You are on page 1of 8

4.

A oración

1. Oracións de predicado verbal e non verbal


Cómpre distinguir entre dous grandes tipos de oracións segundo o seu
núcleo predicativo, xa que teñen tamén diferentes funcións sintácticas:
1) Oracións con predicado verbal (predicativas).
2) Oracións con predicado non verbal (atributivas1).

1.1. Atribución vs. predicación


1.1.1. Predicacións de predicado verbal (predicativas)
1) Núcleo predicativo: é un verbo, unha clase de palabra especializada para
funcionar como tal:
a) É unha palabra léxica.
b) Contén as propiedades morfolóxicas de modo e tempo (MT) e número e
persoa (NP).
2) Funcións sintácticas: o verbo é o núcleo dunha frase verbal (FV), que pode
presentar como complementos CD, CI ou CPrep. Outras funcións coma o
Sux. ou os CC están fóra da FV.
a) Análise que non ten en conta as restricións da FV:
O

Sux. P CD CI CC

 Non se sinala que o CD e o CI son complementos da FV, xa que non se


recoñece a FV.
 Como consecuencia do anterior, a unidade que desempeña a función de
P é un verbo, non unha FV.
b) Análise que ten en conta as restricións da FV:

Sux. Pred. CC
FV

N CI CI

1
A denominación da gramática tradicional non é a máis precisa, xa que tanto as oracións predicado
verbal coma as de predicado non verbal son predicativas ('comunican algo') e, ademais, as de predicado
non verbal non sempre son atributivas. Por exemplo, María é alta é unha oración de predicado non
verbal atributiva, pero María é a alta é unha oración de predicado non verbal non atributiva.

1 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

 Sinálase que o CD e o CI son complementos do N da FV.


 Tamén se sinala que dentro da FV o CD é máis directo có CI.
 Ademais, tamén se reflicte que o CC se opón en bloque ao Sux. e o
Pred. Con todo, isto non é así cando o CC é argumental:

O
FV

N CCL
| |
vivo en Lugo

1.1.2. Predicacións de predicado non verbal (atributivas)


1) Núcleo predicativo: pode ser de calquera categoría, agás un verbo:
a) FN: María é avogada; María é avogada de oficio.
b) FAdx.: María é intelixente; María é moi intelixente.
c) FAdv.: só no caso dos adverbios léxicos, de xeito que é posible María é
así, pero non *María é si.
d) FPrep.: María está con gripe.
2) Funcións sintácticas: o esquema funcional é diferente, xa que nestes casos
non atopamos os complementos propios da FV (CD, CI, CPrep.) porque non
existe FV:
a) Esquema funcional: verbo auxiliar (ser / estar) + F*.
b) Función do verbo auxiliar:
 Carece de significado léxico, polo que non pode funcionar como núcleo
predicativo.
 Contén os morfemas de MT (referidos a toda a predicación) e NP
(referidos ao suxeito), de xeito que serve de soporte das categorías non
verbais para que poidan funcionar como núcleo predicativo do formato
oración (estes morfemas xa están integrados no núcleo predicativo
cando este é un verbo).
O

Sux. Pred.
FN v. aux (ser) + FAdx.

a rapaza é alta

2 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

1.1.3. Tipos de oracións atributivas


1) Oracións atributivas ou adscritivas:
a) Función: serven para atribuírlle ao suxeito unha propiedade ou calidade
especificada polo predicado, isto é, marcan a inclusión do suxeito dentro
dunha clase. Exemplos: a rapaza é intelixente, a rapaza é alta; a rapaza está
alta, a rapaza está solteira.
'A posúe a cualidade B'

AEB 'A pertence á clase de
entidades que posúen a
cualidade B'

b) Propiedades formais:
 A e B non son reversibles, de xeito que se se altera a orde dos
constituíntes A segue sendo suxeito e B predicado. Exemplo: María é alta
→ Alta é María.
 A supresión do predicado deixa a súa pegada cun pronome o
invariable ou non deixa resto pronominal. Exemplo: María é alta →
María éo ou María é.
2) Oracións identificativas ou ecuativas:
a) Función: serven para identificar o suxeito mediante outro referente
especificado polo predicado, de extensión contextualmente equivalente.
Exemplo: María é a alta, María é a avogada, Luísa é a médica.

A=B

b) Propiedades formais:
 Os dous termos son sempre reversibles, é dicir, ao alterarmos a orde dos
constituíntes tamén se altera a relación entre eles. Exemplo: María é a
alta (María = Sux.) e A alta é María (a alta = Sux.).
 A supresión do predicado deixa como pegada un pronome o que
adoita concordar co Sux. (ou non deixa resto). Exemplo: Eva é a
avogada? Eva non a é ou Eva non é.

É dicir, a oposición entre oracións de predicado non verbal atributivas e


identificativas non é meramente conceptual, xa que existen diferentes
propiedades formais que soportan distintos contidos conceptuais, polo que están
lingüisticamente diferenciadas.

