1
Índice
Auga ........................................................................................................................................ 9
Ciclo Integral da auga ...................................................................................................... 9
Saneamento e abastecemento ...................................................................................... 10
Forestal ................................................................................................................................. 12
Seguridade cidadá................................................................................................................ 20
Policía local ................................................................................................................... 20
Sistema municipal de protección civil (SMPC) .............................................................. 20
Turismo ................................................................................................................................. 25
Medios de promoción .................................................................................................... 25
Cangas a dúas rodas..................................................................................................... 25
Novas iniciativas turísticas ............................................................................................. 26
Lecer ...................................................................................................................................... 26
Festas temáticas............................................................................................................ 26
Ludo Verán .................................................................................................................... 26
Actividades medioambientais ........................................................................................ 26
As noites de Cangas...................................................................................................... 26
Cantos de taberna ......................................................................................................... 26
Cultura ................................................................................................................................... 26
Cultura como ben público .............................................................................................. 26
Divulgación dos bens culturais ...................................................................................... 27
Programación cultural .................................................................................................... 27
Manifestacións que nos identifican como pobo ............................................................. 27
Plan de actuación en materia de patrimonio histórico ................................................... 27
Memoria histórica e social ............................................................................................. 27
Cantas persoas próximas que coñeces, ou mesmo ti, afrontades cada día esta
realidade?
Dende sempre, para esta equipa de goberno esa realidade é unha prioridade; por iso
decidimos apostar por mellorar o que para nós é unha INVERSIÓN na túa calidade
de vida, en contra da opinión daquelas persoas que o consideraban un GASTO.
Aínda así, somos realistas e conscientes de que nos queda un longo camiño que
percorrer para minimizar, na medida do posible, todas as problemáticas derivadas da
exclusión social na nosa vila; razón máis que de peso para implantar un Sistema de
Medición da Pobreza ou exclusión e pedir que exista a nivel autonómico; así como
tamén unha Mesa pola inclusión Social, xa que só partindo de datos reais poderanse
levar a cabo actuacións precisas dirixidas a paliar dita situación no seu conxunto.
1
xestións: garantir cortes por parte das compañías a través da solicitude de
axudas para contrarrestar a vulnerabilidade enerxética son algunhas das
actuacións que queremos levar a cabo nesta materia.
Poderíamos falar de :
● Medio de transporte que facilite o acceso para aquelas persoas maiores soas,
sen recursos ou enfermas ás actividades da vila.
● Formación para a eliminación da Fenda Dixital que aínda illa mais a este
colectivo.
2
● Darlle prioridade á accesibilidade na obra pública municipal, que asegure a
liberdade de movementos das persoas con discapacidade ou dependencia.
3
- POBREZA INFANTIL :
Dispoñer de menos recursos que outras familias non debe ser motivo para que
as túas crianzas se sintan excluídas. Dende esta alternativa reunirémonos cos
Centros Educativos, para traballar conxuntamente cara a actuacións
eficaces que potencien o seu desenvolvemento e ofrezan alternativas á
situación que viven.
Todo elo coa axuda e o apoio dos axentes sociais que participan e impulsan o sistema
público de servizos sociais.
- DROGODEPENDENCIA E ADICCIÓNS:
Na actualidade, a nosa vila ao igual que moitas outras, está a sufrir unha suba
no consumo de droga e non podemos ignoralo. Por elo debemos tomar cartas
no asunto:
4
● Cambiar actitudes e pautas de comportamento consideradas de alto risco, por
outras tendentes ao desenrolo dunha personalidade máis normalizada con
nenos e adolescentes en alto risco.
Dende ACE tamén queremos atallar o que consideramos a nova droga do século
XXI: as casas de apostas que afloran exponencialmente na nosa vila e onde a
nosa mocidade está arruinándose a vida. Por iso, propoñemos novos espazos
para a xente nova, máis vixilancia a este tipo de locais e limitar, na medida do
posible a expedición de licencias para novas construcións deste tipo de locais.
- VIVENDA SOCIAL:
- COMEDOR SOCIAL:
5
2. EMPREGO: EQUILIBRANDO OPORTUNIDADES
A xeración de emprego é unhas das bases principais para o motor dunha vila e da
súa veciñanza. Os Concellos non temos moitas competencias neste eido pero si
podemos activar políticas que axuden a fomentar a empregabilidade e a actividade
económica.
