E despois da ESO que...

1

E despois da ESO ...que? ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL

DOSSIER INFORMATIVO ALUMNADO 4º DE ESO

I.E.S MONTE CARRASCO. CANGAS

E despois da ESO que...

2

INDICE
Presentación 1.- Que podo facer ao remate deste curso 2.- Teño o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria 2.1.- O Bacharelato 2.2.- Formación Profesional Específica 2.3.- Acceso a ensinanzas superiores: acceso a estudos universitarios 3.- Non teño o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria: 3.1.- Se suspendín 5 ou menos materias 3.2.- Programas de Cualificación Profesional Inicial 3.3.- Educación de Adultos 3.4.- Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio mediante proba 4.- Outras opcións: 4.1.- Ensinanzas de idiomas 4.2.- Ensinanzas deportivas 4.3.- Artes Plásticas e Deseño 4.4.- Ensinanzas Profesionais de Música e Danza 4.5.- Estudos superiores de arte dramática 4.6.- Outras opcións 5.- Enderezos de interese (postais, páxinas web, teléfonos,...) 6.- Anexos

E despois da ESO que...

3

PRESENTACIÓN Como xa estades a rematar a etapa da educación secundaria obrigatoria, teredes que tomar unha serie de decisións sobre o voso futuro académico e profesional. Que quero estudar? A que me vou dedicar? Onde pode estudar o que me gusta? Existen estudos para a profesión que me gusta? A estas preguntas que vos xorden, pretende responder esta guía, polo menos a algunhas delas. Contén información sobre as opcións académicas posteriores á educación secundaria obrigatoria (que podo estudar), tamén sobre as opcións para o alumnado que non obtén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, e tamén algunhas opcións para os que desexen incorporarse ó mundo laboral. Finalmente, ofrécesevos un listado de enderezos de interese onde podedes obter máis información. Esta mesma guía estará á vosa disposición na páxina web do centro, no apartado departamentos / departamento de orientación. Acompáñase un CD co programa “Orienta 2009/10”, que vos pode axudar na busca do voso itinerario formativo. En todo caso, o departamento de orientación, e a orientadora en particular, está a vosa disposición para resolver tódalas dúbidas que teñades, as vosas inquedanzas, etc.

E despois da ESO que…

5

1.- QUE PODO FACER AO REMATE DESTE CURSO REPETIR 4º ESO
PROGRAMA DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL
PROBA ACCESO

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

NON OBTES TITULO DE GRADUADO EN ESO

EDUCACIÓN DE ADULTOS

TITULO DE GRADUADO EN ESO ESCOLA TALLER CURSOS FORMACIÓN OCUPACIONAL MUNDO LABORAL

CURSO 2009-10 REMATAS O CURSO

OUTROS

BACHARELATO

OBTES TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

MUNDO LABORAL

E despois da ESO que…

6

2.- TEÑO O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA O título obtido ao superar a educación secundaria obrigatoria é o de graduado en educación obrigatoria, e faculta para o acceso á formación profesional de grao medio ou ao bacharelato. 2.1.- O BACHARELATO O bacharelato comprende dous cursos académicos e ten como finalidade proporcionar aos estudantes formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará ó alumnado para acceder á educación superior. Modalidades de bacharelato: O bacharelato comprende 3 modalidades: Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais Artes Materias de bacharelato: As materias que se cursan no bacharelato son de 3 tipos: Comúns para tódalas modalidades (iguais e obrigatorias para todo o alumnado de bacharelato e en tódolos centros) Propias de cada modalidade (diferentes segundo a modalidade, obrigatorias para todo alumnado que cursa unha determinada modalidade). O alumno cursará entre os dous cursos 6 materias propias de modalidade (3 en cada curso), 5 delas serán da modalidade escollida e a 6ª pode ser desa ou doutra modalidade (sempre que o centro a oferte). Optativas: 1 en cada curso (a escoller por cada alumno/a entre un grupo que se oferta en cada centro). Pode cursarse como optativa unha materia propia de modalidade (sempre que o centro a oferte).

