teatro clásico

3º eso

departamento de grego
ies de melide. curso 2016-17

ALUMN@:
Teatro de Dioniso, Atenas

Vista aérea do teatro de Epidauro

Santuario de Asclepio, en Epidauro

Capsa con volumes de papiro
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

O teatro grego ten o seu máximo esplendor na Atenas
democrática do s. V a. C, no chamado século de Pericles.A
representación teatral é un acto:
- Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel tena a súa
orixe. As súas festas anuais eran no mes de xaneiro as
Leneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias .
- Social: é un espectáculo popular, de goce do ocio de forma
colectiva. Implica a participación do espectador, a súa
reflexión sobre problemas humanos e temas políticos.
A representación teatral está organizada pola polis ou
Estado en forma de concurso, cun premio para o mellor poeta tráxico e outro para o mellor poeta cómico.
Os cidadáns ricos costeaban as representacións co pago de impostos e recibían honores se a obra era
premiada. Estes "patrocinadores" denominábanse coregos.

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

Tódolos compoñentes da obra teatral levaban máscara e
disfrace.
- Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, máscaras de expresión
tráxica e o coturno, un calzado de madeira con sola bastante grosa. Este
calzado especial aumentaba a altura dos actores conferíndolles unha
"elevación moral".
- Na comedia: disfraces de animais, mulleres e grotescos en xeral e
máscaras cómicas.
En cada representación teatral interviñan:
- Actores: ata un máximo de tres, polo que cada un debía representar
varios papeis:
Protagonista: actor principal
Antagonista: segundo actor
Terceiro actor: facía todos os demais papeis
Os actores eran sempre homes e desempeñaban papeis femininos cando era necesario. Ás veces podían
intervir nenos e personaxes mudos, que non eran actores profesionais. Os actores recitaban e cantaban na
escena.
- O coro: era fundamental na traxedia. Facía a función dun personaxe máis que dialogaba cos actores sobre o
que estaba acontecendo. Os seu compoñentes denominábanse coreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que é
quen toma a palabra cando había que recitar. O coro cantaba e danzaba na orquestra.
En toda peza teatral, especialmente na traxedia, soe haber un momento de máxima tensión ou clímax
que se sucede dun anticlímax. No clímax soe producirse a morte tráxica do protagonista ou algún outro
personaxe. A representación da morte era tabú no drama grego, polo que este momento non podía ser posto
en escena e debía ser referido por outro personaxe, normalmente un mensaxeiro.
Un dos recursos para aumentar a tensión dramática é a chamada ironía tráxica, utilizada
principalmente por Sófocles. Prodúcese cando un personaxe é víctima dun discurso de dobre sentido, que
coñecen os espectadores, pero el non.
Nas pezas teatrais había unidade espacial e temporal: a acción desenvolvíase nun escenario único
(un so lugar) e nunha xornada (un so día)

Teatro grego. Páx. 1
3. OS XÉNEROS TEATRAIS

Traxedia Comedia
Temas heroicos ou lendarios (mitolóxicos) ficción
Tratamento tono solemne e grandioso tono desenfadado
Personaxes heroes ou heroínas personaxes populares, animais, deuses ou heroes
ridiculizados...

Na traxedia grega exprésase claramente o sentimento
CRONOLOXÍA
tráxico da vida: céntrase no dolor humano.
Todo xira en torno ó heroe tráxico. Nas traxedias de
490-479 a. C. Guerras Médicas: Os gregos
Sófocles, o heroe é un personaxe que, a pesares de ser vencen ós persas (Batallas de
moralmente superior ós demais, non pode evitar cometer unha Maratón, Termópilas, Salamina,
falta (hybris, en grego) que altera a orde moral establecida ou Platea...)
aceptada pola sociedade. O destino, que está por riba de deuses e 477 Confederación Délica: alianza militar
humanos, equilibrará de novo a balanza. O heroe pasa por unha para controlar o perigo persa
situación de angustia que é compartida polo público, espertando liderada polos atenienses, con base
nel paixón e compaixón. Ó final o heroe acepta o destino e a na illa de Delos  Talasocracia
ateniense
xustiza divina que o liberan da súa angustia.
462 a. C. Reformas democráticas de
A función da traxedia era a de formar o pobo, darlle
Pericles y Efialtes que aumentan
unha lección de temperanza e moderación. O público nas competencias da asemblea
representacións liberaba as súas paixóns, producíndose nel unha 431- 404 a. C. Guerra do Peloponeso:
liberación (catarse, en grego). Esparta enfróntase a Atenas para
tentar frear a súa política
A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia: imperialista.
liberar ó home das súas angustias e opresións. O heroe cómico 429 Peste de Atenas: morre Pericles.
por medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seus males: 421 Paz de Nicias: tratado por 50 anos.
415 Expedición a Sicilia: o belicista
a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos
Alcibíades consegue permiso da
poetas... chegando a un estado de felicidade. Na comedia hai
Asemblea para axudar a colonias
unha ensinanza máis directa, amósanos unha situación menos atenienses. contra Siracusa.
distante que na traxedia. É dicir, o espectador atópase máis cerca Alcibíades, desterrado por
do heroe cómico, que vive unha situación cotiá, que do heroe acusación de sacrilexio, abandona
tráxico que vive unha situación extraordinaria. a expedición e refuxiase en
Esparta. Esparta acude en axuda
4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS de Siracusa. Fracasa a expedición.
413 reanúdase a guerra. Esparta pide axuda
Tráxicos: a Persia e equipa a súa flota. Na
- Esquilo (525-428 a. C.) do que se conservan 7 traxedias. batalla de Decelia Esparta cerca a
- Sófocles (496-406 a. C.) 7 traxedias Atenas por terra.
- Eurípides (480-406 a. C.) 18 traxedias 411 Triunfo da oligarquía, réxime non
democrático, en Atenas.
Cómicos: Sublevación do exército e
- Aristófanes (445-385 a. C.) 11 comedias (Comedia Vella ou política) proclamación de Alcibíades como
- Menandro (342-294 a. C.) 1 comedia e fragmentos (Comedia Nova) xefe supremo.
- 405 Batalla de Egospótamos: derrota
definitiva de Atenas.
- 404 Atenas derriba os muros longos e
entrega a súa flota. Tiranía dos
Trinta: réxime de terror cun
goberno oligárquico proespartano.
- 403 restablecemento da democracia en
Atenas. Crises económicas e
sociais.

