You are on page 1of 8

¿Quen son eu en realidade? ¿Onde estou? ¿É isto un soño?. Desperta, desperta, desperta...

-Xa despertaches, alegrome -dixo alguen-.

Encontrábame nunha extraña habitación tumbado nunha cama. Un leve resplandor procedia dunha ventá, pero non foi

iso no que me fixei. Dinme conta de que o meu corpo e as miñas mans estaban rodeadas de canles de varios cores e

grosor, nin sequera podia mirarme as unllas xa que nelas tiña unha especie de pinzas.

Xireime e puden comprobar que unha rapaza estaba ao meu lado axeonllada no chan, coas mans apolladas na cama e

mirandome profundamente.

-¿Que se sinte?-dixo ela vacilante-.

-¿Que se sinte de que?.

Non sabia a que se referia. ¿Que era o que tiña que sentir?

-Refirome, ¿que se sinte ao soñar ?.

-Pois non sei, sinto que despertei dun pesadelo, pero ¿Que me queres dicir con iso? Dilo dunha maneira... como se non

poideses soñar.

Ela soriume docemente. Quedou un momento calada, pensativa e delicadamente levantou a sua man pola cal se

asomaba un sinalante dedo indice. Mirei unha especie de tubos e pipetas de ensayo xigantescas que bombeaban un fume

de distintos cores e matices.

-Estamos no planeta Cerelia, onde os soños non existen. Ti eres o “creador de soños”, de feito se ves o interior deses

tubos, todo ese fume de cores chamativas son os teus soños.

-Pero...¿Que demos estás dicindo? ¿De que vos sirven os meus soños? ¿Por que estou aquí? ¿Quen es ti? ¿Que diantres

e Cerelia? ¡Responde!...Responde...

-Por favor calmate non queria molestarche co que che dixen, perdoame respondereiche o que me preguntaches antes o

mellor que poida. Agora mesmo estamos no planeta Cerelia tamen chamado “Terrae” en recordo do planeta Terra e ti...

-¿O planeta Terra?

-Claro, o planeta Terra...¿a que ven esa pregunta?

-Ese nome... Terra... resultame tan familiar...pero non sei de que.

-Pero como non o vas saber, ti eres o último ser human con vida, eres o legado lexitimo dunha civilización xa extinta.

Nós somos chamados “inexistentes” necesitamolos teus soños pra seguir con vida, por decilo dalguna maneira os soños

pra nos son como a comida pra ti.

Xirou a cara avergonzada do que dixera nese momento e pareceume ver que xonroxavase a causa de non saber como

seguir nese momento.


-Un momento, se eu son o último ser human... ¿Que lle pasou a Terra?-dixenlle mirandoa fixamente-.

Nese intre parei e mirei os seus ollos. Absorbentes, indescriptibles, capazes de competir con calquera das antigas

maravillas do mundo. Uns ollos semellantes a oceanos nos que miraba o meu propio reflexo. Os seus cabelos eran

loiros e chegabanlle ata os hombros.

-Eu...¿De verdade que non recordas nada?-dixo ela mirandome cunha cara extrañada-.

Estabame a impacientar, non sabia que demos estaba ocurrindo na miña mente neses intrés era como se tibese un

microclima no meu cerebro que me impidise amosar os recordos do seu interior.

-¿Teño pinta de estar bromeando?- dixen farto-.

-Está ben, está ben. O planeta terra converteuse en po estelar tras sucumbir as múltiples querras que ocorreran nel. Unha

das bombas botadas polo ser human fixo que o nucleo interno da Terra aumentase ata o limite de explotar e

esnaquizarse a si mesma e extinguir a todos os seres que habitaban nela. Ti eres a única excepción, chegaches a nós

nunha especie de cabina metalica que contiña alimentos e unha especie de liquido traslucido, o cal nestes intres estamos

a investigar.

Non puden evitar contela risa, parecia todo tan...como describilo...

Tan...artificial. Iso é, artificial. Que tipo de persoas son as que non recoñecen a simple vista a auga. Ata non

recordandome a min mesmo podería lembrarme desa fonte de vida. ¿Lembrarme?

¿Que estou dicindo? ¿Que demos me está a pasar? Fai un intre non recordaba nada de min mesmo e sen embargo podo

recodar que é a auga e lembrarme do nome do planeta no que supostamente nacera.

-É mellor que o deixemos por hoxe prefiro non atosigalo moito “Creador”- Dixo levantandose, a vez que deixaba ver

un largo vestido azul con mangas largas- virei dentro dunha hora mais ou menos.

-¡Espera!

