You are on page 1of 15

3.

Morfoloxía

1. Os modos de articulación da linguaxe


1) Primeiro modo de articulación: unidades con significante e significado.
Exemplo1: morfemas coma |escur|, |idade|; |papel|, |eira|
(estudados pola morfoloxía).
Exemplo2: palabras, frases e oracións.

2) Segundo modo de articulación: unidades que carecen de significado (pero


non son significante, xa que este ten que estar necesariamente asociado a un
significado).
Exemplo1: sílabas coma ci - da - de ou ci - ne (ci non está
asociado a un mesmo significado constante).
Exemplo2: fonemas, trazos fonolóxicos.
Exemplo3: palabra fonolóxica.
Exemplo4: grupo de entoación.

2. A morfoloxía
FORMA SIGNIFICADO
Morfemas Morfoloxía Semántica
Palabras Morfoloxía Semántica
Frases Sintaxe Semántica composicional
Oracións Sintaxe Semántica
Enunciados
Pragmática
Textos

A morfoloxía é a rama da Lingüística que estuda:


a) A estrutura das palabras.
Exemplo1: escuridade = |escur| + |idade|
b) As modificacións formais que se producen no seu interior.
Exemplo1: as alternancia vocálicas no presente de indicativo,
que están asociadas a un contido ( en comer //
e //). Porén, non se inclúen as modificacións
que non afectan ao significado, por exemplo []
e [ ]

3. A palabra
1) Palabra base:
a) Definición: é a unidade abstracta que reúne o que teñen en común os
distintos membros dun paradigma flexivo.
LEXEMA (significado) 'con pouca luz'Adx → ESCUROAdx
TEMA (significante) //
b) Representación gráfica:
 Lexema: contén o significado conceptual común aos membros dun
paradigma flexivo, así coma información sobre a clase de palabras á que
pertencen. Pódese representar cunha definición, aínda que o xeral é que

1 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

se represente a palabra base seguida da categoría gramatical en


subíndice:
LEXEMA (significado) 'con pouca luz'Adx → ESCUROAdx

 Tema: é o significante da palabra base e pode identificarse en principio


coa secuencia que se mantén constante ao longo da flexión. Con rodo,
nos verbos cómpre incluír a vogal temática, que non é constante pero
sempre está subxacente (identifica a conxugación):

//
TEMA (significante)
//

c) Observacións: non ten sentido falar de palabra base no caso das formas
invariables (agás no caso de existiren variantes), xa que non existe un
paradigma. Nestes casos sinalamos que existe un lexema asociado a unha
forma de palabra.

2) Palabra do discurso:
a) Definición: é cada unha das realizacións concretas da palabra base.
b) Representación gráfica:

REPRESENTACIÓN
MORFOSINTÁCTICA ESCUROAdx masc., sing.
(significado)
FORMA DE PALABRA //
(significante)

 Representación morfosintáctica: reúne información sobre o significado


conceptual e a clase de palabras á que pertence (lexema) así coma sobre
as propiedades gramaticais correspondentes á flexión concreta con que
aparece:
REPRESENTACIÓN MORFOSINTÁCTICA ESCUROAdx masc.,
(significado) sing.
 Forma de palabra: é a expresión da representación morfosintáctica
(constituída polo tema, o significante e mais os morfemas flexivos):

FORMA DE PALABRA //


(significante)

3) Palabra fonolóxica: unidade constituída por unha sílaba tónica e máis


sílabas átonas agrupadas en volta dela. É unha unidade do 2º modo de
articulación, xa que a súa conformación depende de aspectos fónicos.
Exemplo:
É unha palabra fónica
Son dúas palabras do discurso (lavo
lávote / te)
Son dúas palabras base (lavar /
clítico)

2 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

Exercicio:
PALABRA BASE PALABRA DO DISCURSO
FORMA Representación Forma de
Lexema Tema
morfosintáctica palabra
NENO Subs. masc., //
neno NENO Subs. //
sing.
// AMAR v copre., //
amabamos AMAR v
ind., 1P, sing.
// LIBREIRO Subs //
libreiros LIBREIRO Subs.
masc., plur.
// BEBER v fut., ind., //
beberei BEBER v
1P, sing.
tras TRAS prep // TRAS prep //
// EDIFICIO Subs. masc. //
edificio EDIFICIO Subs. masc.
sing.

