You are on page 1of 71

Lingua Galega

APUNTAMENTOS E
EXERCICIOS

(GRAMÁTICA E
ORTOGRAFÍA)

Gramática da Lingua Galega 1


TEMA 1
1. Fonoloxía

A fonética é a ciencia que estuda os


sons.
A fonoloxía é a ciencia que estuda os
fonemas.
O fonema é o elemento mínimo
distintivo.
Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo.
Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

1.2.- Sistema vocálico do galego


- En posición tónica: sistema de sete fonemas.

/a/: central, aberta.


/ /: posterior, media aberta.
/o/: posterior, media pechada.
/u/: posterior, pechada.
/i/. anterior, pechada.
/e/: anterior, media pechada.
/e/: anterior, media aberta.

Cando se quere marcar ortograficamente o timbre da tónica, acentúase sempre a aberta :


Fóra-fora, óso-oso, bóla-bola, póla pola, vés-ves, pé-pe, présa-presa...

Algunhas indicacións para sabermos se a tónica media é aberta ou pechada:


a) As palabras rematadas en vogal tónica acostuman ser abertas: avó, bebé ...
b) As tónicas rematadas en -el, -ol acostuman ser abertas: papel, español (mais: el, aquel)
c) Boa parte da secuencia 'on' é pechada (lambón, monte) e 'en' aberta (ninguén, ben)
d) A vogal temática dos verbos da 2ª conxugación é pechada: lamber, lambedes
e) Nos verbos con alternancia vocálica no radical, a vogal é aberta na 2ª, 3ª e 6ª persoas do

Gramática da Lingua Galega 2


presente de indicativo: segues, dorme, foxen.
Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do radical. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de
indicativo presentan a vogal aberta: bebes, bebe, beben, comes, come, comen.
f) As vogais equivalentes aos ditongos ie, ue en castelán acostuman ser abertas: pé, ovo.

En posición átona (non final): non hai oposición de medias abertas-pechadas. Hai un sistema
de cinco vogais.
En posición final (átona): sistema de tres vogais : /E/ /a/ /O/

1.2.- Sistema consonántico do galego.

/b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v


/d/: oclusiva, dental, sonora.
/g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u),
gu (+e,i).
/h/: gheada dialectal.
/p/: oclusiva, bilabial, xorda.
/t/: oclusiva, dental, xorda.
/k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o),
qu (+e,i), k
/f/: fricativa, babiodental, xorda.
/q/: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z
(final, +a,o,u), c (+e,i).
/s/: fricativa, alveolar, xorda. Seseo dialectal.
/∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x.
/t∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch.
/m/: nasal, bilabial, sonora.
/n/: nasal, alveolar, sonora.
/ /: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ.
/ /: nasal, velar, sonora. Grafema nh.
/l/: lateral, alveolar, sonora.
/λ /: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes).
/r/: vibrante, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr.

Un mesmo fonema pode realizarse a través de sons diferentes (e o máis habitual e


esperábel é que así sexa), mais que posúen todos eles en común os trazos que opoñen ese fonema a
todos os outros fonemas da mesma lingua. Estes sons diferentes chámanse alófonos. Existen
alófonos e neutralizacións. En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición
(diferenza) que se establece entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que
foneticamente soan igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos (Madrid).
Os alófonos pódense dar en distribución complementar ou libre. Os alófonos en distribución
complementar son os que aparecen sempre en determinados contextos e non noutros: onde
aparece unha variante non pode aparecer outra. Por exemplo, en galego o b oclusivo ([b]) dase
despois dunha pausa ou dunha nasal. O b fricativo ([β])aparece en todos os demais casos. Hai
complementariedade entre unhas realizacións e outras, unhas valen para uns casos e outras para
outros.

Gramática da Lingua Galega 3


Os alófonos en distribución libre non se exclúen, senón que na mesma posición pódense dar
dúas realizacións: non hai complementariedade, senón superposición.
As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir
significados. Os dous b de vai e avó non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en
todos os casos.

2. A entoación. É como a musica, o ritmo da frase.


O tonema é a unidade melódica mínima (desde a sílaba tónica ata a pausa). Pode ser
horizontal, ascendente ou descendente.
Os tonemas van formando grupos melódicos separados por pausas.

Aprobaches o exame? Dáme a revista! Colleu o chaveiro, os cartos e o pano.

O campo de entoación dunha lingua é a máxima distancia entre o ton dos tonemas
ascendentes máis agudos e o dos descendentes máis graves (o do galego é máis amplo có do
castelán e máis reducido có do portugués brasileiro).

3. A sílaba.
A sílaba é cada un dos golpes de voz con que se articula a palabra. O núcleo é sempre unha
vogal, é obrigatorio. A marxe non é obrigatoria.
Marxe explosiva : anterior ao núcleo.
Marxe implosiva : posterior ao núcleo.
Sílabas libres son aquelas que acaban en núcleo e trabadas as que acaban en marxe silábica.

3.1.- O ditongo é a combinación de dúas vogais. Unha delas é forte (núcleo silábico) e a
outra feble (marxe silábica). Exs: Vougo (baleiro, deserto); Ousia (ábsida); Vouta (Bóveda)
Ditongos: Ai-Au-Ia-Ua-Ei-Eu-Ie-Ue-Oi-Ou-Io-Uo. O núcleo é a vogal máis aberta: Ou-ro. Xei-tei-
ra. Noi-te.
Os ditongos poden ser crecentes decrecentes ou homoxéneos :
- Crecentes : marxe+núcleo, a 2ª é forte. A abertura das vogais vai de menos a máis, é dicir, que
crece . Son pouco frecuentes en galego.
Exemplos: Ciencia, Manuel, piano, fiestra, miolo, cuarto, tenue, triduo
- Decrecentes : núcleo+marxe, a 2ª é feble. A abertura das vogais vai de máis a menos, é dicir, que
decrece. Son os máis característicos do galego. Exemplos: Feira, xouba, troitas, caixa, niveis,
queixo, Roi, coita, causa, eu, veu, pouco, pediu

- Homoxéneos: na mesma sílaba atópanse dúas vogais pechadas. Neles o núcleo é a vogal que recibe
máis intensidade. Ex: Lin-güis-ta. Diu-ré-ti-co.
OLLO : os ditongos homoxéneos en final de palabra equipáranse aos decrecentes a
efectos de acentuación gráfica e, polo tanto, non se acentúan as palabras agudas
rematadas en estes ditongos: partiu, azuis.

Gramática da Lingua Galega 4


3.2. Tritongo: encontro de tres vogais nunca única sílaba. Fórmase cunha vogal tónica,
aberta ou media, entre dúas vogais pechadas. Os tritongos son combinacións de tres vogais
(feble+forte+feble). Son escasos : denunciou, policiais, vieiros. Cu-miais. Ha-bi-tuais. Bueu. Luou.

3.3. Hiato: encontro de dúas vogais que están en sílabas distintas. EX: Rí-o. Crú-a. Mo-er.
Má-go-a. Me-di-te-rrá-ne-o

4. O acento
Atendendo ao acento, as sílabas poden ser tónicas ou átonas. O acento é a maior
intensidade articulatoria que recae sobre unha sílaba. Ten valor distintivo : maza/ mazá,
temera/temerá...
No galego soamente se usa un tipo de acento, o acento agudo (´).

ESQUEMA: REGRAS DE ACENTUACIÓN GRÁFICA:


CENTÚANSE ON SE ACENTÚAN

Se rematan en: Se rematan en:


-vogal: -consoante distinta de –n, -s:
Ex: papá, Xosé, gogó Ex: papel, cantar, nariz, arroz, capital,
AGUDAS anal,
-n:
Ex: camión, lambón -ditongo decrecente:
(seguido ou non de “s”)
-s: Ex: ademais, controis, despois, amou,
Ex: papás, gogós, mamás rompeu, estudei, españois, capitais,
papeis, romeu, bacallau, xubileu, dezaseis.
-ns: Tamén partiu, azuis.
Ex: camións, lambóns
-os monosílabos:
Ex: Pan, can, sal, fol, mol, gol, sol, fel,
mel, rol, cal, mal, son, man, san, paz, ron.

Se rematan en: Se rematan en:

-consoante distinta –n, -s: -vogal:


GRAVES Ex: móbil, carácter, alférez, cráter, Ex: gata, lata, ruta, gruta, loito, loita,
froito, froita, canta, pata.
-ditongo decrecente:
(seguido ou non de “s”) -vogal + n:
Ex: amábeis, imposíbeis (plurais de Ex: cantaran,
palabras reatas en –bel); hóckey,
jóckey (estranxeirismos acabados no -vogal + s:
ditongo –ey = -ei). Ex: cantas, mantas, mantos, coles,
soles, males, malos, rusos, lapis,
-grupos cultos latinos -ps, -x:

Gramática da Lingua Galega 5


Ex: tríceps, bíceps, clímax, Félix, -vogal + ns:
tórax. Ex: canons, colons, dolmens,

ESDRÚ- Acentúanse todas:


XULAS Ex: mágoa, bárbaro, tépedo, túnica,
tónico,

OLLO: Sobre as agudas: A efectos de acentuación gráfica, en final de palabra os


ditongos homoxéneos (iu, ui) equipáranse aos ditongos decrecentes e, polo tanto, non se
acentúan nas palabras agudas. Exemplos: partiu, azuis.

4.1. Casos especiais de acentuación:

4.1.1.- Acentuación de i, u en hiato:


As vogais “i”, “u” tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou
despois dunha vogal átona, para indicar que pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non
forman ditongo.
Exemplos: Acentúo, aínda, baúl, Paúl, túa, lúa, rúa, rúas, túas, súas, caída, saída, Coímbra, constituíu,
egoísmo, miúdo, muíño, moía, prexuízo, xuízo, raíña, raíz, río, tío, lío, roía, ruído, saía, saín, caín, ruín, saír, traía,
etc.

4.1.2.- Acentuación de estranxeirismos e latinismos:


As palabras estranxeiras seguen as mesmas regras de acentuación xerais.
Exemplos:
Agudas: autobús, iglú, iglús, obús, popurrí, puré, organdí, ralentí, tabú, vermú, xampú, xampús, puré, purés,
aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.
Graves: accésit, béisbol, cénit, córner, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem,
smóking, superávit, tándem, télex, tótem, harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, fútbol, pizza, quimono,
ravioli, zombi.
Esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.

OLLO: As palabras rematadas graficamente en “y” (i grego) teñen o mesmo tratamento


que se rematasen en “i” (i latino).
Exemplos: playboy (aguda rematada en ditongo decrecente: “oy” = “oi”), spray (coma convoi, samurai),
hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky.

4.1.3.- Acentos diacríticos: Úsase para distinguir dúas palabras que se escriben igual, para
evitar confusión.

PALABRAS CON ACENTOS DIACRÍTICOS OBRIGATORIOS:


á (a + a artigo; substantivo) a (artigo; pronome; preposición)
ás (a + as artigo; substantivo) as (artigo; pronome)
bóla (esfera) bola (peza de pan)
cá (ca + a) ca (conxunción comparativa)
cás (ca + as) cas (preposición)
chá (plana) cha (che + a)

Gramática da Lingua Galega 6


chás (planas) chas (che + as)
có (ca + o) co ( con + o)
cós (ca + os; subst.:parte da camisa) cos (con + os)
cómpre (é mester, fai falta, é necesario) compre (merque: do verbo mercar)
cómpren (son mester) compren (merquen)
dá (presente e imperativo do verbo dar) da (de + a)
dás (presente do verbo dar) das (de + as)
dó (compaixón) do ( de + o)
é (presente do verbo ser) e (conxunción)
fóra (adverbio de lugar) fora (antepretérito dos verbos ser e ir)
má (ruín) ma (me + a)
más (ruíns) mas (me + as)
máis (adverbio) mais (conxunción: sinónimo de pero)
nó (substantivo: “nudo”) no (en + o)
nós (subst.: Plural de nó; pron. Tónico) nos (en + os; pron. Átono)
ó (a+ o) o (artigo; pronome)
ós (a + os) os (artigo; pronome)
óso (do corpo) oso (animal)
pé (parte do corpo) pe (letra)
póla (rama) pola (galiña; por + a)
pór (poñer) por (preposición)
présa (apuro) presa (prendida, cativa; presada)
sé (“sede catedral; imperativo de ser) se (conxunción; pronome reflexivo)
só (adverbio e adxectivo) so (preposición= debaixo de)
té (infusión) te (pronome; letra)
vén (presente do verbo vir) ven (presente de ver; imperativo de vir)
vés (presente de vir) ves (presente de ver)
vós (pronome tónico) vos (pronome átono)

4.1.4.- Verbo + pronome enclítico e verbo + 2ª forma do artigo:


Se o verbo leva despois o pronome unido a el, ou o artigo (este sempre mediante guión),
trátase coma se fose unha soa palabra e acentúase segundo as normas anteditas.
Exemplos:
- Con pronomes enclíticos: Cantaraa, cantáraa. Bebérala, beberala. Catárana, cantarana. Métese,
méteseche. Metéusenos, metéusevos, metéronvolo. Tómao, tómallo, tómallos, tómallelo.
- Con 2ª forma do artigo: Ti cóme-lo caldo; É bo come-lo caldo; Ti bebéra-la auga; Ti bebera-la auga.
OLLO: As formas verbais que levan til diacrítico mantéñeno cando van unidas a un
pronome átono. Exemplo: é / élle; éa; dáo; dáme; dálle; ti dálo á forza; ti dáslle; ti dásme; ¿ti vélo
comprar?
4.1.5.- Adverbios en –mente: Nunca levan til, porque son graves rematadas en vogal.

Gramática da Lingua Galega 7


4.1.6.- Interrogativos e exclamativos: Non se acentúan os interrogativos e exclamativos
directos:
Exemplo: Canto queres? Onde vas? Como estás? Cal é o teu coche? Que fixeches? Por que non vas hoxe?
Cando vés? Como medraches, neno! Que caro! Onde vas! Que desgraza! Que demo de rapaces!
Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e do exclamativo cando introducen
interrogativas indirectas.
Exemplo: Pregúntalle canto quere polo coche. Pregúntalle onde está o meniño. Pregúntalle cando volve.

ATENCIÓN: Soamente se acentuarían se fose preciso para evitar confusións:


Exemplo: Dille qué queres/Dille que queres;
Xa sabes qué hai/Xa sabes que hai

5. O apóstrofo:
Admítese o seu uso en dous casos:
1-Cando se quere reproducir fielmente a pronuncia do galego oral ou dialectal. Exemplo: n´é
verdade; n´o fixen; ont´á noite;
2-Cando se citan títulos ou cabeceiras de publicacións sempre que o artigo inicial se integre coas
preposicións “de” ou “en”. Exemplo: O argumento d´A Esmorga. Iso está n´Os Eoas.

6. Signos de interrogación e admiración:


A interrogación ( ? ) e a exclamación ( ! ) só se poñen ao final da frase:
Exemplos:
Por que non foches onte ao cine ?
Cando queres que vaia contigo ?
Vaiche boa !
Malo raio te coma !

OLLO: Aínda que, para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, poden poñerse tamén ao
principio da frase ( ¿ ), ( ¡ ).

7. Grupos consonánticos
As palabras patrimoniais establecen cal é a estrutura silábica normal do noso idioma. Pero
os préstamos e mais as palabras cultas con frecuencia teñen unha estrutura silábica diferente, e
de aí que presenten problemas de adaptación. Debe terse en conta, con todo, que hai préstamos
sen apenas acomodación e con pronuncias particulares, mesmo de grafías existentes con outro
valor en galego: allegro, hippy.
No tocante ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos cultismos e dos
préstamos faise de acordo cos criterios xerais seguintes:
a) Mantense a grafía -cc- nos cultismos cando corresponde á pronuncia [kc], coma en
acceso, acción, micción, etc.
b) Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas,
isto é, que forman grupo heterosilábico, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto,
apto, administrar, atmosfera, máximo, magma, nafta, himno.
Deste comportamento exceptúanse algunhas palabras de circulación restrinxida ou aínda
non plenamente adaptadas, coma súmmum, gamma ‘letra grega’, enneasílabo, kappa, razzia, pizza, así coma
os derivados formados por un prefixo rematado en -n e unha base produtiva iniciada por n- :

Gramática da Lingua Galega 8


circunnavegar; connatural, connotar; ennobrecer; innato, innecesario, innegable, innervar, innobre, innomeable,
innovar, innumerable.
Téñase en conta que existen formas populares como connosco, ennegrecer, ennobelar,
ademais das secuencias verbo + pronome persoal átono do tipo chámannos, víronnos, collerannos,
sempre coa pronuncia [Nn].
c) Tamén se manteñen en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos, gnomo,
mnemotécnico, pneuma, psicópata, pterodáctilo, atlas, ínclito, perplexo etc.
d) En posición implosiva normalmente non se admiten grupos de dúas consoantes, salvo
cando a segunda é s: obsceno, adscribir, externo, construír, circunstancia, perspectiva, bíceps, relax.
Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente as dúas consoantes
en final de sílaba, polo menos graficamente: zinc, hínterland, round, lord, golf, windsurf, búmerang,
cámping, iceberg, kirsch, sketch, folk, sprint, test. Da mesma maneira, escríbense con consoante dobre final
palabras como full ou jazz.

8.1. Grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl


Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos ou formacións
recentes: ablativo, aclarar, atlántico, atleta, blasfemar, blindar, bloque, clamar, clan, claridade, clarín, claro,
clase, clasificar, cláusula, clero, clima, club, exemplo, explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, glándula,
glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblicuo, plano, planta, plasma, plástico, plátano, plaxio,
plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar, publicar, reflexión, subliminar, subliñar, templo, troglodita.
As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros idiomas mudaron o l en
r: aprazar, branco, brancura, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar,
empregar, escravo, fraco, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata,
prato, praza, prazo, preamar, pregar, preito recruta, singradura etc.

8.2. Grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx


Mantéñense sempre sen alteración: abdicar, abdome, abnegación, absentismo, absoluto, absolver,
absorber, absurdo, insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, observar, obsesión, obsoleto, obter, obtuso, obviar,
obxección, obxectividade, obxecto, subconsciente, subdirector, súbdito, submersión, subministrar, subsección,
subsidio, subsistir, subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar.
Sutil e a súa familia léxica (sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar) perderon o b desde as
orixes do idioma.

8.3. Grupo bs + consoante


Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoante nas palabras con
moito uso, na escrita débese manter a solución culta con conservación do grupo: abstemio, abstención,
abstracción, abstracto, obsceno, obstáculo, obstinado, obstruír, subscrición, substancia, substantivo, substitución,
substituír, substituto.
Deben evitarse as formas *substraer, *substracción, *substraendo, tomadas do castelán.
O verbo latino de que derivan era SUBTRAHERE, polo que, se se adopta o cultismo latino, débese
utilizar subtraer, subtracción e subtraendo.

8.4. Grupos -ct- e -cc-


Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o:
abstracto, acción, acta, actor, actualidade, adxectivo, afección, arquitecto, artefacto, aspecto, atracción, cacto,
calefacción, carácter, circunspecto, coacción, colección, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción,
conxectura, corrección, desinfección, detectar, detractor, dialecto, dirección, directo, distracción, elección,
electricista, equinoccio, estupefacción, exactitude, extracción, fracción, impacto, imperfección, incorrección,
indirecto, infección, insecticida, inspección, insurrección, intacto, intelecto, intersección, inxección, inxectar,
lactante, lácteo, lección, lector, obxecto, occidente, octosílabo, olfacto, pacto, perfección, perfecto, perspectiva,

Gramática da Lingua Galega 9


predilecto, prospecto, protección, proxectar, proxecto, putrefacción, putrefacto, reacción, reactivo, recto,
rectitude, redacción, redactor, reflector, refracción, respectar, respecto, resurrección, retrospección,
satisfacción, sección, sector, selección, sintáctico, táctica, tacto, tracción, tractor, traxecto, traxectoria, vector.
Perderon o c as palabras catarata, contratación, contratar, contrato, tratado, tratamento,
tratar, trato.
Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i e u:
abdutor, aflición, aflito, condución, conduta, condutor, conflito, constrición, constritivo,
construción, construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito,
destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito, estrutura,
flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, indución, introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución,
obstrucionista, obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución,
reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima, vitoria, vitorioso, xurisdición.
Porén, convén manter esta primeira consoante nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes
especializadas, de escasa presencia na fala ou para evitar homonimias. Son voces como adicción,
adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dúctil, ductilidade, ducto,
evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e
outras formas con ictio- ), indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e outras
formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.
Non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva
en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero
sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta
correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por ex., en pauto / pacto.

