser actante ou circunstante dependendo do
contexto. Exemplos:
Exemplo Actantes Circunstantes
lugar
suxeito tempo
comer
obxecto causa
...
causa
suxeito
residir tempo
lugar
...
lugar
tempo
chover -
cantidade
...

4
A análise constitutiva está presente na tradición lingüística occidental desde Aristóteles. Ten como
elemento central o estudo dos constituíntes das unidades, sexa ou non desde unha perspectiva
funcional.

5 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.1.2.2.1. Ámbito hispano


Foi moi importante a influencia da escola neogramática, a través de
Menéndez Pidal (discípulo de Menéndez Pelayo). Ata os anos 50/60 non entra o
estruturalismo no ámbito hispano, e faino a través de Alarcos, quen introduce:
a) O modelo de traballo da escola glosemática.
b) A fonoloxía estrutural de Trubezkoy.
c) A gramática funcional, unha influencia directa de Martinet.

6 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

7 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.2. Dimensións das diferenzas entre modelos teóricos: diferenzas de


rango, diferenzas nas metas e diferenzas nos medios
A diversidade de modelos de gramática vén dada pola complexidade do
obxecto de estudo, que non permite unha abordaxe profunda e holística, polo que
esta ten que ser perspectivada. Podemos clasificar as diferenzas entre modelos tendo
en conta tres dimensións:
1) Rango dos fenómenos dos que se quere dar conta:
a) Tipos de unidades sintácticas (palabra, oración)
b) Relacións sintácticas.
c) Ámbito de aplicación da gramática: unha lingua determinada, tipolóxica,
universal.
2) Metas ou obxectivos (a que se lle busca solución).
3) Medios para conseguir os obxectivos. Uns mesmos medios poden ser útiles
para un modelo pero inútiles e mesmo inaceptables para outros.

1.2.1. Diferenzas de rango


1) Tipos de unidades gramaticais / sintácticas:
a) Os tipos de unidades son moi poucos, pero a partir desta tipoloxía limitada de
unidades podemos construír secuencias infinitas.
b) Un tipo de unidade é unha cadea lingüística que se corresponde cunha
determinada estrutura (polo que a unha mesma estrutura poden responder
moitas secuencias diferentes). Os tipos de unidades son:
 Oración:
 Podemos identificar diferentes subtipos (relativa, completiva...).
 Algunhas gramáticas diferencian entre:
 Oración: enunciados, oracións sintacticamente independentes.
 Cláusulas: oracións que non son sintacticamente independentes.
 Frase:
 Podemos identificar diferentes subtipos (nominal, adverbial...).
 Algunhas gramáticas diferencian entre:
 Frase: a un nivel máis alto.
 Sintagma: a un nivel máis baixo.
 Palabra:
 Podemos identificar diferentes subtipos (substantivo, adverbio...).
 É a unidade máis baixa da sintaxe.
c) As diferenzas entre as gramáticas no que se refire ao tipo de unidades
consideradas poden residir en:
 Número de unidades consideradas (en menor medida), xa que algunhas
gramáticas non teñen en conta a frase ou a distinción entre oración e
cláusula ou frase e sintagma.
 Peso das diferentes unidades (en maior medida):
 Gramáticas centradas na oración: importancia das análises
constitutivas.
 Non existen modelos centrados na frase.
 Gramáticas centradas na palabra: importancia das relación de
dependencia (gramáticas dependenciais).
 Gramáticas centradas no texto: non é unha unidade sintáctica, este
tipo de gramáticas estudan as relacións entre enunciados
8 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

(sintacticamente independentes), que son moito máis laxas ca no


ámbito da sintaxe e mais centradas en aspectos pragmáticos e
semánticos (recursos cohesivos).

2) Tipos de relacións gramaticais / sintácticas (entre os tipos de unidades):


a) Tipos de relacións:
 Constitutivas: análise das partes integrantes de partes maiores. Son
relación integrativas (↑) ou constitutivas (↓).
 Funcionais: refírense ao rol que cada parte desempeña na parte
superior na que se integra (a O, como unidade máis alta, non ten función
porque non se integra en ningunha unidade superior).
 Dependenciais ou conectivas: condicionamento da presenza dun
elemento por parte doutro. Poden ser de:
 Subordinación: constante e variable. Exemplos: come pan, pan
quente, *come leite (o N non permite a presenza dese Mod.5).
 Interdependencia: dúas constantes que se esixen mutuamente.
 Coordinación.
 Secuenciais (menos relevantes no caso do galego).

b) Modelos gramaticais:
 Funcionais.
 Constitutivo-funcionais.
 Dependenciais (Ternière), nos que as relacións de constitución son
marxinais.
análise constitutiva análise dependencial
O comer

FN FV neno bocadillo

de
art subs N subs o pequeno un
chourizo
| | | |
o neno come pan
1.Os niveis inferiores subordínanse aos
superiores (palabra como unidade
central).
1. Os niveis superiores son a suma dos
2. Núcleo predicativo ou predicador: xera
inferiores.
a predicación, de xeito que se fai unha
2. Predicado: aquilo que se di de algo
especificación dunha clase de evento
(Sux.).
(neste caso, comer).
3. Non se especifican as unidades F ou O,
xa que só se teñen en conta as partes.
Son análises que se centran en aspectos diferentes, pero son complementarias.

3) Ámbitos de aplicación da gramática:

5
A afirmación de que este tipo de enunciados son sintacticamente aceptables pero non semanticamente
supón concederlle á sintaxe (e polo tanto á forma) unha autonomía respecto do contido (semántica e
pragmática) que en realidade non ten. Con todo, hai modelos que sosteñen esta postura.

9 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

a) Lingua concreta:
 Estándar (maioría).
 Variación diatópica.
 Variación diacrónica.
 Variación social.
b) Tipoloxías de linguas: parten da constatación empírica de fenómenos comúns
a varias linguas (carácter indutivo).
c) Universal: parten da hipótese da existencia dunha gramática subxacente
común a todas as linguas (carácter dedutivo).

1.2.2. Diferenzas nas metas


Mecanismo de expresión do
Instrumento de comunicación
CONSIDERACIÓN pensamento rexido por
vinculado a situacións sociais
DA LINGUA principios tipolóxicos e
concretas.
universais.
Dar conta da gramática que
Dar conta dos fenómenos tal e
subxace baixo os fenómenos
como aparecen nas situacións
lingüísticos, das estruturas
comunicativas.
OBXECTIVOS profundas.
Dar conta de todas as
Dar conta só das estruturas
construcións gramaticais
existentes no corpus.
posibles (actuais ou non).

