http://ppdodro.blogspot.

com

Revista do Grupo do Partido Popular de Dodro • NOVEMBRO 2008

O monitor deportivo, Alfonso Fernández, foi despedido sen motivo algún por parte do goberno PSG-BNG, a pesar de que dende fai 4 anos viña facendo unha labor recoñecida pola inmensa maioría dos veciños de Dodro, que se manifestaron pedindo que se mantivera no seu posto de traballo. O PARTIDO POPULAR solicitou de xeito inmediato a celebración dun pleno extraordinario para enmendar a situación e que Alfonso fose readmitido, pero tanto o BNG como o PSOE votaron en contra. Deste pleno resultou que: • A concelleira de deportes, Ana Mene, responsabilizou a Alfonso duns supostos incidentes ocorridos nalgunhas viaxes, ante as caras incrédulas de veciños que participaran nesas viaxes e non daban crédito ó que oían dicir á Sra. Mene. Por certo: ¿ónde estaba a Sra. Mene durante esas viaxes?; ¿ou é que o concelleiro de deportes era o monitor deportivo?; ¿quén ten a responsabilidade de organizar as actividades da Concellería de Deportes?. E o máis importante: ¿por qué ata agora, se realmente foi verdade o que decía a Sra. Mene, nunca se lle comunicaron eses feitos ó monitor deportivo? • Unha vez máis púxose de manifesto o cinismo e as dúas caras cas que actúa o BNG. Este partido, a través do seu voceiro e tenente-alcalde Anxo Franco, responsabilizou á Sra. Mene e ó Alcalde, Arturo Díaz, dunha mala xestión que desembocou no despido de Alfonso, pero en lugar de apoiar a reincorporación de Alfonso ó seu posto de traballo, púxose do lado do PSOE e apoiou o seu despido, porque “ten un pacto co PSOE”. • O Alcalde, Arturo Díaz, simplemente manifestou, “non me sinto aludido en absoluto”. Un dato a ter en conta: Alfonso en tan só día e medio, recabou 440 firmas de apoio. O BNG, nas últimas eleccións xerais de 2008, obtivo 422 votos tras 15 días de campaña electoral. Para contactar connosco poden facelo mediante os teléfonos 609 86 43 88 - 616 98 67 93 - 646 00 79 08 EDITADO POLO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE DODRO por medio do noso blog http://ppdodro.blogspot.com ou no correo electrónico ppdodro@hotmail.com

Revista financiada sen fondos públicos

Ilegalidades

Autovía do Barbanza

FACTURAS FALSAS NO CONCELLO DE DODRO
Nun pleno extraordinario, solicitado polo Partido Popular, puxéronse de manifesto, con documentación na man, as corruptelas do goberno PSOE-BNG.
¡Bahh! ¡Catro patacóns! ¡Eso non conta, home! ¡Ademáis, hai que aforrar! ¡Non te das conta que se iso se lle paga en carto “oficial” sae máis caro porque hai que pagar á Seguridade Social! Martiño, ¿e qué é iso de que lle pagan con carto negro a un empregado do Concello? ¿Qué vergoña para o noso Concello é esa? ¡Cómo todo o mundo! ¿Ou é que o Concello é distinto?

OBRAS DA AUTOVÍA DO BARBANZA
A realización das obras de desdobramento da Vía Rápida do Barbanza ó seu paso polo Concello de Dodro está a resultar unha auténtica desfeita. Realmente están a facer o que queren sen que ninguén lles diga nada, ou se llo dín, está claro o caso que lle fan: NINGÚN. As pistas están todas levantadas de pasar os camións por elas, pontes de pedra rotas por mor dos tractores que van ós regatos a buscar auga, o campo de Lestrove criando malvas na espera de que se rematen as obras para poder arranxalo (xa veremos se se arranxa algunha vez), camiños intransitables, en Bexo modifican a carretera antiga creando un cambio de rasante perigoso onde antes non existía e colocan un desaugadoiro de case dous metros de altura embocado directamente cara unha vivenda particular, en Imo e Castro quedaron os veciños sen accesos as súas propiedades no monte, os túneles da veiga de Lestrove inúndanse cada vez que chove, o desaugadoiro de Sar á pista, en Manselle excúsase de falar xa....

