You are on page 1of 24

1

Unidade

Contidos
Lectura. Ruthie, a de Edna
Expresión oral. Pedir información persoal
Lingua e texto. Funcións da linguaxe
Léxico. Hixiene e coidado persoal / Campo semántico
Gramática. A lingua e a súa organización
Ortografía. Acentuación (I): regras xerais
Lingua e sociedade. Historia da lingua (I): orixe da lingua
galega
Literatura. Literatura galega. Xéneros literarios
1 Lectura
A autora Ruthie, a de Edna
Sandra Cisneros (Chicago,
1954). Novelista e poeta Ruthie, muller alta e delgada, de beizos encarnados e pano azul na cabeza, un
estadounidense de orixe calcetín azul e outro verde porque non se deu conta, é a única persoa maior
mexicana. Traballou como que coñecemos á cal lle gusta xogar. Vai pasear co seu can Bobo e ri soa, así é
directora da área de Lite- Ruthie. Non necesita rir con ninguén, simplemente ri.
ratura do Centro de Artes
Culturais Guadalupe de É a filla de Edna, a dona do edificio grande do lado, tres apartamentos, adiante 5
San Antonio, Texas. e atrás. Todas as semanas Edna rifa con alguén e todas as semanas alguén se
Ao longo da súa carreira ten que mudar. Unha vez botou unha muller preñada porque tiña un pato… e
ten recibido un importan- iso que era un pato bonito. Mais Ruthie vive alí e Edna non a pode botar porque
te número de galardóns e Ruthie é a súa filla.
de recoñecementos, en-
tre eles a prestixiosa bolsa Ruthie seica chegou un día de ningures. Ángel Vargas estaba tentando apren- 10
MacArthur. dernos a asubiar. Entón ouvimos alguén asubiando tan ben como o reiseñor do
A casa de Mango Street, Emperador, demos a volta e era Ruthie.
onde relata experiencias
próximas ás da súa propia Ás veces imos de compras e levamos a Rutie connosco, mais ela nunca entra
infancia, é a súa obra máis nas tendas e se o fai non para de ollar ao seu redor como un animal salvaxe que
coñecida, traducida a máis entra nunha casa por vez primeira. 15
dunha ducia de linguas.
O  seu poemario Muller Gústanlle os caramelos. Cando imos á tenda do señor Benny dános cartos para
ceiba (Xerais, 1997) tamén que llos merquemos. Di que nos aseguremos de que sexan dos brandos porque
foi traducido ao galego.
lle doen as moas. Entón promete que irá ao dentista a próxima semana, mais
cando chega a próxima semana non vai.
Ruthie ve cousas bonitas en todas as partes. Podo estar contándolle un chiste 20
que ela me interrompe e di: A lúa é fermosa coma un globo. Ou alguén pode
estar cantando e ela sinala as nubes: Olla, Marlon Brando. Ou unha esfinxe
chiscando un ollo. Ou o meu zapato esquerdo.

10
Lectura
1
Unha vez viñeron de visita unhas amigas de Edna e preguntáronlle a Ruthie se quería ir con elas ao bingo.
25 O coche estaba en marcha e Ruthie agardaba na escaleira decidindo se ir ou non. Vou, Ma? Preguntoulle á
sombra gris de detrás da cortina do segundo andar. Tanto me ten, di a cortina, vai se queres. Ruthie ollou
para o chan un momento máis. Ti que pensas, Ma? Fai o que queiras, que queres que che diga? Ruthie ollou
para o chan outro pouco máis. O coche que estaba en marcha esperou quince minutos e despois arrancou.
Cando aquela noite sacamos a baralla de cartas para xogar, deixamos que Ruthie repartise.
30 Ruthie podería ser moitas cousas se ela quixese. Non só sabe asubiar moi ben, senón tamén cantar e bailar.
De moza tivo moreas de ofertas de traballo, mais rexeitounas. No canto diso, casou e instalouse nunha bo-
nita casa dos arredores. O único que non podo entender é por que Ruthie vive en Mango Street se non ten
necesidade, por que dorme nun sofá no salón da nai se ten unha casa de seu, mais ela di que só está de visita
e que a próxima fin de semana vai vir o seu home para levala á casa. Mais as fins de semana veñen e van, e
35 Ruthie segue aquí. Non importa. Estamos contentas porque é a nosa amiga.
Gústame mostrarlle a Ruthie os libros que collo na biblioteca. Os libros son marabillosos, di Ruthie, e
pásalles a man por riba como se fose quen de lelos en braille. Son marabillosos, marabillosos, mais eu xa
non podo ler. Dóeme a cabeza. Teño que ir ao oculista a semana que vén. Antes escribía contos para nenos,
sabes?
40 Unha vez aprendín de memoria o poema “A Morsa e o Carpinteiro” porque quería recitarllo a Ruthie. “O sol
relucía no mar, relucía con toda a súa forza…”. Ruthie ollaba o ceo e, por veces, os ollos enchíanselle de
bágoas. Por fin cheguei ás últimas liñas: “Mais alí ninguén respondeu, o que non era raro, porque os come-
ran a todos…”. Estivo un bo cacho ollando para min antes de abrir a boca e entón dixo: Tes os dentes máis
bonitos que vin na miña vida, e foi para dentro.

