You are on page 1of 14

ÍNDICE

1. SITUACIÓN LABORAL NA COMARCA DE FERROLTERRA

2. COMPARACIÓN COAS OUTRAS ÁREAS URBANAS GALEGAS

3. COMPARACAIÓN COAS OUTRAS ÁREAS URBANAS DO ESTADO

4. COMPARACIÓN CON OUTRAS AREAS URBANAS DO ESTADO QUE


TAMÉN PADECERON FORTES RECONVERSIÓNS INDUSTRIAIS

5. NARÓN, UN EXEMPLO A SEGUIR

6. NOTAS, BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN.


1. Situación laboral na comarca de Ferrolterra
Paro rexistrado e afiliados á Seguridade Social

Ferrolterra Galicia España


Poboación de 15 a 64 ( a 1/1/2006) 110.172 1.860.604 30.849.177
Poboación(15-64) / Poboación total 67,4% 67,2% 69,0%
Afiliados á Seguridade Social 43.739 1.012.533 18.360.037
Afiliados á S.Social / Poboación (15-64) 39,7% 54,4% 59,5%
Número de parados 11.229 159.886 2.052.412
Taxa de paro (Num. parados)/(Pob. 15-64) 10,2% 8,6% 6,7%
Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

Vemos como na nosa comarca o índice de paro rexistrado é superior o galego nun 1,6% e tamén
o español (nun 3,5%).

Sen embargo e, como veremos en diante, o gran problema laboral de Ferrolterra non é o seu
número de parados senón o gran peso que entre a súa poboación ten o colectivo de inactivos, é
dicir a xente que, estando en idade de traballar (entre os 15 aos 64 anos) nin traballa nin está
no paro. Dentro da poboación de inactivos pódense encontrar estudantes, amas/os de casa,
prexubilados ou incapacitados, entre outros. Mentres que en Galicia este colectivo represe nta a
un 37 % da poboación en idade de traballar e en España a un 33, 8%, en Ferrolterra esta cifra
ascende a un 50,1%.

Respecto da clasificación do número de traballadores da bisbarra en función da actividade á que


pertencen, o reparto é o que sigue:

Afiliados por sector de actividade

Agricultura 2.145 4,9%


Industria 8.626 19,7%
Construción 6.742 15,4%
Servizos 26.226 60,0%
Total 43.739 100%
Autónomos 8.120
Por conta allea 35.619

En canto aos centros da traballo establecidos na nosa comarca, vemos como case tres cuartas
partes destes forman parte do sector servizos:

Centros de traballo por sector de actividade

Agricultura 207 4,3%


Industria 391 8,2%
Construción 640 13,4%
Servizos 3.542 74,1%
Total 4.780 100%
2. Comparación coas outras áreas urbanas galegas
Para a realización desta táboa comparativa empregamos a división comarcal elaborada pola
Xunta de Galicia no ano 1997. Do mesmo xeito, para que a comparanza fose realizada entre
áreas poboacionais homoxéneas, consideramos “área urbana” toda aquela comarca con máis de
100.000 habitantes e con alomenos un municipio cunha poboación superior aos 35.000
habitantes. A clasificación obtida en función da taxa de ocupación foi a seguinte:

Area urbana Cabeceira Autonomía Poboación Afiliados á Taxa de


15 a 64 S. Social ocupación

1 Lugo Lugo Galicia 78.333 54.543 69,6%


2 A Coruña A Coruña Galicia 266.635 183.991 69,0%
3 Santiago Santiago Galicia 109.869 71.750 65,3%
4 Ourense Ourense Galicia 97.521 63.511 65,1%
5 Vigo Vigo Galicia 294.314 187.426 63,7%
6 Pontevedra Pontevedra Galicia 83.797 52.119 62,2%
7 O Salnés Vilagarcía Galicia 74.389 35.779 47,8%
de Arousa
8 Ferrolterra Ferrol Galicia 110.172 43.739 39,7%
Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

Tras analizar os datos vemos como a nosa bisbarra sae moi mal parada respecto das demais
áreas urbanas galegas. Así, por exemplo, Lugo, unha comarca con 50.000 habitantes menos que
Ferrolterra (163.477 habitantes fronte 116.840) conta con case 11.000 ocupados máis (43.740
fronte 54.540). Do mesmo xeito, Santiago, con practicamente a mesma poboación que
Ferrolterra (154.850 habitantes fronte 163.477) ten case 30.000 persoas ocupadas máis. Se a
comparamos coa veciña área metropolitana da Coruña vemos que, malia apenas duplicar esta en
poboación a Ferrolterra (2,3 veces máis habitantes), no que respecta ao número de persoas
ocupadas a cuadriplica sobradamente(4,2 veces máis).