1.2.3. Diferenzas nos medios


Dependendo dos obxectivos os diferentes medios poden ser válidos ou non. Por
exemplo:
MEDIO VALIDEZ
Son válidas para salvar o salto entre a
estrutura superficial e a profunda, polo
Transformacións
que só son aplicables ás gramáticas que
teñen en conta estes dous niveis.
Pódense aplicar a modelos de descrición
forte, xa que restrinxen o modelo
Filtros
descritivo ata que só contempla os
fenómenos posibles.
Máis relevante para os modelos que priman
Orde secuencial a visión da lingua coma un instrumento de
comunicación.
Máis relevante para os modelos que priman
Orde estrutural
a estrutura profunda.

***

Combinando estes tres tipos de diferenzas (de rango, de metas e de fins) obtemos un
amplo abano de modelos, como comprobamos no punto 1.1. (p. 1).

10 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.3. Gramáticas formais e gramáticas funcionais


Malia todas as diferenzas entre os modelos de gramática, nun certo grao de
abstracción podemos distinguir entre dous macromodelos ou modelos tipo aos
que se podería adscribir calquera modelo teórico de xeito máis ou menos claro:
1) Gramáticas formais:
a) Concepción da lingua:
 Aparello formal vinculado á facultade do pensamento, polo que é unha
propiedade innata da especie humana.
 Permítenos producir un número infinito de oracións a partir dun
conxunto finito de regras.
b) Orientación do estudo da lingua cara ao sistema, é dicir, cara á competencia
lingüística do individuo facendo abstracción das condicións de uso.
c) Modelos: son moitos os modelos formais, aínda que na actualidade cómpre
destacar as gramáticas xenerativas (en especial a de Chomsky).
2) Gramáticas funcionais:
a) Concepción da lingua:
 Institución social propia dunha comunidade na cal é un instrumento de
cohesión, xa que determina a pertenza a un determinado grupo.
 Ten como finalidade a interacción comunicativa.
d) Orientación do estudo da lingua cara a construción de gramáticas enfocadas
ao uso, nas que o estudo do sistema ten que facerse dentro do marco da
pragmática, xa que a gramática emerxe do uso.
e) Modelos: son moitos, pero non todos se adscriben explicitamente a este
macromodelo. Entre as gramáticas formais podemos citar a gramática
sistémica de Halliday, Dik, Martinet, as gramáticas coginitivas, etc.

Cómpre ter en conta que as gramáticas funcionais non negan que a lingua
é un sistema de signos, como tampouco negan as gramáticas formais que ten como
finalidade a comunicación, só priorizan un ou outro aspecto.

Dik, S.C. (1978): Gramática funcional. Madrid: S.G.E.L. 1981, pp. 21-22
TEXTO
PARADIGMA PARADIGMA COMENTARIO
CARACTERÍSTICA
FORMAL FUNCIONAL
1. Formal: constructo abstracto,
previo ao corpus (gramática >
Unha lingua é un Unha lingua é un corpus).
Como definir unha
lingua
conxunto de instrumento de 2. Funcional: construción social,
oracións interacción proceso de construción en eterna
emerxencia nunca concluída
(corpus > gramática).
A función primaria Son perspectivas complementarias, xa
A función primaria
Función primaria dunha lingua é a
dunha lingua é a
que un modelo oriéntase cara a un
dunha lingua expresión de aspecto e outro cara a outro, pero non
comunicación.
pensamentos.
son excluíntes.
O correlato O correlato
psicolóxico dunha psicolóxico dunha 1. Formal:
Correlato lingua é a lingua é a a) Capacidade.
psicolóxico competencia: a competencia b) Competencia.
capacidade de comunicativa,
producir, interpretar habilidade para 2. Funcional:
11 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

TEXTO
PARADIGMA PARADIGMA COMENTARIO
CARACTERÍSTICA
FORMAL FUNCIONAL
e xulgar oracións. manter a interacción a) Habilidade.
social por medio da
linguaxe. b) Competencia comunicativa.

O estudo do sistema 1. Formal: prioridade das


O estudo da
da lingua debe ter competencias sobre o uso.
competencia ten
O sistema e a súa lugar desde o mesmo
utilización
prioridade lóxica e
comezo dentro do 2. Funcional: estudo do sistema
metodolóxica sobre
marco do uso desde o uso, que é o que determina
o da actuación.
lingüístico. o sistema.
As oracións dunha As descricións das
lingua débense expresións
describir lingüísticas deben 1. Formal: independencia do uso.
Linguaxe e idependentemente proporcionar puntos
localización. da localización de contacto para a 2. Funcional: é fundamental ter en
(contexto ou descrición do seu conta o uso.
situación na que se funcionamento en
utilizan) localizacións dadas.
O neno descobre o 1. Formal: innatismo da capacidade
O neno constrúe sistema que xace
unha gramática da debaixo da lingua e lingüística, os estímulos son
lingua facendo uso o seu uso, restrinxidos e asistemáticos.
das súas calidades apoiándose nunha 2. Funcional: adquisición polo uso /
Adquisición da
innatas sobre a base entrada moi
linguaxe impregnación social, grazas á
dunha entrada de estruturada de
datos lingüísticos datos lingüísticos capacidade cognitiva innata que
bastante restrinxida presentados en nos permite extraer regularidades
e asistemática. localizacións
naturais. no aparente caos.
Os universais 1. Formal: os universais son
lingüísticos propiedades innatas.
explicaranse en
termos das relacións 2. Funcional: só é innata a
Os universais inherentes a (i) capacidade cognitiva que nos
lingüísticos metas da permite atopar regularidades no
Universais considéranse comunicación (ii)
lingüísticos propiedades constitución caos. Teñen carácter universal as
innatas do biolóxica e metas (para que?), a constitución
organismo humano. psicolóxica dos biolóxica e psicolóxica dos
usuarios da linguaxe
(iii) localizacións usuarios da linguaxe (quen?) e as
nas que se utiliza a localizacións en que se usa a lingua
lingua. (en que situacións?).
A sintaxe é 1. Formal:
autónoma con a) Xerarquía: sintaxe >
respecto á A pragmática é o
semántica; a sintaxe marco globalizador semántica > pragmática.
e a semántica son dentro do cal debe b) Autonomía da sintaxe respecto
Relación entre autónomas con estudarse a
da semántica e da semántica e a
sintaxe, semántica e respecto á semántica e a
pragmática pragmática; a sintaxe; a semántica sintaxe respecto da pragmática.
xerarquía de está subordinada á 2. Funcional: xerarquía: pragmática
prioridades vai da pragmática e a
(marco de referencia) > semántica
sintaxe á pragmática, sintaxe á semántica.
pasando pola > sintaxe.
semántica.
Dik, S.C. (1978): Gramática funcional. Madrid: S.G.E.L. 1981, pp. 21-22

12 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.3.1. Comentario de dous textos programáticos


