You are on page 1of 22

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

1. O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA.
1.1. O Reinado de Afonso XII. 1875-1885.
1.2. A Rexencia de Mª Cristina de Habsburgo. 1885-1092.
1.3. A Galicia dos caciques.

2. O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIÓN. 1902-1931.
2.1. Os inicios do reinado e as propostas de reforma. 1902-1916.
2.2. A quebra do sistema da Restauración.
2.3. A ditadura de Primo de Rivera. 1923-1930.
2.4. A fin da Monarquía. 1930-1931.

3. NACIÓN E NACIONALISMOS EN ESPAÑA.
3.1. O Nacionalismo español.
3.2. Rexionalismos e nacionalismos periféricos.
3.3. O Catalanismo.
3.4. O nacionalismo vasco.
3.5. O Galeguismo.

1

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

1. O REINADO DE AFONSO XIII E A CRISE DA RESTAURACIÓN. 1902-1931.
Diferenciamos 3 períodos:
-

1902-23: monarquía constitucional. Crise do sistema canovista.

-

1923-30: ditadura de Primo de Rivera. Conta co apoio do rei.

-

103-31: auxe do republicanismo e desprestixio da monarquía.

1.1. Os inicios do reinado e as propostas de reforma. 1902-1916.
Maio 1902: con 16 anos inicia o seu reinado persoal Afonso XIII. Amosa unha forte inclinación a
intervir nos asuntos políticos, as súas iniciativas persoais excederon a práctica política que se esperaba
dun rei constitucional e non sempre foron afortunadas. Sobre todo as que tiveron que ver co exército
do que era un gran entusiasta.
Doc. 1. O talante do novo monarca.
Tras breves palabras de salutación de Sagasta, ditas con voz apagada, reveladoras da súa
fatiga, o rei [ no seu primeiro Consello de Ministros], como se na súa vida non fixese
outra cousa que presidir ministros, con gran desenvoltura, dirixíndose ao da Guerra en
ton imperativo, someteuno a detido interrogatorio acerca das causas motivadoras do
pechamento das Academias Militares (…).
Despois de breve pausa, o monarca, tomando na súa man a Constitución, leu o caso
oitavo do artigo 54, e a maneira de comentario dixo: “como vostedes acaban de escoitar,
a Constitución confíreme a concesión de honores, títulos e grandezas; por iso advírtolles
que o uso deste dereito mo reservo por completo”. Gran sorpresa producíronnos estas
palabras. O Duque de Vergara, herdeiro dos máis ilustres brasóns da nobreza española e
de espírito liberal probado, opuxo ás palabras do rei sinxela réplica; pedíndolle a súa
venia, leu o parágrafo segundo do artigo 49, que di: “Ningún mandato do rei pode
levarse a efecto se non está refrendado por un ministro”.
Conde de ROMANONES. Notas dunha vida 1901-1912. 1945. [castelán]

Durante o seu reinado prodúcese a progresiva desarticulación do sistema canovista da Restauración
borbónica debido a:
-

Excesivas e moitas veces pouco afortunadas, intervencións do monarca nos asuntos políticos
e militares.

-

Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos, Conservador e liberal, logo da
desaparición de Cánovas e Sagasta. Os novos líderes Silvela, Maura, Dato, de la Cierva entre os
conservadores e Moret, Montero Ríos, Canalejas, García Prieto, Romanones entre os liberais, non
foron quen de aglutinar todos os seus partidarios.

-

Crecente poder do exército na vida política defendendo os seus intereses corporativos e desde
posturas cada vez máis conservadoras e autoritarias. 1906, lei de xurisdicións na que se sometía
a código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a unidade da
patria e contra o exército. O cambio na mentalidade da clase militar era claro: de apoiar ao
liberalismo á defensa dos intereses propios e considerarse os salvadores da patria e da unidade
nacional.

-

Mantemento do fraude electoral e do caciquismo, cada vez máis insoportable para a opinión
pública.
2

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

-

2º BAC

Crecente contestación política, ao sistema por parte das clases medias urbanas, que apoiaron a
republicanos e nacionalistas e lograron un maior control do poder municipal nos concellos,
rompendo o monopolio dos partidos dinásticos.

-

Aumento da conflitividade social, debido ás difíciles condicións de vida e traballo das masas
populares nos inicios da industrialización, xunto coa dura represión exercida pola patronal e o
goberno ás súas demandas.

-

Atentados anarquistas, moi frecuentes e que alcanzaron tanto ao rei, aos xefes de goberno
(Maura, Canalejas e Dato, os dous últimos asasinados en 1912 e 1921) como a empresarios
(sobre todo en Barcelona) e eclesiásticos.

-

Enfrontamento irreconciliable entre o catolicismo intransixente da Igrexa, apoiado pola
Coroa, e as correntes anticlericais estendidas entre os republicanos e as organizacións obreiras
(PSOE, UXT, CNT).

-

Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos, a zona en que España trataba
de dominar para compensar a perda de Cuba e Filipinas e onde xa ocupaba dúas prazas fortes:
Ceuta e Melilla. A cuestión marroquí converteuse nun problema de primeira magnitude para os
gobernos españois, causando graves tensións políticas, militares e sociais.

As reformas de Maura
1907, ANTONIO MAURA, político liberal conservador é nomeado Presidente
do Goberno. Partidario da revolución desde arriba, sen modificar a estrutura
económica e social, quixo introducir cambios significativos na vida do país para
evitar o desenvolvemento dunha posible revolución desde abaixo, desde as
clases populares. Moitas das súas propostas non chegaron a aprobarse pola
oposición dos grupos dominantes. Destacan:
-

Lei de reforma electoral, 1907, pretendía maior efectividade do sistema
sen ter que recorrer a métodos fraudulentos. Logrou

Antonio

o efecto contrario, pola aplicación do artigo 29, que

Mallorca, cursou estudos de Dereito e exerceu como

establecía que cando nunha circunscrición non se

avogado. Inicia a súa carreira política como deputado en

presentasen máis candidatos que o número de

Maura.

1853-1925.

Naceu

en

Palma

de

1881, nas filas do Partido Liberal de Sagasta. En 1901
encabezou unha facción disidente do liberalismo e

postos a cubrir, automaticamente os candidatos

integrouse no Partido Conservador. No 1913 separouse

quedaban proclamados deputados sen necesidade de

deste e fundou o seu propio partido (mauristas). Foi

someterse

cinco veces presidente do goberno entre 1903 e 1922.

á

consulta

electoral=

os

electores

quedaban privados de exercer o seu dereito a voto.

Alonxado da política morre en Torrelodones (Madrid) no
1925.

Doc. 2. Efectos do Art. 29 da lei electoral de 1907 (M. Cuadrado)
ANO DA CONSULTA ELECTORAL

NÚMERO DE ESCANOS CUBERTOS POLO ARTIGO 29

ELECTORES PRIVADOS DE VOTO

1910

119 sobre 404

29,0%

1914

87 sobre 408

21,2%

1916

145 sobre 409

35,0%

1918

61 sobre 409

11,3%

1919

82 sobre 409

19,4%

1920

92 sobre 409

17,6%

1923

146 sobre 409

35,1%
3

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

Doc. 3. Eleccións xerais en Galicia 1916. (X.R. Barreiro Fernández)
PROVINCIA

CAPACIDADE ELECTORAL

EXCLUÍDOS POLO ARTIGO 29

(Nº DE VOTANTES)
A CORUÑA

142.971

112.363 (78,5%)

LUGO

110.199

64.403 (58%)

PONTEVEDRA

106.619

83.749 (78,5%)

Lei de administración local, pretendía incrementar as competencias e autonomía administrativa

-

dos concellos e contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais. Non se chegou
a aprobar pola oposición da oligarquía local, temerosa de perder o control do poder municipal.
Tamén se adoptaron medidas económicas para reactivar a industria e promulgouse a lei de
Colonización interior para estimular a agricultura. No terreo social aprobou algunhas leis (Lei do
descanso dominical) e creou o Instituto Nacional de Previsión (1908) adicado aos seguros obreiros.
PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS (1902-1923)
CONSERVADOR

Mauristas (A. Maura)
Idóneos (E. Dato)
Reformismo liberal (J. Canalejas)

DENTRO DO SISTEMA

PARTIDOS DINÁSTICOS

Disputas de liderado entre:
LIBERAL

M. García Prieto
S. Alba
Conde de Romanones
Carlistas – Partido Tradicionalista

CARLISTAS

(J. Vázquez de Mella)
Partido integrista (R. Nocedal)
CATALANES

NACIONALISTAS

Lliga Regionalista (conservadores)
Centre Nacionalista Republicà (esquerdas)
PNV:

VASCOS

AO MARXE DO SISTEMA

-

Comunión Nacionalista Vasca

-

“Aberris” - PNV

Unión Republicana (N. Salmerón)
REPUBLICANOS

Partido Radical (A. Lerroux)
Partido Reformista ( M. Álvarez)

SOCIALISTAS

OBRERISTAS

ANARQUISTAS

PSOE (P. Iglesias)
Unión General de Trabajadores
Solidaridad Obrera ----- CNT

A Semana Tráxica
Xullo de 1909, o exército español sufre unha nova derrota en Marrocos, a do Barranco do Lobo.
O goberno e as clases dominantes consideraron que estes ataques ameazaban o prestixio internacional
de España, aínda que o que realmente estaba en xogo eran intereses económicos de certos grupos
capitalistas, sobre todo certas compañías mineiras. Para facer fronte aos ataques dos habitantes do Rif, o
goberno decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións
obreiras manifestáronse en contra.
Doc. 4. Contra a guerra de Marrocos
Considerando que a guerra é unha consecuencias final do réxime de produción capitalista. Considerando, ademais que, dado o
sistema español de recrutamento do exército, só os obreiros fan a guerra que os burgueses declaran. A asemblea protesta
enerxicamente:
1.