Cisneros, Sandra (2014): A casa de Mango Street (Cangas do Morrazo: Sushi Books).
Tradución de Alicia Meléndez.

11
1 Lectura
Actividades

1. Procura no dicionario o significado destes vocábulos. A seguir, constrúe un enunciado con cada un
deles.
rifa (l. 6), asubiar (l. 11), esfinxe (l. 22), chiscando (l. 23), moreas (l. 31), braille (l. 37)

2. Substitúe os termos en negra por un sinónimo.


n Ruthie, muller alta e delgada, de beizos encarnados e pano azul na cabeza, un calcetín azul e
outro verde porque non se deu conta, é a única persoa maior que coñecemos á cal lle gusta
xogar.
n Todas as semanas Edna rifa con alguén...
n O coche estaba en marcha e Ruthie agardaba na escaleira.
n O sol relucía no mar, relucía con toda a súa forza…

3. Identifica no texto tres locucións adverbiais. Poderías substituír algunha delas por outra locución de
igual ou semellante significado?

4. Ordena cronoloxicamente os seguintes acontecementos.


n A Ruthie gústanlle os libros aínda que non pode ler.
n Ruthie non se sente cómoda dentro dos comercios.
n De moza, Ruthie tivo oportunidade de levar unha vida diferente.
n Ruthie dubida se pode ou non saír de casa e pídelle permiso á nai.

5. Responde ás seguintes cuestións sobre a lectura.


n Por que cres que deixan que Ruthie reparta as cartas da baralla?
n Cal pensas que é o motivo polo que Ruthie di que só está de visita e que o seu home vai vir bus-
cala nuns días?
n Como supós que é a relación de Ruthie con súa nai? Por que consideras que é así?

6. Cales das seguintes calidades cres que predominan na protagonista? Posúe algunha calidade máis?
serenidade inxenuidade cobiza solidariedade timidez rancor
simpatía necidade teimosía empatía rabia fachenda

7. Cres que nesta historia predomina a narración ou a descrición? Explica por que.

8. Que tipo de voz narrativa conta a historia? Utiliza exclusivamente o estilo indirecto? Xustifica a túa
resposta con fragmentos do texto.

9. Que recurso estilístico se emprega na afirmación A lúa é fermosa como un globo? Achega tres exem-
plos máis desta mesma figura retórica.

10. A casa de Mango Street é unha novela en que se retrata a vida dunha familia chicana que consegue
comprar unha casa, aínda que para Esperanza, unha das fillas e narradora da historia, é pequena e
fea, moi afastada da idea que se tiña forxado. Explica detalladamente como sería a túa vivenda ideal
e achega información sobre a casa e a veciñanza.

12
Expresión oral
1
Pedir información persoal
Trata de saber algo máis sobre os teus compañeiros e compañeiras recabando os datos solicitados embaixo sen
formular máis dunha pregunta a cada persoa. Gaña o xogo quen consiga a información contida en catro celas
en liña (horizontal, vertical ou diagonal).

Localiza alguén que…


1 2 3 4

Viaxase en avión no Toque un Gañase algunha vez Coñeza un/unha


último ano instrumento musical un concurso persoa famosa

5 6 7 8

Teña un animal
na casa Desfrute coa lectura Sexa coleccionista Teña vivido noutro país

9 10 11 12

Xogue á consola Sexa alérxico/a Saiba cociñar Faga teatro

13 14 15 16

Forme parte
dalgunha asociación
Fale varios idiomas Non teña irmáns/ás Queira ser artista ou dalgún club

13
1 Lingua e texto
Funcións da linguaxe
1. Funcións da linguaxe
O/a emisor/a transmite a súa intención comunicativa a través das funcións da linguaxe, que permiten enfa-
tizar un ou varios elementos do proceso comunicativo (mensaxe, canle etc.).
Podemos distinguir seis funcións da linguaxe, que adoitan aparecer combinadas no discurso, pois normal-
mente unha mensaxe encerra máis de unha intención comunicativa.