O Partido Popular mostrou facturas falsas que se utilizarían para desviar fondos públicos e pagar en cartos negros a empregados do concello, constituíndo unha auténtica fraude á Seguridade Social e á Facenda Pública. Nesa factura figuraban 4 horas de tenis á semana cando esa actividade só tiña 1 hora á semana e ademáis era pagada directamente polos pais dos cativos que asistían á clase.

¡Bueno, agora non te queixes, que eles ben avisaron na campaña electoral de que ían cambiar moitas cousas!

O Partido Popular acusou á concelleira de deportes de ocultar xustificantes de pago da viaxe á neve para que a oposición non poidese comprobar que o seu consorte viaxara gratis a conta dos veciños de Dodro, sen que por parte do equipo de goberno se xustificara o contrario.

MOCIÓN DO LITORAL: A LEI DOS 500 METROS
En vísperas das últimas eleccións municipais o PSG e o BNG aprobaron no Parlamento de Galicia a “Lei do litoral”, máis coñecida como a “lei dos 500 metros”, e que supoñía ampliar a zona de protección de costas en 500 metros dende o deslinde. O Partido Popular opúxose rotundamente a esa lei por ir en contra dos intereses xerais dos galegos e non reflexar adecuadamente as necesidades de protección que poideran existir en cada un dos concellos costeiros. Martiño, e si agora non queren que se aplique Pero por aquel entón, tanto o BNG como o PSG, defendérona a lei do litoral, ¿para qué a aprobaron? como unha lei necesaria para Galicia. No pleno do pasado mes de agosto, o Sr. Franco do BNG, fixo a proposta para que esa lei do litoral (ano e medio máis tarde de que o seu partido a votase ó seu favor) non se aplicara en Dodro, non vaia ser que nos apliquen os 500 metros no novo PXOM e non quede ningún sitio onde se poida edificar. ¡Primeiro votan a favor e logo piden que non se cumpra! ¡Manda carallo! Pero o esperpento acadou niveis inimaxinables cando o PSG, por medio da súa voceira Ana Mene, vai e di que tamén están a favor de que non se aplique a lei do litoral en Dodro. ¡Piden que non se aplique a lei que o seu propio partido impulsou e aprobou!
E que antes conviña, e agora non. Son cousas do escenario político de cada momento, home. ¿E que decían? O que cuspe para arriba, ….

E o equipo de goberno, mentras, mira como chove.
Éche unha obra moi ben feita e o asfalto é do melloriño que hai. Non home non. Iso é simplemente un tobogán sen importancia. Iso non é problema. En canto non podan pasar, que xa falta pouco, despois xa non terán que facer maniobra algunha. Auga pura do monte que vai regar as aldeas e as casas dos veciños.
Ca iluminación do campo de fútbol de Chenlo xa se pode utilizar as 24 horas do día e xa non fai falla o de Lestrove. E para as inundacións da veiga vanse dar uns cursillos de salvamento marítimo en Servizos Sociais e todo arranxado.

Martiño, ¿qué che parece cómo está quedando o Concello con esto da Vía Rápida? Pero en Bexo agora quedou un cambio de rasante moi perigoso que antes non había. E en Manselle, os autobuses teñen que facer corenta maniobras para non irse fora da carretera. ¿E os desaugadoiros que arrastran ca auga todo canto hai? ¿E o campo de fútbol de Lestrove? ¿E a veiga de Lestrove cando chova, non se inundará?

Eu de escenarios non che sei, pero o que sí sei é o que decían os vellos.

Mentras que na campaña das eleccións municipais tanto o PSG como o BNG ocultaron ós veciños os prexuizos que esa lei podía causar, agora, ano e medio máis tarde, unha vez que están no poder, piden que non se aplique a lei. ¡A mesma lei que votaron a favor, e que dicían que non ía ter repercusións en Dodro! ¿Pode haber maior irresponsabilidade política? 2

¡Estáche boa a navalla!