Gritei inesperadamente. Ela xa estaba na porta nese momento pero xirouse bruscamente e miroume.

Inocente e eu espectante, así que seguin falando:

-¿Quen es ti?, quero dicir, ¿Cal é o teu nome?.

A habitación quedou en silencio. Non devia esperarse esa pregunta, sen embargo soriume docemente de novo e pechou

os ollos mentres dixo o seu nome.

-Aria.-dixo- O meu nome é Aria, encantada de coñercerte “Creador”.

Quedei enbelesado e mirei como marchou. Minuto tras minuto pensaba no que Aria me dixera, segundo trás segundo

martirizabame a min mesmo por non ser capaz de recordar o meu nome. Intentando recordar algo por pouco que fose,

algo que me dese unha pista pra poder seguila e encontrar un rumbo fixo pra descubrir a miña identidade. Estaba

esgotado pero ainda así intentaba seguir pensando, por que neses instantes era o único que podia facer. Os meus

parpados devilitabanse e enseguida pecharonse, dando paso a un soño.


“Nevoa. Estaba xurmerxido nunha intensa nevoa e camiñaba apresuradamente por temor a que algo extraño pasase

naquel día. Sentia o cheiro da masacre que estaria por vir, o fume do desconsolo e a polvora na pel dos inocentes. Así

que apurei o meu paso ainda mais, levando como unicos compañeiros ó temor e as dubidas. Pero sentín que aprexaban

o meu brazo, e parandome, procurei xirarme o mais amodo posible.

Sentinme aliviado de poder ver a sua cara, o seu pelo, e os seus ollos azuis neses instantes. O caso e que foi a súa man

quen nese intre me fixera recuperar a perda de razón, abofeteando fortemente a miña meixela.

-¿Onde cres que vas? ¿Pensas que te vas ir sen apenas despedirte?

Mirabame a min mesmoe a ela coma se estibese nun cine, sendo un dos moitos espectadores que esperan inpacientes o

momento crucial da película.

-¿Que esperabas que fixese Sui? Como dixo o teu pai eu son a única e derradeira esperanza de que a raza humana

quede extinta. Teñome que embarcar nese viaxe espacial antes de que sexa demasiado tarde.

Sorprendeume o seu repentino conportamento, xa que abrazarase a min con todalas suas forzas.

-Sabes que non serei eu quen che inpida irte, xa que o fin e o cabo, de todo o que nos rodea non quedará nada dentro

de pouco.

-¿Poderia saber enton por que me abrazas?

Agachou a cabeza pero seguiu abrazandome e esta vez un pouco mais forte. Cando levantoua sua cara puden mirala

claramente e un pensamento fugaz pasou pola miña mente.

-¿Poderia bicarche como o meu último agasallo de despedida?-dixome rindo a vez que polos seus ollos asomabanse

unhas lagrimas- Isto será o último que che pida antes de marchar, prometocho.

-¿Pra que necesitas un bico meu?-dixen subitamente xirando a cara non con desprezo se non con indiferencia o que me

estaba a pedir-.

-Por que pra min o teu bico e a única esperanza que necesito-dixome-.

Nunca a mirara tan serie, tan decidida. Sen embargo non fun eu quen buscou a sua cara se non que foi ela quen

buscou os meus beizos. E nese intre sentin un calor indescriptible.

-Non digas iso..

-¿O que?-dixo Sui perplexa-.

-Non son eu o que trae esperanza, podeira ser calquera persoa deste planeta, sen embargo fun eu a quen escolleron

pra que a nosa raza prevaleza.¡Fun eu! Eu non seria capaz de salvarme nin a min mesmo e ainda así estou aquí...

-Ti eres a resposta a unha gran pregunta- dixo acariciando o meu pelo- ¿De verdade que non te das conta diso?.

-¿De que me teño que dar conta Sui? ¿De que demos me teño que dar conta?

Perdía os nervios con cada rumbo co que xiraba a converscación sen embargo ela parecia totalmente calmada,
pensativa.Levantou a sua cara e miroume aos ollos. Soriume.

-Ti representala esperanza, non por ser o único de todos nos que sobrevivirá. Tempo ao tempo, daraste conta do moito

que vales.Alcanzareite mais tarde, adeús ...”

-Fin do seu soño “creador”.

Aria estaba ó meu lado de pé, de novo sorindo, pero esta vez dinme de conta de que nas suas mans tiña un interrumptor

que conectaba coas probetas que contiñan os meus soños.

-¿Que é iso das tuas mans Aria?

-Isto pois- dixo mirandome e agochando as mans detrás da espalda- nada especial. É o que nos chamamos un

“detonador de soños”.

