You are on page 1of 20

Ferramentas en Software Libre para a gravación e a edición de

VÍDEO

As ferramentas de vídeo
O manexo de vídeos precisa, habitualmente, varias ferramentas para levar a cabo as
necesidades de traballo que nos poidan xurdir: reproducir películas, editar os nosos propios
vídeos, gravar un DVD para ver na televisión...

Para todas estas necesidades, existen ferramentas de software libre que nos achegan solucións
óptimas. Nos próximos apartados traballaremos algunhas destas ferramentas:

 Edición: se precisamos editar o vídeo (cortar ou unir fragmentos, substituír audio...)
teremos que botar man dunha ferramenta de edición de vídeos. Para isto,
empregaremos OpenShot.
 Reproducir vídeo: un reprodutor non permite editar, simplemente veremos e
escoitaremos o vídeo. Para isto, empregaremos KMPlayer.
 Gravar vídeo: para poder ver vídeos nun reprodutor estándar de DVD, usaremos o
programa de gravación K3B.
 Converter formatos: a multitude de formatos de vídeo actuais obriga, en ocasións, a
ter que convertelos; por exemplo, se queremos adaptar un vídeo para poder velo no
noso móbil, precisaremos o Mobile Media Converter.

1

Que é OpenShot?
OpenShot Vídeo Editor é un programa deseñado para crear e editar vídeos.

Podes usar OpenShot para crear presentacións multimedia coas túas imaxes, editar vídeos
caseiros, crear anuncios de televisión, videoclips, películas en liña...

Este programa combina múltiples secuencias de vídeo, son e imaxes nun só proxecto e logo
exporta o vídeo resultante a varios dos formatos máis comúns.

Para instalar Openshot, debemos ir á súa páxina oficial:

http://www.openshot.org/download/

Por que OpenShot?
Por que traballamos con OpenShot?

 É moi sinxelo de utilizar e permite obter uns óptimos resultados na gravación e edición
de vídeo.
 Soporta moitos formatos de vídeo, audio e imaxe.
 Permite exportar o noso traballo a diversos formatos de vídeo.
 Ofrécenos a posibilidade de ver como vai quedando o noso vídeo sen ter que
exportalo previamente.
 Pode obterse de balde de xeito completamente legal.

Formatos de vídeo
Cando gravamos un vídeo coa nosa cámara dixital, este almacénase nun formato determinado
pola propia cámara, como, por exemplo, MOV. Se descargamos un vídeo de YouTube,
farémolo noutro formato, normalmente FLV. O noso móbil grava noutro diferente, como pode
ser 3GP. E, se queremos pasar a DVD algún destes, teremos que convertelo a outro formato
máis (MPEG-2). A variedade de formatos dixitais de vídeo dispoñibles é ampla.

Como xa dixemos, Openshot soporta moitos formatos de vídeo. Imos ver algunhas das
extensións para ficheiros de vídeo máis coñecidas:

MOV (QuickTime Movie). Este formato foi creado por Apple e úsase, por exemplo, en iTunes.

AVI (Audio Vídeo Interleaved). En realidade, non é un formato senón un contentor que pode
incluír distintos formatos de vídeo e audio, habitualmente MP4 para vídeo e MP3 para audio.

MPEG. Este é o formato habitual nos CD e DVD de vídeo. Existen diferentes versións; MPEG-4
é moi frecuente nos vídeos en streaming que podemos atopar en Internet e MPEG-2 é o que
levan os DVD.

FLV. É un dos máis populares debido a YouTube. Desenvolvido por Macromedia, FLV non se
distingue por unha gran calidade pois esta redúcese en detrimento da súa lixeireza, moi
apropiada para o streaming.