8.5. Grupo -cn-


Consérvase en todos os casos: acne, arácnido, cnidarios, cnitosporídeos, pícnico, picnómetro, picnose,
pirotécnico, politécnico, radiotécnico, técnica, tecnicismo, tecnocracia, tecnoloxía, zootécnico.

8.6. Grupo -cd-


Mantense o grupo en todos os casos: anécdota, anecdotario, anecdótico, sinécdoque.

8.7. Grupo [ks] (grafía -x- )


Mantense sempre na grafía como x: aproximar, asfixia, axila, axilar, axioma, bórax, convexo, elixir,
exacto, exame, exceder, excelente, exceso, exclamar, exilio, eximir, éxodo, exótico, explosión, extra, galaxia,
hexágono, laxo, léxico, maxilar, nexo, reflexionar, sexo, sexto, sílex, sintaxe, téxtil, texto, tórax, tóxico.
Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo en textos medievais,
así como os seus derivados, deben escribirse con s: escava, escavar, escavación, escavadora; estender
(pero extensión, extensivo, extenso, extensor); estrañar, estrañamento, estraño, estrañeza; estranxeiro,
estranxeiría, estranxeirismo; estremar ‘derregar’, estrema, estremo ‘linde’ (pero extremar, extremidade,
extremismo, extremo).

8.8. Grupos -gm- , gn- e -gn-


Mantéñense sempre nos cultismos: agnosticismo, benigno, cognoscitivo, consignar, designar,
diafragma, diagnosticar, dignidade, digno, dogma, estigma, fragmento, gnomo, gnose, ígneo, ignominia, ignoto,
impregnar, impugnar, incógnito, indignar, pigmento, pigmeo, prognóstico, pugna, repugnante, repugnar, resignar,
segmento, significado, significar, signo.
Por seren semicultismos presentan só -n- asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar,
sinatura, sino ‘campá’ e outras palabras da mesma familia léxica.

8.9. Grupos mn- , - mn- e -nm-

Gramática da Lingua Galega 10


Mantéñense as dúas consoantes nos cultismos: alumnado, alumno, amnesia, amnistía, autumnal,
calumnia, columna, cindemne, indemnizar, inmaculado, inmaterial, inmaturo, inmediato, inmemorial, inmensidade,
inmenso, inmensurable, inmerecido, inmersión, inmerso, inmigración, inmigrante, inmigrar, inminente, inmiscirse,
inmóbil, inmolar, inmoral, inmune, mnemotécnica, ómnibus, omnímodo, omnipotente, omnipresente, omnívoro,
solemne, solemnidade, ximnasio, ximnasta, ximnástico, ximnocarpo, ximnospermas.
A secuencia nm é habitual dentro da fonética do galego (víronme, enmagrecer, enmudecer,
conmover etc.), de tal maneira que a súa pronunciación non resulta insólita.

8.10. Grupos -mm- e -nn-


O nome da letra grega gamma debe escribirse con -mm- , por ser unha voz fixada na
terminoloxía internacional da física e da astronomía.
Convén escribir con -nn- algúns vocábulos cultos de circulación moi restrinxida: connubio,
enneágono, perenne etc.
Un tratamento á parte merecen as palabras derivadas mediante un prefixo rematado en -n,
que se une a unha base que comeza tamén por n- . Neste caso, cando existe no galego a palabra
base, consérvase o grupo -nn- : circunnavegar (circun + navegar), connatural (con + natural),
innobre (in + nobre) etc. O mesmo sucede cando, aínda non estando viva a forma primitiva, esta
sexa transparente por existiren outras palabras da mesma familia ou ben por haber derivados con
outros prefixos sobre a mesma base: innovar (non existe *novar, pero si novo, e ademais hai outros
derivados como anovar, renovar etc.).

8.11. Grupo -ns- anteconsonántico


Nas palabras cultas mantense sen reducir: circunscrición, circunspecto, circunstancia, consciente,
conspicuo, conspiración, constancia, constelación, consternar, constipado, constitución, constituír, construción,
construtor, inconsciente, inspección, inspirar, instalación, instalar, instancia, instante, institución, instituír,
instituto, instrución, instruír, instrumento, instrutor.
O prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo: transbordar, transcendental,
transcendente, transcender, transcribir, transcrición, transferencia, transferir, transformación, transformar,
translación, transmisor, transmitir, transpirar, transporte, transvasar, transvasamento.
Cando se une trans- a unha palabra que empeza por s- hai simplificación das dúas
consoantes sibilantes: transecular, transiberiano, transubstanciación.
Este sufixo reduciuse a tras- en palabras populares como: trasfegar, trasladar, trasler,
trasnoitar, traspasar, traspoñer, trastornar...

8.12. Grupos -pc-, -pn-, -ps- e -pt-


Como norma xeral mantéñense estes grupos nos cultismos: abrupto, acepción, adaptar, adepto,
anticonceptivo, aptitude, cápsula, captar, captura, coleóptero, concepción, concepto,corrupto, críptico, decepción,
eclipse, elipse, epiléptico, erupción, escepticismo, eucalipto, excepción, exipcio, Exipto, hipnose, imperceptible,
inepto, interceptar, irrupción, nupcial, opción, óptica, optimismo, percepción, precepto, rapsodia, rapto, recepción,
réptil, ruptura, sinopse, susceptible, tríptico, voluptuosidade, voluptuoso.
Hai, así e todo, unha serie de palabras que perden o primeiro elemento do grupo -pc- ou
-pt- , algunhas por seren xa antigas no idioma, outras por teren hoxe un uso frecuente; e o mesmo
ocorre cos derivados cultos da familia do latín SCRIPTUS. Así: adscrición, adscrito, cativar, catividade,
cativo, circunscrición, descrición, descritivo, descrito, ditongo, escrito, indescritible, inscrición, inscrito,
manuscrito, prescrición, prescrito, proscrición, proscrito, setembro, setentrión, setentrional, subscrición,
subscrito, transcrición, transcrito, tritongo.
Amais disto, existen no galego varios casos de vocalización da consoante implosiva: receita
e receitar; adoitar (‘acostumar’, diferente do cultismo adoptar); bautismo e bautizar.
Diferéncianse pola presenza ou ausencia dun p as familias de retar (‘desafiar, culpar etc.’,

Gramática da Lingua Galega 11


que procede do lat. REPUTARE, a través do francés) e de reptar (do lat. REPTARE ‘andar a rastro’).

8.13. Grupos pn- , ps- e pt-


Aparecen en posición inicial en palabras cultas e, segundo a regra xeral, consérvanse na
lingua escrita, a pesar de que na fala existe a tendencia a non pronunciar a primeira consoante:
pneumático, pneumonía, pneumopatía, pneumoscopio, pneumoterapia, pneumotórax etc.; pseudo- , pseudociencia,
pseudónimo etc.; psicanálise, psicanalista, psicodiagnóstico, psicofísica, psicoloxía, psicolóxico, psicometría,
psicopatoloxía, psique, psiquiatra, psiquiatría, psíquico etc.; pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo etc.
Xa non se escriben con p- : salterio, salmista, salmo e salmodiar.

8.14. Grupo -st-


Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar
problemas na escrita do galego. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post- /pos- :
escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral,
postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico,
posguerra, pospoñer).

EXERCICIOS:
1. Fai a transcrición fonolóxica deste texto:
“Capetón”, dicían os nosos mariñeiros. Tiña gracia, soaba ben. Aínda que non era así. Xacinto sabíao. El tiña
bo oído. Escoitara a pronuncia atentamente. Sempre tivo máis curiosidade que os demais por estas cousas, máis
cultura. El sempre quixo chegar a ser unha persoa culta. Por iso atendía moito as explicacións do seu mestre cando
ía á escola.

2. Di a abertura (a= aberto; p= pechado) do “e” e mais do “o” nestas palabras:

Corvo (ave) Corvo (curvado) Pega (ave) Pega (atranco)


Pola (ave) Pola (rama) Bola (pan) Bola (pelota)
Doce (pastel) Doce (número) Golpe (golpear) Golpe (raposo)
Mes (do ano) Mes (seara) Presa (encoro) Presa (rapidez)
Oso (animal) Oso (anatomía) Pe (anatomía) Pe (letra)
Corte (do Rei) Corte (do animal) Ceo (de cear) Ceo (firmamento)
Bote (chalupa) Bote (tire algo) Corda (soga) Corda (xuizosa)
Moa ( da boca) Moa (de moer) Pelo (de pelar) Pelo (cabelo)
Sen (vidalla) Sen (preposición) Toco (de tocar) Toco (manco)
Sela (asento) Sela (se selar) Vela (da nave) Vela (ver + a)
Neto (medida) Neto (familiar) Verme (mirarme Verme (lombriga)

3. Diferencia de significado nestas palabras homófonas:

Baca Vaca Bario Vario


Boga Voga Benia Venia
Bago Vago Bacante Vacante

Gramática da Lingua Galega 12


Bocal Vocal Bou Vou
Beta Veta Basto Vasto
Barro Varro Bacía Vacía
Beo Veo Barón Varón
Botar Votar Rebelar Revelar

4. Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan):

Ademais Clímax
Bíceps Cantei
Paúis Soamente
Hóckey Contáronvola
Amable Posíbeis

5. Pon o til adecuadamente ás seguintes palabras, se deben levalo:

Textil Enfase Beisbol Climax Smoking


Amais Amabeis Constituiu Cantaroncho Bilingüismo
Hockey Prensil Automobil Rompeu Forceps
Dolmens Xampu Rua Album Egoismo
Fieis Superavit Lambons Parkinson Habitat
Tandem Partiu Accesit Crater Misiles
Raiña Prexuizo Sain Requiem Deficit
Magoa Triceps Azuis Pauis Acentuo
Forcei Egoismo Arauxo Españois Telex

6. Indica cales destas parellas de palabras levan til diacrítico:

Ca (ca + a) Ca (conx. compar) Chas (planas) Chas (che + as)


Compre (fai falta) Compre (merque) Fora (adverbio) Fora (de ser ou ir)
No (“nudo”) No (en + o) Por (poñer) Por (preposición)
Te (infusión) Te (pron.; letra) Ven (verbo vir) Ven ( verbo ver)
Vos (pron. tónico) Vos (pron. átono) Ves (verbo vir) Ves (verbo ver)
Mais (adverbio) Mais (=pero) Mas (ruíns) Mas (me + as)
As (a + as; alas) As (artigo; pron.) E (verbo ser) E (conxunción)
Cos (ca + os) Cos (con + os) Das (verbo dar) Das (de + as)
Do (compaixón) Do ( de + o) Os (a + os) Os (artigo; pron.)
Nos (pron. tónico) Nos (pron. Átono) Pe (do corpo) Pe (letra)

TEMA 2
Gramática da Lingua Galega 13
FORMACIÓN DO PLURAL
1. Palabras rematadas en vogal (átona ou tónica) ou en ditongo:
-Fan o plural en –s: mesa/mesas; café/cafés; bocoi/bocois; lei/leis.
-Os estranxeirismo acabados en vogal fan o plural en –s ou ben respectando a forma plural da
lingua de orixe: spray/sprays; hippy/hippys ou tamén hippies.

2. Palabras rematadas en –r e –z:


-Engaden –es: mar/mares; paz/paces; luz/luces.
-Os estranxeirismos, en xeral, tamén (palier/palieres; somier/somieres; húsar/húsares;
dólar/dólares), a non ser algúns casos de palabras pouco integradas, que poden formar o plural en –
s: póster/posters ou pósteres; gángter/gángteres ou gángters; júnior/júniores ou júniors.

3. Palabras rematadas en –s e –x [ks]:


-Agudas en –s fano engadindo –es: deus/deuses; compás/compases, a non ser as rematadas en
grupo consonántico (tamén as acabadas en –x [ks]: luns, fax, lux, unisex, que permanecen
invariables.
-As graves e esdrúxulas en –s ou en –x [ks], son invariables: chomomicas, lapis, martes, oasis,
xoves, mércores, bíceps, tórax, clímax, télex, etc.

4. Palabras rematadas en –n:


Engaden –s: can/cans; lambón/lambóns; dolmen/dolmens; mitin/mitins.

5. Palabras rematadas en –l:


-Os monosílabos engaden –es: cal/cales; el/eles; tal/tales; val/vales; xel/xeles; vil/viles; fol/foles;
gol/goles; mal/males; mol/moles; sol/soles.

-As palabras compostas en que o 2º elemento sexa algún monosílabo acabado en –l, fan o plural
coma o monosílabo, é dicir en –es: chuchamel/chuchameles; xirasol/xirasoles;ollomol/ollomoles;
cartafol/cartafoles.
O plural de aquel é aqueles (aínda non sendo un monosílabo nin un derivado de el, polo que
cabería esperar un plural uns ele e aquele, coma no portugués, e así os plurais serían loxicamente
eles e aqueles. A explicación estaría na posterior perda da vogal final).
-As agudas polisílabas substitúen o –l por –is: animal/animais; aval/avais; fiel/fieis; cruel/crueis;
civil/civís; español/españois; control/controis; azul/azuis; Paúl/Paúis. OLLO: caracol/caracois;
aerosol/aerosois.
Atención: Nos rematados en –il soluciónase en –ís: cadril/cadrís; cantíl/cantís (nunca
cadríis ou cantíis).

-As palabras graves fan o plural en –es: áxil/áxiles; téxtil/téxtiles; prénsil/prénsiles;


útil/útiles; pénsil/pénsiles; mísil/mísiles; réptil/réptiles; difícil/difíciles; túnel/túneles;
cónsul/cónsules.
Atención: Exceptúase a terminación –bel, que fará o plural en –beis: amábel/amábeis;
potábel/potábeis; posíbel/posíbeis; bebíbel/bebíbeis.

6. Palabras rematadas noutras consoantes:

Gramática da Lingua Galega 14


A maioría delas son estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo –s: frac/fracs;
club/clubs; pub/pubs; snob/snobs; clac/clacs; coñac/coñacs; lord/lords; tic/tics; crómlech/crómlechs;
sándwich/sándwichs; sketch/sketchs; stick/sticks; round/rounds; talmud/talmuds; rosbif/rosbifs;
anorak/anoraks; búmerang/búmerangs; iceberg/icebergs; ring/rings; smóking/smókings; álbum/álbums;
réquiem/requiems; slálom/sláloms; tándem/tándems; tótem/tótems; clip/clips; jeep/jeeps; hándicap/hándicaps;
boicot/boicots; complot/complots; fagot/fagots; mamut/mamuts; robot/robots; spirnt/sprints; test/tests;
trust/trusts; leitmotiv/leitmotivs.

EXERCICIOS:
1. Pon en plural as seguintes palabras:
Cantil Xirasol Stick
Crómlech Pénsil Cruel
Frac Cantábel Cadril
Téxtil Chuchamel Mísil

2. Xustifica teoricamente o plural das seguintes palabras:


Funil
Prénsil
Parasol
Trusts

3. Poñer as seguintes palabras en plural

local café señor caracol


fusil oasis país algún
tren álbum cru bocoi
paraugas vacaloura cal azul
rapaz plural túnel fiábel
útil cónsul lambón israelí
amábel venres mandil proxectil
ruín garda civil sol clímax
gardacostas pel vagalume u
quebranoces can fácil ancián
xirasol pobre rei dor
cabalo do demo fiel dolmen mel
lei cruz un tórax
sapoconcho bo xudeu xentil
decreto lei tonel baúl ollomol
xardín luns nó lapis
animal réptil cartafol prismáticos

4. Poñer en plural as seguintes frases


- O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.
- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un

Gramática da Lingua Galega 15


cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a
Comandancia da Garda Civil.
- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.
- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú
xogando ao hóckey no xardín do hotel.
- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.
- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.
- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.
- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

5. Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido


A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.
O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.
O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.
O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.
A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.
A Carme ten ......... leiras ......... parece.
Xamais conduciu ......... ben ......... elas.
Agora é ......... forte .........o Ricardo.
O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido.
Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.
Están ......... abraiados ......... vós.
As rendas son......... pequenas ......... esperabades.
O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.
A Irimia ten ......... forza ......... vostede.
O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba.
Recollemos ......... fabas ......... contabamos.
Penso que ten ......... poderes ......... ti.
O Manuel está ......... alto ......... a Laura.
O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo.

6. Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado


persoa ou persona xerar ou xenerar
persoaxe ou personaxe xeración ou xeneración
persoalizar ou personalizar vixiar ou vixilar
persoalismo ou personalismo segredo ou secreto
persoificar ou personificar segredamente ou secretamente
persoal ou personal meio ou medio
xeral ou xeneral dorido ou dolorido
xeralizar ou xeneralizar doroso ou doloroso
xeralato ou xeneralato corado ou colorado
xerador ou xenerador corante ou colorante
xeralidade ou xeneralidade corar ou colorar

7. Corrixir todos os erros das frases:


• Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día
tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei garbanzos con
feixóns.
• Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se alá
arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde.
• Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos por
unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí.
• Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas

Gramática da Lingua Galega 16


de suciedade e colillas.
• Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal; só lle
faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña.
• Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na venda
dun novo misil ao Iraque.
• Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz;
oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe.
• Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común mesturado
con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o
tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a
SIDA.

8. Colocar r ou l en lugar dos puntos:


Por exemplo: p..ano: plano; p..aza: praza.
p..aia imp..osivo ab..andar f..aco b..andir
p..acer c..avo b..ando f..aqueza b..asón
p..ato esc..avo g..obo f..echa nob..e
p..aca c..avar c..ásico f..ota f..ouxo
p..azo c..ave c..oro desp..azar ob..iga
c..amar c..ase p..aga imp..icar nob..eza
cump..ir conc..ave p..anto sop..o ob..igar
amp..o conc..uír p..egar reg..a sab..e
comp..acer c..aro p..aneta sing..adura f..echazo
p..anta p..ancha p..ebe sop..ar p..ateado
emp..egar p..uma b..andura ig..exa p..acidez
p..ural b..anco b..usa f..etar ap..acar

9. Comentar as seguintes palabras


Ouvella Tiduo Amenazar
Cuchilo Corazonhe Númaro
Pegaxoso Acontescer Inorante
Ambente Manoxo Perescer
Custión Diviño Crarificar
Suelo Outura Adeprender

10. Pon todos os tiles que faltan:


- Fun a Lugo e ti a santiago coas tuas irmas.
- A terra nesta zona e moi cha; non ten ningunha montaña.
- O oso do pe do oso estaba roto.
- As polas do meu tio Andres comen moito millo cando estan pola horta.
- Non quero ir o cine contigo, porque sempre chegamos tarde; ti nunca tes presa.
- Fixo mal o no dos zapatos e agora desatouselle.
- Ai fora hai un rapaz que quere ir comigo a feira, mais eu non sei se irei.
- A nos non nos gusta que compre eses pantalons, mais gustanlle a el.
- Ese rapaz nunca da nada e logo esta sempre pedindo. Non teñas do del.
- Fixo albondigas de mais e botounas fora para os cans.
- Compre que estudes mais se queres aprobar os exames.
- Dalle o que ela queira da neveira e que logo compre mais.
- Hai unha pola na pola desa nogueira. Se queres que baixe teslle que por aqui abaixo unha cunca chea da auga que
da a fonte.
- E mais alto cos fillos da miña veciña ainda que cos seus anos non deberia.
- Dille o neno que cale se quere ir o cine con nos.
- Non xoguedes as bolas na clase, porque vos vai reñer a profesora.