Quedei coa boca aberta. Non tiña nin a mesmisima idea de que me estaba a falar, pero no fondo faciame gracia, ainda

que eu non sabia que nuns intres todo cambiaria de rumbo.

-¿Un que?- dixen perplexo-.

-Un “detonador de soños”-dixo ensinadome o extraño mando nas suas mans- Premedo este botón podemos facer que un

soño remate de supeto.

Levanteime ainda que o meu corpo estaba totalmente cheo daqueles extraños canles. Rabia, ira, odio. Cheo de

sentimentos mesturados que facian que a miña furia afogase o meu corazón neses momentos. Collina Aria polos seus

brazos e apreixeina.

-¿Pero ti quen cres que es pra me facer iso? ¿Daste de conta do que acabas de facer?- dixen zarandeandoa dun lado a

outro- Maldita sexas.

-Pero... ¿Que é o que fixen?- dixo atemorizada- ¡Sólteme! Faime dano. ¿Que é o que fixen?, explíquemo.

Consegiu librarse da forza das miñas mans e separouse ata unha esquina da habitación, ó lado da ventana que emitia a

pouca luz daquel cuarto e na que as cortinas non deixaban ver nada do exterior.

-Sui, eu, o meu nome.-dixen perdendo a calma con cada segundo pasado- Ela estaba a piques de dicilo meu nome.

¿Daste conta diso? O meu nome, a miña identidade. Pero claro, como te vas dar conta ti diso. Ti non necesitas saber

quen eres, vives nun mundo rodeada con todo o que queres, ¿Que é o que necesitas aparte dos meus soños?.

Non o soportaba mais . Dun golpe arranquei todo o canleado que me ataba a esa maldita maquinaria e sain daquela

habitación. Comecei a correr polo pasillo no que me encontraba, con cada paso, dando voltas, eu seguia correndo. Non

lembro candas veces baixei escaleiras nin cantas crucei portas, so lembro que cando cheguei a porta de saida daquel

edificio puden ver cos meus ollos o paixase que se asomaba fronte a min. Definitivamente non era nada do que eu me

esperaba.
Carreteiras de asfalto nas que o lado erguianse uns xigantescos edificions futuristas, os cales posuian nas fachadas

unhas enormes pantallas parecidas as de un ordenador, pero das que neses momentos so se podian ver raias de

interferecias.

A pesar disto os arbores que había estaban secos e as suas follas murchas. Alguns dos xigantescos edificios ofrecian

tamen un estado deplorable, xa que lles faltaban anacos das paredes as cales tiñan un color cobrizo. Non me fixo falta

acercarme pra ver que enfrente ós meus pes asomabanse unhas escaleiras. Pero o que si que non aguantei ver foi todo

aquel sangue, xa que moitos dos peldaños daquelas eescaleiras tiñan manchas de sangue.

Miseria, fame. Podiase respirar tensión no ambiente camuflada por todo aquel fume gris que aprecia unha espesa nevoa.

Din un paso atrás tanteando o terreo, sen pensar en nada, coa mente totalmente en blanco por todo aquel paraxe infernal.

E mentres di aquel paso choquei con alguen o algo detrás miña.

Xireime rapidamente incorporandome e poñendome a vez en pose defensiva cos puños en alto.

Alí estaba ela. Aria.

Tiña a cabeza agachada e camiñou ata que por fin estibo ó meu lado. Incapaz de manterme en pe fixen un poder pra non

carme de rodillas. O seu pelo tapaballe os ollos mentres tibo a cabeza agachada, eu so lle podialle ver os beizos. Nese

momento estaban firmes, inmoviles e dos cales non se asomou esta vez un doce soriso como o que me tiña acostumado

ensinar. Eses instantes pareceronme eternos, pero de pronto comezou a falar.

-¿Daste de conta de por que necesitamolos teus soños agora?- dixo mirandome fixamente os ollos- Belaí tes o noso

planeta sumido nunha desesperación que terminará con nós como lle pasou a terra.

A sua voz era firme e nela podia distinguir un atisbo de tristeza, non podia dicirlle nada mais, nada que puidese

recordarlle todo aquilo, nada pra ofendela, nada. Quedei calado unha vez mais sen que os meus beizos puidesen emitir

unha nova palabra pra calmala. Cobarde. Iso e o que fun nese momento.

-Toda a xente de Cerelia precisa dos teus soños pra mantela esperanza que necesitan, soamente pra que a sua vida sexa

un pouco mais amena a pesar de que eles queiran que acabe de contado.- a sua voz quebrase con cada palabra que

pronunciaba- Neste planeta remataron as aspiracions da xente, o seu futúro e o seu presente esta tirados polo chan como

se fosen zinza. Ti eres o creador de soños, por iso, ainda que sexa pouco, gustariame pedirche que nos otorgues alguns

dos teus soños por estes días pra que gardemos un pouco de esperanza.