● Potenciar o produto local e apostar pola creación dun mercado Km0, supón
favorecer a economía local (a menos persoas intermediarias máis ganancias)
ó tempo que coidamos do noso medio (redución das emisións de CO2 e dos
residuos asociados) e ofértase ó público consumidor un produto máis san e
seguro.
- FOMENTO DA EMPREGABILIDADE
Tras as altas taxas de desemprego sufridas no último trimestre do 2018, tal como
se acredita no Informe da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que
se pode apreciar que o desemprego na Comarca do Morrazo xa afecta a 4.338
6
persoas, das cales 2.097 son de Cangas, apostamos por impulsar medidas en
diferentes eidos para tentar diminuír ditas taxas.
B) Xestión de Convenios
C) Oferta Pública
D) Axencia de Desenvolvemento
7
F) Persoas emprendedoras / Profesionais en réxime autónomo: Sendo
conscientes que este colectivo é o que actualmente xera máis traballo dende a
crise económica, buscamos un proxecto de colaboración para estudar posibles
medidas de apoio e fomentar a contratación local.
G) Innovación Empresarial
8
3. MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS PÚBLICOS:
PROTEXENDO A NOSA CONTORNA
Dende o Concello procuraremos, dentro das nosas competencias, pórlle freo a esta
situación con políticas que melloren e poñan en valor o noso ecosistema, co fin de
garantir un mellor calidade de vida da nosa veciñanza incidindo sobre aqueles espazos
que inflúen no noso medio ambiente:
- AUGA:
9
Precisamos unha xestión do ciclo integral da auga mediante tres liñas de
actuación diferentes e complementarias:
E para que esta alternativa de xestión sexa sostible e eficaz, o noso proxecto é
a creación dunha Empresa Municipal (Empresa Pública) que conciencie a
veciñanza da importancia dun ben tan escaso como a auga, colabore no mellor
funcionamento dos servizos públicos e un uso racional dos recursos, en definitiva
unha mellor xestión.
É para nós prioritario recuperar a xestión dun servizo cuxa titularidade é pública,
e xestionalo de acordo a uns parámetros técnicos, económicos e ecolóxicos que
escapen do beneficio empresarial, e se centren no ben común.
- CAMBIO CLIMÁTICO:
Pulamos por facer unha política encamiñada a reducir os axentes que constitúen
un perigo para o cambio climático: eficiencia enerxética, uso responsable do
parque móbil, promocionando e potenciando o transporte público; fomentar o
consumo dos nosos produtos (minimizaríamos os transportes), control das
emisións de CO2 por parte das industrias, conservación e ampliación da nosa
masa forestal, educar nun consumo responsable (evitariamos gastos de
produción, menos consumo de auga e xeraríamos menos residuos.)
10
- EFICIENCIA ENERXÉTICA
11
Pechar correctamente o contrato do lixo é algo moi importante para Alternativa
Canguesa de Esquerdas, xa que representa o maior orzamento do que ten que
dispoñer o propio concello, sen abandonar a aposta por un tratamento do lixo
que repercuta favorablemente no peto da veciñanza e unha aposta pola
revalorización dos residuos e pola economía circular que respecte o medio
ambiente.
- FORESTAL:
12
Primaremos a colaboración coas comunidades veciñais de montes e coa
veciñanza en xeral para levar adiante unha política enfocada a pór en valor o
noso monte, tendendo a recuperar a nosa flora autóctona e eliminando de forma
paulatina aquelas especies pirófitas e/ou invasoras que de forma alarmante
están a destruír o noso ecosistema (acacias, eucaliptos, espiños, cortaderia
selloana etc.). Igual que fórmulas para poder manter limpos os nosos montes.
- TURISMO SOSTIBLE
13
O noso patrimonio natural é o maior valor social, económico e de ocio co cal
conta a nosa vila. Pero precisa dunha xestión baseada na sustentabilidade e
respecto medio ambiental.
Un turismo como motor económico pero sempre protector do medio que nos
rodea, e que non implique un encarecemento e perda de calidade de vida da
nosa veciñanza.