Gramática da Lingua Galega 17


TEMA 3
FEMININOS E MASCULINOS:
1. MASCULINOS:
Os nomes das letras: be, ce, de, etc.
Os rematados en –ote: lote, dote, pote… Pero: epiglote.
A maioría dos rematados en –(u)me:
Exemplos: teitume, lume, gume, costume, legume, cume, estrume, cerume, arame,
enxame, exame, nome, etc.
Excepto: servidume, negrume (escuridade intensa; melancolía, tristeza; capa de
sucidade), que son femininas.

Leite, aceite, couce, ubre, sangue, peite, sal, mar, cal, costume, fel, mel, sinal, nariz, lume,
cume, labor, xeonllo, riso, sorriso, til, cuspe, berce, dinamo, trade, xene, cumio, iota (e demais
letras gregas), cardume, estrume, pesadume, paradoxo, acedume, bechamel, cárcere, teitume, xiz,
zócolo, testemuño (declaración da testemuña: testimonio en castelán).

2. FEMININOS:
Rematados en –axe: tatuaxe, equipaxe, viaxe, friaxe, personaxe,… Excepcións: traxe, paxe,
garaxe.
Rematados en –ite: apendicite, bronquite, sinosite,…
Rematados en –se: análise, trombose, cirrose, antítese,… (sífilis é feminino, pero mantense
escrito así).
Rematados en –ade: liberdade, puberdade, lealdade, irmandade,..
A maioría das árbores froiteiras: cerdeira, laranxeira, ameixeira, maceira, figueira, (pero:
o figo), nespereira (pero: o néspero), amorodeira (pero: amorodo ou morodo).
Excepcións: castiñeiro, limoeiro, piñeiro, pexegueiro.

Cor, color, dor, dolor, auga, arma, aula, aguia, alma, arte, podremia, sebe, sede, árbore,
ponte, orde, desorde, contraorde, pantasma, calor, suor, canle, fame, orixe, pálpebras, armazón,
icona, cute, tise, dose, feluxe, personaxe, ábsida, arquitrabe, azouta, birreme, trirreme, tanza,
sedela, apócope, avestruz, apóstrofe, estrea, fin (remate), paréntese, pube, rega, seca, sentinela,
síncope, análise, marxe, testemuña (o que presencia algo).

O xénero oposto permite establecer diferencias de significado:


- Individual/colectivo: leño/leña, ovo/ova, froito/froita, madeiro/madeira, gran/gra,
etc.
- Maior/menor: cesta/cesto, leira/leiro, agra/agro, carballa/carballo, foxa/foxo,
palleira/palleiro, lago/laga.
Pero OLLO: machado/machada, vasoiro/vasoira.
- Forma diferente: zapato/zapata, río/ría, porto/porta, pozo/poza, sacho/sacha, caldeiro/caldeira.
- Río/Comarca: o Arnoia/A Arnoia, o Limia/A Limia, o Ulla/A Ulla…

3. 1. Formación do feminino
O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a, que se
une directamente á forma do masculino se esta remata en consoante ou vogal tónica (deus / deusa,

Gramática da Lingua Galega 18


rapaz / rapaza, avó / avoa, cru / crúa) ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata
en vogal átona (sobriño / sobriña, presidente / presidenta). Con todo, hai algúns casos especiais.

3.1.1. Nomes rematados en -n


a) Os substantivos e adxectivos rematados en -án (< anum) forman o feminino en -á : ancián
/ anciá, temperán / temperá; en troques, os caracterizadores despectivos rematados en -án
fórmano en -ana: folgazán / folgazana, mentirán / mentirana.
Exemplos: alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán,
bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián,
cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá, san, sá; irmán,
irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá;
rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán,
truá; van, va; verán; vilán, vilá.
Só para os pexorativos: barrigán, barrigana; barullán, barullana; brután, brutana; burrán, burrana; bocalán,
bocalana; cabezán, cabezana; cagán, cagana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; charlatán, charlatana;
farfallán, farfallana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán ,larpana; leilán, leilana;
lerchán, lerchana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; pailán, pailana; papán,
papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pillabán, pillabana;
porcallán, porcallana; ruán, ruana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; etc.

Este sufixo serve tamén para formar xentilicios. Exemplos: afgán, afgá; alemán, alemá; castelán,
castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá. Pero especialmente tamén os referidos a lugares galegos:
arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; vilagarcián, vilagarciá; salnesán salnesá; muxián, muxiá;
fisterrán, fisterrá; compostelán, compostelá; etc.
Pero certos xentilicios galegos poden facerse coa súa forma local –ao/-á: Exemplos: arnoiao,
arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); ribeirao, ribeirá (do Ribeiro);
mariñao, mariñá (da Mariña).
Tamén se admite a forma feminina local –án en casos como: unha carnotán, unha fisterrán,
unha muradán, etc.

b) Feminino dos rematados en -ón (león / leoa, mais lambón / lambona). Forman o feminino
en -oa. Exemplos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (pero tamén ladra); león,
leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.
-ón / -ona: queda só reservado para os aumentativo e os pexorativos:Rematan en –ón / -ona
as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: homón,
mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona etc.

c) Os rematados en -ín forman o feminino en -ina, coa excepción de ruín, que é invariable:
bailarín / bailarina, benxamín / benxamina, danzarín / danzarina, galopín / galopina, malandrín / malandrina; pero un
viño ruín / unha terra ruín.

d) Os rematados en -ún difiren no seu comportamento: os adxectivos cabrún, cervún, vacún


forman o feminino patrimonial cabrúa, cervúa, vacúa; común é invariable; euscaldún engade -a,
euscalduna.
e) O único nome rematado en -én susceptíbel de moción xenérica é invariable: un refén
americano / unha refén americana.

3.1.2. Nomes rematados en vogal ou ditongo tónicos


Os substantivos rematados en vogal tónica adoitan engadir -a, en tanto que os adxectivos

Gramática da Lingua Galega 19


tenden a ser invariables: un avó somalí / unha avoa somalí. Con todo, algúns substantivos son
invariables: unha chimpancé adulta; entre os adxectivos, nu, cru e recrú, só e mao forman os
femininos núa, crúa e recrúa, soa e má: o peixe cru / a carne crúa, un só día / unha casa soa, o ollo
mao / unha má ocasión.
Presentan características morfolóxicas especiais grou / grúa, xudeu / xudía e sandeu /
sandía.

3.1.3. Nomes rematados en -és


Os xentilicios rematados en -és presentan un feminino en -esa: cambadés / cambadesa, chinés /
chinesa, noruegués / norueguesa, portugués / portuguesa, romanés / romanesa. O mesmo ocorre con outros
adxectivos, coma burgués / burguesa, camoés / camoesa, canchés / canchesa, montés / montesa e palmés /
palmesa; algúns, en troques, son invariables: estilo cortés / mirada cortés.

3.1.4. Formacións especiais


Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais, sobre a mesma
base léxica: heroe / heroína, tsar / tsarina; galo / galiña; rei / raíña; abade / abadesa; barón / baronesa; príncipe
/ princesa; sacerdote / sacerdotisa, profeta / profetisa, poeta / poetisa; emperador / emperatriz; actor / actriz
etc.

EXERCICIOS
1. Nesta lista de palabras pon M (Masculino) ou F (Feminino):
Azucre legume arte Cuspe
Pube Garaxe Trade Marxe
Ponte Árbore Dolor Sifilis
Personaxe tise tatuaxe iota

2. Lembra o xénero destas palabras e ponlle diante o artigo correspondente:


Arte Cofre Couce Azouta Robalo
Azar Ponte Análise Ra Plumaxe
Ele Dote Xénese Birreme Plebe
Lume Val Nariz Ubre Karate
Riso Mel Lapis Leite Inmortalidade
Sorriso Cume Servidume Trirreme Robaliza
Dor Cumio Azucre Marxe Arbitraxe
Dolor Carne Farinxite Orixe Meninxite
Grilo Carné Legume Cabelo Puberdade
Aguia Cute Tise Pel Porcentaxe
Pálpebras Uve Cuspe Radio Suor
Cor Trade Chuspe Cabotaxe Sentinela
Color Varanda Sífilis Ferruxe Podremia
Labor Broca Cerume Abordaxe Alfa

Gramática da Lingua Galega 20


Laboura Trabe Sondaxe Céspede Paxe
Fame Arquitrabe Sangue Dose Pé
Sebe Feluxe Serán Betume Árbore
Unlla Pube Tatuaxe Mel Pesadume
Crise Personaxe Cal Énfase Marxe
Xene Queixume Til Cerume Aula
Canle Ábsida Dinamo Sal Pe
Desorde Icona Berce La Iota
Orde Peaxe Calor Acedume Negrume
Contraorde Costume Avestruz Culler Traxe
Sinal Viaxe Colar Cardume Alma
Talismán Cárcere Auga Atlas Estrume

3. Indica o feminino das seguintes palabras:


Tecelán Alemán Castrón
Sacerdote Abade Tabán
Saltón Cónsul Compadre
Testemuña Freire Cabaleiro
Alcalde Frade Sapo
Compostelán Emperador Monxe
Cristián Estudante Tsar
Xudeu Boi Actor
Papa Padrastro Afgán
Deus Marido Parente
Robaliza Vizconde Tirolés
Nugallán Xenro Novelista
Fisterrán Barón Sultán
Mártir Varón Hindú
Capitán Contratista Rei
Louzán Charlatán Robalo
Idiota Cortesán Ladrón
San Testalán Nu
Vivente Cru Curmán
Cirurxián Xastre Indíxena
Tartaruga Gardián Oco
Ancián Comellón Marrán
Formiga Patrón León
Vítima Cabalo Cidadán

Gramática da Lingua Galega 21


Aldeán Heroe Doado
Coimbrán Carneiro Xuíz

4. Forma xentilicios (4 mínimo) a partir dos seguintes sufixos:


-A/Ø: -ao/-á: -eno/-ena: -eo/-ea: -o/-a:
-aco/-aca -aro/-ara: -ense/Ø: -í/Ø: -ón/-ona:
-án/-ana: -ego/-ega: -eño/-eña: -ino/-ina: -ota/Ø:
-ano/-ana: -eiro/-eira: -és/-esa: -ita/Ø: -án/-á:

5. Acentúa este texto:


Dame igual o que pensen, el debia facer o que lle corresponde e nada mais. Xa habia tempo
que decidira sair daquel sitio e agora sentia un no na gorxa o pensar que non ia volver nunca mais.

6. Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles
corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias
Entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco).
En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).
Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).
En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel).
Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel).
Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección).
As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel,
couce, doloroso).
As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil,
un, difícil).
............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán,
libro).
Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal).
............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco)
Boteille ............. á comida (pouco, sal).
A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe,
luz).
Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).

Gramática da Lingua Galega 22


TEMA 4
COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS:
Ademais das formas analíticas (mediante varias palabras ou cun complexo ou fórmula da
comparación) úsanse tamén os comparativos sintéticos (mediante unha soa palabra) seguintes:

Para bo (en vez de máis bo) Mellor


Para malo ou mao (en vez de máis malo ou máis mao) Peor
Para grande (en vez de máis grande) Maior ou Meirande
Para pequeno (en vez de máis pequeno) Menor
Para grande/alto (en vez de máis grande ou alto) Superior (coa prep. a)
Para pequeno/baixo (en vez de máis pequeno ou baixo) Inferior (coa prep. a)

EXS: Alberte é superior a Alexandre. Alberte é inferior a Alexandre.

Para formar superlativos absolutos úsase o sufixo –ísimo. Exemplo: altísimo, grandísimo.
Este sufixo ás veces engádese á raíz culta da palabra e non á patrimonial. Exemplos: antigo,
antiquísimo; fiel, fidelísimo; nobre, nobilísimo.
Nos adxectivos rematados en –ble ou en –bel este superlativo ten sempre a terminación –
bilísimo. Exemplos: Amable ou amábel -à amabilísimo; Estable ou estábel -à estabilísimo.

En rexistros cultos aparecen os superlativos co sufixo –érrimo. Exemplo: de célebre -à


celebérrimo, de libre -à libérrimo, de mísero -à misérrimo, de pobre -à paupérrimo, de pulcro -à
pulquérrimo, de úbere -à ubérrimo.

1. Normas para a construción das frases comparativas (comparativo analítico):


O 1º grao do adxectivo ou grao positivo expresa libremente unha calidade que posúe: EX: pan
fresco; pan duro.
O 2º grao do adxectivo ou superlativo eleva esa calidade ao grao máis alto: EX: pan
fresquísimo; pan durisímo ou pan moi duro.
O 3º grao do adxectivo é a comparación. Comparar consiste en atribuír unha calidade a algo
ou alguén poñéndoo en relación con esa mesma calidade existente noutro ou noutros obxectos.
Non só se compara o adxectivo, senón que tamén se compara o verbo (EX: fala máis do que
fai), o adverbio (EX: tira máis para aquí que para aí) e o substantivo (EX: serve o mesmo para cans
que para gatos).

1.1. Comparación de igualdade:


(adverbio) (relator)
+ verbo +Tan/Tanto + adxectivo + Como/Coma + segundo termo
EX: Brais está tan alto coma Xoán

Tamén hai outro xeito de realizar a COMPARACIÓN DE IGUALDADE: (Neste caso


empréganse as conxuncións igual que a comparación de superioridade e inferioridade).

Gramática da Lingua Galega 23


+ verbo + igual (de) + adxectivo + Ca/Que/Do que + 2º termo
EXS: Iria é igual (de) fermosa Ca/Que/Do que Xoana
1.2. Comparación de inferioridade:
(adverbio) (relator)
+ verbo + Menos + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo

1.3. Comparación de superioridade:


(adverbio) (relator)
+ verbo + Máis + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo

2. Usos das partículas comparativas:


ÚSASE SE O…
Como …2º termo é un verbo (unha oración), aínda que
leve pronome
EX: Ela sabe tanto como sabe Xoán
Ela sabe tanto como ti sabes

Coma 2º termo é un pronome persoal


(min, ti, ela, el, nós, vós, elas, eles)
EX: Corre tanto coma min

Como/Coma Nos demais casos pódese usar calquera dos


dous
EX: Corre tanto como/coma unha pantera

Ca …2º termo é un pronome persoal


EX: Corre máis/menos ca min

Do que …2º termo é un verbo (unha oración)


EX: Fala máis/menos do que pode

Ca/Que/Do que1 Nos demais casos calquera delas.


EXS: Corre máis ca un can
Corre máis que un can
Corre máis do que un can

2.1. TAMÉN se deben empregar COMA e CA se o 2º termo é unha:

Oración temporal EX: Fixo COMA CANDO lle deron aquel o susto.
Está mellor CA CANDO era un mociño

Oración de relativo EX: Despediuse COMA QUEN vai á guerra


É máis maleducado CA QUEN cospe no chan

Oración condicional EX: Fixo COMA SE non oíse o que lle dicían
Corre mellor CA SE lle viñese un lobo detrás

Cando a comparación ten como 2º termo un sintagma cuantitativo é posible o uso da


preposición DE. EXS: Non vale máis de dez mil pesos = Non vale máis ca dez mil pesos.

1 algunhas gramáticas non permiten usar do que nestes casos, e só permiten usar Ca ou Que. Pero debería permitirse porque:
“Corre máis ca/que un can”, é o mesmo que: “Corre máis do que (corre) un can” , (aínda que o verbo vaia elidido).

Gramática da Lingua Galega 24


2.2. CONTRACCIÓN DA PARTÍCULA COMPARATIVA CA, CO ARTIGO (A, O, AS, OS):
Hai dúas opcións:

-Facer a contracción: - Non facer a contracción:


Ca + a = cá Ca + o = có Ca + a = ca a Ca + o = ca o
Ca + as = cás Ca + os = cós Ca + as = ca as Ca + os = ca os
(OLLO: A partícula Que nunca contrae co artigo).

ATENCIÓN: Cando coinciden a partícula comparativa Ca, a preposición A, e mais o


artigo (O, A, OS; AS), a contracción da preposición co artigo (a + a = á; a + o = ao (ó); a
+ as = ás; a + os = aos (ós)) prevalece a contracción previa da preposición A co artigo. É
dicir, non se pode contraer ca cunha contracción na que xa está contraída a
preposición A.
EXS: Quere máis ás miñas ca ás túas
Ao sol non se ve máis ca á sombra
Vai máis a Lugo ca ao( ó) Carballiño
(prep. A + artigo O) NON: Vai máis a Lugo có Carballiño

ATENCIÓN: As conxuncións Ca e Que poden usarse tamén para introducir o 2º termo doutras
construcións de tipo comparativo.
EXS: Igual (ca) ti
Igual (ca os/que os) outros
Da mesma forma (que/ca/do que) antes

EXERCICIOS
1. Pon a partícula comparativa adecuada ( usando todas as posibilidades que ofrece CA e as súas
contracción):

É tan fermosa parecía cando a vin Respecto máis a Brais ao seu irmá
O neno está moito máis san ti Estou eu máis contigo a túa muller
Sempre se pon se lle fosen pegar Gústame menos O Bolo A Limia
Está tan elegante eu cría Estou máis a gusto hoxe o outro día
Parece menos listo ti me dixeras Xosé sempre fai quen non escoita
Vai máis ao Grove A Coruña Traballo moito mellor el

2. Substitúe a oración adxectiva de relativo (en cursiva) por un adxectivo:


EX: Ese é un feito que non se pode discutir__________indiscutible ou indiscutíbel
Produce un son que non se pode percibir ___________
Mercou unha casaca que non deixa pasar a auga_____
Contou unha historia que semella que non acaba nunca____
Estes mobles están feitos dun material que non pode arder_____
Ese planeta ten unha extensión que non se pode medir________
O meu can ten un apetito que non se pode saciar____________

Gramática da Lingua Galega 25


4. Explica cunha oración de relativo o significado dos adxectivos en cursiva:
EX: Esa viaxe presenta riscos ineludibles (ou ineludíbeis).
Esa viaxe presenta riscos que non podemos eludir (ou evitar).
O xuíz actuou cun rigor implacable (ou implacábel)_______
A amizade ten un valor imponderable (ou imponderábel)___
Para o home, a liberdade é un dereito imprescritible______
O dereito á vida é inalienábel_____________
Esa é unha verdade incontrovertíbel________
Ningunha lei feita polo home é inmutábel______
A liberdade de pensamento é algo intanxíbel____
Breogán era un guerreiro invulnerábel_________
Escoitou con rostro impasíbel os insultos que lle lanzaron_______
Os seus textos teñen un humor case que inaprensíbel________

5. Resposta á pregunta explicando o significado do adxectivo en cursiva:


Que é unha decisión irrevogábel? Que son designios inescrutábeis?
Que é unha persoa inconsecuente? Que é un mozo indolente?
Que é unha proba inequívoca? Que é un acto infame?
Que é un día infausto? Que é unha resposta irreverente?
Que é un traballo ímprobo? Que é un relato incongruente?

6. Indica o adxectivo que remite ao superlativo culto:


EX: Sapientísimo ---à sabio
Ubérrimo Misérrimo Crudelísimo
Celebérrimo Sacratísimo Acérrimo
Paupérrimo Libérrimo Magnificentísimo
Salubérrimo Nobilísimo Pulquérrimo

7. Sinala con que palabra da lista B se relaciona cada adxectivo da lista A polo significado ou pola
etimoloxía:
LISTA A LISTA B
Boreal Olor
Anular Raza
Agónico Escudo
Culinario Morte
Étnico Norte
Fáctico Excremento
Fecal Cociña
Fétido Fóra
Foráneo Anel
Heráldico Feito

8. Procura o substantivo correspondente a cada adxectivo:


ADXECTIVO SUBSTANT. ADXECTIVO SUBSTANT. ADXECTIVO SUBSTANT.
Legal Lúdico Naútico
Palustre Sideral Purulento
Letal Marcial Hípico

Gramática da Lingua Galega 26


Pecuario Tóxico Onomástico
Toponímico Lacustre Ético
Gótico Pancreático Úrico
Renal Pecuniario Cardiaco
Castrexo Filatélico Castrense
Outonizo Palatal Carolinxio
Neolítico Numismático Paleozoico
Estival Penal Nasal

9. Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan:


Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos
como millos, etc.
bo branco
parvo enfermo
verde groso
custoso louco
mao negro
fácil canso

10. En cada unha das seguintes frases hai algún erro. Cópiaas de novo explicando en que consiste
cada erro e corrixíndoas:
-Son as tres da tarde. Xa fai media hora que pedimos o almorzo.
-Os teus amigos creen que tódalas carreteiras están en bo estado.
-Os automóviles ingleses levan o voante á dereita.
-Fai uns días, o abó de Helena dixome que falase cun abogado.
-O viaxe foi longo, e o teu hirmán dicia que facía moito calor.

