You are on page 1of 30

Ciencias da Terra e do Medio Ambiente

Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

TEMA 6:A HIDROSFERA. A AUGA COMO RECURSO. CALIDADE E CONTAMINACIÓN


DAS AUGAS.RISCOS.
6.1 O Ciclo hidrolóxico
6.2. Augas oceánicas.
6.3. Augas continentais.
6.4. Usos da auga.
6.5. Impactos sobre a hidrosfera.
6.6. A calidade da auga.
6.7. A xestión da auga.
6.8. Riscos derivados da dinámica hidrosférica.

6.1 O Ciclo hidrolóxico

Ao redor do setenta por cento da superficie terrestre está cuberta por auga
formando a Hidrosfera. A auga é un compoñente fundamental dos seres vivos nos que
asume múltiples funcións; foi o lugar onde evolucionou a vida, é o medio de reacción e
substrato e produto de múltiples reaccións químicas,... Pero tamén ten un papel
fundamental no funcionamento do noso planeta mediante as correntes oceánicas,
mediante interaccións coa atmosfera, etc.. Por outra parte, a distribución e
dispoñibilidade da auga resultan factores condicionantes para o establecemento e
desenvolvemento dos asentamentos humanos, xa que é necesaria como alimento e para
a realización de numerosas actividades humanas. A importancia da auga como factor do
desenvolvemento humano aparece recollida na Carta Europea da Auga que, a modo de
declaración de principios e como suxestión para unha correcta xestión da auga, foi
elaborada en 1968, permanecendo hoxe vixente:

CARTA EUROPEA DA AUGA


1. Non hai vida sen auga. A auga é un ben precioso indispensable para todas as actividades
humanas.
2. Os recursos da auga non son inesgotables. É indispensable conservalos, controlalos e, se
é posible, acrecentalos.
3. Alterar a calidade da auga significa atentar contra a vida dos homes e do resto dos seres
vivos que dependen dela.
4. A calidade da auga debe manterse ao nivel adecuado para os usos previstos e debe
satisfacer especialmente as esixencias da saúde humana.
5. Cando a auga unha vez utilizada volve ao seu medio natural, non ten que comprometer
os usos posteriores, tanto públicos como privados, que se podan facer dela.
6. O mantemento da cuberta vexetal apropiada, preferentemente forestal, é esencial para a
conservación dos recursos da auga.
7. Os recursos da auga teñen que ser inventariados.
8. A correcta xestión hidráulica ten que ser obxecto dun plan establecido polas autoridades
competentes.
9. A conservación dos recursos hidráulicos implica un importante esforzo de investigación
científica, de formación de especialistas e de información pública.
10. A auga é un patrimonio común, cuxo valor todos teñen que coñecer. Cada persoa ten o
deber de aforrala e de usala con coidado.
11. A xestión dos recursos hidráulicos debería levarse a cabo no marco da cunca natural,
preferentemente ao das fronteiras administrativas e políticas. 1
12. A auga non ten fronteiras. É un ben común que require de cooperación internacional.
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Na hidrosfera distinguimos:
 Augas oceánicas que constitúen o 97% do total. Son as augas de océanos e
mares.
 Augas continentais que representan o 3% restante. Son as que se atopan nos
continentes distribuíndose da seguinte forma:
- Augas superficiais, constituídas por ríos, torrentes, lagos,... (0’01% do
total)
- Augas subterráneas que se acumulan nos acuíferos, circulan polo
subsolo. (0’62% do total)
- Augas continentais sólidas que comprenden os glaciares e os casquetes
polares. (2’15% do total)
Os seres vivos tamén representan un compartimento da auga do planeta pero
cunha achega mínima ao total. (0’0005%)

A hidrosfera non é unha cuberta estática. O Ciclo da auga ou Ciclo hidrolóxico


fai que existan continuamente movementos e cambios de estado da auga na Terra. O
proceso é o seguinte:
o A calor do Sol evapora a auga dos océanos e dos continentes, que pasa a estado
gasoso e se incorpora na atmosfera.
o O vapor de auga atmosférico condénsase formando as nubes, que conteñen
pequenas gotas de auga ou cristais de xeo.
o A auga das nubes precipita en forma de choiva, neve ou xeo, regresando ao mar
e aos continentes.
o A auga que cae sobre os continentes pode seguir varios camiños:
- Flúe pola superficie ata acadar torrentes, lagos ou ríos conformando a
auga de escorrentía superficial.
- Acumúlase temporalmente en forma de neve.
- Infíltrase a través das rochas e pasa a formar parte das augas
subterráneas. (escorrentía subterránea).
- Volve á atmosfera a través da evapotranspiración (paso á atmosfera da
auga procedente da transpiración das plantas e da evaporación do solo) e
da respiración e a transpiración dos animais.

2
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Tempos de permanencia da auga nos distintos O tempo de permanencia da auga en


depósitos da Hidrosfera. cada un dos depósitos é moi importante

- Océanos. 36.000 anos á hora de determinar a cantidade de


- A. subterráneas. De 300 a mais de 106 anos auga dispoñible para o uso humano.
na chamada auga fósil.
- Glaciares 36.000 anos Como se pode ver no cadro, os
- lagos e lagoas 1 a 100 anos períodos de permanencia en océanos,
- Ríos. 13 días.
- Atmosfera. 10 días glaciares e augas subterráneas son moi
elevados mentres que a auga pasa
rapidamente por ríos e atmosfera.
Os tempos de residencia deberían determinar os ritmos de explotación dos
recursos, especialmente no caso das augas subterráneas. Non podemos extraer auga do
subsolo a un ritmo elevado xa que non estaríamos respectando o tempo de renovación
do recurso, provocando o seu esgotamento.
En realidade, o ciclo hidrolóxico non é pechado xa que se producen pequenas
cantidades de auga nas erupcións volcánicas e pequenas cantidades de auga poden ser
disociadas nas capas altas da atmosfera pola radiación ultravioleta.