1.1. Función representativa 1.4. Función fática


Por medio da función representativa, informativa A función fática ou de contacto fai fincapé na canle,
ou referencial, o/a emisor/a pon de relevo o contex- xa que lle serve ao/á emisor/a para iniciar, manter,
to, pois o que lle interesa é transmitir información comprobar ou interromper a interacción co/coa
obxectiva a respecto do mundo extralingüístico. destinatario/a.
Os enunciados en que subxace esta función acostu- Son característicos desta función os enunciados bre-
man presentar unha linguaxe clara, sinxela e concre- ves e repetitivos e as expresións pobres de contido
ta e unha entoación neutra. (non?, claro, xa, eh, hum etc.).
O telexornal abriu coa noticia do accidente. Si? Diga? Escoita?
As plantas realizan a fotosíntese. Mmm... De acordo, está ben!

1.2. Función expresiva 1.5. Función metalingüística


Coa función expresiva ou emotiva destácase a fi- A función metalingüística está presente nas men-
gura do/da emisor/a, que mostra a súa opinión ou saxes que teñen como finalidade reflexionar sobre o
a súa actitude perante unha determinada realidade, código lingüístico; predomina na escrita das gramá-
poñendo de manifesto a súa subxectividade. ticas, dos dicionarios e dos ensaios lingüísticos.
Nos enunciados en que predomina esta función é Un recurso que revela a presenza desta función é o
frecuente a entoación exclamativa, os pronomes e uso de termos sen ambigüidades.
as formas verbais de 1.ª persoa, as interxeccións, as Axiña é un adverbio de modo.
expresións como meu deus, miña nai...
Despois de punto escríbese maiúscula.
Esta función aparece habitualmente na conversa es-
pontánea, na correspondencia persoal, na literatura, 1.6. Función poética
nos artigos xornalísticos de opinión etc.
A función poética ou estética prevalece nos enun-
É a última vez que cho digo! ciados cuxo principal obxectivo é empregar a lin-
Meu deus, como me amarga ter que saír agora! guaxe dunha maneira artística; o/a emisor/a quere
que o/a destinatario/a centre a súa atención na bele-
1.3. Función apelativa za e na orixinalidade da mensaxe.
A función apelativa ou conativa está centrada no/ Esta función predomina
na destinatario/a, de quen o/a emisor quere conse-
guir algo (aconsellalo/a, influír sobre el/ela etc.).
nos textos literarios e pu-
blicitarios e nas cancións, VISIÓN
Teña_unha.
Esta función, moi recorrente na linguaxe publicita- que se caracterizan polo
ria, evidénciase por medio dos pronomes e das for- uso criativo da linguaxe,
mas verbais de 2.ª persoa, do imperativo, do vocati- pola utilización de recur-
vo e das expresións exhortativas e de cortesía. sos estilísticos, xogos de
palabras, expresións con
Mariña, obedece o teu avó!
sentido figurado... Cada mes no quiosco
Por favor, escóitame un momentiño...

14
Lingua e texto
1
Actividades

1. Liga cada función da linguaxe co elemento da 2. Preenche a tabela coa información que falta.
comunicación que pon en destaque.
Función da
Enunciado
Función fática Emisor/a linguaxe
Cantos anos tes?
Función poética Contexto Artur, Artur... Imos, non?
Imos logo?
Función representativa Código
Moito riso, pouco siso.
Función apelativa Mensaxe Non invente! Compre no
Continente.
Función expresiva Canle Como me alegro de verte!
Na nosa lingua existen tres
Función metalingüística Destinatario/a conxugacións.

3. Cal é a función lingüística predominante nos textos embaixo?

4. Identifica as funcións lingüísticas representadas nas seguintes imaxes.

Este cuarto parece Hum... Que calor A manifestación partirá Ai, como me doe
un cortello! vai hoxe, non si? da praza da princesa ás
o xeonllo!
Si, si. Unha calor 12:30 h da mañá.
horríbel, eh? Uf! Esperámosvos!

15
1 Léxico
Hixiene e coidado persoal

Actividades

1. Ordena as imaxes anteriores nunha secuencia temporal lóxica e describe oralmente o que están a
facer estas persoas en cada unha delas.
2. Agrupa as palabras seguintes nas categorías que corresponda.
xabón, secador, xampú, diadema, delineador, cepillo do cabelo, pau de algodón, lazo, corrector,
crema suavizante, sombra de ollos, tinte, xel, esponxa, toalla, barra de labios, colorete, máquina de
barbear, rímmel, peite, iluminador

Hixiene persoal Peiteado Cosmética

3. Liga cada termo da columna esquerda co seu 4. Explica o significado das expresións marcadas
antónimo da columna dereita. en letra negra.
n Desde que botou moza anda feito un abril.
elegante cativo/a
n Traballa tanto e dorme tan pouco que está
corpulento/a curioso/a
como a sardiña pola punta do rabo.
limpo/a repulsivo/a
n Estás bo para o coitelo, André!
atractivo/a sucio/a
n Coñézoa desde hai moitos anos e sempre
desleixado/a charramangueiro/a
me encheu o ollo.

