You are on page 1of 2

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 4

VOCABULARIO TEMA 4

CHUVIA ÁCIDA.- Contaminación atmosférica resultante das mesturas


das emisións de xofre e nitróxeno co vapor de auga contido no aire,
dando lugar á formación de ácido sulfúrico e ácido nítrico,
provocando alteracións na vexetación, solos, edificios e auga.
CHUVIA ÁCIDA: Tipo de precipitación que se produce nun medio
contaminado, ou lonxe deste pola acción do vento, que se debe ó
contacto dos óxidos de xofre e nitróxeno procedentes de emisións
contaminantes, coas gotas de chuvia, ocasionando graves danos.
CONTAMINACIÓN ACÚSTICA.- Niveis excesivamente altos de sons
producidos polas instalacións industriais, sistemas de transporte,
sistemas de audio e outros medios, que podan producir unha perda
permanente da audición, cefaleas e menor rendemento no traballo.
CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA.- Alteración da composición e das
características do aire atmosférico por substancias tóxicas
producindo consecuencias nocivas como a chuvia ácida, o
requentamento atmosférico, alteración da capa de ozono, etc.
CONTAMINACIÓN INDUSTRIAL.- Repercusións negativas que sufre o
medio natural por culpa da actividade industrial: emisión de gases,
acumulación de residuos e ruídos.
DEFORESTACIÓN.- Destrución ou desaparición dun bosque por causas
diversas: corta de árbores, incendios forestais, ataques de pragas,
etc. Dá lugar frecuentemente a unha intensa erosión dos solos.
DESALINIZACIÓN: Procedemento de tratamento da auga do mar para
convertela en doce con destino ó consumo humano ou ó regadío, en
rexións de déficit hídrico.
DESERTIZACIÓN.- Expansión dos desertos polos seus bordes,
estendendo as súas características climáticas e biolóxicas a zonas
antes non desérticas
EFECTO INVERNADOIRO.- Alteración climática resultante da emisión á
atmosfera de gases como o metano e o dióxido de carbono que
deixan pasar a radiación solar pero que despois impiden que saia ó
espazo exterior co que provoca un aumento das temperaturas e da
seca.
RECICLAXE: Transformación de produtos de refugallo de diversas
actividades para poder ser reempregados en outras actividades
económicas y evitar la acumulación de residuos improdutivos o
contaminantes.
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.- Aqueles xerados nos núcleos de
poboación ou nas súas zonas de influencia por: domicilios, comercios
e servizos, centros médicos, limpeza viaria, zonas verdes e
recreativas, abandono de animais mortos, mobles, e vehículos,
industrias e construción.
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS: Desfeitos que proveñen de algunha
actividade humana (produción, consumo) que se encontran en
estado sólido e que é posible tratar e reciclar para evitar a súa
acumulación masiva.

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 4

TRASVASE: Traslado de auga do cauce dun río a outro para aumentar


o seu caudal, por medios artificiais.

Profesora: Rosa María Cid Galante 2