11. Pon atención aos ditongos e hiatos que aparecen no exercicio e acentúa correctamente.
"A rua da raiña Luisa estendiase unha legua ata o rio; onde se atopaba a ducía de muiños que mais adiante
darían nome duciaao barrio de infausta memoria polo moito que ah se sufriu nos anos ruins da posguerra. Hoxe
deixou de ser lugar de reunión de odios e enerxias abafadas a raiz da recuperación das liberdades pola cidadania".

12. Repara nos seguintes conxuntos de substantivos e identifica o morfema común. engadindo out-
ros exemplos aos dados. Unha vez feito isto, constrúe un cadro con tres columnas: á esquerda a
palabra co morfema común subliñado, no centro, a significación do morfema común e á dereita, o
elemento diferencial.
Por exemplo:
Bibliófilo que ama los libros

1. Diámetro, diacronía, diálogo ... 11. Coedición...


2. Portamoedas, portaequipaxe ... 12. Cosmogonía, cosmonauta, cosmopolita...
3. Telegrama, telepatía... 13. Crisóstomo, crisantemo, crisocarpo...
4. Democracia, oligocracia ... 14. Anemia, leucemia, uremia...
5. Toponimia, hidronimia ... 15. Omnívoro, ómnibus...
6. Endocarpo, endosfera, endoscopio... 16. Arquitrabe, arquiduque ...
7. Sinónimo, sincronía... 17. Fonoloxía, gramófono ...
8. Biografía, bioxénese, biotopo... 18. Amorfo. morfoloxía ...
9. Bisavó, biscoito... 19. Epiderme, dermatite ...
10. Diglosia, ditongo, dilema... 20 Bibliófilo, filosofía, zoófilo...

Gramática da Lingua Galega 27


13. Analiza o sufixo -EIRO//-EIRA no seguinte texto e establece valores:
a) Formante de substantivos.
a. 1. Nomes de árbores.
a.2. Nomes de lugar c,u obxecto.
a.3. Nornes colectivos (valor abundancial).
b) Formante de adxectivos.
b. 1. Adxectivos sen cambio notorio de significado con respecto á base.
b.2. Adxectivos con valor axente (que + verbo).

" Con emoción, conforme rubían a costa, advertía o traballo cantareiro das augas. Viñan dos chaos en
centeeíras ( .. ) Un grande salgueiro isolado, vestido de ouro, sinalaba o final da costa (...). De súpeto as montañas
tinxíronse dun apaixoado púrpura, soaron bateladas das eirexas (...). Dende alí as murmuraciós tremaban no morno
pazo da neboeira (...). Canturrexaron un anaco de ópera, a que ouviu dende o galiñeiro no Coliseo, botábase pola
escaleira cando lle deu un brinco o corazón (...). Víu o campo dos caracochos, as galiñas tomando o sol no cabaceiro,
a sombra que rubia dos lameiros invernizos (...). Anos griseiros, ó largo dos que se sumaba un outono a outro outono
(...). Tiven unha espranza e un acouga ó se erguer na nosa tristeira familia a túa baril mocedade (...). Perdoa, meu
fillo, fuxo do meu propio pensamento. Ás vegadas figúrome que son unha grea de homes, que cada figuración, cada
tempo do vivir, resiste unha carne mortal diferente e asina os días todos que vivín, personalizados, veñen comigo,
calados, silandeiros, acompañando o enterro das espranzas que a todos eles animaron. As cartas de Edith
chegábanme sempre cun consolo como naves viaxeiras tripulados de ensoño ou como brancas nubens pelingrinas que
botaban unha sombra fresqueira nos eidos enxoitos do meu sofrimento".
(Otero Pedrayo. Os camiños da vida)

14. O texto anterior é de Otero Pedrayo, que característucas lingüísticas observas nel?

15. Homonimia, polisemia e paronomasia


A gracia destes chistes baséase claramente nos xogos de palabras: identifica en cada caso
se se trata de homonimia, polisemia, paronomasia ...

1. - Sobe o crudo.
- A min o que lle me preocupa é o cocido.
- Ese despois.

2. - Préstame mil pesetas ... deica mañá.


- Deica mañá, se Deus quer (dicindo adeus coa man).

3. - Canta.
- ¡Se vas a San Benitiñoooo!
- Digo canta gasolina.
- Ah, ¿pero sabe cantar tamén? ¡Por ¡so subiu tanto!

4. - ¡A ver! Que ten?


- Home, sr. doutor, moito non é, pero para pagarlle chegará, supoño.

5.- (Fala un garda de tráfico)


- Vostede non coñece os sinais de tráfico?
- Como coñecer, coñézoos, pero aínda así moita confianza neles non lle teño.

Gramática da Lingua Galega 28


Tema 5:
O ARTIGO
1- O ARTIGO DETERMINADO:

Masculino Feminino
Singular o (lo) a (la)
Plural os (los) as (las)

Como se ve no cadro anterior, existe tamén unha variante alomórfica (alomorfos: lo, la, los,
las), que soamente é de uso obrigatorio:
● Despois da preposición POR (por + o, a, os as = polo, pola, polos, polas).
OLLO: sempre sen guión. EX: El vai polo camiño.
● Despois do interrogativo U (u + o, a, os, as = u-lo libro?, u-la casa?, u-los cans, u-las
cadelas). Ollo: sempre con guión.

Estes alomorfos tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos:


● Despois de infinitivo, das formar verbais conxugadas que rematen en –R ou
en –S e tamén dos pronomes enclíticos NOS, VOS e LLES:
EXS: Vou colle-las laranxas
Perdíche-los cartos
Collémo-lo peixe.
Ti e-lo demo.
Quitóulle-las ganas de xogar2.

OLLO: Nunca se usa despois de participio plural. EX:


NON: Foron collido-los ladróns. SI: Foron collidos os ladróns.

NON: Rematada-las clases, saímos. SI: Rematadas as clases, saímos.

● Despois dos pronomes tónicos NÓS e VÓS cando van seguidos dunha precisión numérica,
sempre con guión.
EXS: Nó-los tres iremos. Vó-los catro non iredes.

●Tamén, e sempre sen guión:


-Despois de AMBOS/AMBAS, ENTRAMBOS/ENTRAMBAS e TODOS/TODAS:
EXS: Ámbalas dúas amigas. Tódolos rapaces. Entrámbolos dous.
-Despois da preposición TRAS: EX: Está tralos montes de Marín.
-Despois da conxunción copulativa (E) MAIS:
EXS: Eu e mailo teu irmán non imos. Eu mailo meu amigo
- Tamén existe un arcaísmo de uso protocolario (e xa pouco frecuente): EL, que quedou
inmobilizado en secuencias como: EXs: El rei, El señor, etc.
Ex: Hoxe veume visitar o meu señor El-rei

2 Como se observa nos exemplos: sempre con guión.

Gramática da Lingua Galega 29


1.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO DETERMINADO:
Artigo
O A OS AS
Prep.
A ao/ó á aos/ós ás
CON co coa cos coas
DE do da dos das
EN no na nos nas
POR polo pola polos polas

OLLO: Na contracción da preposición A co artigo masculino O(S) é mellor usar a contracción AO


(AOS) na escrita, pero a pronuncia correcta é Ó.

ATENCIÓN :
* Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas
preposicións: EXS: Veño da Coruña. Entou no Grove. Voa ao Carballiño.
* Pero non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo que a
segue: EX: Antes de os galos cantaren = Antes de cantaren os galos.

1.2. USO OBRIGATORIO DO ARTIGO:


1- Debe preceder sempre ao posesivo: EX: As miñas mans. A vosa casa. (Agás en relacións de
parentes ou en vocativos. EXS: ¡Meu Deus! Miña nai non veu).
2- Emprégase con algúns topónimos: A Coruña. O Carballiño. O Grove. A Pobra do Caramiñal, etc.
3- En certas locucións adverbiais: ás escuras; ás agachadas; ás veces, etc.
4- Debe usarse (sen guión) despois de AMBOS/AS, ENTRAMBOS/AS, TODO(S). EXS: Todo o
mundo sabe iso. Ambos os irmáns entraron na tenda.
5-Despois da partícula U: EXS: U-lo gato?
6-Despois da preposición POR (sen guión): EXS: Vai polo río

2- O ARTIGO INDETERMINADO:
Masculino Feminino
Singular Un Unha
Plural Uns Unhas

2.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO INDETERMINADO:


Artigo
Prepos. UN UNHA UNS UNHAS
CON cun cunha cuns cunhas
DE dun dunha duns dunhas
EN nun nunha nus nunhas

OLLO: se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se pode facer a
contracción.
EXS: De un médico estar alí, salvaríalle a vida ao ferido (= De estar alí un médico, salvaríalle a vida ao ferido.

Gramática da Lingua Galega 30


ATENCIÓN: Non confundir estas contraccións das preposicións CON, DE e EN co numeral
indefinido UN.

EXERCICIOS
1. Explica as diferenzas semánticas (de significado da frase) que se dan nestas frases segundo
leven ou non leven determinante:
1-Acusárono de (do) furto
2-Unha noite de (do) inverno
3-A rapaza ten (os) oito anos
4-Tiraron (as) pedras contra (as) ventás
5-Dicídelle a (ao) Antón que non fale tan alto
6-(as) Xoias, (as) teas, (as) pratas… nada deixaron alí.
7-Non teño (os) cartos para mercar (o) coche.
8-O avogado falounos de (dos) problemas laborais.
9-O autor retirou (os) cadros da exposición.
10-Por fin, a festa faise en (no) sábado.
11-Viñeron (os) catro delegados de persoal.

2. .- Encher os ocos co artigo correspondente, facendo as contraccións necesarias


O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.
Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos ... choque contra ... camión.
Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ... cartos para lle dar ... dote.
Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se achegaba ameazadoramente a ...
casa desde ... cume de ... monte.
... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido a ... árbore que
estaba diante de ... súa casa.
... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga.
Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección provocada por ... ferida que fora
consecuencia de ... couce daquel burro.
En ... ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar ... fume que viña de ... fábricas que se vían en ...
horizonte.
De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas venden mel de flores.

3. Explica as diferenzas de significado destas palabras atendendo ó xénero:


vieiro/vieira cancelo/cancela pozo/poza

cesto/cesta carballo/carballa leiro/leira

4. Corrixe todos os erros que atopes nestas oracións:


- Os cartaxineses recorreron moitos kilómetros co obxecto de combatir contrra os románs.
- Esta é unha cuestión a debatir no mes vindeiro, agora cumpre rebatir os argumentos nos que se basan para a
defensa da edificación dos amplios espacios urbáns.
- Convertiron os monasterios en hoteles de luxo, explotados polos propios monxes. Isto, sen duda, ha revertir no
interés económico da orden relixiosa.
- Non me dou adormentado polo moito que tuses de noite. ¡Se colleses a receta e foses polo xarope que te recetou
o doutor! ¡De seguires así, aínda te has de afogar!
- Quenes lle avisaron de que lle apodreceran as plantas, non lle dixeron tamén que a súa irmán se caera polas
escaleiras abaixo e se partira unha perna.
- Luce un sol espléndido e, mentres a vella sube a costiña traballosamente, ti durmes a perna suelta.

Gramática da Lingua Galega 31


TEMA 6
DEMOSTRATIVOS

1. OS DEMOSTRATIVOS.

prox. núm. masc. fem. neutro


I sing. este esta isto
pl. estes estas ---
II sing. ese esa iso
pl. eses esas ---
III sing. aquel aquela aquilo
pl. aqueles aquelas ---

OLLO: En galego só existen as formas en “i” (isto, iso, aquilo) e non as formas en “e”
(esto, eso, aquelo).
Ademais, a forma neutra non ten plural. Polo tanto, non existen en galego: istos/estos;
isos/esos; aquilos/aquelos.

1.1. Contraccións dos demostrativos:


● Contraen coas preposicións DE e EN:
Demostrat.
Este,… Ese,… Aquel,…
Preposic.
Deste(s) Dese(s) Daquel(s)
DE Disto Diso Daquilo
Desta(s) Desa(s) Daquela(s)
Neste(s) Nese(s) Naquel(s)
EN Nisto Niso Naquilo
Nesta(s) Nesa(s) Naquela(s)

Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo modificado
polo demostrativo: de estas razóns seren admitidas.
● Contraen co indefinido OUTRO:
Persoa Número Masculino Feminino
1ª Singular Estoutro estoutra
1ª Plural Estoutros estoutras
2ª Singular Esoutro esoutra
2ª Plural Esoutros esoutras
3ª Singular Aqueloutro aqueloutra
3ª Plural Aqueloutros aqueloutras

Gramática da Lingua Galega 32


OLLO: Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen
tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo
outro.
Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas
preposicións DE e EN: EXS: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a;
daqueloutras, naqueloutro; etc.

2. Rendemento estilístico dos demostrativos:


Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o
substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do
oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores.
Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual,
porque poden representar:
1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (ANÁFORA)
EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas.
Verzas = aquelas Grelos = estes
2-Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso
(CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta =
xogaremos polas bandas)

3. Valores especiais dos demostrativos:


● Valor afectivo. EX: “¡Este Paco!
● Valor pexorativo. EX: E ti vas comer iso?; A iso lle chamas ti coche?
● Valor despectivo: EX: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso
● Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como
substantivos de significado indeterminado. EXS: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar.
(Aquel = escusa); Ten un aquel para o baile que dá gusto velo.
● Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun
significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar). EX: Cando lle mandas
facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente3.
● Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón). EXS: Ían
descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor; Entoaron o himno e con isto deuse por
rematado o acto.
● DAQUELA admite dous valores:
1-Adverbial temporal. EX: Daquela non había coches coma os de hoxe.
(Daquela = naquela época; naquel tempo)
2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que). EX: Non é socio do club, daquela non
poden deixalo entrar.
● En certas expresións ou frases feitas, o uso fixou unha forma indeterminada do
demostrativo que se aparta da súa función básica como demostrativo. EXS: Con esas; Iso si;
Iso xa; Isto é; Por esas; Por iso; etc.

3 Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión.

Gramática da Lingua Galega 33


TEMA 7
OS POSESIVOS
1. Os posesivos.

Unha cousa posuída Varias cousas posuídas


Posuidores Persoa Masculino Feminino Masculino Feminino
Un 1ª meu miña meus miñas
Un 2ª Teu túa teus túas
Un 3ª Seu súa seus súas
Varios 1ª noso nosa nosos nosas
Varios 2ª voso vosa vosos vosas
Varios 3ª Seu súa seus súas

Na 1ª e 2ª persoas o singular e o plural do posuidor está marcada por un morfema


diferente. Pero na 3ª persoa os lexemas son iguais no singular e no plural e iso pode crear
confusión: seu (= del, dela, deles, delas, de vostede, de vostedes). Para desfacer a ambigüidade, o
posesivo pode ser substituído por esta construción: DE + PRONOME PERSOAL TÓNICO
EXS: Veu no seu coche / veu no coche delas
Vendeu a súa casa / Vendeu a casa de vostede
Este mesmo papel de realce da idea de posesión cúmprese coa palabra PROPIO. EXS:
Dixéronlle que viñese no seu coche (¿del, deles…?); Dixéronlle que viñese no seu propio coche

Existe un posesivo de respecto, MI, TU, SU, que acompaña a MADRE, PADRE,
ocasionalmente a TÍO e mesmo a outros substantivos de tratamento como AMO, SEÑOR. EXS:
Hoxe vaime deixar saír á festa, mi madre?; Pero non lle pediches permiso a tu amo?
O artigo precede sempre ao posesivo. Só nuns poucos casos especiais pode non
facelo: con nomes de parentesco moi próximo (meu pai, miña nai, noso avó, etc) e cos
vocativos (¡Meu pai!).

Hai ademais unhas formas de posesivo ligadas a un distributivo, que non presentan variación
de forma en relación coa categoría de persoa. É o resultado da contracción: cada + un + posesivo
de 3ª persoa: cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas. Ex: déronnos (a) cadanseu libro; foron
miña nai e mais ela, e colleron (a) cadansúa peza de pan; compraron (a) cadanseus zapatos.
O distributivo nunca vai ao final da frase.
EX: NON: Eles mercaron unha chaqueta cadansúa
SI: Eles mercaron cadansúa chaqueta.
O distributivo conxuga en xénero e número co posuído, non co posuidor.
EX: Elas teñen *cadansúa xoguete / cadanseu xoguete.

2. Posesivo de propiedade exclusiva ou absoluta.


Constrúese co sintagma: DE + posesivo masculino singular, e é invariable en xénero e
número:

Gramática da Lingua Galega 34


Persoa
Singular 1ª De meu
Singular 2ª De teu
Singular 3ª De seu
Plural 1ª De noso
Plural 2ª De voso
Plural 3ª De seu

EXS: Eu teño bicicleta de meu (da miña propiedade); Vós tedes casa de voso.
Estas formas poden asumir tamén outros valores diferentes aos posesivos:
-Co valor de “Por propia natureza”. EXS: Eses queixos son acedos de seu; Eu son optimista de meu
-Co valor de “Por si mesmo”. EXS: Este edificio caeu de seu ou foi derrubado?

3. Valores especiais dos posesivos.


● Valor afectivo: EX: Como está a nosa ría?
● Valor substantivo (= “a miña familia”). EX: Volveu para visitar os seus.
● Valor de proceso ou feito habitual. EX: Xa lle deu o seu ataque.
● Valor substantivo (= “o que é propio ou natural en…”) EX: A pesca é o seu, o meu é cazar.
● Valor substantivo (= “o que acostuma facer ou dicir alguén…”). EX: Armou unha das súas.
● Valor substantivo (= “a miña parte; o que me corresponde”). EX: Eu xa traballei o meu, agora fai
ti o teu.
● Valor cuantitativo adverbial (= “bastante; en boa cantidade”). EX: Aínda que dicías que non tiñas
sede, bebiches o teu.
● Valor vocativo. EX: ¡Escoita, meu! Como dis esa parvada?

O posesivo (en feminino singular), con certas locucións ou adverbios de lugar, pode
substituír o complemento formado polo sintagma: DE + PRONOME PERSOAL
EXS: diante de min = diante miña
enriba del = enriba súa
detrás de nós = detrás nosa

Gramática da Lingua Galega 35


TEMA 8
PRONOMES PERSOAIS:

1. Serie Tónica.
Número Suxeito Formas oblícuas
Libres Ligadas
Persoa
Non reflex. Reflex. Non reflex. Reflex.
Singular 1ª eu min comigo
2ª ti contigo
3ª el, ela si ………… consigo
Plural 1ª nós, nosoutros/as connosco
2ª vós, vosoutros/as convosco
3ª eles, elas si ………….. consigo

Formas de cortesía na 2ª persoa: VOSTEDE/ES esixen verbo en primeira ou sexta persoa


respectivamente.

1.1. O pronome tónico EL tamén se usa como neutro nunha serie de usos especiais con valores
anafóricos e catafóricos. A forma el tamén se utiliza como neutro en construcións coma: el é certo
que chegaron ricos de Australia; el é verdade que fostes andando aos Ancares?

1-Equivalente a ISO sen manter concordancia: El era unha caixa baleira.


2-Con estruturas de Predicado impersoais: El haberá un mes que non o vexo
3-Como reforzo interrogativo: El é verdade que fostes andando até O Courel?
4-Con valor expletivo como apoio da narración co significado de “a cousa é que”: E el cando
eu rematei de falar, apareceron os invitados.

1.2. Para a 3ª persoa había unha forma neutra: ELO, arcaísmo inusual no galego moderno. Aínda que
mal usada hoxe como calco do castelán ELLO, si que é unha forma xenuinamente galega que se
constata xa no galego medieval: “Marauillouse moito delo”. “Darme edes rresposta et consello a elo (da
Crónica Troiana). Hoxe só aparece en expresións fixas como: Estar a elo. Os seus usos primitivos
foron asumidos polo pronome persoal masculino e polos demostrativos neutros.

