You are on page 1of 4

CUESTIONARIO PROBA ESCRITA UNIDADE 7

UNIDADE 7 (4). ORIXE E EVOLUCIÓN DA VIDA NA TERRA

1. Observa este esquema dun experimento e contesta ás seguintes preguntas:

a) Quen desenvolveu este experimento? En que ano?


b) Que pretendían formar con este experimento?
c) Que reproducían con este experimento?
d) Que 9 gases había na atmosfera primitiva?
e) Por que se dicía que a atmosfera primitiva era redutora?
f) Que son os elementos bioxénicos?
g) Cales son os elementos bioxénicos maioritarios?
h) Que fontes de enerxía utilizaron? Que simulaban con elas?
i) Que moléculas orgánicas sinxelas obtiveron con relativa facilidade?
j) Que tres requisitos fundamentais necesita a vida (tal e como a coñecemos) para desenrolarse
nun planeta?

2. 2.1. Que sabes sobre a teoría da “xeración espontánea”?


2.2.Que sabes sobre Francesco Redi?

3. Describe o experimento que fixo Pasteur para refutar a teoría da “xeración espontánea”.

4. HIPÓTESE DA PANSPERMIA:
A) Que postula esta hipótese?
B) Quen formulou primeiro esta hipótese e cando?
C) Por que cobrou forza a partir do século XX?
D) Que afirmaba un dos seus máximos defensores, o químico sueco Svante Arrhenius?
E) Que é o que non se puido demostrar da afirmación de Arrhenius?

5. HIPÓTESE DE OPARÍN E HALDANE:


A) Que defende esta hipótese? (0,2 puntos)
B) Que relación hai entre á atmosfera e os océanos nesta hipótese? (0,2 puntos)
C) De que tres supostos parte esta hipótese de Oparin e Haldane? (0,3 puntos)
D) Que tres etapas de desenvolvemento sobre a orixe defende esta teoría? (0,3 puntos)

6. 6.1.Comenta a etapa de evolución química que defende a hipótese de Oparin e Haldane


6.2.Comenta a etapa de evolución prebiótica que defende a hipótese de Oparin e Haldane

Páxina 1 de 4
7. Comenta a etapa de evolución biolóxica que defende a hipótese de Oparin e Haldane

8. Comente brevemente dos 5 tipos de probas que proporcionan evidencias sobre a evolución dos seres
vivos. Por un exemplo de cada tipo.

9. Di o tipo de proba da evolución ao que corresponde cada un destes exemplos: (no control serán 10 e
pode cambiar a orde)
a) Tiktaalik, fósil con características intermedias entre peixes e anfibios
b) Ornitorrinco con características intermedias entre as aves e os mamíferos
c) O establecemento da historia ou liña evolutiva dos cabalos
d) O establecemento da liña evolutiva do Homo sapiens
e) Extremidade anterior de home, balea, morcego e cabalos
f) Ás de bolboreta, ave e morcego
g) A existencia de formas intermedias, como o ornitorrinco
h) Órganos vestixiais como moas do xuízo, pelve de cetáceos, apéndice
i) A presenza de camélidos en Asia, África e América
j) A presenza de mamíferos marsupiais e monotremas en Oceanía
k) Aves como Emú (Australia), avestruz (África) e ñandú (América)
l) Os paxaros pinzóns que estudiou Darwin nas illas Galápagos
m) A presenza de cola nos embrións dos vertebrados
n) A presenza de branquias nos embrións dos animais vertebrados terrestres
o) Comparación dos aminoácidos da insulina entre porco, vaca e cabalo
p) Comparación entre a secuencia de nucleótidos do ADN de home e gorila
q) Aglutinación do soro do sangue entre distintas especies
r) Comparación entre a hemoglobina humana e a hemoglobina de polo

10. 10.1.Que tres tipos de órganos hai segundo os estudos da Anatomía Comparada? Pon un exemplo de
cada tipo. (Completa o cadro)
ÓRGANOS CARACTERÍSTICA EXEMPLO

10.2.Que relación teñen os órganos homólogos e análogos coa diversificación das especies ou
biodiversidade?