16
Léxico
1
Campo semántico
Definimos campo semántico como o conxunto de palabras que partillan un trazo semántico. Así, batedor,
espremedor, lavadora, microondas, neveira, torrador… pertencen ao mesmo campo semántico porque designan
electrodomésticos.
Os vocábulos dun mesmo campo semántico teñen a mesma categoría gramatical, mais non posúen o mes-
mo lexema.
Alén disto, un mesmo termo pode formar parte de diferentes campos semánticos segundo a realidade á cal se re-
fira. Por exemplo, laranxa pertence ao campo semántico das cores, mais tamén ao campo semántico das froitas.

Actividades

1. Cal destas series forma un campo semántico? 3. Cada un destes vocábulos pertence a varios
Por que? campos semánticos. A cales?
empanada apartamento coche radio w rosa w abrigo w cadro
pan cabana frear
multar
4. Clasifica os seguintes verbos en dous campos
panadaría casa semáforo semánticos: amizade e inimizade.
panadeiro chalé tránsito confraternizar agradar
panciño choupana veloz
aborrecer adorar
2. Das palabras do cadro, algunhas están relacio- detestar aborrecer
nadas co sentido do gosto e outras co sentido conxeniar repugnar
do olfacto. Clasifícaas correctamente. gustar repeler
insípido/a fragrante fétido/a salgado/a Amizade Inimizade
eslamiado/a doce oloroso/a acedo/a
aromático/a agre picante amargo
fedorento/a cheiroso/a pestífero/a recendente

5. Os termos embaixo correspóndense co campo semántico dos fenómenos atmosféricos. Úneos coas
súas definicións.
Furacán Chuvia miúda.
Neve Auga que cae das nubes en forma de pinga.
Fenómeno atmosférico que se produce cando se dan temperaturas inferiores a cero
Orballo
graos e se conxela a auga.
Sarabia Auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpa.
Tormenta Tempestade forte caracterizada por un vento moi violento.
Treboada Chuvia intensa, súbita e normalmente breve, que pode ir acompañada de vento.
Xeada Perturbación violenta da atmósfera, con vento, chuvia, tronos e lóstregos.
Chuvia Chuvia en forma de pequenas pedras de xeo.

6. En pares, e coa axuda dun dicionario, elaborade estes campos semánticos:


Cereais Sentimentos Utensilios cociña Asentos Bailes

17
1 Gramática
A lingua e a súa organización
1. A lingua e a súa organización
Os seres humanos comunícanse a través da combinación da linguaxe non verbal (xestos, sons, olores, sabo-
res etc.) e da linguaxe verbal, que é a facultade biolóxica mediante a cal estes poden transmitir información
por medio de signos lingüísticos e que se acostuma manifestar no uso das diferentes linguas.
Chamamos lingua ao código utilizado por unha comunidade para se comuni-
Cada signo lingüístico é car. Este código está constituído por un sistema de signos lingüísticos (orais
resultado da asociación e escritos) relacionados entre si por medio dunha serie de regras para dar
arbitraria e convencional lugar a un número ilimitado de mensaxes.
dun significante (que
Pola súa parte, as regras que determinan a combinación dos signos lingüísti-
consta dunha impresión
cos nun idioma, atendendo á forma, á función e ao significado, constitúen a
acústica –son– e dunha
gramática dese idioma. Así, segundo o seu obxecto de estudo, a Gramática
imaxe visual –grafía–) estrutúrase en varias disciplinas, nas cales encontramos unidades cada vez
cun significado (ou con- máis complexas: Gramática do son e do fonema, Gramática do morfema e da
cepto) para designar un palabra, Gramática da frase, da cláusula e da oración e Gramática do texto.
referente (que constitúe
o obxecto particular, real 2. Gramática do son e do fonema
ou virtual).
No nivel fónico da lingua podemos diferenciar dúas unidades mínimas: o son
Significado
(concepto: ‘planta grande’) e o fonema.
O son é a unidade lingüística mínima da lingua. Cando un determinado son
permite diferenciar palabras recibe o nome de fonema. Por exemplo, os sons
[e]-[] conforman dous fonemas /e/-// porque podemos diferenciar as
palabras pe ‘letra’ / pé ‘extremidade’.
As disciplinas lingüísticas que se ocupan do son e do fonema son, respectiva-
mente, a Fonética e a Fonoloxía.
Significante Referente
(grafía + son:
árbore []) 2.1. Sistema vocálico e sistema consonántico
O sistema vocálico do galego, que consta de sete fonemas vocálicos ou
Palatais Centrais Velares vogais, caracterízase pola presenza da oposición aberta/fechada nas vogais
Fechadas
i u medias, o cal permite distinguir pares de palabras (bóla/bola). Estas vogais
medias abertas tamén se rexistran noutras linguas románicas, como o cata-
fechadas e o
Medias lán (coll), o francés (mèr) e o italiano (vento), e mesmo en linguas xermánicas
abertas
  como o inglés (horse).
Abertas O sistema consonántico, pola súa vez, está formado por dezanove fonemas
a consonánticos ou consoantes.
Bilabial Labio-dental Inter-dental Dental Alveolar Palatal Velar
Xorda/Sonora x s x s x s x s x s x s x s
Oclusiva /p/ /b/ /t/ /d/ /k/ //
Fricativa /f/ // //
Africada //
Nasal /m/ /n/ //
Lateral /l/ //
Vibrante simple //
Vibrante múltipla /r/