Comparando a taxa de ocupación na nosa comarca coa media da das outras áreas
metropolitanas galegas (que é dun 64,6%) obteremos un diferencial negativo de nada máis e
nada menos que de 25 puntos porcentuais. É dicir que para que Ferrolterra se equipare algún
día ao resto de áreas galegas precisaría ter un cifra de ocupados que ascendese aos 71.060. É
dicir, precisaría crear 27.300 postos de traballos máis para converxer coas demais áreas
metropolitanas galegas en materia de emprego.

Tras observar o directorio de empresas Ardán Galicia (un informe anual das 13.500 empresas
máis importantes do país en canto a facturación) realizado polo Consorcio da Zona Franca de
Vigo, poderemos chegar facilmente á conclusión de que a principal causa da febleza laboral da
nosa comarca ven dada polo déficit de medianas e grandes empresas que esta padece.

Como poderemos comprobar na seguinte táboa, das 13.500 principais empresas domiciliadas en
Galicia só 435 (o 3,20% do total) están establecidas en Ferrolterra, moi lonxe das 2.849 de Vigo
e das 2.399 da Coruña. Pero tamén moi lonxe das outras áreas urbanas, as cales, por certo,
Ferrolterra supera a todas en poboación: Santiago(855), Ourense(808), Lugo(713),
Pontevedra(636) ou O Salnés(626).
Fonte: Ardán Galicia 2007. Consorcio Zona Franca de Vigo

Desafortunadamente estes datos teñen o seu reflexo no número de traballadores que estas
empresas empregan en cada bisbarra:

Area urbana Nº de empregos


creados
1 A Coruña 84.800
2 Vigo 73.901
3 Santiago 18.775
4 Ourense 17.643
5 Pontevedra 16.479
6 Lugo 12.229
7 O Salnés 10.735
8 Ferrolterra 9.308
Fonte: Ardán Galicia 2007. Consorcio Zona Franca de Vigo

Vemos como na comarca de Ferrol as grandes e medianas empresas do país apenas empregan
9.300 traballadores fronte os 84.800 da Coruña, os 73.900 de Vig o, os 18.800 de Santiago, os
17.600 de Ourense ou os 16.500 de Pontevedra.

Así, se por exemplo, Ferrolterra tivese unha implantación de grandes e medianas empresas
similar á de Santiago, hoxe a nosa bisbarra tería 9.400 empregos máis e a nosa taxa de
ocupación aumentaría do 40% actual a case o 50%, cifra esta última que malia aínda non ser
suficiente si que melloraría notablemente a situación laboral actual.
Da mesma maneira, se analizamos o número total de empresas establecidas en cada comarca
urbana do país, poderemos comprobar de novo como o dinamismo empresarial é moi superior
nas outras zonas de Galicia:

Area urbana Nº de empresas Nº de habitantes


establecidas por empresa
1 Vigo 20.136 20,61
2 A Coruña 18.626 20,41
3 Santiago 8.059 19,21
4 Ourense 7.440 19,46
5 Pontevedra 5.610 21,57
6 O Salnés 4.962 21,90
7 Lugo 4.917 23,76
8 Ferrolterra 4.780 34,20
Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

Vemos como malia ser a terceira comarca máis poboada de Galicia, no que a número de
empresas establecidas se refire, somos a oitava, estando mesmo por debaixo do Salnés ou Lugo.
Pero a mellor maneira de comprobar a febleza empresarial de Ferrolterra respecto das demais
bisbarras é observando o seu número de habitantes por cada empresa establecida na zona:
mentres que nas outras zonas urbanas de Galicia hai entorno a 20 habitantes por cada centro de
traballo, na nosa comarca esta cifra empeora considerablemente, habendo só unha empresa
establecida por cada 34 persoas.