11. Explica os tres principios nos que se basea o Lamarkismo.


12. Explica os cinco principios nos se basea o Darwinismo.
13. Poñendo de exemplo as xirafas, explica como sería a evolución para Lamark e para Darwin:

14. 14.1. Comenta os 4 principios do Neodarwinismo ou teoría sintética de Huxley, Dobzhansky e Mayr.
14.2. Completa estas frases referidas á teoría sintética ou neodarwinismo:
 A unidade en evolución é a ______________ e non o individuo.
 Rexeitamento dos ______________ do Lamarckismo.
 ______________ proporcionan variabilidade, sobre a que actúa a ______________.
 A evolución ocorre de modo ____________. O proceso para lograr unha nova especie é longo.

15. Resume os catro principios da Teoría da Evolución

16. Comenta todo o que saibas sobre as dúas causas ou fontes responsables da variabilidade xenética nos
seres vivos.

Páxina 2 de 4
17. 17.1. Que é a selección natural?
17.2. Comenta o que representa este esquema en cada un dos catro cadros aplicando os teus
coñecementos evolucionistas:

18. Comenta brevemente as consecuencias fundamentais do proceso evolutivo

19. 19.1 Completa o seguinte cadro sobre dúas controversias actuais relativas á evolución: sobre os
mecanismos da evolución e a controversia sobre a aparición de novas especies.
MECANISMOS DA EVOLUCIÓN

APARICIÓN DE NOVAS ESPECIES

19.2 Que representan estas dúas árbores filoxenéticas? Completa o que significa cada letra:

20. Interpreta esta árbore filoxenética ou cladograma

21. Que sete características propias presenta a especie humana?

22. Que características morfolóxicas temos diferentes aos simios antropomorfos por camiñar ergueitos

Páxina 3 de 4
23. 23.1. Que 6 etapas comprende o proceso de hominización que marcan o desenvolvemento evolutivo da
nosa especie?
23.2. Di o xénero e especie do homínido ao que refire: (no control pode cambiar a orde)

4 ma
1) Camiñaban erguidos.
2) Estatura de 1,5 m
3) Cerebro pequeno (500 cm3).
4) Mandíbulas grandes
5) Habitaban a sabana africana
2,5 ma
1) Camiñaban erguidos
2) Cerebro maior que o dos Australopithecus
3) Mandíbulas grandes en relación co cranio
4) Habitaban na sabana africana e eran omnívoros
5) Fabricaban ferramentas de pedra moi simples

1,9 ma
1) Postura natural erguida.
2) Gran cerebro (850-1250 cm3)
3) Mandíbula reducida.
4) Saíu de África e asentouse en zonas frías e en zonas cálidas.
5) Dieta omnívora, dominou o lume.
6) Fabricou ferramentas elaboradas
900.000 a
1) Capacidade cranial 1000 cm3
2) Antepasado do home de neardenthal e do home moderno, trazos próximos ao ser humano.
3) Atropado no xacemento de Atapuerca, Burgos.

230.000 a
1) Parecido ao home actual, pero máis forte.
2) Cerebro grande (1500cm3)
3) Fortes mandíbulas.
4) Habita as zonas frías. Coincidiu co Homo sapiens.
5) Ferramentas de pedras máis elaboradas.
6) Enterraba os seus mortos.
7) Non se ten constancia de que puidese falar.
200.000a
1) Ser humano actual.
2) Cara pequena con queixada, fronte eleva e cranio redondeado, capacidade media
3) de 1400 cm3.
4) Dieta omnívora. Habita todos os hábitats terrestres.
5) Grande intelixencia, manifestacións artísticas e enorme capacidade de intervención no entorno.

24. Define os seguintes conceptos utilizados no tema:


1) “caldo primordial” ou “sopa primitiva”
2) Evolución biolóxica
3) Microevolución
4) Teoría do ancestro común
5) Axentes mutáxenos
6) Especie
7) Especiación
8) Hominoideos (Superfamilia HOMINOIDEA)
9) Homínidos (Familia HOMINIDAE)
10) Homininos (Subfamilia HOMININAE)

Páxina 4 de 4