3

As pistas “desaparecen”

PXOM

O NOVO DESLINDE DE DODRO CON PADRÓN NA DEVESA DE LESTROVE
As “obras” que recentemente foron feitas por algunha “alma caritativa” no deslinde do Concello de Dodro co de Padrón no lugar de A Devesa en Lestrove, veñen a por de manifesto as irregularidades consentidas polo goberno BNG-PSG con algunhas obras particulares e que demostran a diferencia de trato que teñen con uns e con outros. A saber: 1) Se o deslinde coincide co terreno levantado por esa “alma caritativa”, resultaría que a pista municipal de Dodro que pasa por ese lugar estaría ocupada todo este tempo polo Concello de Padrón. ¿Por qué entón o goberno BNG-PSG consinteu que o Concello de Padrón fixera o saneamento en terreos de Dodro? 2) Se o deslinde é o que realmente existía e existe ata agora, non queda dúbida que o valo de pedra construido nese lugar non garda o retranqueo mínimo de 3 metros, nin siquera 1 metro.
Non home non, non é así. Faise o retranqueo pero cunha interpretación progresista. O que se permite é o retranqueo “cara adiante”. Sí, home. Mira, ti primeiro fas o valo. Despois se non che quedan os 3 metros dende o valo ata o camiño, colles unha máquina excavadora e votas o camiño para adiante ata que haxa os 3 metros. ¡Éche moi fácil e non ten complicación algunha! ¿E logo cómo lle chamaban? Martiño, ¿qué é eso de que en Lestrove non hai que retranquear si fas un valo pegado a unha pista municipal? ¿Cómo que para adiante? ¿Cómo é iso? ¡Aaaaaaahhh! Pero eso xa se facía en tempos dos meus avós. Pero non lle chamaban “retranqueo para adiante”.

O BIPARTITO APROBA O PXOM
O venres 17 de outubro foi aprobado o PXOM do Concello de Dodro en pleno extraordinario cos votos a favor do BNG e PSOE. O Partido Popular tivo coñecemento dese Pleno o martes e o equipo de goberno non lle suministrou información ata o xoves. O Partido Popular tivo tan só 24 horas para estudar o PXOM e facer unha valoración, mentras o equipo de goberno fixoo en ano e medio. Ante esta situación o Partido Popular vese obrigado a absterse na votación, xa que consideramos que sería unha irresponsabilidade pola nosa parte votar a favor ou en contra das modificacións feitas polo BNG-PSOE que descoñecemos totalmente. No mes de abril de 2008 o goberno bipartito chamou ó Partido Popular para celebrar unhas reunións entre todos os partidos co fin de que entre todos aportaramos ideas que poidesen mellorar o PXOM. Pero iso durou pouco. Despois da primeira reunión efectiva, o día 23 de abril de 2008, o Partido Popular foi excluido desas reunións por vontade do BNG e o PSOE. Nesa reunión, foi o Partido Popular o único que fixo unha proposta seria, e que consistía en suprimir o solo urbanizable de Lestrove e sustituilo por Área de expansión de Núcleo Rural, co cal se podería facer unha vivenda en cada unha das parcelas de 600 ou máis metros cadrados. Esta proposta do PP foi recollida polo BNG-PSOE pero só en parte, xa que deixaron fora moitas fincas nas que non se poderá facer unha casa porque as calificaron de protección agropecuaria. Dende o Partido Popular, e sen ánimo de crear unha polémica baldía que obstrúa o procedemento para a aprobación definitiva e tan necesaria para o noso Concello do PXOM, quixéramos manifestar que os criterios que predominan no PXOM aprobado non os consideramos os máis axeitados neste momento e tendo en conta a situación do noso Concello. Neste PXOM destacan, sobre todo, dúas áreas de solo urbanizable: unha delas situada en Bexo e a outra situada en Tallós, entre a estrada AC-305 e a estrada da Diputación. Na de Bexo tan só hai arredor de 10 parcelas que non contan con edificación e poderíanse construir ata 57 vivendas, namentras que na de Tallós a capacidade de edificacións chegaría ata as 172 vivendas e veríanse beneficiadas tan só arredor de 32 parcelas, é dicir, 32 propietarios. Parece ser que o obxectivo de incluir estas dúas zoas de solo urbanizable é que o Concello reciba unha parte deses terreos de xeito gratuito en canto sexan urbanizados.

¡Cacicadas!