1.3.1.1. Gramática funcional: Introdución de Halliday (1985); An introduction to
Funcional Grammar

TEXTO COMENTARIO
Chamei a este libro unha ‘breve introdución á Incoherencia entre o título real (An
gramática funcional’ e necesito explicar ese título.
Por que ‘breve introdución’, por que ‘funcional’ e introduction to Funcional Grammar) e a
por que ‘gramática’? explicación.
É unha breve introdución porque, a pesar de O sistema lingüístico é moi complexo, polo
calquera ilusión de amplitude, non é máis que un que é imposible unha gramática total. Este
minúsculo fragmento do que é a gramática do inglés.
feito é o que está na base da existencia de
Calquera aproximación a unha gramática completa
ocuparía centos de veces a extensión desta obra. De diferentes modelos teóricos que
feito, non pode existir esa gramática completa, perspectivan o obxecto de estudo de xeitos
porque a linguaxe é inexhaustible. diferentes.
É unha introdución á gramática funcional porque o Funcional vs. formal en tres sentidos:
marco teórico sobre o que se basea é funcional e non 1. Interpretación dos textos.
formal. É funcional en tres sentidos distintos, aínda 2. Interpretación do sistema.
que estritamente vencellados: na súa interpretación 3. Interpretación dos elementos
(1) dos textos, (2) do sistema e (3) dos elementos constitutivos das estruturas
constitutivos das estruturas lingüísticas.
lingüísticas.
1. A lingua é un produto do uso, polo que a
arbitrariedade do signo lingüístico é
(1) É funcional no senso de que está deseñada para relativa. Na base está unha gramática
dar conta de como se usa a lingua. Todo texto –é natural que emerxe da necesidade da
dicir, calquera cousa que se di ou se escribe–
desenvólvese nalgún contexto de uso; máis aínda, é o
comunicación.
propio uso da lingua o que, a través de milleiros e 2. Relación co texto de Dik:
milleiros de xeracións, moldeou o sistema. A lingua a) O sistema e a súa utilización: é o
evoluíu para satisfacer as necesidades humanas, e a propio uso da lingua o que, a través
maneira como se organiza é funcional verbo desas de milleiros e milleiros de xeracións,
necesidades –non é arbitraria. Unha gramática
funcional é esencialmente unha gramática ‘natural’, moldeou o sistema.
en tanto que todo nela pode explicarse, a fin de b) Relación entre sintaxe, semántica e
contas, por referencia a como se usa a lingua pragmática: todo nela pode
explicarse, a fin de contas, por
referencia a como se usa a lingua.
(2) Consonte o dito, os compoñentes fundamentais do 1. Compoñentes fundamental do
significado na lingua son compoñentes funcionais.
Todas as linguas se organizan arredor de dous tipos significado: funcionais.
básicos de compoñentes que chamaremos 2. Tipos de compoñentes:
‘metafuncións’ e que son a manifestación no sistema a) Semántico, ideacional:
lingüístico dos dous propósitos xerais máis básicos representación do mundo, entender
que subxacen a todos os usos da lingua: (i) o que nos rodea.
comprender o contorno (compoñente ideacional) e
(ii) actuar sobre as outras persoas que hai nese
b) Pragmático, interpresoal: ser capaz
contorno (compoñente interpersoal) de interactuar cos outros.
(3) En terceiro termo, todo elemento dunha lingua
debe explicarse por referencia á súa función no
conxunto do sistema lingüístico. Neste terceiro senso
é, pois, funcional unha gramática que interpreta
1. Relacións constitutivas.
todas as unidades dunha lingua (as súas oracións,
frases e demais) como configuracións orgánicas de
funcións. Noutros termos, cada parte é interpretada
como un constituínte funcional verbo do todo en que
se integra.
13 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

TEXTO COMENTARIO
É unha introdución á gramática porque na tradición
funcional en lingüística os termos usados para os
niveis da lingua son semántica, gramática e
fonoloxía. Na lingüística formal úsase o termo
‘sintaxe’ para substituír o de ‘gramática’, uso
procedente da filosofía da linguaxe, onde sintaxe se
opón a semántica (coa ‘pragmática’ como terceiro
termo en oposición). Na terminoloxía da lingüística,
a sintaxe é unha parte da gramática: a gramática
consiste en sintaxe e vocabulario, máis (nas linguas
con paradigmas de palabras) a morfoloxía.
Hai aínda outra razón para non escoller o termo
‘sintaxe’. Esta palabra suxire unha maneira de
proceder que vai da forma para o significado: a
lingua interpretada como un sistema de formas ás
que se lle achegan uns significados. Na historia da
lingüística occidental, desde o seu comezo na antiga
Grecia, tal foi a dirección tomada: primeiro
estudábanse a forma das palabras (morfoloxía); 1. O termo sintaxe implica: forma >
despois, para explicar a forma das palabras significado.
estudábanse as formas das oracións (sintaxe), e unha 2. O termo gramática implica: significado
vez establecidas as formas chegaba o momento de > forma (medio, non fin en si mesmo).
preguntar: “que é o que significan esas formas?”.
Nunha gramática funcional, por contra, a dirección é
a inversa. A lingua interprétase como un sistema de
significados, acompañados polas formas a través das
cales eses significados se poden expresar. Isto sitúa
as formas dunha lingua nunha perspectiva diferente:
como medios par un fin, non como fins en si mesmos.
A lingua é, pois, un sistema de construír significados:
un sistema semántico, con outros sistemas para
codificar os significados producidos. En A lingua é un sistema semántico
consecuencia, o feito de que a presente sexa unha
gramática funcional significa que está baseada no
(funcional) codificado por un sistema
significado, pero o feito de ser unha gramática formal (gramática).
significa que é unha interpretación de formas
lingüísticas.

1.3.1.2. Gramática formal: Introdución de V. Demonte (1991): Teoría sintáctica:


De las estruturas a la rección

TEXTO COMENTARIO
A gramática, esa parte do estudo da linguaxe que se
ocupa de esclarecer cómo se forman –e como se
entenden– as oracións, é tan antiga coma a historia
mesma da vida civilizada. Ao longo da súa non curta
existencia, sen embargo, foi concibida de moi
diversas maneiras. Esta noción polisémica e esa
disciplina antiga déronse definido de xeito máis 1. Sintaxe > semántica (h).
preciso nos derradeiros anos. Falar hoxe de 2. Teoría xeral da linguaxe: gramática
gramática, polo menos entre os que se predican universal.
dunha hipotética ciencia gramatical, é facer 3. Gramática > corpus (d)
referencia a unha teoría sobre a formación das
oracións inserida nunha teoría xeral da linguaxe. En
Chomsky (1965) acuñouse a expresión “teoría da
competencia lingüística” para a gramática entendida
como a caracterización idealizada dun estado interno
do suxeito, a representación abstracta do estado
14 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