Casos que poden resultar problemáticos:


 Dúas formas de palabra iguais con dúas representacións morfolóxicas que
remiten a dúas palabras base: cando casa Luís? e comprou unha casa

PALABRA BASE PALABRA DO DISCURSO


FORMA Representación Forma de
Lexema Tema
morfosintáctica palabra
CASAR V. pres.,
casa1 CASAR V. // //
ind., 3P, sing.
casa2 CASA subs. fem. // CASA subs. fem., sing. //

 Dúas formas de palabra iguais con dúas representacións morfosintácticas


pero que remiten á mesma palabra base: os líderes da organización e as
líderes da organización
PALABRA BASE PALABRA DO DISCURSO
FORMA Representación Forma de
Lexema Tema
morfosintáctica palabra
LÍDER subs. masc., //
líderes1 LÍDER subs. //
pl.
LÍDER subs. fem., //
líderes2 LÍDER subs. //
pl.

 Palabras bases con varios temas (verbos irregulares): Pedro será lingüista e
nos seus tempos fora futbolista
PALABRA BASE PALABRA DO DISCURSO
FORMA Representación Forma de
Lexema Tema
morfosintáctica palabra
será SER v // SER v fut., ind., //
// 3P, sg.
//

3 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

//
...
//
//
SER v antepret., //
fora SER v //
ind., 3P, sg.
//
...

 Variantes en palabras invariables (sen flexión): suei moito e é moi alto


PALABRA BASE PALABRA DO DISCURSO
FORMA Representación Forma de
Lexema Tema
morfosintáctica palabra
//
moito MOITO Adv. MOITO Adv. //
//
//
moi MOITO Adv MOITO Adv. //
//

4. Os morfemas, os morfos e os alomorfos


1) Palabras simples e palabras complexas:
a) Palabras simples: non se poden descompoñer en unidades menores do 1º
modo de articulación (con significante e significado), é dicir, non teñen
unha estrutura interna.
Exemplo: onte.
b) Palabras complexas: posúen estrutura interna desde o punto de vista do
1º modo de articulación.
Exemplos: escur-idade; nen-no; pan-s

2) Morfema: é a unidade mínima do 1º modo de articulación (significante +


significado) en que se pode descompoñer unha palabra complexa (que consta
de dous ou máis morfemas, mentres que as simples só teñen un).
significante // // //
'persoa de curta
significado fem. pl.
idade'

3) Morfo: é a etiqueta que empregamos para referírmonos ao significante dun


morfema:
significante
↓ // // //
morfo
'persoa de curta
significado fem. pl.
idade'

4 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

a) A morfoloxía encárgase só do estudo dos morfos, non do seu significado


xa que, como vimos, estuda só formas:

FORMA SIGNIFICADO
Morfemas Morfoloxía Semántica
Palabras Morfoloxía Semántica
Frases Sintaxe Semántica composicional
Oracións Sintaxe Semántica
Enunciados
Pragmática
Textos

b) O feito de que unha palabra sexa simple non implica que non se poida
descompoñer desde o punto de vista do significado:

morfo //
significado 'alimento...' masc. sg.

 Algún exemplos consideran que nalgúns casos a ausencia de marca é


marca, xa que existe unha oposición cun significado gramatical que si se
marca:
 No caso do singular e o plural a ausencia de marca pode ser marca
de singular, xa que o plural aparece marcado sempre:

morfo // //


significado 'alimento...' masc. sg.

morfo // //


significado 'alimento...' masc. pl.

 No caso do masculino e o feminino a ausencia de marca non é


marca, xa que unha palabra sen marcas morfolóxicas pode ser
masculina ou feminina:
morfo //
significado 'alimento...' masc. sg.

morfo //
significado 'alimento...' fem. sg.