Contra a acción do Goberno español en Marrocos.

2.

Contra os procedementos de certas damas da aristocracia, que insultaron a dor dos reservistas, das súas mulleres e dos
4

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

seus fillos, dándolles medallas e escapularios, en vez de proporcionarlles os medios de subsistencia que lles arrebatan
coa marcha do xefe de familia.
3.

Contra o envío á guerra de cidadáns útiles á produción e, en xeral, indiferentes ao triunfo da cruz sobre a media lúa,
cando se poderían formar rexementos de curas e freires que, ademais de estar directamente interesados no éxito da
relixión católica, non teñen familia, nin fogar, nin son de utilidade ningunha ao país, e

4.

Contra a actitude dos deputados republicanos que, ostentando un mandato do pobo, non aproveitaron a súa
inmunidade parlamentaria para poñerse á fronte das masas na súa protesta contra a guerra.

E compromete á clase obreira a concentrar todas as forzas, por se houbese que declarar a folga xeral para obrigar ao Goberno a
respectar os dereitos que teñen os marroquís a conservar intacta a independencia da súa patria.
COMITÉ DE FOLGA. Proclama. 21-7-1909. [castelán]

Doc. 5. A versión das autoridades
En Barcelona alcanzó la huelga a todos los ramos y se iba extendiendo por la provincia. Luego pasó a otras catalanas. El carácter
general demostraba la preparación revolucionaria (…). Empezaron a llegar a avisos de que también cortaban las líneas telegráficas
y telefónicas (…). Comenzaron los incendios, ataques a comunidades, violaciones, asesinatos (…) Cincuenta conventos e iglesias
se quemaron, se destruyeron muchas comisarias de policía y reinó el desorden por las vacilaciones del Capitán General en los
primeros momentos y la escasez de fuerzas. (…) Por fin llegaron las fuerzas (…). Eran columnas mixtas de tropas y guardias civiles.
Se barrió a lo rebeldes y en todas partes la Guardia Civil los dominó y destruyó. El viernes estaba vencida la rebeldía. Se
restablecieron las comunidades y entonces se enteró el público de la verdad de lo sucedido, que produjo espanto y horror. Y
entre los crímenes que se cometieron o se intentaron, surgió la figura de Ferrer, una de las principales, o tal vez la primera, en la
dirección de movimiento.
Juan DE LA CIERVA Y PEÑAFIEL. [ministro de Gobernación]. Notas de mi vida. 1932.

O embarque das tropas en Barcelona provocou o inicio , 26-7-1909, dunha folga xeral convocada por
socialistas e anarquistas contra a guerra e a actuación do goberno. A folga foi un éxito e a protesta
obreira radicalizouse; construíronse barricadas nas rúas de Barcelona e queimáronse conventos, igrexas e
escolas rexentadas polos relixiosos como protesta polo apoio da Igrexa aos grupos poderosos; durante
unha semana, as masas populares foron donas da cidade. A falta de obxectivos comúns, xunto o envío
de reforzos militares por parte das autoridades, fixo que a insurrección popular fose dominada. Unha
vez restablecida a orde pública, levouse a cabo unha forte represión (fusilamentos de Montjuic), sendo
acusado como promotor moral dos sucesos o fundador da Escola Moderna (un centro de ensino laico e
racionalista) FRANCISCO FERRER GUARDIA, anarquista e masón, que foi executado a pesar das escasas probas
presentadas e das protestas ao seu favor.
A Semana Tráxica tivo amplas consecuencias políticas:
-

As forzas opositoras á monarquía decidiron reforzar a conxunción electoral republicanosocialista.

-

A crise forzou a caída de Maura, (provocada polo rei ante as peticións da oposición).

-

Volta ao poder dos liberais con Canalejas.

5

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

As reformas de Canalejas
A partir de 1910, desde a presidencia do Goberno e do Partido
Liberal, o ferrolán XOSÉ CANALEJAS propuxo unha serie de reformas para ampliar
a base social do sistema da Restauración atraendo as clases populares. O seu
programa propoñía a modernización da política e intentaba atraer a certos
sectores (republicanos, socialistas, etc) partindo dun maior reformismo social e
limitando o poder da Igrexa. Entre as medidas destacan:
-

Lei de asociacións relixiosas, 1910, coñecida como lei do candado,

limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España. Forte
oposición de sectores católicos e conservadores, e do Vaticano que obrigaron á súa retirada.
-

Lei de mancomunidades provinciais, A lei de mancomunidades presentada no 1911, aprobada

no 1913, para complementar as competencias dos concellos e canalizar as reivindicacións rexionalistas
mediante a formación de mancomunidades de municipios e a concesión dunha reducida autonomía
rexional; Canalejas foi sensible ao problema das autonomías rexionais sobre todo á do nacionalismo
catalán, xa que estaba convencido de que a súa incorporación ao sistema axudaría á súa estabilidade.
Esta lei permitiu a creación da mancomunidade Catalá no 1914.
-

Lei de recrutamento, 1912, establecía o servizo militar obrigatorio, quedando abolida a

redención ou pago en metálico para librarse de ir ao exército, dando así satisfacción parcial a unha
ampla demanda social. Estableceu os soldados de cota, que mediante pago, reducían considerablemente
o tempo do seu servizo militar.
Canalejas intentou introducir melloras nas condicións de traballo coa imposición do arbitraxe estatal nos
convenios salariais. Asasinado nun atentado anarquista en 1912, a oposición dos sectores conservadores
fixo que as súas propostas tivesen pouca transcendencia. A súa desaparición incrementou o proceso de
disgregación dos liberais.

1.2. A quebra do sistema da Restauración.
O fracaso das reformas tanto de conservadores como de liberais provocou o deterioro progresivo
do funcionamento do sistema e a existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves que
minaron a monarquía constitucional e facilitaron o golpe de estado de 1923.

A crise de 1917
España foi neutral na I G.M. pero o conflito tivo forte repercusión na sociedade española, tanto
desde o punto de vista ideolóxico (aliadófilos fronte a xermanófilos) como económico pois a guerra
converteu a España en subministradora de todo tipo de produtos

aos países belixerantes. Os

industriais cataláns e vascos fixeron grandes negocios. Tamén provocou un aumento dos prezos no
interior, sobre todo os produtos de primeira necesidade, que escaseaban como resultado das masivas
exportacións; como os salarios non subían ao mesmo ritmo que os prezos deterioráronse as condicións
de vida das clases medias e populares, acentuándose o malestar social e político. Así en 1917,
produciuse a crise máis profunda do sistema da restauración, resultado da confluencia de tres tipos de
conflitos: o militar, o político e o social.