2

non só é necesario ter instalado o software de reprodución adecuado. Cada formato ten o seu códec correspondente que temos que ter instalado para que o reprodutor poida mostrar o vídeo.3GP.es. Crear títulos. 3 . (2) A ventá de previsualización do vídeo. WMV/WMA. o son ou as imaxes. É moi habitual en plataformas Windows. aparecen as opcións para Crear novo proxecto. Renderizar vídeo. É un formato propietario de Microsoft para audio e vídeo. para poder ver os vídeos de YouTube debemos ter instalado os códecs Adobe Flash Player no noso ordenador. Por exemplo. por exemplo.. Para ver os vídeos no computador.. como en CRTVG. Engadir ficheiro. Refacer a última acción. Desfacer a última acción. estamos recibindo un streaming O contorno de traballo Ao abrir o OpenShot. os efectos e as transicións. É un formato habitual para a gravación de vídeo con teléfonos móbiles. O códec é o que permite codificar e decodificar os distintos formatos de vídeo para a súa visualización no noso reprodutor. (*)O streaming consiste nun fluxo continuo de datos (audio e vídeo) a través de Internet. Importar ficheiros. atopamos a seguinte interface: Existen tres zonas básicas para desenvolver o traballo de edición que explicaremos nos próximos apartados: (1) A biblioteca onde se organiza o proxecto. Na parte superior temos: Menú principal: despregando estes menús. (3) As pistas onde se editan os vídeos. cando vemos a televisión a través da web.

(*)Dependendo da versión de OpenShot que teñamos. desfacer e refacer. temos a opción Transicións e tamén Efectos. as iconas ou a estrutura da interface poden sufrir pequenas modificacións. Barra de ferramentas de edición: a través de iconas. teremos que arrastrar os ficheiros cara á zona das pistas (3). importar ficheiros ou exportar o vídeo. ademais da pestana Ficheiros do proxecto. as cores. antes de comezar o proceso de edición. Nesta sección. Para poder editalos. simplemente teremos que arrastrar os vídeos. As pistas: é a sección onde iremos colocando os fragmentos de vídeo. A biblioteca Na Biblioteca (1). Na parte superior da liña de tempo aparece unha regra que representa unha escala temporal. Nestas pistas ordenaremos os ficheiros que conforman a montaxe. O espazo Ficheiros do proxecto será onde se sitúan todos os ficheiros que integrarán o noso proxecto final. Permítennos abrir un novo proxecto. imaxes ou audios desde a biblioteca ata a zona das pistas e comezar a editar. moi útil para ver a duración dos clips. Barra de ferramentas Este será o noso espazo de traballo. accedemos ás funcións máis utilizadas á hora de traballar. temos as seguintes ferramentas: 4 . imaxes ou audio.

ir ao final ou principio do visionado.. Cortar: permite cortar os clips. podemos ver como vai quedando a montaxe que estamos a xerar. Frecha: permite arrastrar e mover os teus clips na liña de tempo. pode ser unha ferramenta importante á hora de cortar un vídeo xa que podemos sinalar con precisión o momento en que imos cortar. xa sexan de audio ou de vídeo. Por exemplo. 5 . Axuste: permite que os clips se axusten ao clip máis próximo cando os arrastramos. podemos usar esta ferramenta.. o único que debes facer é clic dereito sobre esa pista e premer na opción Eliminar. ir ás marcas que sinalamos na Barra de ferramentas. Tamaño: permite agrandar ou diminuír o tamaño dos teus vídeos. se queremos enlazar dous clips sen espazos no medio. Marcador: permite colocar marcadores na liña de tempo para usalos como referencia á hora da edición. Para iso. pode aparecer na interface a icona dunha coitela ou dunhas tesoiras. despois de iniciar o programa. Ventá de previsualización A través da ventá de previsualización. Este visor ten unha barra de controis na parte inferior que nos permite avanzar. Por exemplo. para eliminar unha pista. seleccionamos no menú Ficheiro a opción Novo Proxecto ou ben facemos clic na icona Novo Proxecto da barra de ferramentas de edición.Engadir: permite engadir pistas para ordenar os clips. pausar. teremos que crear un proxecto novo. Dependendo da versión de OpenShot que utilicemos. Para comezar a traballar. Crear un proxecto Imos describir os procesos máis habituais á hora de editar vídeos en OpenShot.