 No caso dos verbos, a ausencia de marca tamén é marca de presente


de indicativo, xa que no resto de tempos contamos cunha marca:

morfo // // // //


significado 'sentir afecto' 1ª conx. pres. P2 sg.

morfo // // // //


significado 'sentir afecto' 1ª conx. copretérito P2 sg.

5 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

morfo // // // //


significado 'sentir afecto' 1ª conx. antepretérito P2 sg.

morfo // // // //


significado 'sentir afecto' 1ª conx. pospretérito P2 sg.

c) Amálgama: prodúcese cando non existe unha relación biunívoca entre os


morfos e as propiedades gramaticais, no sentido de que un morfo contén
dúas ou máis propiedades gramaticais:
 Morfo ↔ propiedade gramatical:
morfo // // //
'persoa de curta
significado fem. pl.
idade'

 Amálgama:
morfo // // //
copretérito
significado 'emitir sons' VT +
indicativo

morfo // // // //


pretérito P1
significado 'emitir sons' VT + +
subxuntivo singular

4) Alomorfo: cada un dos morfos que serven de expresión dun mesmo morfema.
Para que exista alomorfia cómpre que:
a) Haxa identidade de significados e proximidade formal:
 // e // teñen identidade de significados e proximidade formal:

morfo // //


significado 'negación' 'que se pode usar' sg.

morfo // //


significado 'negación' 'que existe' sg.

 // e // teñen identidade de significados, pero non


proximidade formal, polo que non son alomorfos:
morfo //
'acción e efecto
significado
de'
morfo //
'acción e efecto
significado
de'

6 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

b) Teñan distribución complementaria, aínda que esta non ten por que ser
"perfecta":
 // e // teñen unha distribución complementaria perfecta:
 // + líquida (irreal, ilegal).
 // no resto de contextos.
 //, // e // tamén están en distribución complementaria:
 //+ vogal, agás //.
 // + // (piedade).
 // + consoante (maldade)

5. Estrutura e constituíntes formais das palabras complexas


5.1. Cadea de formación
Os falantes somos quen de identificar se unha palabra complexa:
1) Está correctamente construída.
2) Está construída a partir de unidades das que coñecemos o significado.
3) Está construída seguindo regras que coñecemos, que non se aplican
simultaneamente, senón seguindo unha cadea de formación:

forma significado cadea de formación


'calidade daquilo que
incontaminabilidad contaminar > contaminable > incontaminable >
non se pode
e incontaminabilidade
contaminar'
'período da vida
humana
nenez neno > nenez
correspondente a
cando se é neno'
'lugar para barco > embarcar > desembarcar >
desembarcadoiro
desembarcar' desembarcadoiro

 En caso de termos dúbidas sobre a secuencia da cadea de formación


cómpre recorrer ao significado, xa que a secuencia é a inversa á da
definición (por exemplo, en incontaminabilidade o significado
contaminar é o último na definición, pero o primeiro na cadea de
formación).

5.2. Análise morfolóxica


Supón unha análise estática da palabra, descompoñéndoa en constituíntes
(raíz, afixos...)
5.3. Raíz e base
1) Base: é a palabra precedente na cadea de formación, aínda que en senso
estrito é o significante da palabra base que a precede na cadea de formación, é
dicir, o tema desa palabra.
Exemplo1: a palabra base de contaminable é contaminar,
pero en senso estrito é o seu tema, é
dicir, //.

7 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

Exemplo2: a palabra base de nenez é neno, pero en senso


estrito é o seu tema, //.

