You are on page 1of 10

MODIFICACIÓNS ESTATUTARIAS

EMENDA 1

ACTUAL

Artigo 9.- Procedemento de admisión.

7. As persoas socias de traballo, durante o período en que se atopen en
situación de proba, teñen os mesmos dereitos e obrigas derivadas da súa
condición, coas seguintes excepcións:

a. Poden resolver a relación de forma unilateral. A mesma facultade
recoñéceselle ao órgano de administración.

b. Non poden realizar achegas ao capital social nin satisfacer ningún tipo
de cotas.

c. Non responden das perdas sociais.

d. Non poden ser electoras nin elixibles para ocupar cargos nos órganos
sociais.

MODIFICACIÓN

Artigo 9.- Procedemento de admisión.

7. As persoas socias de traballo, durante o período en que se atopen en
situación de proba, teñen os mesmos dereitos e obrigas derivadas da súa
condición, coas seguintes excepcións:

a. Poden resolver a relación de forma unilateral. A mesma facultade
recoñéceselle ao órgano de administración.

b. Non poden realizar achegas ao capital social nin satisfacer ningún tipo
de cotas.

c. Non responden das perdas sociais.
d. Non poden ser electoras nin elixibles para ocupar cargos nos órganos
sociais.

XUSTIFICACIÓN

Non ten sentido impedir a un socio votar nun proceso democrático

EMENDA 2

ACTUAL

Artigo 12.- Persoas socias de traballo.

1. Ás persoas socias de traballo da cooperativa resultaralle de aplicación as
normas establecidas na Lei de cooperativas de Galicia para as persoas socias
traballadoras das cooperativas de traballo asociado. A efectos de seguridade social
serán, en todo caso, asimilados a persoas traballadoras por conta allea.

MODIFICACIÓN

Artigo 12.- Persoas socias de traballo.

1. Todas as persoas socias consumidoras ou persoas socias colaboradoras
de Nosa Enerxía convértense persoas socias de traballo no intre en que
sexan contratadas pola Cooperativa, de acordo coas normas establecidas
nestes estatutos e na Lei de Cooperativas de Galicia para as persoas socias
traballadoras das cooperativas de traballo asociado. A efectos de seguridade social
serán, en todo caso, asimilados a persoas traballadoras por conta allea.

XUSTIFICACIÓN

Unha persoa non pode ser a vez socia consumidora, colaboradora e/ou
traballadora. A modificación trata de converter en socio traballador a
aquel outro que xa era consumidor ou colaborador, abonando soamente
a diferencia respecto ao tipo de socio que era antes... do mesmo xeito,
cando deixa de ser traballador pode recuperar o seu anterior estatus de
colaborador ou consumidor, abonándolle a diferencia entre unha achega
e outra

EMENDA 3

ACTUAL:
Artigo 29

5.- O consello reitor poderá nomear por maioría de dous terzos das persoas
que o integren e de entre elas, a conselleiros delegados ou conselleiras
delegadas, persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente
ao xiro e tráfico empresarial ordinario da cooperativa.

6.- En ningún caso poderá ser obxecto de delegación a rendición de contas
e a presentación do balance á asemblea xeral, así como aquelas outras
facultades que con carácter de indelegables veña establecido polos
estatutos ou pola lei de cooperativas de Galicia. O nomeamento e cese, así
como as facultades conferidas, constarán na escritura pública e deberán
inscribirse no rexistro de cooperativas competente.

MODIFICACIÓN:

Artigo 29.

5.-O Consello Reitor pode delegar facultades nun dos seus
membros ou en comisións, compostas polos mesmos conselleiros,
creados ó efecto e tamén poderán nomear director, ou xerente; é
necesario que concorra o voto favorable das dúas terceiras partes
do Consello Reitor e tamén a inscrición no Rexistro de Cooperativas
competente.

A delegación de funcións refírese ás decisións diarias que deberán
ser ratificadas polo Consello Reitor na seguinte reunión.

Para o cese de ditas delegacións será suficiente a perda de
confianza da maioría simple dos membros do Consello Reitor
presentes.

