You are on page 1of 5

INFORMACIÓNS DE INTERESE SOBRE MUFACE

Cambio ao SERGAS.

Como sabes a prestación sanitaria pode ser a través dalgunha das entidades médicas
privadas coas que ten concerto MUFACE ou co SERGAS, con quen tamén ten subscrito
un convenio. Se queres pasarte ao SERGAS só poderás facelo no mes de xaneiro,
como viña sendo habitual até agora.

Sen embargo, este ano MUFACE introduciu o novidade de cambiar a outras entidades
privadas (Adeslas, Asisa, DKV) no mes de xaneiro e no mes de xuño. Desde a CIG-Ensino
vimos de remitirlle un escrito á Dirección Xeral de MUFACE para que permita o cambio
ao SERGAS (ou calquera outro servizo público de saúde da Seguridade Social) en
igualdade de condicións, evitando trabas ao incremento do funcionariado mutualista que
está optando pola rede pública.

De momento, ten presente que se queres pasar á prestación co SERGAS tes de prazo
até o 31 de xaneiro.

Receita electrónica

Está previsto que a finais deste ano 2018 todos aqueles mutualistas que elixiron a
atención sanitaria a través da Seguridade Social teñan xa a receita electrónica. O resto,
que elixiu a asistencia privada, probabelmente a teña no 2019.

A web de MUFACE acumula retrasos para estar operativa en galego.

Vai xa para seis meses que a CIG, novamente co desinterese das demais organizacións
sindicais, demandou a MUFACE que a súa nova sede electrónica estivese dispoñíbel en
galego. A mutualidade comprometeuse a facelo mais, de momento, só temos de novo a
confirmación de que se están a facer as adaptacións e correccións precisas para que a
páxina web de MUFACE se ofreza integra e correctamente en todas as linguas oficiais do
Estado, sen ter aínda unha data fixada.

Urxencias vitais. Como actuar?

www.cig-ensino.gal 1
Todas as persoas que reciban a prestación sanitaria a través do SERGAS non teñen
ningún problema para as asistencias de urxencias na rede pública e farán uso dela como
calquera outra persoa do Réxime Xeral da Seguridade Social.

As persoas que reciban a atención sanitaria por parte dunha entidade privada non poden
facer uso da rede pública. A excepción a esta norma son as urxencias de carácter vital.

Para que sexa recoñecido o carácter vital é necesario que se cumpra algunha das
seguintes condicións:

a) Que a persoa beneficiaria se encontre na vía ou lugares públicos e os equipos de
urxencias sanitarias (112, 061, etc.) sexan activados por persoa distinta daquel ou
dos seus familiares no caso de se encontrar acompañado.
b) Cando a activación dos equipos de urxencias sanitarias sexa realizada pola policía,
garda civil ou outras estruturas de urxencias non sanitarias como protección civil,
bombeiros, etc.
c) Cando a persoa beneficiaria resida nun centro de maiores asistido ou nun centro
para crónicos e os equipos de urxencias sanitarias públicos sexan activados polo
persoal do centro, ou cando aquel resida en domicilio particular, e estes equipos
sexan activados por un Servizo de teleasistencia de financiamento público. En
ambos casos, a propia persoa mutualista ou a súa familia deben comunicar ao
centro de maiores ou ao servizo de teleasistencia a súa adscrición á entidade a
efectos da súa asistencia sanitaria.

A cobertura dos gastos producidos pola situación de urxencia de carácter vital esténdese
desde o ingreso até a alta hospitalaria do doente (incluíndo os posibles traslados a outros
centros non concertados por causas asistenciais), agás nos dous supostos seguintes:

a) Cando a entidade, coa conformidade do equipo médico que estivese prestando a
asistencia, ofreza unha alternativa asistencial que posibilite o traslado da persoa
doente a un centro propio ou concertado adecuado e a persoa enferma ou os seus
familiares responsábeis se neguen a iso.
b) Cando a persoa doente sexa remitida a un segundo centro alleo e non existan
causas que impidan a continuidade do tratamento nun centro da entidade.

www.cig-ensino.gal 2
Cando as e os mutualistas, por este motivo de urxencia vital, reciban asistencia en centros
sanitarios públicos, deberán, no prazo de 48 horas, comunicar esta situación á entidade
médica a que pertencen a través de medio que permita deixar constancia desta
comunicación.

Asistencia sanitaria a mutualistas en concellos de menos de 20.000
habitantes.

Existe un convenio entre MUFACE e o SERGAS no que se lles recoñece aos mutualistas
adscritos a entidades privadas que residen en concellos de menos de 20.000 habitantes a
asistencia sanitaria prestada polo servizo público.