6

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

A crise militar: as Xuntas de defensa.
Iniciouse coa aparición no outono de 1916 en Barcelona
das Xuntas de Defensa Militares, asociacións de carácter
corporativo

formadas

por

oficiais

de

media

e

baixa

graduación para defender os seus intereses profesionais en
materia económica. A perda do poder adquisitivo dos salarios
e a precaria situación económica da oficialidade explican que

A pesar da neutralidade, a opinión pública
española quedou profundamente dividida entre
os partidarios dun e doutro bando na Gran
Guerra. Produciuse un enfrontamento entre
germanófilos

e

aliadófilos.

louvaban o sentido autoritario e conservador
dos imperios centrais.

outras reivindicacións: regulamento dos ascensos, que debían

Os

de guerra; defensa do honor dos militares fronte ás críticas
antimilitaristas; represión contra o socialismo, anarquismo e

primeiros,

conservadores, católicos, carlistas e integristas e

se estendesen por toda España, engadíndose rapidamente
ser concedidos por criterio de antigüidade e non por méritos

Os

partidarios do Imperio Alemán, agrupaban a

segundos,

democráticas

partidarios
(Francia,

das
Gran

potencias
Bretaña),

agrupaban a un sector do partido liberal, pero
sobre todo a republicanos e partidos obreiros
de esquerdas.

separatismo nacionalista…
O goberno disolveu as Xuntas e os seus dirixentes foron detidos. A reacción de solidariedade entre
os oficiais e a súa aberta rebelión obrigou ao goberno a recoñecelas. O conflito puxo de manifesto a
debilidade do poder civil fronte ao militar. A partir de entón os militares interviñeron no nomeamento
dos ministros de Guerra, e convertéronse nos máximos garantes da orde pública. Pero os problemas do
exército seguiron sen solucionarse: orzamentos insuficientes, equipamento deficiente, exceso de oficiais,
divisións internas e resentimentos entre a oficialidade das distintas armas ou entre peninsulares
(xuntistas que reclamaban ascensos por escala) e africanistas (antepuñan os méritos de guerra)…
A crise política: A Asemblea de parlamentarios.
Aproveitando a debilidade do Goberno provocada pola actuación das xuntas militares, o desprestixio
do

rei

polas

súas

intromisións

na

vida

política,

a

división

en

camarillas

dos

partidarios

dinásticos…FRANCISCO CAMBÓ, líder da Liga Rexionalista catalá, fixo presión sobre o goberno para
conseguir a auténtica democracia e a autonomía para Cataluña. Ante a intransixencia de Madrid, a liga
convocou para o 5 de Xullo en Barcelona unha reunión de deputados e senadores cataláns en que se
pediu a inmediata reunión das Cortes para que, con carácter de constituíntes, deliberasen sobre a
organización do Estado e a autonomía rexional e municipal. Se o goberno non accedía, invitábase a
todos os parlamentarios españois a unha Asemblea extraordinaria para que, como representación
lexítima da vontade do país, opinase sobre estes temas. Celebrada o 19 de xullo en Barcelona, a pesar
da prohibición gobernativa, a Asemblea de parlamentarios, formada por un número reducido de
parlamentarios (71 de 760) que representaban soamente a catalanistas, socialistas e republicanos, insistiu
na convocatoria de Cortes constituíntes.
Doc. 6. Peticións da Asemblea de Parlamentarios
A Asemblea adopta os seguintes acordos:
a.

A política do actual goberno, ademais de significar unha provocación a Cataluña e a España enteira, constitúe un
agravio ao Parlamento e un obstáculo a que as ansias de renovación que sente o país poidan obter normal
satisfacción.

b.

Que declarado polo goberno e os partidos que teñen maioría nas actuais Cortes que estas non poden actuar en
funcións de constituíntes, e considerando a Asemblea que é urxente deliberar e resolver sobre a organización do
Estado, a autonomía dos municipios e os demais problemas que as circunstancias presentan con présa inaprazable para
7

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

a vida do país, entende que é indispensable a convocatoria dunhas novas Cortes que, en funcións de constituíntes,
poidan deliberar sobre estes problemas e resolvelos.
c.

Que para que o país poida manifestar libremente a súa opinión e o pobo non vexa cerrada toda esperanza de que a
súa vontade sexa coñecida e respectada, as Cortes, constituíntes non poden ser convocadas por un goberno de
partido, que fatalmente seguiría os actuais procedementos de adulteración do sufraxio, senón por un goberno que
encarne e represente a vontade soberana do país.
ASEMBLEA DE PARLAMENTARIOS. Declaración. 19-7-1917. [castelán]

Considerada polo goberno como ilegal, sediciosa e separatista, a iniciativa da Asemblea de
parlamentarios fracasou pola falta de apoios e polas divisións internas entre os seus protagonistas. O
movemento parlamentario non tivo continuidade e desapareceu sen conseguir a reforma constitucional.
As forzas monárquicas non o apoiaron, as diferenzas entre os rexionalistas e os grupos de esquerda
facían imposible un acordo e as Xuntas de Defensa amosáronse contrarias á iniciativa parlamentaria.
Sumado a isto, o movemento de folga que se desata en agosto fixo que as forzas burguesas non
participaran temendo un estalido revolucionario de dimensións máis grandes que a reforma que se
plantexaba.
A crise social: a folga revolucionaria. A masiva exportación de produtos españois aos países
belixerantes na Gran Guerra do 14, xerou a alza de prezos, sobre todo dos alimentos, provocando un
incremento do malestar social que deu lugar a protestas e manifestacións. Xa no 1916, a centrais
sindicais UXT e CNT convocaron unha folga xeral de 24 horas contra a carestía da vida que foi seguida
maioritariamente polas clases traballadoras. A tensión estalou en agosto de 1917 a raíz dun conflito
ferroviario en Valencia; ante a actitude intransixente do goberno a UXT e o PSOE convocaron unha folga
xeral en toda España para o 18 de agosto; os seus obxectivos tiñan un carácter revolucionario: as forzas
obreiras reclamaban a fin da monarquía, a formación dun goberno provisional que convocara Cortes
Constituíntes e o paso a un sistema republicano.
Doc. 7. Folga xeral revolucionaria
Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación ningunha, os propósitos anunciados
polos representantes da UXT e da CNT no manifesto subscrito por estes organismos no mes de marzo último [emprego da folga
xeral indefinida]. (…).
Pedimos a constitución dun goberno provisional que asuma os poderes executivos e moderador, e prepare, previas as
modificacións imprescindibles dunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras dunhas Cortes constituíntes que
aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentais da Constitución política do país. Mentres non se consiga este obxectivo,
a organización obreira española está absolutamente decidida a manterse na súa actitude de folga.
Cidadáns: Non somos instrumento de desorde como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que
padecemos. Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso
concurso. Viva España!
COMITÉ DE FOLGA UXT-CNT [formado por Largo Caballero, Daniel Anguiano, Julián Besteiro, Andrés Saborit]. Manifesto. 12-81917. [castelán]

A folga contou coa colaboración dos republicanos e da CNT e tivo unha incidencia desigual no
Estado, sendo maioritaria entre o proletariado de Madrid, Barcelona, Levante, País Vasco, e Asturias. O
goberno reaccionou cunha forte represión: imposición da Lei Marcial, disolución violenta das
manifestacións, emprego das armas de fogo polas forzas de orde pública, detencións masivas… O
balance foron máis de 70 mortos, dous centenares de feridos e aproximadamente dous mil detidos. A
folga xeral fracasou e non conseguiu contar co apoio de amplos sectores, pero tivo unhas enormes
8

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

consecuencias: debilitou aínda máis ao réxime que amosou a súa brutalidade, e radicalizou á oposición.
Nos anos seguintes o sistema político da Restauración entrou na súa crise definitiva.
Síntese: en 1917, en poucos meses e de xeito sucesivo, unha parte do exército, unha parte dos
parlamentarios e unha fracción organizada da clase obreira ameazaron con botar abaixo a orde
constitucional e o sistema establecido. No entanto, o Goberno conseguiu controlar a situación porque
os protagonistas da crise non coincidían nos seus obxectivos nin na estratexia a seguir. Os partidos
republicanos e nacionalistas, de ideoloxía burguesa e temerosos dunha revolución, renunciaron ás súas
pretensións e puxéronse ao lado do Goberno, o mesmo que o exército para restablecer a orde pública.

A quebra da quenda e da monarquía constitucional.
A partir de 1917, a inestabilidade política e social foi en aumento, manifestándose en:
• A debilidade dos gobernos, acompañada do desprestixio da clase política gobernante. O
fraccionamento dos partidos dinásticos e as tensións entre os líderes dificultaba a formación e
duración dos gobernos. A quenda deixou de funcionar e o rei recorreu á formación de gabinetes
de concentración compostos por representantes de varios grupos políticos que no foron capaces
de facer fronte aos problemas.
• O aumento da conflitividade social, tanto no rural como nas cidades, ao tempo que as
organizacións sindicais ampliaban o número dos seus afiliados. A radicalización e a violencia
foron en aumento, tanto na represión gobernamental como na resposta das organizacións
obreiras espacialmente da CNT.
• O aumento da propaganda e da actividades republicanas. A pesar da súa división, os
republicanos acentuaron as críticas ao sistema e mantiveron a coalición republicano-socialista
formada en 1909.
• O incremento da actividade dos movementos rexionalistas e nacionalistas, tanto en Cataluña
(Liga Rexionalista) como nas provincias vascas (PNV) e Galicia (Irmandades da fala). As demandas
destes sectores contribuíron a radicalizar o ambiente político con acusacións de separatismo,
repulsas dos partidarios da unidade nacional e incremento da oposición ao réxime entre os
nacionalismos periféricos.
Doc. 8. A debilidade dos gobernos. 1917-1922.
DATA DE NOMEAMENTO
1917

CARÁCTER POLÍTICO

DURACIÓN

19-4

Concentración liberal

1 mes e 22 días

11-6

Conservador (Dato)