6.- En todo caso o Consello Reitor Conserva as facultades seguintes:

a- Fixar as directrices xerais da actuación e xestión da
cooperativa con subordinación a política xeral establecida na
Asemblea Xeral.
b- Controlar permanentemente e directamente a xestión
empresarial que foi delegada.
c- Presentar a Asemblea Xeral a memoria explicativa da xestión,
render contas e propor a imputación e asignación dos
resultados.
d- Autorizar a presentación de avais ou fianzas a favor de outras
persoas.
e- Aquelas outras facultades que con carácter de indelegables
veña establecido polos estatutos ou pola lei de cooperativas
de Galicia.
XUSTIFICACIÓN

Aínda que a natureza da redacción actual (a mesma que recolle o artigo
41 da Lei de Cooperativas ao referirse aos administradores da mesma) é
a de referirse a todo tipo de altos cargos nos que se delegue competencias
propias do Consello Reitor (aquelas que atribúen facultades xerais
referidas exclusivamente ó xiro e tráfico empresarial ordinario da
cooperativa), tanto a redacción da lei como os estatutos poden levar a
confusión e facer crer que só os altos cargos baixo esa denominación
están suxeitos a mesma, cando en realidade a interpretación é moito máis
ampla. Por iso collo prestada a redacción dos estatutos de Son Enerxía,
que recolle mellor o espírito da norma.

EMENDA 4

ACTUAL:

Artigo 30.1.- O consello reitor está composto por un mínimo de cinco e un
máximo de oito membros acordados pola asemblea xeral. En todo caso
existirán os cargos de presidente ou presidenta, vicepresidente ou
vicepresidenta e secretario ou secretaria, tesoureiro ou tesoureira, e vogal
primeiro. O resto, no seu caso, serán vocais, numerados de 2 ata 4,
segundo o acordado na Asemblea Xeral.

MODIFICACIÓN

Artigo30.1.- O consello reitor está composto por un mínimo de cinco e un
máximo de nove membros acordados pola asemblea xeral. En todo caso
existirán os cargos de presidente ou presidenta, vicepresidente ou
vicepresidenta e secretario ou secretaria, tesoureiro ou tesoureira, e vogal
primeiro. O resto, no seu caso, serán vocais, numerados de 2 ata 5,
segundo o acordado no Consello Reitor.

XUSTIFICACIÓN

A finalidade é ter un número impar de conselleiros, o cal facilita o quorum
para a constitución do CR. Amais, o número impar libera ao Presidente
de ter que romper empates nas votacións que se dean no CR.

Si no futuro Nosa Enerxía tivese máis de 50 traballadores, os
representantes dos traballadores terían dereito a ter presenza no CR, co
cal ocuparán un posto de nova creación. Nese momento, para manter o
numero impar, sería necesario reducir a 8 o CR ou amplialo a 10.
EMENDA 5

ACTUAL:

Artigo 31.-

3. Os cargos do consello reitor serán elixidos pola asemblea xeral. Se a
persoa elixida é unha persoa xurídica, esta deberá nomear á persoa física
que, vinculada por calquera título a esta, a represente no cargo para o que
fose designada para cada elección.

MODIFICACIÓN:

Artigo 31.-

3. A distribución de cargos do Consello Reitor corresponde aos
membros do propio Consello Reitor de entre os elixidos pola
asemblea xeral. Se a persoa elixida é unha persoa xurídica, esta deberá
nomear á persoa física que, vinculada por calquera título a esta, a
represente no cargo para o que fose designada para cada elección.

XUSTIFICACIÓN

Pode resultar moito máis útil que os cargos sexan distribuídos polo propio
CR en función da dispoñibilidade e competencias de cada membro que
como resultado dunha votación.

O presidente, necesariamente, ten que ser elixido pola Asemblea.

EMENDA 6

ACTUAL:

Artigo 32.- Duración, cesamento e vacantes.

1.- As persoas integrantes do consello reitor serán elixidas por un período
de dous anos, renovándose simultaneamente na súa totalidade ao
vencemento do prazo, podendo ser reelixidas indefinidamente.