Teatro grego. Páx. 2
5. EURÍPIDES (480-406 a. C.)

A súa vida transcorre no s. V a. C. Vivía retirado na illa de Salamina e posuía
unha boa biblioteca, feito excepcional na Atenas desta época. A diferenza doutros
literatos da súa época, non participou activamente na política.
Eurípides é o poeta tráxico de quen conservamos máis obras (19); sen
embargo en vida recibiu moitos menos premios teatrais que Sófocles.

Trazos da súa obra:

Eurípides é o representante dunha época en cambio porque:
- Racionaliza os mitos e os humaniza, concedendo unha maior importancia ás accións humanas. O home non
está sometido ao destino, é o responsable da súas accións. Ex.: Penteo, aínda que peca de soberbia e
comete unha falta ou hybris, era un ser querido para Cadmo e protexía ao seu avó na súa vellez.
- Trata os temas do seu tempo con claridade: problemas matrimoniais, a humillante situación da muller, as
relacións sexuais, o enorme poder do amor, o mundo dos escravos, os horrores da guerra...
- Cuestiónase o papel dos deuses: a xustiza de Zeus, a validez dos oráculos de Apolo...Critica a uns deuses
que actúan levados por vinganzas persoais. Ex: a vinganza de Dionisio contra os habitantes de
Tebas, que non o recoñecían como deus, é excesiva.
- Humanización os personaxes e trata dos mitos de forma innovadora: ofrece novas versión de mitos e
presenta personaxes moi achegados aos homes do seu tempo, coas súas dúbidas e medos, máis
apartados do heroe tráxico que está por riba dos demais humanos. Trata os mitos dende un punto de
vista tamén máis humano, o home é responsable dos seus actos, dubida do papel dos deuses.
Ex: Penteo, aínda que peca de soberbia e comete unha falta ou hybris, era un ser querido para Cadmo
e protexía ao seu avó na súa vellez.

Estilo de Eurípides:

- Resta importancia ó coro, que non comenta a acción da obra, senón que trata temas cotiáns próximos aos
espectadores: a situación da muller, os problemas do matrimonio, as penas dos humanos, os
desastres da guerra, a loanza da natureza... Os coros, aínda que non teñan peso no argumento, son
dunha gran beleza lírica.
- Emprega ás veces o “deus ex maquina”, é dicir, unha figura divina que aparecía no escenario suspendida
dunha especie de grúa no final dalgunhas obras, aportando unha solución ao conflicto creado.

AS BACANTES

Foi a última traxedia escrita por Eurípides, representada no 406 a. C. Está dedicada ao culto de Dioniso e
nela se nos describen os seu ritos mistéricos. Dioniso era considerado coma un deus importado de Oriente,
procedente de Asia (Lidia e Frixia) e o seu culto estendeuse rapidamente por Grecia.
Dioniso ou Baco era o deus do teatro, do viño, da paixón e do exceso e os seus
ritos eran secretos, solo os coñecían os iniciados, que celebran no seu honor
orxías (Grecia) ou bacanais (Roma). O deus solía representarse acompañado
do tíaso (a súa compañía) formado polas ménades ou bacantes, as súas
sacerdotisas, sátiros, silenos, príapos…
Nas nosa traxedia, o deus Dioniso acompañado das bacantes chega a
Tebas procedente de Asia, para establecer en Grecia o seu culto. Penteo,
tirano de Tebas e neto de Cadmo, négase a recoñecelo como deus e
pretende prohibir o seu culto, que altera a orde da polis e fai que se lle unan
mulleres que viven salvaxemente no monte Citerón, entregadas aos ritos
orxiásticos. Penteo decide espiar ás bacantes, pero é descuberto por elas que,
instigadas por Dioniso, acaban despezándoo. A súa propia nai Ágave, en pleno
Teatro grego. Páx. 3
éxtase dionisíaco, é a autora da súa morte ao confundilo cun león.
Recibe así Penteo o castigo pola súa falta ou hybris, pola súa soberbia ao non querer recoñecer ao deus e
desoír os consellos dos máis anciáns e sabios, Cadmo e Tiresias, que lle aconsellaban prudencia, moderación
e humildade ante a divindade. Dioniso preséntasenos coma un deus estraño e ambiguo: por un lado é o que
da a alegría, a felicidade, a vida, a liberdade..., pero é tamén o deus da éxtase, do exceso, do delirio e da
morte.