4 meses e 22 días

3-11

Concentración liberal

4 meses e 19 días

22-3

Concentración nacional

7 meses e 17 días

9-11

Concentración liberal

26 días

5-12

Liberal (Romanones)

4 meses e 10 días

15-4

Conservador (Maura)

3 mese y 5 días

20-7

Conservador

4 meses y 22 días

12-12

Concentración

4 meses y 23 días

1920

5-5

Conservador (Dato)

10 meses y 3 días

1921

8-3

Goberno interino

5 meses

13-3

Conservador (Cierva)

5 meses y 1 día

1918

1919

9

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

1922

2º BAC

14-8

Concentración

6 meses y 24 días

8-3

Concentración conservador

8 meses y 29 días

7-12

Concentración liberal

9 meses y 8 días

A cuestión marroquí e o desastre de Annual
1912, os gobernos de España e Francia delimitaron a respectiva zona de influencia no norte de
Marrocos e crearon o protectorado, pero para mantelo era preciso ocupalo e pacificalo. Na zona do
Rif as tropas españolas avanzaban con dificultade ante a resistencia da poboación e as dificultades
do terreo. Os gastos incrementáronse e o exército creou corpos específicos para a loita en Marrocos:
a Lexión (1920) e os Regulares (con soldados recrutados entre os mouros).
Doc 9. España debe estar en Marrocos
España tiene un compromiso sagrado que cumplir en Marruecos: el de que cese para siempre la amenaza que para nosotros
representa el tener la plaza de Melilla rodeada de tan fieros vecinos, siempre dispuestos a echar mano a los fusiles contra
nuestras tropas.
La obra civilizadora en Marruecos se impone; si no lo hacemos nosotros, otra nación europea nos echará de allí; ¡y qué
vergüenza entonces ver que otros hacen lo que a nosotros nos correspondía! Y llegado este caso nos veremos amenazados
en nuestra propia casa al instalarse en las costas marroquíes del mediterráneo una poderosa nación.
Las naciones tienen siempre compromisos a cumplir; a nosotros se nos presenta el actual de Marruecos y no hay otro
remedio que aceptarlo, o lo hacemos nosotros o nos echarán de allí y otro pueblo se encargará de hacerlo, extendiendo así
la papeleta de defunción de España como nación capaz de alternar con Europa.
Luis MUNTADAS [Presidente del Fomento del trabajo Nacional]. Declaraciones. La Tribuna. Barcelona, 21-VII-1909.
Si España desertara de Marruecos, aunque sus costas estén bañadas en una gran extensión por el Mediterráneo, dejaría de
ser nación mediterránea. Para nosotros la costa Norte de Marruecos es tan indispensable, como lo ha sido para Francia el
litoral argelino, como lo fue para Italia la Tripolitania, para cuya consecución tuvo que realizar tantos esfuerzos; porque el mar
Mediterráneo no separa, sino que une, es un reducido pasillo, y al que ocupa una de sus orillas no le puede ser indiferente
que la orilla opuesta pueda ser dominada por uno o por otro. Por eso para mi no cabe duda: no tenemos siquiera el derecho
de opción; la responsabilidad que habríamos de contraer ante las generaciones futuras sería enorme y, por tanto, para
conservar nuestra posición actual, todo sacrificio por grande que sea, lo estimo pequeño.
CONDE DE ROMANONES. Discurso. [no Congreso dos Deputados]. 5-XI-1919.

Doc. 10. Argumento contra a ocupación de Marrocos.
Y hoy se habla de que vamos a ocupar pacíficamente el cabo Tres Forcas y Zeluán, en la zona de Melilla, y parte de la región
de Anyera, en la de Ceuta. Cuarenta o cincuenta mil hombres comenzarán esa penetración pacífica de que tanto se viene
hablando (…). ¿Y por qué va España a realizar esfuerzo tan costoso e innecesario?. Porque un monsieur Massenet quiere
explotar negocios mineros en el Muluya; porque unos alemanes intentan hacer lo propio en las comarcas que pueblan los
anyeras, y porque otros ciudadanos tienen intereses mineros en Beni bu Ifrur (…).
Francia ha podido permitirse el lujo de sostener una campaña en Chauia. Es lo bastante rica (…). Pero nosotros somos pobres
y, además no contamos con tropas de ese jaez (…). Si nuestra independencia, nuestro honor nacional (…) estuviesen
amenazados, yo no escribiría estas líneas (…). Pero ni el honor de España, ni el prestigio del ejército, ni las ambiciones
nacionales están en juego. Ir a Marruecos a ocupar territorios que no nos pertenecen para complacer a los Messenet, a los
Manesman y a los dueños de las minas de beni bu Ifrur, es tan antilógico que parece mentira se hable de ellos como una cosa
que no debe levantar la protesta de la nación entera.
España no quiere nuevas aventuras. Odia la guerra y necesita la paz. Pero según parece, en los círculos gubernamentales, no
tienen en cuenta esos deseos y se aprestan a empujarla a un abismo.
El motín. Madrid, 1-VII-1909.

10

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

1921, o xeneral Silvestre, co obxectivo de obter unha vitoria definitiva e estimulado polo rei,
realizou unha manobra arriscada coas súas tropas coa intención de ocupar Alhucemas; pero non
asegurou a retagarda e dispersou demasiado os seus homes. As cabilas rifeñas, ao mando de Abd-elKrim, atacaron as súas posicións obrigándolle a retirarse, perecendo a maioría dos seus soldados en
Annual (+ de 10.000). Mal adestrados, dirixidos por oficiais ineptos, os soldados españois
retrocederon cara a Melilla. En poucos días, os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron a
independencia da República do Rif (experiencia que foi pioneira no mundo colonial).
Doc. 11. Annual
Os superviventes corren outeiro abaixo, en cego tropel. Choven as balas arredor, son perseguidos a través do barranco,
cazados no camiño que serpea entre montes. Caen, caen, en bárbara carnicería. Non hai feridos: o que dá en terra, morre a
coiteladas. E caen tantos por debilidade, por non poderse ter en pé! Dos 300 chegan 25 Annual, uns mudos, outros tolos.
Catro falecen ao probar a auga; algúns, rebentados pola carreira, morren ao pararse.
VIVERO. O derrubamento. 1922. [castelán]

O desastre de Annual provocou un forte impacto na opinión pública española e acentuou a
impopularidade da guerra e do exército. Ante a esixencia de depurar responsabilidades, abriuse unha
investigación sobre o comportamento dos militares (Expediente Picasso) e difundiuse a sospeita de
que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a intervención de Afonso XIII, o que incrementou a
oposición á Monarquía.
Os anos seguintes recibiron en Andalucía o nome de “Trienio Bolxevique” (1918-1920) aludindo
á influencia da revolución soviética (1917) no incremento da conflitividade social. Entre os xornaleiros
–como sucedía entre os obreiros industriais- a revolución rusa converteuse nun mito, aínda que as
verdadeiras razón das súas mobilizacións hai que buscalas no incremento dos prezos e da miseria. O
incremento da afiliación sindical da UXT e sobre todo da CNT, correu parello ás mobilizacións
conseguindo algúns éxitos nas moi moderadas demandas iniciais: abolición do traballo “a obra feita”,
negociación dos salarios, recoñecemento dos sindicatos obreiros… Pero cando se radicalizaron as
protestas, con ocupacións e reparto de fincas, destrución de colleitas e propiedades, foi proclamado
o estado de guerra, as sociedades obreiras foron desmanteladas e o movemento foi aplastado cunha
durísima represión.
A conflitividade social acabou derivando en terrorismo, especialmente na zona de Barcelona, no
fenómeno coñecido como pistolerismo. Algúns grupos anarquistas recorreron a atentados contra a
patronal. Unha parte da patronal organizou, pola súa banda, grupos de pistoleiros para responder a
estes atentados, sendo especialmente activos os que se formaron no seo do chamado Sindicato Libre
amparados polo xeneral Martínez Anido que foi nomeado gobernador Civil de Barcelona en 1920.
Esta violencia produciu 255 mortos só en Barcelona entre 1917-1921 e máis de 1700 en toda España.
Ante o cúmulo de problemas, o réxime tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir:
democratizarse (alterando as bases sociais e políticas) ou impor unha solución de forza encabezada
por un cirurxián de ferro que puxese remedio aos males de España. A incapacidade do réxime de
transformarse favoreceu en 1923 a imposición dunha ditadura militar.

