You are on page 1of 2

Historia de España Composición Economía XIX

Ao longo do século XIX e comezos do XX desenvolveuse en España a revolución industrial, o


capitalismo e a sociedade de clases. O desenvolvemento económico da España liberal
caracterizouse polo atraso con respecto a países máis avanzados (Gran Bretaña, Francia, Alemaña
e Bélxica). A renovación dos sistemas de produción agraria foi escasa, o desenvolvemento
industrial foi débil e con fortes diferenzas rexionais, e o ferrocarril non actuou como motor de
desenvolvemento. Os cinco documentos presentados, sendo o doc 1 unha fonte primaria de
carácter económico e dos doc 2,3,4,5 fontes secundaria- económicos, permítennos trazar as
características, os sectores protagonistas e os problemas da industrialización española no século
XIX

Dende a segunda metade do século XIX o proceso de industrialización presenta un forte


desequilibrio territorial e rexional (doc1) con zonas atrasadas e focos desenvolvidos. Fronte a
unhas zonas industrializadas, urbanizadas e competitivas, existiron outras que permaneceron
rurais, agrarias e pouco desenvolvidas. En liñas xerais pódese falar dunha concentración industrial
na periferia peninsular(..“A vida de España está nas extremidades; o centro está exánime, fraco,
frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia, varios puntos do
mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de
España…”). debido a influencia de certos sectores de localización: a proximidade ás materias
primas e fontes de enerxía, a existencia dun mercado de consumo amplo, man de obra abundante
e barata, uns sistemas de transporte eficaces, capital ou capacidade para atraelo, sectores de
apoio e política industrial favorable. Os sectores destacados dentro do proceso industrialización
en España foron: a industria téxtil, a siderurxia e o ferrocarril.

Cataluña constituíu a principal zona industrial. O seu desenvolvemento estivo ligado a o sector
téxtil algodoeiro que xa viña coñecendo un crecente desenvolvemento dende o século XVIII. Os
factores que os posibilitaron foron os seguintes: as favorables políticas desenvolvidas polos
liberais progresistas coa supresión dos privilexios gremiais e as políticas proteccionistas, o
investimento de capital que permitiu a introdución de melloras técnicas como a máquina de
vapor, o incremento da demanda grazas ao incremento da produción e a produtividade. Sen
embargo a industria téxtil tivo que facerlle fronte a unha serie de problemas: a escaseza de carbón
e a debilidade do mercado español. O crecemento do sector téxtil (Doc4) foi constante ao longo
de todo o século XIX pero non foi capaz de arrastrar ao conxunto da industria española.

A industria siderúrxica acompañou ao téxtil no desenvolvemento da industria moderna. As


primeiras zonas as situamos en Andalucía (Málaga) (Doc3) pero a súa hexemonía apenas durou
trinta anos debido aos altos custos de produción motivados pola carestía de carbón de coque. O
seguinte zona localizouse en Asturias (Doc3), a siderurxia asturiana alcanzou gran protagonismo
entre os anos 1864 e 1879 grazas aos factores favorables de localización (as minas de carbón de
hulla). Pero foi o País Vasco e sobre todo Biscaia (Doc3) ,que xa posuía unha tradición en ferrerías
dende a Idade Media, a gran protagonista deste sector. Os intensos intercambios comerciais coa
importación de carbón de coque de Gales e exportación do mineral de ferro a Gran Bretaña
posibilitaron a industrialización do País Vasco e sobre todo a aparición a finais do XIX das grandes
empresas siderúrxicas en Biscaia como a Sociedade Anónima Altos Hornos y Fábrica de Hierro y
Acero de Bilbao.

No resto de España o peso do sector primario e a escasa industrialización local seguiu sendo
protagonista ate ben entrada o XX.