14
4. URBANISMO: ACCESIBLE, SAUDABLE E SOSTIBLE
A nosa riqueza paisaxística e medio ambiental é parte de nós. A integración da nosa
vila nesa paisaxe é a nosa responsabilidade. Por elo o noso proxecto traballará en catro
eidos:
Temos que defender o Medio Ambiente e o gran desexo de formar parte da nosa
contorna protexéndoa; é o momento de comezar coa redución progresiva das
barreiras arquitectónicas e do tráfico no centro.
15
ILUSTRACIÓN 1 PROPORSTA PLAN PEONIL
16
- SINALIZACIÓN URBANA IGUALITARIA, PARITARIA E INCLUSIVA:
Para que a nosa vila se vexa integrada e se coñeza como unha vila que aposta
pola diversidade, debemos comezar pola información urbana que filtramos
diariamente: sinais viarios, anuncios ou publicidade. É o camiño para que
desaparezan os estereotipos machistas e as mulleres contemos nas políticas
municipais, no deseño da nosa vila e nos espazos públicos.
Consideramos que para ser unha vila pola igualdade e accesible a toda a
veciñanza non basta con dicilo, temos que demostralo. Apostamos por visibilizar
as políticas de igualdade a través da sinalización urbana.
1. Modelo de vila.
2. Percepción de seguridade.
4. Mobilidade.
17
5. Vivenda.
- OUTRAS MEDIDAS:
- PATRIMONIO INDUSTRIAL
Por iso, ACE valora que é fundamental ter un goberno sen hipotecas que teña
capacidade para recuperar o patrimonio histórico cangués, logrando que ocupe
o lugar preferente que merece Cangas.
18
5. ECONOMÍA, FACENDA E RECURSOS HUMANOS
Este equipo de goberno tivo que asumir a 30/06/2015 unha débeda de máis de
15 millóns que actualmente xa se reduciu á metade. Para poder ter mais
capacidade orzamentaria marcamos como prioridade saír do Plan de Axuste,
tendo como obxectivo facelo no ano 2021. A saída do plan de axuste permitiría
obxectivos como crear a Empresa Pública para poder xestionar e recuperar os
servizos públicos.
Os impostos e taxas é unha obriga cidadá, pero non por iso debe ser un lastre,
por iso desexamos levar a cabo o fraccionamento dalgúns recibos municipais e
así as familias poderán racionalizar mellor os seus gastos mensuais.
- EMPRESA PÚBLICA:
19
Dende Alternativa Canguesa de Esquerdas apoiamos a constitución dunha
Empresa Pública para a xestión dos servizos públicos deste concello para
rematar coa privatización de servizos, como mecanismo de aforro de erario
público.
- SEGURIDADE CIDADÁ
A) Policía Local: Este servizo xa foi dotado de bicicletas podendo intervir de forma
non contaminante polo centro de Cangas e as zonas peonís, pero debemos
seguir mellorando as súas medidas laborais para poder obter mellores servizos.
Polo que consideramos de gran importancia dotala de mais persoal e medios.
B) Sistema Municipal de Protección Civil (SMPC): As competencias municipais en
Protección Civil céntranse nas situacións de emerxencia xeral como son:
incendios urbanos ou forestais, ventos, precipitacións moi fortes, accidentes
industriais, escorregamento de terras, desplomes de edificios ou infraestruturas,
contaminación, accidentes graves no transporte e grandes concentracións
humanas.
Para que poidan resolver ditas emerxencias requiren dunha metodoloxía técnica
e planificada. Isto é imposible se só existe unha persoa ao cargo do servizo,
actualmente non se pode contratar máis debido ao teito de gasto ao que estamos
suxeitos, polo que dotar de persoal a dito corpo é prioritario, e así coa
colaboración da veciñanza levar a cabo un Plan Básico de Guía Resposta ante
os riscos que poidan afectarnos, e dotalos de medios materiais.
20
6. VILA DO DEPORTE: IMPULSANDO VALORES
Fagamos da relación co deporte un dos maiores valores de Cangas. O deporte é
humanismo, integra o mellor das persoas.
Outros:
21
● Pista de tenis do Kenyata: Mellora da pista e xestión do espazo: clubs,
escolas, actividades extraescolares e de libre desfrute (xestionar
horarios).