3
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

6.2. Augas oceánicas.

CARACTERÍSTICAS.
O océano global ten unha profundidade media de 3.800 metros, podendo chegar
aos 12.000 nas fosas máis profundas. A composición das augas oceánicas presenta a
particularidade dun alto contido en sal (35/1000), moi superior ao das augas
continentais. Destaca, na composición das augas mariñas, a presenza de cloro, sodio e
sulfatos, pero tamén é interesante ter en conta que na auga do mar aparecen disolvidos
os principais gases atmosféricos. Especialmente interesantes son os contidos en CO2 e
O2 xa que son determinantes para o mantemento dos ecosistemas e do equilibrio de
composición da atmosfera.
A temperatura do océano sofre variacións na vertical e na horizontal. As
variacións horizontais poden facer cambiar a temperatura superficial da auga entre os
trinta graos das augas ecuatoriais e os cero graos das augas polares. Na vertical
distinguimos tres capas: unha capa cálida superficial, con importantes variacións
latitudinais de temperatura, e unha capa de auga profunda ao redor os cero graos
centígrados de temperatura. Entre unha capa e outra existe un brusco cambio de
temperatura, a unha profundidade variable, que se denomina termoclina.
A densidade das augas mariñas varía coa temperatura (inversamente
proporcional) e coa salinidade (directamente proporcional) de forma que a auga máis
densa é a auga máis fría e con maior contido en sal.

DINÁMICA.
1) Correntes. Son movementos fundamentalmente horizontais e persistentes nun
sentido. Poden ser superficiais e profundas.
As correntes profundas posúen un importante compoñente vertical e xéranse por
variacións de densidade, que son consecuencia de diferenzas en temperatura e
salinidade, recibindo por iso o nome de correntes termohalinas. Discorren por
debaixo da termoclina e están fortemente condicionadas pola topografía do fondo
oceánico, especialmente pola posición das dorsais e do talud continental . Como
consecuencia do efecto de rotación da Terra tenden a seguir os bordes orientais dos
continentes.

4
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Nas latitudes altas, as masas de auga frías e salinas (debido ao proceso de


conxelación da auga) tenden a descender en profundidade. Así no Atlántico Norte
prodúcese unha corrente ártica, fría e profunda, que atravesa o ecuador e ascende
cara aos 60º de latitude sur onde se atopa coa corrente antártica máis fría que se
introduce baixo ela. Esta corrente global profunda recibe tamén o nome de Cinta
transportadora de fondo oceánico xa que é unha corrente lenta pero constante que
funciona como un amortiguador das diferenzas de temperatura entre as zonas
polares e ecuatoriais. As augas polares frías son transportadas en profundidade e
arrefrían as augas máis cálidas polas que atravesan, por outro lado, as augas máis
cálidas son as encargadas de compensar, nun movemento máis superficial, os
movementos das augas polares, permitindo así un quentamento relativo das augas
das zonas máis frías.
A paralización da Cinta transportadora de fondo
oceánico provocaría unha polarización do clima
global: temperaturas máis frías nos polos e máis
cálidas nos trópicos. Debemos ter en conta que
un posible quentamento global podería provocar
a paralización desta corrente ao cesar ou
reducirse a produción de xeo polar.
As correntes superficiais
globais deben a súa existencia ao vento, a
desviación de Coriolis e a distribución de
continentes e océanos. En xeral reflicten

5
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

en boa medida a dirección dos ventos


dominantes, como se pode
ver na distribución de correntes superficiais, tendo sentido de xiro horario no
hemisferio norte e antihorario no sur.
Como a Terra xira cara ao leste as correntes tenden a comprimirse nos bordes
occidentais dos océanos (bordes orientais dos continentes).
As principais correntes globais que debemos coñecer son a do Golfo no
Atlántico e as de Kuroshio e Humboldt no Pacífico.
As correntes superficiais producen dous efectos fundamentais:
- Moderan o clima das zonas polas que circulan. É o caso da corrente do Golfo
que permite un ascenso da temperatura da costa oeste de Europa respecto á mesma
liña latitudinal da costa oeste de Norteamérica.
- Dan lugar a afloramentos (upwellings) e afundimentos (downwelling) das
augas superficiais, con importantes consecuencias económicas. Xa vimos que o xiro
cara ao leste da Terra provocaba que a auga se concentrara nos bordes occidentais
dos océanos provocando que nestes a auga descenda (afundimento) a capas máis
profundas. Por contra, no borde oriental dos océanos a auga profunda, fría e cargada
de nutrientes, ascende (afloramentos). Esta situación permite a existencia de
importantes bancos de pesca nos bordes orientais dos grandes océanos (banco
canario-sahariano, mauritano, ...)

6
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Na costa peruana e chilena existen importantes pesquerías debidas a este proceso


de afloramento que en determinados anos parecen reducirse drasticamente nun
fenómeno que os habitantes destas zonas chaman “O Neno”(recibe este nome xa que
os mariñeiros notaban o principio dos efectos no Nadal). Este fenómeno é o
exemplo máis claro das consecuencias das correntes superficiais sobre as pesquerías
e as condicións meteorolóxicas locais. “O Neno” ou Oscilación Austral (ENOA) é
un fenómeno natural que fluctúa con certa irregularidade coa situación contraria
coñecida como “A Nena”.

SITUACIÓN NA COSTA DE PERÚ E CHILE (Nadal)


Normal. ENOA “A Nena”
o Alisios fortes que levan oAlisios moi debilitados que o Alisios moi fortes que
as augas superficiais dende a non teñen forza para mover as levan as augas superficiais
costa peruana cara ao borde augas superficiais da costa dende a costa peruana cara ao
occidental do océano. peruana. Para a corrente de borde occidental do océano.
(Corrente de Humboldt ou Humboldt ou de Perú.
de Perú)
o O desprazamento da o Para a corrente de o Forte corrente superficial.
auga superficial no Perú Humboldt ou de Perú. Non
provoca un afloramento de hai desprazamento superficial
auga profunda e fría. de auga.
o Augas superficiais en o Augas superficiais en Perú o Augas superficiais en
Perú frías. cálidas (estamos no verán do Perú frías.
hemisferio sur ).
o Moita pesca. o Non hai pesca. o Moita pesca.
o Altas presións, secas. o Fortes precipitacións. o Altas presións, secas
o Inundacións. extremas.

SITUACIÓN NA COSTA DE INDONESIA E AUSTRALIA (Nadal)


Normal. ENOA “A Nena”
o Alisios fortes que oAlisios moi debilitados que o Alisios moi fortes que
acumulan auga na costa non teñen forza para mover as acumulan auga na costa
australiana augas superficiais australiana.
o Non hai afundimento de auga o Afundimento de auga
o Afundimento de auga superficial superficial
superficial oAugas superficiais en o Augas superficiais en
o Augas superficiais en Australia máis frías do Australia máis quentes do
Australia moi quentes habitual. normal.
oAltas presións superficiais. o Baixas presións en
o Baixas presións, choivas. Secas. Incendios. Australia e Indonesia. Fortes
inundacións.
7
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Os cambios asociados ao ENOA producen grandes variacións meteorolóxicas e


climáticas en todo o mundo. Por exemplo, en Europa e Centroamérica prodúcense
importantes modificacións do réxime de precipitacións, secas e inundacións. Non
sabemos moi ben a que se deben estes efectos globais pero parece que o ENOA
afecta á circulación atmosférica global, modificando, por exemplo, as correntes de
chorro.