Perfil do proxecto: se despregamos este menú. Unha vez que temos máis ou menos claro o noso proxecto. necesitaremos importar os ficheiros que imos usar. Importar o material O máis importante ao facer un vídeo é a planificación do traballo. sons e vídeos. aparecen as diferentes opcións de tamaño e calidade que ofrece OpenShot Vídeo Editor para exportar. Duración do proxecto: escribimos os minutos de duración que terá a liña de tempo do noso vídeo. mostraranse as características da opción escollida. Para importar os ficheiros seleccionados. É dicir. convén saber que ficheiros imos usar e como os imos montar para obter o noso vídeo final. Que podemos importar? imaxes. prememos no botón Máis: Buscamos a través do navegador de cartafoles os ficheiros que nos interesan e estes iranse incorporando á biblioteca: 6 . Isto podémolo reflectir nun guión de traballo.Aparecerá unha ventá onde introduciremos os parámetros de configuración do novo proxecto: Nome do proxecto Cartafol do proxecto: é o cartafol onde se gardarán todos os ficheiros e o vídeo final. Xusto debaixo.

teremos que engadilos ás pistas.  Cada clip represéntase cun rectángulo amarelo. achegaremos dun xeito visual as claves para manexar as pistas ao longo da liña de tempo: 7 .Outra opción é arrastrar os clips desde o administrador de ficheiros. simplemente facemos clic nese lugar da liña de tempo. prememos sobre cada un dos ficheiros e arrastrámolos ata situalos nas pistas. Para iso. Se non apreciamos suficientemente ben a regra que mide a duración de cada clip. Aquí xa estarán colocados para comezar a edición. podemos aplicarlle o zoom situado enriba da liña de tempo: As pistas Neste vídeo. Na captura. A liña de tempo visualiza o proxecto dunha maneira moi gráfica:  Cada pista represéntase cun rectángulo azul ou gris. varios vídeos (Pistas 1 e 2) e unha música de fondo que soará durante todo o vídeo (Pista 3). Para ir a un determinado punto. vemos que o noso vídeo constará dunha foto inicial (Pista 2).  A liña vermella vertical representa a posición actual de reprodución do proxecto. A liña de tempo Unha vez que teñamos os nosos ficheiros na biblioteca.

 Clicamos nun dos fragmentos. No caso de usar imaxes ou máscaras. dúas pistas. é habitual colocar as pistas que conteñen o son. Aquí situariamos os clips de fondo. Pista superior: os clips desta pista móstranse por riba de todas as demais. 8 . Pistas intermedias: podemos usar tantas pistas como precisemos. ademais. fragmentalos. podemos ver este efecto na captura de pantalla. diminuílos. 2.  Para movelos.  Arrastramos o clip ata a súa nova posición. polo menos. duplicalos. cambialos de pistas.. Usar varias pistas facilita a montaxe. 3. Nesta capa deberían ir os logos e as marcas de auga. se queremos empregar efectos de transición entre clips. Imos velo con máis detalle: 1. Na captura do exemplo aparece un logo nesta capa. Pista inferior: estas pistas están por baixo de todas as demais. Ordenar os clips Unha vez que teñamos os ficheiros ou clips nas pistas. podemos variar a súa colocación. precisaremos ter. OpenShot mesturará as capas/pistas.. asegurarémonos de que está marcado o modo Selección . debemos lembrar que as pistas superiores superpóñense ás inferiores.(Ver Video Apuntes) Colocar as pistas Cómpre ter en conta que OpenShot usa as pistas coma se fosen capas. como ocorre nunha aplicación de edición de imaxe.