18
Gramática
1
3. Gramática do morfema e da palabra
O morfema e a palabra son as unidades gramaticais existentes no plano morfolóxico da lingua. Do seu estu-
do ocúpanse a Morfoloxía (a través da forma) e a Semántica (por medio do significado).
A palabra, que vén delimitada na escrita por un espazo en branco no inicio e outro na fin, é o conxunto de sons
dotados de significado e pode estar constituída por un ou varios morfemas, que son as unidades mínimas con
significado lexical ou gramatical.

3.1. Tipos de morfemas


Segundo a estrutura interna dunha palabra, o morfema pode clasificarse en morfema radical, morfema afixo
flexivo e morfema afixo derivativo.
Tipos de morfema Definición Exemplos
Morfema radical Achega o significado léxico da palabra. rapaz-a-s, est-a-ba-n,
ou lexema quen
Informa sobre o xénero, o número, a persoa, a conxugación, o rapaz-a-s, est-a-ba-n
Morfema afixo flexivo
tempo, o modo ou o aspecto.
Morfema afixo Prefixo Colócase antes do radical completando o seu significado. des-facer, re-vender
derivativo Sufixo Aparece após o radical para modificar o seu significado. marabill-oso, facil-mente

3.2. Tipos de palabras


Atendendo á súa estrutura, distinguimos entre palabra simple, derivada e composta.
Tipos de palabra Definición Exemplos
Consta dun único morfema radical e, opcionalmente, de morfe- alto, alta, altos, altas; ler,
Palabra simple
mas flexivos. les, leses; este, esta, isto
Conta con dous ou máis morfemas radicais. máquina de escribir, pa-
Palabra composta
raugas, histórico-social
Por prefixación Presenta un prefixo, afixo anteposto ao radical. rexurdir, supermercado
Palabra Por sufixación Posúe un sufixo, afixo posposto ao radical. claridade, mariñeiro
derivada Por parasíntese Está formada pola unión simultánea dun prefixo e dun sufixo, alongar, endurecer
sen que exista unha palabra intermedia.

3.3. Categorías gramaticais


As palabras que partillan trazos morfolóxicos, sintácticos e semánticos comúns agrúpanse en categorías gra-
maticais ou clases de palabras, que poden ser variábeis e invariábeis conforme flexionen en xénero, número
e/ou persoa. Así, diferéncianse sete categorías:
Categoría gramatical Definición Exemplo
Substantivo Nomea seres animados ou inanimados, accións, estados, muller, xirafa, Ulla, zoca,
sentimentos e calidades. maldade

Variábel Adxectivo Designa unha calidade atribuída a un ser, a un obxecto ou a fácil, baixo/baixa,
un concepto. dificilísimo
Verbo Expresa accións, estados ou procesos, situados nun tempo, ser, comprabamos, trouxo,
nun modo, nun número e nunha persoa determinados. lambiches
Variábel / Pronome Carece de significado concreto; para precisarmos o seu signifi- eu, esa, voso, a, outro, al-
Invariábel cado necesitamos coñecer o contexto. guén, vixésimo, quen, onde
Adverbio Indica circunstancias de lugar, de modo etc. relativas a acolá, antonte, así, quizais
unha acción, a unha calidade ou a un estado.
Invariábel Preposición Introduce frases ou cláusulas. a, até, desde, tras
Conxunción Conecta frases, cláusulas ou oracións. e, xa que, nin, se

19
1 Gramática
4. Gramática da frase, da cláusula e da oración
As palabras poden combinarse en tres unidades superiores, que son obxecto de estudo da Sintaxe: a frase,
que está conformada por unha ou varias palabras organizadas á volta dun núcleo; a cláusula, que presenta un
verbo principal ou varios verbos subordinados; e a oración, que se compón de dúas ou máis cláusulas situadas
no mesmo nivel xerárquico.