2) Raíz: é o significante do morfema central dunha palabra, aquel que porta o


seu significado fundamental, e que se ve ou se pode ver modificado a través
de afixos. Exemplos:
formas raíz
nen-o, nen-ez //
cas-a-mos, cas-a-mento //
flor, flor-ista //
libr-o, libr-aría //
hoxe //

Exercicio:
formas raíz base tema
nenez // // //
incontaminabilidade // // //
carteiro // // //
tranquilizante // // //
desatar // // //
desembarcadoiro // // //
clarificador // // //
romanizar // // //

5.4. Procesos morfolóxicos de formación de palabras


1) Definición: son procesos de formación de palabras que operan con
morfemas, fronte a outros que operan con outras unidades (acurtamento,
siglación...)
2) Tipos:
a) Aditivos:
 Composición:
 Creación de novas palabras base a partir da combinación de dúas
palabras previamente existentes.
 A palabra resultante ten cando menos dúas raíces.
Só serve para a creación de palabras base, non para a creación de
palabras do discurso.
Exemplos: abrelatas, auganeve.
 Afixación:
 Creación de novas palabras mediante a adición dun afixo a unha raíz.
 Serve para formar:
 Palabras base.
Exemplo: // + // → nenez

 Palabras do discurso.
Exemplo: // + // → neno
8 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

 Afixo: morfema non libre (ligado) que non pertence a unha clase de
palabras determinada, polo que non é posible atopar unha palabra
formada só por afixos.
• Tipos:
 Prefixos: afixos colocados á esquerda da raíz.
Exemplo: incontaminable
 Sufixos: afixos colocados á dereita da raíz.
Exemplo: incontaminable
 Infixos: afixos colocados no medio da raíz.
Exemplo1: chamorro hasso → h-in-asso.
Exemplo2: algúns autores sinalan a súa existencia en galego
en formas coma pa-i-ra ou po-i-da, nas que
achegaría de xeito redundante o contido de presente
de subxuntivo. Con todo, en galego non é un
recurso produtivo.
• Tipos de procesos afixativos:
 Prefixación.
 Sufixación.
 Infixación.
 Parasíntese: prefixación e sufixación ao mesmo tempo
- Normalmente os dous elementos achegan o mesmo contido.
- Os elementos que entran na parasíntese poden funcionar
tamén de forma illada.
os elementos non se engaden de
anormal norma-normal-anormal xeito simultáneo, polo que non hai
parasíntese
os elementos engádense de xeito
anoitecer noite-anoitecer simultáneo, polo que hai
parasíntese
os elementos engádense de xeito
martiriza
mártir-martirizar simultáneo, polo que hai
r
parasíntese
só hai prefixación, xa que // e a
vogal temática e // pertence á
forma de cita, non ao tema
embarcar barco-embarcar O prefixo // serve para formar
verbos da 1ª conxugación
achegando o mesmo significado cá
vogal temática
 Interfixos: non son afixos, senón:
 Segmentos átonos.
 Sen significado propio, polo que non son morfemas malia estar
no marco da Morfoloxía (resultan da análise morfolóxica de
palabras).
 Sen funcionalidade definida.
 Van antepostos aos sufixos.
 Nunca aparecen sós, sen combinación con sufixos.

9 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

cart-eir-o
// 'persoa que está relacionada co que
cest-eir-o
indica a base'
castañ-eir-o
// 'persoa que está relacionada co que
pan-ad-eir-o indica a base'
// '' → é un interfixo

aug-ac-ento // 'co contido do que indica a base' ou


'tirando ao que indica a base'
lam-ac-ento
// '' → é un interfixo

 Reduplicación: proceso no que se produce a repetición de parte da


raíz ou da raíz na súa totalidade.
hayan 'querer'
hayanhayan 'querer moito'

CURRO 'corro'
CUCURRI 'corrín'

 Finalidades:
• Creación de palabras base.
• Creación de palabras do discurso.
 É moi habitual que se empregue con valor intensificador (en moitas
linguas serve para a formación do plural) xa que se trata dun
procedemento icónico (relación non arbitraria entre a palabra e o
contido expresado).
 No galego non existe como proceso morfolóxico, pero si se usan
procesos semellantes: é listo listo 'é moi listo' ou café café 'café do
bo'.

b) De cambio:
 Modificación:
 Prodúcense cambios formais na raíz que son regulares (obedecen a
unha regra que se verifica en varias parellas de palabras).
Exemplo: alternancia vocálica nos verbos da 2ª e 3ª
conxugacións.
 Finalidades:
• Creación de palabras base (non en galego).
• Creación de palabras do discurso (alternancia vocálica).

