You are on page 1of 3

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 3

VOCABULARIO TEMA 3

ACUÍFERO.- Embolsamento de auga subterránea.


AFORO.- Medida das augas dun río.
ALBUFEIRA.- Lagoa litoral formada por auga salgada e separada do
mar por un cordón no que se abren bocas que o comunican con el.
ALUVIÓN: Material depositado polo río e que presenta unha
morfoloxía redondeada polo frotamento coa auga e con outras
partículas transportadas polo río.
AUGAS SUBTERRÁNEAS.- Aquelas que se atopan no subsolo resultado
dun proceso de infiltración dende a superficie terrestre ou liberadas
de augas ascendentes. Tamén denominadas augas de fondo.
BIOCLIMÁTICO.- Límite producido polos elementos e factores
climáticos que inciden na variación da vexetación e da fauna dunha
área concreta.
BIOMASA.- Masa de materia orgánica dos seres vivos que existen nun
determinado ecosistema.
BOSQUE CADUCIFOLIO: Formación vexetal arborada onde
predominan árbores que perden temporalmente as follas (carballo,
castiñeiro, etc.).
BOSQUE PERENNIFOLIO.- Formación vexetal constituída por árbores
de mediana altura, troncos non rectilíneos, de cortiza grosa e rugosa,
cunhas ramas que crean cimos globulares e amplos que proxectan
sombra sobre o chan para diminuí-la insolación e a evaporación.
CANÓN- Val fluvial moi profundo de paredes laterais, case verticais.
Debido á erosión das súas augas o río queda encaixonado no fondo
do val.
CAUCE.- Espazo de circulación da auga dun río.
CAUDAL ABSOLUTO.- Cantidade de auga que pasa nun segundo por
un punto dado do río.
CAUDAL RELATIVO.- Obtense poñendo en relación o caudal medio
anual cos Km2 da conca. Relación expresada en litros por segundo /
Km2.
CHEA (AVENIDA).- Momento de máximo caudal dun río.
CONCA FLUVIAL.- Área delimitada por tódalas divisorias de augas dos
ríos que forman un sistema fluvial. Consta dun río principal e os seus
afluentes.
CONÍFERA.- Árbores que posúen froitos en piñas e que, case sempre,
levan follas en forma de escamas. Son árbores resinosos.
DELTA: Forma de acumulación de aluvións na desembocadura dun
río, debido á perda de potencia deste ao diminuír a pendente e a
velocidade no tramo final do seu recorrido.
DEVESA- Terreo coutado e con árbores destinado xeralmente a pasto
para o gando.
DIVISORIA DE AUGAS: Liña imaxinaria que separa dúas concas
hidrográficas, coincide cos puntos máis altos do relevo e organiza a
dirección das augas superficiais.