4.1. Tipos de frases, cláusulas e oracións


As frases divídense en seis tipos: frase substantiva, frase nominal, frase adxectiva, frase verbal, frase adverbial
e frase preposicional.
Pola súa parte, as cláusulas poden ser simples e complexas.
E finalmente, as oracións clasifícanse en compostas e bipolares.

5. Gramática do texto
As unidades sintácticas (frases, cláusulas e oracións) organízanse, no nivel textual da lingua, para crear un
enunciado ou varios, que á súa vez se poden combinar con outros formando un texto.
O texto, que é a unidade máxima da comunicación, defínese como unha secuencia discursiva, oral ou escrita,
que debe cumprir as propiedades de adecuación, coherencia e cohesión.
A Gramática do texto é a disciplina que se centra no nivel textual.

5.1. Modalidades do enunciado


Por modalidades do enunciado entendemos as diferentes maneiras de expresar un enunciado segundo a
actitude e a intención do/da falante. Desde este punto de vista, diferenciamos entre sete modalidades:
Modalidade Definición Exemplos
Enunciativa Informa obxectivamente de algo, afirmándoo ou negándoo. Roi (non) come moito.
Interrogativa Serve para preguntar. Que fas?
Exclamativa Expresa sentimentos e emocións (admiración, sorpresa...) Vaia coche mercaches!
Imperativa ou exhortativa Indica consello, petición, orde ou prohibición. Senta e escoita.
Desiderativa Expresa un desexo. Oxalá aprobe este exame.
Dubitativa Transmite unha dúbida. Talvez compre ese.
De posibilidade Denota posibilidade ou probabilidade. Deben ser as dúas.

5.2. Marcadores discursivos


As unidades que garanten a cohesión entre as distintas partes do texto denomínanse marcadores discursivos
ou conectores.
Funcionan como marcadores discursivos as conxuncións e locucións conxuntivas (non obstante, porén, porque, ou),
os adverbios e as locucións adverbiais (agora, a seguir, finalmente, non?), os adxectivos (ben, claro), os verbos (escoita,
desculpe), os substantivos (home, lume), as preposicións e as locucións prepositivas (co obxectivo de, á diferenza de),
as interxeccións (eh, bah), certas expresións (en primeiro lugar, por outra parte, como xa indicamos) etc.
Palabra: ‘moi difícil’ (adx.)
Morfemas: dificil - ísim - o
Oración O problema proposto foi dificilísimo, mais conseguín Sons: []
Fonemas: //
Oración resolvelo en media hora. Así, gañei a olimpíada de Física Cláusula principal
Enunciado 1 Enunciado 2
Cláusula
subordinada que se celebrou en Noia. Frase preposicional
Enunciado 2 relator (prep.) + termo (fr. subst.)

20
Gramática
1
Actividades

1. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras (P) ou falsas (O).

P O
A linguaxe verbal é o único sistema de comunicación dos seres humanos.
O conxunto de signos lingüísticos que se relacionan entre si mediante unha serie de
regras recibe o nome de lingua.
A lingua galega consta de vinte e seis fonemas.
A secuencia de sons aptcr constitúe unha palabra.
Paragüeiro é unha palabra parasintética.
A cláusula complexa é aquela que presenta dous verbos principais.
O enunciado é a unidade mínima da comunicación.

2. Diferencia o significante e o significado destes 7. En pares, recoñecede as diferentes categorías


vocábulos. gramaticais no texto.
caderno w globo w tesoiras Este día,
televisor w alegría estas vinte a catro parcelas de silencio,
estas vinte e catro cámaras nupciais
3. Ordena de menor a maior as unidades lingüísti-
cas e agrúpaas nas disciplinas correspondentes. que un vento ferido arrasa,
estas vinte e catro elas de agonía,
cláusula enunciado fonema estará condenado a ser sempre este día
frase morfema oración e eu moradora del,
viaxeira nas salas da colmea.
palabra son texto
estará condenado a ser nada máis que este día
pois que nunca,
4. Le en voz alta as grafías marcadas en negra e
xa nunca,
define os fonemas que representan. A seguir,
consulta o Dicionario de pronuncia da lingua será véspera da próxima ocasión en que te ame.
galega (http://ilg.usc.es/pronuncia/) para es- (O noso amor morreu. Sobre unha rúa
coitar a realización estándar. xacen as asas pálidas dun anxo)

póla terra xurelo algunha Pilar Pallarés, Sétima soidade.

ollo ávrego chousa verde 8. Explica se os enunciados embaixo conforman


un texto.
5. Completa o seguinte trabalinguas e repara na n Despois de chegar ao campus, fun ao meu
pronuncia correcta dos fonemas /∫/ e /s/. cuarto e desfixen a equipaxe. Nunca souben
Unha pexa, rexa, mexa, salfexa, por que os meus pais compraron aquel coche.
salfexorda, descontramiñada e xorda, Finalmente, metinme na cama e durmín.
díxolle a outra pexa, rexa, mexa, salfexa, n Hai varias ideas que se defenden no libro.