22
- PISCINA MUNICIPAL “A BALEA”:
Na actualidade o custo que lle supón dito servizo as arcas do concello ascende
a 336.796,75 € anuais e se este servizo se municipalizara suporía un custo as
arcas do concello de 278.344,42 €, o que nos permitiría co seu remanente
(39.000€/anuais) poder utilizalo para investimentos, principalmente para atallar
o grave problema desta instalación en materia enerxética.
23
instalacións clave que máis usan as persoas usuarias. Faremos un estudo
de necesidades do mesmo.
24
7. TURISMO, LECER E CULTURA: SENTINDO A TERRA
a) TURISMO
Cangas non só ten praias e sol, senón tamén un patrimonio cultural e social que
debemos promover, e que se pode desfrutar en calquera estación do ano; desexamos
un turismo sostible que conserve o noso medio natural.
- MEDIOS DE PROMOCIÓN:
25
b) LECER:
O lecer debe fomentar o hábito saudable do consumo do tempo libre para todas e todos,
todas as xeracións e como vínculo social. Ademais de seguir promocionando as festas
actuais tamén queremos buscar outro tipo de lecer como:
nosa vila.
c) CULTURA:
- Potenciar a Cultura como un ben público ao servizo da cidadanía, garantindo
o acceso aos bens culturais de todas as persoas sen distincións.
- Apoiar a creación e divulgación dos bens culturais producidos polas persoas
e agrupacións do Municipio, promovendo a súa chegada a públicos de dentro e
de fóra.
- Potenciar unha programación cultural estable tanto no Auditorio Municipal
como noutros contedores culturais das distintas parroquias ou da propia vila.
- Darlle pulo a aquelas manifestacións que nos identifican como pobo e nos
sitúan no mapa cultural: Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo,
Festivais de Música e Danza, Semana de Cinema, Salón do Cómic, Xornadas
26
Etnográficas do Morrazo, Celebración histórica “A Defensa da Vila. María
Soliña”, etc.
- Xa comezamos co Plan de Actuación en materia de Patrimonio Histórico que
leve consigo a conservación e posta en valor paulatina da nosa riqueza
patrimonial e seguir na mesma liña.
- Memoria Histórica e Social : Desenvolver políticas de memoria social no noso
municipio que poñan en valor a nosa historia dende mediados do S.XIX ata finais
do XX. Unha Historia Social e de loita polas liberdades democráticas. Con
especial atención ao período da Guerra Civil e á Ditadura Franquista. Neste eido
xa logramos nesta lexislatura unha das grandes tarefas pendentes da vila: a
eliminación da homenaxe franquista na fachada da Igrexa de Cangas.
27
8. MOCIDADE: SEMENTANDO FUTURO
Queremos una vila nova, onde a nosa mocidade teña espazo non só no deporte e no
mundo laboral, senón tamén no lecer e na creación; un espazo que fomente a arte e a
cultura, a cooperación e o asociacionismo, onde se favorezan o criterio, o debate, a
comunicación e o entendemento.
● Cineteca
● Factoría cultural: espazo lector e espazo artístico.
● Concertos
● Sala insonorizada de ensaio/usos múltiples.
● Sala de locutorio para crear unha radio canguesa.
Será, en definitiva, un espazo de libre uso para a mocidade, pois o uso excesivo de
medios electrónicos pode ter importantes efectos negativos sobre a conducta, a saúde
e o rendemento escolar. Por esta última razón, tamén queremos incentivar as
actividades ao aire libre, independentemente da idade.
● Escalada.
28
● Trekking.
● Circuíto mountainbike.
● Rutas de Sendeirismo. Circuítos de Enigmas.
● Pesca deportiva, mergullo, etc..
Ademais, seguiremos potenciando o emprego xuvenil, a inclusión e a formación
mediante a escola taller, así como a iniciativa e a innovación coa axuda da axencia
de desenvolvemento
29
9. MOVEMENTOS SOCIAIS E ASOCIACIÓNS
Por todo iso, agradecémosvos moi sinceramente a vosa loita social en defensa da
Sanidade Pública, do Sistema de Seguridade Social e Pensións, a dos movementos
estudantís, feministas do 8M, e LGTBI, de ONGs, e a das asociacións sociais, culturais,
educativas, veciñais, deportivas que mantedes viva a nosa vila.
30