ESTRUTURA DO BACHARELATO SEGUNDO A LOE 7 1º
MATERIAS COMÚNS Ciencias do Mundo Contemporáneo (2 h.) Filosofía e Cidadanía (2 h.) Educación Física (2 h.) HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS OBRIGATORIA: Hª do Mundo Contemporáneo Escoller 2 entre: Economía
Grego I Latín I Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais I

Lingua Castelá e Literatura (3 h.) Lingua Galega e Literatura (3 h.) Lingua Estranxeira I (3 h.) Relixión / Alternativa (1 h.)

CIENCIA E TECNOLOXÍA
OBRIGATORIA: Matemáticas I Escoller 2 entre: Bioloxía e Xeoloxía Debuxo Técnico I Física e Química Tecnoloxía Industrial I

ARTES OBRITATORIA: Cultura Audiovisual ARTES PLÁSTICAS, IMAXE E DESEÑO
Escoller 2 entre: Debuxo Artístico I Debuxo Técnico I Volume

ARTES ESCÉNICAS, MUSICA E DANZA Escoller 2 entre: Análise musical I Anatomía Aplicada Linguaxe e práctica musical

MATERIAS OPTATIVAS (Escoller 1) 2ª Lingua Estranxeira I Antropoloxía Música Tecnoloxías da Información e da Comunicación Literaturas Hispánicas Poderá cursarse como optativa unha materia propia de modalidade de 1º, sempre que o centro a oferte.

ESTRUTURA DO BACHARELATO SEGUNDO A LOE 8 2º
MATERIAS COMÚNS Historia de España (3 h.) Historia da Filosofía (3 h.) Lingua Castelá e Literatura (3 h.) Lingua Galega e Literatura (3 h.) Lingua Estranxeira II (3 h.) Relixión / Alternativa (1 h.)

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS OBRIGATORIA: Xeografía Escoller 2 entre: Economía de Empresa
Grego II Latín II Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais II Literatura Universal Historia da Arte

CIENCIA E TECNOLOXÍA
OBRIGATORIA: Matemáticas II Escoller 2 entre: Bioloxía Ciencias da Terra e Ambientais Debuxo Técnico II Física Química Tecnoloxía Industrial II Electrotecnia

ARTES OBRIGATORIA: Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica ARTES PLÁSTICAS, IMAXE E DESEÑO
Escoller 2 entre: Debuxo Artístico II Debuxo Técnico II Historia da Arte

OBRIGATORIA: Hª da música e da danza ARTES ESCÉNICAS, MÚSICA E DANZA Escoller 2 entre: Análise musical II Artes escénicas Literatura Universal

MATERIAS OPTATIVAS (Escoller 1) 2ª Lingua Estranxeira II Ética e Filosofía do Dereito Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía Métodos Estatísticos e Numéricos Xeografía e Historia de Galicia Literatura Galega do século XX e da actualidade Xeoloxía Poderá cursarse como optativa unha materia propia de modalidade de 2º, sempre que o centro a oferte.

9

Materias de aprendizaxe progresiva En bacharelato existen materias chamadas de “aprendizaxe progresiva”, son aquelas para as que se requiren ter superadas as de 1º para seren avaliadas as de 2º. Estas son: Lingua Galega e Literatura I e II Lingua Castelá e Literatura I e II Lingua Estranxeira I e II Debuxo Técnico I e II Debuxo Artístico I e II Análise Musical I e II Matemáticas I e II Tecnoloxía Industrial I e II Grego I e II Latín I e II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II Por exemplo, o alumnado non poderá ser avaliado das matemáticas de 2º se ten pendentes as de 1º. Materias de modalidade que precisan coñecementos previos Existen materias de modalidade de 2º que precisan, para poder ser cursadas satisfactoriamente, de coñecementos previos, que se xustificarán cursando as materias correspondentes de 1º, ou ben superando unha proba específica ou desenvolvendo e superando un traballo. Estas materias son as seguintes: .- Física de 2º precisa de Física e Química de 1º .- Química de 2º precisa de Física e Química de 1º .- Electrotecnia de 2º precisa de Física e Química de 1º .- Ciencias da Terra e Ambientais de 1º precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 2º.