Neste convenio recóllense dous anexos. No anexo I figuran os concellos nos que a estes
mutualistas se lles recoñecen todas as prestacións dos Equipos de Atención Primaria que
ofrece o SERGAS a través da súa rede de centros, incluídos os servizos de urxencias. No
anexo II figuran os concellos nos que estes mutualistas de MUFACE só teñen dereito a
seren atendidos en caso de urxencia.
A última actualización deste convenio SERGAS-MUFACE figura no BOE de 24 de marzo
de 2017.

Outras informacións de interese sobre prestacións de MUFACE

Axudas por fillo ou menor a cargo con discapacidade

Consiste nunha asignación económica mensual que se establece en función da súa idade,
do grao de discapacidade e da necesidade do concurso doutra persoa.
As contías para o ano 2018 da prestación por discapacidade por modalidades, para fillo
ou menor acollido a cargo, son as seguintes:
• Modalidade 1 (menor de 18 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao
33%): 83,33 €/mes.
• Modalidade 2 (maior de 18 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao
65%): 369,90 €/mes.
• Modalidade 3 (maior de 18 anos cun grao de discapacidade do 75% ou superior e
necesidade de terceira persoa): 554,90 €/mes.

Máis información na web de MUFACE.

www.cig-ensino.gal 3
 
Axudas por parto múltiple 2018

Nos casos de parto múltiple, existen dous tipos de axudas: o pago único e o subsidio
especial por maternidade.

Prestación de pago único por parto ou adopción múltiple

Esta prestación é idéntica a que existe para o Réxime Xeral da Seguridade Social. As
persoas mutualistas teñen que solicitala a través de MUFACE.
A contía da prestación será, en función do número de fillos ou fillas, de 4, 8 ou 12 veces o
Salario Mínimo Interprofesional mensual vixente no día do nacemento ou data da
sentenza de adopción, tal e como queda establecido no seguinte cadro:

Nº Fillos/as Simultáneos      Nº veces Importe Mensual S.M.I.       Importe en Euros (*)
               2                                           4                                       2.943,60
               3                                           8                                       5.887,20
               4 e máis                              12                                      8.830,80
(*): Importe en Euros: R.D. 1077/2017, de  29 de decembro (BOE  de  30 de decembro)
para feitos causantes entre 01-01 e 31-12-2018.

Subsidio especial por parto ou adopción múltiple

Axuda económica, tamén de pago único, á que teñen dereito as persoas mutualistas
cando se atopen nos supostos de feito legalmente establecidos de parto, adopción ou
acollemento múltiples.

Esta axuda é compatíbel coa anterior e calcúlase segundo a seguinte regra e as bases de
cotización vixentes segundo Cadro 1: (Base de cotización no día do feito causante X 42
días / 365 días) X (Nº fillos simultáneos - 1)
 
Cadro 1 - bases de cotización:

Grupo/Subgrupo (EBEP)                                   Base de Cotización €/ano
A1                                                                                 40.561,32
A2                                                                                 31.922,78

Exemplo:
• Caso base de cotización máxima:
40.561,32 X 42 / 365 = 4.667,32 € por cada fillo, adopción ou acollido (menos un).

www.cig-ensino.gal 4
Máis información na web de MUFACE
 
Bolsas de estudo

Con data 27 de xullo de 2017 publicouse no BOE a Resolución de 14 de xullo de 2017,
da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) pola que se convocan
bolsas de estudo para mutualistas para o curso 2017-2018 e cuxo prazo de presentación
de solicitudes finaliza o 31 de decembro de 2018, inclusive.
As bolsas de estudo consisten nunha axuda para a realización de estudos universitarios
oficiais, contribuíndo ao pago da matrícula e gastos ate un importe máximo de 150€ por
solicitante.
O formulario de solicitude de bolsa de estudo para o curso 2017-2018 está na Web de
MUFACE a disposición dos interesados:

Máis información na web de MUFACE

Prestacións

Podes acceder á información sobre todas as prestacións de MUFACE na propia web da
entidade a través das seguintes ligazóns.

Prestacións Sanitarias:
• Asistencia Sanitaria concertada no Estado español
• Asistencia Sanitaria no estranxeiro
• Prestacións Farmacéuticas
• Prestacións Sanitarias Complementarias (dentarias, oculares,
ortoprotésicas, etc..)
• Reintegro de gastos de asistencia sanitaria

Prestacións Sociais:
• Incapacidade
• Subsidio por risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural
• Familiares
• Axudas de Protección Sociosanitaria
• Outras Axudas Sociais

Outros Servizos:
• Servizos de Podoloxía (Convenio MUFACE co Consello Xeral de Colexios
Oficiais de Podólogos)
www.cig-ensino.gal 5