You are on page 1of 5

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2ºBACH

TEMA 1

VOCABULARIO TEMA 1

ALUVIÓN: Depósito de acumulación. Depósito móbil, deixado por un


curso de auga, formado por cantos rodados, area, limo, etc.
ANTICLINAL Prega convexa orixinada por forzas tectónicas
compresivas, caracterizada porque os estratos que a forman se
inclinan en sentido contrario a partir dun eixe central e porque a
antigüidade dos materiais descende dende o núcleo á periferia.
ATMOSFERA. Capa gasosa que rodea a Terra e que está adherida a
esta debido á forza da gravidade. Na composición do aire atmosférico
participan principalmente o nitróxeno (arredor dun 78% da
atmosfera) e o osíxeno (20%), aínda que existen outros moitos como
o argon, CO2' neon, hidróxeno, helio, cripton, etc., en cantidades
moito menores. O vapor de auga oscila entre o 0 e o 4% do aire
atmosférico. A atmosfera varía de densidade, temperatura e presión,
dividíndose en estratos concéntricos segundo as súas características
flsico-químicas ou térmicas. A maioría do aire atmosférico
concéntrase nos primeiros km da atmosfera acadando os 27 km de
altura o 97% do total da atmosfera.
BIOSFERA. Capa da terra onde as condicións naturais permiten a
existencia da vida. Abrangue unicamente a parte máis superficial da
litosfera (desaparece todo tipo de vida a uns metros de
profundidade).
CAMPIÑA: paisaxe de campos abertos.
CERRO TESTIGO: elemento que soportou a erosión.
CORDILLEIRA:Conxunto montañoso alongado, a miúdo formado por
elementos paralelos e máis curtos.
CUESTA: Reborde de meseta en estrutura sedimentaria monoclinal
que comporta a superposición de capas resistentes e capas brandas.
DERIVA CONTINENTAL. Teoría fundamentada nos estudios de
Wegener a comezos deste século e que afirma que as placas
continentais, que flotan sobre o SIMA, de maior densidade,
desprázanse ou desprazáronse a xeito de almadías. No devandito
desprazamento a parte frontal dos continentes sufriría unha
compresión que daría lugar a sistemas montañosos como o que
percorre a costa occidental americana, mentres que na parte
posterior irían desprendéndose anacos que quedarían formando illas.
Pódese considerar un precedente da teoría de placas.
DUNA: Relevo de area construído polo vento.
EÓLICO:Califica os procesos e as formas nos que intervén o vento:
erosión eólica.
EROSIÓN:Conxunto dos fenómenos exteriores á codia terrestre que
contribúen a modificar as formas creadas polos fenómenos
endóxenos. Os elementos que producen a erosión son, por exemplo:
a auga, o xeo, o vento, as variacións de temperatura.

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2ºBACH
TEMA 1

ESTRATO. (1)Andar vexetal. (2)Capa de vexetación Que pola súa


posición en altura se dife- rencia doutras nunha formación. Os
principais estratos son o arbóreo, o arbustivo e o herbáceo.(3)
SEDIMENTARIO: Cada unha das capas de características uniformes e
diferenciadas das doutras capas Que son parte integrante das rochas
sedimentarias. Os rasgos distintivos dos estratos poden ser:
composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre
dous estratos contiguos hai unha solución de continuidade ben
definida Que se coñece como plano de estratificación.
FALLA. Son fracturas de orixe tectónica que se producen cando as
rachas da codia terrestre se encontran sometidas a forzas verticais
ou radiais que sobrepasan o límite da súa resistencia, producíndose a
súa rotura acompañada ou non dun desprazamento dos bloques
fallados.
FOSA TECTÓNICA. Depresión de forma alongada coincidente cun
bloque afundido limita- da por fallas máis ou menos paralelas e
bloques levantados. Este termo emprégase cada vez máis en
substitución do vocablo alemán "graben". Orixínase por unha
tectónica de fractura.
FOSA. Depresión existente na codia terrestre
FRACTURA. Ruptura producida nun terreo, debido á acción das forzas
tectónicas. Se as fracturas levan consigo o desprazamento dos
bloques fracturados denomínanse fallas e en caso contrario
chámanse diáclases
GLACIACIÓN: Período durante o que as condicións climáticas
condicionan o establecemento, a progresión e logo a retirada dos
aparatos glaciares importantes.
GLACIAR: Acumulación de xeo que procede da transformación da
neve e sometido a unha escorrentía lenta. Xustapón unha zona de
acumulación e unha zona de ablación.
HIDROSFERA. Denomínase tamén hidrosfera, É a parte da terra
cuberta de auga ou xeo, Entre a hidrosfera e a atmosfera establécese
o ciclo hidrolóxico.
ISOHIPSA: Liña que unen puntos da mesma altitude, tamén se chama
curva de nivel.
LITOLOXÍA. Ciencia que estuda as rochas, as súas propiedades
físicas, químicas ea súa estrutura.
LITOSFERA. Capa ríxida constituínte do globo terrestre, situada por
riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de
quilómetros de espesor ata a superficie (neta inclúese a codia
terrestre e a parte máis extema do manto). Astenosfera(Capa do
manto superior caracterizada pola súas propiedades plásticas.
Atópase entre os 100 e os 240 km. de profundidade.
MAGMA. Masa rochosa fundida que se atopa no interior da terra, a
máis de 16 km de profundidade, sometida a unha presión e
temperatura elevadas. Pode sufrir un desprazamento cara ás capas
superiores da codia, que no caso de chegar á superficie forman as
rochas eruptivas extrusivas ese arrefría no interior dá lugar a rochas
eruptivas intrusivas. O magma, dependen do seu contido en sílice,