-...Eu...

-Por favor non diga nada mais, soamente diga que si. Nestes momentos pensará que son unha egoista pero prefiro seguir

sendoo a ver como as persoas deste mundo condenanse día trás día.

Quedei paralizado, perplexo por toda aquela información que almaceaba a miña mente como se fose unha esponxa de

baño que absorbe auga. Aria mirabame fixamente de novo e foi esta vez cando decindinme a falar.
-Esta ben – dixen incorporandome- Esta ben fareino, pero prometeme que non usarás o detonador de soños nunca mais

conmigo. Se soño algo quero chegar con iso ata o final, quero saber quen son e quero verme a min mesmo cos meus

ollos.

Desviei a miña mirada e coa miña man tapeime a boca, estabame poñendo colorado de vergoña por aquilo que acababa

de dicir, pero ela mirabame de novo unha vez mais. O difenrente nela e que esta vez si que me estaba sorindo.

-Sabia que diria iso por que vostede representa a esperanza.

Os meus ollos abrironse como pratos. “Ti representala esperanza”, iso forá o que me dixera Sui no soño que tibera. De

novo volvin quedar mudo. Pero esta mudez non durou moito xa que cando lle ia pregunta a Aria onde escoitara iso, en

todalas grandes pantallas dos edificios apareceron escritas unhas letras que terminaban cunha firma de alguen que eu

non coñecia. Isto é o que dicia:

“Maldade, demasiada maldade. Devastando cada rincón deste planeta mesturanse ideais difusos polas batallas.

C un paso adiante podo vela cantidade de inocentes agochados, de cuclillas, refuxiados, cobixándose en lugares dos

que a xente xamaís sospeitaría.

N un destes lugares estoe eu.

Por un lado apoiando ós inocentes pero por outro levanto a vista as miñas mans e nelas miro a arma, detonante desta

guerra.

Agora estou resolvendo o misterio sobre o paso que debo tomar, se debo seguir matando ou morrer axudando.

J.A.Sorrow”

A pantalla permaneceu uns minutos mais con ese mensaxe e despois volveu emitir aquelas raias, as que parecian que

descodificaran un programa. Eu entretanto non sabia que era aquel mensaxe nin podia supoñelo seu significado nese

momento. Mirei pra Aria esperando unha resposta concisa e ela mirou pra min nese intre sabendo o que lle ia preguntar.

-Esas pantallas mostran os últimos pensamentos das persoas que morren nestes instantes. Isto é por dicilo dunha

maneira mais concreta, o seu epitafio.

Quedei pensando un intre e enseguida respondin:

-Enton iso e o que pensa calqueira persoa, pero esper,-dixen pensando cada palabra- antes dixechesme que Cerelia

estaba decaindo pouco a pouco e que os seus habitantes precisan os meus soños pero... ¿Que está a pasar aquí

realmente?

-Todo isto é consecuencia das guerras que amenazan o noso planeta constantemente.Guerras por orgullo, por unha

xustiza que nunca acaba por chegar, por hipocresia, por todo aquilo que a xente ambiciona. De feito este planeta

chegará ó seu fin dentro de pouco, todolos seres que habitamos nel seremos destruidos nun instante sen darnos conta.

Este planeta pretende destruirse a si mesmo antes de ter que ver todo o que está a pasar.

Nas pantallas dos edificios puideronse ver de novo os mensaxes das vitimas recentes, pero non coma antes. Os
menxases pasaban rapidamente, incapaz de ler o seu contido. Tantos nomes. Estaba a pensars se habria alguen que se

lembrase deles, pero tamen dabame conta de que non habia ninguen que se fose lembrar de min se eu morria.

Aria estaba de rodillas no chan, aterrada. Queria gritar pero iso foi algo que nese momento non surtiu efecto. Sen

pensalo duas veces agacheime, collina da man e intentei que se levantase do chan.

-¿Que está a pasar agora , Aria?

-¡As pantallas perderon o control!, moitas persoas estan morrendo agora mesmo. Moitisimas. Mirei que morresen duas

ou tres de seguido pero nunca tantas, algo está a pasar aquí. ¡Fuxamos de contado!

Seguia apreixando a sua man pero ela non se daba levantado, estaba paralizada polo terror e as pernas non lle

respondian.

-Marchate, ti es mais importante ca min nestes momentos.- dixome soltando a miña man- Alcanzareite mais tarde.