A tardía implantación do ferrocarril chegou a España grazas á lexislación liberal e a aprobación


en 1855 da Lei Xeral de ferrocarrís. Ésta deseñaba un trazado radial con centro en Madrid(Doc 2)
dificultando as comunicacións entre as zonas máis industriais e dinámicas. En segundo lugar, fixou
un ancho entre carrís maior que o da maioría das liñas europeas, obstaculizando así os

1
Historia de España Composición Economía XIX

intercambios co resto de Europa. En terceiro lugar, a lei autorizou ás compañías construtoras,


maioritariamente estranxeiras, a importaren libres de aranceis. A construción da infraestrutura
ferroviaria comezou entre 1855 e 1866(Doc2), durante estes once anos de grande expansión foi
fundamental a intervención de compañías estranxeiras. Trala crise económica de 1866 ,que puxo
de manifesto a escasa rentabilidade do negocio, paralizouse a construción da vía férrea non
reanudándose ate a década dos 70 pero xa cunha menor inversión

O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico de España é obxecto de controversia entre


os historiadores. Para uns foi considerable, pois, nun país con graves dificultades orográficas,
permitiu a comunicación interior e facilitou o transporte de mercadorías. Para outros, os efectos
foron inferiores dos que se podían esperar debido á mala política estatal que permitiu a
importación de material ferroviario, con grave prexuízo para o desenvolvemento do sector
siderúrxico español.

A necesidade de capital para o desenvolvemento industrial trouxo consigo a posta en marcha e


perfeccionamento do sistema bancario e financeiro. Os bancos, as sociedades de crédito, as
sociedades por accións e a Bolsa convertéronse nos instrumentos necesarios para a captación do
aforro privado e o financiamento dos investimentos. A Bolsa de Madrid naceu en 1831 e a de
Barcelona en 1851, ao tempo que proliferaban as sociedades por accións. A Banca quedou
organizada pola Lei de 1856 que establecía dous tipos de bancos: emisión e as sociedades de
crédito. Á cabeza do sistema estaba o Banco de España ao que en 1875 se lle outorgou a
exclusividade de emisión de billetes. As Caixas de Aforro, que foron creadas no século XIX como
institucións de beneficencia, no século XX pasaron a adicarse a unha actividade financeira.

As razóns de que en España non se desenvolvese un proceso de plena industrialización son


diversas(Doc 5) (…”Pero en total a tan cacarexada revolución industrial non tivo lugar..”). En
primeiro lugar a posición xeográfica de España que implicaba grandes custos na importación de
materias primas como nas exportacións. Outra das principais causas foi o peso da agricultura na
economía española cuxa transformación foi lenta e insuficiente. O sector agrario non puido actuar
como motor da modernización proporcionando mercados e capitais ao resto dos sectores
económicos. Así mesmo a lexislación económica ,que fora iniciada polas Cortes de Cádiz e
continuada logo polos gobernos liberais, atopouse coaa débil forza da burguesía comercial e
industrial en España. A política proteccionista como medio para defender da competencia
internacional para uns historiadores favoreceu ao desenvolvemento grazas ás taxas arancelarias
mentres que para outros atrasou o crecemento, a industrialización e a modernización porque
aseguraron os beneficios ás clases dominantes, evitando os cambios que necesariamente terían
que producirse en libre competencia cos produtos estranxeiros.

Outro dos graves problemas da industrialización en España foi a escaseza da demanda de mercado
interior debido aos baixos salarios dos campesiños e obreiros. Hai tamén que salientar a
desfavorable dotación de enerxía, materias primas, o atraso tecnolóxico, a inexistencia dun
espírito empresarial e o escaso investimento. O estado estaba endebedado e os particulares
inverteron en comprar a terra desamortizada, de modo que foron os capitais estranxeiros os que
dominaron as principais actividades produtoras e rendibles do país. Finalmente, débense valorar
tamén as repercusións da desestabilización política; o investimento precisa dun contexto político
estable, e durante boa parte do século XIX España viviu unha forte inestabilidade

En conclusión e tendo en conta a opinión de distintos historiadores, España cumpre o patrón


latino de modernización: lentitude da tardanza nas transformacións; menor profundidade e
repercusión social; e desfase evolutivo.

You might also like