Xenealoxía da estirpe de Cadmo, fundador de Tebas

Glosario das Bacantes

Acteón: neto de Cadmo que viu espida a Artemisa e por elo morreu
despezado polos seus propios cans de caza.
Aqueloo: deus río de Etolia (noroeste de Grecia), pai da ninfa Dirce
Axio: río de Macedonia (norte de Grecia), que desemboca no mar Exeo,
perto de Salónica.
Bromio: sobrenome de Dioniso, que significa “o que brama ou berra”
Cíbele, Cibeles: deusa frixia da “Nai Terra”, equivalente a Xea ou a Rea.
Citerón: monte próximo a Tebas.
coribantes: bailaríns con casco que celebraban o culto a Cibeles.
Córico: promontorio de Cilicia (sur da actual Turquía)
Chipre: illa na que, segundo os mitógrafos, naceu Afrodita
Dirce: ninfa, filla do deus río Aqueloo, que foi sacerdotisa de Dioniso.
Como vinganza por maltratar a Antíope, unha das amantes de
Zeus, foi despezada por un touro e o seu corpo convertiuse en
manancial.
ditirambo: composición poética interpretada por un coro en honor a Dioniso, antecedente da traxedia.
Equión: un dos “espartos”, homes que naceron de dentes de dragón sementados por Cadmo. Destes dentes
xurdiran xigantes que ameazaban a Cadmo, quen guindou unha pedra entre eles e provocou unha
pelexa. Equión sobreviviu e casou con Ágave, con quen tivo a Penteo.
Evohé!, evoé!: berro das Bacantes para invocar a Dioniso.
Febo: sobrenome de Apolo, que significa “o luminoso”
Frixia: rexión de Asia Menor (actual noroeste de Turquía)
Lidia, Lidios: rexión de Asia Menor (actual sudoeste de Turquía)
Lidias: río de Macedonia (norte de Grecia) que desembocaba no río Axio
Moiras: as tres deusas que tecían o destino dos homes, as Parcas romanas.
Nisa: lugar ou monte de Tracia onde se supón que naceu e se criou Dioniso
Rea: titánide, filla de Xea, irmá e esposa de Cronos, nai de Zeus. Ás veces se identifica con Cibeles ou Cíbele.
Pafos: cidade de Chipre na que naceu Afrodita
Pieria: rexión de Macedonia, nas ladeiras do Olimpo. Unha das sedes das musas.
tíaso: compañía de Dioniso, composta polas Ménades ou Bacantes, sátiros, silenos, príapos...
tirso: vara á que se ataban piñas e follas de hedra ou vide, cetro simbólico nos ritos de Dioniso.
Tmolo: monte de Lidia.

Teatro grego. Páx. 4
6. CUESTIONARIO SOBRE AS BACANTES DE EURÍPIDES

(Cuestións posibles a desenvolver no comentario de texto)

1. Función do prólogo.

2. Fai un cadro xenealóxico sobre a estirpe de Cadmo

3. Quen era Tiresias? Investiga algunha das súas
características e en que outras traxedias aparece?

5. Explica as diferenzas entre as distintas xeracións a cerca
do culto a Dioniso: a postura dos máis vellos (Cadmo e
Tiresias) fronte a do máis novo (Penteo) respecto ao culto
aos deuses e coméntaa.

6. Penteo é un nome parlante, xa que a palabra grega
“penthos” significa “dolor”. Explícao.

7. Explica a falta ou hybris que comete Penteo e que castigo
recibe.

8. Explica cal é a función do mensaxeiro.

9. Dioniso é o deus do viño, da liberdade, da vida na
natureza salvaxe. Explica cal é a súa función liberadora con
respecto ás mulleres. Que vida levan servindo a Dioniso e
que vida e tarefas farían nas súas casas? Explica a
declaración de Ágave na páx.73, cando volve orgullosa da
“cacería”.

10. Comenta a ironía tráxica presente na obra, centrándote
nas alusións a Acteón e nas palabras de Ágave do final

11. Busca e comenta trazos de Eurípides presentes na obra:
humanización dos personaxes e mitos, cuestionamento do
papel do deuses...

12. Explica que era o deus ex machina e como aparece este
recurso na obra.

13. Resume o tema da traxedia en dúas liñas e o argumento
en non máis de dez liñas.

14. Sitúa nun mapa da Grecia antiga os seguintes lugares:
Tebas, monte Citerón, Lidia, Frixia, Tracia, monte Olimpo.

Teatro grego. Páx. 5
7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

ORIXES

Pouco sabemos das orixes do teatro romano, xa que as primeiras representacións eran
improvisacións de carácter popular que seguramente non se puñan por escrito. Podemos fixar o nacemento
oficial do teatro a principios do s. III a. C., data na que Roma entra en contacto coa cultura grega ao
conquistar o sur de Italia e Sicilia, importantes colonias gregas denominadas "Magna Grecia". Os autores
romanos comezan a adaptar comedias gregas, converténdose en continuadores dunha cultura superior á
deles.