Se queremos volver a ter o clip completo. Situámonos sobre o inicio do fragmento que queremos cortar e facemos clic. podemos 9 . Facemos o mesmo para sinalar o final do fragmento. cambialo de pista ou superpoñelo. simplemente os colocaremos un a carón do outro. usaremos a ferramenta representada por unha coitela ou por unha tesoira. ao diminuír ou agrandar non estamos modificando o tamaño do vídeo. En realidade. senón que sinalamos cal será o comezo e cal será o final sobre o clip que previsualizamos.Para unir dous fragmentos. Esta acción separará o fragmento do resto do clip. Modificar o tamaño Openshot permítenos agrandar ou diminuír o tamaño dos clips na liña de tempo. facemos clic no botón dereito do rato sobre o fragmento que imos borrar e seleccionamos Eliminar o clip. axustando o comezo e o remate do noso vídeo. Mais. 1. Por iso. Así. só teremos que arrastralo novamente desde a biblioteca de ficheiros ata unha pista. A ferramenta de axuste permite que un clip se axuste ao clip máis próximo cando o arrastramos: Cortar un fragmento Cando queiramos cortar fragmentos dun clip para ter varios clips diferentes ou simplemente para eliminar algún deles. Agora poderemos movelo. establecemos que parte do vídeo orixinal será reproducida no vídeo final. se o que queremos é eliminar un fragmento. Seleccionamos a ferramenta Cortar nos botóns de edición. 2. 3.

se movemos o lado esquerdo. simplemente arrastramos coa frecha o bordo do fragmento ata a posición que queremos: Se movemos o lado dereito. 1. xa que é posible recuperar o tamaño inicial alongándoo de novo. Para apagar o audio dun clip. a partir dun só clip de vídeo. definimos cando inicia a súa reprodución. O símbolo de prohibido indica que non se vai escoitar. Se o que queremos é silenciar unha pista enteira. Para modificar o tamaño do clip.axustar o comezo e o final do clip sen medo a perder información. tamén podemos ocultar o vídeo dun fragmento e utilizar só o son. 10 . Así. podemos obter o seu clip de son ou o seu clip de vídeo. Para facelo. axustamos o punto final do clip e. Por outra parte. 2. 2. Apagar ou substituír audio Cada clip ofrece a posibilidade de apagar o son ou o vídeo de xeito independente. Cuando inserimos un fragmento de vídeo. podemos enmudecer o seu audio para que se escoite o son doutra pista ou para que o vídeo non teña son. teremos que facer clic no altofalante situado ao comezo da pista. prememos no símbolo representado por unha dobre frecha. sen o son. só temos que premer na icona do altofalante situada no propio clip. 1.

Para eliminar unha transición. Para redimensionala. é preciso marcar en que dirección se vai facer a mestura.. podemos aplicar unha transición. Tamén podemos modificar o tamaño dunha transición. En primeiro lugar. As transicións utilízanse para pasar gradualmente cun efecto de varrido. 2. Para movela de lugar. Os fragmentos de vídeo deben compartir unha parte da liña de tempo. enmudecemos o audio do clip ou da pista completa e engadimos o novo audio noutra pista de xeito que coincidan na liña de tempo. Hai moitas transicións dispoñibles: 1. activamos Modificar o tamaño na barra de ferramentas e arrastramos o estremo esquerdo ou o dereito. facemos clic dereito nunha transición e prememos en Eliminar. teremos que colocar os fragmentos de vídeo en pistas diferentes pois as transicións aplícanse entre clips situados en distintas pistas. A frecha que sinala abaixo indica que a transición comezará no vídeo 1 da Pista 3 e seguirá co 2 da Pista 2. 3. na transición que colocamos aparece unha frecha cara abaixo. Vemos o proceso (video) 11 .. cómpre activar o modo Seleccionar na barra de ferramentas e arrastrar a transición para unha nova posición. Para cambiar a dirección dunha transición. 3. No fragmento de tempo en que estean ambas á vez. Debido a que as transicións se mesturan entre dúas pistas. Como podes ver. facemos clic no botón dereito do rato sobre unha transición e eliximos Cambiar dirección. de esvaecemento. Para inserir a transición que escollemos. 4. Para substituír o audio. prememos nela e arrastrámola sen soltar ata colocala na posición que queremos que ocupe. Engadir transicións Para pasar dun clip a outro. a transición ocultará unha e mostrará a outra.