 Supleción: prodúcese unha alternancia na raíz, pero de xeito non


regular (idiosincrático). É dicir, conviven dúas raíces pero non
podemos sinalar que unha proceda da outra, polo que non hai un
cambio e, en senso estrito, non se trata dun proceso morfolóxico desde
o punto de vista sincrónico. Nestes casos, unha das variantes pode ser
unha raíz de palabra inexistente (*corpor, *petr).
Exemplo1: flexión → se-rá, fo-mos, er-a (palabras do
discurso)

10 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

Exemplo2: derivación → corpo / corpor (palabras base)


están en distribución complementaria:

accident-al // 'relativo ao que indica a base'


colos-al
corpor-al *corpor-corporal

córn-eo
ciclóp-eo
corpór-eo *corpor-corpóreo

Exemplo3: pedr / petr.

 Conversión:
 Prodúcese unha nova palabra base ou do discurso sen afixos e sen
modificacións formais.
 É un proceso moi produtivo en galego.
flexión atlas (sg.) → atlas (pl.)
parcela-parcelar
regar-rega
derivación lima-limar
lixa-lixar
comprar-compra

5.5. Derivación e flexión


derivación
finalidade léxica
Procesos composición
morfolóxicos
finalidade flexiva flexión

1) Procesos derivativos:
a) Son todos aqueles procesos morfolóxicos que serven para a creación de
novas palabras base, agás os compositivos.
Exemplos: bel-eza, des-atar, alam-eda.
b) Son estudados pola morfoloxía léxica.
2) Flexión:
a) Son todos aqueles procesos morfolóxicos que serven para a creación de
novas palabras do discurso.
Exemplos: bel-o, ata-ba.
b) Son estudados pola morfoloxía flexiva.

11 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

A oposición entre flexión e derivación non sempre é clara, xa que se trata


dun contínuum. Con todo, podemos sinalar algúns trazos que as diferencian:
Flexión Derivación
1. Produtividade altamente produtiva pouco produtiva
2. Transcategorización non pode producila
despois dos
antes dos morfemas
3. Posición morfemas
flexivos
derivativos
4. Regularidade irregularidades
alta
semántica frecuentes
5. Esixencia sintáctica si non
6. Necesidade
si non
expresiva

1) Produtividade:
a) Flexión:
 Os morfemas flexivos son altamente produtivos, xa que se poden
combinar cun número moi elevado de unidades e mesmo poden ser
obrigatorios.
Exemplo1: os morfemas de MT e NP case se poden
combinar con todos os verbos (agás cos defectivos)
e mesmo son obrigatorios.
Exemplo2: o morfema de número pódese combinar con case
todos os substantivos e adxectivos.
 Non temos almacenadas na memoria todas as formas flexivas, senón as
regras ou patróns de formación.

b) Derivación:
 Os morfemas derivativos son menos produtivos cós flexivos. Así, aínda
que a súa produtividade pode ter diferentes graos, nunca chegan ao grao
da dos flexivos.
 A produtividade é a que define en gran parte a distinción entre
flexión e derivación, polo que un determinado contido pode ser
expresado nunha lingua de xeito flexivo e noutra de xeito
derivativo. Con todo, o normal é que os significados expresados
mediante flexión sexan moi xerais.
Exemplo: en moitas linguas o contido de 'colectivo' é
expresado mediante morfemas moi produtivos, isto
é, de xeito flexivo; mentres que en galego se
expresa de xeito derivativo (alam-eda)
 Parece que si temos almacenadas as palabras creadas por derivación,
polo menos boa parte delas.
Exemplo: temos almacenadas palabras coma rexurdimento
ou entendemento, pero non outras coma ferimento
ou multamento (que podemos crear).