Profesora: Rosa María Cid Galante 2


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2ºBACH
TEMA 1

pode ser ácido ou básico.


MESETA: Extensión de terreo alto e chan, rodeado por vales
profundos.
MORRENA: Aluvión glaciar, ben sexa en curso de transporte polo
glaciar, ben abandonado durante a retirada do glaciar. Distínguese
por cantos e bloques de tamaño variado, ás veces enormes.
OROXÉNESE. Conxunto de procesos que teñen lugar nun xeosinclinal
e que dan lugar á aparición dunha cordilleira montañosa. Trátase
fundamentalmente de movementos tectóni- cos que xeran
pregamentos, fallamentos e cabalgamentos; acompañados
normalmente de actividade magmática.
OROXENIA. Período durante o cal se desenvolven os procesos
oroxénicos. Unha oroxenia desenvólvese en varias fases dun amplo
período de tempo, denominándose fase paroxismal aquela na que os
procesos oroxénicos adquiren maior intensidade. Pola súa
importancia no relevo actual, cabe destacar dúas oroxenias: a
herciniana, de finais da Era Primaria, e a alpina, que se desenvolveu
principalmente durante a Era Terciaria.
PÁRAMO: estepa, formación vexetal constituída por plantas
herbáceas, leñosas, xerófilas.
PENICHAlRA. Superficie de erosión sen grandes desniveis que se
corresponde coa última fase da evolución do relevo no ciclo de
erosión de Davis. É un conxunto de leitos e interfluvios de escasa
pendente con clara tendencia á planitude. Dende unha interpretación
morfoclimática a súa xénese é dinámica; tras un longo período de
biostase que conduciría a unha alteración da rocha nos interfluvios,
unha crise climática determinaría a desaparición da cuberta vexetal,
permitindo a peniplanización do relevo ea consecución dunha chaira.
As veces presentan relevos residuais denominados monadnocks, que
se deben á particular dureza da rocha que os constitúe.
PERFIL TOPOGRÁFICO. Liña que representa as variacións altitudinais
do relevo e as súas formas nun mapa topográfico.
PREGA. Accidente tectónico de carácter flexible desenvolvido en
materiais sedimentarios, como consecuencia da presión exercida por
forzas tanxenciais en compresión. Corresponde a unha ondulación
dos estratos que consta dunha parte convexa, cara arriba (anticlinal),
e unha parte cóncava (sinclinal), que se suceden espacialmente
dando lugar ós estilos tectónicos de pregamento; as pregas
defínense por unha serie de elementos: eira, flancos, plano axial e
eixe.
PREGAMENTO. Proceso tectónico polo Que os estratos horizontais se
enrugan e se pregan como consecuencia de movementos tanxenciais
compresivos ou distensivos. Os momentos da historia xeolóxica en
Que se producen os pregamentos das cadeas montañosas constitúen
as oroxenias; as máis importantes son: Huroniana, Caledoniana,
Hercfnica e Alpina. (C.F.S.)