Se temos en conta que a Terra de Trasancos ten unha poboación semellante á de Santiago, e
que a comarca da capital de Galicia ten máis de 8.000 centros de traballo establecidos na súa
área urbana, facilmente poderemos chegar a conclusión de que para converxer co resto de
Galicia a nosa comarca debería ser capaz de crear máis de 3.000 novas empresas.
3. Comparación coas outras áreas urbanas do Estado

Para a realización da táboa comparativa a nivel estatal empregamos os mesmos parámetros que
na anterior para obter unha mostra homoxénea: consideremos “área urbana” toda aquela zona
xeográfica ou comarca que supere os 100.000 habitantes e que teña coma mínimo un concello
que supere os 35.000 habitantes, obtendo deste xeito unha mostra en toda España de 97 áreas
urbanas. A clasificación obtida en función da taxa de ocupación foi a seguinte:

Area urbana Cabeceira Autonomía Poboación Afiliados á Taxa de


15 a 64 S. Social ocupación

1 Norte Alcobendas Madrid 208.729 184.092 88,2%


Metropolitano
2 Madrid Madrid Madrid 2.132.466 1.856.274 87,0%
3 Gironès Girona Catalunya 116.007 99.697 85,9%
4 Barcelonès Barcelona Catalunya 1.524.407 1.247.767 81,9%
5 Segrià Lleida Catalunya 129.012 95.581 74,1%
6 Zona Pamplona Pamplona- Navarra- 217.438 160.139 73,6%
Iruña Nafarroa
7 Oviedo-Uviéu Oviedo- Asturias 226.938 165.792 73,1%
Uviéu
8 Tarragonès Tarragona Catalunya 157.704 115.024 72,9%
9 Sagra-Toledo Toledo Castilla La 156.031 112.816 72,3%
Mancha
10 Valencia Valencia C.Valenciana 559.369 397.258 71,0%
11 Donostialdea - San Donostia – Euskadi 219.682 155.831 70,9%
Sebastián San Sebastián