podemos agregar efectos ao noso vídeo. OpenShot dispón de máis de 40 efectos: Para acceder a esta función. 2. Editamos os textos do título. facer ondas. eliminar a cor azul. como poden ser: axustar o ton dunha cor. imos ao menú Proxecto > Novo título. Para facer uso desta función. verde ou vermella... simplemente prememos na pestana Efectos e escollemos unha das opcións. aparecen varios modelos de títulos que ten OpenShot Vídeo Editor. simular unha película antiga ou de debuxos animados. desenfocar. tamén podemos cambiar o tamaño da letra.Agregar efectos Os efectos permítennos manipular de xeito sinxelo o vídeo ou o audio dun clip. 3. na metade. distorsionar. Con eles... arrastrámola sobre o clip do vídeo escollido. 12 . ou ao finalizar o vídeo. elixiremos un deses modelos. Logo. isto indícanos que xa está incorporado o efecto ao clip: Inserir títulos Con OpenShot podemos colocar títulos en calquera lugar do noso vídeo: no inicio. o tipo de fonte. 1. a cor. Deseguido. Veremos que aparece unha pequena icona con forma de rosca.

Agora xa temos o clip do título na biblioteca así que só nos queda arrastralo para o lugar onde queiramos poñelo. podemos exportalo ao formato que máis se axuste ás nosas necesidades. podes utilizar as opcións avanzadas se coñeces o uso e a configuración do programa de codificación FFmpeg. imos a Ficheiro > Exportar vídeo. Hai dous modos de exportar un vídeo en OpenShot. Efectos. 4. Volume. Aparecerá unha ventá coas opcións: 13 . aparece un menú. Velocidade. Aquí poderemos axustar varias propiedades do clip nas pestanas Duración. Para acceder. Unha das opcións que ofrece é Propiedades. Se prememos sobre un clip co botón dereito do rato. Exportar Unha vez que rematemos a edición do noso traballo. Imos referirnos só ao modo simple. Modo simple e Modo avanzado. Axustar as propiedades Cada clip en OpenShot ten moitas propiedades que poden ser manipuladas. Disposición. Tamaño.

Todos os formatos. disporás en Destino de todos os formatos comúns. WMV en vídeo. Para exportar. AVI. podemos transformar os vídeos que gravemos co móbil para poder velos no ordenador e viceversa. como DVD ou Web e logo. FLV. En Perfil podes escoller entre Blu-Ray/AVCHD. en función disto.miksoft. primeiro deberás seleccionar un tipo de proxecto. Mobile Media Converter descárgase gratuitamente a través da súa páxina web: http://www.. WAV. Picasa ou Metacafe. Openshot configurará automaticamente a exportación para que sexa compatible coa web seleccionada. Podes elixir o que desexes. Flickr. Por exemplo. Imos rematar esta pequena introdución a Openshot Video Editor cun breve resumo de todo o proceso que acabamos de describir: (video apuntes) Mobile Media Converter Mobile Media Converter é outra aplicación multiplataforma que nos permitirá converter os nosos ficheiros multimedia aos formatos máis populares como: MP3. Perfil de vídeo e Calidade. Se escolles en Perfil a opción Web. Vimeo. WMA en audio e MPEG.htm 14 .. poderás escoller entre YouTube.net/mobileMediaConverterDown. Estes son sitios moi comúns para compartir vídeos. marcarás Destino.Modo Simple OpenShot ten moitos formatos predefinidos de exportación que cobren os supostos máis comúns. Recapitulamos. Dispositivo. DVD. Se seleccionas Todos os formatos. Web. OGG. Deste xeito.