TEXTO COMENTARIO
cognitivo que precede, por así dicilo, á produción da
linguaxe. Na historia próxima, como sabemos, este
xeito de entender a gramática sucede a aqueloutro
que a concibía como a presentación ordenada dun
conxunto de datos, a sistematización dunha serie de
fenómenos lingüísticos relevantes.
En Rules and representations (1980) propón Chomsky
unha distinción que ás veces provoca perplexidade
cando non se toma nos seus xustos termos: trátase da
distinción entre gramática e lingua. Ela pódenos
axudar a comprender a concepción do estudo da
linguaxe que leva consigo o punto de vista que
acabamos de esbozar. Pódese supor, en efecto, que
temos un obxecto identificable chamado lingua (un Gramática (obxecto de estudo) vs. lingua
conglomerado de feitos lingüísticos producidos polos
falantes) e que existen moitas gramáticas posibles (obxecto, conglomerado [non estruturado] de
para poñer orde nel, de entre as cales a preferida feitos).
debería ser de certo a que mellor identifique o
obxecto en cuestión.
Agora ben, semella pouco menos que indubidable que
as linguas son obxectos heteroxéneos, cheos de
marxes imprecisas, ateigados de empréstimos e de
indefinicións e que non constitúen, neste senso,
entidades reais do mundo senón construcións
arbitrarias e, ata certo punto, artificiais. Con outras
palabras, se as cousas son deste xeito, as linguas
deben verse como obxectos derivados e complexos e,
daquela, inaccesibles ao coñecemento sistemático. Ao
que si parece que se pode acceder, por contra, é ao
mecanismo que conduce a elas, a súa gramática.
Cando a linguaxe así definida se ve como un órgano
cognitivo, análogo dalgún xeito aos organismos
físicos, acontece que debe estudarse de maneira
similar a como se estudan as ciencias físicas,
comenta repetidamente Chomsky:
Penso que debemos estudar (...) a linguaxe e a
mente de xeito similar ao tratamento dun
problema calquera en bioloxía. Podemos tomar Abstracción do contexto físico para
como exemplo a maneira en como se estudan
os órganos ou sistemas corporais. Se queremos
observar as propiedades inherentes ao
analizar o sistema visual humano tentarmos en obxecto.
primeiro lugar abstraelo do seu contexto físico.
Aínda que aquel interactúe co sistema
circulatorio e con moitos outros, o científico
tentará identificar e separar o sistema visual
por medio dun proceso de idealización. Sempre
foi así na medida en que podemos denominar
ciencia este tipo de trabllo (Chomsky, 1979)
Este cambio de óptica produce asemade un xiro
drástico na maneira de traballar do lingüista. Este on
contará xa con fenómenos preestablecidos senón con
problemas ás veces moi indefinidos, con feitos
infradeterminados dado que deben entenderse só
como a punta dun complexo iceberg. Polo demais, o Método hipotético-dedutivo.
cometido deste lingüista non será xa formular
xeralizacións indutivas senón establecer hipóteses,
formular leis e enlazar uns principios con outros.
Lonxe está a lingüística de ter acadado, mesmo
minimamente, tan ambiciosos obxectivos.
15 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

TEXTO COMENTARIO
Se a gramática é unha representación abstracta do
coñecemento lingüístico interiorizado (unha
especificación das condicións que explican por qué
as oracións das linguas humanas son dun xeito e non
doutro, ou por qué son posibles certas linguas e non
outras) daquela esa gramática pode definirse, de
A gramática é previa á experiencia
maneira laxa, como unha teoría das propiedades
universais das linguas humanas e atribuírselle a Universais.
denominación clásica de Gramática universal. Esta
teoría entronca coas “gramáticas xerais” dos séculos
XVII e XVIII e, como elas, permite derivar gramáticas
particulares que son, dalgún xeito, unha parte
daquela.

1.4. Consideracións epistemolóxicas sobre a diversidade de modelos


teóricos
Os macromodelos funcional e formal teñen o carácter de constante ao longo de toda a
historia da lingüística.
1) Macromodelo formal < racionalismo:
a) Racionalismo:
 Defensa das ideas innatas
 Autores: Descartes, Leibniz, etc.
 Ámbitos francés e alemán.
b) Influencia na gramática formal:
 Existencia dunha gramática universal que xorde da facultade do
pensamento, independente de calquera lingua en particular.
 Interese pola sintaxe (estruturas).
 Desenvolvemento nos séculos XVI-XVIII: Escola de Port Royal,
Campanella.
 Influencia na actualidade: gramáticas xenerativas (Chomsky).

2) Macromodelo funcional < empirismo:


a) Empirismo:
 Inexistencia de nada previo á experiencia.
 Autores: Locke, Hume, etc.
 Ámbito inglés.
b) Influencia na gramática funcional:
 Inexistencia dunha gramática universal, polo que a lingua debe ser
estuda en base ao seu uso (en especial dos escritores e, en menor medida,
dos falantes). É dicir, céntrase na realización, non na competencia.
 Interese pola fonéticae a escrita (realizacións).

 Concepto de paradigma en epistemoloxía


É un concepto moi marcado que fai referencia ao modelo epistemolóxico de T.
Kuhn, quen desenvolve unha teoría explicativa sobre o avance científico nos anos
60s. Nunca a aplicou explicitamente á lingüística, pero é usado pola gramática
xenerativa (en emerxencia no momento).
1) Características do modelo de Kuhn: establece dous momentos na
evolución do coñecemento:

16 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

a) Período de ciencia normal (PCN): situación normal na que o coñecemento


científico avanza razoablemente ben operando sobre os principios, regras e
obxectivos que determina un PARADIGMA. Polo que o paradigma é un
programa de actuación asumido por toda a comunidade científica dunha
determinada disciplina que ten uns obxectivos e unhas regras e
instrumentos para acadalos (determinando o que é científico e o que non).
b) Período de crise (PC): cando a magnitude dos problemas que provocan os
datos empíricos obriga a numerosas reformulacións do paradigma, acaban
por cuestionarse as súas bases. Prodúcese así un período de crise no que
emerxen diversas teorías, das que só unha acabará por constituírse como
paradigma, producíndose o que se denomina revolución científica.

2) Obxeccións: é un modelo explicativo controvertido polo carácter unitario e


excluínte da asunción universal é acrítica dun determinado modelo teórico.
É dicir, segundo Kuhn, a existencia de diversidade de modelos explicativos
sería unha situación excepcional (PC).
a) Funciona (en parte) aplicado á astronomía, como exemplifica Kuhn:
PCN xeocentrismo (Ptolomeo, s. II)
PC Copérnico, Galileo (s. XVI)
PCN heliocentrismo
PC
PCN modelo actual: non é unitario

b) Non funciona aplicado á lingüística: hai moitos modelos concorrentes, e


esa é a situación normal, non a excepcional (o uso que fai Dik de
paradigma é contraditorio, xa que o aplica a dúas teorías en
concorrencia).