A REPRESENTACIÓN TEATRAL

Mentres que os gregos adoitaban aproveitar unha ladeira ou declive do terreo para construír os
teatros e dispor as gradas, os romanos por medio de arcos e estruturas abovedadas puideron levantar
edificios independentes. A práctica eliminación do papel do coro nas representacións romanas, fixo que a
zona semicircular (orquestra) que lle estaba reservada quedase notablemente reducida.
O escenario romano dispuña de un decorado
fixo (escena), que simulaba unha estrutura
arquitectónica: unha especie de edificio con tres portas,
adornado con tres pisos de galerías con columnas, na
que se representaba a acción, que normalmente tiña
lugar na rúa, diante de tres casas.
Os actores eran sempre homes, que podían
representar varios papeis, incluso femininos,
cambiando de indumentaria e de perruca (na comedia
non era tan frecuente o uso das máscaras como os
actores gregos). Tamén usaban coturnos, uns zapatos
de sola grosa que lle daban unha maior elevación.

8. A COMEDIA ROMANA

Roma herdou os xéneros literarios gregos, e dentro do drama cultivou con máis éxito a comedia que
a traxedia.
En Grecia, coa Comedia Vella de Aristófanes (s.V a. C.) podíase criticar a personaxes concretos; pero
cando Menandro escribe a Comedia Nova, xa non hai esa liberdade, polo que centra os seus temas na vida
cotiá. Os personaxes son sempre os mesmos e inconcretos: o escravo enredante confidente das aventuras do
seu amo, o pai de familia consentidor, o parásito lambón e adulador, o soldado fanfurriñeiro, as mulleres
case sempre de "vida alegre".... Se a comedia de Aristófanes era unha forma de loita política, a de Menandro
só pretendía facer rir.
A comedia romana basease na Comedia Nova grega., e por iso recibe o nome de "palliata" (< Pallium,
manto grego co que cubrían os actores). Son representacións de ambientación grega: os personaxes, o
escenario xeográfico, os costumes...
A comedia romana evolucionou elementos da comedia e traxedia gregas como os coros, que eran
partes recitadas e/ou cantadas por un grupo de persoas (os coreutas). Estas partes desenvolvíanse na
orquestra, onde o coro tiña tamén especie para danzar. Na comedia nova había partes musicais nos
entreactos, xa que estas partes musicais ou cantica eran moi do gusto do público.
Os comediógrafos traducían ou adaptaban obras gregas, ás veces usaban un procedemento chamado
contaminatio, que consistía en mesturar dous argumentos de comedias gregas.

Teatro grego. Páx. 6
9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

Cómicos:
- Plauto (251-184 A. C.) do que se conservan 20 comedias
- Terencio (190-159 a. c.) 6 comedias
Tráxicos:
- Séneca (4 a. C.- 65 d. C.) 8 traxedias (para ser lidas)

10. PLAUTO (251-184 A. C.)

Introduce en Roma a Comedia Nova. Plauto é un home do pobo que vive
nunha situación económica e política difícil e escribe para sobrevivir: ten que
contentar o público para conseguir que os maxistrados costeasen a
representación. Aínda que os personaxes son gregos e a escena soe ser Atenas,
Plauto axeita a Comedia Nova a Roma:
- Suprime chistes refinados e explica costumes descoñecidos para os
romanos. Os seus chistes baséanse na dobre interpretación, na
esaxeración, no equívoco, na burla aos forasteiros, provincianos,
campesiños..
- Utiliza os prólogos como explicación da peza, pero tamén para acadar a atención do público.
- Escolle argumentos choqueiros e ridículos, xa de por si cómicos, inspirados na vida cotiá
- Busca a complicidade do público, que coñece o engano mentres que o personaxe afectado ignórao.
- Conserva os personaxes fixos da Comedia Nova, que son tipos populares do agrado do público: o
senex (vello cutre e rosmón e ás veces consentidor do fillo), o servus (escravo intelixente e enredante,
normalmente o protagonista), o adulescens (mozo de boa familia mullereiro e consentido), o leno/a
(alcaiote/a avarento), a meretrix (prostituta) o parasitus (chupón) que so pensa en comer e beber a
conta dos demais, o miles gloriosus (soldado fanfurriñeiro) que se gaba de todo pero que no fondo é
un covarde, o vello avaro que é capaz de perder a súa familia antes que gastar o seu diñeiro
- Inspírase nas comedias gregas e ás veces funde dúas nunha: contaminatio

Hoxe conservamos unhas vinte comedias de Plauto entre as que destacan Anphitrión, Asinaria,
Aulularia, Casina, Os Xemelos, O Miles gloriosus (O soldado Fanfurriñeiro), Mostellaria (a Pantasma), Cistellaria (O
cestiño)....
Plauto, que sempre viviu entre as clases baixas, leva esas clases á escena: o escravo é o protagonista
do seu teatro e a súa diversión son os conflitos amorosos e familiares dos seus amos. O seu teatro reflicte
extraordinariamente a linguaxe falada pola xente, o latín vivo e vulgar.

Argumento de Pseudolus

Calidoro, un mozo de boa familia, está namorado da Fenicia, unha
meretriz a quen seu amo, o leno Balión, quere vender por 20 minas a un
soldado. Calidoro, que non quere perder á Fenicia, non pode conseguir esa
cantidade porque seu pai, o vello Simón, non está disposto a que seu fillo
siga dilapidando a fortuna familiar. O escravo Pséudolo conseguirá
solucionar o problema enganando a todos e logrando,incluso, beneficiarse
a si mesmo.