Profesora: Rosa María Cid Galante 3


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2ºBACH
TEMA 1

REGRESIÓN. (1 )Proceso polo cal se produce unha transformación


nun ecosistema, tro- cándose a súa evolución, polo que, en vez de
producirse unha verdadeira evolución se produce unha substitución
de carácter inferior. (2)MARIÑA Descenso do nivel do mar, coa
conseguinte emersión de terras, a consecuencia dun movemento
isostático positivo do continente, ou dun movemento eustático
negativo. Por exemplo, durante os períodos glaciarios plistocenos,
debido á acumulación de xeo, producíronse regresións. O contrario é
unha transgresión.
SEDIMENTACIÓN: Formación dun depósito de sedimentos que provén
da destrución mecánica ou alteración das rochas resistentes.
SERRA: Parte dunha cordilleira.
SINCLINAL. Parte da prega que se fonde e que en xeral presenta
unha forma de cunca. Esta constituído por rochas da codia terrestre
que están sometidas á actuación de forzas tectónicas compresivas.
Os estratos destas rochas inclínanse cara ó interior, ó contrario que
nun anticlinal
TECTÓNICA DE PLACAS. Teoría desenvolvida nos anos 60 que tenta
explica-lo modelo dos compoñentes estruturais da Terra e os
mecanismos polos que se formaron. Distingue seis placas de litosfera
ríxida que se desprazan sobre a astenosfera viscosa. Estes
desprazamentos provocan sismos, e son responsables da formación
das fosas oceánicas, cordilleiras, etc. A esta teoría chegouse a partir
dos estudios do Atlántico central; este océano presenta unha enruga
dorsal que o divide lonxitudinalmente en dúas metades. A súa orixe,
tanto do océano como da dorsal e da fosa central (rift), é debida á
existencia de dúas correntes de convección, que xirando en sentido
contrario provocan a expansión de dúas placas de litosfera (América
e Africa) cada unha das que inclúe unha metade do océano. É a
teoría de expansión dos océanos. Pero esta expansión precisa ser
contrarrestada, xa que en caso contrario a Terra ensancharíase.
Existen algúns contactos de tipo converxente entre as placas, que
orixinarían a constitución de cordilleiras ou fosas,que co tempo
acabarían converténdose en novos fondos oceánicos.
TECTÓNICA. Dise das forzas internas que deforman a codia terrestre,
e que afectan ós modelos de sedimentación e ós caracteres
morfolóxicos do relevo que se forma a con- secuencia daquelas. Os
movementos tectónicos poden ser instantáneos (sismos, vulcanismo)
ou de longa duración (epiroxénese, oroxénese. Esta última pode ser
de pregamento ou fractura).
TRANSGRESIÓN (MARIÑA). Movemento de ascenso do nivel do mar
sobre o continente debido a un aumento do nivel das augas, como
cando se fundiron os glaciares nos períodos climáticos cálidos do
cuaternario.
XEOANTICLINAL. Levantamento dun sector da codia terrestre por
movementos epiroxénicos. O termo emprégase a miúdo para as
pregas que se desenvolven xunto a un xeosinclinal cando este é
comprimido lateralmente.

Profesora: Rosa María Cid Galante 4


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2ºBACH
TEMA 1

XEOGRAFÍA FÍSICA. Parte da xeografía que analiza as características


naturais da superficie terrestre, marxinando aquelas debidas á acción
humana, agás as que actúan de xeito decisivo na alteración ou
transformación destas características físicas, como por exemplo a
destrución da codia vexetal ou a acción erosiva de orixe antrópica. A
xeografía física estuda as características dos fenómenos físicos, a súa
distribución e as súas asociacións, contrapoñéndose ó termo de
xeografía humana.
XEOGRAFÍA HUMANA. Concepto bastante problemático en canto á
súa esencia e que evolucionou co tempo. Pódese dicir que estuda a
relación do home co seu medio ambiente e as manifestacións
espaciais a que dá lugar. Globalmente abarcaría todas aquelas
disciplinas xeográficas que non se ocupen do medio físico. Así, entre
estas, están a xeografía da poboación, x. económica, x. política, x.
urbana, x. agraria, x. social, x. cultural, etc.
XEOGRAFÍA. Defínese como a ciencia que estuda a superficie
terrestre, as características e diversidade dos fenómenos físicos e
humanos no espazo, a relación entre o home e o medio e as
configuracións rexionais xurdidas da conxunción de características
semellantes nun espazo determinado que o diferenza doutros.
XEOSINCLINAL. Parte da codia terrestre, fundida como resultado
dunha epiroxénese, e cun fondo móbil que serve de sedimentación
para o material erosionado dos xeoanticlinais que a rodean. Esta fosa
de sedimentación divídese xeralmente en dúas concas separadas por
un umbral: a conca mioxeosinclinal onde predomina a sedimentación
de molasas, e a conca euxeosinclinal na que abunda o flysch(1) e a
erupción de rochas verdes ou ofitas. A evolución do xeosinclinal
finaliza nunha fase de oroxenia que prega os depósitos sedimentarios
conformando unha cordilleira. 1 FLYSCH. Facies típica da
sedimentación en xeosinclinais que se caracteriza pola alternancia de
estratos de arxilas ou margas e arenitos. Actualmente encóntrase
nas cadeas alpinas de orixe terciaria
ZÓCOLO. Masa de materiais antigos consolidados, metamórficos
(gneis) e cristalinos (granitos), que actualmente se presenta como
unha superficie de erosión que pode estar recuberta por materiais
sedimentarios.

Profesora: Rosa María Cid Galante 5