17 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

1.4.1. Comentario de textos: dous modelos epistemolóxicos.


1.4.1.1. Texto 1

1) Parágrafo 1:
a) Nun período de ciencia normal o desenvolvemento da ciencia baséase en
relacións científicas pasadas aceptadas por toda a comunidade.
b) Definición dos obxectivos e medios que son científicos fronte aos que non
o son.
2) Parágrafo 2:
a) O paradigma é a teoría vixente durante un período de ciencia normal.
b) O paradigma supón unha promesa de resolución de problemas.
3) Parágrafo 3:
a) O paradigma determina o que é científico e o que non o é.

18 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

4) Parágrafo 4:
a) O paradigma raramente é renovado, só cando se produce un fracaso notable
(perda de dinamismo).
b) Crise = cuestionamento do paradigma, o que dá lugar a novas teorías.

5) Parágrafo 5:
a) Revolución científica: cambio de paradigma despois dunha crise.

1.4.1.2. Texto 2

1) Parágrafo 1: importancia da crítica externa (vs. Kuhn) e a multiplicidade


de modelos teóricos para chegar á Única Teoría Verdadeira (= paradigma de
Kuhn).

19 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

2) Parágrafo 2: a oposición á crítica externa supón a eliminación dos feitos


potencialmente refutadores da teoría, o que dá lugar á unicidade teórica
cunha aparencia de grande apoio empírico.
3) Parágrafo 3: o éxito da teoría unificadora é prefabricado, xa que non se
corresponde coa natureza das cousas.
4) Parágrafo 4: este tipo de teorías poden identificarse co mito.
5) Parágrafo 5: a variedade de modelos é o único xeito de chegarmos ao
coñecemento obxectivo.

2. Esbozo de gramática funcional


2.1. Cuestións preliminares e mapa conceptual
2.1.1. Expresión lingüística ou enunciado

1) A gramática deben dar conta de calquera expresión lingüística producida


(non producible) polos falantes dunha lingua en calquera situación
comunicativa (o marco de uso é a referencia inexcusable, xa que a expresión
lingüística é como é porque está deseñada para ese uso).
2) Unha expresión lingüística ou enunciado é unha unidade comunicativa,
non unha unidade sintáctica, xa que non se limita á estrutura formal interna
(aínda que a súa forma prototípica sexa unha oración).
3) As características definitorias dun enunciado son:
a) Independencia sintáctica, non debe manter relacións sintácticas cos
elementos contiguos.
b) Autosuficiencia semántica, debe ter un sentido completo (que se manifesta
formalmente mediante a independencia sintáctica).
c) Debe estar delimitado entre pausas, cunha entoación pechada e
independente na lingua oral ou mediante puntuación na escrita.
4) Formato sintáctico do enunciado: pode ser calquera unidade sintáctica,
pero o máis frecuente é que se trate dunha oración. Con todo, non todas as
unidades sintácticas son obrigatoriamente unha expresión lingüística ou
enunciado (por exemplo, Pepe dixo que non é un enunciado)
a) Enunciados unimembres. Exemplos: curvas perigosas (F).
b) Enunciados bimembres (raramente oracións). Exemplo: a semana que vén
exame (F + F).

2.1.2. Expresión lingüística e predicación


1) Predicación é unha entidade conceptual, abstracta, da que a expresión
lingüística é a súa manifestación (oral ou escrita). É dicir, a asociación dunha
predicación (contido) a unha secuencia oral ou escrita dá lugar á expresión
lingüística.
2) Regras de expresión: median entre a predicación e a expresión lingüística
ou enunciado: forma, orde, entoación, etc.
3) Mecanismo de construción de predicacións: comunicarse consiste en
construír predicacións (unidades comunicativas), para o que se seguen os
seguintes pasos:
a) Escolla dun predicador (predicado):
 Consiste na escolla da base a partir da cal se constrúe a predicación, é
dicir, do núcleo predicativo, que se denomina predicador ou predicado.

20 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

 O predicador é xeralmente un verbo, pero non ten por que selo (por
exemplo, en curvas perigosas é curvas, pero en as curvas son perigosas
é perigosas6)
 Terminoloxía:
 Dado que o predicador é o elemento ‘que ten o potencial de producir
a predicación’ parece máis axeitada a etiqueta predicador cá de
predicado.
 O termo predicado empregado neste sentido non pode identificarse
coa función sintáctica do mesmo nome.
 Proxección ou especificación do predicador: tomando como base o
predicador achegamos elementos adxacentes que o especifican, de xeito
que un maior número de complementos no plano da expresión reducen o
plano do contido (a maior intensión, menor extensión).
b) Busca da base léxica no lexicón (competencia lexical):
7
 Contén todos os elementos léxicos (pero non os gramaticais , que se
atopan nas regras de expresión). Os falantes dunha lingua teñen imaxes
mentais deses elementos e identifícanos cunha etiqueta. Ademais, están
ordenados pola proximidade conceptual.
 Calquera elemento léxico pode ser predicador. Exemplos:

PREDICADOR EXEMPLO
verbo o neno come un bocadillo de chourizo
adxectivo o neno é alto8
adverbio o neno está aquí
preposición o neno está con gripe
substantivo o neno será médico

 A base léxica trae consigo o MARCO PREDICATIVO (representación da


imaxe mental), é dicir, información que condiciona a construción do
predicado sobre esa base (é información sobre as regras de expresión).
Esta información inclúe:
 Número de argumentos que o predicado selecciona.
 Argumentos:
- Posicións / ocos / lugares seleccionados polo elemento léxico
para construír con eles unha predicación mínima completa /
nuclear. Cada predicador selecciona un número de lugares que
deben ser ocupados por outros elementos léxicos. Exemplo:

6
O verbo ser non é un predicador do que se poidan facer especificacións.
7
Por exemplo, contén valores da preposición a coma ‘dirección’ (vou a Vigo) ou ‘prezo’ (está a 1€),
pero non os de marca de CD (vin a Pepe) ou CI (deille o libro a Pepe).
8
Ser non pode ser o predicador xa que non ten complementos ou elementos que restrinxan o seu
significado, que definan subtipos de ser.
a) Nas predicacións atributivas (con atributo / predicado nominal) o predicador é a propiedade
atribuída (en o neno é alto atribúeselle a propiedade alto ao neno), mentres que nas
relacionais o predicador é o elemento que establece relacións entre diferentes entidades do
mundo (en o neno come un bocadillo de chourizo é comer o que relaciona o neno con un
bocadillo de chourizo).
b) Por outra banda, ser carece de significado léxico (o neno é alto ≠ a existencia do neno é alta
pero Colón descubriu América = o descubrimento de América por Colón).
c) A aparción de ser responde a necesidades do formato oracional, non da predicación, xa que
é necesario un verbo para que exista o formato oración.

21 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

comer require como mínimo dous argumentos (quene que).