Teatro grego. Páx. 7
11. CUESTIONARIO SOBRE PSEUDOLUS DE PLAUTO
(Cuestións posibles para o exame)

1. Resume en poucas liñas o argumento e o tema da obra.

2. Identifica ós personaxes fixos da comedia romana.

Personaxe Nome na comedia Descrición do personaxe
servus
senex
senex
adulescens
meretrix
lenus

3. É frecuente que Plauto nas súas comedias utilice "nomes parlantes" para denominar ós seus personaxes,
con elo pretende que o espectador supoña as función deles nada máis escoitar o seus nomes. Di que
personaxes derivan dos seguintes termos gregos e cal é a súa función.

Termo latino ou grego Nome do personaxe/s Función do personaxe/s
pseudos (ψεῦδος) mentira, trampa
harpax ἅρπαξ
( ) o que rapina,
ladrón
kalós (καλός) bo, nobre, fermoso

ballo (βάλλω) lanzarse, disparar…
(en sentido erótico)

4. Onde se desenvolve a acción? Por que son gregos os nomes dos personaxes e hai tantas palabras en grego
na obra? Como se chama a comedia romana que se basea na comedia nova grega? de onde vén ese nome?

5. Deduce da lectura desta comedia como era a situación dos escravos/as: que relación podían ter co seu
amo, que traballos debían realizar, que castigos podían recibir. Investiga como un escravo romano podía
deixar de selo e como se chamaban os que conseguían a liberdade.

6. Busca información dos seguintes personaxes relacionados coa mitoloxía e explica as pasaxes nas que saen:
- A Sibila, páx. 34 “… se non as le (as taboíñas) a
Sibila, ningún outro poderá interpretalas”
- Dirce, páx. 44, Balión ameaza con facerlle o
mesmo que a Dirce a unha das súas
meretices se non lle trae agasallos dos
seus clientes.
- Neptuno, páx. 82: a que se refire o cociñeiro con
“estes son os condimentos para os
rabaños de Neptuno”?
- Medea e Pelias, páx. 84: investiga quen eran e
se é certo o que di o cociñeiro, que
Medea coa súa poción e velenos Medea e Pelias
converteu a Pelias nun mozo.

Teatro grego. Páx. 8
7. Explica o seguinte diálogo entre Simias e Pséudolo na páx. 91: “…no
foro nin un de cada dez homes poden dicir que se coñezan a si mesmos/… xa
empezan coa filosofía”. Investiga a orixe desta a máxima, “coñécete a ti
mesmo”, e a quen se lle atribuía.

8. Na páx. 96, a comezo da escena IV, Simón di: “Vou ver como van a fazañas do
meu Ulises, si xa se apoderou da estatua da fortaleza Baliona” Isto é unha clara
referencia á ao Paladio, busca información sobre este obxecto en
https://es.wikipedia.org/wiki/Paladio_(mitología) ou noutro lugar e explica
esta frase.

Ulises e Diomedes roubando o Paladio

9. Repasa os teus apuntes do calendario romano e explica o diálogo da páx. 111
entre Simón e Pséudolo: “Si.- Creo que ti, descarado, podes beber nunha soa hora as
catro colleitas máis abundantes do monte Másico/ Ps.- Mellor que sexa unha hora de
inverno, que é máis curta.”

11. Busca exemplos do humor de Plauto: xogos de palabras, dobres sentidos,
esaxeracións…

12. Sitúa no mapa de Grecia os lugares que aparecen mencionados na comedia: Atenas, Ática, Macedonia,
Delfos, Caristo (Eubea), Sición (hoxe Sykiona, cerca de Corinto)

BIBLIOGRAFÍA

- Introdución desta unidade didáctica
- Introdución a Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon, a cargo de P. A. Jiménez Manzorro
- Diccionario de mitología griega y romana. P. Grimal. Ed. Paidós
- Diccionarios de mitoloxía (signatura 292, Biblioteca)

Teatro grego. Páx. 9
MAPA DA GRECIA CLÁSICA

Sitúa nun mapa da Grecia antiga os seguintes lugares que saen na traxedia Bacantes: Tebas, monte
Citerón, Lidia, Frixia, Tracia, monte Olimpo.

Sitúa no mapa de Grecia os lugares que aparecen mencionados na comedia Pséudolus: Atenas, Ática,
Macedonia, Delfos, Caristo (Eubea), Sición (hoxe Sykiona, cerca de Corinto)

Teatro grego. Páx. 10
LECTURAS 3º DE ESO. CURSO 2016-17

Tal como aparece na programación didáctica, é obrigatorio facer dúas lecturas para a materia de cultura
clásica.

Unha das lecturas ten que ser unha das obras de Teatro Clásico que se representan en Lugo, que será
obxecto de exame o venres 24 de marzo, que suporá 5 puntos da nota da 2ª avaliación:

- Bacantes, de Eurípides, ed. Prosopon
- Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon

Para preparar estas obras entrégase unidade didáctica con cuestións posibles para o exame.