3) Oracións enfáticas ou fendidas / escindidas:


a) Función: serven para destacar un elemento dunha oración calquera como
foco. Deste xeito temos o verbo auxiliar, seguido do elemento focalizado
e dun oración de relativo que contén todos os elementos non enfatizados.
A = foco
B = ORel

3 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

estrutura non focalizada estruturas focalizadas


Foi Uxía quen me defendeu onte no xulgado
Uxía defendeume onte no xulgado Foi onte cando me defendeu Uxía no xulgado
Foi no xulgado onde me defendeu Uxía onte

b) Propiedades formais:
 Non son oracións de predicado non verbal en senso estrito, xa que poden
selo ou non dependendo de como sexa a oración base.

Predicado verbal Foi Uxía quen me defendeu onte no xulgado


Predicado non verbal É María a que é alta

 A súa estrutura é sempre ser + foco + oración de relativo que contén os


elementos non focalizados.
 Son reversibles, pero se o foco vai antes de ser deixa de ser unha
oración enfática. Exemplo:
oración enfántica oración identificativa
Foi Uxía quen me defendeu onte no Uxía foi quen me defendeu onte no
xulgado xulgado

1.1.4. Usos de ser e estar


A existencia de diferentes verbos auxiliares:

a) Supón unha posible obxección ao que vimos de explicar, xa que o feito de


que nalgunhas linguas coma o galego existan dous auxiliares pódenos levar
a pensar que existe entre eles unha diferenza léxica, pero en realidade
trátase dunha oposición gramatical e, en concreto, aspectual:
 Ser: atribución de características permanentes. Exemplo: a parede é
negra.
 Estar: atribución de características transitorias. Exemplo: a parede está
negra.
 Parecer e semellar: contido modal (posibilidade).
b) Esta oposición entre ser e estar só se dá nas atributivas propiamente ditas
e con propiedades que non son intrinsecamente permanentes ou
transitorias. Exemplos:

propiedades non a parede é negra permanente


negr@
intrinsecamente a parede está negra transitoria
permanentes ou a nena é alta permanente
alt@
transitorias a nena está alta transitoria
propiedades intelixente a nena é intelixente permanente
intrinsecamente
*a nena está intelixente
permanentes
propiedades canso a nena está cansa transitoria
intrinsecamente
*a nena é cansa
transitorias

4 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

1.2. Zonas fronteirizas entre atribución e predicación; o complemento


predicativo
1.2.1. Verbos predicativos habilitados como atributivos
1) Verbos atributivos:
a) Son verbos que funcionan só como soportes de categorías, polo que
carecen de significado verbal pero achegan significados gramaticais propios
do verbo.
b) Teñen a súa orixe en verbos predicativos, de xeito que sofren un proceso de
gramaticalización e, como consecuencia, perden o seu significado léxico.
2) Verbos habilitados como atributivos: son verbos nos que o proceso de
gramaticalización non está consumado e que se poden empregar en
contextos atributivos, nos que amosan unha certa perda do seu contido
semántico, pero aínda remiten a el. É dicir, non son meros soportes de
categorías coma os verbos atributivos. Exemplos:

usos atributivos usos predicativos


o home xa vai vello o home vai na alameda
a rapaza anda con gripe a rapaza anda con zapatillas
a nai quedou moi afectada a nai quedou sentada
os barcos seguen amarrados os barcos seguen o seu camiño

1.2.2. Esquemas sintácticos mixtos; a dobre predicación


Neste caso non estamos perante unha situación intermedia, senón mediante
unha dobre predicación na que se combinan:
1) Predicación primaria: predicado verbal.
2) Predicación secundaria: predicado non verbal.

Exemplo Predicación primaria Predicación secundaria


os autobuses circulan cheos de os autobuses están cheos de
os autobuses circulan
xente xente
vendín eses libros moi baratos vendín eses libros eses libros son moi baratos
Pepe come o caldo sempre frío Pepe come o caldo o caldo está sempre frío

Deste xeito calquera verbo pode aparecer implicado en estruturas


atributivas sen perder o seu contido léxico.

***

Tanto no caso de verbos predicativos habilitados coma atributivos coma


nas predicacións dobres, identificamos a funcións sintáctica complemento
predicativo, unha denominación mixta que responde tamén á súa natureza mixta:
a) En parte é un complemento circunstancial (da predicación verbal).
b) En parte é o que se predica do CD ou do Sux., cos que concorda (polo que
non pode ser un CC).

5 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

2. Funcións sintácticas e funcións semánticas dentro da oración


2.1. Procedementos de marcaxe de relacións funcionais
2.1.1. Marca de caso (estratexia relacional: procedemento específico)
1) Definición:
a) Marca que aparece pegada ao participante do que indica a función, por
exemplo:

V [marca de Ax.] P1 [marca de Mt.] P2 [marca de Loc.] P3

V P1 [marca de Ax.] P2 [marca de Mt.] P3 [marca de Loc.]

b) É o único procedemento inequívoco na marcaxe de relacións funcionais.