12 La Plana Alta Castelló de C.Valenciana 172.950 122.027 70,6%


la Plana
13 L´Alacanti Alacant- C.Valenciana 313.563 220.647 70,4%
Alicante
14 Lugo Lugo Galicia 78.333 54.543 69,6%
15 Arabako Lautada- Gasteiz- Euskadi 172.793 120.074 69,5%
Llanada Alavesa Vitoria
16 A Coruña A Coruña Galicia 266.635 183.991 69,0%
17 Badía de Palma Palma de Illes Balears 354.477 242.056 68,3%
Mallorca
18 Burgos Burgos Castilla-León 142.507 96.794 67,9%
19 Vallès Occidental Sabadell Catalunya 590.612 397.764 67,3%
20 C.Regional Jaén Jaén Andalucía 134.028 89.894 67,1%
21 Mérida Mérida Extremadura 76.014 50.034 65,8%
22 Santiago Santiago Galicia 109.869 71.750 65,3%
23 C.Regional Almería Almería Andalucía 168.747 110.057 65,2%
24 Ourense Ourense Galicia 97.521 63.511 65,1%
25 D.C. Zaragoza Zaragoza Aragón 486.271 315.921 65,0%
26 Rioja Media Logroño La Rioja 126.092 81.415 64,6%
27 Vigo Vigo Galicia 294.314 187.426 63,7%
28 Bages Manresa Catalunya 115.980 73.452 63,3%
29 Río Segura Murcia Murcia 461.974 290.318 62,8%
30 Osona Vic Catalunya 98.717 61.665 62,5%
31 Campo de Ciudad Castilla La 95.349 59.454 62,4%
Calatrava Real Mancha
32 Pontevedra Pontevedra Galicia 83.797 52.119 62,2%
33 Segovia Segovia Castilla-León 69.852 43.353 62,1%
34 León León Castilla-León 143.630 88.334 61,5%
35 C.Regional Huelva Huelva Andalucía 162.957 100.115 61,4%
36 Cáceres Cáceres Extremadura 89.509 54.830 61,3%
37 Poniente Roquetas Andalucía 160.611 98.327 61,2%
almeriense Mar
38 Bilbo Handia - Gran Bilbo- Euskadi 602.715 367.322 60,9%
Bilbao Bilbao
39 La Plana Baixa Vila-Real C.Valenciana 125.183 75.688 60,5%
40 Oeste Pozuelo de Madrid 299.375 180.554 60,3%
Metropolitano Alarcón
41 Sur de Tenerife Tenerife Canarias 349.687 209.919 60,0%
42 C.Regional Granada Andalucía 348.186 207.134 59,5%
Granada
43 Centro-Albacete Albacete Castilla La 127.081 75.541 59,4%
Mancha
44 Valladolid Valladolid Castilla-León 300.762 178.488 59,3%
45 Alt Empordá Figueres Catalunya 84.931 50.245 59,2%
46 Depresiones de Antequera Andalucía 128.094 75.854 59,2%
Antequera y
Granada
47 Palencia Palencia Castilla-León 82.981 48.809 58,8%
48 Campiña- Guadalajara Castilla La 120.351 70.552 58,6%
Guadalajara Mancha
49 Suroeste y Valle Lorca Murcia 152.273 88.332 58,0%
Guadalentín
50 Campiña y Sub- Lucena Andalucía 204.332 118.276 57,9%
Bético de Córdoba-
Jaén
51 C. Regional Sevilla Sevilla Andalucía 851.065 492.006 57,8%
52 Vallès Oriental Granollers Catalunya 262.859 151.079 57,5%
53 Costa del Sol Marbella Andalucía 236.291 134.178 56,8%
54 C. Regional Córdoba Andalucía 242.969 137.227 56,5%
Córdoba
55 C.Regional Málaga Málaga Andalucía 578.327 325.446 56,3%
56 Baix Camp Reus Catalunya 120.580 67.616 56,1%
57 L´Horta Nord Burjassot C.Valenciana 146.209 81.809 56,0%
58 Costera Santander Cantabria 347.816 193.501 55,6%
59 L´Horta Oest Paterna C.Valenciana 349.091 194.199 55,6%
60 Selva Blanes Catalunya 106.805 58.937 55,2%
61 Badajoz Badajoz Extremadura 112.481 61.438 54,6%
62 Campo de Cartagena Murcia 228.108 124.618 54,6%
Cartagena
63 Salamanca Salamanca Castilla-León 164.615 89.957 54,6%
64 Gran Canaria Las Palmas Canarias 582.150 316.071 54,3%
65 Campiña y Sierra Écija Andalucía 203.979 110.565 54,2%
Sur de Sevilla
66 Baix Llobregat Cornellá Catalunya 544.061 291.752 53,6%
67 Lanzarote Arrecife Canarias 96.118 50.844 52,9%
68 Anoia Igualada Catalunya 74.856 38.618 51,6%
69 La Safor Gandía C.Valenciana 118.218 60.362 51,1%
70 La Marina Baixa Benidorm C.Valenciana 119.962 60.836 50,7%
71 La Rivera Alta Alzira C.Valenciana 145.481 73.773 50,7%
72 Talavera Talavera Castilla La 83.848 41.547 49,6%
de la Reina Mancha
73 Bajo Guadalquivir Utrera Andalucía 98.031 48.152 49,1%
74 La Mancha-Ciudad Tomelloso Castilla La 150.626 73.516 48,8%
Real Mancha
75 L´Alcoia Alcoi-Alcoy C.Valenciana 75.094 36.403 48,5%
76 Bahía de Cadiz- Jerez Andalucía 438.682 210.297 47,9%
Jerez
77 O Salnés Vilagarcía Galicia 74.389 35.779 47,8%
78 Avilés Avilés Asturias 108.030 51.007 47,2%
79 Costa de Granada Motril Andalucía 82.242 38.809 47,2%
80 Maresme Mataró Catalunya 287.243 133.436 46,5%
81 Este Metropolitano Alcalá de Madrid 437.398 199.412 45,6%
Henares
82 Vélez-Málaga Vélez- Andalucía 101.969 46.464 45,6%
Málaga
83 La Marina Alta Dénia C.Valenciana 118.943 53.964 45,4%
84 Baix Vinalopo Elx-Elche C.Valenciana 102.346 88.551 45,3%
85 Vinalopo-Mitja Elda C.Valenciana 114.930 51.338 44,7%
86 Centro-Norte de Linares Andalucía 182.610 80.762 44,2%
Jaén
87 Norte de Tenerife La Laguna Canarias 271.248 119.237 44,0%
88 Gijón-Xixón Gijón- Asturias 206.904 90.656 43,8%
Xixón
89 Baix Segura Torrevieja C. Valenciana 234.280 102.346 43,7%
90 O Bierzo Ponferrada Castilla-León 87.938 37.902 43,1%
91 Serranías de Cádiz Ronda Andalucía 134.583 57.032 42,4%
y Ronda
92 Garraf Vilanova i Catalunya 93.924 39.765 42,3%
La Geltrú
93 Eivissa Eivissa Illes Balears 90.825 37.625 41,4%
94 Costa Noroeste de Sanlucar de Andalucía 83.021 34.095 41,1%
Cádiz Barrameda
95 Bahía de Algeciras Algeciras Andalucía 177.528 72.087 40,6%
96 Ferrolterra Ferrol Galicia 110.172 43.739 39,7%
97 Sur Metropolitano Móstoles Madrid 895.266 351.261 39,2%
Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

Tras analizar detidamente o ranking de ocupación laboral, área por área, vemos como case ao
final de todo, na penúltima posición, se atopa Ferrolterra (posto 96º), sendo só superada neste
triste concepto pola zona metropolitana sur de Madrid (formada por Móstoles, Getafe, Leganés
ou Fuenlabrada, entre outros concellos).