A outra lectura pódese escoller entre as obras que figuran abaixo. Desta lectura presentarase un resumo coas
seguintes características, que suporá 3 puntos da nota da 2ª avaliación:
- Deberá entregarse antes das 00.00 do 24 de marzo
- Farase envío por correo electrónico ou en papel, se non hai outra posibilidade
- A extensión non deberá ser superior a dúas caras de A4, letra arial (ou similar) 11, a dobre espazo.
- Consultar pautas para facer resumo e mirar exemplos na seguinte ligazón:
http://aspasiamelide.blogspot.com.es/2013/01/como-exponer-un-libro.html

O resumo debe seguir o seguinte esquema:

1. Datos do libro
Título
Autor/es
Editorial
Xénero (cómic, novela, teatro…)
2. Resumo: non debe superar nunca as vinte liñas
- Contexto: onde? cando?. O lugar e a época na que transcorre a acción.
- Descrición (breve) do personaxe/s principal: Quen?
- Desenvolvemento da acción: como? O argumento da obra
3. Opinión persoal:
- Fíxome en aspectos do libro e coméntoos:
. estilo do autor/a
. temas que trata e como os trata
. sé é un cómic: debuxos, texto e a súa relación
. se é unha obra non ambientada nas antigas Grecia e Roma, comento o seu referente clásico
. analizo a súa mensaxe
- Gustoume porque.../ Non me gustou porque...
- Se coñezo outras versións da obra ou outros formatos dela (película, novela, cómic, vídeo, peza
teatral...) coméntoo brevemente e compároo.
4. Imaxes: da portada ou de páxinas que me gustaron, ou aquelas que consideramos que resumen o espírito
da obra.
5. Fontes: se consultei algún libro ou páxina na rede, cítoo ao final do esquema

IMPORTANTE: se se detecta calquera tipo de copia da rede ou de outras fontes, a puntuación será 0.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 1
TEATRO

A outra obra de teatro que non se escolleu para o exame:
- Bacantes, de Eurípides, ed. Prosopon
- Pseudolus, de Plauto, ed. Prosopon

NOVELAS

Alexandre, Marilar, A cabeza da Medusa, , ed. Xerais. Dúas rapazas dun instituto de Vigo sofren
unha violación cando volven dunha festa. Moi interesante tratamento do mito da
Medusa, que ao igual que as protagonistas pasa ser culpable en lugar de vítima. Fácil de
ler, engancha.

Davis, Lindsey La plata de Britania, ed. Edhasa. Estupenda novela policíaca que dá conta das
aventuras do detective Marco Didio Falco na Roma do emperador Vespasiano. É a
primeira novela da serie e nela Falco terá que desprazarse á lonxana Britania para
descubrir unha conspiración contra o césar Para bos lestores/as.

Évano, Brigitte, Cuentos y leyendas de los Juegos de Olimpia, ed. Anaya. Relatos ambientados
nos xogos de Olimpia do a. 432 a. C., ás que asisten como espectadores importantes
personaxes como Pericles ou Sócrates. Fácil de ler.

Feijoo, Pedro, Os fillos do mar, ed. Xerais. Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en
Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel
Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de
Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado.
Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de
aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar
envolta a familia da muller morta. Novela trepidante de aventuras, novela de intriga,
escrita con ton humorístico, que nos remonta a tempos pasados da historia de Vigo e contén un
potente referente clásico. Fácil de ler, pero con 432 páx.

Gándara, Lola Guárdate de los Idus de Marzo, ed. SM, Novela de intriga ambientada ao final da
República, cando César é asasinado. Esta morte cambiará as vidas de Druso e a súa
irmá Porcia, xa que o seu tío, Mario Domitio, está involucrado no asasinato e deberá
suicidarse para salvar o seu honor. Fácil de ler.

Graves, R. Mitos da antiga Grecia, ed. Xerais. Libro moi sinxelo de ler que nos conta os
principais mitos gregos.

Graves, R., La hija de Homero, ed. Edhasa. Magnífica versión da Odisea, na que a autora do
poema homérico sería unha muller, unha princesa siciliana que se retra a si mesma como
Nausícaa. Para boas/os lectores, aínda que fácil de ler.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 2
Grenier Christian, Cuentos y leyendas de los héroes de la mitología, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín) Cuentos y leyendas de la Ilíada, ed. Espasa-Calpe Antoloxía
de contos mitolóxicos sobre a Guerra de Troia, moi fácil de ler.

Homero (adaptación de Jean Martín), Cuentos y leyendas de la Odisea, ed. Espasa-Calpe.
Antoloxía de contos mitolóxicos sobre a Odisea, moi fácil de ler.

Lawrence, C. Serie Misterios Romanos: Ladrones en el foro, Los secretos del Vesubio, Los Piratas de
Pompeya... de ed. Salamandra. Serie de intriga protagonizada por catro nenos romanos,
de distinta condición social e cultural, que se dedican a resolver misterios. Moi fácil de
ler.

Lillo Redonet, F., El aprendiz de brujo, ed. Merial. Antoloxía de contos mitolóxicos, moi fácil de ler.

Lillo Redonet, F., O Medulio. O norte contra Roma, ed. Toxosoutos. Novela histórica ambientada
nas guerras de cántabros, astures e galaicos contra o invasor romano. Fácil de ler.

Lillo Redonet, F., Teucro, o arqueiro de Troia, ed. Toxosoutos. Novela inspirada no mito de
Teucro, o arqueiro grego que regresa da Guerra de Troia e, segundo fontes mitolóxicas,
chega á costa atlántica e funda a cidade de Pontevedra.

Martín, Isabel La curandera de Atenas, ed. Booket. Novela entretida e fácil de ler que se
desenvolve na Atenas clásica, protagonizada por unha muller que coñece a Hipócrates, o
máis famoso médico da antigüidade e aprende del a arte da medicina.