11

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

A oposición republicana
Durante o reinado de Afonso XIII o republicanismo constituíu unha minoría política con máis
peso na opinión pública que capacidade real de modificar o sistema, en gran parte debido ás
divisións internas. A desaparición dos vellos líderes permitiu a aparición doutros novos, entre os que
destacou ALEXANDRE LERROUX, fundador do Partido Republicano Radical, quen cunha combinación
de demagoxia antieclesiástica, de promesas de reformas sociais e de ataques ao catalanismo,
conseguiu atraer ás masas obreiras en Cataluña e ter unha grande influencia política.
A conxunción republicano-socialista (1909) permitiu a elección do socialista PABLO IGLESIAS
como deputado en 1910. Pero a falta dun programa común fixo que se desenvolvesen organizacións
republicanas autónomas (Valencia, dirixida por BLASCO IBÁÑEZ) ou cun forte compoñente nacionalista
(Cataluña con ROVIRA I VIRGILL e FRANCISCO MACIÁ).
En Galicia, o republicanismo oscilou entre a busca de aliados e a acción autónoma. En 1907,
creouse, a imitación do caso catalán, Solidariedade Galega, formación en que participaban tanto
rexionalistas como republicanos; o seu obxectivo era mobilizar o campesiñado e rachar co
caciquismo, pero os resultados foron pobres e, ademais, o movemento solidario dividiu aínda máis
aos republicanos galegos. Nalgunhas cidades funcionou a conxunción electoral cos socialistas, pero
non noutras, como a Coruña onde os republicanos, encabezados por Xosé Martínez Fontenla,
decidiron manter unha organización independente (Partido republicano autónomo, 1907) coa que
seguiron conservando a maioría no concello e na que comezaban a destacar personalidades como
XERARDO ABAD CONDE E SANTIAGO CASARES QUIROGA.
A Ditadura de Primo de Rivera, suporá a paralización da actividade dos grupos republicanos,
pero ó mesmo tempo, contribuíu coa súa política autoritaria a presentar ó republicanismo como a
única alternativa válida para conseguir a democratización e modernización de España.

1.3.

A Ditadura de Primo de Rivera. 1923-1930.
Factores que facilitaron a implantación da Ditadura:

-

A burguesía vira esfumarse os grandes beneficios dos anos anteriores, e alarmada ante o aumento
do pistoleirismo nas rúas, desexaba un réxime de autoridade. Esta opinión reforzouse despois da
chegada ao poder dos fascista en Italia. A Patronal e os membros do Sindicato Libre de Barcelona
concentraron as súas simpatías na persoa do capitán xeral de Cataluña,
Miguel Primo de Rivera.
-

Moitos oficiais do exército desexaban que se puxera fin a un
parlamentarismo que era acusado de estéril; ademais non querían verse
envoltos nas responsabilidades do desastre de Annual. Atoparon no
xeneral Miguel Primo de Rivera ao home disposto a solucionar “o

derrotismo humillante de Marrocos, a marea de responsabilidades e a
anarquía”.
- O propio rei, Afonso XIII non miraba con malos ollos, desde facía tempo, a
idea dun Goberno Militar. De feito, xa se permitira criticar ás Cortes, algo
impropio da súa misión de monarca constitucional. Había outros motivos
12

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

maiores, as responsabilidades de Annual ameazaban con chegar á Coroa e un réxime autoritario podería
librar ao rei dunha investigación.
13-9-1923, MIGUEL PRIMO DE RIVERA, capitán Xeral de Cataluña, contando co apoio de diversas
personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona. Os protagonistas xustificaron
o acto pola situación do momento en España: fracaso da guerra en Marrocos, críticas ao rei pola
responsabilidade no desastre de Annual, radicalización das manifestacións catalanistas, auxe do
terrorismo, medo á subversión social e política, inestabilidade e incapacidade dos gobernos para
controlar a situación…
Doc. 12. A xustificación do golpe de Estado.
Españoles: ha llegado para nosotros el momento más temido que esperado (...) de recoger la ansias, de
atender el clamoroso requerimiento de cuantos amando la Patria no ven para ella otra salvación que liberarla de
los profesionales de la política, de los hombres que por una u otra razón nos ofrecen el cuadro de desdichas e
inmoralidades que comenzaron el año 98 y amenazan a España con un próximo fin trágico y deshonroso. La
tupida red de la política de concupiscencias ha cogido en sus mallas, secuestrándola, hasta la voluntad real (...).
Pues bien, ahora vamos a recabar todas las responsabilidades y a gobernar nosotros u hombres civiles que
representen nuestra moral y doctrina (...).
No tenemos que justificar nuestro acto, que el pueblo sano demanda e impone. Asesinatos, atracos,
depreciación de moneda (...), rastreras intrigas políticas tomando por pretexto la tragedia de Marruecos (...),
precaria y ruinosa la producción agrícola e industrial; impune propaganda comunista, impiedad e incultura,
justicia influída por la política, descarada propaganda separatista (...).
No venimos a llorar lástimas y vergüenzas, sino a ponerlas pronto radical remedio, para lo que requerimos el
concurso de todos los buenos ciudadanos.
Miguel PRIMO DE RIVERA. Manifesto ao país e ao exército. (13-IX-1923).

O Goberno tratou de que o rei aprobase a destitución dos xenerais sublevados e a convocatoria
de Cortes, pero a falta de apoio do monarca provocou a súa dimisión en pleno. O día 14, Afonso XIII
chamou a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando así o golpe de Estado. A situación
non era unha excepción en Europa, pois noutros países con problemas similares tamén tomaron o
poder gobernos autoritarios ou fascistas. Trátase dun período de crise xeral do sistema liberal.
Doc. 13. Ditaduras en Europa

PAÍS

INICIO

DITADOR

PAÍS

INICIO

DITADOR

HUNGRÍA

1920

Miklós Horthy

ALBANIA

1925

Zog I

ITALIA

1922

B. Mussolini

PORTUGAL

1926

Gomes da Costa

ESPAÑA

1923

M. Primo de Rivera

POLONIA

1926

Józef Pilsudski

TURQUÍA

1923

Kemal Ataturk

LITUANIA

1926

Antanas Smetona

BULGARIA

1923

Boris III

IUGOSLAVIA

1929

Alexandre I

Primo de Rivera presentouse a si mesmo como o rexenerador e o cirurxián de ferro do que
falara Xaquín Costa, e que o país precisaba para rexenerar a vida pública española e solucionar os
problemas máis urxentes do momento: caciquismo, corrupción política, separatismo, terrorismo,
enfrontamentos sociais, escaso desenvolvemento económico, guerra en Marrocos… Falto de
formación intelectual e política, o seu pensamento era simplista e inxenuo, de base ideolóxica
13

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

católica e conservadora, matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade; o seu
lema preferido foi: Patria, Relixión e Monarquía. tamén estivo fortemente influenciado por Mussolini
e o fascismo italiano, do que imitou algunhas realizacións prácticas (intervención económica do
Estado, mantemento da orde social…). O réxime establecido por P de R foi esencialmente autoritario,
populista, paternalista, excesivamente optimista (“bástanme tres meses” dicía –para solucionar os
problemas).
Concibe a Ditadura como unha paréntese de excepción, como unha solución transitoria e de urxencia
que permitirá co tempo, a volta a un parlamentarismo máis puro. Pero a Ditadura durou 6 anos.

Os apoios á ditadura
O golpe de Estado de Primo de Rivera contou inicialmente cunha ampla aceptación popular,
explicable polo elevado malestar político e social existente en España, e porque se presentaba como
unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas vixentes. Os políticos
conservadores, os terratenentes, a burguesía comercial e financeira e os pequenos e medianos
propietarios apoiaron a nova situación política. Os socialistas non se opuxeron abertamente e mesmo
colaboraron ata 1925. Unicamente o partido Comunista e a CNT mantiveron unha total oposición á
ditadura. Así mesmo, amosáronse críticos coa situación os intelectuais, os estudantes, os republicanos
e algúns dos vellos políticos monárquicos.
Doc. 14. Apoios ao golpe de Estado
No se podía seguir viviendo bajo el cañón de la pistola de asesinos y ladrones, mal disfrazados por la capa
del interés sindical obrero; ni en el desorden orgiástico de una Administración que había llegado a arrojar
como déficit anual la espantosa cifra de

mil millones de pesetas; ni con el nepotismo entronizado de las

jerarquías administrativas (...), ni con una sangría como la de Marruecos, para cuyo problema, no sólo el
Gobierno no encontraba una solución práctica, sino que ni siquiera había llegado a tener orientación precisa; ni
con la llaga gangrenosa del separatismo (...); ni con el caciquismo parasitario que chupaba los jugos vitales de
la nación.
Victor PRADERA. El Debate. 22-IX-1923.

O Directorio militar. 1923-25.
O primeiro goberno de Primo de Rivera estivo formado só por militares.
O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial
atención aos seguintes aspectos:
o

A rexeneración da vida política, co obxectivo de acabar co
caciquismo e lograr rexenerar a vida política, adoptando
medidas como: Supresión da Constitución de 1876, poñendo fin
á monarquía constitucional.

o

Destitución das autoridades vixentes, que foron substituídas por
outras adictas ao novo réxime. Os partidos políticos non foron
suprimidos, pero perderon a súa capacidade de influencia nos
asuntos públicos.