TODOS OS ALCALDES NO GDR - 25 MENOS O DE DODRO
O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR - 25 é unha agrupación de concellos e asociacións dunha determinada zona e é a Non sei, entidade encargada de xestionar os fondos europeos para e logo desenvolvemento rural. Todos os concellos participantes ¿por qué nomearon como os seus representantes ó propio Alcalde, independentemente da cor política que compoñen o goberno o preguntas? municipal. Ó parecer, e segundo distintos testimonios contrastados con outros alcaldes, na primeira reunión que se celebrou entre os alcaldes dos concellos participantes, o Sr. Díaz manifestou que o GDR-25 correspondíalle ó do BNG, e se non ía o do BNG enfadábaselle. Foron invitadas todas as asociacións, clubes, agrupacións, etc., do Concello de Dodro, TODAS, EXCEPTO O PARTIDO POPULAR DE DODRO. Unha vez máis demostrando o seu “talante democrático”. 4 Martiño, ¿aínda quedan escobas no Concello? A este paso, ata vai quedar sen escoba, e nin barrer vai poder o noso señor alcalde.

O Concello benefíciase para obter propiedades de solo, en contra de favorecer ós veciños.

Pero, ¿realmente é tan importante que o Concello dispoña de terreos? ¿Non sería mellor suprimir o solo urbanizable e permitir que en lugar de 32 propietarios como é o caso de Tallós se poidesen beneficiar 172? E en Bexo, ¿non sería mellor aproveitar esa capacidade de 57 vivendas e permitir que se beneficiasen 57 veciños? ¿Ou que máis veciños poideran facer unha casa na súa finca? Dende a nosa opinión, consideramos que na situación actual priorizar ó Concello para que poda obter determinadas propiedades de solo, en contra de favorecer ó maior número posible de propietarios non é o máis axeitado. Existen outros camiños para que o Concello poda facerse con terreos para a instalación dos servizos que precise e non privando ó veciño de facer a casa na súa finca. Despois da aprobación do PXOM ábrese o período de alegacións que oxalá sirva para incorporar algunha mellora e permita que este PXOM saia reforzado e co maior apoio popular posible.
5

PXOM

PXOM

MAPA DO PXOM PARA DODRO
Polígono Industrial

Zona Urbanizable:

172 vivendas
Zona Urbanizable:

52 vivendas

6

7

Aventuras dun alcalde sen Bastón (de mando)

Facendo “nazón”

A PREPOTENCIA DOS CONCELLEIROS DO PSOE E O FEMINISMO DO BNG
No pleno do 31 de outubro, presenciamos un feito por parte dun concelleiro do PSOE que só se pode calificar de actitude machista, impositiva e falla de respecto. O concelleiro é José Luís Fernández Reboiras, quen ocupando un cargo público no Concello de Dodro, pensa que este cargo lle da dereito a “impoñerse” ante quen sexa, algo moi propio da democracia. A víctima neste caso foi a secretaria do Concello, que no transcurso do pleno Jose Luís Fernández se dirixía a ela a gritos, de malas maneiras e facendo xestos ameazantes cas mans nestes termos: “SEMPRE QUE FALO EU SEMPRE MIRAS PARA MIN, XA ESTOU CANSADO ¿VALE? ¡POR FAVOR VOSTEDE LIMÍTESE Ó SEU E PARE DE CONTAR!” Continuando a gritos con outra serie de “lindezas” que preferimos non mencionar. O Alcalde en lugar de chamarlle ó orden limitouse a sonreir mofándose para vergoña de todos os que estabamos presentes e temos un pouco de cordura e educación. Si estes feitos sorprenderon a case todos os presentes e deixaron ó descuberto quen é o Sr. Fernández, igual sorprendeu a actitude dos concelleiros do BNG, especialmente a de Victoria Rey, a gran defensora do feminismo e firme loitadora de calquera actitude machista que supoña a máis mínima agresión física, psíquica ou dialéctica contra as mulleres. Victoria Rey, a promovedora das campañas contra a violencia machista e firme defensora da muller, ante o comportamento do Sr. Fernández non fixo senón baixar a cabeza e quedarse caladiña. En ningún momento recriminou tal comportamento nin pideu o uso da palabra para rexeitar as formas empregadas polo Concelleiro de Obras. Polo contrario, concelleiras e concelleiros do Partido Popular sí lle recriminaron esta actitude ó Sr. Fernández e solicitaron ó Alcalde que lle quitara o uso da palabra e lle chamara ó orden. Sr. Fernández: un home non pode nin debe actuar así. Vaia concienciándose de que os tempos cambiaron e agora as mulleres non van consentir o seu avasallamento. Sra. Rey: vostede fala moito, pero simplemente fala. Á hora de predicar co exemplo vostede non fai nada. “Vendese” vostede moi ben Sra. Rey, é o que sabe facer, VENDERSE.