De novo o recordo de Sui habitou na miña memoria, pero non foi por iso que me decidin a dar o seguinte paso.

Collin o corpo de Aria, o cal pesaba menos do que imaxinara, e subino a miña espalda.

-Fai o favor de agarrarte forte, marchamos daquí.

E comecei a correr sen norte nin rumbo fixo, seguindo pasos invisibles os cales non me conducirian a nada mais ca o

vacio. Con cada paso os edificios derrumbábanse, con cada pisada as árbores mortas caian e con cada ollada a terra

tremia. Seguiamos adiante sen mirar atrás, erámos Orfeo e Eurídice cun borroso destino por diante dentro do Hades,

onde a luz do sol non chega.

-¿Por que me salvaches?-dixo Aria-.

Parei de correr un intre , mireina e respondinlle:

-¿E por que non teria que salvarte?- dixenlle, mirandolle a cara e sorrindo

A terra seguia tremendo cada vez mais forte ata que unha brecha atravesou a metade do solo onde eu pisaba, e onde

comezou pouco a pouco a abrirse dandome tempo a elexir pra que lado ir.

Estabamos aterrados. Cerelia morria cada segundo que pasaba, non tiñamos onde ir, onde refuxiarnos. Aínda así

seguiamos adiante, mordento o vento, desgastando o noso alento e correndo moito mais ca luz.

-Todo está chegando ao seu final-dicia Aria chorando irremediablemente- Non xreo que nada peor ca isto poida pasar...

BUM!

Un, dous, tres. Desperta.

-¿Onde estou?-respondin-.

-Estamos onde temos que estar- dixo unha voz-.

Coñecia esa voz , erame familiar, escoiteina os úlitmos dias nun lexano planeta. Aria, era Aria. Ela estaba enfrente miña

e as nosas mans aferrabanse firmemente sen nin sequera pensar en soltarse, e de pronto mirei o meu arredor. Todo o

universo, o espacio infinito, estrelas , galaxias e cometas. Pero iso non podia ser, claramente se estivese no espacio
faltariame oxiseno. Mirei pra os meus pés e puiden comprobar que estaban pisando terra. Estabamos no centro dun

pequeno circulo de terra que orbitaba polo espacio, e no que ainda así podíamos respirar algo que nin sequera sabia dicir

se era aire ou non..

-Aria... ¿Que facemos aquí?-dixen alarmado- ¿Que pasou con Cerelia?.

-Temos todo o tempo do mundo pra falar. Cerelia desapareceu no infinito deixando trás de si un amargo cheiro a

soidade. E nós estamos aquí, pero non sei o por que.

-Aria, ¿Quen es ti realmente?- mireina fixamente- necesito sabelo.

-Habitei na terra unha vez, pero cando o planeta esta a piques de destruirse uns cientificos mataronme. Fixeron isto

procurando que no último suspiro de vida puidesen recollela miña alma e crioxenizala. A miña alma foi lanzada o

espacio e chegou a este planeta reencarnandose en quen son agora mesmo.

-... Non pode ser, ¿Lembraste do teu nome?

-¿O meu nome? O meu nome...- dixo pensativa- ... o meu nome era Sui.

O tempo parouse nese instante, no momento en que todo deu comezo.

-¿Lembraste de min?- dixen- ¿Do noso último día xuntos? ¿Lembraste do meu nome?

-O teu nome, si, algo lembro. O nome dos nomes, cando o escoitaba inundabame un profundo sentimento de paz. Un

nome feito a medida, sen dubida ese é o teu nome.

-¿Cal é?-dixen finalmente-.

-Kiri...

O comezo parou o tempo, e o final detivose nese mismo intre. Abraceime a ti docemente e nunca mais te solttei.

Combatendo a morte ata o fin do mundo, pronunciámolo nacemento dunha nova vida:

“Neste banquete de riquezas, neste fogar de tesouros,

entregamos de novo as nosas xoias pra facer feliz a mais dunha persoa.

Seguimos estando aquí e pese a todo seguiremos soñando. Os nosos sentimentos enriquecense con cada entrega e nos

mesmos facemonos pobres.

Pero pese a todalas adversidades, teño algo que supera en valor a todo e agora mesmo é o que estou abrazando.

Seguiremos así sempre, eu contigo.

Unha vez mais neste noso mundo inexistente.”

Este non é o final da vida neste universo, este é o comezo do que somos ti e eu. Este é o reflexo da vida dunha persoa, a

vontade dos sentimentos. Esta é a primeira paxina dunha lembranza que nunca terá fin.

O meu nome é Kiri, e esta é a miña historia.

Related Interests