FEBREIRO DE 2008

1
SECCIÓN

BAIONA : GONDOMAR : NIGRÁN

PUBLICACIÓN MENSUAL - 1€

Nº 10 - DECEMBRO 2008

Gondomar

Gondomar

Nigrán

O Val Miñor homenaxeou aos mestres represaliados polo franquismo
Páxina 3

Vivenda destina 10,8 millóns de euros para a execución do parque da Pasaxe
Páxina 4

O concello de Nigrán asina un convenio coa Universidade de Vigo
Páxina 5

Baiona

Baiona aproba inicialmente o PXOM co voto en contra da oposición
O documento estará dous meses en exposición pública, período no que os veciños poderán presentar as súas alegacións
Páxina 7

Gondomar

Érguete e Nigrán adhírense á campaña “Plantemos polo planeta”
Levouse a cabo a plantación de 45 especies autóctonas galegas
Páxina 6

Páxina 3

Gondomar

Gondomar

O director xeral de Promoción Cultural inaugura a nova sede do IEM
O 18 de novembro, coa presenza Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural, Luís Bará Torres e do alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, procedeuse á inauguración deste novo espazo cultural sito na Avenida da Feira, baixo reformado e adaptado ao seu novo uso mediante un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Cultura.
Páxina 4

Comezan as obras de urbanización da rúa Otero Pedrayo en Nigrán
O custo total da acometida ascende a 248.844,52 euros financiados polo PAM
Páxina 5

2

OPINIÓN

DECEMBRO DE 2008

Editorial

O banquiño dos acusados e outras cousas

A

o parecer o ex-alcalde de Gondomar, un tal Carlos Silva, enfróntase a unha delicada situación. O fiscal solicita un montón de meses de cárecere a e inhabilitación para cargos públicos. Claro que virá o seu partido, o PP, e diranos que mentres a sentencia sexa definitiva sen posible recurso, que aínda non oé, todo segue igual. Se fora un caco que entrara nunha tenda e roubara unha latas de conserva para comer estamos seguros de que o metían en A Lama e non saía ata que Deus quixera. Tratándose dunha persoa honorable, como veñen sendo os alcaldes, aínda que cometan a maior das falcatruadas sempre terán alguén que os discuta, que lles vote unha man, que lles faga aparecer diante dos óculos da xente

coma unha persoa honesta que cometeu un erro pero nada máis.

amén asistimos a xuizos estranos que rematan cunha sentencia light que máis ben parecera se quixera absolver totalmente ó inteerfecto

T

Nos últimos tempos estamos asistindo a casos coma este: políticos condeados por corrupción, por amiguismo, por prevaricación. Tamén asistimos a xuizos estranos que rematan cunha sentencia light que máis ben parecera se quixera absol-

ver totalmente ó inteerfecto. Millóns de euros delapidados, gardados en paraisos fiscais dannos a medida do personal que temos. Notables bufetes de abogados fanse cargo destes pleitos. A idea é retorcer a lei de maneira que se adapte ó noso criterio (o deles, claro). Estes días veñen sendo presentados unha serie de libros libros sobre a memoria histórica. O Instituto de Estudos Miñoranos que tamén preside o noso colaborasdor Carlos Méixome ven de estrear local.Parece que este goberno é algo máis sensible que o anterior que solo respiraba polv o de cemento. Alí, naquel local estupendo, foron presentados libros que falan da memoria histórica; desa memoria que nos permite coñecer, por fin! as

barbaridades cometidas logo de rematar aquela guerra que nunca debeu ter lugar. O Miño foi testemuña de como fuxían as hordas franquistas ós que foran, ¡que pecado! republicanos e demócratas. Vinganzas incomprensibles, axustes de contas inhumanos e todo tipo de tropelías foron caldo de cultivo para que uns desalmados amparados na impunidade dun réxime fascista descontrolado comweteran as maiores villanías. Hoxe podemos contalo; as víctimas solo poden ser recordadas por nós. O peor é que ainda están vivos moitos daqueles verdugos e non podemos apuntarlle co dedo. ¡Temos unha democracia que non merecemos! Non cren?

