You are on page 1of 5

Xela Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Saltar ata a navegaci�nSaltar � procura
Xela Arias
Xela Arias.jpg
Nome completo Xela Arias Casta�o
Nacemento 4 de marzo de 1962
Sarria
Falecemento 2 de novembro de 2003
Vigo
Soterrado Cemiterio de Pereir�
Nacionalidade Espa�a
Alma m�ter Universidade de Vigo
Ocupaci�n Profesora de ensino secundario
Pai Valent�n Arias
C�nxuxe Xulio Gil Rodr�guez (1992-2002)
Fillos Dar�o Gil Arias (1994)
Per�odo 1986-2003
Debut Denuncia do equilibrio
X�neros Poes�a
Estudos Filolox�a Hisp�nica
Profesi�n Tradutora
Premios De traduci�n
Da Sociedade da L�ngua Portuguesa
Ram�n Cabanillas
Pl�cido Castro
Xela Arias, firma.svg
[ editar datos en Wikidata ]
vce
Xela Arias Casta�o, nada en Sarria,[1][2] o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o
2 de novembro de 2003[3][4][5][6], foi unha poeta, tradutora en varias linguas,
editora, e profesora galega, ligada a Edici�ns Xerais de Galicia, co�ecida polas
s�as obras Tigres coma cabalos e Dar�o a diario. Como tradutora traballou con
textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge
Amado, Wenceslao Fern�ndez Fl�rez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes,
James Fenimore Cooper, Vicen� Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter,
Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en d�as ocasi�ns (2014 e 2015), para ser
a figura homenaxeada no D�a das Letras Galegas, a s�a Poes�a reunida publicouse en
novembro do ano 2018, con edici�n, introduci�n e notas de Chus Nogueira. En 2019 a
plataforma de cr�tica literaria A Sega dedicoulle o D�a das Galegas nas Letras.

�ndice
1 Traxectoria
2 Obras
2.1 Poes�a
2.2 Traduci�ns
2.3 Colectivas
3 Reco�ecementos
3.1 D�a das Letras Galegas
4 Notas
5 V�xase tam�n
5.1 Outros artigos
5.2 Bibliograf�a
5.3 Ligaz�ns externas
Traxectoria
Os seus pais foron Valent�n Arias L�pez e Amparo Casta�o L�pez. As terras das
familias paterna e materna estaban nas parroquias de Maside, Orto� e Meixente
(lugares da Vilerma, Barreiros e Mouz�s). Segundo Xaime F�lix L�pez Arias, cronista
de Sarria, naceu en Lugo, inda que inscribiron o nacemento en Sarria, co nome de
Mar�a de los �ngeles, que mudou en 1984 polo de Mar�a dos Anxos, se ben foi chamada
Xela desde os seis anos. Finalmente, en 1995 o xu�z Alejandro Roa Nonide autorizou
o cambio de nome polo de Xela.[7]

Estudou na Granxa de Barreiros, no Colexio Fingoi de Lugo, entre os catro e os sete


anos. En 1969 a familia mudouse a Vigo, por ser destinado o pai como mestre �
escola de Moledo, en S�rdoma.[8] En 1976 ingresou no Instituto Castelao do barrio
do Calvario. Facendo o COU abandonou os estudos, e comezou a traballar en Edici�ns
Xerais de Galicia, desde o seu nacemento en 1979, canda Xuli�n Maure Rivas e
Roberto P�rez Pardo, primeiro como oficinista, despois en creaci�n e investigaci�n
e de 1990 a 1996 como correctora de estilo e editora.[3]

Dende 1980[9] publicou en xornais e revistas coma A Nosa Terra, Diario 16 de


Galicia, Faro de Vigo, Jornal de Not�cias do Porto, Dorna, Tintim�n, Carel ou
Katarsis, colaborou en publicaci�ns coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de
Galiza ou Bolet�n Galego de Literatura[10] e formou parte do consello de redacci�n
de Viceversa, revista galega de traduci�n.