salfexorda descontramiñada e xorda: A globalización é un dos temas que se to-


“Eu cando era pexa, rexa, mexa, salfexa, can.
n Mañá celebramos o aniversario de Román no
salfexorda, descontramiñada e xorda,
coidaba os meus pexos…" cinema, así que temos que comprar as entra-
das hoxe. Poderías acompañarme, por favor?
n Señoras e señores, moitas grazas por vi-
6. Segmenta os morfemas destas palabras e cla-
sifícaas en simples, derivadas ou compostas. ren. Nesta lexislatura imos de cu...
bailen, hábil, alemán, calquera, tradutoras, 9. O enunciado Ti cantas ben está expresado na
imaxinabades, estes, parabrisas, remollar, en- modalidade enunciativa. Poderías transforma-
tristecidos lo nas outras seis modalidades existentes?

21
1 Ortografía
Acentuación (I): regras xerais
Segundo a posición
1. Acento
da sílaba tónica no O acento de intensidade é a maior forza con que pronunciamos unha sílaba a respecto
interior da palabra, doutras. Neste sentido, podemos diferenciar entre sílabas tónicas, nas cales recae este
diferenciamos entre: acento, e sílabas átonas, que non se pronuncian con tanta enerxía.
Agudas:
can ción Así, tamén é posíbel distinguir entre palabras tónicas (substantivos, adxectivos,
Graves: adverbios e a maior parte dos pronomes), que presentan un acento propio, e pala-
a len to
Esdrúxulas:
bras átonas (pronomes persoais átonos, artigos, algunhas preposicións e conxun-
o xí xe no cións), cuxa pronuncia se apoia no vocábulo seguinte ou no anterior.
Sobresdrúxulas:
mér ca no lo
2. Regras xerais de acentuación
A sílaba tónica pode levar acento gráfico (´); porén, non todas as sílabas tónicas se
acentúan graficamente.

ACENTÚANSE NON SE ACENTÚAN


n Palabras con máis de unha sílaba que n Palabras monosílabas (salvo as diacríticas): dei, gas, vin
terminan en: n Palabras finalizadas en consoante diferente de -n, -s ou
-Vogal: irmá, xampú -ns: amor, anzol, andaluz
Palabras agudas
-n: catalán, canón n Palabras acabadas en ditongo decrecente ou en tritongo

-s: estás, avós (seguido ou non de -n ou -s), ou en ditongo homoxéneo:


-ns: comúns, xabóns ademais, bebeu, cantou, renunciei, actuais, escribiu
n Palabras acabadas en: n Palabras terminadas en:
-Consoante distinta de -n ou –s: útil, -Vogal: confortabelmente, rapaza
cráter -n: dixeran, comen
Palabras graves
-Grupos consonánticos diferentes de -s: lapis, rapazas
-ns: telefax, tríceps -ns: canons, dolmens
-Ditongo decrecente: posíbeis, hóckey
Palabras esdrúxulas n Todas: lóstrego, roubáronllelo, cóxe-
e sobresdrúxulas gas, árbores...

3. Algunhas precisións sobre as regras xerais de acentuación


As regras xerais de acentuación anteriores tamén se cumpren nos seguintes casos:
n Nas letras maiúsculas: RÚA ILLAS CÍES, Óptica Castro.
Repara na acentuación
gráfica destas palabras: n Nas palabras compostas ligadas sen trazo, en que o acento de intensidade re-

Palabras agudas: cae na última sílaba tónica da palabra: baloncesto, benestar, xordomudo, ignífugo,
alfil, chofer, cepelín, radiografía, telescopio.
radar, saharauí, sonar. n Nas palabras compostas ligadas con trazo ou con constituíntes separados, que
Palabras graves: levan o acento de modo independente: político-social, máquina de coser, azul mari-
acne, argon, atmos-
ño, sala de estar.
fera, bérber, ciclope,
flúor, medula, mísil, n Nos vocábulos acabados en -mente: cientificamente, rapidamente, facilmente, timidamente.

neon, téxtil, traquea. n Nos estranxeirismos e nos latinismos adaptados: anorak, iceberg, iglú, boicot,
Palabras esdrúxulas: samurai; accésit, álbum, béisbol, sándwich; bádminton, déficit.
alvéolo, cardíaco, dé-
n Nos pronomes interrogativos como, cando, onde, canto, por que…, que non se
catlon, dínamo, éncli-
se, olimpíada, próclise, acentúan salvo en enunciados interrogativos indirectos ambiguos: Dime que
rubéola, tríatlon. acentúo ben. Dime qué acentúo ben.