10

Avaliación A avaliación no bacharelato farase por materias. Cada materia cualificarase de 0 a 10. Promoción de 1º a 2º: .- Aprobando todas as materias de 1º .- Suspendendo 1 ou 2 materias, que terá que superalas ao longo de 2º. .- O alumnado que ao finalizar 2º teña suspensa algunha materia, poderá matricularse só destas, sen necesidade de cursar de novo as materias aprobadas. .- O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato polo réxime ordinario 4 anos, consecutivos ou non. Titulación O alumnado que supere tódalas materias de bacharelato, tanto de 1º como de 2º, recibirán o título de bacharel, título que será igual para tódalas modalidades de bacharelato. No título farase constar a modalidade de bacharelato cursada e a cualificación media obtida. Con este título podes acceder a: → Ciclos Formativos de Grao Superior → Estudos superiores de ensinanzas artísticas. → Estudos universitarios, logo da superación das probas de acceso á universidade.

11

2.2. A FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA A Formación Profesional Específica A Formación Profesional Específica comprende un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en Módulos Profesionais, de formación teóricopráctica e cunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente. A súa finalidade é preparar ós alumnos para unha actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións, proporcionándolle unha formación polivalente que lle permita adaptarse ás modificacións laborais que se poidan producir ó longo da súa vida. As ensinanzas de Formación Profesional organízanse nun conxunto de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de duración variable (entre 1200 e 2000 horas). Ciclos Formativos de Grao Medio Os ciclos formativos de grao medio requiren a formación profesional de base contemplada na ESO, e capacitan para o exercicio de actividades suficientemente determinadas por traballos de execución e organización que poden ser autónomos no límite da utilización dos instrumentos e técnicas que lles son propias. Titulación: A superación dun Ciclo Formativo de Grao Medio, conduce ó título de “Técnico”. Acceso: Con título de graduado en ESO: o alumnado que posúa o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ten acceso directo a calquera Ciclo Formativo de Grao Medio Sen título de graduado en ESO: o alumnado que non posúa o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria poderá acceder a un Ciclo Formativo de Grao Medio, mediante unha proba. Para presentarse a esta proba hai que: ter 17 anos cumpridos ou cumprilos nese mesmo ano.

12

Ciclos Formativos de Grao Superior Para acceder a un Ciclo Formativo de Grao Superior hai que estar en posesión do título de Bacharel. Co título de técnico (Ciclo Formativo de Grao Medio), poderás acceder a un Ciclo de Grao Superior da mesma familia profesional, despois de pasar unha proba de acceso. Tamén podes acceder a un ciclo de grao superior sen o título de bacharel, mediante unha proba, na que te examinarán de contidos de bacharelato e dunhas materias concretas. A superación dun Ciclo Formativo de Grao Superior conduce á obtención do Título de “Técnico Superior”.

Ciclos formativos para persoas adultas Poderán cursarse os ciclos formativos de formación profesional específica para persoas adultas nos institutos de educación secundaria que autorice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Como norma xeral, poden acceder a cursar ciclos de grao medio na modalidade de adultos todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso (título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou superar a proba de acceso). Excepcionalmente e previa autorización, poderán cursar ensinanzas de ciclos formativos de grao medio persoas maiores de 16 anos que acrediten a súa condición de traballadores e que cumpran os requisitos académicos de acceso. Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos, sempre que a organización do centro o permita.

13

2.3.- ACCESO A ENSINANZAS SUPERIORES: UNIVERSITARIOS 2.3.1. Dende o Bacharelato

ACCESO A ESTUDOS

Para acceder a estudos universitarios dende o bacharelato, o alumnado deberá, ademais de posuír o título de bacharel, superar unha proba de acceso. A partires do curso 2009-2010 esta proba terá as seguintes características: Basearase no currículo do bacharelato. Terá validez en todo o Estado español. A cualificación da fase xeral terá unha duración indefinida. A cualificación da fase específica terá unha duración de 2 anos. Estrutura da proba a) Fase xeral: é a fase común e obrigatoria para todo aquel que desexe acceder á universidade dende o bacharelato. Constará dos seguintes exercicios: 1º) Comentario, por escrito, dun texto da materia de lingua castelá e literatura. 2º) Comentario, por escrito, dun texto da materia de lingua galega e literatura. 3º) Resposta por escrito dunha serie de cuestións sobre unha das seguintes materias: Historia da filosofía ou Historia de España. O alumno/a indicará de cal das dúas materias se examinará no momento de realizar a inscrición para a proba. 4º) Lingua Estranxeira: valorará a comprensión oral e lectora e a expresión oral e escrita. 5º) Exercicio sobre os contidos dunha materia de modalidade de segundo de bacharelato. Cada un dos exercicios presentará dúas opcións, das que o alumno debe escoller unha. b) Fase específica: ten carácter voluntario e permite mellorar a cualificación da fase xeral. Cada estudante poderá examinarse de calquera das materias (máximo de 3) de modalidade de 2º de bacharelato, distinta da escollida na fase xeral da proba.