14

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

Doc. 15. Decreto de constitución do do Directorio Militar
Art.1. Se confiere al capitán general don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, marqués de Estella, el cargo de presidente del
Directorio militar, encargado de la gobernación del Estado, con poderes para proponerme cuantos decretos convengan a la
salud pública (...).
Art. 3. El presidente del Directorio, con las facultades del Ministro único, someterá a mi firma, asesorado previamente del
Directorio, las resoluciones de todos los departamentos ministeriales.

Afonso XIII. Decreto de constitución del Directorio. 15-IX-1923.

o

Creación dos delegados gobernativos, encargados de informar sobre as deficiencias dos concellos
e de propoñer remedios.

o

Reforma da normativa electoral, que incluía medidas como a redución de 25 a 23 anos para poder
votar e a concesión do voto restrinxido ás mulleres; medidas que non se chegaron a aplicar
porque non se convocaron eleccións.

o

Elaboración de novos estatutos municipal (1924) e provincial (1925), obra do ministro CALVO
SOTELO, que aumentaban a democratización e as competencias administrativas destas institucións.
Pero na práctica o goberno controlou a vida municipal designando e nomeando tanto aos
concelleiros como aos deputados provinciais.

o

Formación dunha organización cívica: a Unión Patriótica. Cunha finalidade confusa (P de R
definiuna primeiramente como “un partido político, pero no fondo apolítico, no sentido corrente

da palabra, e máis tarde como un partido político, pero apolítico que exerce unha acción
politicoadministrativa”), a Unión Patriótica oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á
ditadura, sen un significado político concreto, e o partido único do novo réxime.
Doc. 16. A Unión Patriótica
Que é a Unión Patriótica? A Unión Patriótica é unha agrupación de españois que procuran distinguirse no cumprimento dos
seus deberes.
Cales son estes deberes? Estes deberes son: os deberes relixiosos, os deberes sociais, os deberes políticos, os deberes
patrióticos.
Cales son os deberes relixiosos? Os que o Catecismo determina.
Cales son os sociais? (…) A santidade da familia; o respecto ao dereito alleo; a difusión da cultura e a protección ao
desvalido.
Cales son os políticos? A defensa da monarquía. O acatamento da autoridade e a disciplina (…). A prestación persoal para o
mantemento da orde (…).
Cales son os deberes patrióticos? O coñecemento e divulgación das glorias e do valor histórico de España. A defensa da
unidade nacional. O sacrificio persoal para defender a Patria contra os inimigos interiores e exteriores (…).
Cal é a orixe da Unión Patriótica? A santa rebeldía do alzamento militar que, baixo as ordes do xeneral Primo de Rivera,
salvou a España da súa inmediata ruína.
É a unión Patriótica un partido político? Non é un partido político; é unha organización cidadá encamiñada a manter un
programa e persoas que o encarnen e o defendan.
Cartilla da Unión Patriótica. 1924. [castelán]

O restablecemento da orde pública, tratando de controlar o movemento obreiro, para o que
foi decretado o estado de guerra, quedando restrinxidas as liberdades públicas (prohibición de
celebrar reunións, persecución das organizacións obreiras vinculadas á CNT e ao PCE, que
perderon moitos afiliados pero radicalizaron as súas accións). O número de folgas e de
atentados diminuíu (pasou de 1.259 entre 1919-23 a 51 entre 1923-28). Para maior efectividade
15

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

deste control fíxose extensiva a toda España o Somatén, organización orixinaria de Cataluña
formada por paisanos armados baixo a autoridade dos mandos militares; a súa misión era
colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde e da paz pública e na defensa da propiedade
privada.
A defensa da unidade da patria, actuando contra todo aquilo que á ditadura lle parecía que
podía ser un perigo para a unidade de España. Desenvolveu campañas de afirmación dos
símbolos nacionais de España e de represión das reivindicacións e manifestacións nacionalistas
de cataláns, vascos e galegos, que implicaban: prohibición da exhibición pública de bandeiras,
símbolos e himnos que non fosen os españois; clausura de institucións e diarios nacionalistas;
persecución e detención de dirixentes; prohibición do emprego público da lingua propia nas
escolas e institucións públicas... Estas actuacións obrigaron aos nacionalistas a refuxiarse nas
manifestacións culturais pero, ao mesmo tempo, propiciaron a radicalización das súas posturas
políticas.
A fin da guerra de Marrocos. Aínda que Primo de Rivera se manifestara partidario de
abandonar Marrocos, a presión dos militares obrigoulle a cambiar de idea e decidiu continuar a
guerra ata conseguir o dominio completo do protectorado. Tras a retirada española da zona de
Xauen en 1924, ABD EL-KRIM considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar
tamén as posicións francesas; ante esta situación, os gobernos de España e Francia coordinaron
a súa actuación e aumentaron os efectivos na zona. A estratexia española consistiu en realizar un

desembarco na baía de Alhucemas; a operación, realizada en setembro de 1925, foi un éxito e
permitiu conquistar o Rif. En 1926, as sucesivas derrotas obrigaron a Abd el-Krim a asinar a
rendición. Tras dominar os derradeiros focos de resistencia, a guerra remato u en xullo de 1927,
contribuíndo ao prestixio do exército e á popularidade do ditador.
Doc. 17. O desembarco de Alhucemas
La facilidad con que se verificó el desembarco en la mañana de ayer (en Alhucemas) sobre el punto elegido
por el general en jefe de las fuerzas que operan en Marruecos ha constituído una gran sorpresa, porque desde hace
mucho tiempo se anunciaron serias dificultades para la realización de la empresa. El éxito de ésta ha sido debido, entre
otros factores, a la excelente preparación militar del desembarco (...)
La columna desembarcada se compone principalmente de fuerzas indígenas y del Tercio, aunque también forman parte
de ella algunos batallones. Entre los jefes desembarcados figura el coronel Franco, que está al frente de las banderas del
Tercio, que ha tomado parte en la operación.

ABC. (9-IX-1925).

O Directorio Civil. 1925-1930.
En decembro de 1925, tras os éxitos en Marrocos e restablecida a orde pública, Primo de Rivera
decidiu afianzarse no poder, pór fin á ditadura militar e constituír un Directorio, formado
maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica, para «volver á normalidade». De novo contou
co apoio do rei.

16

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

Intento

de

instauración

2º BAC

dun

réxime

corporativo.

Rexeitada a idea de volver ao parlamentarismo liberal e
ao réxime constitucional de 1876 (por consideralo
fracasado e causante dos males políticos de España),
Primo de Rivera, moi influenciado polo fascismo
italiano, pretendeu a instauración dun réxime político
corporativo. Pezas básicas do novo sistema serían:

o

A Organización Corporativa do Traballo, creada
en 1926 coa finalidade de regulamentar as relacións
entre obreiros e patróns a través dos comités
paritarios, que estaban formados por igual número
de

patróns

e

obreiros

e

presididos

por

un

representante do Goberno. Estes comités contaron coa participación e apoio dos sindicatos
católicos e tamén da UXT, que valoraban positivamente o feito de que as sociedades obreiras
puidesen intervir na regulamentación do traballo e na fixación do salario. Ao mesmo tempo,
elaborouse unha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de mellorar as condicións de
vida dos traballadores, como o Código de Traballo (1926). Tamén se adoptaron numerosas
medidas de carácter populista como: a distribución de comida e roupa ás familias necesitadas, a
construción de casas baratas, a asignación de fondos para a formación profesional dos obreiros,
os subsidios para as familias numerosas, a regulamentación do traballo nocturno feminino ...
Doc. 18. Proposta de Directorio Civil
En suma, señor, para exponer mi pensamiento clara y sinceramente, lo que propongo a V.M. es la sustitución de
una dictadura militar por otra civil y de organización más adecuada, pero no menos vigorosa. Y me permito
proponerlo así, recogiendo el ansia popular, que sólo teme del cambio de forma de gobierno que se debiliten los
resortes del mando que han sido carácter del Directorio Militar, cuya vida, como genuina representación del
Ejército y de la Marina, que tan patrióticamente han ofrecido el prestigio de sus nombres a esta arriesgada labor,
no debe llevarse a momento de desgaste o de quebranto; ni tampoco debe sustraerse por más tiempo al país en
su representación civil (...)
Miguel PRIMO DE RIVERA. Carta a Afonso XIII propoñendo un Directorio Civil. (2-XII-1925).

o

A Asemblea Nacional. Constituída en 1927, tiña un carácter consultivo e a súa función era
elaborar e presentar proxectos de leis ao Goberno. Estaba formada polos representantes das
diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos sectores económicos e da Unión
Patriótica.