A explicación destes malos datos do sur de Madrid pode vir dada polo feito de que, por norma
xeral, canto máis grande é unha cidade máis se acentúan as súas diferenzas entre zonas ricas e
pobres. Así, vemos como Madrid Capital e o Norte Metropolitano de Madrid teñen unha taxa de
ocupación do 88 e o 87%, respectivamente, mentres que a citada zona sur non chega ao 40%.
Situación similar acontece en Barcelona, tendo a cidade condal unha ocupación do 82% fronte o
42,3% de Vilanova i La Geltrú ou o 46,5% de El Maresme (Mataró).

Nesta comparativa é rechamante o feito de que a maioría das comarcas urbanas pertencentes a
autonomías aínda máis humildes que Galicia e cunha situación laboral historicamente moi
negativa, como Extremadura ou Andalucía, superen amplamente a Ferrolterra. Por exemplo,
Mérida (65,8%) Cáceres(61,3%) ou Badajoz(54,6%) deixan moi atrás á nosa bisbarra. Tamén a
maioría das cidades andaluzas presentan uns datos considerablemente mellores que os nosos
(Jaén, Almería, Huelva ou Roquetas del Mar sobrepasan amplamente o sesenta por cento de
ocupados respecto do total da poboación en idade de traballar). Se ben, tamén é certo que,
dentro da comunidade andaluza, encontramos uns datos semellantes aos de Ferrol nas áreas
urbanas da provincia de Cádiz (Algeciras, Sanlúcar de Barrameda, Ronda, Bahía de Cádiz), xa
que aquí tamén padeceron no seu día diferentes reconversións industriais.
4. Comparación con outras áreas urbanas do Estado que
tamén padeceron fortes reconversións industriais

Se comparamos a situación da comarca ferrolá coa doutras áreas que no seu día tamén sufriron
fortes reconversións, volvemos a ver, unha vez máis, como a nosa comarca sae a peor parada:

Area urbana Cabeceira Autonomía Poboación Afiliados á Taxa de


15 a 64 S. Social ocupación

38 Bilbo Handia - Gran Bilbo-Bilbao Euskadi 602.715 367.322 60,9%


Bilbao
62 Campo de Cartagena Cartagena Murcia 228.108 124.618 54,6%
76 Bahía de Cadiz-Jerez Jerez Andalucía 438.682 210.297 47,9%
78 Avilés Avilés Asturias 108.030 51.007 47,2%
96 Ferrolterra Ferrol Galicia 110.172 43.739 39,7%
Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

Botando unha ollada aos datos podemos comprobar como mesmo Avilés, a cidade máis
fortemente castigada en Asturias polas reconversións industriais dos anos 80, presenta uns datos
laborais máis positivos que os da Terra de Trasancos. Este feito resulta aínda máis preocupante
se temos en conta que a rexión asturiana foi a que menos medrou en todo o Estado ao longo
destas tres últimas décadas. É dicir, que nin tan sequera somos capaces de mellorar os datos da
urbe máis deprimida da rexión menos dinámica do Estado, o cal di moi pouco a favor da nosa
situación presente.

Tamén vemos como a área metropolitana de Bilbao, que sufrira a finais dos 70 o peche das súas
industrias do metal e siderúrxica conseguiu repoñerse rapidamente da crise tras facer o goberno
vasco unha forte aposta pola innovación e o I+D, na que hoxe en día Euskadi é un referente a
nivel mundial.

Do mesmo xeito, o Campo de Cartagena conseguiu sobreporse aos miles de despedimentos


padecidos na industria química e naval de hai 20 anos coa chegada de General Electric e Repsol
ou apostando pola diversificación tras potenciar o sector servizos en paralelo.

