You are on page 1of 16

PROXECTO DE FOMENTO

DO USO DO GALEGO
Equipo De Dinamización Lingüística do C.E.I.P. “O Castiñeiro

CURSO 2018-19

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


e-mail: ceip.castinheiro@edu.xunta.es - web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Equipo De Dinamización Lingüística Do C.E.I.P. “O Castiñeiro”

Cod.: 32015165
R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense)
Tel. Fax.: 988 42 20 14
e-mail: ceip.castinheiro@edu.xunta.es
web: centros.edu.xunta.es/ceipocastineiro

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

ÍNDICE

1.- FORMACIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

2.- ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO

Do entorno 3

Do profesorado

Do alumnado

Do centro

-plan específico da lingua galega

-material e recursos dispoñibles

3.- OBXECTIVOS

- obxectivos para o contorno

-Obxectivos para o profesorado

-Obxectivos para o alumnado

- Obxectivos para o centro

4.-DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES

5-CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES E O SEU ORZAMENTO

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

1.- FORMACIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Reunido o Claustro de Profesores deste Centro, con data de 4 outubro de 2018, e segundo
consta en Acta, quedou formado o Equipo de Dinamización Lingüística, de acordo coa lexislación
vixente, para este curso 2018-19, polos seguintes membros:

- Mª Carmen Garrido Fernández (Coordinadora e Directora 2018-19)


4
- Rebeca Fernández González
- Juan Luis Rivero Gallego
- Lidia de los Ángeles Torres Pérez
- Julián Méndez González

Este proxecto revisarase mensualmente ata a publicación no DOG Núm. 17 Xoves, 24 de


xaneiro de 2019, ORDE do 27 de decembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de
axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade
pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso
escolar 2018/19.

2- ESTUDO SOCIOLINGÚÍSTICO ACTUALIZADO

-CONTORNO SOCIOLINGÚÍSTICO DO CENTRO

O C.E.I.P. está emprazado no barrio O CASTIÑEIRO, na vila de Laza, capitalidade do


Concello do mesmo nome.

Xeográficamente o concello de Laza, cunha superficie de 216,3 Km, e con 1377 habitantes
censados, presenta unha morfoloxía moi montañosa e acusada, con pendentes superiores ó 15% na
maioría do chan e o 30% en grandes zonas. Destaca, pola contra, a depresión do Val do Támega,
estreito ó principio e progresivamente aberto ó tempo que o curso do río vai avanzando.

O concello de Laza está conformado por dúas zonas perfectamente delimitadas: O val e a
montaña.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

O val cunha altitude media de 450m, definido polas marxes do río Támega en torno ó que
se asentan o 60% dos habitantes cos núcleos de poboación máis grandes, entre eles Laza.

A montaña, que supera os mil metros de altitude por Camba, cun total de once lugares nos
que residen preto de un millar de persoas.

O clima, nos seus aspectos mais xerais, encádrase dentro das características do oceánico
degradado, con tendencias continentais. A pluviosidade é abondosa, acada unha media anual
superior ós 950mm. As oscilacións térmicas son relativamente amplas: as xeadas abondan nos 5

invernos conxuntamente coas néboas, a neve pode verse nas montañas gran parte desta estación;
os veráns, pola contra, son calorosos.

No marco sociocultural atopámonos en Laza cun concello de carácter rural, no que as


actividades tradicionalmente incluídas nos sectores secundario e terciario (industria e servicios)
teñen escasa importancia, limitándose a algunhas industrias artesanais de explotación familiar.

Estamos ante unha zona eminentemente AGRÍCOLA-GANDEIRA, carente de industrias.

No eido cultural, cabe reseñar as carencias: non hai biblioteca pública; non hai ximnasio
nin clubs federados aínda que existe un pavillón polideportivo municipal, do que o Colexio fai
uso para algunha clase de Educación Física; non existen centros para continuar estudios.

Cabe destacar, nembargantes, varias asociacións culturais: Arcael , Mulleres Rurais 3 de


Maio, Alto Támega, enLazados e Carqueixa, que promoven, defenden e recuperan as
tradicións ancestrais como o entroido ou festas coma as do Santo Cristo e outras.

O idioma empregado pola xente é o galego, dende as asociacións,comerciantes, centro de


saúde, etc.