1.3. Na primeira e segunda persoas de plural utilízanse como formas non marcadas, polo tanto
válidas en todos os contextos, nós e vós. Ao lado delas existen tamén nosoutros, nosoutras e
vosoutros, vosoutras, aínda que cun significado específico oposto ao das outras, que desde a orixe
se mantén aínda en grandes zonas do territorio lingüístico galego. Nosoutros e vosoutros delimitan
un grupo, establecido no contexto ou coñecido polo interlocutor, deixando fóra dese plural (“ eu e
mais estoutros”, “ti e mais esoutros”) a todos os que non pertenzan a el; nós e vós, en troques, non
establecen ningunha delimitación con respecto aos demais (imos repartir o traballo: vosoutros
tallades o papel e vosoutros preparades o debuxo; nosoutras non pensamos coma el).

Gramática da Lingua Galega 36


Contracción das preposicións EN e DE co pronome persoal de 3ª persoa:

Pronome
EL ELA ELES ELAS
Preposición
EN nel nela neles nelas
DE del dela deles delas

Estas contraccións non se usan cando a preposición non afecta directamente ao pronome.
EX: De eles chegaren a tempo, imos todos xuntos. (De chegaren a tempo eles, imos todos xuntos)

2. Serie átona.

non reflexivo
persoa e xénero dat. acus reflex.
1ª me
2ª che te
3ª masc. lle o, lo, no se
fem. a, la, na
4ª nos
5ª vos
6ª masc. lles os, los, nos se
fem. as, las, nas

2.1. As formas de C.D. de 3ª persoa lo/la/los/las aparecen:


-Despois de forma verbal rematada en –R ou en –S. EXS: Collelos (coller + los). Chamalos
(chamar + los); Sábela (sabes + la). Deixármolos (deixarmos + los)
-Tras as formas EIS e U. EXS: E os libros dos que falabas, ulos? (u+los); Eilos (Eis + los)
-Tras o pronome persoal átono rematado en –S. EXS: Eu contéillelo (Conteilles + lo); Devéuvolo
permitir (deveuvos + lo)

2.2. As formas de C.D. de 3ª persoa no/na/nos/nas úsanse:


Despois de forma verbal rematada en ditongo decrecente. EXS: El limpouno. Ela colleuno. El
foino buscar alá.

2.3. Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se).


- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O
can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais . Antón
e Helena quérense. Irea e Sara mándanse SMS.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo . Raquel
queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.

Gramática da Lingua Galega 37


2.4. Contraccións dos pronomes de CI cos de CD de 3ª persoa:
acus. o/lo a/la os/los as/las
dat.
me mo ma mos mas
che cho cha chos chas
lle llo lla llos llas
nos nolo nola nolos nolas
vos volo vola volos volas
lles llelo llela llelos llelas

EXS: Os rapaces deron caramelos aos amigos os rapaces déronllelos


Os rapaces deron caramelos ao amigo os rapaces déronllos

2.5. Pronome ou dativo de solidariedade.


Úsase cando o emisor quere influír emocionalmente no oínte amosando afectividade ou
confianza. Vai dirixido ao interlocutor e, polo tanto, só se usa a 2ª persoa (CHE) ou 5· (VOS), e
para a cortesía a 3ª persoa (LLE) ou 6· (LLES).
EXS: Non (che) lles dixo nada aos rapaces / Non lles dixo nada aos rapaces
Sendo así non (lle = cortesía) é tan mala a cousa. / Sendo así non é tan mala cousa

Obsérvese, nos exemplos anteriores, que se o quitamos da oración esta non


cambia para nada o seu sentido, só perde confianza e afectividade.

2.6. Pronome ou dativo de interese.


É un pronome que indica a persoa que intervén na acción porque dela recibe proveito ou
dano. As súas formas son "me" (P1) e "nos" (P4). Formas: ME/CHE/LLE; NOS/VOS/LLES.
É compatible co CI e tamén co Dativo de Solidariedade, e tamén se se elimina da oración
esta non altera o seu significado.

Sen dativo de interese Con dativo de interese

Meu fillo aprobou moitas materias Meu fillo aproboume moitas materias

Meu fillo non aprobou moitas materias Meu fillo non nos aprobou moitas materias

2.7. Dativo posesivo ou simpatético:


É o pronome persoal en función de CI que sinala relacións de posesión, pero sen aludilas de
xeito directo:
-referidas a obxectos persoais: Perdínlle a carteira (Perdín a súa carteira)
-referidas a parentesco: Ese que ves aí, éme fillo (é meu fillo)
-referidas a partes do corpo: Tocouche os pés (Tocou os teus pés).

2.8. Formas especiais.


Aínda que o pronome tónico é o que adoita facer a función de suxeito, existen no galego
construcións (algo anómalas) do tipo:
Aí a vén Aquí o está (nelas o pronome átono subliñado é o suxeito).

Gramática da Lingua Galega 38


2.9. Normas de colocación do pronome átono na frase.
Os pronomes átonos, ao careceren de acento propio (de independencia ou significado
propio) buscan o apoio nas palabras tónicas próximas, sobre todo no verbo, do que é complemento
directo ou indirecto. Deste apoio é do cal vai depender a posición do pronome átono na frase.

2.9.1. O pronome átono xamais inicia unha frase:


EX: NON: Lle dás o bolígrafo. / SI: Dáslle o bolígrafo.
2.9.2. Nas oracións simples, nas coordinadas ou de rango semellante á principal ou simple, e
nas principais das compostas, o pronome átono vai enclítico (posposto ao verbo e unido a el sempre
sen guión).
EXS: Cóntalle o que queiras. Coñéceo ben.

EXCEPCIÓNS: Pero en contra deste principio xeral o pronome átono vai proclítico (antes do verbo
e non unido a el) nos seguintes casos:

● Se a oración é negativa ou vai introducida por unha conxunción ou un adverbio negativos:


EXS: Ninguén o desexaba (NON: Ninguén desexábao)
Xamais lle mandou facer iso (NON: Xamais mandoulle facer iso)
● Se a oración vai introducida por un adverbio:
EXS: Sempre me falas igual
Xa llo dixeron onte
Axiña o atoparemos na rúa
Mentres cho teñan eles, todo vai ben.
OLLO: Porén, existen algúns adverbios e locucións adverbiais (maiormente de tempo e lugar
e tamén algúns de modo) que permiten que o pronome átono vaia enclítico (despois do verbo)
ou proclítico (antes do verbo).
- De tempo: antonte, antano, onte, hogano, hoxe, antes, agora, daquela, despois, entón,…
- De lugar: diante, dentro, atrás, fóra, enriba, debaixo, lonxe, preto, aquí, alí, aí,…
- De modo: de golpe, de súpeto, amodo, ao cabo, …

EXS: Mañá cho teño ou mañá téñocho


Alí o buscaron ou alí buscárono.
● Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás.
Cando o precede unha preposición.

Pronome ben colocado

Para dicirlle iso cómpre valor

Para lle dicir iso cómpre valor

Cos adverbios en –mente pode ir antes ou despois, segundo admitan ou non pausa despois
deles:
EXS: Normalmente cóllese polas patas
Seguramente lle dean o premio
Unicamente as quere coller

Gramática da Lingua Galega 39


Se a oración vai introducida por un interrogativo ou exclamativo:
EXS: Onde o colleches? Como o ama a súa nai!

● Se vai despois dalgúns pronomes indefinidos como: Algo, alguén, bastante, calquera, ambos,
entrambos, mesmo nada, todo(s).
EXS: Todos o aman. Bastante cho teño dito. Calquera llo di agora.
OLLO: Normalmente posponse con algún(s), un(s), varios, outro(s), moitos, os demais, porque
se con estes indefinidos poñemos o pronome átono proclítico a frase queda enfatizada e
varía a súa significación:
EXS: Outros apréciano máis. Algún comprouno antes.
Outro llo comentará, non teñas medo.
Algún che regalaría, se non non irías onde el.
● Se a oración é desiderativa ou ponderativa:
EXS: Mala chispa te coma! Así de fermosa che é!
Está claro que isto non sucede se a oración comeza co verbo:
EXS: Lévete o demo! Preguntáchelo ti, non!

2.9.3. Nas proposicións subordinadas o pronome átono vai sempre proclítico (antes do
verbo):
EXS: Díxenlle que o collese (que o collese)
Que entre cando o deixen (cando o deixen)
Non me importa se o colle (se o collen)
Como o faga non me interesa (como o faga)

OLLO: Se entre a partícula subordinativa e o pronome hai un inciso, unha pausa, unha
palabra, etc., pode ir enclítico:
EXS: Xa sei que llo tes atado.
Xa sei que, aínda sen querelo, tesllo atado. (Llo vai enclítico).
Xa sei que, aínda sen querelo, llo tes atado.

2.9.4. Nas perífrases verbais (agás as de participio) ou cando aparece un verbo conxugado
seguido dun infinitivo ou dun xerundio, o pronome átono pode ir detrás do 1º verbo ou detrás do 2º
verbo:
EXS: Quéroo mercar. Quero mercalo.
Ándao arranxando. Anda arranxándoo.
PERO: Ninguén desexa mercalo. Ninguén o desexa mercar.
NON: Ninguén deséxao mercar.

● Se a perífrase verbal é de infinitivo e ten tres elementos (é dicir, un relacionante entre os


dous verbos), a posición do pronome átono é tripla:
EXS: Tes que collelo. Tes que o coller. Telo que coller.
Haino que facer. Hai que facelo. Hai que o facer.
PERO: Tamén, coma no caso anterior das perífrase sen relacionante, se algún elemento
altera a colocación, esta só afecta ao elemento máis próximo a el:
EXS: Aínda o temos que coller.
Aínda temos que collelo.
Aínda temos que o coller.
NON: Aínda témolo que coller.

Gramática da Lingua Galega 40


EXERCICIOS
1. Di o valor dos demostrativos nestas frases:
Ten un aquel que namora.
Co aquel da festa non foi á clase.
Esa saída graciosa si que ten aquel.
Sempre tratou os libros con moita aquela.
Ese filme non ten aquela ningunha.
Hai que ver con que aquela trata o mozo.
É bo rapaz, mais ten unha aquela que o fai moi feo.
Coa aquela do accidente quedaron todos apesarados.
O individuo ese non me engana a min.
Iso non é un mozo, é un farrapo.
Daquela aínda ti eras pequena.
Cando veu daquela, estábache mellor conservado.
Daquela déixocho na conserxería.
E con estas, esfumouse en cuestión de segundos.
Nisto deixou de chover e saíu o “Lourenzo” todo esplendoroso.
Nestas entra a directora de moi mal xenio.
Conta o que che pasou daquela.
Daquela imos hoxe ao teatro, ver unha versión de O lapis do carpinteiro.
Co aquel do partido do Celta saíron antes da hora.
Véxolle pouca aquela a esta programación.
Con que aquel me contaba as súas aventuras en África!
Non o vas conseguir nin por esas!
Esa si que che foi boa, cóntalla a outro!
E ti agora vésme con estas, anda, vai rañar a barriga por aí!

2. Indica os valores dos posesivos nestas frases.


O certo é que o barco afundiu de seu.
Levei unha boa malleira, pero eles tamén levaron o seu.
Cadaquén recibirá cadanseu agasallo polo Nadal.
Este tipo de viños son acedos de seu.
Acolá, nas Cíes, temos ancorado un veleiro de noso.
A ver ¡meu!, ensíname esa alfaia que levas ao pescozo.
Eu aos meus quérolles como todo o mundo quere aos seus.
Velaí vén Carliños cun dos seus tics.
O meu é xogar ao fútbol e o deles é xogar ao tenis.
Esta nosa paisaxe xa non é a que era.

3. Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra. Coloca o pronome átono no
lugar adecuado
Sirve o caldo aos teus irmáns.
Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.
Di a verdade a estes homes.
Tróuxolles un regalo ben bonito.
Ensinou ós alumnos todo canto sabía.
Darei a ela todo canto me pidas.
A vostede non lle quero esas nabizas.
Quen dera este pastel a elas!
Non fagas ese feo a el.
Hei dar a elas todo o meu.

Gramática da Lingua Galega 41


4. Nestas frases substitúe o subliñado por pronomes persoais tónicos:
- Pois aquel home ten que ser o representante dos Siniestro Total.
- O adestrador pediu tempo morto para que Xoán entrase.
- Breixo agora aínda estuda máis que os seus compañeiros.
- Tamén os máis mozos temos que axudar na mellora do país.
- Aquí deixou Alba os libros para Xaquín e mais a súa moza.
- Xoán, Neves e mais Brais tedes que facerlle o traballo a Pedro.

5. Realiza cos seguintes supostos o mesmo que se fai no exemplo:


EX: TI + ELES = VÓS

Ti + eu = Nós + ti =

Elas + ti = Eu + vós =

(Vós - ti) + (ela +ela) = Ti + (El + el + ela) =

Eles + vostede = (Ti + ela) + (eu + ti) =

Eles + elas = Nós - eu =

Nós – ti = Vostede + eu =

Eles + nós = Eu + ti =

6. Introduce TE ou CHE nas seguintes frases:


- Apareceu a alfaia?
-Vin no mercado
-Chamaron por teléfono.
-Vin o teu coche.
-Mañá mando un agasallo.
-Xa verás como canto unha canción.
-Teño que contar a verdade de contado.
-Non axudei nin axudarei.
-Aquel fulano chamou a atención.
-Por que ris de min se non estou facendo rir?

7. Substitúe CD e CI na nova frase:


Eu collín o coche aos meu pais
Brais rachou o traxe á súa irmá
Ninguén colleu o libro aos amigos
Seica cantou cancións ao curmán
Non vos atopei ese xoguete
Quero mirar o teu libro novo
Colle o disco de Manolo para min
Non recites poemas aos meus pais
Nunca traias caramelos para min
Disque Iria manchou o traxe de Lúa

8. Substitúe pola forma do posesivo que cumpra en cada caso:


Na viaxe vou detrás (de vós) _____ que non coñezo ben a estrada
Plantouse diante (del) _____ e non a deixaba marchar

Gramática da Lingua Galega 42


Está xusto detrás (de ti) _____. Non o ves?
Podes pasar diante (de min) _____ que eu non levo présa
Carme quere ter todos os fillos arredor (del) _____ polo Nadal
Detrás (de nós) _____ virán outros peores
Que grande está o (de vós) _____ fillo!
Podes pasar pola (de min) _____ casa esta noite?
Onde aparcaron (de vós) _____ coche?
9. Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a negación, a
entoación e se a oración é simple ou composta.
Que cousas ……… dixo ………! (lle)
Como ………… puxo …………! (se)
Non ………… fagas …………iso. (nos)
Moito ………… repetín ………, pero nunca …… fixo …… caso. (llo, me)
Di ……… a verdade, que eles ……… queren ……… ben. (lles, te)
Nunca …… dixo ……… nada que …… molestase ………(lles, os)
Mal raio ……… parta ………! Eu non ……… aturo ……. (te, te)
Ninguén ……… fará ………… cambiar de opinión. (me)
Ningunha compensación …………… resarciría ……… desa perda. (vos)
Ningún dos amigos ……… abandonou ……… naquel transo. (a)
Eses ovos ……… facían ……… unha boa tortilla. (che)
Non ……… me ……… gorentan ……… os doces. (che)
Señores, eses ……… son ………… perigosos. (lles)
Señora, ………… son ………… ben bos estes grelos. (lle)
Todo ………… foi ……… un invento dela. (che)

10. Localiza e analiza todos os pronomes persoais que hai no texto:


" Vou morrer meu vello amigo, e máis confío en ti ca en ninguén da miña xente. Xúrame no meu leito de
morte que non te afastarás da miña filla e que a coidarás e lle axudarás como pai nesta terra en que os homes só
pensan en si. Pensa que, morto eu, os meus veciños, que se cadra me temían algo de vivo, vanse botar coma cans
sobre a miña casa para usurpala. Gárdaa ti para a miña filla, e selle pai e non titor cando eu falte, que axiña o ha de
ser."

11. Subliña os posesivos e demostrativos (diferenciando cada un deles) e indica o seu valor:
- Este frigorífico hache custar as súas 80.000 pesetas.
- Cando teña casa de seu, daquela non volverá facer das súas.
- Haberá os seus sete días que lles dixen ós meus que non falaran con eses, pero responderon con moito aquel que
me metese nos meus asuntos.
- Xoán xa ten coche de seu. Custoulle as súas 800.000 pesetas.
- O meu non é o baile, daquela marcho para a casa.
- A cadela aínda que non é de raza, ten o seu aquel.
- Daquela aínda non xogaba as súas partidas de cartas.

12. Corrixe os erros das oracións seguintes.


Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome.
Non che vin onte no cine.
Non se o prestes, que mérqueo ela.
Dime quen che o fixo.
Me verás ou non me verás.
Vos tedes que ir de contado.
Paréceme que estaste metendo de máis.
Díxolles que axudaríaos.
Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo.
Os acabei, os exercicios, por fin!

Gramática da Lingua Galega 43


TEMA 9
CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES:
Os cuantificadores son adxectivos (ou pronomes) que serven para indicar cantidade e tamén
identidade. Se a cuantificación que realizan é exacta falaremos de numerais, e se é inexacta
falaremos de indefinidos.

1. Os indefinidos:

INVARIABÉIS VARIABÉIS
alguén, algún, algunha, algúns, algunhas
algo, ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
cadaquén (= cada persoa, todo o mundo) un, unha, uns, unhas
calquera, varios, varias,
quenquera (= calquera persoa; vai seguido dunha pouco, pouca, poucos, poucas,
oración de relativo: “Quenquera que…”) bastante, bastantes
cada (valor distributivo) abondo, abonda, abondos, abondas
ninguén, moito, moita, moitos, moitas,
nada, demasiado(s), demasiada(s),
ren ou res (= nada, referido a algo tanxible. É un tanto, tanta, tantos, tantas,
arcaísmo) todo, toda, todos, todas
demais, certo, certa, certos, certas,
máis, tal, tales
menos, propio, propia, propios, propias,
mesmo, mesma, mesmos, mesmas,
o demais, a demais, os demais, as demais,
determinado(s), determinada(s),
outro, outra, outros, outras,
tanto, tanta, tantos, tantas,
ambos, ambas, entrambos, entrambas,
os máis, as máis,

1.1. Contraccións dos indefinidos:


Na escrita só contraen algunhas formas variables, pero as invariables non contraen.

ALGÚN OUTRO UN
dalgún doutro dun
dalgunha doutra dunha
DE dalgúns doutros duns
dalgunhas doutras dunhas
nalgún noutro nun
EN nalgunha noutra nunha
nalgúns noutros nuns
nalgunhas noutras nunhas

Gramática da Lingua Galega 44


● Con ALGUÉN e ALGO (invariabeis) non se marca a contracción con DE e con EN na escrita.
EXS: (MAL): Ese coche debe ser dalguén. Nalgo teremos razón.

● O indefinido UN/UNHA/UNS/UNHAS:
- En función pronominal non contrae coa preposición CON:
EX: El colabora con unha que é de Seixo. Cada mañá ía ao traballo con uns, nunca ía cos mesmos
compañeiros.
- Cando actúa como adxectivo presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado:
EX: Falounos duns asuntos que nós non coñeciamos.
- Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións
De e EN.
EXS: Están sempre a falar mal dun. A resposta está nun mesmo.

2. Os numerais:
O valor semántico dos pronomes/adxectivos numerais é indicar cantidade, a orde nunha
sucesión ou calquera tipo de cuantificación.
Poden facer funcións de adxectivo e, en moitos casos, constitúen o Determinante dunha
frase nominal.
EXS: Abran o dicionario pola décima páxina.
O atleta entrou no undécimo posto.
Hai tres solucións para este problema.
Poden substantivarse (asumindo función de núcleo) e así constitúen pronomes numerais.
EXS: O primeiro que chegue terá unha recompensa.
Só quedaron oito no campo, tres foron expulsados polo árbitro.