Finalmente a Bahía de Cádiz (Cádiz, Jerez, San Fernando) conseguiu amortiguar, aínda que só
en parte, a crise do sector naval dos anos 80 coa chegada da industria aeronáutica (CASA e
Airbus), e a potenciación das industrias petroquímica (Cepsa, CLH) ou enerxética (Endesa). Do
mesmo xeito, esta provincia goza dun dos principais portos de Europa (o porto de Algeciras, que
move ao ano uns 70 millóns de toneladas de mercadorías, o dobre que os cinco grandes portos
galegos en conxunto) e duns nada desprezables ingresos vía turismo.
5. Narón, un exemplo a seguir
Cando a maioría da xente fala sobre a situación do emprego na nosa comarca, sempre acaba
facendo referencia o forte golpe que recibimos con motivo da reconversión do sector naval. Sen
embargo, moi poucos caen no feito de que ese golpe podería ter sido moitísimo máis grande se
no seu día desde o concello de Narón non se tivesen fomentado diferentes actuacións de
promoción económica. Estámonos a referir, en concreto, á construción e ampliación dos
polígonos industriais da Gándara, As Lagoas e Río do Pozo (neste último xa se están vendendo as
parcelas da cuarta fase que, só en principio, prevense que crearán máis de 650 empregos).

Polígonos que, en conxunto, suman máis de tres millóns de metros cadrados de superficie
industrial neta (catro millóns e medio de superficie industrial bruta) e que levan creados
entorno a uns 8.000 postos de traballos directos durante todos estes anos (1.100 nas Lagoas,
2.300 na Gándara e máis de 4.000 en Río do Pozo). Se temos en conta o efecto multiplicador
que produce a creación de semellante cantidade de empregos de forma directa non sería
desproporcionado pensar que, grazas a este fenómeno, se acabaría creando outra cantidade de
emprego non menor de maneira indirecta.

Co que podemos afirmar, sen medo a equivocarnos que, grazas a creación de todo ese chan
industrial en Narón, hoxe en día teñen traballo máis de 15.000 persoas na bisbarra. E a pregunta
que nos facemos é a seguinte: Se a situación laboral na comarca aínda a día de hoxe é negativa,
¿qué tería sido de Ferrolterra se non se tivesen creado eses 4 millóns e medio de metros
cadrados de solo industrial? ¿cal sería a situación da bisbarra con 15.000 empregos menos?

Pois en vez de ter 44.000 ocupados, teríamos 29.000; e en vez do 40%, teríamos unha taxa de
ocupación do 26%. É dicir, moi posiblemente estaríamos a falar dunha situación socioeconómica
crítica que acabaría levando á comarca a unha bancarrota sen precedentes.

Sería inxusto non deixar claro que ao longo destes anos Narón ven de interpretar, en materia
laboral e económica, o papel de locomotora de Ferrolterra, sendo neste concepto, con
diferenza, o concello máis solidario da comarca.

Os maiores polígonos de Galicia

PARQUE LOCALIDAD SUPERFICIE NETA(m2)


San Cibrao das Viñas Ourense 2.500.000
Sabón Arteixo 2.403.000
Río do Pozo Narón 1.622.638
As Gándaras O Porriño 1.010.200
A Grela A Coruña 900.000
Tambre Santiago 805.000
Balaídos Vigo 714.000
Fonte: La Voz de Galicia e Diario de Ferrol
O solo industrial en Narón en cifras

PARQUE SUPERFICIE SUPERFICIE PARCELAS


NETA(m2) BRUTA(M2)
Río do Pozo 1.622.638 2.370.000 412
Sectores 1 e 2 646.734 920.000 204
Sector 3 310.558 510.000 64
Sector 4 665.346 940.000 144
A Gándara 823.000 1.337.000 103
Total 3.045.638 4.607.000 609
Fonte: La Voz de Galicia e Diario de Ferrol
Notas

Os datos de afiliados á Seguridade Social son de marzo de 2006.

Os datos demográficos obtivéronse dos padróns municipais de 2006

A taxa de ocupación se calculou dividindo o número de afiliados á Seguridade


Social entre o número de persoas en idade de traballar (entre 15 e 64 anos).

Os datos do emprego xerado polas 13.500 primeiras empresas de Galicia foron


obtidos a partir do directorio de empresas Ardán Galicia 2007, se ben os datos fan
referencia ao ano 2005.

Bibliografía e fontes de información

IGE (Instituto Galego de Estatística)

INE (Instituto Nacional de Estadística)

Ardán-Galicia 2007 (Zona Franca de Vigo)

Servicio de Estudios Caja España

Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Tesorería General de la Seguridad Social.

La Voz de Galicia-Ed.Ferrol

Diario de Ferrol

Terra Galega de Trasancos


Rúa Reis Católicos, 9 Baixo 15570 Narón-A Coruña
Teléfono: 981 389 210; e-mail: redacción@terragalega.eu