Ademais das correntes superficiais globais existen outras con efectos locais
como as que teñen lugar nas rías galegas determinando a CIRCULACIÓN
ESTUÁRICA.
As rías formáronse a partir dun sistema de fracturas terciario en dirección norte-
sur e norleste-suroeste. Unha posterior elevación continental provocou a escavación
fluvial destas fracturas, e tras a última elevación eustática (elevación do nivel do
mar debido ao desxeo que acompañou o final das glaciacións Cenozoicas), o mar
invadiu os vales fluviais dando lugar ás rías. Nestas cada marea a auga entra e sae
provocando unha alta renovación de nutrientes e permitindo o mantemento dun
ecosistema moi rico e produtivo. Cada ría presenta particularidades que determinan
a súa produtividade atendendo aos ventos dominantes, forma e profundidade da ría,
etc. En xeral todas comparten unha alta concentración de nutrientes que soen actuar
como factores limitantes, fósforo por exemplo, debido á entrada dos nutrientes na
auga mariña e a un importante intercambio que reduce a perda de nutrientes en
marea baixa.
Por outro lado, na costa galega prodúcense afloramentos de augas profundas,
frías e cargadas de nutrientes que aumentan a produtividade dos ecosistemas
mariños. Estes afloramentos están relacionados coa desviación que sofre a rama
descendente da corrente Noratlántica pola forza de Coriolis e cos ventos
dominantes.

2) Ondas. As ondas son movementos ondulatorios das partículas da auga


provocados por diferentes causas sendo o vento, o vulcanismo submarino e os

8
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

movementos sísmicos as causas máis frecuentes. As ondas son fundamentalmente


causantes de riscos derivados da dinámica hidrosférica a pesar de que tamén existen
investigacións que buscan un aproveitamento enerxético deste fenómeno.(enerxía
undimotriz)

3) Mareas. Son deformacións causadas na Terra pola atracción doutros corpos


planetarios, especialmente a Lúa e o Sol, e que teñen como consecuencia subidas e
baixadas periódicas do nivel do mar. A forza de atracción da Lúa é superior no
punto da superficie terrestre máis próximo a ela, nese punto prodúcese unha
elevación do nivel do mar na chamada marea proximal. No punto máis lonxe da Lúa
a forza de atracción deste astro é menor e iso da lugar a outro ascenso do nivel do
mar, a marea distal Como consecuencia deste equilibrio de forzas existen dúas
mareas altas e dúas baixas diarias.

Cando o Sol, a Terra e a Lúa están aliñados os seus efectos súmanse producíndose
as mareas vivas. Cando os Sol e a Lúa están en ángulo recto os seus efectos se
contrarrestan dando lugar ás mareas mortas.
A enerxía que desenvolven as mareas foi utilizada dende antigo nos muíños de
marea e as súas posibilidades de uso futuro son moi interesantes. A forma clásica
de obter enerxía eléctrica mediante as mareas, a enerxía mareomotriz, basease no
cerramento dun esteiro ou dunha baía mediante un dique con comportas. Nas
comportas instalamos turbinas conectadas a un alternador e con posibilidade de xirar
no cambio de marea, de forma que a produción sexa constante. En Galicia a

9
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

posibilidade de utilización a gran escala desta tecnoloxía está moi limitada debido a
estrutura das rías e as limitacións na produtividade que provocaría (paralizamos ese
intercambio de nutrientes que tan importante era para o ecosistema das rías). Na
actualidade so hai unha central deste tipo localizada en Francia. Porén, na
actualidade están desenvolvéndose novas tecnoloxías que nos permiten obter
enerxía mareomotriz sen pechar a costa. As primeiras centrais deste tipo están
construíndose en Irlanda e poden ser tidas en conta no caso galego.

6.3. Augas continentais.

As augas continentais teñen un tempo de residencia máis curto que as oceánicas,


renóvanse dun xeito máis rápido e, por iso, a maioría das augas continentais teñen un
baixo contido en sal (augas doces). O sal das augas continentais procede da auga de
choiva e do lavado das rochas polas que circula, desta forma a composición en sales da
auga continental cambiará segundo o substrato polo que circule.
Para o estudo das augas continentais e a súa relación co substrato, utilízase como
unidade natural a cunca hidrográfica. A cunca hidrográfica é a superficie de terreo que
inclúe un río e todos os seus afluentes, dende o nacemento ata a desembocadura. A auga
que se infiltra no solo, formando as augas subterráneas, tamén forma parte da cunca
hidrográfica. A liña imaxinaria que limita esta superficie denomínase divisoria de augas
e separa dúas cuncas. Xeralmente a liña divisoria de augas coincide coas cristas das
montañas. As augas superficiais da cunca hidrográfica forman a rede hidrográfica.

Segundo onde desauguen as augas superficiais, as cuncas hidrográficas


clasifícanse en :

10
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

• Cuncas exorreicas ou abertas. Son aquelas nas que as augas flúen ata
desembocar nun río que , finalmente, desemboca no mar.
• Cuncas hidrográficas endorreicas ou pechadas. Son aquelas nas que as augas
superficiais se infiltran no terreo ou se acumulan nun lago. Estas cuncas non
desembocan no mar.

Nunha cunca hidrográfica podemos distinguir entre augas superficiais e


subterráneas.

1) Augas de escorrentía de choiva. Son aquelas que circulan despois das chuvias ou
do desxeo, sen un leito fixo, polas zonas de máxima pendente. Estas augas
erosionan o relevo polo que discorren podendo dar lugar, en terreos de fácil
erosión, a estruturas características como cavorcos, chemineas de fadas, etc.
2) Os torrentes. Son correntes de auga que circulan por un leito de forma temporal
nas épocas de choivas ou de desxeo. Localízanse en zonas de montaña con fortes
pendentes tendo unha gran capacidade erosiva. Nun torrente diferéncianse tres
zonas:
- Cunca de recepción, onde se recollen as augas. Predomina a erosión.
- Canle de desaugamento, no que predomina o transporte. Por ela flúe a
auga recollida na cunca de recepción.
- Cono de dexección. Tramo final no que o torrente se une co río. A
redución da pendente provoca que predomine a sedimentación quedando
os materiais en forma de abano.
3) Os ríos. Son correntes de auga continuas que transportan as súas augas ata o
mar, ata un lago ou ata outro río. Tamén pode infiltrarse e pasar a formar parte
das augas subterráneas. O percorrido do río depende do relevo do terreo e tamén

11
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

dos diferentes materiais que conformen o leito polo que circule a auga. Igual que
sucede cos torrentes, nos cursos dos ríos diferenciamos tres zonas.
- Curso alto. É a parte inicial do percorrido, normalmente cunha alta
pendente que fai que predomine a erosión. O río vai encaixado entre
montañas formando vales co aspecto dun V pechado.
- Curso medio. Zona media do percorrido cunha pendente suave. A auga
circula con menos velocidade predominando o transporte. A estrutura do
val modifícase para adquirir un aspecto de V aberta.
- Curso baixo. Tramo final do río onde desemboca no mar, lago,...
Prodúcese a sedimentación dos materiais transportados ao reducirse a
velocidade da corrente.

O caudal dun río (volume de auga que este transporta expresado


normalmente e m3 /s) varía nos distintos puntos do curso do río e tamén ao longo
das estacións. Os ríos españois presentan maior caudal en primavera e outono,
épocas nas que poden experimentar grandes enchentes. Os hidrogramas son
gráficos que representan a variación do caudal dun río tras un episodio de
inundación, no caso do hidrograma sinxelo, e anualmente nos hidrogramas
anuais. Os hidrogramas permiten estudar o comportamento do río e predicir
cheas, usos da auga, ...

4) Os glaciares. Son masas de xeo que se acumulan en rexións nas que a


acumulación de neve é superior ao desxeo. A súa localización está determinada

12
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

pola altitude e a zona climática. As masas de xeo flúen a favor das ladeiras de
forma similar aos ríos pero a moi pouca velocidade. Existen diversos tipos de
glaciares sendo os alpinos os máis abundantes en Europa. Neste tipo de glaciares
distinguimos un lugar de acumulación, o circo glaciar, dunha lingua glaciar na
que o xeo acumulado no circo comeza a descender pola ladeira. O xeo glaciar
ten unha gran capacidade de erosión, dando lugar a vales de paredes verticais e
fondo plano chamados vales en artesa ou en U. Os materiais transportados polo
glaciar reciben o nome de morrea podendo ser, segundo a súa localización na
lingua glaciar, morrenas de fondo, laterais, centrais ou frontais. En Galicia temos
interesantes exemplos de modelado glaciar, consecuencia das glaciacións
cuaternarias, nas montañas de Lugo e Ourense.
5) Lagos e encoros. Son masas de auga de gran extensión que poden acadar
importantes profundidades. A orixe dos lagos pode ser variada sendo os encoros
os producidos como consecuencia da construción dunha presa. Nos lagos o
tempo de residencia da auga é superior ao ano pero normalmente non son
sistemas pechados senón que están intercambiando auga con afluentes e
efluentes. Como comentamos no tema 3, nos lagos desenvólvense ecosistemas
lénticos nos que a temperatura, a luz e a concentración de gases actúan como
factores limitantes. Nos lagos e encoros a sedimentación continuada dos
materiais transportados nos afluentes provoca que sexan estruturas destinadas á
colmatación (a encherse de sedimentos)
6) Os humidais. Son extensións de terreo saturadas de auga ou cubertas por augas
pouco profundas. A pouca profundidade permite o establecemento de vexetación
no fondo. Son ecosistemas moi afectados polo cambio climático e polas
actividades humanas. (desecación da lagoa de Antela ou das Tablas de Daimiel)
7) As augas subterráneas. Son as que se atopan baixo a superficie do terreo e
forman unha gran reserva de auga continental. Proceden da infiltración da auga
superficial e circulan polo subsolo empapando as rochas permeables.
Cando a auga chega a unha zona impermeable, acumúlase e vai
enchendo os poros e as fisuras das rochas que están por riba del. Esta porción,
na que as rochas están saturadas en auga, denomínase zona de saturación. A
zona superior, na que os poros das rochas non están saturadas de auga, constitúe
a zona de aireación. A superficie de contacto entre a zona de saturación e a de

13
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

aireación chámase nivel freático. Este nivel sofre variacións estacionais de


forma natural.

Segundo as características xeolóxicas do terreo e das rochas nas que se


localizan, diferenciamos distintos tipos de acuíferos, por exemplo:
- Acuíferos libres nos que o nivel freático se sitúa nunha rocha porosa.
- Acuíferos confinados nos que a auga do acuífero está entre dúas capas
de rochas impermeables, polo que está sometida a unha presión elevada.

14
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

6.4. Usos da auga.

A auga é un recurso fundamental por unha serie de particularidades:


1. É imprescindible para a vida. O home necesita auga para
consumo propio, para obter alimentos (agricultura,...) e para moitas actividades
industriais.
2. É un recurso limitado. De todos os recursos hídricos (as augas
presentes na natureza), só unha pequena parte pode ser aproveitada, as augas doces
superficiais e as subterráneas.
3. É un recurso renovable sempre que respectemos o seu ritmo
de producción (ciclo hidrolóxico)
4. É moi vulnerable por contaminación resultando despois inútil
para moitos dos seus usos.
5. Está moi irregularmente repartido. A dispoñibilidade da auga
está moi influída polo réxime de precipitacións. Non é suficiente con que chova, é
necesario que o tipo de precipitacións tamén sexa a adecuada para favorecer o uso e
o almacenamento do recurso.
O reparto desigual da auga ten un compoñente xeográfico importante pero tamén
está influído polo nivel de desenvolvemento do país. Mentres que en moitos países
pobres a poboación sobrevive con cinco litros de auga por persoa e día, en Estados
Unidos chegan aos 523 litros por persoa e día. (Europa 300 l.p/día, España 200
l.p/día ). Nestes casos a distinta dispoñibilidade do recurso está ligada non só ás
precipitacións senón tamén ao desenvolvemento tecnolóxico que permite aumentar
reservas e favorecer usos (un caso espectacular é a cidade de Las Vegas, unha urbe
que creceu grazas a unha extensa rede de abastecemento que leva auga centos de
quilómetros ao interior do deserto no que se atopa a cidade.) Galicia é un caso
especial dentro de España, xa que as precipitacións son moi abundantes e as
infraestruturas de almacenamento de auga están suficientemente desenvolvidas
como para que teñamos suficiente cantidade de auga para satisfacer as demandas.
Unicamente aparecen problemas en zonas puntuais. Igual que en Galicia, no resto da

15
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Península as infraestruturas e as precipitacións serían suficientes si se fixera un uso


racional da auga ( temos suficiente auga pero que non a usamos ben).

Os usos da auga clasifícanse en dous grandes grupos:


- Consuntivos. Son os usos nos que se consume realmente auga, ou polo menos a
auga perde calidade e non pode ser reempregada de novo directamente. Os usos
consuntivos son de tres tipos:
 Doméstico.(Aproximación de usos e actividades nunha casa dun país
desenvolvido: bebida e cociña 2%, hixiene persoal 37%, uso do váter 32%,
lavado de vaixela e roupa 16%, resto 13%)
 Industrial. (Consumo de auga necesaria para a produción dun quilo dos
seguintes produtos: aceiro 280 litros, papel 250 l., plástico 2.000 l., algodón
10.000 l., arroz 4.000 l.) Os usos industrial e mineiro poden ademais levar
asociados importantes procesos contaminadores.
 Agrícola e gandeiro. Os regos e as canles son sistemas de rego tradicionais
mediante os que se fai chegar a auga dos ríos as terras de cultivo. Este método
de regadío recibe o nome de rego por inundación ou a manta. Esta forma de
regadío provoca importantes perdas por evaporación e infiltración e pode
asociarse a problemas de salinización polo que tende a abandonarse. Outras
formas de regadío máis utilizadas hoxe en día son o goteo ou a rega por
aspersión.
A forma na que ser reparten os distintos usos da auga por actividades pode ser
unha medida do grao de desenvolvemento dun país. China dedica a maior
proporción da auga á agricultura, mentres países como Estados Unidos ou Canadá
teñen o uso industrial como maioritario. España sitúase cerca da media mundial na
distribución de usos consuntivos da auga.

Media mundial Media española

16
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

- Non consuntivos. Enerxético, navegación, recreativo e ecolóxico. O uso ecolóxico


ten como finalidade a utilización dunha parte dos recursos hídricos renovables no
mantemento dos ecosistemas acuáticos e na calidade da paisaxe. Defínese neste uso
o caudal mínimo ou ecolóxico como a cantidade menor de auga que permite o
aproveitamento ecolóxico.

O home precisa intervir no ciclo hidrolóxico para aumentar a cantidade de auga


doce dispoñible. Estas intervencións centráronse no pasado na fase hidrosférica
continental pero é posible desenvolver mecanismos para aproveitar as fases oceánica e
atmosférica.
• Fase hidrosférica oceánica. A desalinización da auga do mar é un proceso
tecnoloxicamente posible pero enerxética e ecoloxicamente caro. Nas plantas
desalinizadoras sepáranse as sales da auga mariña mediante distintas técnicas
como a electrodiálese ou a destilación térmica.
• Fase hidrosférica continental:
- Construción de presas. Responden a dúas necesidades: almacenar auga e
reducir os riscos por avenidas fluviais (a laminación hídrica permite
conectando os distintos encoros dun mesmo río, adiantarse ás crecidas
reducindo as avenidas).
- Transvasamentos. Son construcións destinadas a canalizar auga dende
unha cunca hidrográfica con excedentes a outra con déficit.
- Aproveitamento das augas subterráneas.

6.5. Impactos sobre a hidrosfera

a. SOBREEXPLOTACIÓN. Este problema é especialmente patente no caso das


augas subterráneas. A explotación dos acuíferos a un ritmo superior ao de recarga
conduce ao seu esgotamento dando lugar á desecación de mananciais e dos ríos e
humedais que poden xurdir deles.
A construción de pozos debe realizarse de acordo a unha serie de regras entre as
que destaca a necesidade dunha distancia mínima entre pozos para evitar non só a

17
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

sobreexplotación do acuífero senón tamén o efecto do cono de depresión. Cando


se extrae auga dun pozo, o nivel freático ao redor do pozo baixa de nivel dando
lugar a unha depresión cónica coñecida como cono de depresión.

Os conos de depresión deben


ser tidos en conta na
planificación de uso dos
recursos do subsolo para evitar
efectos non desexados .
(contaminación por exemplo)

O problema da sobreexplotación é
especialmente grave nos acuíferos
próximos á costa, nos que a auga mariña

18
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

vai gañando espazo a medida que


consumimos a auga doce. A intrusión
salina é un fenómeno moi frecuente na
cunca mediterránea que da lugar á salinización das augas subterráneas primeiro e
dos solos despois. Unha explotación respectuosa cos ritmos de recarga evitaría o
aumento da intrusión mariña mantendo o equilibrio natural.

Outra consecuencia da sobreexplotación dos acuíferos pode ser o afundimento


ou subsidencia do terreo situado sobre o acuífero. A medida que se extrae a auga a
presión desta descende e con ela o terreo (poden ser colapsos catastróficos ou
descensos continuados que en ocasións superan os oito ou nove metros en poucos
anos)

b. CONTAMINACIÓN.
Na Lei de Augas defínese contaminación da auga como a acción e o efecto de
introducir materias ou formas de enerxía ou inducir condicións na auga que, de
modo directo ou indirecto, impliquen unha alteración perxudicial da súa calidade
en relación cos usos posteriores ou coa súa función ecolóxica. (introdución na
auga de substancias ou cambios físicos que provoquen unha alteración das súas
características e polo tanto da súa calidade).
A contaminación das augas pode ter orixe natural e antrópico sendo as principais
fontes deste tipo:
- As actividades industriais e mineiras. A contaminación provocada por
industrias e minería é moi variada, por exemplo as actividades mineiras fan que na
cunca do río Umia a auga poda chegar a ter un ph cércano a 2.
- As actividades agrícolas e gandeiras. Fertilizantes, hormonas, praguicidas e
zurros.
- As augas residuais urbanas. Que en ocasións son vertidas directamente aos
ríos, lagos ou o mar. Ocasionan unha importante contaminación por patóxenos e
por materia orgánica.
- Os lixiviados. Residuos líquidos producidos a partir de RSU, balsas de minería,
etc.

19
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Tipos de contaminantes:

Físicos: TIPO FONTE EFECTOS


- Temperatura - Actividades Industriais que empregan a auga - Osíxeno disolvido.
(Aumento ou diminución) como refrixerante. - Organismos estenotermos.
- Augas procedentes das turbinas das centrais
- Velocidade das reaccións químicas
hidroeléctricas.
- Ciclos vitais.
Sólidos en suspensión. - Augas residuais industriais e mineiras. - Alteracións nas cadeas tróficas
Inorgánicos (lodos, etc) - Augas residuais domésticas. (Fotosíntese)
Orgánicos (Restos de - Erosión do solo. - Eutrofización
plantas e animais.) - Dificultades respiratorias e motoras.
- Modificación das propiedades físicas
da auga (color, sabor, olor)
Partículas radioactivas. Centrais nucleares. - Danos sobre a saúde.
- Circuítos de refrixeración. - Acumulación de lodos tóxicos (Ríos,
- Residuos. lagos, encoros, mares e océanos)

Químicos: TIPO FONTE EFECTOS


Cloruros Intrusión mariña. - Parámetro biolóxico.
I Augas residuais domésticas.
N Metais pesados Vertidos industriais Bioacumulación.

O Envelenamentos.

R Danos específicos.
Nitróxeno e Augas residuais domésticas. Eutrofización.
G
derivados. Vertidos agrícolas e gandeiros.
Á Fósforo e derivados Deterxentes. Eutrofización
N Augas residuais domésticas.
I Vertidos industriais.
C
O
S
O Graxas animais e Augas residuais domésticas e Alteracións nas cadeas tróficas (Fotosíntese)
R aceites. industriais. Dificultades respiratorias e motoras.
G. Modificación das propiedades físicas da auga.
Pesticidas Actividades agrícolas Toxicidade.
Bioacumulación
Variación de cor.

20
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Deterxentes Augas residuais domésticas. - Dificultan o intercambio de gases.


Vertidos industriais. - Aportan fósforo.
Fármacos Antibióticos. Residuos gandeiros.
Ibuprofeno Augas residuais
G Sulfuro de Descomposición de augas - Olores e mal sabor.
A hidróxeno residuais domésticas.
S

Biolóxicos: TIPO FONTE EFECTOS


Bacterias - Augas fecais Febre tifoidea.
Cólera.
Cianotoxinas.
Disentería bacteriana.
Gastroenterite.
Conxuntivite.
Virus Augas fecais Hepatite e Poliomielite.
Protozoos. Augas fecais Disentería amebiana.
Animais parasitos. Augas fecais Esquistosomiase.

Principais efectos da contaminación da hidrosfera:

1. Eutrofización. Causada polo aumento excesivo de nutrientes (nitróxeno e fósforo) en


ecosistemas lénticos (lagos ou encoros) ou, en casos especiais, en ríos lentos e costas. (Cando a
cantidade de materia orgánica vertida neles é alta). Este aumento de nutrientes pode deberse a
múltiples causas (fertilizantes, deterxentes con fosfatos,…)
O aumento da materia orgánica da lugar a unha proliferación do fitoplancto que enturba
e recobre as augas dando lugar a unha cuberta verdosa que impide o paso da luz.
Ligado ao aumento de fitoplancto prodúcese un aumento de zooplancto, e ambos
provocan un aumento moi importante da demanda biolóxica de osíxeno (DBO) podendo chegar a
reducir a concentración de osíxeno de forma notable.
Sen osíxeno nin luz prodúcese a morte masiva dos organismos planctónicos que irán
acumulándose no fondo.
Comeza a degradación aerobia da materia acumulada no fondo por parte dos
microorganismos que aumentan así a DBO.
Unha vez consumido todo o osíxeno comeza o proceso de degradación anaerobia que
produce gases, mal olor e cor verdosa da auga.

21
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Os principais responsables do proceso de eutrofización son as augas residuais urbanas,


os fertilizantes e os residuos gandeiros. O proceso de eutrofización tamén pode desencadearse por
contaminantes que reduzan o intercambio de gases e/ou luz. (sólidos en suspensión, escuma,…)
A auga dispón de sistemas de limpeza, que se levan a cabo mediante o ciclo de autodepuración que
debe ser respectado para evitar os problemas de contaminación. Mecanismos de autodepuración
son, por exemplo, a actividade de fungos e bacterias mediante biodegradación ou o movemento da
auga que evita a acumulación dos contaminantes. Grazas a esta capacidade de autodepuración, os
ríos presentan moi pouca inercia e un comportamento moi elástico respecto aos contaminantes
(cambia rapidamente a súa situación), xusto o contrario dos océanos.
2. Contaminación das augas subterráneas. Cunha problemática específica debido ás
dificultades que presenta a detección da contaminación, á dispersión das fontes e as dificultades que
o tipo de depósito provoca sobre as posibles solucións (non é fácil limpar un acuífero). A orixe da
contaminación das augas subterráneas son a salinización mariña e a infiltración de contaminantes de
todo tipo de actividades. Normalmente a única solución a este problema é abandonar o uso desa
auga e esperar a que se produza a rexeneración natural xa que as solucións tecnolóxicas son caras e
complicadas. Hai que ter en conta ademais que moitas veces non detectamos os problemas de
contaminación das augas subterráneas ata que non adquiren un carácter grave.

3. Vertidos de hidrocarburos. A
imaxe dos océanos como inmensos vertedoiros
de residuos acompañou ao home durante todo o
século XX. As augas residuais e os residuos
sólidos urbanos da maioría das cidades eran
liberados ao mar sen sufrir ningún tipo de
tratamento, confiando na enorme capacidade de
autodepuración dos océanos. O ritmo de
contaminación chegou a ser tan importante que
incluso tivo que prohibirse o consumo da pesca
obtida cerca de determinadas cidades.

Nos medios de comunicación RÍOS (ORI


escoitamos con certa frecuencia situacións de URBANO
50 %

22
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

contaminación aguda dos océanos, é o caso dos


accidentes, pero por desgraza os principais
problemas de contaminación que sofre este
son problemas de contaminación crónica.
Un exemplo desta situación é o caso da contaminación por hidrocarburos. As mareas
negras debidas a accidentes non son responsables más que do cinco por cento do total de
contaminación por hidrocarburos dos océanos, sendo a contaminación procedente dos ríos a
principal fonte deste problema.
Cando se produce un vertido de petróleo o proceso contaminador pasa por tres etapas:
- Unha expansión inicial na que o petróleo recubre a superficie dificultando o intercambio de
gases e luz.
- Unha segunda fase de estabilización dos contaminantes que afectan ás distintas
comunidades: Nectónica, planctónica e bentónica. O petróleo resulta tóxico, dificulta a
respiración, a fotosíntese e o control da temperatura. A afección dos ecosistemas pode
provocar a perda de fases larvarias (planctónicas) dando lugar a efectos a longo prazo.
- Unha fase de reconstrución e recolonización, nunha sucesión secundaria que non
necesariamente debe ser como a existente antes do vertido.
Os efectos dunha marea negra sobre os ecosistemas parecen ser persistentes no tempo
dando lugar a períodos de rexeneración de entre tres e nove anos.
As solucións posibles para este problema parten de tomar unha serie de medidas
preventivas que eviten novos vertidos (barcos de dobre casco, control nas operacións navais,
melloras nas plataformas de extracción,...) e correctoras (barcos anticontaminación, estabilización
dos vertidos con produtos químicos, recollida do fuel,...)

4 Problemas e riscos de contaminación das rías galegas. A contaminación principal das rías
galegas procede por un lado das augas residuais urbanas, que seguen a ser vertidas sen depuración
en moitas ocasións, e das actividades industriais e gandeiras. Destacan pola súa importancia a
contaminación por materia orgánica producida nas celulosas (verte grandes cantidades e dunha
forma moi puntual) e as industrias conserveiras.
Os ecosistemas das rías presentan unha problemática específica xa que son lugares de
sedimentación o que favorece a acumulación tamén dos contaminantes. Por outro lado, os ventos
dominantes dificultan en ocasións o proceso de dispersión. Mención especial merecen os
contaminantes tóxicos e persistentes, organoclorados, organofosforados,..., que se liberan

23
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

directamente ás rías, xa que son acumulados durante longos períodos de tempo podendo provocar
problemas de bioacumulación.
Outro impacto específico nas rías galegas está relacionado coa existencia de presas
que reducen o sedimento que chega ás rías reducindo a produtividade destas. (Os sedimentos de
maior tamaño quedan retidos nos encoros).
No Plano de Saneamento de Galicia, as grandes cidades galegas están obrigadas por
lei a depurar as augas residuais, igual que as industrias están obrigadas a controlar a calidade das
augas que liberan nas rías, especialmente no referente á materia orgánica.

6.6. A calidade da auga

Na Carta Europea da Auga, coidar a calidade desta aparece como un obxectivo tan
importante como asegurar a cantidade, xa que pouca utilidade podemos dar a un recurso dispoñible
se non pode ser empregado. Para medir a calidade da auga existe unha “rede integrada de calidade”
que recibe información en diferentes seccións dos cursos de auga sobre diferentes parámetros. Estes
parámetros serán:
o Físicos: coma cor, olor, sabor, transparencia, temperatura, radioactividade ou
condutividade eléctrica (indica a presenza de sólidos disolvidos ou en suspensión).
o Químicos: poden ser inorgánicos coma o pH ou a dureza e orgánicos coma o O2
disolvidos ou a demanda biolóxica de osíxeno (DBO).
o Biolóxicos: indicadores de contaminación fecal ou de presenza de patóxenos potenciais.
Utilízanse métodos cualitativos (tipos de organismos) ou cuantitativos (cantidade máxima
permitida)
A calidade das augas europeas parece mellorar, segundo o último informe da Axencia
Europea do Medio Ambiente, isto significa que as medidas para controlar a demanda e reducir a
contaminación nos países da UE están funcionando. Pero aínda quedan puntos escuros nos que
debemos mellorar.
- Os países da cunca mediterránea, con menor dispoñibilidade do recursos, temos un
alto índice de consumo. Nestas zonas o consumo agrícola é moi elevado pagando o agricultor
prezos moi baixos polo recurso.
- Nalgúns países as perdas de auga por fugas nos sistemas de distribución son moi
elevadas, chegando en ocasións ao 40% do subministro (Vigo). En España pérdense novecentos mil

24
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

millóns de litros de auga ao ano, suficiente para asegurar o consumo de toda a Comunidade de
Madrid durante ano e medio.
- A información sobre a contaminación que chega ao Mediterráneo é moi limitada
sendo frecuente un exceso de concentración de contaminantes en mexillón e peixes nos grandes
esteiros e cerca dalgunhas industrias e portos.
- Aínda moita poboación non está conectada a instalacións de tratamento de augas
residuais.
Os principais tratamentos que se proporcionan ás augas en Europa son a potabilización e a
depuración.
Depuración. As augas residuais urbanas e as industriais producidas nos núcleos urbanos deben
sufrir un tratamento nas estacións depuradoras antes de ser devoltas aos ecosistemas.
Tratamento T.Terciario
primario T.secundario (Opcional).
a) Liña de aguas. Pretratamento Físico-químico-biolóxico

c) Liña de gases.
b) Liña de lamas.

As EDAR (Estacións depuradoras de augas residuais) soen ter tres liñas nas que a auga
sofre diferentes tratamentos:
a) Liña de augas:
- Pretratamento: desbaste, desareado, desengraxe.
- Tratamento primario (físico): decantación, coagulación, flotación e
neutralización.
- Tratamento secundario (biolóxico): oxidación biolóxica (Anaerobia primeiro e aerobia
despois) e decantación secundaria.

25
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

- Tratamento terciario (fisico-químico-biolóxico). Elimina fundamentalmente nitróxeno


e fósforo e permite a reemprego posterior da auga. Só é obrigatoria nas grandes
cidades.
b) Liña de lamas. Produce residuos que, cando non se separan augas industriais e urbanas, poden ter
unha importante concentración en metais pesados
c) Liña de gases.

Potabilización. Ten lugar en plantas potabilizadoras e é o tratamento que reciben as augas para ser
destinadas ao consumo doméstico. A auga procedente dun río ou un encoro sofre tres tipos de
tratamento antes de enviarse para o consumo:
Físicos: Filtrado e sedimentación.
Químicos: Aireación e floculación.
Biolóxicos: Cloración, radiación, ozono.

6.7. A xestión da auga

A auga é un recurso peculiar e polo tanto a súa xestión debe responder ás súas
características. Unha correcta xestión da auga (pública ou privada) debe atender ás demandas
actuais e futuras, asegurando a cantidade e calidade da auga, compensando desequilibrios entre as
rexións e procurando a autoxestión mediante a recuperación de custes. Para acadar estes obxectivos
existen dous grupos de medidas, unhas encamiñadas a aumentar a dispoñibilidade mediante as obras
públicas (transvasamentos, encoros,...) e outras que buscan racionalizar os usos da auga mediante a
xestión do consumo (prezos, conduccións, aforro,...). Ambos grupos de medidas deberían asociarse
para realizar unha correcta xestión final dos recursos hídricos.
No Informe da auga da UNESCO aparecen os desafíos máis importantes aos que nos
afrontamos para xestionar a auga.

DESAFÍOS DA AUGA NA TERRA.


(Informe da Auga da UNESCO.2003)

26
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

1. Satisfacer as necesidades humanas básicas. (6.000 persoas morren ao día por non dispoñer de
auga potable.)
2. Protexer os ecosistemas en ben da poboación e do planeta
3. Cidades: Necesidades diverxentes do entorno urbano.
4. Asegurar o subministro de alimentos para unha poboación mundial crecente.
5. Promover unha industria limpa en beneficio de todos.
6. Utilizar a enerxía para cubrir as necesidades de desenvolvemento.
7. Reducir riscos e facer fronte ás incertezas.
8. Compartir a auga: Definir o interese común.
9. Identificar e valorar as múltiples facetas da auga (Prezo)
10. Asegurar a difusión dos conceptos básicos (Educación ambiental)
11. Administrar a auga dun modo responsable para asegurar un desenvolvemento sostible.

En España a xestión da
auga está organizada a partir das cuncas
hidrográficas nun Plan Hidrolóxico
Nacional que ten como función
coordinar e regular os planes de cunca.
Inclúe medidas en infraestruturas así
como outras para controlar a calidade da
auga.

Galicia presenta máis aportes que a media nacional o que permite compensar en parte
as dificultades para a infiltración e acumulación de augas subterráneas que presentan as rochas
graníticas ou os xistos. A pesar dos altos aportes cada vez son máis frecuentes as situacións de
dificultade no abastecemento no verán como consecuencia do aumento de poboación unido ao
descenso de precipitacións.

A Coruña Santiago Lugo Ourense Pontevedra. Vigo.


Prezo €/m3 0’31 0’37 0’37 0’37 0’23 0’31
Consumo en
litros/habitante/dí 148 100 103 166 159 160
a
Mínimo Trimestral. Bimensual Trimestral Bimensual Bimensual Bimensual
18 m3 15 m3 27 m3 10 m3 15 m3 30 m3

27
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

Respecto á calidade das augas galegas debe ser definida como media baixa debido,
como xa vimos, aos vertidos industriais, urbanos, agrícolas e gandeiros. A xestión da auga en
Galicia obriga á súa potabilización e á depuración das augas residuais urbanas a pesar de que este
último punto non se cumpre en moitas ocasións.

6.8. Riscos derivados da dinámica hidrosférica

a. Afundimentos freáticos.
b. Secas.
c. Rotura de presas.
d. Inundacións.

b.Secas.
Son frecuentes nas estacións secas en lugares nos que a dispoñibilidade de auga non é
moi alta. Tres son os factores que inflúen na aparición e frecuencia das secas: tamaño da poboación
a abastecer, precipitacións e obras públicas para almacenamento de auga. En España é un fenómeno
frecuente no sur e no levante.

d. Inundacións.
Enténdese por inundación ao desbordamento dunha masa de auga, cos sedimentos que
transporta, quedando somerxidas zonas que normalmente non o están.
Os ríos discorren habitualmente por unha canle, o leito menor, máis ou menos encaixado nos
seus sedimentos, que constitúen a chaira aluvial ou de inundación. En períodos de crecida a auga
desbórdase sobre a chaira de inundación, sobre a que deposita sedimentos polo que estas soen ser
zonas de gran riqueza agrícola. Nas inundacións a forza das augas pode arrastrar materiais e causar
grandes perdas, incluso catástrofes se a zona está habitada.
As inundacións son fenómenos naturais con múltiples causas: climáticas (desxeo,
precipitacións ciclónicas, tormentas, gota fría) ou xeolóxicas (tsunamis, erupcións volcánicas). Pero
tamén existen causas antrópicas que de forma directa ou indirecta dan lugar ou favorecen as
inundacións.
• Directas:
- Rotura de presas.

28
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

- Extracción de áridos. Aumenta a velocidade da corrente e con ela a potencia


erosiva.
- Canalizacións. En moitas ocasións os ríos son canalizados no seu paso polas
poboacións acurtando o seu percorrido e reducindo a potencia de fricción e a
infiltración. Todas estas consecuencias aumentan a velocidade da corrente e polo tanto
a capacidade do río para erosionar e producir danos en caso de inundación.

• Indirectas:
- Deforestación. A vexetación reduce a velocidade da corrente e aumenta a
infiltración. As plantas polo tanto, reducen a capacidade da corrente para erosionar o
solo e o volume de auga que descende pola ladeira (pola reducción de sedimentos e de
auga pola infiltración)
- Falta de mantemento das ribeiras. Os residuos que se acumulan nas ribeiras
favorecen a formación de represamentos que, cando se liberan, producen avances
importantes da auga.
- Cambios climáticos.

Xa vimos como as inundacións teñen un efecto natural moi interesante, fecundando as


chairas aluviais e permitindo a aparición de solos moi ricos e con gran capacidade de rexeneración
(en cada inundación, normalmente na primavera.). Pero a este beneficio temos que enfrontar
importantes perdas económicas e de vidas humanas, ata o punto de que as inundacións son o maior
risco catastrófico a nivel mundial despois dos terremotos. Unha das principais causas da magnitude
das catástrofes producidas polas inundacións é a ocupación das chairas de inundación, fértiles, con
fácil acceso á auga e con topografía suave. Así o home leva séculos modificando os ecosistemas
fluviais, gañando terreo ao río sen ter en conta o comportamento deste nin dos ecosistemas a el
asociados.
Unha correcta planificación de riscos por inundación debe incluír os tres tipos de
medidas habituais:
o Medidas preditivas. Para coñecer o comportamento do río debemos estudar os
hidrogramas, analizando o tempo de recorrencia das inundacións. Moitas veces o tempo
de recorrencia dificulta a percepción do risco por parte das poboación que viven nas
chairas aluviais. Cando un fenómeno se repite ano tras ano resulta fácil convencer á
poboación da necesidade de tomar medidas para reducir o risco, pero cando este ten un

29
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente
Tema 6: A Hidrosfera
IES Ponteceso

tempo de recorrencia maior resulta máis complicado apelar á memoria para limitar as
construcións ou prohibir determinados usos do solo.
Unha vez estudado o comportamento do río deberemos realizar mapas de risco por
inundación que nos permitan predicir o fenómeno.
o Medidas preventivas e correctoras.
Estruturais
- Actuacións na vertentes: Reforestación, mantemento,...
- Construción de diques.
- Laminación hídrica. Construción dun sistema de presas que permita controlar as
crecidas.
- Actuacións nos leitos: desvíos, mantemento,etc.
Non estruturais.
- Planes de emerxencia.
- Ordenación do territorio. Evitando as instalacións urbanas en zonas onde
existe risco de inundacións.

30