Con todo, na expresión lingüística poden ser menos dos
requiridos polo predicador (en Galiza cómese moi ben ten 0
argumentos expresos).
- Definen en que consiste o evento da acción (para definir a
acción comer son precisos dous elementos).
 Regras de restrición semántica deses argumentos. Exemplo: comer
esixe que o argumento quen sexa ‘animado’ e que o argumento que
sexa ‘un alimento sólido’.
 Funcións semánticas que desempeña cada un deses argumentos.

c) Busca dos termos no lexicón:


 Busca dos elementos que van ocupar as posicións dos argumentos que
debe ser calquera elemento léxico que sirva para referírmonos a
calquera identidade do mundo. Por outra banda, as mesmas unidades
que poden funcionar como predicador tamén poden funcionar como
argumentos. Exemplo: en o neno quere comer o predicador e quere, mentres
que o neno e comer son argumentos; en o neno come un bocadillo de chourizo
o predicador é come; en o neno é estudante o predicador é estudante (xa que se
predica ‘a condición de estudante de alguén’) e en Luís díxome que onte o neno
comeu un bocadillo de chourizo o predicador é díxome pero un dos argumentos
é un predicado (que onte o neno comeu un bocadillo de chourizo).
 Os constituíntes non argumentais denomínanse adxuntos (satélites é
unha denominación menos apropiada, xa que fai referencia a elementos
que gravitan arredor dun núcleo, polo que tamén poderían abranguer os
argumentos). Son expansións facultativas que achegan información
adicional sobre a predicación nuclear.

2.2. A produción de expresións lingüísticas


2.2.1. Realidade, conceptualización e selección do predicado
2.2.1.1. Introdución
A capacidade da linguaxe só pode ser explicada atendendo a facultades innatas, xa
que é universal. Con todo, como xa explicamos, estas capacidades poden ser
entendidas de dous xeitos:
a) Capacidades innatas de carácter gramatical (gramática universal), como
defenden as gramáticas formais.
b) Capacidades innatas máis xerais (cognitivas e de socialización) que se
aplican á linguaxe. Esta é a postura que imos seguir,

2.2.1.2. Conceptualización
1) As capacidades innatas xenéricas que aplicamos á linguaxe son:
a) Detección de pautas regulares en información aparentemente caótica, o
que nos permite detectar regularidades nas cadeas lingüísticas.
b) Conceptualización de referentes:
 Construción de imaxes mentais a partir da percepción de datos
sensoriais do contexto físico.
 Leva a concibir a realidade coma unha alteridade, un obxecto co que
podemos interactuar e tamén á capacidade de autorrecoñecemento e
recoñecemento dos demais.
22 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

2) O acto comunicativo:
a) Ten como base o acto de construírmos imaxes mentais / conceptos: emisor
> mensaxe (significado e significante) > receptor.
b) Ten a finalidade de modificar as crenzas, coñecementos e sentimentos do
receptor, unha finalidade que pode ser de tres tipos:
 Informar, aumentar a información que o receptor posúe (a máis
frecuente).
 Demandar información.
 Demandar unha reacción do receptor.

c) Interveñen dous planos da realidade, sexa cal sexa a finalidade:


 Realidade evocada:
 Achega información sobre o que se quere transferir, de xeito que o
emisor evoca un episodio correspondente á realidade dalgún mundo.
É a fonte do que se quere comunicar.
 Deseña o contido representativo da mensaxe.
 Determina as funcións semánticas.
 Realidade física:
 É o contexto situacional no que se produce o acto comunicactivo.
 Condicional o contido presentativo da mensaxe, xa que a maneira
como se presenta a información varía dependendo de diferentes
elementos (número de receptores, situación formal ou informal, oral
ou escrita, coñecemento dos receptores sobre o tema, posibilidade de
interrupcións, etc).
 Determina as funcións pragmáticas e tamén a escolla léxica.

2.2.1.3. Selección do predicado


1) O emisor evoca un acontecemento que quere transmitir. Exemplo:

2) O emisor recupera a imaxe mental ou conceptualización dese acontecemento


da súa memoria episódica (o vivido, o que lle contaron ou o imaxinado), na
que só se selecciona o relevante. Exemplo:

23 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

3) O emisor ten que ser capaz de que o receptor evoque unha


conceptualización prefabricada socialmente compartida (predicador)
e identificada mediante palabras, almacenada no lexicón e que pertence polo
tanto á memoria semántica e que é aínda máis xeral e esquemática cá anterior
(é máis limitada: a menor intensión, maior extensión):
a) Ten menos definición.
b) Ten menos elementos.

SAUDAR / DAR A MAN

4) O emisor ten que lle achegar aínda máis información ao receptor para que
este reconstrúa unha imaxe mental o máis parecida posible á que o emisor
ten na súa memoria episódica:
a) Marco predicativo (= imaxe mental socialmente compartida):
 Etiqueta (saudar).
 Categoría (v), necesaria porque unha mesma etiqueta pode pertencer a
máis dunha categoría e, polo tanto, evocar imaxes diferentes.
 Número de argumentos (x1, x2, etc.). Son necesarios para definir o
evento, pero non teñen porque aparecer na expresión lingüística, poden
estar latentes e só se explicitan se se quere restrinxir a selección (comer
implica ‘alimento sólido’, pero se se quere especificar este argumento
cómpre expresalo: comer un bocadillo de chourizo).
 Restricións impostas polo predicador, requisitos que teñen que ocupar
as unidades léxicas que ocupan o oco deses argumentos para que non
provoquen estrañeza no receptor. Non son un conxunto pechado e son
violables, pero de se violaren provocarán estrañeza (+hum, -hum;
+anim, -anim, atc).
 Funcións semánticas (Ax, mt [meta]).

SAUDARv x1 [+hum]Ax
24 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

x2 [+hum]Met

b) Marco predicativo alargado:


 Adxuntos ou satélites (y):

x1 [+hum]Ax y1 ↔ Fsem Loc


SAUDARv
x2 [+hum]Met
y2 ↔ Fsem Cooc

SAUDARv [+hum] Ax [+hum] Mt (______Loc ______Cooc )

c) Co marco predicativo e o marco predicativo alargado xa temos introducidos


todos os participantes (argumentos ou adxuntos) da imaxe mental que
queremos transmitir. Agora cómpre aumentar o seu nivel de definición,
para o que cómpre acudir de novo ao lexicón na busca de termos que
ocupen esas catro posicións9. Estes termos serán, xeralmente, o N dunha F
(pero non ten porqué). Para iso cómpren:
 Restritores léxicos, que se deben ater á restrición seleccional:

ser non contradí [+hum]


persoa
X1: muller son [+hum]
rapaza
María

X1: rapaza: con pano
O primeiro restritor léxico,
rapaza, é o N da FN

 Operadores: restricións mediante marcadores gramaticais, a través de


categorías predefinidas pola gramática. Son dos determinantes da FN
(demostrativos, artigo, posesivo, indefinidos, numerais; número sg. ou
pl.) e cantos máis operadores restritivos empreguemos maior será o
grao de definición.
d1 X1: rapaza: con pano
d = coñecida
(vs. i)
1 = número de
elementos