Doc. 19. Real Decreto-Lei de creación da Asemblea Nacional Consultiva
Art. 1. El segundo lunes del próximo octubre se reunirá en Madrid, en el Palacio del Congreso de los Diputados, una Asamblea
deliberante, que, en razón a la variedad de representaciones que deben integrarla y diversidad de los asuntos que han de
concedérsele, tendrá carácter de Asamblea Nacional, la que, dirigida y encauzada por el Gobierno (...), deberá preparar y
presentar escalonadamente al Gobierno, en un plazo de tres años, y con carácter de anteproyecto, una legislación general y
completa (...).

(12-IX-1927).
17

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

En 1929, esta Asemblea Nacional presentou o proxecto dunha nova Constitución que
establecía: unha organización territorial unitaria e centralizada; unha Asemblea única de composición
tripartita e desigual (a metade dos deputados serían elixidos por sufraxio universal, outros designados
polo rei e os demais eran de representación corporativa); a

relixión católica como a oficial do Estado;

un Consello do Reino consultivo do monarca para a designación do xefe do Goberno e para a
aprobación ou veto das leis. Este proxecto foi acollido con fortes críticas, tanto polos políticos liberais
como polos partidos de esquerdas e, ante a falta de apoio, foi retirado.
Doc. 20. Real decreto-lei da Organización Corporativa Nacional. 26-XI-1926.
Art. 1. Los elementos que integran la vida profesional española se constituirán sobre la base de organismos especializados y
clasificados (...) mediante la creación de entidades corporativas de jurisdicción graduada.
Art. 3. Para la representación, dentro de cada grupo profesional, en los organismos corporativos, servirá de base el censo de
Asociacion patronal y obrero establecido por el Ministerio de Trabajo y Previsión.
Art. 4. A los efectos de la Organización profesional española, se entenderá por Corporación el organismo público que abarque
los comités paritarios (...).
Art. 5. Los comités paritarios son instituciones de derecho público con el fin primordial de regular la vida de la profesión o grupo
de profesiones que corresponda (...).

A potenciación do desenvolvemento económico. O Directorio Civil puxo en práctica unha política
económica baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo, conformando un sistema
cualificado como corporativismo autoritario. As principais medidas económicas, inspiradas no
fascismo italiano, foron:
o

Forte proteccionismo arancelario para impedir ou dificultar as importacións.

o

Regulamentación da produción e da competencia creando organismos supervisores como o
Consello de Economía Nacional (1924) e o Comité Regulador da Produción Industrial (1926).

o

Control do mercado interior e dos prezos.

o

Fomento da produción nacional mediante medidas crediticias e encargos estatais. Formación
de monopolios para garantir a subministración de determinados servizos, como o de teléfonos
á empresa norteamericana ITT e o de petróleo e os seus derivados á Compañía Arrendataria de
Monopolios de Petróleos (CAMPSA).

o

Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas: modernización dos ferrocarrís
(a través do Consello Superior de Ferrocarrís), renovación das estradas (mediante o Padroado
do Circuíto Nacional de Firmes Especiais), construción de pantanos e regadíos (creación das
Confederacións Hidrográficas).

o

Intento de reforma fiscal co obxectivo de incrementar os recursos do Estado para levar a cabo
a súa política económica. O proxecto, elaborado por Calvo Sotelo en 1926, incluía un imposto
progresivo sobre rendas e ganancias para toda a poboación, pero foi abandonado pola forte
oposición dos contribuíntes máis poderosos.
As medidas adoptadas víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices anos

vinte) e a paz social lograda mediante o control da orde pública e a represión da axitación obreira. En
liñas xerais, o crecemento económico foi apreciable, aínda que non solucionou problemas de fondo: o
forte proteccionismo mantivo a produción española en niveis pouco competitivos a escala mundial; o
18

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

elevado gasto do Estado fixo aumentar o déficit público; a ausencia de reformas estruturais na
agricultura deixou intactos os seus problemas (baixa produtividade, técnicas de cultivo arcaicas, desigual
repartición da propiedade, precarias condicións de vida e de consumo dos xornaleiros e dos pequenos
propietarios e arrendatarios...). Os principais beneficiarios deste desenvolvemento foron a gran burguesía
terratenente, financeira e industrial.
Doc. 21. Caracterización da política económica da Dictadura polo Ministro de Facenda J. Calvo Sotelo (1931)
Las dictaduras propenden fatalmente al intervencionismo. Su omnímodo poder es incompatible con la inhibición
(...). El intervencionismo de Primo de Rivera abarcó la agricultura, la industria, el mismo comercio (...). Primo de
Rivera profesó un entusiasta nacionalismo económico que yo compartí con el más caluroso fervor. Pero nuestro
nacionalismo se mantuvo dentro de correctísimos límites. A juicio del general, España debía nacionalizar
únicamente: a) las industrias cuya primera materia se obtiene en nuestro territorio; b) las que dentro del ámbito
nacional de consumo pueden hallar mercado suficiente de vida; c) las indispensables para asegurar nuestra
independencia política nacional (...). En la obra de la Dictadura abundan las aplicaciones tangibles de este designio
nacionalizador. En la industria del plomo, incluida en el primer grupo, se aspiró a salvar la minería, estimulando la
transformación industrial de España; entre las del segundo grupo, mereció nuestra máxima atención la industria del
automóvil, que cuenta con mercado suficiente en el país y estaba llamada a cobrar vuelos inmensos; y, entre las
terceras, es dable aludir a la industria química, y aún a la naval, beneficiada por la Dictadura con notables impulsos,
traducidos en la construcción de novísimos buques de guerra, buenos mercantes y buenos tanques.

O incremento da oposición e a caída de Primo de Rivera. O intento do réxime de perpetuarse
fixo que as críticas fosen cada vez máis duras e que procedesen de diversos ámbitos:
Os republicanos formaron en 1926 a Alianza Republicana na que se integraron diversos

o

grupos e personalidades. En 1929 fundouse en Galicia ORGA (Organización Republicana Galega
Autónoma).
Os políticos liberais demandaban o retorno ao sistema constitucional e apoiaron a

o

conspiración militar coñecida como a Sanjuanada (porque estaba prevista para o 24 de xuño
de 1926, festividade de san Xoán). O intento fracasou e os seus líderes foron encarcerados e
multados, pero contribuíu ao desafecto á Monarquía.
Os

o

estudantes acentuaron

as

súas

protestas

polos

proxectos do Goberno de modificar os planos de estudos
que

favorecían

as

Universidades

privadas.

En

1927

fundaron a FUE (Federación Universitaria Escolar).
o

Y Orbaneja, general,
¿no se te cae de vergüenza
Con la cara el antifaz?
Con orugas campesinas

o rei, e para reforzar a súa tendencia revolucionaria

Criadas en muladar,

Os nacionalismos periféricos, sobre todo o catalán,
radicalizaron a súa oposición ante a persecución dos
seus símbolos e linguas.

o

Doctor Primo de Rivera

Os anarquistas organizaron atentados frustrados contra
crearon en 1927 a FAI (Federación Anarquista Ibérica).

o

Primo de Rivera

Os

militares

do

corpo

Y cucarachas urbanas
Hijas de la oscuridad
De un retrete absolutista,
Te has hecho partido real.
¡Qué hedor a macho cabrío!

de

Artillería

amosáronse

contrarios á reforma militar e á política de ascensos que
quería levar a cabo Primo de Rivera (primar os ascensos

¡Vaya masculinidad!
Los upistas boca y todo
Se te abren de par en par.
Miguel de UNAMUNO. 1927.
19

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

por méritos de guerra fronte á antigüidade). O conflito provocou en 1929 a disolución do
corpo de Artillería, provocando a ruptura da familia militar; moitos oficiais artilleiros,
desencantados coa falta de apoio do rei, pasaron a engrosar as filas republicanas.
Ante estas dificultades, e querendo comprobar se seguía contando co apoio do exército para
seguir gobernando, en xaneiro de 1930 Primo de Rivera preguntou aos xefes militares se contaba coa
súa confianza. As respostas caracterizáronse pola ambigüidade e a falta de entusiasmo. O ditador,
sentíndose só e sen apoio do exército, presentou a súa dimisión ao rei o 29 de xaneiro de 1930,
dimisión que foi aceptada. Primo de Rivera marchou ao exilio cara a Francia, onde residiu ata a súa
morte, que sucedeu uns meses máis tarde.
Doc. 22. Desexos finais do dictador.
Creo con el pensamiento puesto en Dios en España, que por muchos años debe seguir gobernando la dictadura o cosa muy
parecida, ejercida en forma de Consejo de minsitros de elaboración colectiva, pero con responsabilidad exclusiva del dictador
ante el país y el Rey. Creo también indispensable la existencia de un órgano deliberante en buena medida de origen electivo, que
estimule y fiscalice la labor gubernamental, cooperando con sus iniciativas a hacerla eficaz.
Entiendo que la direccion de la dictadura puede encomendarse igualmente a un hombre civil o militar; pero requiere completa
compenetración y asistenciade ambos sectores, y que por su proceder justo, claro y comunicativo, gane arraigo y simpatía en el
pueblo (…).
¡Paz españoles! Cordialidad de clases, cultura y trabajo, y adelante, adelante por el camino emprendido hace seis años, hasta que
nuevas generaciones, formadas en las escuelas y colegios de primera enseñanza, en los institutos y en las Universidades, que son
los verdaderos cimientos del edificio socia, permitan dar al país una estructura más ciudadana y liberal, porque hasta ahora, es
preciso confesarlo, la verdaderalibertad, la que garantiza la propiedad y la vida, e pudor y la tranquilidad, necesita ir acompañada
de guardias civiles (…)
En muchos años de gobierno de dictadura justiciera, liberal, culta, humana (…) está la salvación y el engrandecimiento de España.
Miguel PRIMO DE RIVERA. Nota a la prensa. 29-1-1930.