No concello tamén empregan dita lingua, nos seus estatutos,bandos, reunións, carteis, etc.
Tamén hai unha unidade de Protección Civil, e a BRIF (unidade de vixiancia para previr
incendios) e dende hai 5 anos empresas para a construción do tren AVE que atravesa o Concello
de Laza e nas traballan moitas persoas que veñen de diferentes lugares de España polo que hai
persoas castelán falantes pero que entenden e comprenden moi ben o galego.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Tamén cabe destacar que por aqui pasan moitos peregrinos que están a facer o camiño de
Santiago e o Concello pon a súa disposición un albergue.

- SITUACIÓN DO PROFESORADO

No centro escolar, o persoal docente ( 2 mestres/as definitivos especialistas de Infantil e


Primaria; 3 provisionais, AL música e inglés. Ademais as itinerantes de orientación, e relixión
con base noutros centros) falan e imparten en galego tódalas materias agás lingua e literatura
castelá, inglés, matemáticas e relixión. 6

Somos galego falantes pois vivimos ou somos da comarca de Monterrei polo que a nosa
lingua habitual é o galego, e o mesmo temos que dicir do persoal laboral non docente, tanto
coidadora como de cociña que traballan no centro.

-SITUACIÓN DO ALUMNADO

O alumnado é galegofalante.

-SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO

A nivel de centro emprégase o galego en todas as actividades de transmisión da información:


atención ó público, notas informativas,convocatorias para o consello escolar, o claustro, reunións ,
notificacións, entrevistas coas familias...

A ANPA do centro posúe uns estatutos que están redactados en galego e en tódalas
comunicacións utilizan o galego.

Todos os documentos como P.E.C, P.C.C, R..R.I memorias, programacións, proxectos... están
redactados en galego.

O plan específico para e ensino da lingua galega no centro conta cos seguintes obxectivos:

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

-Lingua e Literatura

♦ Acadar os obxectivos propostos na programación establecida para este curso.

♦ Coñece-las particularidades da lingua da comarca valora-la e respecta-la como se


merece.

♦ Elaborar traballos e unidades didácticas relacionadas cos centros de interese propostos


para este curso. 7

♦ Facer investigacións sobre lingua e literatura alusivas a zona, escritores, personaxes,


...

-Ciencias Naturais e Sociais

♦ O ensino desta materia está totalmente normativizado. Continuar nesta liña


programando e facendo actividades, probas de control e avaliacións.

♦ Realizar unidades didácticas de temas elixidos e dos contidos de cada ciclo.

♦ Traballar xeograficamente cada recuncho desta zona, do concello e da bisbarra


descubrindo o valor cultural das tradicións e as festas que son a nosa identidade.

-Outras áreas

♦ Ampliar o vocabulario sobre as disciplinas de Relixión, Matemáticas, Educación


Física que dende hai algúns anos impartense en lingua galega.

♦ Facilitarlles libros de consulta, de lectura, revistas, cadernos, para facer traballos


relacionados con estas áreas.

Teremos en conta a afectividade, facendo que se sintan orgullosos da súa cultura e da súa
lingua.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

O material didáctico e recursos dispoñibles cos que conta o centro para levar a cabo
ditos obxectivos

O Centro conta cunha nova biblioteca, froito do traballo dun seminario permanente de
formación do profesorado, dotada de libros de consulta e lectura para tódalas idades.

As enciclopedias, diccionarios,... e outros libros de maior tamaño, están na biblioteca, e os 8


alumnos poden utilizalos sempre que queiran para os seus traballos.

En todas as aulas dispomos da biblioteca de aula que a utilizamos como recurso e na cal
dispoñemos de coleccións en galego que os nenos poden usar e tamén levar para casa.

Contamos con algo de música clásica e de cantautores galegos.

En vídeos, os que nos remiten os Organismos Oficiais e os que se mercaron coas axudas
do Departamento de Normalización Lingüística.

Recibímo-los xornais que circulan pola nosa Comunidade e varias revistas educativas.

Nas aulas dispoñemos dun ordenador e unha impresora para que os nenos elaboren os seus
traballos ou traballen nos cd educativos que afianzan máis os contidos propostos para o ensino do
galego. Aínda que son antigos e a maior parte das veces non funcionan adecuadamente.
Solicitouse novo material informático e audiovisual para o centro pero apenas remiten nada dende
a Consellería.