Participou nun recital po�tico nun acto contra a entrada de Espa�a na OTAN en 1982;
en 1988 inscribiuse en Greenpeace; en 2002 participou nun recital en solidariedade
cos afectados polo desastre do Prestige no MARCO; noutro Contra a Burla Negra,
organizado por Pepe �lvarez C�ccamo e m�is ela en febreiro de 2003; ese mesmo mes e
ao seguinte, leu declaraci�ns en senllas manifestaci�ns contra a Guerra de Iraq.
[11]

En 1986 ingresou na Asociaci�n de Escritores en Lingua Galega. En 1991 rexistrou as


letras para o grupo musical Desertores[12] e retomou os estudos, iniciando
Filolox�a Hisp�nica na Universidade de Vigo, licenci�ndose en 1996 pola
Universidade de Santiago de Compostela,[3][9] e iniciando a especialidade en
galego-portugu�s.

En 1992 casou co fot�grafo e matem�tico ourens�n, afincado en Vigo, Xulio Gil


Rodr�guez (1954), con quen en 1994 tivo o seu �nico fillo, Dar�o; separ�ronse no
ano 2002.

No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino


secundario, de lingua e literatura castel�, en institutos de Santa Comba, Moa�a,
Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. En anos seguintes foi docente en
Chapela, A Guarda e Vigo.

Traduciu a Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fern�ndez
Fl�rez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Jan
Terlouw, Bram Stoker e Charles Baudelaire, entre outros.[13]

Tan intensas e punxentes como as s�as arelas de liberdade, independencia e xustiza,


eran nela o sentido e mais a pr�ctica da solidariedade. Valent�n Arias, pai da
autora.
En novembro do ano 2003 Arias finou dun ataque ao coraz�n nun hospital de Vigo, con
corenta e un anos de idade.[14] Foi soterrada no cemiterio vigu�s de Pereir�.

Obras

Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito �s bonecas.
Non me dete�o a coci�ar e na qu�mica das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un x�nero feminino algo a desm�n
das narraci�ns para o ano en que nac�n.

� Xela Arias, Dar�o a diario (1996, Xerais).