Navarro Durán, Rosa, A Odisea contada aos nenos, ed. Rodeira. Versión da Odisea moi fácil de
ler.

Nucci, G., Las aventuras de Ulises, ed. Siruela. Versión da Odisea moi fácil de ler.

Núñez, Pablo Las hijas del César, ed. El Andén. Novela de intriga ambientada en Lucus Augusti
(Lugo) a onde chegan as fillas do César cunha perigosa misión: resolver un conflito entre
pobos galaicos enfrontados.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 3
Riordan, Rick, Serie Los héroes del Olimpo: El héroe perdido, El hijo de Neptuno..., Ed. Montena.
Serie fantástica de gran éxito, continuadora de Percy Jackson y los dioses del Olimpo.
Agora centrarase na xigantomaquia e nos heroes do Vélaro de Ouro, Xasón e os
Argonautas.

Riordan, Rick, Serie Percy Jackson y los dioses del Olimpo: El ladrón del rayo, Los dioses del
Olimpo... de. Ed. Salamandra. Serie fantástica de gran éxito, ambientada no EEUU
actual, onde o protagonista, Percy Jackson, vese involucrado nunha serie de aventuras
ao descubrir que é fillo de Poseidón

Sautereau, François, Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, ed. Anaya. Antoloxía de
contos mitolóxicos da antiga Roma, moi fácil de ler.

Scarrow, Simon, Gladiador, lucha por la libertad. ed. Edhasa. Marco un mozo romano, fillo
dun centurión, pasa a ser escravo ao ser asasinado o seu pai, que tiña numerosas
débedas. Convértese en gladiador e deberá investigar o pasado oscuro da súa familia
para salvar a súa vida. Boa novela de intriga que engancha. fácil de ler.

Schacht. Andrea, El oro del gladiador, ed Anaya. Novela de misterio na antiga Roma, onde os
amigos dun gladiador morto teñen que buscar un tesouro agochado por el. Moi fácil
de ler.

Sutcliff, Rosemary, Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea, ed. Vicens Vives.
Espléndida versión da Odisea de Homero.

Sutcliff, Rosemary, Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, ed. Vicens Vives.
Espléndida versión da Ilíada de Homero.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 4
CÓMICS

Broeders, Ken, Apóstata, ed. Yermo. Serie ambientada no s. IV d. C. Baseada na traxectoria
de Xuliano o Apóstata, moi bo debuxo, documenta ben o final do Imperio Romano
de Occidente coas súas tensións internas. Para lectoras/es maduros.

Calatayud, M. Los 12 trabajos de Heracles, Ediciones de Ponet. Magnífica versión dos
traballos de Heracles nun estilo pop-art, con clara inspiración na cerámica grega e
nos frescos minoicos e micénicos. A partir de 3º de ESO.

Dufaux, Jean e Delaby, Philippe, Murena, ed. Planeta D’Agostini. Magnífica serie de 9 tomos
que describe a vida dun patricio romano na Roma imperial de Claudio e Nerón,
moi ben documentada (cita a Suetonio). Moitas escenas de loita de gladiadores,
eróticas e da vida cotiá na Roma Imperial.

Goscinny, R. &Uderzo, A. Asterix, ed. Varias, tamén animación en DVD. Famosísima serie
dos irredutibles galos, que documenta en clave de humor a romanización da Galia
e outras provincias do Imperio Romano. Traducida a infinidade de idiomas,
incluídos latín e grego clásico. Ferramenta imprescindible que se pode usar en
primaria

Fernández, Juanra & Guerrero, Mateo, Gloria Victis, ed. Norma. Estupenda serie
ambientada na Hispania do s. I d. C., protagonizada por un xoven auriga que
quere vingar a morte do seu pai nunha carreira pouco limpa. Debuxo incrible,
excelente para documentar os ludi e vida cotiá no Imperio Romano. Moi fácil de
ler, engancha, a partir de 1º de ESO.

Ferran, Sébastian. Ulises I, II, III e IV, ed. Sexto Piso. Odisea en catro tomos, accesible para
3º ESO, completo, dinámico, fácil de ler.

Homero, Ilíada y Odisea, el manga, ed. Herder. Resumo correcto da Ilíada e Odisea de
Homero, parte dunha colección de clásicos universais en manga da ed. Herder.
Fácil de ler, manga con maquetación occidental. A partir de 1º de ESO.

Marini, Enrico, Águilas de Roma, Norma Editorial. Serie que vai no 4º volume, que narra as
aventuras de dous amigos que se criaron xuntos: un patricio romano, fillo de
romano e xermana, e un príncipe xermano levado a Roma como refén. boa
documentación histórica sobre as campañas contra os xermanos. Descricións moi
interesantes da vida cotiá, villae, urbanismo, exército con escenas eróticas.
Lecturas 3º de ESO. Páx. 5
Marazzano e Frussin La expedición. I El león de Nubia. Diábolo Ediciones. Aventura dunha
lexión que deserta para buscar unha civilización perdida, máis alá de Nubia romanas
conquistando, fácil de ler, datos interesantes. Ten máis volumes.