2.1. Cardinais:
Desde a normativa do 2003, agora tamén entre vinte e trinta se escriben separados: vinte
e un, vinte e seis, etc. (Pero contraen ao pronuncialos).
Cento, millón, billón, trillón, aínda que expresan número, funcionan como substantivos, igual que
ducia, decena, centena.
Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira
ca os artigos indeterminados. Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas
preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s),
unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda.

2.2. Ordinais:
Indican a orde de sucesión nunha serie. Todos admiten morfemas de xénero e número e nas
formas compostas se aplican ao último elemento: Quedamos trixésimo primeiras.
OLLO: sétimo e oitavo (NON séptimo e octavo). (Son patrimoniais).
Décimo sétimo e décimo oitavo.
PERO: septuaxésimo e octoxésimo. (Son cultismos).

Outras formas cultas:


Undécimo ou décimo primeiro
Duodécimo ou décimo segundo.
Vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo,
nonaxésimo, centésimo, milésimo, millonésimo.

Gramática da Lingua Galega 45


ÚLTIMO e DERRADEIRO indican a posición final dunha serie, pero non son totalmente
equivalentes: derradeiro significa o último dunha serie pechada, que non vai haber máis.
EX: Foi o seu derradeiro suspiro.

2.3. Multiplicativos:
Sinalan o produto de repetir un número (o multiplicando) tantas veces como unidades
contén outro (o multiplicador).

Dobre, duplo, dupla Séptuplo, séptupla (cultismos)


Triplo, tripla Óctuplo, óctupla (cultismos)
Cuádruplo, cuádrupla Nónuplo, nónupla
Quíntuplo, quíntupla Décuplo, décupla
Séxtuplo, séxtupla Céntuplo, céntupla.

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces: EX:


Gañou esta competición trinta veces.

2.4. Partitivos:
Indican a diminución proporcional dunha cantidade, a súa división en partes. Expresan, pois,
unha fracción numérica (1/2; 1/8; 1/99; etc). A partir de 1/11 (agás 1/100, 1/1000, 1/1.000.000) o
partitivo constrúese engadindo ao cardinal o sufixo –avo:

1/2 Medio/media, metade 1/11 Onceavo/onceava


1/3 Terzo/terza 1/12 Doceavo/doceava
1/7 Sétimo/sétima (patrimoniais) 1/100 Centésimo/centésima
1/8 Oitavo/oitava (patrimoniais) 1/1000 Milésimo/milésima
1/1.000.000 Millonésimo/millonésima

EXS: 1/16 = un dezaseisavo.


2/29 = dous vinte e noveavos
7/345 = sete trescentos corenta e cincoavos.

OLLO: O partitivo metade é un substantivo. Hai partitivos en orixe que hoxe son tamén de
uso común como substantivos
EXS: Un décimo de lotería. O peixe mide unha cuarta. Unha oitava. O quiñón.

2.5. Colectivos:
Indican un conxunto con número exactamente determinado de elementos.
EXS: par, parella, decena, ducia, quincena, vintena, cento, centena, milleiro, milleiros e millenta (cantidade
elevada e aproximada).
Tamén hai moitos substantivos con valor colectivo:
EXS: dúo, trío, cuarteto, quinteto, semana, mes, lustro, século, decenio/década, milenio, corentena,
novena, quincena, osteto, octano…

Gramática da Lingua Galega 46


2.6. Relativos, interrogativos e exclamativos
Para o relativo e interrogativo ou exclamativo o galego ten catro formas: dúas sen variación
de xénero e número, que e quen; outra que admite morfema de plural, cal (pl. cales); e outra que
pode ter morfemas de xénero e número, canto (canta, cantos, cantas). Existe ademais un relativo
posesivo cuxo, que presenta flexión de xénero e número (cuxa, cuxos, cuxas).
Aínda que na lingua popular o relativo cuxo non ten uso, a lingua culta moderna recuperouno
a partir da forma medieval cujo.

EXERCICIOS:
1. Pon en letra as seguintes cifras:
2.486.842 lentellas
725.360 liras
57ª praza
532.217 euros
27. 382 pesetas
79ª aniversario
98ª edición.
12/48 = 6/24 = 3/12 = 1/4
16º lugar
37.000.259 dólares
28.711.232 cereixas
1/7 de pastel
22.765.901 marcos

2. Corrixe estas frases:


-Un entrou no séptimo posto da clasificación e o outro no octavo posto.
-Quedei na setuaxésima praza da oposición e miña irmá na oitoxésima.
-Os afeccionados ateigamos a bancada treceava do pavillón de deportes.
-O teu obxectivo só consiste en conseguir a praza vinte na competición.
-O día vintetrés celebramos o vintecinco aniversario do Colexio.
-No andar vintenoveavo está o restaurante deste rañaceos.
-Ese alumno vai de número un no torneo de xadrez da Escola.
-Cando subas ao andar catorce do edificio non mires para abaixo.

3. Encher os ocos usando os indefinidos mesmo, propio, tal, demasiado, ambos, algún, ningún,
alguén, ninguén, calquera, cadaquén, quenquera, outro, certo
................... que te vise, diría que vas espido.
Foron as ....................... que da outra vez.
Contra ese mal non hai .................... solución.
Traballar para ... é máis custoso que ter un traballo ..........................
....................... cho contaría, que ti non o sabías.
Viñeron ...............dúas con ........................ amigas.
De ......................... persoas non se pode un fiar.
............................ que fose, ía laiándose coma un can.
................ ten que apandar coas súas obrigas, ou como din ........................ coa súa cruz.
En ....................... sitios chove máis que en ..........................
Vén por aquí .............................. persoa que non é do meu agrado.

Gramática da Lingua Galega 47


Non podemos dubidar da inocencia dos dous oficiais, ...................... foron vistos a esa hora.
Cando atacou o inimigo, o pánico foi ............................ que ................................ ata perderon os zapatos.
Ía ............................. frío para poder espirse na praia.
....................... parece culpábel, mais ten que ser .................. dese grupo.
En ......................... tenda venderancho polo .................. prezo.
Vinme negro, alí non había .................................... pistas a xeito para aterrar.
............................... que fose vai quedar sen castigo.
............................. pague o que lle corresponder, que sempre hai ............................. que intenta librar.

4. Completar as seguintes frases usando numerais ou substantivos colectivos


16 é o ............... de 8
9 é o ............................. de 3.
Teño un ....................... de zapatos do trinque.
Non votou o 58% por cento do censo, logo abstívose case a ............. dos electores.
Moitos ............................... de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.
Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o ....................
Os gardas civís e as monxas antes andaban por .......................
Tiña un rabaño de varios ................................ de ovellas, preto das 7.000.
Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha ........................
Chámase ............................. a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle ...........
Os ovos soen venderse por ...........................
Chámaselle ........................... a un período de 15 días e ... a un período de 5 anos.
Un período de 10 anos denomínase ........................ e o de 1.000 .....................
Un período de 40 días recibe o nome de ....................................
Unha área é a ................................... parte dunha hectárea.

5. Encher os ocos coas formas QUE, QUEN, CAL, ONDE, ULO, CANTO
Eles non son ....................... de dicirche iso.
Os .......................... queiran, que marchen xa.
......................... che inventou ese alcume?
A ........................... lle vén tanta saña?
...................... hai fume, hai lume.
Deixaches aí o reloxo, mais .......................?
................................. labarada da que me falaches? Eu non vexo nada.
As angueiras son as .......................... acaban con ela.
Boteille ese resolio na mancadela, o ................... produciu aínda máis proído.
............................. era o .......................... estaba axexando?
Construíron un xardín ......................... dá xenio velo, o .............................. é bastante raro nesta cidade.
Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co ............................. xa non andará por aí de buraco en buraco.
Non eran eles ......................... andaban roufeñando toda a noite.
De .............................. viñas onte a aquelas horas da noite?
Vendeu ...................... lle deixaron os pais.
................... froita que mercaches?
Todos os días leo un bo anaco, o ................. mellora a miña formación.
Estou moi nervioso, o ................... non é nada bo.
.................................... pasaxeiros van nese avión?
Baixou á cociña, ........................................... colleu a botella de auga.

Gramática da Lingua Galega 48


TEMA 10
VERBO
1. Estrutura das formas verbais:
RAÍZ (R) VOGAL MORFEMA MORFEMA (MNP)
TEMÁTICA (VT) MODO TEMPO (MMT) NÚMERO PERSOA

*Significado * Conxugación: * Formas finitas * Concordancia


CI (en forma persoal):
* Indica se o CII Indicativo * Persoas e número:
verbo é: CIII Subxuntivo P1 P2 P3
Regular Imperativo P4 P5 P6
Irregular (Infinitivo persoal)
Semirregular
* Formas infinitas:
Infinitivo
Xerundio
Participio

*Aspecto:
-Perfectivo
-Imperfectivo

2. Sistema verbal:
MODO INFINITIVO MODO SUBXUNTIVO:
Presente Presente
Pretérito Perfecto (ou pretérito de Indicativo) Imperfecto (ou pretérito)
Imperfecto (ou copretérito) Futuro
Pluscuamperfecto (ou antepretérito)
Futuro Hipotético (ou pospretérito)
Futuro OLLO: (Infinitivo Conxugado)
IMPERATIVO: FORMAS INFINITAS:
Presente Infinitivo
Xerundio
Participio

3. No sistema verbal galego distínguense dous temas:


3.1. Tema de perfecto:
(os verbos irregulares é nestes 4 tempos onde soen ter unha raíz irregular, é dicir distinta
da que presentan no infinitivo):

Gramática da Lingua Galega 49


Pret. Perfecto (Indicativo) Imperfecto de Subxuntivo
Pluscuamperfecto (Indicativo) Futuro de Subxuntivo

3.2. Tema de presenta: Todos os demais tempos.

4. Observacións
4.1. Alteracións gráficas
Hai algunhas alteracións gráficas reguladas polas leis de distribución de grafemas: c/qu,
g/gu e z/c alternan na representación gráfica da raíz do verbo segundo que a vogal que siga sexa
a, o ou e, i respectivamente:
(sacar) saco, sacas / saque,
(delinquir) delinco, delinca / delinque, delinquía,
(segar) sego, segas / segue,
(erguer) ergo, erga / ergue, erguía,
(cazar) cazo, cazas / cace,
(cocer) cozo, coza / coce, cocía.

4.2. Asimilacións
● A primeira persoa de plural perde o -s cando leva enclítico o pronome nos: vémonos.
● Cando unha forma verbal rematada en -s ou en -r vai seguida polos pronomes lo, la, los, las,
elimínanse, por asimilación total, o -s e o -r: cantar lo > cantalo, cantas la > cántala.
● Cando a forma verbal remata en -n, estas variantes convertéronse en no, na, nos, nas, e a
secuencia nn simplificouse: comeron las > coméronnas > coméronas.

4.3. Verbos en -cer e -cir


Os verbos en -cer (menos facer e derivados) e en -cir (menos dicir e derivados) son
completamente regulares (a menos que teñan algunha das alternancias vocálicas de que se falará
máis adiante.

4.4. Valor dos tempos e modos


4.4.1. O MODO: Expresa a actitude do falante con relación á acción verbal
Indicativo: feito real, obxectivo
Subxuntivo: feito como posible, como desexo ou mandato atenuado; tamén dúbida, emoción,
temor, etc.
Imperativo: feito como mandato atenuado ou orde

4.4.2. O TEMPO: o tempo é expresado tamén polos adverbios...


Presente de Indicativo. Coincidencia co momento actual
* Presente habitual: acción frecuente
* Presente histórico ou narrativo: sucesos do pasado
* Presente intemporal: verdades permanentes
* Presente prospectivo: certeza no futuro
* Presente imperativo: mandado atenuado

Copretérito (pretérito imperfecto) de indicativo. Coincidencia cun momento do pasado (un


adverbio ou outro verbo)

Gramática da Lingua Galega 50


* Copretérito narrativo: nos contos, historias...
* Copretérito de cortesía
* Copretérito con valor de futuro (desde o pasado)

Pretérito (pretérito perfecto). Un feito pasado máis ou menos afastado (non precisa
referente)
* Valor imperativo.
* Pretérito de futuro: acción futura que se realizará axiña

Antepretérito (pretérito pluscuamperfecto). Un feito pasado con relación a outro tamén


pasado -non con respecto ao momento actual-.

Futuro de Indicativo. Feito que aínda non sucedeu no momento actual


* Incerteza, posibilidade
* Obrigatoriedade
* Cortesía

Pospretérito (Condicional / futuro hipotético). Feito futuro con relación a un tempo pasado
* Incerteza no pasado.
* Cortesía

Presente de Subxuntivo. Coincidencia co momento actual ou co futuro

Pretérito (imperfecto) de subxuntivo. Tempo pasado, presente (feito irreal) ou futuro


(referente ao pasado)

5. Paradigma verbo regular.


1ª conxugación 2ªconxugación 3ªconxugación
tema suf.flexio. tema suf.flexio. tema suf.flexio.
Rad VT SMT SNP Rad VT SMT SNP Rad VT SMT SNP
PRESENTE DE INDICATIVO
and o tem o part o
and a s tem e s part e s
and a tem e part e
and a mos tem e mos part i mos
and a des tem e des part i des
and a n tem e n part e n
COPRETÉRITO (pretérito imperfecto) DE INDICATIVO
and a ba tem í a part í a
and a ba s tem í a s part í a s
and a ba tem í a part í a
and a ba mos tem i a mos part i a mos
and a ba des tem i a des part i a des
and a ba n tem í a n part í a n
PRETÉRITO (pretérito perfecto) DE INDICATIVO
and e i tem í n part í n
and a ches tem i ches part i ches
and o u tem e u part i u
and a mos tem e mos part i mos
and a stes tem e stes part i stes
and a ron tem e ron part i ron

Gramática da Lingua Galega 51


ANTEPRETÉRITO (pretérito pluscuamperfecto) DE INDICATIVO
and a ra tem e ra part i ra
and a ra s tem e ra s part i ra s
and a ra tem e ra part i ra
and a ra mos tem e ra mos part i ra mos
and a ra des tem e ra des part i ra des
and a ra n tem e ra n part i ra n
FUTURO DE INDICATIVO
and a re i tem e re i part i re i
and a rá s tem e rá s part i rá s
and a rá tem e rá part i rá
and a re mos tem e re mos part i re mos
and a re des tem e re des part i re des
and a rá n tem e rá n part i rá n
POSPRETÉRITO (condicional, futuro hipotético) DE INDICATIVO
and a ría tem e ría part i ría
and a ría s tem e ría s part i ría s
and a ría tem e ría part i ría
and a ria mos tem e ria mos part i ria mos
and a ria des tem e ria des part i ria des
and a ría n tem e ría n part i ría n
PRESENTE DE SUBXUNTIVO
and e tem a part a
and e s tem a s part a s
and e tem a part a
and e mos tem a mos part a mos
and e des tem a des part a des
and e n tem a n part a n
PRETÉRITO (pretérito imperfecto) DE SUBXUNTIVO
and a se tem e se part i se
and a se s tem e se s part i se s
and a se tem e se part i se
and á se mos tem é se mos part í se mos
and á se des tem é se des part í se des
and a se n tem e se n part i se n
FUTURO DE SUBXUNTIVO: No verbo regular igual que o infinitivo.
IMPERATIVO
and a tem e part e
and a de tem e de part i de
FORMAS NOMINAIS : INFINITIVO, XERUNDIO E PARTICIPIO
and a r tem e r part i r
and a r es tem e r es part i r es
and a r tem e r part i r
and a r mos tem e r mos part i r mos
and a r des tem e r des part i r des
and a r en tem e r en part i r en
and a ndo tem e ndo part i ndo
and a do tem i do part i do

5.1. Son regulares: os verbos acabados en -cer (menos facer), -cir (menos dicir):
nazo, parezo, aparezo, renazo, conduzo, reduzo, produzo ... (1 ª presente de indicativo)
naces, pareces, apareces, renaces, conduces, produces ... (2ª presente de indicativo)
naza, pareza, apareza, renaza, conduza, produza ... (1ª presente de subxuntivo)
nacín, parecín, reducín, producín, conducín ... (1º pretérito)
reduciras, conduciras, produciras ... (2ª antepretérito)

Gramática da Lingua Galega 52


5.2. Algúns verbos con futuro de indicativo e pospretérito regulares son: caber, haber, poder,
poñer/pór, querer, saber, saír, ter, valer, vir.
caberei, haberás, poderá , poñeremos/poremos, quereredes, saberán, terei, valerás, (futuro)
viría, caberiamos, haberiades, poderían, poñería/poría, querería, saberiamos, sairiades, terían, valerei,
virías ... (pospretérito)

5.3. Son da segunda conxugación, entre outros moitos, os seguintes verbos:


bater (combater, debater, rebater ...), correr (concorrer, escorrer, ocorrer, percorrer, transcorrer ...)
derreter, fender, ferver, render, rexer, romper (corromper, interromper, prorromper ...), verter (converter,
perverter ...), xemer
Mais: advertir, divertir, tusir... son da 3ª

5.4. . Verbos acabados en aer, oer, aír, oír.


Caer (decaer, recaer), choer, doer (condoer), moer (remoer), proer, roer (corroer), oír (desoír, entreoír),
saír (sobresaír), os derivados de traer (atraer, distraer...) etc., son regulares, pero intercalan un i sen
valor morfolóxico entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por o ou por a.

PRES. IND. COPRETÉR. PRETÉRITO PRES. SUBX. IMPERATIVO

caio caía caín caia


caes caías caíches caias cae
cae caía caeu caia
caemos caïamos caemos caiamos
caedes caïades caestes caiades caede
caen caían caeron caian

6. Verbos semirregulares: Verbos con alternancia vocálica no lexema.


6.1. Verbos con e como vogal final do lexema no infinitivo.
Estes verbos (advertir, servir etc.) poden presentar dous tipos de alternancia:
a) Hai un grupo que troca o e en i nas formas do presente de indicativo e
imperativo en que a raíz é tónica e, ademais, en todo o presente de subxuntivo:

Conforme ao modelo anterior conxúganse os seguintes verbos: adherir; advertir, divertir;


agredir, transgredir; conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir; competir, repetir; concernir,
discernir; espelir; espir; dixerir, inxerir, suxerir; inserir; medir; pedir e derivados; reflectir; vestir, investir,
revestir.
b) Hai outro grupo que presenta unha variación tripla no vocalismo da raíz: en posición
átona sempre e [e] (agás no presente de subxuntivo); en posición tónica hai e [ ] nas persoas 2ª,
3ª e 6ª do presente de indicativo e na persoa 1ª do presente de indicativo, na 2ª do imperativo e
en todo o presente de subxuntivo.
O mesmo paradigma é o dos
verbos ferir, mentir, sentir, seguir e dos
seus derivados e compostos: malferir;
desmentir; asentir, consentir, resentir,
conseguir, perseguir e proseguir (advírtase
que conferir, inferir etc. non son derivados
de ferir, senón que se remontan á base
latina -FERRE).

Gramática da Lingua Galega 53


6.2. Verbos con u como vogal final do lexema no infinitivo.
Os verbos que teñen u como vogal final do lexema no infinitivo (discutir, fuxir etc.) poden
presentar dúas posibilidades de conxugación:
a) Verbos do tipo discutir:
Hai verbos en u...ir (discutir, conducir etc.) que son completamente regulares e seguen o
modelo de partir.
Son os seguintes (a maioría deles de procedencia culta): argüír, asumir, atuír, -cluír (concluír, excluír,
incluír, recluír), -cumbir (incumbir, sucumbir...), cumprir ‘completar’, -cutir (discutir, percutir, repercutir...),
curtir, derruír, diluír, diminuír, -ducir (aducir, conducir, deducir, inducir, reducir, seducir, traducir...), embutir,
escapulir, esculpir, estatuír, gruñir, fluír e derivados (afluír, confluír, influír, refluír...), fulxir (e refulxir), fundir
(fundir ‘derreter’, afundir, confundir, difundir, infundir, refundir), imbuír, insurxir, -ludir (aludir, eludir), nutrir,
presumir, resumir, rustrir, -stituír (constituír, destituír, instituír, prostituír, reconstituír, restituír, substituír...),
-struír (construír, destruír, instruír, obstruír, reconstruír...), suplir, -tribuír (atribuír, contribuír, distribuír,
retribuír...), tupir e derivados (entupir, desentupir), unir e derivados (desunir, reunir), unxir, urxir, zurcir.
b) Verbos do tipo fuxir
Hai outro grupo de verbos en u...ir, menos numeroso, que presenta unha alternancia
tradicional u/o: [ ] nas persoas 2ª e 3ª e 6ª do presente de indicativo, [u] no resto do paradigma.
Conforme a este modelo, conxúganse tamén os seguintes verbos: acudir, bulir (e rebulir), cubrir e
derivados (descubrir, encubrir, recubrir), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fundir ‘render’, fuxir, lucir
e derivados (deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir), mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir,
sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir.
b.1.) Cumprir, fundir. Advírtase que estes verbos teñen cada un dúas acepcións ben
diferenciadas: cumprir ‘completar’ e ‘ser mester’; fundir ‘derreter’ e ‘render’ Só coas respectivas
segundas acepcións teñen alternancia.

