You are on page 1of 3

O REXURDIMENTO

1.Contexto Histórico
1.1 Política e ​a​dministración
- Guerra da Independencia (1808-1814), comezo do século XIX.
- Morte de Fernando VII en 1833.
- Alternancia de poder entre liberais e absolutistas.
- O príncipe Carlos, irmán do rei falecido, pretende ​á ​coroa e provoca a ​Pr​ imeira Guerra
Carlista, que fracasa en 1839.
- Isabel II reina ata 1868.

1.2 Provincialismo
- Foi a primeira gran manifestación do galeguismo, comeza na década de 1840.
- Promovido por un grupo de mozos universitarios (Antolín Faraldo, Pío Terrazo, Francisco
Añón, M. Rúa Figueroa e J. Romero Ortiz), os ​precursores​, que son conscientes do carácter
diferencial de Galicia e loitan na defensa dos seus intereses económicos, políticos e
culturais.
- Créase a Xunta Superior do Reino de Galicia.
- Os provincialistas súmanse ao levantamento encabezado polo comandante Solís (1846), que
fracasa e moitos dos seus líderes son fusilados (mártires de Carral).

1.3 Economía
- Crecemento demográfico producido dende finais do século XVIII que chega ata 1840.
- Agricultur​a s​egue a ser a principal fonte de riqueza.
- Malia isto, o sistema foral continúa en pé, os impostos son moi altos e a industria non se
desenvolve.
- A emigración é unha saída para moitos cidadáns.

1.4 Sociedade
- Mantense o modelo de organización social do Antigo Réxime (estamentos).
- O campesiñado é a clase maioritaria e está sumida na pobreza.
- Os fidalgos atópanse en auxe e son os que máis prosperan.
- O poder do clero diminúe. ​(causas????)
- A burguesía e o proletariado son grupos pouco numerosos.

1.5 Lingua e Cultura


- A ​diglosia ​segue a estenderse e ​cada vez úsase menos o galego. (Non é unha cuestión
cuantitativa senón cualitativa)
- Aparecen os xornais na primeira metade do século aínda que a lingua escrita apenas ten
presenza.
- Tamén se crean asociacións, liceos e academias, lugares de debate de personalidades como
Rosalía de Castro, Manuel Murguía, etc.
2. Literatura
2.1 Textos literarios de carácter propagandístico
- Nacen como resposta a acontecementos políticos e sociais da época.
- Obras destacadas:

❏ ​Romance Anónimo:​ P
​ ublicado en 1808, para animar aos soldados galegos
na loita contra os franceses.

❏ ​Proezas de Galicia​: Publicada en 1810 por Xosé Fernández de Neira.


Trátase ​de unha ​obra dialogada que trata da guerra contra os franceses.

❏ ​Os rogos de un gallego establecido en Londres​:​ ​Publicada en 1813 por


Manuel Pardo de Andrade. É un romance no que se ataca os representantes do absolutismo.

❏ ​Dialogo entre dos labradores gallegos, afligidos, y un abogado instruído,


despreocupado y compasivo:​ Publicada en 1823 por Pedro Boado Sánchez. ​Fala​ sobre a
conveniencia ou non de pagar dereitos eclesiásticos.

2.2 Poesía
- Cultivo moi escaso e as composicións aparecen espalladas por diferentes xornais e revistas.
- Continúase a tradición do vilancico galego de Nadal.
- Pódense destacar:

❏ Nicómedes ​Pastor Díaz​ (Viveiro, 1811 - Madrid, 1863)

❏ Vicente Turnes​ (Santiago, 1786-1865)

2.3 Teatro
- Representábanse obras en galego para animar ao pobo na loita contra os franceses, ​sin
embargo​, non se sabe moito delas.
- Destaca:

❏ Antonio Benito Fandiño​: Escribe en 1812 ​A casamenteira​, a única obra de teatro


que se conserva desta época, que trata dos casamentos amañados.

3. Os Precursores
- Son un grupo de autores, vinculados ó provincialismo, que teñen actividade literaria entre
1846 e 1863. Cultivan unha poesía tradicional, folclórica e costumista.
- As figuras máis salientables son as seguintes:

❏ Xoán Manuel Pintos:​ Gran defensor da lingua galega e da súa dignificación. A


obra máis destacable é ​A gaita gallega​ (1853), primeira obra en galego do s. XIX.

❏ Francisco Añón​: As súa obra quedou espallada en numerosas publicacións


periódicas. Hoxe coñecemos 39 dos seus poemas en galego. As máis relevantes
son aquelas nas que canta a Galicia ou aparecen costumes ​galegas​. O poema
máis famoso é ​A Galicia​.
❏ Alberto Camino​: Poeta de estética romántica con composicións de temática
amorosa e carácter sentimental. O poema máis destacable é ​O desconsolo.​

❏ Antonio María de la Iglesia​: Un dos principais responsable dos Xogos Florais da


Coruña de 1861.

❏ Francisco María de la Iglesia​: Poesía espallada en diversos xornais e de


temática variada. Tamén escribiu prosa en galego.

4. Xogos Florais
- Encontros literarios nos que os autores presentan as súas obras e as comparten con outros
autores.
- Os primeiros foron celebrados na Coruña en 1861, ao estilo dos previamente realizados en
Barcelona para recuperar o catalán.
- Presentáronse poemas en galego (unha minoría) e en castelán, que se publicaron ao ano
seguinte no ​Álbum de la Caridad​.

REVISA OS ERROS. NON TIÑAN POR QUE ESTAR AÍ. ALGÚN É DE


CONCEPTO.

ESTE TRABALLO ENTROU FÓRA DE PRAZO, NON DEBERA DE CORRIXILO


SEGUNDO AS PAUTAS DADAS NA CLASE. VOUNO PENALIZAR CON (-0,25)