Miller, Frank, 300, Norma Editorial. Cómic no que se basea a famosa película que rende honra
aos 300 espartanos mortos nas Termópilas durante as Guerras Médicas, pero moito
mellor e sen maniqueísmo excesivo. A partir de 3º de ESO

Milligan, P. Greek Street, ed. Planeta de Agostini. Moi interesante versión dos mitos gregos
nun Londres actual escuro e marxinal, con claras referencias dos Atridas, Edipo,
Casandra, Aquiles e Patroclo, as Furias... A partir de 3º de ESO.

Mitton, Ives & Rocca, Simon, Vae victis! ed. Norma. Serie en cinco volumes ambientada na
conquista das Galias por César. Heroína protagonista inspirada na Boadicea
histórica. Moi boa ambientación documentación histórica. O primeiro tomo máis
denso. Para lectoras/es maduros e con interese na historia.

Papadatos, A. & Kawa & di Donna. Democracia, ed. Alianza. Magnífica historieta que
transcurre na Atenas dos s. VI-V a. C., xusto antes da Batalla de Maratón.
Marabillosamente contextualizada, explica o nacemento da democracia con
reflexións filosóficas. Mellor para lectoras/es de 1º de BAC.

Pérez Navarro & Saurí, Martín. La Odisea, Norma Editorial. Boa adaptación do clásico
homérico, debuxo algo abigarrado e cargado en blanco e negro. Mellor a partir de
4º de ESO.

Riordan, Rick & Vewnditti, R. e outros. El ladrón del rayo. Percy Jackson y los dioses del
Olimpo Ed. Salamandra. Adaptación das novelas de R. Riordan, aínda que se
parece máis á película que o texto, fácil de ler a partir de 1º de ESO.

Roga, Irene. La canción de Ariadna, ed. Glenat, manga que relata as aventuras dunha
princesa grega que só ten en común o nome coa Ariadna da mitoloxía. Fácil de
ler.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 6
Rossi & Le Tendre, La Gloria de Hera, Ed. Planeta DeAgostini. Historia de Heracles antes
dos Doce traballos, cando o seu nome era Alceo e non gañara o seu sobre nome
“Heracles” ou a gloria de Hera. Céntrase en aspectos menos tratados como a
dualidade e relación co seu irmán xemelgo Ificles. Bos debuxos, para boas
lectoras/es.

Rossi & Le Tendre Tiresias, Ed. Planeta DeAgostini, Deliciosa historia de Tiresias, que
ademais de famoso adiviño, viviu como muller e como home. Bos debuxos, moi
interesante reflexión sobre a identidade sexual. Para lectoras avezadas/os. A
partir de 3º de ESO.

Rubín, David. El Héroe I e II, Astiberri Ediciones. Magnífica versión libre sobre Heracles e
os 12 traballos. Preséntasenos a un Heracles nun contexto intemporal, con
elementos do pasado, presente e futuro. O tomo II amosa un Heracles maduro e
atormentado. Para lectores/as iniciados no cómic, mellor a partir de 3º de ESO.

Stevenson, Noelle, Leñadoras, ed. Sapristi. Primeiro volume dunha serie que promete. Libro
de aventuras con heroínas femininas: rapazas trastes, aventureiras e sen medo
que están de campamento. Referente clásico sorpresa. A partir de 1º de ESO

Thomas, Roy e Sepúlveda, M. A. La Ilíada, ed. Marvel. Magnífico en canto ao texto e
minuciosidade, respectando o texto homérico co seu estilo épico. Debuxos na liña
de superheroes de Marvel. Mellor a partir de 1º de BAC.

Thomas, R. La guerra de Troya, ed. Marvel. Bo e minucioso resumo da guerra de Troia,
obviando os acontecementos da Ilíada, tratados nun tomo á parte. Mellor a partir
de 1º de BAC.

Thomas, R. e Tocchini, G. La Odisea, ed. Marvel. Como os anteriores, adaptacións
magníficas en canto ao texto, que conserva o estilo épico, moi completas e ben
adaptadas. Debuxos a todo color típicos de superheroes de Marvel. Para
lectoras/es consolidadas. Mellor a partir de 1º de BAC.

Lecturas 3º de ESO. Páx. 7
Williams, Marcia. La Ilíada y la Odisea, ed. Acanto: Resumo moi completo e simpático
das dúas obras. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, 11 exemplares
no IES de Melide

Williams, Marcia: Los mitos griegos, ed. Acanto, selección de 12 mitos gregos, simpático e
ben explicado. Moi sinxelo, a partir dos 8 anos. Descatalogado, no IES de Melide
10 exemplares.

Yamazaki, Mari & Tori, Miki, Plinius, ed. Ponent Mon. Serie manga de romanos centrada
na figura de Plinio o Vello. Historieta interesante e amena, que a través das
memorias deste famoso naturalista nos ofrece unha visión da ciencia no mundo
antigo. Fácil de ler. A partir de 3º de ESO

Lecturas 3º de ESO. Páx. 8
APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
APUNTAMENTOS
1. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN GRECIA

2. ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

3. OS XÉNEROS TEATRAIS

4. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS GREGOS

5. EURÍPIDES. BACANTES

6. CUESTIONARIO SOBRE BACANTES

7. FUNCIÓN E CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO TEATRO EN ROMA

8. A COMEDIA ROMANA

9. PRINCIPAIS AUTORES TEATRAIS ROMANOS

10. PLAUTO. PSEUDOLUS

11. CUESTIONARIO SOBRE PSEUDOLUS

Bacantes, grupo Noite Bohemia