PRES. IND. PRES. SUBX. IMPERATIVO

Fuxo fuxa
foxes [O] fuxas fuxe
foxe [O] fuxa
fuximos fuxamos
fuxides fuxades fuxide
foxen [O] fuxan

6.3. Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do lexema. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente
de indicativo presentan a vogal semiaberta:
bebo, bebes, bebe, bebemos, bebedes, beben
como, comes, come, comemos, comedes, comen

7. Verbos irregulares.
O tema verbal é a suma da Lexema e a vogal temática. Hai dous temas: o de perfecto
(encóntrase no pretérito de indicativo, antepretérito de indicativo, pretérito de subxuntivo e
futuro de subxuntivo) e o de presente (resto de tempos verbais). Os verbos irregulares son
aqueles que teñen diferente o tema de presente do tema de perfecto.

VERBO IRREGULAR TEMA TEMPOS VERBAIS

Tema de presente sabe sabemos, saberás,...

Pretérito de indicativo (ou perfecto) soube soubemos

Gramática da Lingua Galega 54


Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto) soube souberamos

pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo) soube soubésemos

futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo) soube soubermos

VERBO IRREGULAR TEMA TEMPOS VERBAIS

Tema de presente dici dicimos, diciamos,...

Pretérito de indicativo (ou perfecto) dixe dixemos

Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto) dixe dixeramos

pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo) dixe dixésemos

futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo) dixe dixermos

VERBO IRREGULAR TEMA TEMPOS VERBAIS

Tema de presente prace pracemos, pracerás,...

Pretérito de indicativo (ou perfecto) prougue prouguemos

Antepretérito de indicativo (ou pluscuamperfecto) prougue prougueramos

pretérito de subxuntivo (ou imperfecto de subxuntivo) prougue prouguésemos

futuro de subxuntivo (ou futuro de subxuntivo) prougue prouguermos

7.1. Paradigmas dos verbos irregulares:


● dicir, facer, poñer/pór, querer, traer
Pretérito de indicativo Antepretérito de indicativo Pretérito de subxuntivo Futuro de subxuntivo

dixen dixera dixese dixer


dixeches dixeras dixeses dixeres
dixo dixera dixese dixer
dicir
dixemos dixeramos dixésemos dixermos
dixestes dixerades dixésedes dixerdes
dixeron dixeran dixesen dixeren

fixen fixera fixese fixer


fixeches fixeras fixeses fixeres
fixo fixera fixese fixer
facer
fixemos fixeramos fixésemos fixermos
fixestes fixerades fixésedes fixerdes
fixeron fixeran fixesen fixeren

puxen puxera puxese puxer


puxeches puxeras puxeses puxeres
poñer puxo puxera puxese puxer
pór puxemos puxeramos puxésemos puxermos
puxestes puxerades puxésedes puxerdes
puxeron puxeran puxesen puxeren

Gramática da Lingua Galega 55


quixen quixera quixese quixer
quixeches quixeras quixeses quixeres
quixo quixera quixese quixer
querer
quixemos quixeramos quixésemos quixermos
quixestes quixerades quixésedes quixerdes
quixeron quixeran quixesen quixeren

trouxen trouxera trouxese trouxer


trouxeches trouxeras trouxeses trouxeres
trouxo trouxera trouxese trouxer
traer
trouxemos trouxeramos trouxésemos trouxermos
trouxestes trouxerades trouxésedes trouxerdes
trouxeron trouxeran trouxesen trouxeren

● caber, haber, saber


Pretérito de indicativo Antepretérito de indicativo Pretérito de subxuntivo Futuro de subxuntivo

couben coubera coubese couber


coubeches couberas coubeses couberes
coubo coubera coubese couber
caber
coubemos couberamos coubésemos coubermos
coubestes couberades coubésedes couberdes
couberon couberan coubesen couberen

houben houbera houbese houber


houbeches houberas houbeses houberes
houbo houbera houbese houber
haber
houbemos houberamos houbésemos houbermos
houbestes houberades houbésedes houberdes
houberon houberan houbesen houberen

souben soubera soubese souber


soubeches souberas soubeses souberes
soubo soubera soubese souber
saber
soubemos souberamos soubésemos soubermos
soubestes souberades soubésedes souberdes
souberon souberan soubesen souberen

● estar, ter
Pretérito de indicativo Antepretérito de indicativo Pretérito de subxuntivo Futuro de subxuntivo

estiven estivera estivese estiver


estiveches estiveras estiveses estiveres
estivo estivera estivese estiver
estar
estivemos estiveramos estivésemos estivermos
estivestes estiverades estivésedes estiverdes
estiveron estiveran estivesen estiveren

tiven tivera tivese tiver


tiveches tiveras tiveses tiveres
tivo tivera tivese tiver
ter
tivemos tiveramos tivésemos tivermos
tivestes tiverades tivésedes tiverdes
tiveron tiveran tivesen tiveren

● ser, ir, dar, poder, ver, vir


Pretérito de indicativo Antepretérito de indicativo Pretérito de subxuntivo Futuro de subxuntivo

ser fun fora fose for


fuches foras foses fores
foi fora fose for
fomos foramos fósemos formos

Gramática da Lingua Galega 56


fostes forades fósedes fordes
foron foran fosen foren

fun fora fose for


fuches foras foses fores
foi fora fose for
ir
fomos foramos fósemos formos
fostes forades fósedes fordes
foron foran fosen foren

dei dera dese der


deches deras deses deres
deu dera dese der
dar
demos deramos désemos dermos
destes derades désedes derdes
deron deran desen deren

puiden puidera puider


puidese
puideches puideras puideres
puideses
puido puidera puider
poder puidese
puidemos puideramos puidermos
puidésesesedes
puidestes puiderades puiderdes
puidesen
puideron puideran puideren

vin vira vise vir


viches viras vises vires
viu vira vise vir
ver
vimos viramos vísemos virmos
vistes virades vísedes virdes
viron viran visen viren

vin viñera viñese viñer


viñeches viñeras viñeses viñeres
veu viñera viñese viñer
vir
viñemos viñeramos viñésemos viñermos
viñestes viñerades viñésedes viñerdes
viñeron viñeran viñesen viñeren

● Son irregulares na 1ª do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo:caber,


ouvir, saber, valer
caibo ouzo sei vallo
cabes ouves sabes vales
cabe ouve sabe vale
cabemos ouvimos sabemos valemos
cabedes ouvides sabedes valedes
caben ouven saben valen

caiba ouza saiba valla


caibas ouzas saibas vallas
caiba ouza saiba valla
caibamos ouzamos saibamos vallamos
caibades ouzades saibades vallades
caiban ouzan saiban vallan

caber ouvir saber valer

● dar, dicir, estar, facer, poder, parir, querer


dou digo estou fago podo pairo quero
dás dis estás fas podes pares queres
dá di está fai pode pare quere
dámos dicimos estamos facemos podemos parimos queremos
dades dicides estades facedes podedes parides queredes

Gramática da Lingua Galega 57


dan din están fan poden paren queren

dea diga estea faga poida paira queira


deas digas esteas fagas poidas pairas queiras
dea diga estea faga poida paira queira
deamos digamos esteamos fagamos poidamos pairamos queiramos
deades digades esteades fagades poidades pairades queirades
dean digan estean fagan poidan pairan queiran

dar dicir estar facer poder parir querer

● Nos dous presentes: haber, poñer, ver


hei poño vexo
has pos ves
ha - hai pon ve
habemos - hemos poñemos vemos
habedes - hedes poñedes vedes
han poñen ven

haxa poña vexa


haxas poñas vexas
haxa poña vexa
haxamos poñamos vexamos
haxades poñades vexades
haxan poñan vexan

haber poñer ver

● Nos presentes e no copretérito: ir, pór, ser, ter, vir


vou poño son teño veño
vas pos es tes vés
vai pon é ten vén
imos pomos somos temos vimos
ides pondes sodes tendes -tedes vindes - vides
van pon son teñen veñen

vaia poña sexa teña veña


vaias poñas sexas teñas veñas
vaia poña sexa teña veña
vaiamos poñamos sexamos teñamos veñamos
vaiades poñades sexades teñades veñades
vaian poñan sexan teñan veñan

ía puña era tiña viña


ías puñas eras tiñas viñas
ía puña era tiña viña
iamos puñamos eramos tiñamos viñamos
iades puñades erades tiñades viñades
ían puñan eran tiñan viñan

ir pór ser ter vir

● dicir e facer teñen o futuro de indicativo e o pospretérito irregulares


dicir facer

direi farei
dirás farás
dirá fará
diremos faremos
diredes faredes
dirán farán

Gramática da Lingua Galega 58


diría faría
dirías farías
diría faría
diriamos fariamos
diriades fariades
dirían farían

8. Formas nominais do verbo.


8.1. O infinitivo.
É a forma máis neutra e pode desempeñar as mesmas funcións sintácticas ca un verbo ou ca
un substantivo. Ademais da forma non conxugada existe o denominado infinitivo conxugado, que
posúe morfemas de número e persoa.
8.1.1. O infinitivo conxugado é un acto expresivo, pois explicita o suxeito do mesmo cando
sen el podería non estar patente; pero non é económico: ten o seu custo, pois supón engadir n
elemento máis á cadea falada ou escrita.
Casos en que adoita empregarse o infinitivo conxugado:
● Cando o infinitivo ten un suxeito expreso diferente ao do verbo principal. Ex: Chegardes vós
tan tarde foi o que atrasou a xuntanza.
● Cando o suxeito non está expreso e convén marcalo para evitar ambigüidades. Ex: Ordenou
establecermos un horario de traballo máis regular.
● Se o infinitivo vai antes ca o verbo principal introducido por preposición ou locución
prepositiva, aínda que o suxeito de ambos coincida. Ex: De facermos o que nos dixeran, non
teriamos aqueles problemas.
● Cando, malia teren o mesmo suxeito, o infinitivo vai despois despois do verbo principal e hai
entre eles unha distancia no enunciado que poida escurecer o suxeito. Ex: Ignoraban onde
estaban as estremas e ese foi o maior obstáculo que se lles presentou: non coñeceren a delimitación
exacta dos terreos.
● Para indicar a determinación do suxeito (en 6ª persoa). Ex: De lle concederen vacacións vai ir a
Londres.

8.2. O participio é unha das formas infinitas do verbo. Posúe flexión de xénero e número e
fórmase, se é regular, mediante a regra lexema + vogal temática + do, da, dos ou das (Obsérvese
que a vogal temática da segunda conxugación neste caso é "i"):
• And-a-do, and-a-da, and-a-dos, and-a-das.
• Coll-i-do, coll-i-da, coll-i-dos, coll-i-das.
• Part-i-do, part-i-da, part-i-dos, part-i-das.
Agora ben, ademais de participios regulares, hai participios irregulares como os do seguinte
listado: aberto, absolto, aceso, acolleito, adscrito, arrepeso, avolto, calmo, canso, circunscrito, colleito, comesto,
confuso, converso), convicto), corrupto), choco, descalzo, descrito, desenvolto, desenvolveito, desperto, directo),
disolto, enceso, encolleito, envolto, envolveito, enxoito, escolleito, escorreito, escrito, esperto, farto, frito, gaño,
impreso, inquedo, inquieto, inscrito, limpo, morto, mundo, nado, nubro, pago, preñe, preso, quedo, quente, quieto,
recolleito, resolto, revolto, revolveito, rizo, roto, zafo, seco, sobrecolleito, solto, suscrito, suspenso, suxeito,
tolleito, torto, volto.
Polo que respecta ó uso do participio regular e irregular, o máis xeral é
• o emprego das formas regulares como elemento auxiliado nas perífrases verbais: Non dou
pagado nunca. Sempre me invitades. Teño moído moita fariña nese muíño
• o uso das formas irregulares como atributo nas construcións con ser e estar, como
complemento predicativo, e como adxacente dun nome. O café está pago. Xa teño munda a fariña
8.2.1. O participio truncado
Son participios irregulares que se presentan en verbos da 1ª conxugación: cansado/canso,

Gramática da Lingua Galega 59


descalzado/descalzo, espertado/esperto, pagado/pago, fartado/farto, gañado/gaño, preñada/preñe,
quedado/quedo, zafado/zafo, soltado/solto, suxeitado/suxeito
8.2.2. O participio forte
Son participios irregulares que aparecen en verbos da segunda e da terceira conxugación:
colleito/collido, encolleito/encollido, escolleito/escollido, recolleito/recollido, tolleito/tollido, enxoito/enxugado,
volto/volvido, revolto/revolvido, escorreito/escorrido, torto/torcido, frito/fritido, roto/rompido,
comesto/comido, mundo/moído, aceso/acendido, enceso/encendido, preso/prendido, arrepeso/arrepentido,
nado/nacido, envolto,envolveito/envolvido, desenvolto/desenvolvido

8. 3. O xerundio (=adverbio).
Modifica adverbialmente o verbo principal expresando unha circunstancia a el referida. A
acción está vista na súa realización. Precedido de en: acción sucedida inmediatamente antes que a
do verbo principal.

9. As perífrases verbais.
As perífrases son complexos verbais -formados por un verbo en forma finita ou verbo
auxiliar e un verbo en forma infinita (infinitivo, xerundio ou participio) ou verbo auxiliado entre os
que pode aparecer un elemento de relación (preposición ou conxunción)- que presentan unha
unidade formal e de significación, á cal o verbo auxiliado contribúe co significado léxico, mentres
que o auxiliar aporta determinacións xerais de número-persoa e especiais de tempo-modo, aspecto
ou voz.

9.1. As perífrases verbais poden ser temporais, modais e aspectuais. No cadro que tes a seguir
aparecen agrupadas pola categoría do verbo auxiliar.

INFINITIVO VALOR EXEMPLO


IR+INF. temporal de futuridade Vou ir de vacacións a Cuba
temporal de futuridade Heivos traer algo de Sarria
HABER (DE) + INF. modal obrigativa Has (de) facer o que ela che pida
modal hipotética (probabilidade) Ha de haber seis meses que a vin
HABER (pretérito) (DE)+INF. temporal de futuridade inmediata Houben caer ao chan
HABER (QUE) + INF. modal obrigativa Hai que portarse mellor
QUERER + INF. temporal de futuridade inmediata Mira, quere chover
TER QUE/DE + INF. modal obrigativa Tes que/de saír cedo
modal obrigativa Debe (de) mellorar para aprobar
DEBER (DE) + INF.
modal hipotética (probabilidade) Aquí debe virir un gaiteiro
PODER + INF. modal hipotética (probabilidade) Pode mellorar o tempo
aspectual imperfectiva (durativa) Están a facer o AVE
ESTAR A + INF.
aspectual de futuridade inmediata Aínda non ver, mais está a chegar
ESTAR PARA + INF. aspectual de futuridade inmediata Xa están para rematar os obras
ANDAR PARA + INF. aspectual de futuridade inmediata María anda para ter un pícaro
ANDAR A +INF. aspectual imperfectiva (durativa) Andan a facer unha ponte
SER A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Todos eran a querer saír por alí
ESTAR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Estamos a ter mala sorte
LEVAR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Leva a traballar desde as seis

Gramática da Lingua Galega 60


SEGUIR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Seguía a orballar
IR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Sempre vai a correr polo xornal
aspectual imperfectiva (durativa) Veño a ler un libro diario
VIR A + INF.
aspectual terminativa Por fin veu a saberse a verdade
CHEGAR A + INF. aspectual terminativa Chegarás a facer unha boa obra
ACABAR POR + INF. aspectual terminativa Acabei por entrar dentro
ACABAR DE + INF. aspectual perfectiva Acabo de apagar o móbil
DEIXAR DE + INF. aspectual perfectiva Deixa de te queixares
VIR DE + INF. aspectual perfectiva Veño de acabar Matemáticas
BOTAR(SE) A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Botouse a chover ás doce en punto
COMEZAR/EMPEZAR A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Comezou a dicir parvadas e marchamos
DAR EN + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Deu en ler novelas de Xosé Ramón Pena
ROMPER A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) O caldeiro do polbo rompeu a ferver
SOLTARSE A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Soltouse a falar moi noviña
POR/POÑER(SE) A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Púxenme a contar ovellas
VOLVER (A) + INF. aspetual reiterativa Se mo volves contar igual, créote
XERUNDIO VALOR EXEMPLO
ESTAR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Estamos sendo os mellores
ANDAR + XER aspectual imperfectiva (durativa) Andan pintando a garaxe
SEGUIR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Segue saraibando
LEVAR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Levo conducindo desde a mañá
IR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Sempre vou conducindo eu
VIR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Veño lendo un libro á semana
PARTICIPIO VALOR EXEMPLO
DAR + PART. aspectual perfectiva Non deu lido o libro para o exame
LEVAR + PART. aspectual perfectiva Xa levo lidos tres libros
TER + PART. aspectual perfectiva Cando chegue xa teño acabado ben
aspectual reiterativa Eu xa teño estado alí

EXERCICIOS

1. Utiliza, cando sexa posible, o infinitivo conxugado nestas oracións e indica por qué se pode ou
non conxugar.
- Un pouco antes de entrar seus curmáns, estiveron a punto de chorar.
- A pesar de estar moi cansos os rapaces, erguémonos todos cedo para ir visitar as catacumbas.
- Nada máis chegar á praia, mandáronnos saír a todos do coche e puxéronse a fochicar no motor.
- Os alumnos de terceiro curso seica van facer un convite para festexar a fin de curso. Dixeron que ían convidar
ós profesores.
- Conseguir agora unha entrada para o concerto vaiche custar caro.
- Para fomentar a cultura, tedes que subvencionar as distintas asociacións culturais.
- Antes de principiar a rodaxe da película, teremos que montar os decorados.
- De non controlar os incendios, acabará por arder todo.

Gramática da Lingua Galega 61


- Déixanvos quedar un anaco máis con tal de non barullar.
- Antes de comezar as probas, debedes ler ben as preguntas.

2. Conxugar os verbos que se indican entre parénteses:


- Nunca (P6 Pte. Ind. DICIR) ____________a verdade, por iso a nai (P3 Pto.Perf.ANDAR) __________tratando
de solucionar os problemas en que se (P6 Pto. Pluscuamperfecto METER)___________________
- Espero que (P3 Pte Subx TRAER)_______________ todos os libros que lle (P3 Pto. Perf. TRADUCIR)
________________o seu irmán.
- Dixo que (P3 Pto. Imperfecto IR) ______________buscar a súa amiga á casa. Xa (P3 Pto. Perf.
ANDAR) ______________todo o día a buscala e non (3ª pers. Pto. Perf. TER) ____________________sorte.

3. Poñer en presente:
- Sempre (acudir) ós torneos a ver se (conseguir) algo.
- Non (traer) o que me (pedir) .
- (mentir) cando che (dicir) eles o que che (cumprir) .
- Esas palabras túas (ferir) , (dicir) las con todo o rancor.
- ¿Por que non (fuxir) ti agora que o garda (seguir) despistado?
_ Os economistas (dicir) que (diminuír) o I.P.C.
_ Ti (ser) un pouco parvo, sempre (cuspir) no chan.