14

Cualificación da proba Cada un dos exercicios, tanto da fase xeral como da parte específica, cualificarase de 0 a 10, con dúas cifras decimais. A cualificación da fase xeral será a media aritmética dos exercicios que a compoñen, expresada de 0 a 10, con dúas cifras decimais. Deberá obterse un mínimo de 4 nesta fase para facer media co bacharelato. Considérase que un estudante superou a proba de acceso á universidade cando obtén unha nota igual ou superior a 5, como resultado da media ponderada: 60% nota media do bacharelato 40% cualificación da fase xeral Nota de admisión nas ensinanzas universitarias de Grao: cando o número de solicitudes supere ao de prazas nunha titulación universitaria, para a adxudicación de prazas utilizarase a nota de admisión do alumno/a, que se calcula do seguinte xeito: 60% nota media do bacharelato + 40% cualificación da fase xeral + 0.1 ou 0.2 x cualificación de materia da fase específica (pode haber ata 2 materias na fase específica para o cálculo da nota de admisión) As materias da fase específica entrarán na cálculo da nota de admisión sempre que estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se quere ser admitido.

2.3.2.- Dende un Ciclo Formativo de Grao Superior: Tras cursar e superar un ciclo formativo de grao superior, obterase o título de técnico superior. Con este título poderase acceder á universidade sen necesidade de proba algunha. En caso de que haxa máis solicitudes que praza terase en conta a preferencia do ciclo cursado coas ramas de coñecemento do título universitario ao que se desexa acceder. Ademais, terase en conta a nota de admisión, que se calcula: Nota media do ciclo formativo +0.1 x As dúas mellores notas dos módulos dociclo.

15

3.- NON TEÑO O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 3.1.- SE SUSPENDÍN 5 OU MENOS MATERIAS Se cando cumpras 18 anos non se che propón para a expedición do título e tes 5 ou menos materias suspensas, podes, nos dous anos seguintes ao remate da túa escolarización, presentarte a unha proba para superar as materias suspensas. Esta proba convocarase anualmente no mes de xuño. Para poder presentarte a esta proba non podes estar matriculado/a na educación de adultos nin presentarte ás probas libres para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 3.2.- PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL Que son Son programas encamiñados a favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos. Destinatarios a) Están destinados a xoves maiores de 16 anos, cumpridos con anterioridade ao 31 de decembro do ano en que se inicia o programa, que non obtivesen o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. b) Excepcionalmente, poderán acceder a un programa de cualificación profesional alumnos/as de quince anos de idade, sempre que se dean todas as seguintes condicións: .- Estean de acordo o alumno/a e a súa familia. .- Estea escolarizado en 2º de ESO, non promocione a 3º e xa repetiu unha vez na etapa. .- Se comprometa a cursar os módulos voluntarios que conducen á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. .- Informe favorable do departamento de orientación do centro.

16

3.3. A EDUCACIÓN DE ADULTOS Que é? • Son ensinanzas que pretenden que o alumnado adquira, actualice, complete ou amplíe coñecementos para o desenvolvemento persoal e profesional. • Comprende tanto ensinanzas regradas: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos formativos; como ensinanzas non regradas: formación para o mundo do traballo, ensinanzas socioculturais,... Destinatarios En xeral, para acceder á educación de adultos é preciso ter 18 anos cumpridos. Tamén podes acceder con 16 anos, sempre que: .- Teñas un contrato de traballo, que non che permita acudir a centros educativos en réxime ordinario. .- Sexas deportista de alto rendemento. Titulación A titulación que obtés a través da educación de adultos é a mesma que a través do ensino ordinario: • Se cursas e aprobas a Educación Secundaria Obrigatoria, a titulación é a mesma: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, e dá acceso ós mesmos estudos. • Se cursas e aprobas o Bacharelato na modalidade de adultos, obtés o título de Bacharel e tes acceso ós mesmos estudos que no ensino ordinario. Modalidades de ensino a) Presencial: asistencia do alumando a clase nos institutos que conten con esta modalidade; en Cangas, podes cursar a ESO nesta modalidade no IES de Rodeira; en Bueu, podes cursar o bacharelato na modalidade de ensino de adultos presencial no IES “Joham Carballeira”. Terás entre 19 e 20 horas semanais polas tardes. b) A distancia: con dúas modalidades á súa vez: .- Semipresencial: combina as titorías presenciais con actividades individuais do alumnado coa axuda das tecnoloxías da información. .- A distancia de forma telemática: impártese integramente a través dun sistema de teleformación.

17

3.4.- ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO MEDIANTE PROBA. O alumnado que non estea en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, pode intentar acceder a cursar un Ciclo de Grao Medio, tras superar un proba de acceso que se convoca cada ano. Poden presentarse á proba de acceso quen teña 17 anos ou máis, ou que os cumpran no ano en que se celebra a proba. Partes da proba e materias A proba é común para tódolos ciclos formativos de grao medio, e así se fará constar na certificación. O seu contido tomará como referencia os vixentes currículos oficiais da educación secundaria obrigatoria e valorará os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudos. A proba consta de 3 partes: a) Parte sociolingüística: consta á súa vez de 3 probas: .-Ciencias sociais .- Lingua galega .- Lingua castelá b) Parte científico-técnica: consta á súa vez de 2 probas: .- Ciencias da natureza .- Tecnoloxía c) Parte matemática: un única proba: .- Matemáticas Cualificación da Proba: Nos exames das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio con preguntas tipo test, soamente haberá unha resposta correcta. A cualificación obtida en cada pregunta correctamente contestada será de 0’5 puntos. As respostas incorrectas descontarán 0´125 puntos cada unha. As preguntas non contestadas non descontarán puntuación. Cada unha das tres partes da proba cualificarase numericamente de 0 e 10 puntos. En cada parte hai que obter cando menos un 4.

18

A nota final da proba será unha media aritmética das tres partes, expresada con dous decimais. Aprobará quen obteña unha cualificación media de 5’00 puntos ou superior. Na certificación constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. No caso de superación da totalidade da proba, a devandita certificación dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan. Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco, en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia durante un máximo de dous anos. Inscrición ás probas de acceso a ciclos de grao medio A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio farase na secretaría dos institutos nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo que se estableza para cada convocatoria.

CALENDARIO PARA O CURSO 2009-10 Inscrición para presentarse á proba: do 1 ao 12 de marzo (en Cangas, podes facelo nos IES Mª Soliño e Rodeira) Celebración da proba: venres 4 de xuño Resultados das probas: 17 de xuño

19

4.- OUTRAS OPCIÓNS 4.1.- ENSINANZAS DE IDIOMAS As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos especializados no ensino de idiomas estranxeiros, onde tamén se poden aprender as linguas galega e castelá. A ensinanza organízase en tres niveis: Básico: de dous cursos de duración Intermedio: de dous cursos de duración Avanzado: de dous cursos de duración Para acceder á ensinanza dun idioma impartido na Escola Oficial de Idiomas han de cumprirse os seguintes requisitos: Ter 16 anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos. Poderán acceder tamén os maiores de 14 anos, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira. As ensinanzas poden cursarse: .- De maneira presencial, asistindo a clase na Escola Oficial de Idiomas, .- A distancia. .- Tamén se poderán obter certificados dos niveis básico, intermedio e avanzado mediante a superación de probas específicas que se convocarán oportunamente. Na zona temos Escolas Oficiais de Idiomas en Vigo e en Pontevedra; dende o curso 2007-08, temos unha extensión da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, no IES de Rodeira, impartíndose os idiomas francés e inglés. En Vigo, impártanse os idiomas de alemán, castelán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. En Pontevedra, impártanse os mesmos idiomas excepto castelán.

20

4.2.- ENSINANZAS DEPORTIVAS
(Reguladas polo RD 1363/2007)

Organización das ensinanzas deportivas: • Ensinanzas de Grao Medio, distribuídas en: .- Ciclo Inicial, cunha duración mínima de 400 h. .- Ciclo final, ata completar unha duración mínima do grao medio de 1.000h. • Ensinanzas de Grao Superior, cunha duración mínima de 750 h. Módulos das ensinanzas deportivas: Os ciclos de ensinanza deportiva se organizan en módulos de duración variable: • Módulos específicos de ensinanza deportiva • Módulos comúns de ensinanza deportiva • Módulo de formación práctica • Módulo de proxecto final (só para o grao superior)

As titulacións obtidas cos estudos de ensinanzas deportivas teñen carácter oficial e validez académica e profesional.

21

ACCESO
• Ciclo Inicial: Título de Graduado DIRECTO en ESO • Ciclo Final: Superado o Ciclo Inicial Sen o título de Graduado en ESO, podemos acceder ás ensinanzas deportivas de Grao Medio, tras superar unha proba. Para realizar a proba hai que ter como mínimo 17 anos. Título de Bacharel máis o Ciclo de Grao Medio na especialidade deportiva escollida. Sen título de Bacharel, podemos acceder a un Ciclo de Grao Superior, sempre que teñamos un Ciclo de Grao Medio da mesma especialidade deportiva escollida, e superemos un proba (baseada nas materias comúns do Bacharelato). Para presentarse á proba hai que ter como mínimo 19 anos.

TITULACIÓN

GRAO MEDIO

Título de Técnico Deportivo, na especialidade deportiva escollida.

DIRECTO

PRROBA

GRAO SUPERIOR

Título de Técnico Deportivo Superior, na especialidade deportiva escollida.

PROBA

4.3.- ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO Os estudos de Artes Plásticas e Deseño comprenden os estudos relacionados coas artes aplicadas, os oficios artísticos, a conservación e restauración de mobles e o deseño nas súas diversas modalidades. Ciclos Formativos de Artes Plásticas: Teñen unha estrutura semellante á da Formación Profesional Específica, estrutúranse en familias profesionais e comprenden un conxunto de ciclos formativos de grao medio e grao superior. Para a obtención do título deberán aprobar tódolos módulos do ciclo correspondente e, ademais, superar unha obra ou proxecto final. Para acceder ós Ciclos de Grao Medio de artes plásticas e deseño hai que estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e superar unha proba específica de acceso. Para acceder aos Ciclos de Grao Superior de artes plásticas e deseño hai que estar en posesión do título de bacharel e superar unha proba específica de acceso. Na provincia de Pontevedra non hai ningún centro público que imparta estes estudos. En Vigo, existe un centro privado que imparte os ciclos medios de “engastado” e “procedementos de xoiería artística”. Estudos Superiores de Deseño e Estudos Superiores de Conservación e restauración de Ben Culturais Para acceder a calquera deste dous estudos hai que estar en posesión do título de bacharel ou de técnico superior en artes plásticas e deseño. A titulación que se obtén en ámbolos dous casos e equivalente ao título universitario de Diplomado ou Grao.

4.4. ENSINANZAS DE MÚSICA E DANZA ENSINANZAS DE MÚSICA
GRAO ELEMENTAL ACCESO DURACIÓN TITULACIÓN GRAO PROFESIONAL

Mediante proba Idade mínima: 8 anos Idade máxima: 14 anos 4 cursos Certificación dos cursos Cursados, na especialidade escollida

Mediante proba 6 cursos Título profesional de música na especialidade cursada

ENSINANZAS DE DANZA
GRAO ELEMENTAL ACCESO DURACIÓN TITULACIÓN GRAO PROFESIONAL

Mediante proba 4 cursos

Mediante proba 6 cursos

Título profesional de Certificación dos cursos danza na especialidade cursados cursada

ESTUDOS SUPERIORES DE MÚSICA E DANZA Accedese co título de bacharel e un proba específica de acceso. Si se posúe un título profesional de música ou danza, terase en conta na proba específica de acceso. A titulación que se obtén é “Título Superior de Música ou Danza”, equivalente a tódolos efectos ao título universitario de Licenciado ou Grao.

4.5.- ESTUDOS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA Os estudos superiores de arte dramática son equivalentes a unha licenciatura universitaria. Accédese tras cursar o bacharelato e superar unha proba específica para cada especialidade. As especialidades que se poden cursar son: .- Interpretación .- Dirección de escena e dramaturxia .- Escenografía. 4.6.- OUTRAS OPCIÓNS: Co título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria como sen el, podes presentarte ás probas para acceder ó Exército Profesional, á Policía Nacional ou á Garda Civil. Busca na sección de enderezos de interese. Sen título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ademais das opcións recollidas no apartado 3, podes facer algún dos cursos de Formación Ocupacional que imparten os concellos, sindicatos e outras organizacións. Infórmate na Axencia de Desenvolvemento Local do concello, no INEM, na Axencia Galega de Colocación, sindicatos, etc. Sen título de graduado en educación secundaria obrigatoria, tamén podes acceder a unha capacitación profesional, sen validez académica, a través dos programas de Formación e Emprego dos concellos. Infórmate na Axencia Galega de Colocación, INEM, etc. O título de graduado en educación secundaria obrigatoria permite tamén presentarte a numerosas convocatorias de oposicións para o acceso ó emprego público: concellos, Xunta de Galicia, administración central. Infórmate na Axencia Galega de Colocación, INEM, convocatorias na prensa, diario oficial de Galicia, etc. Existen numerosas profesións para as que non hai estudos regrados específicos: bombeiros, azafatas de cabina, etc. Se necesitas información fala coa orientadora.

5.- ENDEREZOS DE INTERESE
A) ORGANISMOS OFICIAIS E CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO

Consellería de Educación (información sobre a oferta educativa, bolsas, formación en idiomas,...): www.edu.xunta.es Información sobre ciclos formativos: (notas da proba de acceso, que ciclos podo cursar e onde,...): www.edu.xunta.es/fp Información sobre o acceso á universidade: notas de corte, probas de acceso,...: www.cesga.es/ciug Escola Oficial de Idiomas de Vigo: Avda. Emilio Martínez Garrido, 17 (telf.: 986-26.02.61) No IES de Rodeira hai unha extensión da EOI de Vigo, onde cursar inglés e francés. Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra: r/ Celso Emilio Ferreiro – Campus A Xunqueira (telf.: 986-83.30.18) Conservatorio de Música de Cangas, ubicado no Auditorio de Cangas. Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais: r/ Xeral Martitegui, s/n- Pontevedra (telf.: 986-86.12.51) Conservatorio Superior de Música de Vigo: r/ Manuel Olivé, 23 (telf.: 986-47.11.44) Escola Superior de Arte Dramática (estudos equivalentes a unha licenciatura): r/ Eduardo Cabello s/n - Vigo (telf.: 986- 24.63.99), www.esadgalicia.es. Imparten as especialidades de “dirección” e “interpretación” (rama textual) Ministerio de Educación: información sobre o sistema educativo, becas, e estudos universitarios (notas de corte de tódalas titulacións en www.mec.es e www.mec.es/educa/ccuniv (consello España): cooordinador de universidades)

B) ORGANISMOS E INSTITUCIÓNS LIGADOS Ó EMPREGO E Á FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Servzio Galego de Colocación: funciona como o antigo INEM: ofertas de emprego, cursos, orientación laboral. En Cangas temos dúas oficinas: .- Oficina de Emprego de Cangas: r/ Paseo Marítimo, 8 (telf. 98630.22.03) .- Centro Asociado Fundación Mestre Mateo: r/ Noria,2 –entrechán (telf.: 986-39.20.29) Toda a información sobre cursos, ofertas, etc. tamén podedes consultala na páxina web: www.xunta.es (ir á axencia galega de colocación) Padroado Municipal Beiramar (Moaña): centro asociado ó Servizo Galego de Colocación, organiza cursos de formación ocupacional, ten servizo de orientación laboral, etc.: A Carrasqueira, s/n, Tirán – Moaña (telf.: 986-31.42.00) www.patronatobeiramar.org Confederación de Empresarios de Pontevedra: www.cep.es
C) OUTROS ENDEREZOS DE INTERESE

Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil: información sobre actividades, carné xove, bolsas, cursos,...: www.rix.org

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful