You are on page 1of 1

orientación educativa >>

miércoles, 21 de octubre del 2015 | la voz de la escuela

3

ESCUELA
DE PADRES
TEMA DO MES: ¿A que
dedican o tempo os nosos
fillos?
ETAPA: Educación obrigatoria.
O DATO: Máis do 80 %
dos pais e nais dan prioridade aos deberes á hora de
planificar o tempo libre dos
seus fillos, mentres o xogo
e a actividade espontánea
considéranse importantes
só no 9 % dos casos (Heike
Freire, autora de «Hiperactividade e déficit de atención»).

ÓSCAR CELA

Os estudantes teñen que ser capaces de facer os deberes sen axuda de adultos para que resulten beneficiosos

¡Ai, os deberes!
As tarefas escolares para casa son un crebacabezas para moitas familias
Son moitos os pais que cando van recoller ao seu fillo á porta do colexio o
primeiro que fan é preguntarlle: «¿Tes
moitos deberes para mañá?», mentres
miran de esguello (e sempre con moita
aprehensión) o mochilón que carga ás
súas costas repleto de obrigacións para o
día seguinte. Exercicios de Matemáticas,
redaccións para clase de Lingua, actividades do libro de Ciencias ou esquemas
do tema 2 de Sociais. Case nunca se trata
de cousas divertidas... e tárdanse en facer
máis do que parece. O peor de todo é
que non serven para demasiado. Así o
que reflicte o último estudo realizado
pola OCDE sobre o Informe Pisa 2012,
que achega os seguintes datos:
n España é o quinto país que máis deberes pon nunha lista de 38. Só en Irlanda, Italia, Polonia e Rusia se pon máis
deberes.

n Os estudantes españois dedican 6,5
horas semanais a facer as tarefas, fronte
a unha media de 4,9 no resto dos países
da OCDE.
n Dous das nacións nas que menos tarefas se mandan (unhas 2 horas semanais)
son as que obteñen mellores resultados
académicos: Finlandia e Corea do Sur.
En contraste, a pesar dos mediocres
resultados dos estudantes españois nas
probas Pisa, son dos que se escolarizan
antes, pásanse máis horas nos centros
educativos e levan máis deberes para
casa. A pregunta é obrigada: ¿que está
a fallar?
Segundo a Ceapa (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais
de Alumnos), que representa a miles
de familias de toda España, está a fallar
todo o sistema educativo. En concreto
denuncia que os deberes se converteron

nunha prolongación da xornada escolar
que xera moitos conflitos na familia e
desigualdade entre o alumnado. «Non
todas as familias poden pagar un profesor particular nin tampouco contan cos
mesmos recursos nin formación para
axudar aos seus fillos».
Por iso piden que non haxa deberes
fóra do horario escolar ou, de pólos, que
sexan actividades complementarias relacionadas coa lectura, a investigación
e a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación. Tamén propoñen programas de apoio dentro dos
propios centros educativos e cambios no
currículo e a metodoloxía «para que o
sistema educativo se adapte á sociedade
do século XXI».

ALGUNHAS CLAVES: Asegurarse de que, ademais do
tempo que dedica á xornada escolar, ás extraescolares e aos deberes, teña
polo menos un intre de esparexemento e xogo.
PARA SABER MÁIS: Os
deberes repetitivos non
melloran o rendemento escolar e si afectan negativamente á felicidade dos nenos e á calidade de vida
das familias. Isto é o que
pensan as máis de 100.00
persoas que xa asinaron a
petición de Change.org
«Pola racionalización dos
deberes no sistema educativo español» para que se
eliminen canto antes os deberes abusivos e se propoñan tarefas razoables. «A
racionalización dos deberes é só un cambio máis
entre os moitos que necesita o sistema educativo
español», opina Eva Bailén,
enxeñeira de telecomunicacións e nai de tres fillos
que impulsou esta petición
dirixida ao Ministerio de
Educación.: https://goo.
gl/4gvgDI

> Ana T. Jack
anatjack@edu.xunta.es

Tarefas con sentido
Mandar deberes para casa pode achegar beneficios ao alumno, a condición
de que cumpran uns criterios básicos:
1. Que os poidan facer eles sos de forma autónoma, sen que un adulto (os
propios pais ou un profesor particular)
teña que estar ao seu lado para explicar
os contidos e guiar a tarefa.
2. Que non sexan excesivos: nin de todas as materias nin todos os días. Para
iso é imprescindible que os profesores
se coordinen entre si.
3. Que non empecen antes de 3.º de primaria e non ocupen moito máis dunha
hora diaria.

4. Que sexan tarefas individualizadas, adaptadas ás necesidades de cada
alumno. Por exemplo, a Luis vénlle
ben practicar a lectura comprensiva,
a Marta repasar a táboa de multiplicar,
a Raquel a caligrafía...
5. Que teñan en conta os diferentes
ritmos e capacidades de traballo (se
cadra Antón faino en media hora, pero
Alba pasarase case tres horas loitando
cos exercicios de Matemáticas). Unha
solución é establecer polo menos dous
niveis de actividades: as obrigatorias e
as voluntarias ou de ampliación, para
os máis rápidos e motivados.
6. Que sexan actividades que sirvan

para repasar conceptos xa aprendidos
en clase (e non se aproveite para meter
contidos novos).
7. Que favorezan a creatividade. Que
estean relacionados coa experimentación e investigación. Por exemplo:
visitas a museos e bibliotecas, análises
de noticias, manualidades, problema
de enxeño, argumentacións...
8. Que estean conectados coa cultura
audiovisual e a sociedade da información na que naceron (visionado de
películas, procura en Internet, presentacións, webquest, redes sociais...).
9. Que fomenten o traballo en equipo,

o compañeirismo e o éxito colectivo.
10. Que sexan revisados e corrixidos
polo profesor, para dar ao alumno información acerca dos acertos obtidos
e os erros.
11. Que non aumenten para o fin de
semana ou en períodos vacacionais.
Estes días son para descansar e para
facer outro tipo de actividades.
12. Que sexan actividades atractivas e
motivadoras: non monótonas, repetitivas e pesadas.
En resumo, ¡que non quiten as ganas
de aprender!