2) Tipos:
a) Marcas flexivas, aglutinadas á forma léxica:
 Prefixos
 Sufixos.
 Infixos.
b) Adposicións: palabras ligadas pero non incorporadas á flexión:
 Preposicións.
 Posposicións.

2.1.2. Concordancia (estratexia cohesiva: procedemento inespecífico)


1) Definición:
a) A marca colócase no verbo, é dicir, no elemento do que depende o
participante para o que se indica a función.
b) Nestes casos non sempre está claro a que elemento fai referencia a marca,
polo é posible a ambigüidade, xa que a súa finalidade principal é a de
permitir a elipse para alixeirar o discurso, non a marcaxe de función
sintáctica.
2) Tipos:
a) Flexiva, como é o caso do suxeito en galego.
b) Adposicións, coma no caso dos clíticos (prosodicamente pegados ao verbo,
pero non flexivos).

2.1.3. Orde de palabras ou dispositio (estratexia informativa:


procedemento inespecífico)
1) Marcaxe de relacións funcionais: ten unha rendibilidade moi limitada,
xa que é imposible establecer unha orde predefinida para todos os
constituíntes e só funciona para marcar algún participante en relación a
outros. Exemplo: o OI vai despois do OD, se o hai.
2) Marcaxe de funcións pragmáticas: este procedemento é máis rendible
para a marcaxe de funcións pragmáticas (tema como punto de partida).

6 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

2.1.4. Complementariedade dos procesos na xerarquía de funcións


Para que o nivel de ambigüidade sexa baixo, as linguas adoitan empregar
os tres procedementos anteriores de xeito complementario. Xeralmente adoitan
complementarse a marca de caso e a concordancia, de xeito que a orde só entra en
xogo cando estes dous procedementos non son suficientes:

1) Distribución complementaria da marca de caso e a concordancia:


a) Concordancia: marca as funcións centrais, polo que está asociada ao
límite superior na escala de funcións sintácticas (Sux. < CD < CI <
Adxuntos):
 Se unha determinada función se marca mediante concordancia, tamén
se deben marcar así todas as funcións superiores da escala.
 Non pode darse concordancia no límite inferior (perdería sentido a
complementariedade entre os dous procedementos).
Sux. < CD < CI < Adx.

b) Marca de caso: marca as funcións máis periféricas na escala de funcións


sintácticas:
 Se unha determinada función se marca mediante marca de caso, tamén
se deben marcar así todas as funcións inferiores da escala.
 Non pode darse concordancia no límite superior.
Sux. < CD < CI < Adx.

2) Causas desta distribución:


a) Concordancia:
 Márcase no predicado, polo que é lóxico que só se marquen deste xeito
os elementos que selecciona o núcleo predicativo (argumentos →
funcións sintácticas centrais).
 A concordancia presenta a limitación da referencialidade (posible
ambigüidade con respecto ao elemento ao que se refire esta marca), polo
que se se sinala deste xeito a función de todos os elementos perdería
operatividade.
b) Marca de caso:
 Márcase en cada participante, polo que parece lóxico que se reserve
para aqueles elementos que non son previsibles (satélites → funcións
sintácticas periféricas).
 A marca de caso é o único procedemento inequívoco, xa que identifica
directamente a función semántica dos participantes, por iso se emprega
para as funcións periféricas.

7 Sintaxe galega
2009/2010
USC
4. A oración

3) Complementariedade da concordancia e a marca de caso en galego:

Sux. CD CI Adx.
flexiva + - - -
Concordancia
clíticos - + + -
flexiva - - - -
Marca de caso adposicións -
(preposicións -
(+ )
+ +
)

A preposición a non é marca de CD, senón que se trata dunha marca


inequívoca (marca de caso) que se pon en marcha nos casos nos que a
concordancia non é suficiente. Así, emprégase a marca empregada pola seguinte
función na escala (en orde descendente), é dicir, a do CI. Isto é o que se denomina
un sistema de marcado selectivo ou diferencial de obxecto (cómpre ter en
conta a influencia do castelán na extensión do seu uso en casos nos que, en
principio, non sería necesario).

2.2. Suxeitos con preposición? Aparentes suxeitos con segundo, entre,


ata
Non existen suxeitos con preposición, estes son só aparentes:
a) Segundo e ata: son complementos máis externos, que se sitúan fóra dos
límites da oración.
b) Entre: non introduce un suxeito, senón que é unha FPrep. coa función de
CCManeira. Exemplo: entre os dous dérono feito → así dérono feito, pero o
suxeito está elidido; María e Xan estaban alí. Entre os dous dérono feito → o
suxeito é María e Xan non entre os dous.

2.3. Identificación das funcións sintácticas nos esquemas oracionais básicos 


2.3.1. Sistemas bicasuais vs. tricasuais
2.3.2. Sistemas diferenciais vs. non-diferenciais
2.3.3. OD con preposición. Funcionamento do sistema de Marcaxe Diferencial de Obxecto
en galego
2.3.4. A transitividade preposicional

8 Sintaxe galega
2009/2010
USC