Seguimos traballando no encerado dixital da que dispomos dende hai un par de anos, dita
ferramenta utilizaremos este ano, e coa cal planificaremos actividades de dinamización
lingüística. Ademais os mestres/as estamos a facer un seminario de formación sobre o uso
didáctico do encerado dixital e o coordinador e director do centro esta ademais a facer un
postgrado de Especialista en Internet e encerado dixital. Os mestres/as temos formación en EDI.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Dispoñemos do blog da Biblioteca http://bibliotecaceipocastineiro.blogspot.com.es/ no cal


aparecerán os nosos traballos colgados e no, e da que queremos facer partícipes a toda a
comunidade educativa.

No presente curso estamos a desenrolar un programa de formación no centro entre o


profesorado denominado “ Deseño e aloxamento de páxinas web” non que estamos a actualizar a
web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro/

3.- OBXECTIVOS

-OBXETIVOS PARA O CONTORNO

Desenvolver proxectos de recuperación histórica local en colaboración coas entidades locais.

Implicar a nosa comunidade educativa na realización de actividades nas que se reafirme a nosa identidade e
participando con criterio nas tarefas de planificación e dinamización lingüística.

Valorar a lingua galega dende o seo familiar en termos de utilidade e de prestixio social

-Obxectivos para o profesorado

Participar nas diferentes campañas ,cursos, seminarios de dinamización lingüística promovidas


polo secretaría de política lingúistica

P romover a formación lingüística,didáctica e sociolingüística do profesorado

Utilizar a búsqueda de recursos para elaborar actividades referidas as diferentes


festas,conmemoracións e tradicións da nosa cultura.

◉ Informar o alumno, profesorado, familias e persoal non docente sobre os obxectivos

lingüísticos do sistema educativo que promovemos dende o equipo de coordinación


lingüística asi coma o seu labor como promotor de dinamización lingüística

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

-Obxectivos para o alumnado

◉ Fomentar o uso da lingua galega tanto na linguaxe oral como escrita, a través de

xogos, contos, festivais, representacións... reforzando a súa dimensión comunicativa e


instrumental en relación con contextos vivos. 10

◉ Promover a ánimación á lectura en galego a través da biblioteca do centro e de aula

como fonte de placer e de sabedoría, que nos leve ó enriquecemento persoal e con el á
mellora da sociedade.

◉ Informar e participar das campañas e actividades culturais organizadas polo concello,

asociacións que teñen como finalidade a promoción da cultura galega.

◉ Utiliza-los medios audiovisuais e de comunicación como fonte do proceso de

aprendizaxe que axuden a percibir a utilidade da lingua galega.

Adquisición por parte do alumnado da competencia (comprender,falar,ler,escribir) na lingua


galega

-Obxectivos para o centro

-Adercuar os obxetivos e os contidos do que se pretende conseguir en relación a nosa lingua e os


diferentes niveis educativos

-Informar dos concursos e promover actividades que fomenten o uso do galego.

-Alcanzar un uso maioritario do galego na docencia entre os docentes e nas relacións escolares en
xeral

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

-Garantir unha oferta de materiais didácticos de calidade , en soportes diversos que fagan atractivo
o proceso de aprendizaxe e que axuden a percibir a utilidade da lingua.

-Manter relacións coas diferentes asociacións , entidades locais para organizar actividades da
promoción da cultura e da lingua galega.

-Realizar unha memoria ó final do curso escolar avaliando o uso e a normalización do galego asi
como a consecución dos obxectivos propostos.
11

4- DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Para este curso 2018-19 propoñemos a realización das seguintes actividades na que
contamos coa participación dos diferentes membros da comunidade educativa.

-Actividades para o contorno

-Concurso de carteis para promocionar as festas máis importantes ( O Samaín, Nadal, Entroido,
Santo Cristo....).

-Tamén asistiremos a un taller un artesán de Laza nos explicará nos explicará como traballa na
realización do bombos do Entroido e demais aparellos de percusión, coñeceremos as ferramentas
e os materiais que utiliza para a súa creación.

-Invitaremos a xente do pobo a que nos expliquen as orixes do Entroido.