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 3

ECOSISTEMA.- Conxunto de seres interdependentes que habitan nun


lugar ou territorio definido por unha vexetación e fauna particulares.
ENDEMISMO.- Limitación dunha especie animal ou vexetal a unha
área concreta.
ENDORREICA.- Dise da rexión na que os ríos non chegan ó mar e
conflúen en depresións interiores.
ESPECIE HALÓFILA.- Aquela capaz de soportar un contido
determinado de sales (especialmente cloruro de sodio) no solo ou na
auga.
ESPECIE HELIÓFILA: Planta que precisa unha alta insolación para o
seu correcto desenrolo, como a maioría das especies da matogueira
mediterránea.
ESPECIE HIGRÓFILA: Especie vexetal que é esixente en humidade
polo que se desenvolve óptimamente nos medios húmidos.
ESPECIE MESÓFILA.- Vexetación que require un medio cunhas
precipitacións e unhas temperaturas de tipo moderado ou medio,
como ocorre con case tódalas árbores.
ESPECIE TERMÓFILA.- Aquela adaptada a medios climáticos cálidos,
polo que non resiste as baixas temperaturas.
ESPECIE UMBRÓFILA.- Aquela que necesita sombra para
desenvolverse.
ESPECIE XERÓFILA.- Vexetación que se desenvolve en ambiente
árido, estacional ou permanentemente, onde as plantas se acomodan
ó déficit hídrico e á elevada insolación.
ESTEIRO (ESTUARIO).- Zona de costa onde desemboca un río e que
queda cuberta pola preamar. As mareas arrastran mar adentro
sedimentos que o río deixa no propio esteiro (proceso contrario ó do
delta).
ESTIAXE.- Período durante o cal unha corrente de auga alcanza o seu
caudal máis baixo.
EXORREICO.- Dise do espazo con drenase cara ó mar.
FORMACIÓN ARBÓREA.- Territorio cunhas especies arbóreas en
común. Conxunto de vexetais que aumentan a súa solidez das raíces
ó tallo formando na súa parte máis alta unha copa unida ás raíces
polo tronco.
FORMACIÓN ARBUSTIVA.- Territorio cunhas especies arbustivas en
común. Formación vexetal leñosa que posúe unha altura inferior a 5
metros, de tallo ríxido e duro, que empeza a ramificarse ó nivel do
chan carecendo de un tronco principal.
FORMACIÓN HERBÁCEA.- Territorio cunhas especies herbáceas en
común.
FRONDOSAS.- Árbores con froitos moi variados e follas anchas.
Emprégase este termo en contraposición ó de coníferas.
GARRIGA: Tipo de formación arbustiva do ámbito mediterráneo,
pouco densa, aberta, e xeralmente produto da degradación
antrópica. (2 veces)
INFILTRACIÓN.- Movemento lento de descenso das augas superficiais
no solo ou nas rochas.

Profesora: Rosa María Cid Galante 2


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 3

INUNDACIÓN.- Estado da corrente dun río cando as súas augas


sobrepasan as marxes e se estenden pola chaira de inundación.
ISTMO: Porción de terra que une unha península a un continente, ou
ben dúas illas entre si.
LANDA: Formación arbustiva típica das áreas de clima temperado
oceánico húmido, onde destacan plantas como os brezos, toxos, etc.,
e desenvolvida en xeral sobre solos acedos.
MAQUIS: Formación arbustiva mediterránea, rica en especies,
desenvolvida sobre solos silíceos e de gran densidade, a diferenza da
garriga.
MAREA.- Oscilación vertical, periódica e alternativa de grandes masas
de auga de mar, orixinada polas forzas de atracción da lúa e do sol,
en combinación co movemento de rotación da Terra.
MARISMA.- Chaira ó nivel do mar enlagada pola entrada de auga do
mar ó subir a marea.
NIVEL FREÁTICO.- Capa de auga subterránea máis próxima á
superficie do solo e na que tradicionalmente se instalan os pozos.
PRADERÍA (PRADERA).- Extensión de terreo con pasto abundante,
verde no inverno e seco no verán.
RAMBLA: Cauce seco, de ríos que só levan auga unha parte do ano,
cun réxime torrencial, típico das áreas máis áridas do clima
mediterráneo.
REDE FLUVIAL.- Conxunto formado por unha serie de cursos fluviais
xerarquizados, que drenan un territorio máis ou menos extenso.
RÉXIME FLUVIAL: Flutuación estacional do caudal dun río ó longo dun
ano que depende xeralmente das características das súas fontes de
alimentación. (2 veces)
RÍA.- Val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas
do mar.
SOCALCOFLUVIAL.- Forma de acumulación orixinada pola actividade
dun río e que se localiza nun val. Correspóndese cunha chaira
primitiva de inundación dun río que, abandonada na actualidade, se
sitúa a un nivel máis alto a medida que se encaixa a corrente.
SOTOBOSQUE: Estrato vexetal que se desenrola baixo as copas das
árbores dun bosque. Depende das especies arbóreas que forman o
bosque e da cantidade de luz que se filtra ata o chan.
TÓMBOLO.- Barra de area que une unha illa preto da costa co
continente.
TORRENTE: Organismo fluvial corto, de forte pendente, que discorre
por terreos facilmente erosionables e que se desenrola nun clima
caracterizado por precipitacións escasas pero moi concentradas.
Consta de: conca de recepción, canle de desaugue e cono de
dexección.
VEXETACIÓN CLÍMAX.- A propia dun paisaxe non modificado. Terreo
virxe.

Profesora: Rosa María Cid Galante 3