You are on page 1of 2

María Canosa veu ao noso colexio!

Corresponsais: Gabriel 6ºB

María Canosa,gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2017, veu ao


noso colexio o día 21 de marzo a visitarnos e a responder algunhas preguntas do alumnado
do 2º e 3º ciclo.

María Canosa deunos unha introdución bastante xeitosa contándonos algo sobre os
seus actuais traballos, a súa experiencia como escritora etc...

Despois os alumnos e alumnas de cada curso de primaria prepararon uns sobres con
preguntas para que María respondese. Había preguntas moi interesantes como por exemplo,
cantos premios Merlín gañou.
A continuación, contounos unha historia bastante longa acerca dos premios, do cal
vos vou facer un pequeno resumo: María Canosa preséntase case tódolos ano aos premios
Merlín; leva presentándose varios anos,pero ata o de agora non gañara ningún. Este pasado
2017 xa non tiña gañas de participar, porque sabía que non tiña sorte... Pero os seus
familiares animárona, sobre todo súa nai, que lle dixo: “Participa, total non perdes nada”. E
María Canosa animouse a participar; dalí a uns cantos meses chamárona dicíndolle que
gañara o concurso.

Despois de todo, ela é unha gran escritora. Escribe moito libros interesantes, como por
exemplo ”Muriel”, un libro que leron os alumnos de 5º e 6º de primaria deste centro; os nenos
e nenas de 6º fixeron uns resumos que resultaron ser moi entretidos.

E esto foi todo, amigos, ata a próxima.

O salón ateigado esperando a María


María posa con Raticonto disfrazado de Blim.

Dous dos libros de María Canosa que lemos este curso.

You might also like