2.- A renuncia dos conselleiros ou conselleiras poderá ser aceptada polo
consello reitor, así como pola asemblea xeral, aínda que o asunto non
conste na orde do día. As vacantes que se produzan no consello reitor
cubriranse na primeira asemblea xeral que se celebre, a excepción do caso
de que sexa a propia asemblea que acepte o cese ou renuncia, suposto no
que, debe procederse a cubrir o posto vacante no mesmo acto.

MODIFICACIÓN:

Artigo 32.- Duración, cesamento e vacantes.

1.- As persoas integrantes do consello reitor serán elixidas por un período
de catro anos, renovándose cada dous anos na súa metade ao
vencemento do prazo, podendo ser elixidas un máximo de dous
mandatos consecutivos.

A renovación realizarase, pois, cada dous anos, elixindo
alternativamente un máximo de catro membros ao Consello Reitor.

2.- A renuncia dos conselleiros ou conselleiras poderá ser aceptada polo
consello reitor, así como pola asemblea xeral, aínda que o asunto non
conste na orde do día. As vacantes que se produzan no consello reitor
cubriranse, unha vez aceptada a renuncia, pola seguinte persoa da
lista de suplentes, de non haber suplentes, realizarase na primeira
asemblea xeral que se celebre, a excepción do caso de que sexa a propia
asemblea que acepte o cese ou renuncia, suposto no que, debe procederse
a cubrir o posto vacante no mesmo acto, democraticamente, entre as
persoas que se presenten a el, de acordo aos criterios establecidos
no Regulamento para a elección de cargos de Nosa Enerxía.

XUSTIFICACIÓN

Aquí a complexidade radica na primeira vez que se adopte esta medida,
pois deberán elixirse 8 conselleiros, catro dos cales cesarán aos dous anos
e os outros restantes aos catro anos. Isto podería facerse por sorteo ou
pola relación dos máis votados.

A Lei Galega de Cooperativas establece que sexa o seguinte da lista o que
ocupe a praza das persoas que cesan no seu cargo, sempre e cando se
recolla nos estatutos. Como non estaba contemplado, engado.

EMENDA 7

Actual:

Artigo 33.- Funcionamento do consello reitor.

1. A reunión do consello reitor deberá ser convocada polo presidente ou
presidenta, ou quen a substitúa, por iniciativa propia ou por petición de
calquera conselleiro ou conselleira. Se a solicitude non fora atendida no
prazo de 10 días poderá ser convocada por quen fixese a petición, sempre
que logre para a súa convocatoria a adhesión como mínimo dun terzo do
consello.

2. Poderá convocarse á reunión, sen dereito a voto, ao letrado asesor ou
letrada asesora e ao persoal técnico da sociedade, así como a outras
persoas sempre e cando a súa presenza resulte de interese para o bo
funcionamento da cooperativa.

3. O consello quedará validamente constituído cando concorran
persoalmente á reunión máis da metade das persoas que o compoñen. As
persoas conselleiras non poden facerse representar.

Engadir:

4. Os membros do Consello Reitor poderán adoptar acordos
mediante vías telemáticas, para mellorar o funcionamento
ordinario da cooperativa. A validez destes acordos estará suxeita a
ratificación dos mesmos no seguinte Consello Reitor que se celebre.

5. Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente
expresados, salvo nos supostos establecidos na Lei de cooperativas de
Galicia. Para acordar os asuntos que deban incluírse na orde do día da
asemblea xeral será suficiente o voto favorable dun terzo das persoas que
compoñen o consello.

Engadir:
6. Cando un asunto tratado no Consello Reitor afecte a un dos
seus membros, este non terá dereito ao voto. Poderá ser
escoitado a petición de algún dos seus membros, pero non poderá
participar do debate.

7. Cada persoa conselleira terá un voto. O voto do presidente ou presidenta
dirimirá os empates.

XUSTIFICACIÓN

A primeira modificación pretende dar formalidade a unha forma de
proceder que xa se realiza.

A segunda pretende evitar conflitos de intereses dentro do Consello
Reitor. Boas prácticas que son habituais nunha administración pública
(por exemplo, un concelleiro xamais pode votar acerca de asuntos que
lle afecten, pois podería cometer un delito) e que nunha organización das
características de Nosa Enerxía debería imitar.
EMENDA 8

ACTUAL

Artigo 35.- Incapacidades e incompatibilidades.

1. No réxime de incapacidades e incompatibilidades estarase ao disposto
no artigo 48 da Lei de cooperativas de Galicia.

2. Son incompatibles entre si os cargos do consello reitor. Non obstante,
serán compatibles con ascendentes, descendentes e afíns, sen distinción
de grao, e cónxuxe.

ENGADIR

3. Todas aquelas establecidas no Regulamento para a elección de
cargos de Nosa Enerxía.

XUSTIFICACIÓN

Unha vez dispoñamos deste regulamento, as normas sobre
incompatibilidades nel establecidas tamén serán de obrigado
cumprimento, normas que, ao tratarse dun regulamento, resultan máis
doado modificar que promovendo unha reforma estutaria.

EMENDA 9

Regular interventores(situaríanse como últimos artigos do
Capitulo III. Os seguintes moverían a súa numeración):

Artigo 39. Interventores/as de contas: nomeamento, remuneración
e incompatibilidades

A Asemblea Xeral ten que nomear, dentro das súas socias, 3 interventoras
de contas, as cales exercerán o seu cargo durante 3 anos.

O Cargo de interventora é gratuíto, mais a cooperativa teralle que pagar os
gastos que se orixinen.

A condición de interventoras de contas é incompatible coa de membro do
Consello Reitor ou coa de xerencia, de dirección, ou cos seus parentes, nos
límites establecidos no artigo 53 da Lei de cooperativas de Galicia. Porén,
a Asemblea Xeral pode autorizar os supostos que permita o artigo 53.4 da
mencionada lei.

Artigo 40. Funcións dos interventores/as

As interventoras teñen que presentar á Asemblea Xeral un informe sobre a
memoria explicativa da xestión da empresa, o balance, a conta de
resultados e calquera outro documento contable que, receptivamente, se
teña que someter á Asemblea Xeral para a súa aprobación.

O prazo de que dispón é de 30 días a contar dende que o Consello Reitor
lles entregou a documentación pertinente. Cando algunha interventora
discrepe poderán emitir un informe separadamente.

A Asemblea Xeral pode tomar o acordo de someter as contas do exercicio
económico á verificación de persoas alleas á cooperativa, expertas en
materia contable.

A interventora ten dereito a comprobar en calquera momento a
documentación da cooperativa.

Se o acorda a Asemblea Xeral ou o Consello Reitor ou ben o solicita o 15%
das socias da cooperativa, as contas do exercicio económico teñen que ser
verificados por unha auditoría de contas.

Son funcións do órgano de intervención, ademais das aquí fixadas, e que
non sexan competencia doutro órgano social, as establecidas no artigo 54
da Lei de Cooperativas de Galicia.

XUSTIFICACIÓN:

Aínda que a LGC recolle estas figuras, tampouco están contempladas nos
nosos estatutos e sería convinte que que as contas de Nosa Enerxía foran
intervidas, amais de polos auditores que no futuro nos obrigue a lexislación,
polos nosos propios socios, de xeito que a interpretación que teñan os socios
da cooperativa non sexa unicamente a que se traslade dende o Consello
Reitor.

EMENDA 10
ACTUAL

Artigo 42.- Achegas obrigatorias.

1. A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia da cooperativa será
de 100 EUROS, tendo que desembolsar desta cantidade un 25% como
mínimo para adquirir a condición de socio ou socia no momento da súa
subscrición, e o resto no prazo que acorde a asemblea xeral.

MODIFICACIÓN

Artigo 42.- Achegas obrigatorias.

1. Os títulos ten que posuír un valor mínimo de 100 euros cada un;
cada socio consumidor ou usuario ten que posuír como mínimo un
(1) título e cada socio traballador, cinco (5) títulos, que se
desembolsará de maneira íntegra. O socio colaborador privado fará
unha aportación mínima de 200 € (2 títulos) e o socio colaborador
público unha aportación que se pactará en cada caso.