Poes�a
Denuncia do equilibrio (1986), Edici�ns Xerais de Galicia, ISBN 84-7507-233-X.[15]
Lili sen pistolas (1986, obra in�dita).
Tigres coma cabalos (1990), Xerais; con fotos de Xulio Gil, ISBN 84-7507-449-9.[16]
[17]
Dar�o a diario (1996), Edici�ns Xerais de Galicia, ISBN 84-8302-080-7.[18]
Intemp�riome (xullo de 2003), Espiral Maior, ISBN 84-95625-70-9.[19][20]
Maldito lindo (obra in�dita).[21]
Xela Arias. Poes�a reunida (1982-2004) (2018), Xerais, ISBN 978-84-9121-428-1.[22]
Traduci�ns
Do castel�n (Cabalum) Caballum, de Carlos Oroza (1983).
Do portugu�s (Amor de Perdi��o) Amor de perdici�n, de Camilo Castelo Branco (1986,
Xerais), ISBN 978-84-7507-236-4, Premio de Tradu��o Sociedade da L�ngua Portuguesa.
[10]
Do ingl�s (Fabled Cities, Princes and Jinn from Arab Myths and Legends) Cidades
fant�sticas. Pr�ncipes e Xinns da mitolox�a e as lendas �rabes, de Khairat Al-
Saleh, con Valent�n Arias (1986, Xerais), ISBN 84-7507-211-9.
Do italiano (Favole al telefono) Contos � tel�fono, de Gianni Rodari (1986,
Editorial Juventud), ISBN 84-261-2213-2.[23]
Do portugu�s (O Gato Malhado e a Andorinha Sinh�) O Gato Gaiado e a Andori�a Se��
Unha Historia de Amor, de Jorge Amado (1986, Xerais), ISBN 84-7507-226-7.[24]
Do castel�n (El bosque animado) O bosque animado, de Wenceslao Fern�ndez Fl�rez
(1987, Xerais), ISBN 978-84-9914-021-6.[25]
Do ingl�s (The Witches) As bruxas, de Roald Dahl (1989, Xerais), ISBN 978-84-9782-
499-6.[26]
Do neerland�s (Belledonne kamer 16 een dagboek uit het verzet) Belledonne,
habitaci�n 16, de Anke de Vries (1990, SM), ISBN 978-84-348-0923-9.[27]
Do castel�n (Los corredoiras) Os corredoiras, de Juan Farias (1990, SM), ISBN 84-
348-3078-7.
Do ingl�s (Dubliners) Dublineses, de James Joyce, con D�bora Ramonde e Rafael
Ferrad�s (1990, Xerais).[28][29]
Do castel�n (El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) O enxe�oso fidalgo don
Quixote da Mancha, de Cervantes, con Valent�n Arias, Xosefa S. Fern�ndez, A.
Palacio S�nchez, Xavier Sen�n e Xes�s Sen�n (1990, Xuntanza), ISBN 84-86614-64-3.
[30]
Do neerland�s Os c�mics de Franka, de Henk Kuijpers, con Mar�a Xes�s Lameiro (1990,
Xerais). Inclu�ndo os cinco t�tulos Os dentes do drag�n, A ca�da do drag�n,
Competencia a morte, A volta do sol do norte e A vinganza do barco fantasma.[31]
Do portugu�s (Rosa, Minha Irm� Rosa) Rosa, mi�a irm� Rosa, de Alice Vieira (1990,
SM), ISBN 84-348-3120-1.[32]
Do portugu�s (Caminhando sobre as �guas) Cami�ando sobre as augas, de Jos� Viale
Moutinho (1993, Xerais), ISBN 978-84-7507-733-8.[33]
Do ingl�s (The Last of the Mohicans A Narrative of 1757) O derradeiro dos
mohicanos, de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), ISBN 978-84-7507-768-0. Premio
Ram�n Cabanillas.[34]
Do castel�n A cantiga de amor, de Vicen� Beltran Pepi� (1995, Xerais), ISBN 84-
7507-943-1.[35]
Do neerland�s (Briefgeheim ) A carta en clave de Jan Terlouw (1995, SM), ISBN 84-
348-4538-5.[36]
Do ingl�s Dr�cula, de Bram Stoker (2000, Xerais), ISBN 978-84-8302-469-0.[37]
Do ingl�s (Black Venus) Venus Negra, de Angela Carter (2001, Xerais), ISBN 978-84-
8302-702-8.[38]
Do castel�n Relatos, de Gloria Pampillo (2002, Biblioteca Virtual de Literatura
Universal en Galego).[39]
Do franc�s (Le Spleen de Paris) O Spleen de Par�s[40] de Charles Baudelaire
(Bivir), Premio de Traduci�n Pl�cido Castro 2004 (p�stumo).[41]
Do ingl�s (Wide Sargasso Sea) Ancho mar de sargazos, de Jean Rhys, inconclusa.[5]
Colectivas

Placa conmemorativa na casa na que viviu na Vilerma.


Contos dos nenos galegos, premiados nos concursos nacionais de contos infant�s
convocados pola Agrupaci�n Cultural O Facho, 1968-1983 (1984, Caixa Galicia).
Escolma de poes�a galega (1976-1984) de Xos� Lois Garc�a Fern�ndez, ed. (1984,
Sotelo Blanco Edici�ns).
Que si, que si en Contos er�ticos. Elas (1990, Edici�ns Xerais de Galicia).
Fin de un milenio. Antolog�a de la poes�a gallega �ltima de Francisco L�pez Barxas
e C�sar Antonio Molina (1991, Libertarias).
Palabra de muller (1992, Edici�ns Xerais de Galicia).
A de quen comprende non � palabra feliz en Daquelas que cantan. Rosal�a na palabra
de once escritoras galegas (disco-libro, 1997, Fundaci�n Rosal�a de Castro).
R�o de son e vento (1999, Edici�ns Xerais de Galicia).
Camelias para elas (1999, Concello de Vigo), canda Luz Pozo Garza, M.� Xos� Queiz�n
e M.� do Carme Kruckenberg, con fotos de Alfonso Lubi�n.
Alma de beiramar (2003, Asociaci�n de Escritores en Lingua Galega).[42]
Elas 2 antolox�a po�tica (2003, Uni�n Comarcal de CCOO de Vigo).
Un futuro para a lingua (2003, Xunta de Galicia).
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003, Fundaci�n Araguaney).
X. Espazo para un signo (2005, Edici�ns Xerais de Galicia).
Cartafol po�tico para Alexandre B�veda (2006, Espiral Maior).
Pensando nelas (2006, CD, Centro de Estudos Galegos da Universidade do Pa�s Vasco).
[43]
Reco�ecementos

Biblioteca P�blica Municipal Xela Arias.


