You are on page 1of 2

Toliño, o home do saco

,

con tres meniños ao lombo,

boquexaba polo bosque

porque caía de sono.

Ai , miña curmá ,

que choio, que choio !

Dous tristes zombis
azuis,

aterradores, molestos…

xogaban na súa cama

cos seus amigos morcegos.
Que medo, padriño !

Padriño, que medo !

Un demo de
ollos saltóns

co rabo peludo e longo,

malhumorado e famento

cociñaba nenos gordos.

Meus sogros, que fame!

Que fame , meus sogros!
Tres pantasmas invisibles

sen amigos, sen familia

camiñaban pola rúa

á luz tenue da tardiña.

Que susto, resusto !

Ai , miña veciña !

Un esqueleto ben fraco,

osudo, porco e noxento

asustaba á xente boa

que saía de paseo.

Que feo, amiguiños !

Amiguiños, que feo !

Catro meigas
narigudas

con basoiras voadoras

facían conxuros raros

con veleno nas amoras.

Que tolas, filliña !

Filliña , que tolas !

4ºA,
4ºB