9
Os dous argumentos e os dous adxuntos. Cómpre lembrar que saudar non é un participante, senón o
elemento que relaciona os participantes.
25 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

2.3. Marcos predicativos, tipos de estados de cousas, funcións semánticas

2.3.1. Tipos de estados de cousas


Os tipos de estados de cousas refírense ao tipo semántico dos eventos dos que damos
conta. Poden ser:
1) Situacións [-din]: situacións estables durante un certo período de tempo ao
que facemos referencia. Exemplo: o folio está enteiro; o folio está rachado.
a) Tipos:
 Estado [-contr] (x1 cero): situación non controlada.
 Posición [+contr] (x1 posicionardor): situación controlada.
b) Características: a distinción conceptual entre [±contr] non adoita estar
diferenciada na expresión lingüística, agás en estruturas particulares:
 En o vello garda os cartos debaixo do colchón sinálase quen é o
responsable dese estado (o vello), polo que é unha posición ([+contr]).
Son casos excepcionais.
 A situación normal é que non se distinga entre [±contr], como acontece
en o neno está gordo (pode estar gordo por vontade propia ou por outras
causas). Nestes casos non marcados sinálase que se trata dun estado, non
porque non exista o posicionador, senón por non marcarse.

2) Eventos [+din]: transición entre dúas situacións.


a) Perspectivas:
 Acción [+contr] / [-afecc] (x1 axente/ forza): o primeiro argumento é o
iniciador do cambio. Exemplo: eu rachei este folio, o folio foi rachado
(omítese o iniciador, pero este existe).
 Proceso [-contr] / [+afecc] (x1 experimentador/ forza): o primeiro
argumento é quen sofre o cambio. Exemplo: o folio rachou, o folio está
rachado, o folio rachouse.
b) Características:
 A distinción conceptual entre [±contr] márcase sempre na expresión
lingüística10.
Acción a vacc b (o neno rompeu o vaso)
Proceso b vproc a (o vaso rompeu)

 A oposición entre acción e proceso presenta problemas se se realiza


mediante o trazo [±contr], polo que é preferible o trazo [±afecc]:
 Usando [±contr] serían accións casos coma os obreiro tiraron o
valado pero non outros coa mesma estrutura coma a máquina tirou o
valado ou o vento tirou o valado; e serían un proceso o caso de o
valado caeu.
 Co trazo [±contr] establecemos unha distinción entre dúas estruturas
que a lingua trata como iguais, de aí que sexa preferible o trazo
[±afecc], xa que posibilita que en os obreiros tiraron o valado, a

10
Nestes casos opóñense vt vs. vi (o neno rompeu o vaso vs. o vaso rompeu) ou vt vs. vp (o neno
conxelou o bocadillo vs. o bocadillo conxelouse) ou entre verbos diferentes (o neno matou a mosca vs.
a mosca morreu). Son casos de homonimia, xa que cada un destes verbos ten acepcións diferentes e,
polo tanto, un marco predicativo propio para cada acepción.

26 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

máquina tirou o valado e o vento tirou o valado o primeiro


argumento sexa sempre o que provoca o efecto e o segundo o
afectado (o segundo argumento das acción é o primeiro dos
procesos).
s v p
[+contr] os obreiros tiraron o valado [-afecc]
[-contr] o vento tirou o valado [-afecc]
s v
[-contr] o valado caeu [-afecc]

2.3.2. Funcións semánticas: repertorio aproximativo


1) Repertorio variable: as funcións semánticas son abstraccións de roles que
se dan na realidade que non teñen un correlato formal directo que segmente
ese contínuum conceptual, de aí que se trate dun repertorio variable. Con todo,
si que teñen unha repercusión formal indirecta que nos permite tratalas como
elementos de análise lingüística (para dar conta das estruturas sintácticas
cómpre botar man destas nocións).
2) Grao de abstracción: pode ser diverso:
a) Tipos de eventos identificados mediante etiquetas illadas, nas que
buscamos regularidades.
b) Estrutura argumental de cada predicador.
c) Roles dos argumentos dos predicadores: funcións semáncias (Ax, Mt,
etc.).
d) Funcións semánticas aínda máis abstractas, como podería ser o
agrupamento de Ax. e Forza baixo unha mesma función de 'desencadeador'.

2.3.3.1. Funcións semánticas tipicamente nucleares


[1] [2]
(primeiro argumento) (segundo argumento)
[2a]
Axente Meta / Paciente /
Obxecto
Posicionador
[2b]
Forza Receptor
Experimentador Referencia
Outras satélites
Cero

1) O primeiro argumento sérvenos para identificar o tipo de estado de


cousas:
1º argumento tipo de estado de cousas
Axente evento > acción
Posicionador situación > posición
Forza evento [+contr] [-afecc]
Experimentador evento [-contr] [+afecc]
Cero situación > estado

27 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

2) O segundo argumento:
a) Pode ser:
 Meta: o máis frecuente. É o produto da acción (el escribe unha carta)
ou o que a padece (el recibe unha carta).
 Receptor.
 Referencia.
 Outras funcións semánticas que xeralmente son satélites. Exemplo: en
ela vive en Vigo o 2º argumento é unha loc. espacial, que xeralmente é adxunto
(comeu o bocadillo na casa).

b) Na expresión lingüística pode ser:


 Obrigatorio. Exemplo: necesito o libro.
 Raro (pero latente). Exemplos: ladrar, berrar, camiñar, voar, cantar, mentir.
 Pode aparecer ou non indistintamente, aínda que se non aparece sigue
estando latente. Exemplo: comer.
 Inexistente, non só na expresión senón porque o predicador ten un só
argumento. É o que acontece cos verbos inacusativos11. Exemplos: caer,
morrer.

2.3.3.2. Funcións semánticas tipicamente satélites ou adxuntas


Os satélites, ao igual cós argumentos12, actúan en dous niveis:
1) Nivel 1:
Beneficiario [≠ Receptor]
[a] Participantes adicionais
Compaña
Instrumento
Maneira
[b] Medio e maneira
Calidade
Cantidade
Orixe [lugar de onde]
[c] Orientación espacial Ruta [lugar por onde]
Dirección [lugar cara a onde]
[a] Participantes adicionais: son actantes circunstantes, non complementos
circunstanciais.
 Beneficiario vs. Receptor:
 O home mercoulle flores á florista: a florista = Receptor.
 O home mercou flores para María: María = Beneficiario (non pode
ser un Receptor, xa que esta función semántica adoita manifestarse
formalmente coma un CI, que necesariamente debe ir introducido pola
preposición a, non por para).