No ano 1986 foi finalista en dous certames, o Premio Ant�n Losada Di�guez coa s�a
primeira obra Denuncia do equilibrio, e o Premio Esqu�o de poes�a con Lili sen
pistolas, obra in�dita.

Recibiu varios premios de traduci�n o da Sociedade da L�ngua Portuguesa por Amor de


perdici�n de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais); o Ram�n Cabanillas por O
derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), e, postumamente,
o Pl�cido Castro 2004 por O Spleen de Par�s de Baudelaire.

O 29 de maio de 2004, f�xoselle unha homenaxe en Vigo, organizada pola Asociaci�n


Galega de Editores, a Asociaci�n de Tradutores Galegos e a Asociaci�n de Escritores
en Lingua Galega.[44] Ese mesmo ano, Xerais e a AELG, publicaron o libro Xela
Arias, quedas en n�s, coordinado polo pai da poeta, no que colaboraron, entre
outros Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso �lvarez C�ccamo, Xos� Mar�a �lvarez
C�ccamo, Vicente Araguas, Teresa Barro, Carmen Blanco, Manuel Bragado, Manuel
Caama�o Su�rez, Marica Campo, Fina Casalderrey, Yolanda Casta�o, Marta Dacosta,
Miguel Anxo Fern�n-Vello, Xo�n Xos� Fern�ndez Abella, V�ctor Freixanes, Silvia
Gaspar, Avelino Gonz�lez, Bernardino Gra�a, Modesto Hermida, Mar�a do Carme
Kruckenberg, Aurora L�pez, Manuel Mar�a, Paco Mart�n, Xuli�n Maure, M�ndez Ferr�n,
Gonzalo Navaza, Carlos Negro, Ram�n Nicol�s, Ant�a Otero, Andr�s Poci�a, Avelino
Pousa Antelo, Mar�a Xos� Queiz�n, Xes�s R�bade, Rom�n Ra�a, Claudio Rodr�guez Fer,
Ana Roman�, Marga do Val, Xos� V�zquez Pintor, Manuel Vidal Villaverde, Helena
Villar Janeiro, Pepe Carreiro, Xulio Gil Rodr�guez e Siro.[7]

En 2018 a Asociaci�n Galega de Profesionais da Traduci�n e da Interpretaci�n creou


o Premio Xela Arias que reco�ece o seu labor como tradutora.[45] A finais de
decembro do mesmo ano, o pleno do Concello de Redondela acordou denominar a
biblioteca municipal de Chapela como Xela Arias.[46]

D�a das Letras Galegas


Imaxes externas
Xela Arias � Xulio Gil [21]
En Tigres coma cabalos [47]
No ano 2014 foi proposta por Ram�n Lorenzo, Ant�n Santamarina e Xos� Fern�ndez
Ferreiro como autora a homenaxear no D�a das Letras Galegas do ano 2015. Os outros
candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Celestino Fern�ndez de la Vega, Manuel
Mar�a e Filgueira Valverde, resultando finalmente elixido este �ltimo.[48] O 6 de
setembro dese mesmo ano, nun acto na Vilerma, inaugurouse unha placa co texto Nesta
casa viviron a poeta Xela Arias (1962-2003) e o escritor Valent�n Arias (1934-2011)
que en cada un dos seus actos afirmaron o seu amor � nosa lingua[49]

Ao ano seguinte, 2015, volveu ser proposta para lle adicar o D�a das Letras 2016,
canda Carballo Calero e o que ser�a elixido Manuel Mar�a.[50][51]

Notas