4. En cada unha das seguintes frases hai algún erro. Corríxeo explicando en que consiste:
-Son as tres da tarde. Xa fai media hora que pedimos o almorzo.
-Os teus amigos creen que tódalas carreteiras están en bo estado.
-Os automóviles ingleses levan o voante á dereita.
-Fai uns días, o abó de Helena dixome que falase cun abogado.
-O viaxe foi longo, e o teu hirmán dicia que facía moito calor.

5. Cambia as frases segundo o modelo:


- Falaremos do tema Poida que falemos do tema.
- Saberémolo este verán
- Estará cansado de esperar.
- Valerá para o lume.
- Daremos unha festa.

6. Conxuga as seguintes formas verbais:


1ª persoa singular presente subxuntivo VALER: 3ª persoa plural presente de indicativo de tusir:
1ª persoa singular presente indicativo CABER: 1ª " sing. pretérito perfecto caber.
1ª persoa plural presente subxuntivo SABER: 2ª " " presente indicativo ser:
2ª persoa singular presente indicativo SUBIR: 2ª " " presente subxuntivo estar:
1ª persoa singular pretérito perfecto de andar:

7. Escribe o pretérito de subxuntivo e o infinitivo conxugado de existir e ter

8. Indicar, nas seguintes formas verbais: persoa, tempo, modo / lexema e morfemas

marcharei produzan rexeitara amei


temo comerdes falades temes
marchasen conduciu bebésedes partía
cantabas falaren distribúes pido
cantariamos comestes pediría pararades

9. Indicar en que casos é aberta e en que casos é pechada a vogal tónica

debe comes tememos deber comede

Gramática da Lingua Galega 62


podo soben moves beben
moveron moven compre teme
temes fede comese deben

10. Indicar o valor dos tempos verbais nas seguintes frases


Poderiades emprestarme o chisqueiro?
Faredes o que vos digan.
Cando tiver tempo, irei a Rio de Janeiro.
Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris.
Había unha vez unha ra moi fea que...
Xa marchaches! Fóra de aquí!
Podías deixarme o teu dicionario de galego?
Cando me falou, xa o recoñecera eu.
Para que asubiase, tiven que darlle medio euro.
Terás uns céntimos para min?
Que a sorte te acompañe, meu vello!
Hoxe vai unha calor que se asan os lagartos.
A este paso, cando chegues, xa el marchou.
O horizonte é infinito.
Serán as dez e cuarto.

11. Poñer estas frases en presente


As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.
Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.
Non coñecín os teus amigos alemáns.
Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.
Moito temestes a miña reacción.
Esta semana concluíron as obras do garaxe.
Conducín con moito tino por mor da neve.
Todas as noites metestes as ovellas na corte.
Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.

12. Poñer o verbo que vai entre paréntese no antepretérito de indicativo ou pretérito de
subxuntivo, segundo corresponda
Se o (SABER)............... antes, xa non viriamos.
Non chegaba aínda que se (PÓR)................. de pé.
Dixo que (IR)...................... xa alí varias veces.
Contáronme que (DICIR).................... cousas moi interesantes.
Cando os colleron xa se (INTRODUCIR)................ na fraga.
Por moitos cartos que (TER)................... non o poderían pagar.
Antes de chegaren xa os outros (DESAPARECER)...................
Gustaríame que me (TOCAR)................... a lotería.
Aínda non (VIR)....................... cando nos puxemos a comer.
Díxome que (FACER)......................... varios recados.
É fácil que xa (EXISTIR)...................... eses inventos en 1930.
Se mo (DAR).....................a min non se perdería.
Quen (PODER)..................... convosco voar!
Xa lle (DAR)........................... o premio Blanco Amor no ano 1983.
Eles evitaban que se (FALAR)...................... do asunto.

13. Empregar o futuro de subxuntivo sempre que se poida


Cando atope o enderezo, chamareite.
Teréillelo moi en conta aos que me axuden.

Gramática da Lingua Galega 63


Cando poida, ireite visitar.
Cando poidan, vaian vela.
Faga como queira.
Regálelles algo aos que o axuden.
Déixenme estes pratos ben á vista!
Se quere vela, pague por adiantado.
Cando teña tempo libre, irei a Polonia.
Non paga a pena que te poñas así.

14. Encher os ocos coas formas correspondentes do infinitivo persoal


Para chegar (nós)... a tempo, cómpre bulir...
Despois de saír (vós)..., fechade a porta.
Ao pendurar (ti)... o xamón, rompiches a cadeira.
Comprou coche para chegar (el)... antes ao traballo.
Enfadeime con eles por falar (eles)... mal de min.
Tireille unha foto para ter (eu)... unha lembranza del.
Non pode haber dificultades para usar (nós)... o galego sempre.
Non poñas tantas dificultades para me emprestar (ti)... o libro.
Non é tan difícil gañar (eles)... a partida.
Sen comprar (vós)... fariña, non poderedes facer o pan.
Ao recoller (ela)... os cinceiros, rompeu un.
Rebaixáronlles o soldo por faltar (eles)... moito ao traballo.
Non se dan posto de acordo para facer (elas)... unha folga polo convenio.
Xa vai sendo hora de rematar (vós)... os exercicios.
Non paga a pena ir (ti)... andando ata o centro.

15. Indica o significado das seguintes perífrases:


Abofé que ha chegar derreado da viaxe Perífrase modal de obrigatoriedade
Acabou por mastigar o po do deserto
Aí o vén, estouno vendo
Comezaron a apupalo axiña
Debes anicarte
Debeu de liscar
Deixou de metrallar cando cesou o movemento
Deron en limpar a bixutería cunha baeta
Estaba para chover e choveu
Ha chegar derreado da viaxe
Hai que recuar
Houbeches morrer
Leva a facer das súas toda a vida
Meu avó vai enganido de vez
Non chegaron a convocar a asemblea.
Non dou alugado a habitación
O cóengo andaba lendo o teu libro
Ó final tódolos vultos viñan a estoupar
Pode ser que escordase o pulso
Puxéronse a preparar a comuñón
Rematou de testemuñar daquela
Rompimos a aturuxar ó remataren a peza
Sinto non a ter cativado
Telo que maxinar
Tenme avantaxado decote
Tódolos tres seguen a bimar
Todos tres son a falarme da súa deslealdade
Viñan de pescudar todo o ocorrido

Gramática da Lingua Galega 64


Volvín custearlle os estudos outro cuadrimestre
Voute upar
xa quere abri-lo día
Xa levo apisoado tres cascudas

16. Busca as perífrases verbais do texto seguinte, explica o seu significado e clasifícaas segundo a
súa significación:

Un home viu que unha abella ía picalo na cara, e vai o home e pillou a abella e arrincoulle a barriga. Da barriga
tiroulle sete arrobas de mel. O home non sabía onde botar o mel, e púxose a rañar na cabeza e, daquela, tropezou
coa casca dun piollo e comprendeu de contado o que había que facer, e foise e verteu na casca do piollo todo o mel
que tiña.
E púxose a procurar no borrallo o machado que perdera, mais non deu atopado senón o mango, que era de pau de
castiñeiro, pois o machado, como era de ferro, derretérase coa calor. E, de ver tal, o home laiábase:
- Pobre de min! Ai, pobre de min! Que mala sorte a miña! Cantas perdas levo feito neste día!

17. Encher os ocos coas formas correspondentes do infinitivo persoal


Para chegar (nós)... a tempo, cómpre bulir...
Despois de saír (vós)..., fechade a porta.
Ao pendurar (ti)... o xamón, rompiches a cadeira.
Comprou coche para chegar (el)... antes ao traballo.
Enfadeime con eles por falar (eles)... mal de min.
Tireille unha foto para ter (eu)... unha lembranza del.
Non pode haber dificultades para usar (nós)... o galego sempre.
Non poñas tantas dificultades para me emprestar (ti)... o libro.
Non é tan difícil gañar (eles)... a partida.
Sen comprar (vós)... fariña, non poderedes facer o pan.

18. Utilizar o infinitivo persoal sempre que sexa posible


Despois de chegar, puxémonos a conversar un anaco.
Por non estudar nada, vas levar un suspenso.
Ao morrer nácese outra vez.
Para chegar a esa conclusión cumpriría ver novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.
De chegar a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.
Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de
que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.
Sen realizar algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facer a estabulación libre
e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.
Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para ver o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e
apreciar as belezas da cidade; en caso de acharnos a gusto, prolongariamos a estadía.
Entre saír nós e chegar ti non pasou unha hora.
Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitar o premio por diferenzas coa Xunta.
Gustaríanos moito poder participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.
Por non estar na casa non che puidemos entregar os telegramas.
Xa ía sendo tempo de acabar a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.
Tras exporlle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.
Sempre vos repito esta frase: estar vós atentos é moi raro.
Non vos lembrades que a pouco de entrar comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?
Con motivo de saír as listas de aprobados demos unha pequena festa.
Ao demostrarlles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que
darche a razón.
Ao chover, énchense de lama as corredoiras.
De encontrar petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.

Gramática da Lingua Galega 65


19. Transformar as frases utilizando o infinitivo persoal
Por exemplo, cando saímos, chovía: ao saírmos chovía; se o soubeses, contaríalo: de o saberes,
contaríalo
Despois de que marchases, púxose a recitar.
Así que llelo contamos, desfacíanse en gargalladas.
Cando o sacaron do coche en chamas, xa era demasiado tarde.
Cómpre que andedes máis lixeiros para que cheguedes con tempo.
Nesta piscina fai falta que saibades nadar.
Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo.
Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense.
Se foses un bo fillo, faríasme moitos presentes.
Se os indios fosen sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.
Como non vendamos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

Gramática da Lingua Galega 66


tema 11
Adverbios e locucións adverbiais
1. De lugar
á beira aí ó redor dentro fóra
a carón alá aquén derredor lonxe
a contramán alén aquí derriba ningures
a rente(s) algures arredor detrás onde
abaixo alí arriba diante preto
acá aló atrás embaixo u?
acó ao lado / ó lado avante en fronte velaí
acolá ao pé / ó pé cerca encima velaquí
adiante ao redor / debaixo enriba xalundes

2. De tempo.
a cada canto aos poucos de momento endexamais outrora
a cada pouco após de raro en raro endoutro día para o outro día
a deshora arestora de tempo en tempo enseguida pasadomañá
a destempo arreo de vez en cando entón por veces
a diario ás veces decontado entrementres pouco a pouco
a miúdo asemade decontino hogano pouco e pouco
a tempo atrás decote hoxe preto
acotío axiña decotío hoxe en día pronto
agora cando deica pouco inda seguido
aínda cedo deica un pouco logo sempre
antano cerca deseguida mañá tarde
antes daquela deseguido mentres trasantonte
antes de antonte de alí a pouco despois namentres xa
antonte de aquí a pouco detrás noutrora xacando
ao outro día de camiño diante nunca xamais
ao pouco de cando en cando en diante o outro antonte
ao raro de cando en vez en tempo onte

3. De cantidade e precisión.
ben de menos malamente moito talmente
canto de sobra medio nada tan
case de todo menos por aí tanto
casemente demasiado mesmamente pouco xustamente
dabondo logo mesmo só xusto
de máis máis moi soamente

4. De modo.
a correr a treo ás toas de propósito mal
a dereitas adrede asemade de repente mellor
a eito amodo así de socate paseniño
a escape ao cabo / ó cabo ben de socato peor
a feito ao chou / ó chou como de súpeto secasí
á fin ao dereito / ó dereito de balde devagar
á mantenta ao fin / ó fin de face en balde
á présa ao xeito / ó xeito de golpe engorde
a propósito ás présas de pronto gratis

Gramática da Lingua Galega 67


Adverbios en -mente. Os adverbios de modo constitúen unha serie aberta. Moitos
adxectivos inmobilizados na súa forma masculina poden funcionar ocasionalmente como adverbios
de modo (falar alto, correr lixeiro etc.). Tamén se habilitan adverbios de modo a partir de
adxectivos na súa forma feminina seguidos da terminación -mente: boamente, docemente,
caladiñamente. A mecanización de -mente (nas súas orixes substantivo) é total, de xeito que pode
mesmo adherirse a palabras que orixinariamente non eran adxectivos; neste caso resultan máis
ben adverbios de cantidade (ou precisión): soamente, talmente, propiamente, mesmamente,
outramente, casemente.

5. De afirmación.
abofé si
así mesmo tamén
de certo xaora

6. De negación
nin non xa tampouco
non sequera

7. De dúbida
acaso disque quizabes se cadra seica
ao mellor / ó mellor poida que quizais se callar talvez

Tema 12
Preposicións e locucións prepositivas
As preposicións constitúen unha categoría gramatical invariábel que ten como función ligar
un complemento (que usualmente ten como núcleo un substantivo, un pronome ou un infinitivo) con
outro elemento da oración.

a ante canto a derriba de fóra


á beira de antes de cara a des fóra de
a carón de ao par de cas desde fronte a
a causa de ao pé de cas de despois de lonxe de
a diferenza de ao redor de cerca de detrás de malia
a forza de após cima de diante de mediante
a par de aquén de co gallo de durante menos
á parte de arredor de con en no canto de
a pesar de arriba de con respecto a en canto a onda
a prol de ata conforme en favor de para
a rente(s) de até consonte en fronte de perante
a respecto de atrás de contra en lugar de por
a son de baixo contra de en par de por ante
a través de baixo de de en troques de por causa de
abaixo de bardante de par de en vez de por cousa de
acerca de bardante de debaixo de encima de por culpa de
ademais de beira de deica encol de por medio de
agás cabo dende enriba de por mor de
alén de cabo de dentro de entre preto de
amais de canda derredor de excepto quitando

Gramática da Lingua Galega 68


respecto a sacando sen sobre de verbo de
respecto de salvante senón tocante a xunta
riba de salvo so tras xunto a
sacado segundo sobre tras de xunto de

Tema 13
conxuncións e locucións conxuntivas
Hai os seguintes tipos de conxuncións:

1. Copulativas: e, mais, e mais, a mais, nin, que.


2. Disxuntivas e distributivas: Ou...ou, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, sexa...ou, ben...ben, (que)...que,
cando...cando, xa...xa, volta...volta.
3. Adversativas: pero, mais, senón, emporiso, aínda que, inda que, así e todo, así a todo, por iso, e iso que, agora
que, porén, ora que, agora ben, ora ben, só que, senón que, fóra de que, sacado que, sacando que, quitado que,
quitando que, menos que, a menos que, excepto que, aga que, agás que, bardante que, bardantes que, aínda así, mais
tamén.
4. Completivas: Que, se.
5. Temporais: cando, mentres, entrementres, namentres,(por: en canto, en tanto, entre tanto, mentres tanto,
non ben, (a)inda ben non a penas, así que, axiña que, de seguida que, de contado que, logo que, despois que, despois
de que, des que, desde que, dende que, antes que, antes de que, deica que, ata que, sempre que, cada vez que, cando
queira que, primeiro que, tódalas veces que, no momento en que, ó paso que.
6. Locativas: onde, onde queira que.
7. Modais: cal, como, segundo, conforme, consoante, tal cal, tal como, tal e como, así como, como queira que, ben
como, mal como, sen que, de modo que, de xeito que, de maneira que, de forma que, así tamén, do mesmo xeito que,
da mesma sorte que, do mesmo modo que.
8. Consecutivas: conque, logo, tal...que, tan...que, tanto...que, así que, tanto máis que, de xeito que, de maneira
que, de modo que, de forma que, de sorte que, de tal xeito que, de tal maneira que, de tal modo que, de tal forma
que, de tal sorte que, polo tanto, xa que logo.
9. Comparativas: como, coma, tan...como /coma, tanto /-a /-os /-as...como ou coma, igual... que /ca, máis /menos...
que /ca /do que.
10. Condicionais: se, cando, con tal (de: que, conque, caso de que, en caso de que, sempre que, a pouco que, a nada
que, catar se, onda non, a non ser que/se, amenos que, quitado que/se, quitando que/se, sacado que/se, sacando
que/se, salvo que/se, senón que, a non ser ata, agás que, excepto se, sen que.
11. Concesivas: Así, malia, (a)inda que, mesmo que, nin que, pese a que, a pesar de que, por pouco que, a pouco que,
máis que, por máis que, por moito que, ben que, mal que.
12. Causais: que, pois, logo, conque, entón, daquela, como, porque, consecuentemente, conseguintemente, así que,
así pois, polo tanto, xa que logo, tan/tanto que, por conseguinte, de modo que, de xeito que, de maneira que, de
forma que, posto que, dado que, visto que, por causa de que, a causa de que, por cousa de que, por culpa de que,
debido a que, unha vez que, visto como, por iso que.
13. Finais: que, porque, para que, a que, a fin de (que), en favor de que, co fin de (que).

EXERCICIOS
1. Sinalar as preposicións e locucións preposicionais
Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.
Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

Gramática da Lingua Galega 69


Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.
Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.
Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.
Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.
Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.
En vez de levalo, déixao dentro do armario.
Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.
Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con vantaxe pola experiencia.

2. Corrixe as palabras que estean mal escritas:


Aplazar Flauta Conducta Secta
Singradura Floxo Adicción Dictame
Blanco Empleo Ricto Estructura
Plaia Flecha Pictórico Delicto
Obligar Iglesia Traductor Doctor
Plaga Pacto Suxeito Sectario
Pleito Blasón Invicto Destructor
Clavo Flaco Deducción Antárctico
Emplear Reclutar Ficción Producto
Acné Técnica Anécdota Pirotécnico
Pauto Plata Succionar Conflicto
Doblar Blancura Victoria Rector

3. Completar as frases coas preposicións adecuadas


Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo mercar ... mesmos cartos.
O vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.
Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.
Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.
Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.
Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose beneficioso ... a ferida.
Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.
Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a orella agachada.
Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un negocio.
Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle produce.
Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que coidar ... a tía que está ... a cama hai
dous anos.
Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.
Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.
Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ... o pan ... o chan.
Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.

4. Utilizar nexos adecuados:


... marchas ... bótote eu.
Non estaba canso ... un pouco adormentado.
Xa volve andar ese martelo dálle ... dálle.
Dásllo á nai ... ao fillo, ao que estea na casa.
Non quixeron queixo ... manteiga.
Non me gustaba ... tiven que o comer.
Tes que rematar antes das seis e case as son, ... xa podes comezar a traballar.
... pos ese pixama vas ter calor.
Iría convosco ...me deixasen.

Gramática da Lingua Galega 70


Preguntoume ... quería ir con el de acampada.
... non vires ti, mándamo por correo.
Seica coidas ... eu non me decato, ... son parvo.
... o deixes fóra decote, vaiche coller ferruxe.
Propuxo ... se levantase a sesión ... non chegarmos a un acordo.
... llo contase, non mo crería.
Con xanelas dobres, ... haxa ruído, estase tranquilo.
Igual non podemos pasar, ... andan coas obras do gas e do cabo.
... escribas ben a máquina, non vas conseguir ese traballo.
Abre a porta, ... está aí o repartidor do gas.
Exiliouse ... non podía aturar a ditadura do seu país.
... falares, pensa ben o que vas dicir.
... o monte se queima, algo seu se queima.
Manteña limpa a praia ... todos poidamos aproveitarnos dela.
Faremos unha auditoría ... coñecermos os males da empresa e aplicarmos as solucións necesarias ... sexa posíbel.
... vir a xunto de min, vai lavar a cara, galopín.
Vai alá, ... te vexan as túas tías.
O Parlamento Galego aprobou menos leis ... tiña previsto o Goberno da Xunta.
Tes que colocalo ... non se vexa desde fóra.
Estudou ... acabou medio tolo.
Hai que dispor as tomadas eléctricas ... o aspirador poida andar por toda a casa.
Corría ... non había xeito de dalo seguido.
A ver quen fai o testamento ... todos os herdeiros queden contentos.
Este ano adiantou moito máis ... pensaba.

5. Sinalar os adverbios e locucións adverbiais e buscar sinónimos de cada un


Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.
De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.
Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.
Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move, recupera o perdido.
Como as queres? –Quéroas moi crúas.
Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.
Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a luz do candil para andar ás
apalpadelas.
Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina sentado á sombra.
Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras, logo fáiselles un xuízo
xusto e cúmprese a sentencia.
Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!
Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.
O profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.
U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que acabaches, adiante, vailles tirando
o rabo que eu estou canso e teño que marchar axiña.
Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

Gramática da Lingua Galega 71

You might also like