A represión sobre os portugueses no Val Miñor

Carlos Méixome*

N

as dúas anteriores Chans de Val Verde detivémonos no caso de Telmo Freitas Lima, natural de Paredes de Coura, asentado en Panxón e fusilado en Pereiró o 29 de decembro de 1936. Noutras ocasións temos falado de dous veciños de Chaín, naturais do país veciño e paseados en San Xián, no Rosal. Eran Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio del Rosario. A represión franquista sobre os cidadáns portugueses está a ser estudada polo historiador Dionisio Pereira. No libro de recente publicación pola editora deste xornal “O Miño, unha corrente de memoria”, Pereira achega un estudo inicial no que contabiliza 57 portugueses mortos no noso país, dos que 38 foron asasinados na provincia de Pontevedra (8 fusilados, 22 paseados, 4 en enfrontamento armado e outros catro en prisión) mentres que outros oitenta foron con-

denados en consello de guerra, detidos ou procesados. Entre eles figura José Freitas Lima, supoñemos que irmán de Telmo, residente en Bouzas e procesado en 1936. Ademais dos citados, hai varios residentes no Val Miñor. Entre eles: José Pereira Lameira, veciño de Mañufe e paseado nas Roteas, en Coruxo, o 19/8 /36. Miguel Gonçalves Pereira, veciño do Sancho en Panxón e paseado na Concagada, tamén en Panxón. Antonio Acuña González, alcumado “O portugués”, era tranviario e residía en Baiona. Foi procesado en 1937. Juan Brito Barbosa, domiciliado en Baiona e procesado en 1936. Joaquin Duarte Guerra, xornaleiro, domiciliado en Baiona, procesado e condenado a 15 anos por auxilio á rebelión. Antonio Fernández Ramos, domiciliado en Nigrán e proce-

sado. Manuel González Saray, natural de Ponte de Lima, domiciliado en Gondomar, albanel, afiliado á UGT, procesado en 1937 e condenado a cadea perpetua.

ontes Méndez andou fuxido e entregouse o 15 de maio de 1939 atendendo ás promesas do Gobernador Civil Gómez Cantos. O consello de guerra celebrouse o 14 de novembro de 1941, foi condenado a 12 anos.

P

Franciscop Súarez Morais, domiciliado en Baiona, albanel, procesado e condenado a 15 anos de cadea.

Constante Alonso Rial, natural de Paredes de Coura, domiciliado en Nigrán, procesado e sobreseída a causa. Ás veces non é moi doado determinar aos cidadáns portugueses por ter castelanizados os seus nomes e apelidos, ou mesmo por que sendo fillos de pai e/ou nai portugueses tiñan nacido no noso país. Este é o caso de Casimiro José Pontes Méndez que nacera en Coruxo o12 de marzo de 1907, fillo de José María Pontes e de Palmira Méndez, naturais de Lanhelas (Portugal) e Monçao (Portugal) respectivamente; neto por liña paterna de José Joaquín Pontes e de Ana Silva, naturais de Lanhelas e por liña materna de Avelina José Méndez e de Olinda Alves, naturais de Monçao. José Pontes era coñecido como José Puentes ou Puente e esta encartado na causa 646/36 contra varios veciños de Priegue acusados de realizar requisas de armas en varios chalés e

fábricas de conservas de Canido. Pontes Méndez andou fuxido e entregouse o 15 de maio de 1939 atendendo ás promesas do Gobernador Civil Gómez Cantos. O consello de guerra celebrouse o 14 de novembro de 1941, foi condenado a 12 anos. Viuse favorecido pola redución de penas que se aplicaba no momento, cando as novas autoridades desexaban baleirar os cárceres ateigados e a pena foille reducida a tres anos. Descontado o tempo que levaba en prisión rematou a súa condena o 30 de setembro de 1942. Sospeitamos que o estudo en detalle das causas militares permitirá coñecer polo miúdo a represión sobre os cidadáns portugueses no noso país, a intensidade da represión podería explicar tamén a colaboración que boa parte da poboación portuguesa da raia prestou primeiro aos fuxidos e logo aos guerrilleiros.

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. Coordinadora: María Díaz Edita: A Peneira Condado S.A. Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36.860 PONTEAREAS (Galiza) Publicidade: Fran, Modesto e Departamento propio - Montaxe e deseño: Manrique Fdez. e Diego Giráldez Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84

DECEMBRO DE 2008

GONDOMAR

3

Queda listo para sentencis o xuizo contra o ex alcalde de Gondomar
Silva e cinco concelleiros da anterior corporación enfróntanse a unha pena de 16 meses de cárcere por un presunto delicto de prevaricación
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

breves
Silva contra o Vigo Íntegra
O presidente do PP de Gondomar, Carlos Silva, mostrou a súa decepción tras coñecer a decisión do BNG e do PSOE de non votar a favor da retirada do Plan Íntegra, no Parlamento de Galicia. “Non me sorprende a ambigüedade destes partidos. Todos agardábamos que se puxeran do lado de Gondomar e dos seus veciños, pero de novo déronnos as costas”, afirma. Con todo, o PP anuncia aos veciños que “seguiremos loitando para que se cumpra a vontade de Gondomar con respecto ao Plan Íntegra”.

A Fiscalía considera "claro" que o ex alcalde de Gondomar (Pontevedra), Carlos Silva, e os cinco concelleiros que formaban parte da Xunta de Goberno -do PP- cometeron un suposto delito de "prevaricación urbanística" e que, ademais, realizárono "continuada e reiteradamente", durante o mes de decembro de 2005 e parte de xaneiro de 2006. O xuizo por suposta prevariación urbanística pola concesión irregular de 38 licencias urbanísitcas contra o ex alcalde e a súa xunta de goberno quedou listo para sentencia o pasado 30 de novembro. Na finalización da vista oral contra estes altos cargos municipais no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, a fiscal e a defensa expuxeron as súas conclusións e, en ambos casos, mantiveron as súas peticións. Así, mentres que o Ministerio Público reiterou a súa demanda dunha pena de 18 meses de prisión e 10 anos de inhabilitación para cada un dos acusados por suposta prevaricación, o letrado defensor ratificouse na petición de absolución. A Fiscalía cualificou de "totalmente ilegais" a concesión das licencias en base ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de 1997 cando este fora anulado polos tribunais. Así, considerou que "comezou a haber irregularidades" cando a Xunta enviou un requerimiento

O PP maniféstase preocupado polos “continuos retrasos” na apertura da galescola
Como vén facendo cada vez que conclúe o prazo anunciado polo goberno do Gondomar para a apertura da galescola, o Partido Popular volve a por de manifesto a súa “preocupación” ante o retraso indefinido que está sufrir a entrada en funcionamento deste servizo. Carlos Silva, presidente do PP local, calcula que “alomenos foron seis as datas anunciadas polo actual goberno municipal para a inauguración da gardería, e posteriormente retrasadas con multitude de xustificacións, a última referida a problemas burocráticos para a contratación de persoal” di Silva.

Carlos Silva, no centro.

(aínda que fóra de prazo) no que rexeitaba o acordo plenario do 10 de maio de 2005, co que supostamente o plan adaptábase á legalidade, e pedía a paralización de licenzas. Posteriormente, cando o Goberno autonómico acudiu á vía xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), emitiu unha sentenza pola que anulaba o citado acordo plenario, en novembro de 2005 e, con todo, seguíronse outorgando licenzas ata xaneiro de 2006, unha "irregularidade" que o Ministe-

rio Público tachou de "impepinable". Con todo, o avogado defensor considerou que "en ningunha forma queda probado" que existiu prevaricación, posto que, segundo recordou, este delito esixe a necesidade de "conciencia" de que se actúa na ilegalidade, xa que logo, pediu a absolución dos seus patrocinados, o entón alcalde, Carlos Silva (PP), e os seus concelleiros José Luís Mosquera, Anxo Gregores, Abelardo Meneses, José Misa e Jaime Rial.

Neste sentido, recordou que o acordo polo que se pretendía adaptar o plan á legalidade non foi tomado pola comisión de goberno, senón polo Pleno da Corporación Municipal (todos os votos a favor excepto catro abstencións) e estaba apoiado nun informe da secretaria e outro externo. Así mesmo, asegurou que os concelleiros actuaron segundo "os informes da secretaria" e que "en ningún caso queda acreditada a actuación ilegal concertada con esta última".

A delegada de cultura visitou a Igrexa de Santa Mariña de Vincios
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

O Val Miñor homenaxeou aos mestres represaliados polo franquismo
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

A delegada provincial da Consellaría de Cultura e Deporte en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, e o xefe de servizo de Patrimonio Cultural na mesma provincia, Xulio Carballo, realizaron unha visita a tres templos nos que se realizaron diversas labores de rehabilitación e que

ascenderon a 170.000 euros. Entre eles o de Santa Mariña de Vincios. Neste Santuario desenvolvéronse traballos de restauración por un valor de 87.522 euros, dos que máis da metade se volcaron nas pinturas murais (23.750 euros) e nos retablos laterais (33.814 euros).

O pasado venres 21 de novembro tivo lugar un acto en homenaxe aos mestres da República represaliados polo franquismo no Val Miñor. O acto, celebrado na Aula de Cultura Ponte de Rosas consistiu nunha conferencia impartida polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, denominada “A represión franquista sobre o maxisterio miñorán”. Na mesma ademais de

repasar todos os casos de mestras e mestres represaliados centrouse especialmente nos que aconteceu con Benito Ramallo Gómez, Mestre na Escola de Nenos nº 1 de Baiona; José Vázquez Grela, mestre de Nigrán asesinado nas Angustias o 12 de setembro de 1936 e nos do matrimonio formado por José Cribeiro González e Juliana Concepción Gómez Martín, mestre e mestra de Donas respectivamente e no Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns.

Tras a conferencia fíxose un recoñecemento público aos mestres e mestras represaliados no que estiveron presentes María Luz, Priscila e María Blanca Cribeiro Gómez fillas de José Cribeiro González e Concepción Gómez Martín, así como as súas netas e bisnetas e tamén diversos alumnos e alumnas. Tamén estivo Gloria Taibo, filla de Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns acompañada polos seus familiares.

4

GONDOMAR

DECEMBRO DE 2008

A conselleira e o presidente dos empresarios.

Vivenda destina 10,8 millóns O director xeral de Promoción de euros para a execución do Cultural inaugura a nova sede do IEM parque da Pasaxe
REDACCION

O pasado martes, 18 de novembro, coa presenza Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural, don Luís Bará Torres e do alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, procedeuse á inauguración deste novo espazo cultural sito na Avenida da Feira, 10, baixo reformado e adaptado ao seu novo uso mediante un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Cultura. O local, que con anterioridade fora Centro de Saúde e despois Conservatorio, levaba anos desocupado e pasará a denominarse “Aula de Cultura.

Ponte de Rosas”, e consta dunha ampla sala de conferencia e exposicións así como as dependencias administrativas, a biblioteca e os arquivos do Instituto de Estudos Miñoranos. O director do IEM, Carlos Méixome, expresou a súa satisfación por poder dispoñer, por fin, dun local para as súas actividades despois de practicamente dez anos de intervención cultural. Tras o acto de inauguración procedeuse á apertura da exposición “Antón Alonso Ríos. O Siñor Afranio”, por parte do historiador e comisario da mesma, Bieito Alonso Fernández.

Actos na honra a Vitoriano Taíbo O IEM ven de celebrar os actos de homenaxe a Vitoriano Taíbo que englobaron a presentación de un monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada a Victoriano Taibo, así como unha reedición dos libro de narracións de Victoriano Taibo “ Da Agra Aberta” e o volume no que se recolle o poemario de Carlos Negro, gañador do 1º premio de poesía Ademáis foi descuberta da placa na escola de Guillade en lembranza de Victoriano Taibo, realizada por Fino Lorenzo.

REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

AConsellería de Vivenda e Solo destina 10,8 millóns de euros para a execución do Parque Empresarial da Pasaxe nos orzamentos de 2009, actuación que prevé a creación de 650.000 novos metros cadrados de solo produtivo e que permitirá normalizar a situación de moitas empresas xa localizadas no ámbito. Así llo explicou a conselleira a Asociación de Empresarios de A Pasaxe nun encontro organizado polos empresarios. A actuación deste parque empresarial parte dun protocolo de colaboración entre a Conselleria de Vivenda e Solo, o Concello de Gondomar, a Asociación de em-

presarios de A Pasaxe, a Xunta de Propietarios dos terreos incluídos no ámbito do PERI A Pasaxe, e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Vincios. Este protocolo recolle o compromiso de levar a cabo a ordenación e urbanización do que a día de hoxe se coñece como Parque Empresarial da Pasaxe, o que permitirá a moitas das empresas alí instaladas regularizar a súa situación actual e ademais contar cos servizos e infraestructuras propias dun parque empresarial do século XXI. AConsellería contratou no mes de agosto por 375.000 euros a redacción dos proxectos.

A Xunta pon en marcha en Gondomar o transporte escolar compartido
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

a imaxe___________________________

A Xunta de Galiza ven de por en marcha no Concello de Gondomar e de xeito experimental o transporte escolar compartido (TES), trátase dun programa no cal a Xunta facilita os seus desprazamentos a población con escasos servizos de transporte público. Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos trayectos ate a vila de Gondomar onde se atopan os colexios, atendendo sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús. Poderase subir ao autobús en calquera das paradas da ruta escolar e poderase baixar do autobús

alquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos trayectos ate a vila de Gondomar onde se atopan os colexios
nas paradas da ruta escolar ou ao cegar ao centro escolar. O prezo de cada viaxe é de 1 euro, e os días e horario do servizo serán os do transporte escolar. As rutas que se beneficiarán deste proxecto experimetal son: dende Texosa ate As Rasas, dende o Cole Vello ate Nande, dende o Cuartel da Garda Civil ate o Toucido e dende Fontán ate A Fonte do Capitán.

C

O novo local do IEM acolleu a presentación de dous novos libros sobre a memoria histórica: ‘O Miño, unha corrente de Memoria’, editado por Alén Miño que recolle textos de historiadosres como Carlos Méixome, X. Paz Antón ou Angel Rodríguez Gallardo, e ‘Placeres Castellanos’, de Elsa Quintas Alvorés e editado pola Nosa Terra. Na foto: Carlos Meixome, director do IEM, Guillermo Rodríguez, editor de Alén Miño, Pilar Barreiro, presentadora do acto, Elsa Quintas, autora e Alfonso Eiré, conselleiro delegado de A Nosa Terra. FOTO BRUNO CENTELLES

DECEMBRO DE 2008

NIGRÁN

5

O custo da acometida ascende a 248.844,52 €

Comezan as obras de urbanización da rúa Otero Pedrayo en Nigrán
R EDACCIÓN / VAL MIÑOR

A empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. comenzou o luns 25 de novembro as obras de urbanización completa, incluíndo todos os servicios urbanos, da Rúa Otero Pedrayo en Nigrán. Dita urbanización afecta a 200 metros da mesma, rúa que une a PO-325 coa PO-552. O obxecto do proxecto inclúe demolición de beirarúa e bordillo existentes e colocación de bordillo de granito, regularización de base de formigón das beirarúas e incorporación de novo pavimento así como reposición do firme existente. Manterase o ancho das mesmas e pavimentarase de terrazo. Asemade farase a apertura de zanxas para a colocación de colectores da rede de saneamento de augas pluviais, con un colector de PVC-500, e residuais, PVC-315, e posterior recheo das mesmas. Tamén colocaranse as tuberías da rede de saneamento de auga nunha

conducción de 90 mm de diámetro nominal debaixo das beirarúas e levaranse a cabo acometidas individualizadas a cada parcela ou vivenda unifamiliar. Retiranse os báculos de alumeado existentes e se colo-

prazo de execución das obras é de oito meses e a financiación e a través dos Plans de Acción Municipal (P.A.M.) nos que participa o Ministerio de Administracións Públicas, a Diputación Provincial de Pontevedra e financiación Municipal
carán novos puntos de luz sí como a canalización de telecomunicacións. O orzamento de execución

O

material das obras é de 170.185,83€ e o orzamento líquido final ascende a 248.844,52 € incluíndo aquí o 13% de gastos xerais, o 6% de beneficio industrial, o 16% de IVE e os 12.000 € de honorarios do proxecto realizado pola consultoría Interurban S.A. Urbanismo e Ingeniería. A descrición das unidades de obra é a seguinte: demolición beirarúas e de firme, 8.740,00 €; pavimento terrazo, bordillo pedra, firme de formigón e asfaltado, 46.374,59 €; rede augas pluviais, 24.768,98 €; rede augas residuais, 41.892,15 €, rede abastecemento augas, 18.144,72 €; rede Alumeado público, 3.344,34 €; rede de distribución de E.E., 11.910,98 €; canalización Comunicacións, 11.649,24 €, e seguridade e Saúde, 3.360,83 € O prazo de execución das obras é de oito meses e a financiación e a través dos Plans de Acción Municipal (P.A.M.) nos que participa o Ministerio

O orzamento de execución material das obras é de 170.185,83€ .

de Administracións Públicas, a Diputación Provincial de Pontevedra e financiación Municipal. O goberno municipal de Nigrán dende a Alcaldía e den-

de Urbanismo asegura que continúa traballando para mellorar a calidade de vida dos vecinos con inversións que fagan de Nigrán un concello coa máxima calidade de vida.

O concello de Nigrán asina un convenio coa Universidade de Vigo
REDACCIÓN

O concello de Nigrán asina un convenio coa Universidade de Vigo para darlle amparo a todas as actividades e programas conxuntos (contratos de investigación, informes, asesoramentos, formación, prácticas e programas de intercambio de estudantes, cursos de verán, etc.) que pretendan levar a cabo as dúas institucións. Para o Concello de Nigrán esta parcería ten o interés de participar na programación de actividades da Universidade de Vigo e de contar co seu asesoramento cando sexa preciso. Para a Universidade de Vigo, o convenio supón unha reafir-

ara a Universidade de Vigo, o convenio supón unha reafirmación na súa misión social
mación na súa misión social. O seu territorio de referencia cubre as áreas centrais de Ourense, Pontevedra e Vigo, e o seu compromiso (e desexo) é estar presente e activa nos máis de 40 Concellos que teñen esas áreas de referencia e nos que vive a gran maioría dos seus estudantes. O convenio foi asinado polo

P

O convenio foi asinado polo reitor da universidade, Alberto Gago Rodríguez, e o alcalde do concello de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez.

reitor da universidade, Alberto Gago Rodríguez, e o alcalde do concello de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez, que afirmou que “iniciamos, pois, un camiño de colaboración que deberá concre-

tarse en iniciativas conxuntas neste mesmo curso. É probable que o primeiro resultado sexa visible na oferta de cursos de verán da Universidade de Vigo para 2009. Pero seguro que non será a

única actividade conxunta que abordemos nos próximos meses. A iso nos comprometemos os representantes das institucións asinantes, o Concello de Nigrán e a Universidade de Vigo”.

6

NIGRÁN

DECEMBRO DE 2008

breves
Excursión a San Simón
A Concellería de Turismo que dirixe Estela Pérez organiza unha excursión a Cangas e a Illa de San Simón para o próximo sábado 20 de decembro. Visitarase pola mañá en Cangas, o Casco Vello, o Cruceiro de Hío e Cabo Home e pola tarde a Illa de San Simón en Redondela. O prezo da excursión é de 18€ no que se inclúen as visitas, o transporte e a comida. Os interesados en asistir deben inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.

Érguete e Nigrán adhírense á campaña das Nacións Unidas “Plantemos polo planeta”
Levouse a cabo a plantación de 45 especies autóctonas galegas o pasado venres 21 de novembro no terreno municipal anexo ao Campo de Fútbol do Vilariño
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

Tertulia IEM
O venres 5 de decembro no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h. Terá lugar a segunda das Tertulias do IEM do ciclo 2008-09. Nesta ocasión falará o Prof. de Economía Aplicada da USC e ex director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Xoán Ramón Doldán García que pronunciará unha conferencia baixo o rótulo de “A enerxía nun mundo en crise. Respostas desde Galiza”. Doldán será presentado polo empresario e membro do IEM Roberto Valverde Sabín.

Con data 15 de outubro de 2008, a Fundación Érguete-Integración adquiriu o compromiso de plantar 45 árbores autóctonas de Galicia dentro da Campaña das Nacións Unidas “Plantemos 7 Mil Millóns de Árbores”. A Fundación Érguete-Integración levou a cabo a plantación destas 45 especies autóctonas galegas o pasado venres 21 de novembro de 2008 dende as 12,00 horas no terreo municipal anexo ao Campo de Fútbol do Vilariño no Concello de Nigrán. Neste acto participarán o Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez, o concelleiro de Limpeza Cándido Costas Rodríguez e o Concelleiro de Urbanismo, Juan A. González Pérez ademais dos/as traballadores/as da entidade e dos/as alumnos/as dos cursos pertencentes ao IIº Plan Galego de Inclusión Social de Galicia. A Fundación presentou este proxecto ao Concello de Nigrán para levar a cabo dita plantación nun terreo municipal, de este xeito o Concello de Nigrán participou en esta iniciativa de Nacións Uni-

das e da Fundación Érguete-Integración tanto como un compromiso co Medio Ambiente e coa incorporación sociolaboral que a Fundación Érguete-Integración leva facendo dende hai dez anos.

Fundación presentou este proxecto ao Concello de Nigrán para levar a cabo dita plantación nun terreo municipal
O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) está lanzando esta campaña mundial para plantar árbores baixo o nome Plantemos para o Planeta: Campaña dos Mil Millóns de Árbores. Persoas, comunidades, negocios e industrias, sociedade civil, organizacións e gobernos son alentados a facer unha promesa de contribución para plantar árbores no seu sitio web h t t p : / / w w w. u n e p . o rg / billiontreecampaign/spanish/index.asp co obxectivo de plantar un mínimo de mil millóns de árbores no mundo enteiro cada ano.

A

Foron plantadas 45 especies autóctonas.

O PP denuncia a supresión do turno de noite da policía local en Nigrán
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

a imaxe ____________________________

O portavoz popular, Alberto Valverde, explica que “coa supresión da quenda de noite da Policía Local debilitouse o control e a protección das vítimas de violencia de xénero que existen no noso municipio xa que ata a chegada do actual alcalde, o señor Juanes, a policía local de Nigrán ocupábase do seguimento, vixilancia e control dos agresores, e da seguridade das vítimas. Co señor Juanes e a súa imprudente medida de eliminación da quenda de noite da policía local, xa non se realiza tal seguimiento e durante as noites as victimas están desprotexidas, sendo a Garda Civil a encargada da

seguridade malia a falta de efectivos e a menor eficacia do servizo especialmente pola proximidade e inmediata actuación que garante a policía local.” Valverde enmarca esta denuncia no que el considera un goberno que recorre “á utilización do tema da violencia de xénero de forma política e electoralista”. O portavoz popular, Alberto Valverde afirma que “non sei ata onde poden chegar tanto o señor Juanes como o señor Giráldez polos seus intereses políticos, porque é incrible que se trate de utilizar políticamente un tema tan serio e delicado como a violencia de xénero.

Ao redor de 600 kg de castañas asáronse no Magosto anual do concello de Nigrán que adoita convocar a máis de 800 veciños das diferentes parroquias do municipio. Ademais, este ano a velada estivo amenizada por unha sesión de música instrumental, así como a realización de diferentes obradoiros para os rapaces, co fin de dar cabida e ofrecer a posibilidade de desfrutar desta festa tanto a grandes como a pequenos.

DECEMBRO DE 2008

BAIONA

7

Baiona aproba inicialmente o PXOM co voto en contra da oposición
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

A corporación de Baiona procedeu no Pleno do día 24 de novembro á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Isto suporá que a partir de agora particulares e colectivos poderán consultar o documento e realizar cantas alegacións considéren necesarias. Esta aprobación inicial contou cos votos favorables do equipo de goberno e desfavorables dos grupos da

O PSOE oponse ao plan por non ser “unha boa base de partida”
O partido Socialista oponse á aprobación inicial, do Plan xeral presentado polo grupo de goberno, “por que non é unha boa base de partida”. Hai meses a Agrupación do PSdeG-PSOE de Baiona colgou na súa páxina web uns comentarios ao plan xeral presentado pola Alcaldía que manteñen toda a súa actualidade. “A Alcaldía non fixo o máis mínimo caso do que alí se dicía, contradicindo a vontade de consenso que pregoa, e presenta para a súa aprobación ao Pleno do Concello, sen ningunha modificación, o plan preparado pola empresa Servicat contratada para este mester”, aseguran. “Aprobalo nestas condicións, coa precipitación que supón adiantarse nunha carreira contra o reloxo á recepción do informe da COTOP (non vaia ser), e convocando un Pleno Extraordinario cunha mínima antelación, non nos parece unha actitude de recibo. O consenso que o Alcalde reclama ten que conquistalo, e de momento non o está a facer.”, aseguran.
As licenzas -salvo nos lugares onde coincida a ordenación co anterior planeamento- quedan suspendidas.

documento estará dous meses en exposición pública, periodo no que os veciños poderán presentar as súas alegacións
oposición. Na proposta presentada pola concelleira de Urbanismo, Ana Simóns, proponse un período de dous meses de exposición pública para o documento redactado pola consultora SERVICAT. Un tempo que comezará a contabilizarse a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior difusión da provincia. Na mesma proposta tamén se contempla dar conta do acordo aos concellos limítrofes. Así como remitir o expediente ás administracións públicas competentes co fin de solicitar os informes oportunos. Por outra banda recóllese a suspensión de licenzas urbanísticas en todo o municipio, fóra diso aqueles lugares nos que se produza unha coincidencia de ordenación urbanística entre o

O

novo PXOU e o anterior aprobado en 1994. Neste sentido cabe destacar que a suspensión de licenzas non afectará ás solicitudes de obra menor relativas á mera conservación e ás necesarias para o mantemento do uso preexistente. A pesar do voto contrario á aprobación o grupo municipal socialista mostrouse disposto a

reunirse e debater cantas veces se considere oportuno ata lograr un bo PXOU para Baiona. Rafael Lores, portavoz do PSOE xustificou o seu voto en contra por non contar co informe previo da Consellería de Ordenación do Territorial. Recordar que este documento foi remitido ao citado departamento en decembro de 2007, sen que ata o momento

emitan ningún ditame. En casos como este a lei contempla que transcorridos tres meses desde a súa remisión á institución autonómica pódese continuar o proceso. O PSOE considera así mesmo que se contempla demasiado chan urbanizable no documento. Xosé Enrique Pereira, portavoz dos nacionalistas tamén se

mostrou disposto a consensuar e participar en todas as reunións que teñan como obxectivo mellorar o documento inicial. Un documento que segundo o BNG ten defectos correxibles, sobre todo en materia medioambiental e de conservación. Tamén no deseño de viales e na liña de servidume de costas.

Baiona estivo presente na Feira de Turismo de Valladolid
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

Está en marcha o programa experimental contra a violencia do Val Miñor
REDACCIÓN/ VAL MIÑOR

Turismo de Baiona, estivo presente co seu stand promocional, na feira de Turismo de Valladolid (INTUR), que se celebrou dende o 27 ao 30 de novembro. A intención ao asistir a estas feiras, é promocionar unha vez máis a imaxe turística da

Vila, así como a súa Festa máis emblemática, a “Festa da Arribada”. Como en anteriores edicións, distribuiuse material promocional da Vila, como o folleto de imaxe, guías de servizos, rutas de interese, planos de rueiros, posters, etc. Contouse ademais con in-

formación dos establecementos que queiran estar presentes cos seus folletos. Outra das actuacións nesta feira, foi a realización dun sorteo dunha estancia de fin de semana nalgún dos establecementos hoteleiros de Baiona, como reclamo para visitar o stand.

Desde o pasado mes de setembro púxose en marcha, no Val Miñor, o programa experimental contra a violencia de xénero. O servizo atendeu un total de 18 mulleres de idades comprendidas entre os 30 e os 56 anos. Unha ducia delas contaban con orde de protección e a totali-

dade estaban en situación de paro. Estes datos foron aportados, pola concelleira de Benestar Social, Dª. Anxos Silva . A execución do programa antes citado foi posible coa cofinanciación de Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar e a Mancomunidade de concellos do Val Miñor.

A Peneira na Rede
valminhor@apeneira.com www.apeneira.com
Director: Guillermo Rodríguez Fdez.. Edita: EDICIÓNS A PENEIRA CONDADO S.A. Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36 860 PONTEAREAS (Galiza) Coordinadora: María Díaz Publicidade: Departamento propio - Montaxe e deseño: María Díaz - Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84
Este Xornal faise con papel reciclado

O baionés Marcos Barra, finalista en Tesoira co seu traballo ‘Beuys(Génesis)’ M
arcos Barra Rodríguez, de Baiona, foi finalista do prestixioso certame de creadores novos de moda “Tesoira 2008”, co seu traballo ‘Beuys(Génesis)’, unha colección que nos traslada ata o inverno de 1945, en plena II Guerra Mudial. Lás, algodóns, fieltros e tintes dorados son de creadores galegos. O fixo coa súa colección BEUYS (GÉNESIS): é o inverno de 1945 (Segunda Guerra Mundial). Joseph Beuys fai un voo de recoñecemento sobre Krimea e é derribado por un caza inimigo. O seu copiloto morre. Só hai un supervivente ... Beuys. Unha tribu de tártaros nómadas atópano e para curalo envólveno en mantas de fieltro e máis en graxa animal. O chamanismo, a graxa, o feltro, a enerxía estarán sempre presentes na súa obra artísti-

as fibras predominantes no seu traballo que se contextualiza a través da vestimenta dun aviador da gran guerra: Joseph Beuys. Este mozo baionés entra no mundo da moda pola porta grande. Formado en Estudos Superiores de Deseño de Moda e Téxtil de Galicia, aos seus 23 anos de idade, elixiu o pseudónimo Envilo para participar neste certame, que leva encumiado a un gran número

ca. O que amosa é o intre no que Beuys acorda tralo seu accidente aéreo e é consciente da nova vida que se lle presenta. O seu nacemento como artista.

fai un seguemento do Val Miñor dende a web

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful