Resultados electorais

Nas pasadas eleccións do 9 de marzo, o PSOE repetiu a súa maioría no Congreso dos Deputados que xa lograra en 2004. Os socialistas, con 169 escanos, conseguiron impoñerse nas décimas eleccións xerais da democracia, o que lles permite que o seu líder, José Luis Rodríguez Zapatero, revalide o seu cargo de presidente do Goberno. O Partido Popular, aínda que aumentou os seus apoios respecto ás anteriores eleccións, fracasou no seu intento de regresar, tras unha lexislatura na oposición, como forza política máis votada. Os socialistas lograran 169 escanos (cinco máis que nas anteriores eleccións) co 43,72% dos votos. Os populares gañaron cinco escanos (pasaron de 148 a 153) e dous puntos máis (40,13%) respecto a 2004. O bipartidismo consolídase máis que nas pasadas eleccións, pois ambos os partidos ocuparán 323 dos 350 escanos no hemiciclo do Congreso, como nunca ocorreu na historia da democracia. Nesta lexislatura, os socialistas, que non lograron obter maioría absoluta, necesitarán en cada votación o apoio de polo menos sete deputados doutros grupos para sacar as súas leis e proxectos adiante. En canto ós nacionalismos, cabe indicar que resistiron de xeito desigual o envite exposto por unha campaña electoral moi polarizada ó redor dos dous principais aspirantes. Mentres os partidos máis moderados, CIU e PNV, manteñen case intacta a súa forza no Congreso, os independentistas de Esquerra Republicana de Cataluña, sofren o peor revés en número de escanos de todas as forzas políticas ao reducir a súa representación de oito escanos a só tres. Os nacionalistas galegos do BNG consolidan os seus dous deputados mentres que Coalición Canaria retrocede un escano no Congreso. Izquierda Unida rexistraba unha porcentaxe de apoio inferior ao 4%, algo que non ocorría desde 1982. No Congreso, IU pasará ao grupo mixto ao non alcanzar os votos e escanos suficientes, perdendo tres dos cinco deputados que tiña. A gran novidade estas eleccións é o escano logrado por UPyD na circunscrición de Madrid, pola que se presentaba Rosa Díez. A ex dirixente socialista logra un asento no Congreso cunha promesa electoral de defender a unidade de España. Partido PSOE PP CIU EAJ-PNV ERC IU BNG CC-PNC UPyD NA-BAI NºVotos 11.064.524 10.169.973 774.317 303.246 296.473 963.040 209.042 164.255 303.535 62.073 % Votos 43,64% 40,11% 3,05% 1,20% 1,17% 3,80% 0,82% 0,65% 1,20% 0,24% Escaños 169 153 11 6 3 2 2 2 1 1

A ley electoral española
O sistema electoral español está baseado no decreto-lei de 18 de marzo de 1977, no que estableceu un dobre sistema de elección (proporcional, para o Congreso, e maioritario, para o Senado), a provincia como circunscrición e uns correctivos na representación para a Cámara baixa (mínimo de 2 escanos por provincia e máximo de 350). Os seus ideólogos (Óscar Alzaga, Miguel Ferreiro, Landelino Lavilla...) defenderon que valería para garantir un goberno estable, pero en realidade foi un exercicio de enxeñería político-electoral que serviu de manipulación das regras do xogo en beneficio propio. Desta forma, facilitábase que a UCD (Unión de Centro Democrático, o partido de Adolfo Suárez, formado polos máis reformistas do réxime franquista e os máis moderados da oposición) conseguise a maioría absoluta cunha porcentaxe notablemente inferior á metade dos votos. Concedeuse así unha sobrerrepresentación ás provincias menos poboadas, que coincidían coas máis conservadoras, e unha infrarrepresentación ás máis poboadas, onde a esquerda contaba con maiores apoios. Favoreceu aos partidos con maior implantación en cada territorio, á vez que se dificultou a representación dos menores. O método utilizado para a repartición de escanos en cada unha das 52 circunscricións electorais (as 50 provincias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla) é o ideado polo xurista belga Victor d’Hondt no século XIX. O procedemento, que se coñece como lei d’Hondt, aplícase a cada circunscrición de forma independente, para atribuír os escanos que lle corresponden entre as candidaturas que se presentan nela. Esta lei aplícase só ás candidaturas que obtiveron polos menos un 3% dos votos válidos emitidos na provincia. As que obteñan unha porcentaxe menor de votos non se teñen en conta. Segundo esta regra, a cifra de votos de cada candidatura divídese por 1, 2, 3, etc., ata un número igual ao de escanos que se van a repartir. Os escanos atribúense ás candidaturas que obteñan números máis altos nestas divisións, en orde decrecente. Un exemplo da aplicación da lei sería a seguinte: Nunha provincia con oito escanos e dez candidaturas os escanos quedarían así distribuídos se se emitisen 526.000 votos desta forma:
• • • • • • • • • • •

Partido A: 168.000 votos Partido B: 104.000 votos Partido C: 72.000 votos Partido D: 64.000 votos Partido E: 36.000 votos Partido F: 31.000 votos Partido G: 24.000 votos Partido H: 14.000 votos Partido I: 8.000 votos Partido J: 3.000 votos En branco: 2.000 votos

O 3% dos votos válidos é 15.780; polo tanto non se terán en conta na distribución de escanos os partidos H, I e J. Cos outros sete aplícase a regra, calculando os resultados de dividir o seu número de votos por 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8. Obtéñense os seguintes coeficientes:

votos: 1 2 3 4 5 6 7 8 Partido A 168.000 84.000 56.000 42.000 33.600 28.000 24.000 21.000 Partido B 104.000 52.000 34.666 26.000 20.800 17.333 14.857 13.000 Partido C 72.000 36.000 24.000 18.000 14.400 12.000 10.285 9.000 Partido D 64.000 32.000 21.333 16.000 12.800 10.666 9.142 8.000 Partido E

O primeiro escano correspóndelle ao partido A, porque a cifra dos seus votos dividida por un é a máis alta. O segundo escano é para o partido B, porque a cifra dos seus votos dividida por un é a máis alta logo da anterior. Seguiríase así, elixindo os seguintes coeficientes máis altos, ata atribuír os oito escanos. A repartición final de escanos sería:
• • • •

Partido A: 4 escanos Partido B: 2 escanos Partido C: 1 escano Partido D: 1 escano

A lei d'Hondt pode estar próxima á proporcionalidade cando se reparte un número alto de escanos, como en Madrid e Barcelona, pero non en provincias con catro ou cinco deputados, nas que as forzas maioritarias son as máis favorecidas e dan lugar a un bipartidismo que non permite a outros partidos entrar en liza. Este método, que acaba dando estabilidade ao sistema de partidos, pode provocar, con todo, algunhas curiosidades como que unha forza política logre máis escanos que outra aínda tendo menos votos e acabe gañando de feito as eleccións a pesar de quedar en segundo lugar.

Críticas ao sistema electoral
A clara desproporcionalidade do sistema electoral español pode apreciarse con nitidez na repartición de escanos que lle corresponde ao partido Esquerda Unida. IU estima que os resultados das eleccións do 9 de marzo puxeron de manifesto "con toda crueza" a realidade de que a actual Lei Electoral é "dubidosamente constitucional" e "abertamente inxusta". "É un sinsentido que debe ser urxentemente corrixido", apunta IU na súa web. Para esta federación, as consecuencias desta norma "vulneran, nos feitos, o principio constitucional de proporcionalidade". Así, os "paradoxos" do modelo fan que a terceira forza política en número de votos de todo o país teña dous deputados. En cambio, agrega, favorece "claramente aos partidos maioritarios", á vez que produce a "sobrerrepresentación" de forzas que se presentan soamente nalgunhas circunscricións. Por iso, cre que, de manterse o actual sistema, verase afectado o máis elemental fundamento democrático de "un home, un voto", e producirá distorsións na representación que "non son admisibles". Outros dirixentes en particular denunciaron, como fixo xa IU a nivel nacional, que o réxime electoral vixente vulnera varios artigos da Constitución. Argumentan esta afirmación, por exemplo, co artigo 14 da Carta Magna, onde se recolle que “os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. Un dereito do que segundo IU non se están beneficiando os seus votantes, representados no Congreso de forma mínima en comparación co seu número. Segundo Álvaro Sanz, coordinador intercomarcal de Zaragoza, os votantes de IU “poden sentirse discriminados”, porque sendo esta a terceira formación política en

número de votos, no Congreso esas papeletas traducíronse en tan só dous deputados. “O PSOE conseguiu 11,5 veces máis votos que EU; en cambio conta con 84,5 veces máis deputados no Congreso”, concluíu Sanz. Ademais, a situación parlamentaria deste partido contrasta de xeito destacado ao comparala coa dos grupos nacionalistas. Coalición Canaria, por exemplo, ten os mesmos votos que EU a pesar de que a segunda obtivo seis veces máis votos que a primeira. Ata superando en número de votos a partidos como PNV ou CIU, Esquerda Unida recibiu menos deputados que os nacionalistas vascos e cataláns.

Alternativas
Entre as alternativas que se propoñen á lei electoral, que conta coa desaprobación dunha alta porcentaxe da poboación, pódense distinguir as propostas que manteñen o emprego da lei d’Hondt, pero modificando o tamaño da circunscrición, de maneira que se consegue unha maior proporcionalidade entre o número de votos e os escanos correspondidos. -Circunscrición única Un sistema dos máis propostos é a circunscrición única. Este sistema susténtase na base democrática de “un home, un voto”. O resultado da súa aplicación coa votación das pasadas eleccións sería:
PSOE:161 PP: 147 IU:14 UPyD:4 CiU:11 PNV:4 ERC:4 BNG:3 CC:2 Na-Bai:0

Os partidos maioritarios son os máis prexudicados, pois o PSOE perdería 8 escanos e o PP descendería en 6, e Esquerda Unida e UPyD serían grupos políticos os máis beneficiados, aínda que simplemente obterían unha proporción de escanos que se axustaría en maior medida á realidade dos sufraxios. Os partidos nacionalistas cataláns permanecen igual, e o PNV perde 2 escanos. Este sistema, que resultaría igualitario para todos os españois, pois igualaría o peso dos votos, podería quizais ser inxusto para as áreas pouco poboadas, que verían notablemente minguado o seu protagonismo no Congreso. -Circunscricións rexionais UPyD propuxo este sistema, no que cada circunscrición sería cada comunidade autónoma, con escanos proporcionais á poboación. Este sistema é un compromiso entre as circunscricións provinciais e a única, e como tal queda a medio camiño nos resultados:
PSOE:164 PP: 149 IU:9 UPyD:1 CiU:12 PNV:5 ERC:4 BNG:2 CC:2 Na-Bai:1 CA:1

O resultado deixa a UPyD co seu deputado por Madrid, pero non melloran os seus resultados como coa subscricións única. Esquerda Unida mellora sensiblemente os seus resultados, xa que obtén representación nas catro comunidades máis poboadas. CIU e

Esquerra melloran lixeiramente, e aparece Coalición Andalucista cun escano que non ten coa actual división provincial. Aínda que este modelo aínda dista de ser proporcional, podería ser unha solución de compromiso que as Comunidades Autónomas, que son en realidade a unidade de goberno descentralizado, fosen as circunscricións. -Cociente Droop Un método alternativo á cuestionada lei d’Hondt é o emprego do cociente Droop, denominado así en honra á súa propoñente. Calcúlase dividindo o total de votos válidos a tomar en conta entre o número de postos a distribuír máis un, e logo ao número enteiro que resulte engádeselle un. COCIENTE DE DROOP = VOTOS + 1 POSTOS + 1 O cociente Droop ten a característica de ser o que teoricamente permite a distribución dun número maior de cargos sen chegar nunca a repartir máis dos que correspondan á respectiva circunscrición. En dicir, é o divisor máis pequeno utilizable sen perigo de adxudicar máis postos que os sometidos a elección. O cociente Droop, a pesar de seguir favorecendo ós partidos maioritarios, é máis proporcional na repartición de escanos e, como tamén se pode apreciar na táboa, con el 7 partidos políticos que actualmente non contan con representación política conseguirían un deputado.

Como inconveniente, podería sinalarse que este método dificultaría a gobernabilidade pola cantidade de escanos individuais que outorga, aínda que estas novas formacións políticas tamén servirían para un debate político máis plural e para manter a tensión na clase política.

Bibliografía:
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/elecciones_gallegas/voto/ley_dhont/index.jsp http://www.elpais.com/articulo/opinion/Bipartidismo/dinamica/perversa/elpepiopi/20080 401elpepiopi_4/Tes http://www.larepublica.es/spip.php?article10322 http://www.readyfortomorrow.com/el-sistema-electoral-en-espana-y-la-exclusion-de-lasminorias/ http://www.ensilicio.com/2008/03/por-que-nuestro-sistema-electoral-perjudica-a-lasminorias-un-reparto-de-escanos-alternativo-en-2008.html http://www.iidh.ed.cr/comunidades/redelectoral/docs/red_diccionario/cociente%20electora l.htm http://www.metaencuesta.com/2008/03/11/los-resultados-electorales-alternativos/