OS CARTEIS DO BNG

¿A ti qué che parece a pancarta Paulus? ¿A qué está ben?

É moi axeitada. A verdade é que están deixando Galicia como as Brañas de Laíño e a Veiga de Lestrove: dentro de nada, non haberá quen ande por elas.

CONTRUÍMOS NACIÓN POLAS “BRAÑAS” DE LESTROVE

FAN E DIN O QUE LLES DA A REAL GANA
Queremos recoller eiquí as declaracións feitas polo Alcalde, Democrático non Arturo Díaz, e que deixan ver como sempre o seu “talante será, pero éche moi democrático”. práctico, que así acaba de contado e No pleno do pasado mes de agosto, o Partido Popular preguntou aforra traballo. de ónde ían saír os fondos que o Concello vai empregar no campo de fútbol de Chenlo, xa que esas cantidades non figuraban ¡Pero nos orzamentos de 2008, e non estaban previstas. A resposta ata neso do goberno bipartito foi ¡¡¡que non sabían a qué cantidades se somos refería a pregunta!!! E ante os intentos por parte do Partido mellores, Popular para que aclarasen esta cuestión, o Alcalde retira a home. Non palabra ó voceiro do Partido Popular e di: “¡Os concelleiros compares! do equipo de goberno poden contestar o que lles da a real gana, se non lles gusta é o seu problema!”. Como poden ver, o Alcalde, é un auténtico exemplo de “demócrata” e defensor da “transparencia” da xestión pública. Será que como non o deixan mandar en ningún outro lado, intenta impoñerse nos plenos mandándonos calar a nós. 8
Martiño, ¿o que dixo o noso alcalde non é moi democrático, non sí? Pero, ¿estes non eran os que decían do outro que era un cacique?

AS DECLARACIÓNS DO TENENTE-ALCALDE
O Partido Popular presentou unha moción para que os fondos do Plan da Deputación para saneamento e abastecemento de auga se empregara nas aldeas que carecen destes servizos, como Teaio, Devesa, Bustelo, Manselle, Bexo, Traxeito, Pexegueiro, Paizal e Rialiño. Como ben sendo habitual, o BNG e o PSG VOTARON EN CONTRA porque segundo eles, “aínda non é tan urxente”. E está claro que non o consideran nada urxente, e senon lean vostedes mesmos as declaracións feitas polo sr. Franco ós veciños de Teaio: “Non se fará o saneamento en Teaio este ano, nin siquera nesta lexislatura”.
¿E logo non habería que mellorar o saneamento e a rede de auga para que todos teñamos os mesmos servizos? ¡E volta co saneamento e a rede de auga!¡Non ves que non se pode estar a todo! Se queres xogar de noite no campo de fútbol de Chenlo ou queres facer teatro non podes ter saneamento en todo o Concello.¡Hai que saber establecer as prioridades! ¡Eso sí que está ben! Gastan 21 millóns de pesetas para a iluminación e o saneamento do campo de fútbol de Chenlo e deixan sen saneamento e auga ás aldeas. ¡Está visto que sabedes ben cáles son as prioridades dos veciños!

