You are on page 1of 2

COLEXIO "CASA DE LA VIRGEN

"

ACTIVIDADES

1. VISUALIZAR NO BLOG DE VICENTE DE PAÚL A PRESENTACIÓN DA VIDA DE
VICENTE DE PAÚL, PROTAGONIZADO POLOS ALUMNOS DO COLEXIO E
REALIZAR O REZO DA MAÑÁ NA PROPIA CLASE
http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/2016/06/vida-de-vicente-de-paul.html. (SALEN OS NENOS)
http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/search/label/Presentaci%C3%B3n%20Vida%20Vicente%20de%20Pa%
C3%BAl
(ESCÓITASE A SÚA VOZ)
Se non é posible visualizala, realizar a lectura resumida da vida de Vicente de Paúl, ou que fagan a lectura
dos cómics propostos en cada clase.
PROPOSTA:
PROFESOR:
VIDA: Vicente de Paúl nace no Século XVI en Landas (Francia). Traballa no campo, coida animais
domésticos e usa zancos. Estuda en Dax: gramática, latín, cálculo... A súa ambición é chegar a ser alguén
importante. O seu pai vende os bois para que poida estudar e el estuda moito.
Seguiu o camiño do Sacerdocio. Vive nas cidades de Toulouse, Marsella, Roma, París... Chega a ser capelán da
Reina Margot. Foi párroco en Clichy e en Châtillón onde descubre ós pobres.
Naquela época había moita Pobreza en Francia: abandonaban ós nenos recente nacidos nas rúas. Era unha
verdadeira mágoa. Vicente de Paúl, que quería moito ós nenos e ós pobres, recollíaos e atendíaos. Nesta época
organiza e funda as “Confrarías da Caridade” en 1617. Máis tarde, como isto non era dabondo reuniu a un
grupo de xoves coa fin de axudar os pobres e coa axuda de Luisa de Marillac fundou en 1633 “as Fillas da
Caridade”.
Tamén se decatou de que os campesiños de entón non escoitaban falar de Deus. Con tal motivo no ano 1625
fundou A Congregación da Misión, os Pais Pauis que chamamos.
Os pobres chegaron a ser “ o seu peso e a súa dor”.
Morre en 1660 . Pero o seu espírito e o seu corazón aínda perviven connosco.

Facer o rezo en cada clase
" No nome do pai e do fillo e do Espírito Santo, Amén.

PROFESOR: Hoxe é un día moi especial
Supoño que todos sabedes que hoxe, en todo o Colexio estamos de Festa, é San Vicente de Paúl!.
PROFESOR: Remataremos este momento especial rezando todos xuntos o noso pai.
(EN GALEGO)
Noso Pai que estás no Ceo,
santificado sexa o teu nome;
veña a nó so teu reino;
fágase a túa vontade na terra coma no ceo .
Dános hoxe o noso pan de cada día:
perdoa a nosas ofensas,
como tamén nos perdoamos
ós que nos ofenden;
non nos deixes caer na tentación,
e líbranos do mal. AMÉN.
(EN CASTELÁ)
Padre nuestro que estás en el cielo, Santificado sea tu nombre, venga a
nosotros tu reino, hágase tu voluntad así en la tierra como en el cielo, danos hoy nuestro pan de cada día y
perdónanos nuestras ofensas como también nosotros perdonamos a los que nos ofenden, no nos dejes caer en
la tentación y líbranos del mal. AMÉN."

2. EUCARISTÍA 9:05 h Cursos: 4º, 5º e 6º E.P.
3. PRESENTACIÓN DA VIDA DE VICENTE DE PAÚL NUN ORDENADOR NA ENTRADA.
4. DECORACIÓN DOS CORREDORES (FRASES de San Vicente, IMAXES, ETC)
5. CONSULTA DO BLOG VICENTE DE PAÚL POR ETAPAS.
Uso do blog de Vicente de Paúl. http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/
6. ACTIVIDADES NA PROPIA CLASE POR ETAPAS.
AMBIENTACIÓN: Colocar ao lado das portas a árbore das pegadas de Vicente de Paúl cos traballos
realizados polos alumnos. TODOS OS CURSOS
a) E.I
Uso do blog de Vicente de Paúl. http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/




Rezo da oración proposta para cada día (en galego ou en castelá)
Presentación da vida de Vicente de Paúl mediante o caderno ou ver a proxección mediante o
blog.
Cantar a canción de implicados ou a de "Himno A San Vicente de Paúl" (Axenda).
Elaborar a árbore de Vicente de Paúl con pegadas ou con boliñas de papel de seda. Colocar nos
corredores
Facer oral o xeroglífico.

b) E.P.
Uso do blog de Vicente de Paúl. http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/






c) ESO

Rezo da oración proposta para cada día. (en galego ou en castelá)
Ver un vídeo ou presentación da VIDA DE VICENTE DE PAÚL. Tamén se pode utilizar o
DVD da películas de Vicente de Paúl ou a lectura dos cómics.
Cantar a canción de implicados ou a do "Himno A San Vicente de Paúl" (Axenda)."
Elaborar a árbore das pegadas de San Vicente de Paúl para poñer nos corredores.
Nas follas entregadas,elaborar mensaxes de cousas que podemos facer no colexio ou no noso
pobo para axudar como fixo Vicente de Paúl. Iranse pegando na Gran árbore que estará no
corredor da entrada do colexio.
Calquera das actividades propostas no blog.
Uso do blog de Vicente de Paúl. http://vicentedepaulcv.blogspot.com.es/




Rezo da oración proposta para cada día. (en galego ou en castelá)
Ver vídeo ou presentación de VIDA DE VICENTE DE PAÚL ou visualizar a película do DVD
tamén está no blog en francés.
Elaborar a árbore das pegadas para colocar no corredor.
Outras actividades propostas no blog.

7. ACTO RECREO PRIMARIA (breve) ( Se non chove)
- Colocarán as follas coas súas mensaxes e compromisos, para conseguir "un mundo máis xusto".
- Cando un alumno vai a colocar a súa folla lerá o compromiso para conseguir un mundo máis xusto.
- Farase por orde de cursos.
- Logo a árbore colocarase nun corredor do colexio.