11
Os verbos de acción son necesariamente transitivos, exprésese ou non o seu segundo argumento. Isto
non impide que existan verbos de proceso transitivos coma romper. Así, Xan rompeu unha perna é un
enunciado ambiguo que pode interpretarse como 'Xan rompeu a perna doutra persoa' ou coma un
proceso no que Xan é o 'experimentador' e a perna a 'meta', é dicir, coma un verbo de proceso
transitivo.
12
En regalar o argumento máis interno é a 'meta', seguido do 'receptor' e, finalmente, o 'axente' (que
malia ser o primeiro argumento, é o máis externo).
28 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

[b] Medio e maneira. Exemplo: en dígocho como amigo a función semántica de


como amigo é a de calidade (dígocho en calidade / en condición de amigo).
[c] Orientación espacial:
 Orientación espacial vs. Localización espacial: a orientación espacial é
máis interna e está limitada a verbos de movemento. Ademais, con este
tipo de verbos é frecuente que ocupe unha posición argumental.
Exemplos: proceder ten como argumentos un 'Axente' e unha 'Orientación
espacial de orixe', pero non parece relevante a 'Orientación espacial de
dirección'; porén dirixirse ten como argumentos un 'Axente' e unha 'Orientación
espacial de dirección', pero non parece relevante a 'Orientación espacial de
orixe'13.
2) Nivel 2:
[a] Loc. espacial Localización [lugar onde]
[cando, desde
Tempo
cando, ata cando]
[b] Loc. temporal
[circunstancia
Co-ocorrencia
coincidente]
Propósito (/finalidade)
Causa (/razón)
[c] Loc. lóxica/cognitiva Consecuencia
----------------
Condición
[a] Loc. espacial.
[b] Loc. temporal:
 Tempo.
 Co-ocorrencia: elementos coincidentes no tempo. Exemplo: en non
habendo máis asuntos que tratar, o presidente levantou a sesión a función
semántica de non habendo máis asuntos que tratar é a de adxunto de co-
ocorrencia (non é causal nin temporal, xa que non se explicita ningunha
relación deste tipo).

2.3.3.3. Constituíntes máis externos


1) Modalizadores oracionais14: non pertencen á predicación, pero achegan
información sobre como se debe interpretar a predicación. Exemplos:
probablemente, posiblemente, talvez..
2) Conectores: tampouco pertencen á predicación e son aínda máis externos cós
anteriores. Exemplo: despois.

13
A inclusión das funcións semánticas como argumentos depende da súa presenza na imaxe mental, é
dicir, faise en relación a criterios cognitivos.
14
En realidade son modalizadores de enunciados, non de oracións.

29 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

2.3.3. Exemplos de representacións de marcos predicativos

1) Comer:
a) Marco predicativo (ten que dar conta de todos os exemplos posibles):

comerv X1 <+anim>Ax X2 <alim. sólido>Mt

LENDA:
 comer: entrada léxica
 v: categoría gramatical
 X1 e X2: argumentos (valencia cuantitativa)
 <+anim> e <alim. sólido>: restricións seleccionais (valencia cualitativa)
 Ax e Mt: funcións semánticas

b) Exemplos concretos:
 O neno comeu un bocadillo de chourizo: non poderiamos sinalar que a
restrición do primeiro argumento é <+hum>, xa que isto non permitiría
que o marco predicativo fose aplicable a todos os exemplos posibles:
comerv X1 <+anim>Ax X2 <alim. sólido>Mt comerv X1 <+hum>Ax X2 <alim. sólido>Mt

 A humidade come os metais: é un exemplo que precisa dunha


reinterpretación por parte do receptor, xa que violenta as restricións
seleccionais. Cando acontece isto pode deberse a:
 Uso metafórico do marco predicativo, que pode requirir unha
reinterpretación metafórica do predicador (comer como 'desfacer') ou
da peza léxica que non encaixa no marco predicativo (metais como
'alimento').
 Forma léxica diferenciada, cunha acepción propia. Con todo, as
fronteiras entre os usos metafóricos (e metoníminos) e as formas
léxicas diferenciadas son difusas, xa que a metáfora e a metonimia
son os principais motores dos cambios semánticos.

2) Preñada e embarazada:
a) A gata está preñada:
 Marco predicativo:

preñadaA X1 <+fem>Ø

 Explicación: o predicador é o adxectivo preñada e o tipo de estado de


cousas é [-din], sen especificarse se é [±contr], polo que é un estado no
que o primeiro argumento é Ø.

b) A gata está embarazada:


 Marco predicativo:

embarazadaA X1 <+muller>Ø

 Explicación: o adxectivo embaraza restrínxese a femias da especie


humana, polo que o seu uso neste contexto require unha reinterpretación

30 Sintaxe galega
2009/2010
USC
1. Introdución ao estudo da sintaxe

metafórica da peza léxica que non encaixa (gata). É dicir, prodúcese


unha humanización da gata.

3) Matar e asasinar:
a) Matar:
 Marco predicativo:

matarv X1 <+anim>Ax/Forza15 X2 <+ser vivo>Mt

a) Matar:
 Marco predicativo:

asasinarv X1 <+hum>Ax X2 <+hum>Mt X3 <+intencionado>Maneira

4) Embarcar:
a) Marco predicativo:
embarcarv X1 <+hum>Ax X2 <+ser/obxecto >Mt X3 <+nave>Loc

 Coincidencia na referencia de dous argumentos


1) Axente e Meta (reflexivas directas): cando os argumentos Axente e Meta se
refiren a unha mesma entidade:
a) O normal é que se marque cun se, que non representa a Meta, senón que
indica que o segundo argumento é o mesmo có primeiro. Exemplos: o home
matouse, o home lavouse, o home cortouse (o home é Axente e Meta).
b) Eventualmente pode non marcarse esta coincidencia. Isto acontece, por
exemplo, en embarcar, que admite a marca se pero non é habitual (xa que o
frecuente é que Axente e Meta teñan a mesma referencia).
2) Axente e Receptor (reflexivas indirectas):
a) O normal é que non se marque a reflexividade, xa que se entende por
defecto. Exemplo: cortei un dedo [enténdese o meu propio dedo, non o
doutra persoa].
b) Eventualmente pode marcarse mediante un se, como acontece en o
médico diagnisticouse unha hepatite. Isto débese a que o habitual é que un
médico diagnostique a outras persoas, non a si mesmo, polo que ao ser
menos frecuente cómpre marcalo.

Cómpre non confundir os diferentes valores de se:


a) Marca de reflexivas directas.
b) Marca de reflexivas indirectas (pouco frecuente).
c) Axente como impersoal (cortouse unha árbore).
d) Constituínte verbal. Así matarse ('perder a vida') ten unha acepción
diferente a matar ('quitar a vida').

15
É moi frecuente que o primeiro argumento dun predicador poida ser Ax ou Forza.

31 Sintaxe galega
2009/2010
USC