Realizaremos un contacontos no que os pais e os avós contaranos contos, lendas,


refráns,adiviñas... de cando eran cativos.

Seguiremos co coñecemento dos nosos pobos: Alberguería. Visitarémo-los pobos e as zonas mais
representativas: onde se celebraban as populares festa, as igrexas e as súas influencias no seu
deseño, rúas, etc. . Pediremos a colaboración dos veciños para que nos amosen ditos pobos.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

ACTIVIDADES PARA O PROFESORADO

-Buscar recursos e fontes bibliográficas para programar actividades relacionadas coas diferentes
celebracións,conmemoracións ó longo do curso.

-Elaboración de materiais didácticos en galego, este ano ímonos centrar no entroido coñecendo as
partes do traxe do peliqueiro a través do programa clic sinera e utilizando as novas tecnoloxías 12
como a pizarra dixital ou a páxina web do centro.

-Continuar co blog no que se reflicten os traballos dos nenos , os concursos nos que participaron..

-Ambientación do centro adornando tendo en conta as celebracións que imos a traballar( o


samaín, o magosto, o nadal, o día da paz, o entroido, ,o día do libro, a semana da prensa, o día das
letras galegas...)

- A maquetación e a recopilación dos traballos dos nenos que se van a presentar nunha revista
escolar para final de curso.

-Recopilar e analizar as encuestas que os nenos fixeron sobre o uso do galego e as actividades
que promoven, para manter vivo o uso do galego asi como as tradicións, nas diferentes entidades
locais ( concello,protección civil ,a BRIF, o centro de saúde e as asociacións culturais.

ACTIVIDADES PARA OS ALUMNOS/AS

Recollida de historias de medo,contos,xogos de terror lendas que coñezan os seus pais, avós e
outros familiares para celebrar a festa do samaín. Escribiranas e logo faremos un relatorio.

Adquirir fondos fotográficos e documentais sobre as tradicións e festas da nosa localidade.(o


magosto, o nadal, o entroido, a procesión dos caladiños, a festa do santo cristo..).Exposición de
ditas fotos no colexio.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Elaborar adornos con material de refugallo para celebrar as diferentes conmemoracións que imos
realizar ó longo do ano coa aportación dos pais

Recopilación de recetas dos productos típicos que se comen nas diferentes festas da zona (
recetas que leven castañas xa que estamos nun sitio onde hai moitas castañas, a bica de laza,... e a
súa difusión ven a través do blog ou da páxina web para que as coñezan noutras zonas.

Faremos unha exposición dos productos propios do outono que os nenos recollerán e levarán o
nome en galego . 13

Celebraremos un festival de Nadal onde representaremos obras teatrais, cantaremos panxoliñas,


contaremos contos...

Participariamos nun foro a través da nosa páxina web onde cada neno expresara o que é para el a
paz e poderiamo-lo compartir con ourtros centros da comarca.

Utilizariamos a pizarra dixital para traballar cos materias que fixo o profesorado e que teñen
relación co entroido , como vestir a un peliqueiro e outros que poidan xurdir. Todos os nenos do
centro participaran en dita actividade.

Os nenos elaboraran un libro viaxeiro no cal reflectirán que libros leron en galego, que libros len
ou leron os seus pais, avós cando eran cativos.

Os nenos tamén poden traer das súas casas libros en galego que posúan,tamén dos seus pais, avós
para compartilos cos demais nenos, familias facendo asi un intercambio de ditos libros
promovendo asi a animación á lectura en galego.

-Os nenos de 4º, 5º e 6º de primaria entrevistas con personaxes do contorno lle preguntaremos
que actividades promove dende o concello para a dinamización da lingua galega durante este ano,
así como o uso que se fai da lingua nesta institución.

-Visitaremo-a BRIF e coñeceremos as súas instalacións, os empregados, as funcións que teñen


cada un, o idioma que empregan para dirixirse ó público...

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

-Visitarán a páxinas webs do concello para ver o uso do idioma e a importancia que lle dan a
cultura e como traballan para promover o galego

-Recopilación de novas que teñen que ver co Concello de Laza nos distintos xornais fixándonos
na lingua que empregan

-Por un día seremos xornalistas e escribiremos unha nova na que damos a coñecer o noso pobo ,
as súas festas, tradicións, costumes, personaxes desta comarca..
14
Realizar encuestas as familias,as entidades locais para ver como empregan o uso do galego no seu
traballo, na súa vida familiar ,cos amigos...