Despois. 15 .É moi fácil de usar. só temos que arrastrar o vídeo ou o audio que queremos converter sobre a ventá. seleccionamos onde queremos gardar o ficheiro de saída e marcamos o formato ao que queremos converter o noso vídeo ou audio. tamén podemos descargar directamente un vídeo de YouTube.

ou tamén podemos explorar os contidos por categorías (educación. nin teñan unha duración moi longa (neste momento. charlas. por exemplo: educación ambiental e atoparás unha gran cantidade de vídeos relacionados con esta materia (campañas. Abrirase unha ventá coas opcións Subir vídeo ou Gravación da webcam. Ao premer en Subir vídeo. etc.YouTube YouTube é un dos portais de vídeos máis populares en Internet onde cada persoa pode subir e compartir as súas propias creacións. En xeral.. Cada vídeo subido a YouTube posúe unha serie de metadatos ou palabras clave que facilitan a súa localización. accedemos a unha amplísima variedade de clips de películas. YouTube permite ata 2GB de tamaño do vídeo e 15 minutos de duración). Para subir un vídeo. etc. primeiro teremos que crear unha conta. A través dun reprodutor en liña baseado en Adobe Flash. Imos a Crear conta e enchemos o formulario. Existe unha multitude de opcións de busca. efecto invernadoiro.). tecnoloxía. podes buscar contaminación. prememos en Subir Vídeos na parte superior da pantalla. YouTube converte os nosos vídeos a resolucións de 320×240 e 480×360 píxeles e a 30 fotogramas por segundo aínda que xa están aparecendo vídeos en alta definición (HD con 720 píxeles). Subir un vídeo a Internet YouTube fíxose moi popular grazas á posibilidade de aloxar vídeos persoais de maneira sinxela.). Para buscar vídeos en YouTube podemos inserir palabras clave na caixa de busca coma se fose Google. cine. videoblogues. aparecerá o navegador de ficheiros onde poderemos localizar o noso vídeo. Se desexas máis precisión.. vídeos musicais. Abonda con escribir no campo de buscas de YouTube. 16 ... Unha vez creada a conta. procuraremos que os nosos vídeos non ocupen un espazo en disco excesivo. programas de televisión.

entidade. Blogger. as persoas rexistradas poden reproducilos en calidade alta axustando as súas preferencias Inserir un vídeo Se queres inserir un vídeo de YouTube na túa páxina persoal. entre elas aparecerá un código.A pesar de que todos os vídeos se amosan de xeito predeterminado na resolución menor.com. Copia todo o texto que comeza con <iframe> e pégao na túa páxina. podes usar o código que proporciona YouTube para colocar o reprodutor co vídeo na túa propia web. Despregarase unha ventá con varias opcións. os sistemas máis coñecidos (Blogaliza. En ocasións. terás que acceder ao vídeo que desexes e premer na opción Compartir.. Depende do tipo de web que esteas a utilizar. se premes na autoría que figura enriba do vídeo que estás a ver. No caso dun blogue.org.) xa dispoñen dun botón no editor de texto dos artigos para pegar directamente a URL do vídeo de YouTube sen ter que seguir os pasos anteriores. Canles e listas de reprodución Cada usuario ou usuaria en YouTube ten a súa propia canle. 17 . irás á canle desa persoa.. Primeiro. e esta non ten un sistema automatizado para iso.com. etc. é necesario activar a visión do código HTML ou acceder directamente a el. WordPress.