1.4. A fin da Monarquía. 1930-1931.
Tras a dimisión de Primo de Rivera, Afonso XIII encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a
formación dun novo Goberno. A súa pretensión era restablecer o sistema constitucional de 1876, pero a
idea dunha España republicana tiña cada vez máis partidarios. En Galicia, no Pacto de Lestrove (marzo
1930) creouse a FRG (Federación Republicana Galega) en que se integraron os diferentes grupos
republicanos, estando tamén presentes a título persoal membros da CNT.
Doc. 19. Delenda est Monarchia
El error Berenguer. No, no es una errata. Es probable que en los libros futuros de Historia de España se encuentre un capítulo
con el mismo título que este artículo. El buen lector, que es cauteloso y alerta, habrá advertido que el señor Berenguer no es
el sujeto del error, sino el objeto. No se dice que el error sea de Berenguer, sino más bien lo contrario: que Berenguer es el
error, que Berenguer es un error. Son otros, pues, quienes lo han cometido y cometen; otros, toda una porción de España,
aunque, a mi juicio, no muy grande (…).
La Dictadura ha sido un poder omnímodo y sin límites, que no sólo ha operado sin ley ni responsabilidad, sin norma no ya
establecida, pero ni aún conocida, sino que no se ha circunscrito a la órbita de lo público, antes bien, ha penetrado en el
orden privadísimo brutal y soezmente (…).
Y que a ese hecho responde el régimen con el Gobierno Berenguer, cuya política significa: Volvamos tranquilamente a la
normalidad por los medios más normales, hagamos “como si” aquí no hubiese pasado nada radicalmente nuevo,
sustancialmente anormal (…).
20

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

Pero esta vez se ha equivocado. Este es el error Berenguer. Al cabo de diez meses, la opinión pública está menos resuelta
que nunca a olvidar la “gran viltà” que fue la Dictadura. El régimen sigue solitario, acordonado, como leproso en lazareto. No
hay un hombre hábil que quiera acercarse a él (…).
Este es el error Berenguer, de que la historia hablará.
Y como es irremediablemente un error, somos nosotros, y no el régimen mismo; nosotros, gente de la calle, de tres al cuarto
y nada revolucionarios, quienes tenemos que decir a nuestros conciudadanos: ¡Españoles, vuestro Estado no existe!
¡Reconstruidlo! Delenda est Monarchia
José ORTEGA Y GASSET. E error Berenguer, El Sol, Madrid, 15-XI-1903.

En agosto de 1930, un importante número de personalidades políticas (republicanos, antigos
monárquicos, nacionalistas, socialistas) reuníronse en San Sebastián e estableceron un acordo verbal,
coñecido como Pacto de San Sebastián (representando á FRG estivo Santiago Casares Quiroga). Os
reunidos na capital vasca comprometéronse a: derrocar a monarquía e establecer a república
parlamentaria; garantir a liberdade política e relixiosa; convocar eleccións a Cortes constituíntes: abrir a
posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións; e, por último, formar un Comité
revolucionario que actuaría como goberno provisional no inicio da nova república.
Doc. 20. O Pacto de San Sebastián
Ayer, a mediodía, acudieron al hotel de Londres representantes de los distintos partidos republicanos españoles y después de
almorzar se reunieron en los locales de la Unión Republicana.
La reunión duró desde las cuatro hasta las cinco y media, y se distinguió por la coincidencia fundamental en las cuestiones
autonómicas, electoral y revolucionaria. Al terminar, los reunidos se negaron a hacer manifestaciones concretas, limitándose a
referirse a la siguiente nota oficiosa:
«En el domicilio social de Unión Republicana y bajo la presidencia de D. Fernando Sansisin, se reunieron esta tarde don
Alejandro Lerroux y don Manuel Azaña, por la Alianza Republicana; don Marcelino Domingo, don Alvaro de Albornoz y don Angel
Galarza, por el partido republicano radical socialista; don Niceto Alcalá Zamora y don Miguel Maura, por la derecha liberal
republicana; don Manuel Carrasco Formiguera, por la Acción Catalana; don Matías Mallol Bosch, por la Acción Republicana de
Cataluña; don Jaime Ayguadé, por el Estat Catalá, y don Santiago Casares Quiroga, por la Federación Republicana Gallega,
entidades que, juntamente con el partido federal español -el cual, en espera de acuerdos de su próximo Congreso, no puede
enviar ninguna delegación-, integran la totalidad de los elementos republicanos del país.
»A esta reunión asistieron también, invitados con carácter personal, don Felipe Sánchez Román, don Eduardo Ortega y Gasset
y don Indalecio Prieto, no habiendo podido concurrir don Gregorio Marañón, ausente en Francia, y de quien se leyó una
entusiástica carta de adhesión en respuesta a la indicación que con el mismo carácter se le hizo.
»Examinada la actual situación política, todos los representantes concurrentes llegaron en la exposición de sus peculiares
puntos de vista a una perfecta coincidencia, la cual quedó inequívocamente confirmada en la unanimidad con que se tomaron las
diversas resoluciones adoptadas.
»La misma absoluta unanimidad hubo al apreciar la conveniencia de gestionar rápidamente y con ahinco la adhesión de las
demás organizaciones políticas y obreras que en el acto previo de hoy no estuvieron representadas para la finalidad concreta de
sumar su poderoso auxilio a la acción que sin desmayos pretenden emprender conjuntamente las fuerzas adversas al actual
régimen político.»
A pesar de la reserva guardada por cuantos asistieron a la reunión de las izquierdas, hemos podido obtener alguna
ampliación a los puntos de vista recogidos en la nota oficiosa facilitada a la Prensa.
El problema referente a Cataluña, que es el que más dificultades podía ofrecer para llegar a un acuerdo unánime, quedó
resuelto en el sentido de que los reunidos aceptaban la presentación a unas Cortes Constituyentes de un estatuto redactado
libremente por Cataluña para regular su vida regional y sus relaciones con el Estado español.
Este acuerdo se hizo extensivo a todas aquellas otras regiones que sientan la necesidad de una vida autónoma.
En relación con este mismo problema se defendió en la reunión que los derechos individuales deben ser estatuídos por las
Cortes Constituyentes, para que no pueda darse el caso de que la entrada en un régimen democrático supusiera un retroceso en
las libertades públicas.
21

O reinado de Afonso XIII e a crise da Restauración.

2º BAC

Tanto para las Cortes Constituyentes como para la votación del estatuto por las regiones se utilizará el sufragio universal.
Los reunidos se mostraron en absoluto de acuerdo en lo que se refiere a la acción política solidaria.
Diario prorrepublicano El Sol .(18-VIII-1930)

A lentitude do goberno de Berenguer (cualificado como de ditabranda) en realizar as reformas
necesarias

para

o

restablecemento

das

liberdades.

intensificou

as

actividades

e

denuncias

antimonárquicas. O rei non contaba con máis defensores que algúns tradicionalistas católicos e a
aristocracia vinculada á Coroa.
En decembro de 1930 tiveron lugar dous intentos frustrados de establecer a república pola forza.
O primeiro foi iniciado en Jaca polos capitáns Fermín Galán e García Hernández, que foron detidos e
fusilados. O segundo tivo lugar no aeródromo madrileño de Catro Ventos, protagonizado polo xeneral
Queipo de Llano e os comandantes Ramón Franco e Ignacio Hidalgo.
Ante a crecente axitación política e social, en febreiro de 1931 Berenguer foi substituído polo
almirante Xoán Bautista Aznar. O novo goberno decidiu convocar primeiro eleccións municipais e
despois as xerais. As eleccións municipais foron fixadas para o 12 de abril. Dadas as circunstancias,
adquiriron un carácter de plebiscito en favor ou en contra da monarquía. O Goberno e o exército
declararon que aceptarían o resultado. Aínda que no medio rural predominaron os concelleiros de
candidaturas monárquicas, o triunfo das candidaturas republicanas nas cidades (corenta e unha das
cincuenta capitais de provincia e noutras grandes poboacións) foi considerado como un apoio ao
establecemento da república. O 14 de abril foi proclamada a Segunda República.

22