You are on page 1of 3

1.

A coordinación
→ Principais nexos
Tipo Nexos Exemplos
Entran Pero e Aldara, colócanse diante do cadáver e
e comezan a falar (Unha primavera para Aldara, Teresa
Moure)
Devólvelle o tiro e mais tíralle outra prenda (Unha
e mais
Copulativos primavera para Aldara, Teresa Moure)
Ti mais eu falámonos doutro xeito (Un xogo de
mais
apócrifos, Xosé Carlos Caneiro)
nin vai con mulleres, nin xoga, nin se embebede
nin
(Unha primavera para Aldara, Teresa Moure)
Espertei cun estoupido violentísimo e ata imaxinei que
aquilo podería ser unha bomba ou unha explosión de
gas (Tres segundos de memoria, Diego Ameixeiras)
ou [inclusiva]

-¿Elías, vés ou non vés? (A memoria do boi, Xosé


Vázquez Pintor) [exclusiva]
Quer vertical, quer horizontal, é un exercicio físico
quer ... quer
Disxuntivos apaixonante (A canción do verán, Vicente Araguas)
[...] os comprometidos nos movimentos políticos que
van alcontrando eco entre o noso pobo, ben sexa na
ben ... ben clandestinidade, ben sexa no marco da legalidade
vixente (A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega,
Miguel-Anxo Araúxo Iglesias)
Estaba tan afeito a comunicarse ora mirando para
ora ... ora abaixo, ora estricando o pescozo que era incapaz de
falar mirando de fronte (As horas sucias, Jaureguizar)
Só pasan algunhas cousas de cando en vez, pero non
pero hai nada entre nós (Tres segundos de memoria, Diego
Ameixeiras)
Quere falar mais elas interrómpeno (Unha primavera
mais
para Aldara, Teresa Moure)
A culpa non só é delas, senón tamén nosa, por
senón colaboracionistas (Tres segundos de memoria, Diego
Ameixeiras)
os bos viños [..] desnaturalízanse, porén, cos malos
porén non tes que ter coidado ningún (Noites de papel, M.
Lourenzo González)
Carla acariñou con paixón o doce pelame de Fabiola
Adversativos
[...] en troques, cando Xoán quixo facer o mesmo,
en troques
comezou a roncar amosándolle os dentes. (Tánata,
Antón Risco)
De madrugada todo está escrito dende hai séculos e
non hai maneira. No entanto, un bo abordador
no entanto diúrno aproveita a rixidez dos comportamentos
madrugadores para traelos ao seu rego (Tres segundos
de memoria, Diego Ameixeiras)
Á parte de que os valores das dúas eran moi diferentes,
non obstante ningunha o merecía. Non obstante a esta tíñaa a tiro.
(Atuado na braña, Xabier Quiroga)

1
Tipo Nexos Exemplos
O Director Xeral minimizou o documento, é dicir,
é dicir fíxoo desaparecer da pantalla (Spam, Francisco
Castro)
Explicativos darlle unha oportunidade ó azar, isto é, facer algo
isto é
pola simple razón de facelo (Narcos, Carlos G. Reigosa)
Hai quen non a quere ben, ou sexa que a quere mal
ou sexa
(Unha primavera para Aldara, Teresa Moure)

→ Actividades
1) Indica de que tipo son os nexos coordinativos sinalados nos
seguintes fragmentos:
a) Murmuraba unhas palabras, pero non era ela quen falaba, era a febre a
que se expresaba pola súa boca (Miguel Anxo Murado, O soño da febre)

_________________________________
b) Tamén se dixo que don Xaume fora catedrático e que o deixara pola
escola (Blanco Amor, Xente ao lonxe)

_________________________________
c) Ningunha revolta é o que se ve por fóra, senón o que vai por dentro
(Teresa Moure, Unha primavera para Aldara)

_________________________________
d) [...] mais chegou un día en que a nai do Rañolas quixo que o seu fillo
probase mundo e botouno ós camiños, na compaña duns moinantes que
vivían amostrando as súas lacras nas romerías (Castelao, Os dous de
sempre)

_________________________________
e) Ás veces, cando un chega de novo a un lugar descoñecido, ben sexa por
casualidade, ben por mala sorte, sempre topa cos malnacidos (Xabier
Quiroga, Atuado na braña)

_________________________________
f) Aínda que moi sorprendida, ela respondeu tamén en voz baixa (Ángel de
la cruz, O descenso do derradeiro ocaso)

2
_________________________________
g) A marxe para dubidar de que fora cear cun home, ou sexa cun amante,
era escasa (Jaureguizar, As horas sucias)

_________________________________
h) A cousa non é fácil nin honrada, pero teño que facela (Xosé Fernández
Ferreiro, A morte de Frank González)

_________________________________
i) Mascar, si, prefiro dicir mascar porque iso da pota, ou potar, semella
que tivese algo que ver coa cociña (Vicente Araguas, A canción do verán)

_________________________________
l) [...] a nai do Rañolas quixo que o seu fillo probase mundo e botouno ós
camiños (Castelao, Os dous de sempre)

_________________________________
m) Non é, como supuñan os románticos, un don anxélico nin un maná caído
do ceo, nin moito menos un miragre coma o do verbo feito carne (Celso
Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra)

_________________________________
n) Non gardo máis lembranzas do seu físico; mais, en troques, teño na
memoria un valume de lembranzas da súa bondade (Castelao, Os dous
de sempre)

_________________________________
2) Analiza sintacticamente: Pero e Aldara colócanse diante do
cadáver e comezan a falar

→ Máis actividades en sintaxenoieselvina.blogspot.com