por exemplo. Alí tamén están as opcións Visualizar máis tarde e Marcar como favorito o vídeo. e QuickTime.. MPEG-1/2/4. Ademais. sinalar os teus vídeos favoritos e incluso marcar algúns para velos posteriormente. AVI. etc. Para crear unha lista de reprodución. 3GP. pausa. KMPlayer KMPlayer é un reprodutor multimedia que pode reproducir. RealMedia.Nesa canle. WMV. Tanto na barra de ferramentas como na parte inferior podemos atopar os botóns habituais de reprodución. incluso se o vídeo está on line (stream) xa que permite ir visualizándoo aínda que non rematase a descarga completa. entre outros. simplemente tes que escoller esta opción no despregable Agregar a que aparece xusto debaixo do vídeo. parada. KMPlayer é ideal para reproducir calquera tipo de ficheiro de vídeo. poderás ver todos os vídeos que subiu a YouTube ou todos os seus favoritos. 18 . como persoa usuaria de YouTube tamén podes establecer as túas propias listas de reprodución. Tamén podemos crear unha lista de reprodución onde colocar unha secuencia de vídeos para ver de xeito continuo. como. OGG Theora. KMPlayer posúe moitas opcións. a posibilidade de reproducir máis rápido ou máis lento un vídeo. OGM. podemos navegar polos nosos cartafoles e acceder ao vídeo que desexamos visualizar. Ao abrilo. MKV. obtemos a seguinte ventá: En Abrir. os seguintes formatos: VCD. DVD.. seleccionar unha parte do vídeo como favorita ou cambiar a aparencia do KMPlayer dependendo do tipo de ficheiro que se estea reproducindo.

o que nos queda libre en función do dispositivo que imos gravar (CD. están:  Novo proxecto de vídeo CD: creación de CD de vídeo para reprodución. a velocidade de gravación ou o número de copias. debemos engadir os ficheiros que o conforman. Isto abrirá unha ventá de diálogo con diversas opcións como a unidade gravadora que imos usar (se temos varias). 19 . Na parte inferior do programa.  Novo proxecto de CD eMovix: creación de CD de reprodución de vídeo automática en ordenador (simplemente hai que iniciar con ese CD na unidade óptica). por exemplo MPEG1 ou MPEG2 para vídeo CD. polo tanto. Cando se inicia o programa. K3B ofrece a posibilidade de levar a cabo varios tipos de proxectos de vídeo predefinidos. música. Cando estea todo definido. Debemos ter en conta que eses ficheiros deben estar no formato adecuado. prememos no botón Gravar. vídeos. temos unha barra que indica o espazo ocupado (en cor verde) e.. Tamén permite facer copias e extraer o audio dun CD de son e vídeo dun DVD. Entre eles. DVD). Unha vez seleccionado o noso proxecto. imaxes. podemos iniciar o proceso premendo no botón Gravar.  Novo proxecto de vídeo DVD: creación de DVD de vídeo para reprodución.K3B K3B é un programa de gravación en discos ópticos (CD/DVD/BD) que permite gravar datos. Podemos seleccionalos na parte superior do programa e arrastralos para a inferior ou premer no menú Proxecto > Engadir ficheiros seleccionando os ficheiros que desexamos gravar como vídeo.. Unha vez que teñamos o noso proxecto completo.

Seguro que atopas materiais valiosos!  YouTube  Vimeo  Vídeos educativos  Banco de vídeos  Banco de recursos multimedia  Educatube Créditos Esta material foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e Tegnix co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia. simplemente temos que engadir ese ficheiro no cartafol VIDEO_TS para que poida ser reproducido correctamente.0 Unported. Nas seguintes ligazóns podes atopar un amplo abano de vídeos educativos para reforzar ou complementar os contidos que impartes nas túas aulas.vob que é propio dos DVD. Xerarase un ficheiro con extensión . o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar. Bancos de vídeos Para finalizar este pequeno percorrido por varias ferramentas de edición de vídeo en Software Libre. Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3. podemos explorar algunhas das posibilidades que representan os vídeos aplicados á educación.(*) Se queremos gravar un DVD de vídeo. debemos seleccionar este formato de exportación no OpenShot. 20 . Xa no K3B.