12 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

2) Transcategorizacións:
a) Flexión: nunca produce transcategorizacións.
Exemplo: canto, cataba, cantaría... son sempre verbos.
b) Derivación: pode producir transcategorizacións, aínda que non ten que ser
así obrigatoriamente.
Exemplo1: parasito → desparasitar (substantivo → verbo).
Exemplo2: claro → claridade (adxectivo → substantivo).
Exemplo3: álamo → alameda (substantivo → substantivo).
Exemplo4: atar → desatar (verbo → verbo).

3) Posición:
a) Flexión: os morfemas flexivos sempre se sitúan despois dos derivativos
(*enfermaeir, *edificababl), agás no caso dos adverbios formados con
mente (clar-a-mente).
b) Derivación: os morfemas derivativos colócanse antes dos flexivos.

4) Regularidade semántica:
a) Flexión: moi alta. Con todo, poden existir (lente 'sistema óptico...' → lentes
'aparello para ver mellor')
b) Derivación: aínda que o significado dunha palabra depende do significado
dos seus morfemas, no caso da derivación é moi alta a irregularidade
semántica. Isto pódese deber a:
 Usos figurados.
 Especializacións.
Exemplo1: marcador co significado de 'elemento que indica
o resultado dun partido' (especialización semántica
non deducible)
Exemplo2: secretario xa está desvinculado de cousas
secretas.

5) Necesidade expresiva:
a) Flexión: son necesarios para expresar un determinado contido, ata o punto
de parecer insubstituíbles.
Exemplo: é moi difícil expresar os contidos de MT e NP se
non é mediante morfemas flexivos.
b) Derivación: non son necesarios para expresar un determinado contido, xa
que este adoita poder expresarse doutra maneira.
Exemplo1: caramelizar - botar caramelo.
Exemplo2: claridade - calidade de claro de algo.

13 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

5.6. Tipoloxía morfolóxica das linguas


1) Trazos desta clasificación:
a) Atende á morfoloxía flexiva, non á derivativa.
b) Son tendencias, non todas as linguas encaixan perfectamente nun ou noutro
modelo.

2) Tipoloxía:
a) Linguas analíticas ou illantes: carecen de morfoloxía flexiva, polo
que os contidos gramaticais se expresan mediante partículas
independentes, non mediante palabras do discurso diferentes.
Exemplo: chinés:
Ta chi le fan
el comer pasado carne

Ta chi fan le
carn
el comer pasado
e

b) Linguas sintéticas (aglutinantes e flexivas):


 Teñen morfoloxía flexiva (afixos ou modificacións formais) que expresa
contidos gramaticais mediante diferentes palabras do discurso.
 Existen dous subtipos:
 Aglutinantes: os afixos ou modificacións formais teñen un só
significado.
Exemplo: flexión da forma turca köy 'vila'
singular plural: ler
nominativo köy köy-ler
dativo: e köy-e köy-ler-e
locativo: de köy-de köy-ler-de
ablativo: den köy-den köy-ler-den

 Flexivas: é moi habitual que os afixos ou modificacións formais


porten varios significados gramaticais a un tempo. Ademais, nas
linguas flexivas prodúcense frecuentemente casos de amálgama
(tanto nos afixos coma nas modificacións).
Exemplo: latín
significado AMIGOS [MASC, SING, ACUS]
significante amic- -um

c) Linguas incorporantes:
 Teñen a posibilidade de combinaren nunha mesma palabra morfemas
léxicos e gramaticais.
 Son moi produtivas na formación de verbos compostos de verbo +
substantivo (en galego esta combinación dá lugar a un substantivo, non a
un verbo).
 Normalmente coexisten a posibilidade sintética e a analítica, pero a
primeira adoita usarse para:
 Eventos frecuentes.
 Eventos presentados de xeito xenérico.
14 Lingua galega II
2009/2010
USC
3. Morfoloxía

Exemplo: katrümamüllmean 'irei cortar leña'


mamül n
katrü me a
l

cortar leña ir futuro
persoa

15 Lingua galega II
2009/2010
USC