9

Economía

Servicios Sociais

MÁIS DE 127.000 EUROS INVERTIDOS NO CAMPO DE FÚTBOL DE CHENLO
A Deputación de A Coruña concedeu a cada un dos concellos que así o solicitaron unha subvención de ata 60.000 euros para iluminación e complementos os campos de fútbol de herba artificial. ¿E qué fixo o noso goberno PSG-BNG? Pois pedirlle unha axuda a cada unha das comunidades de montes de 19.000 euros para contratar a iluminación do campo de Chenlo. Despois de que o PP denunciara estes feitos, foi entón cando ó equipo de goberno lle acordou solicitar a subvención da Deputación. O resultado: A maior parte dos concellos da provincia de A Coruña recibiron a subvención por un importe de 60.000 euros. O Concello de Dodro só recibeu 47.004,73 euros. É decir, “grazas á xestión” do PSGBNG, o Concello de Dodro perdeu 13.000 euros da Deputación, e que foron financiados no seu lugar polos comuneiros de Dodro. O total das inversións no campo de fútbol de Chenlo suman 127.789 euros (máis de 21 millóns de pesetas), incluída unha aportación “extraordinaria” do Concello, e que a Dodro lle supuxo 34.489 euros.
Oíches, Martiño, ¿e non será moito meter 21 millóns de pesetas no campo de fútbol? ¿E logo o saneamento, as rúas, os camiños, a auga, a educación,…? Pois non, pero bueno, como eu sempre xoguei polo día, será que non che estou preparado para estes adiantos. ¿E os 13.000 euros que se perderon da subvención da Deputación? ¡Carallo para a limosna! ¡Xa me podíades dar unha limosna desas ó ano que xa non me facía falta a lei da dependencia do sr. Quintana, que aínda estou a esperar por ela! Quita, quita. ¡Eso agora xa non é urxente, home! Con esta iluminación xa podemos xogar de noite si queremos, mesmo como o Madrid ou o Barcelona. ¿Daste conta do adianto que iso supón? ¿E eso que é? ¡ Unha limosna comparado cos cartos que movemos! Qué va, home, qué va! ¡Non ves que agora a nosa sociedade xira en torno ó fútbol! O mínimo que se require hoxe en día é ter un bó campo de fútbol.

A CONCELLEIRA VICTORIA REY MARIÑO NIN SEQUERA ESTÁ CENSADA EN DODRO
O segredo do BNG saleu á luz pública. A Sra. Rey Mariño, nin sequera votou ó seu propio partido en Dodro nas eleccións municipais do ano 2007 e tampouco puido votar en Dodro nas eleccións xerais de 2008 porque non está censada no noso Concello. A sra. Rey Mariño está censada en Santiago de Compostela e paga os seus impostos nese Concello. ¿Con qué cara se pode pedir o voto ós vecinos para que a voten a ela sen nin siquera estar censada eiquí?
¿E qué carallo é eso de que o Concello ten que devolver unha subvención? ¡Manda carallo! ¡Pois tivo que ser gorda para que os darriba que tamén son dos seus lla fixeran devolver! ¿Pero eses non eran os que decían que ían cambiar as cousas?

O VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, ANXO QUINTANA, OBRIGA Ó CONCELLO DE DODRO A DEVOLVER UNHA SUBVENCIÓN POR NON AXUSTARSE Á LEGALIDADE
No mes de febreiro, o Partido Popular solicitou un pleno extraordinario para pedir responsabilidades ó BNG polo fraude cometido no uso dos fondos dunha subvención para xóvenes e que solicitara o anterior goberno do Partido Popular. En lugar de asumir a súa responsabilidade, o único que fixo o BNG foi descalificar ó Partido Popular acusándonos de engañar ós vecinos de Dodro. Transcorridos varios meses, a verdade sae á luz, e despois das denuncias do Partido Popular, Vicepresidencia da Xunta de Galicia, dirixida polo Sr. Quintana, abreulle un expediente ó Concello de Dodro por incumprir as condicións da subvención concedida, obrigando por primeira vez na historia do noso Concello a devolver a subvención. O PROPIO SR. QUINTANA, DO BNG, OBRIGA Ó CONCELLO DE DODRO A DEVOLVER UNHA SUBVENCIÓN. ¡A FRAUDE COMETIDA POLO BNG DE DODRO QUEDA Ó DESCUBERTO E NIN O SR. QUINTANA É CAPAZ DE TRAGAR CON EL!

OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE DODRO
A pesar de que este goberno BNG-PSG do noso Concello debera contar co apoio do goberno bipartito da Xunta de Galicia, este suposto apoio non ten refrexo nos presupostos. As cantidades previstas para inversións coinciden cas mesmas cantidades previstas nos presupostos do último goberno do Partido Popular, aínda que convén aclarar e suliñar cómo se distribúen as inversións entre o PSG e o BNG. O BNG xestionaría o 78% das inversións (671.000 euros), mentras o PSOE xestionaría o 22% restante (188.248 euros).
Martiño, ¿e cómo é que o BNG ten máis cartos que o PSG para invertir sendo o Alcalde do PSG? O do BNG. O do BNG. Eso non cho sei. Sei que cobran, pero traballar… igual traballan para eles, para os veciños non cho sei. Pois moi fácil. ¿Quén ten o despacho da Alcaldía? ¿Quén cobra máis dos dous? ¿Quén traballa máis?
Eso case da igual, tampouco é tan importante. O que pasa e que mentras un é Alcalde, o outro fai del. É o que se chama “delegación de funcións”.

Foiche un fallo, home, pensaban que os darriba no se ían enterar.

Pero non pasa nada que para a próxima van preparala ben para que non os collan. Sí,…pero xa che dixen antes que o que pasa é que non dixeron qué cousas e cómo ás ían cambiar. 11

¿Quén dirixe o Concello realmente? Aínda así non lle chegan que fan trampas cas subvencións...
10

Pois como siga delegando, calquer día nin a escoba lle deixan.

A contraportada

OS DATOS PERSOAIS DOS VECIÑOS DE DODRO EN MÁNS DOS CONCELLEIROS
O BNG e o PSG no último pleno de Agosto sacaron adiante co voto en contra do Partido Popular un regulamento dos datos persoais dos veciños do Concello de Dodro e que lle permite ós concelleiros o acceso a eses datos sen ningún obstáculo. ¿Qué datos son eses? Pois principalmente os que constan nas oficinas dos Servizos Sociais: enfermidades que padece unha persoa, ingresos económicos, de quén é a casa na que viven, quén vive con un, cántas habitacións ten a casa, etc. Tal e como se aprobou o regulamento, a Concelleira de Servizos Sociais terá acceso ós datos máis íntimos dos veciños de Dodro sin ter que pedir sequera autorización ó alcalde. Quén padece determinadas enfermidades por exemplo, qué ingresos hai en cada familia,…etc. Todo iso estará a partir dagora a disposición da Sra. Rey Mariño. ¿Realmente é necesario que ela dispoña desa información e que poida utilizala sen ter que dar contas a ninguén do seu uso? Pero é que aínda hai máis. Para que o resto dos concelleiros non se quedaran atrás, agora co pretexto de que che podan facer chegar ó teléfono móbil un bando ou a convocatoria dun curso, por poñer un exemplo, pídenche datos como cál é a túa profesión, o teu estado civil, a qué asociacións pertences, etc. ¿E qué teñen que ver eses datos para que unha persoa reciba por mensaxe ó seu móbil un bando que calquera pode ler nun taboleiro? Pois ben, eses datos estarán a disposición de cada un dos concelleiros do PSG e o BNG. Parece ser que para algúns a democracia e o respesto á intimidade das persoas consiste nun sistema policial onde os que gobernan poden coñecer a vida completa de cada unha das persoas sen a súa autorización para despois manexalas ó seu antoxo. ¡Nesto consiste o progreso do BNG e o PSG!
Bos días, María. E eu non sabía que ti estabas tomando o Sintrom. E mira que o teu home con eso da próstata,… claro que así non pode ter ánimo para ir á leira. E o de teu fillo,.. un home novo como el, e que esté a tratamento psiquiátrico…¡Vaia por Dios! E claro, non me extraña que así a túa nora tivera dous abortos, claro,…¡Qué desgracia! E con esa enfermidade claro que lle será difícil encontrar un posto de traballo, e por eso vota tanto tempo no paro, claro… ¡E aínda non sei como vos arreglades! ¡Porque ti non tes dereito a pensión, e teu home ten unha pensión das pequenas, e teu fillo e a túa nora con eses problemas! Non muller non, o que pasa é que teño unhas boas amistades políticas e todo se sabe. Pero non te preocupes que xa falei cas da miña asociación e entre todas acordamos darche este sobre. ¡Toma, aí tes! ¿E qué ten, cartos? Non muller, non. É unha invitación para ir á festa do Sr. Anxo Quintana no Carballiño. ¡Non muller! ¡E que ti non pensas nada máis que nos cartos! ¡Vaiche dar un discurso moi bó e de paso sácache a bailar para que veñas contenta para a casa! ¿E qué me vai dar alí? ¿O cheque da axuda da dependencia? Moitas grazas, Xertrudis, pero quén me pon contenta é o meu home dende que casei. Quintana, se quere, que me dé a axuda da dependencia a ver se a cobro antes de morrer, e ó baile, se acaso, vai ti, que xa vexo que tes falta de “contento”. E déixoche que teño que ir traballar. ¡Queda con Deus e o Sr. Quintana! Bos días, Xertrudis.

¿Sei que foches falar co cura?