-Elaborar e recopilar traballos para confeccionar a revista escolar atendendo as diferentes festas e
conmemoracións que se van a celebrar no centro.

-Semana das letras galegas: na cal recitaremos poema do escritor o que se lle adique este día ,
representacións teatrais dalgunha obra do escritor. Podemos por música a algún poema, conto...

Teremos un/unha escritor/a de contos infantís en galego para que nos faga a presentación dos seus
libros .

En Laza celebrase a festa do Santo Cristo que ten moito arraigo popular ese día fanse unhas
representacións e saen uns danzantes a bailar, invitarémolos a que nos conten a historia desta
festa e nos ensinen dita danza para que os máis pequenos sigan coa tradición.

Etc. (VER ANEXO II)

Actividades do centro

-Actualizar e normativizar os diferentes documentos do centro como O PEC,PCC,RRI...

-Elaborar novos proxectos en galeago normativizado como o de convivencia, o plan tic, o de


acción titorial,o lector o de dinamización do galego...

-Adquisición e ampliación de material bibliográfico para a biblioteca do centro en galego para


manter a campaña de animación á lectura en galego.

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

- Organizar un día de portas abertas onde se poidan reencontrar alumnos ,mestres que pasaron
polo colexio, intercambiar experiencias...

-Promover a reforma dos estatutos da ANPA, normativizalos e implica-la na realización de


actividades extraescolaress que dinamicen e promovan o galego.

-Realizar unha memoria e unha avaliación final do curso para ver que uso se lle deu o galego nos
diferentes actos promovidos dende o centro.
15
Si ó longo do curso xurde algunha actividade que consideramos de interese ou positiva
para conseguir un desenvolvemento positivo da nosa lingua non dubidaremos en traballala aínda
que non conste nesta programación xeral.

Algunhas actividades, fotos, videos aparecerán na páxina web que temos no centro e que
antes mencionei.

- ESTIMACIÓN DO CUSTO PARA REALIZAR AS ACTIVIDADES.

Os gastos necesarios para a organización de programas e actividades en galego, que


teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos
compoñentes da comunidade educativa do centro son os seguintes:

Organización de actividades e programas: celebración da Semana das Letras Galegas con


exposicións, teatro, contos, danza, achegamento dalgunha figura ilustre no eido das letras...; festas
tradicionais e conmemoracións típicas ( magosto, Nadal, entroido...).

- -Material funxible para a elaboración de paneis, contos,encuestas , revistas, tarxetas de


parabéns... que teñan relación coas actividades a desenrolar

- -Adquisición de libros de lectura e consulta para uso do alumnado, que repercuta no


uso da nosa lingua e contribúa ó aumento de vocabulario.

- Gastos para a tirada da revista escolar, imprenta, cd, lápices de memoria, tinta,
fotografías...

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14


PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

5.- CADRO RESUMO DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES (CON ORZAMENTO)


Tódalas actividades que reflexamos teñen que ver coas diferentes conmemoracións
que imos celebrar ó longo do curso:

TEMPORALIZACIÓN ACTIVIDADE RESPONSABLE DESTINATARIOS ORZAMENTO


1º,Trimestre -Realización Todo o equipo Todos os nenos de 175 euros
de disfraces, de normalización educación Infantil,
debuxos, lingüística Primaria 16
murais,
pegatinas,
contos,
costumes que
teñan que ver
co Samaín, o
Magosto
-Festival de
Nadal

2º TRIMESTRE -Entroido Todos os mestres Todos os nenos 50 euros


-Semana da
paz
-Semana
Escolar da
Árbore e da
Auga
-Día do libro,
marcapáxinas
3ª trimestre -Xornalista O equipo de Todos os nenos 75 euros
Infantil e normalización
xuvenil lingüística
-Revista
Escolar
-Semana das
Letras Galegas

Laza 13 de febreiro de 2019


Vto e Prace
O COORDINADOR e DIRECTOR 2018-19
Carmen Garrido Fernández

Cod.: 32015165 - R/ Castiñeiro 1, 32620 Laza (Ourense) - Tel. Fax.: 988 42 20 14