22
Ortografía
1
Nos verbos seguidos de pronome persoal átono,
n Nas abreviaturas: ár. (‘árabe’), al. (‘alemán’), páx.
n

que se acentúan como se fosen un único vocábu- (‘páxina’), fol. (‘folio’).


lo: traerá + a > traeraa, dixo + o > díxoo.

Actividades

1. Localiza neste texto dez palabras tónicas e subliña nelas a sílaba tónica. A seguir, clasifícaas en agu-
das, graves e esdrúxulas.
As beiras do Volga, salpicadas polo ronsel do buque, coroábanse con numerosas bandadas de
parrulos salvaxes que foran escorrentados lanzando berros enxordecedores. Un pouco máis lonxe
sobre aquelas secas chairas bordeadas de ameneiros, salgueiros e tileiros, esparexíanse algunhas
vacas de cor rubia escura, rabaños de ovellas de la parda e mandas de porcos brancos e negros.
Xulio Verne: Miguel Strogoff.

2. Marca o acento gráfico nos vocábulos embaixo e xustifica por que se acentúan ou non.
ademais Anxela avion tonel esta tipico
alguen voz atico cafe ductil Gomez
textil levaron responsabel estoxo canons vater
tempera num. duplex tenazmente responsabeis pon
cortes biceps Caucaso si fixerono infantis

3. Acentúa as palabras compostas cando for necesario.


decimo oitavo lobishome maquina de escribir lucecu paraugas
Riotorto historico-politico lexico-semantica franco-provenzal autobus
caracol baloman porco teixo botafumeiro branquiazul
automobil mediodia arco da vella galego-portugues augamar

4. Os seguintes termos son estranxeirismos ou latinismos. Acentúaos cando corresponda e procura o seu
significado no dicionario.
album radar lider parkinson olimpiada
bumerang chofer beisbol relax pizza
tabu habitat boicot samurai quimono
software gangster chandal penalti triatlon

5. Revisa a acentuación nestes enunciados.


n Quen e ese rapaz de ai? Quero sabelo porque este xa sei quen e.
n Deixate de lerias e dame unha explicacion convincente.
n Dime que me queres porque, se non, marcho xa.
n Guillerme propuxonos unha magnifica idea. Que vos parece?
n Ainda non sabes canto lle custou.

6. Escribe un enunciado para cada par de vocábulos.


agora-ágora campa-campá cantara-cantará pais-país

7. Coa axuda do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa) [dispoñíbel en http://www.realacade-


miagalega.org/recursos-volg] acentúa as seguintes palabras.
sonar atmosfera parasito alveolo cardiaco
neon acne fluor medula misil

23
1 Lingua e sociedade
Historia da lingua (I): orixe da lingua galega
1. Formación da lingua galega
Estratos lingüísticos Achegas lingüísticas
A lingua galega ten a súa orixe no latín vulgar, isto cheminea (francés), chocolate
Outras linguas (linguas amerindias), pallaso
é, no latín falado pola poboación romana. Este latín Adstrato (ss. ix-xxi d. C.) (italiano), pub (inglés)…
vulgar vai sufrir mudanzas fonéticas e léxicas por Léxico común: aceite, algodón,
Árabe
causa das linguas prelatinas e recibirá achegas léxi- (s. viii d. C.)
oxalá…
Onomástica: Rábade, Sada…
cas coas invasións xermánicas e árabes posteriores. Superestrato Léxico común: frecha, orgullo,
Para comprender a evolución da lingua galega, cóm- Xermánico roca, roupa…
(s. v d. C.) Onomástica: Afonso, Elvira,
pre revisar os feitos históricos máis relevantes na Fernández, Suevos…
súa formación. Romano/ Practicamente todo o léxico,
Estrato Latino onomástica, fonética, morfo-
As tropas do imperio romano chegan á Península (s. ii a. C.) loxía e sintaxe.
Léxico común: berce, croio,
Ibérica no ano 218 a. C., mais demoran en conquis- lama, rodaballo, virar…
tar a zona noroeste por mor dos diversos pobos que Onomástica: A Coruña, Barallo-
Celta e pre- bre, Laxe, Miño…
a habitaban. A derrota final do pobo galaico chega na Substrato celta (milenio
i a. C.) Fonética: -cl-/-pl-/-fl- > ch- (cla-
famosa batalla do Monte Medulio no ano 25 a. C. vem > chave); perda do -n- e
do -l- (lunam > lúa; dolorem >
A partir deste momento, iníciase a romanización da dor) etc.
Gallaecia, que foi un lento proceso de asimilación e
de incorporación dos pobos prerromanos á forma de
vida, aos costumes e á lingua latinas e que fixo des- 3. Galego-portugués, lingua románica
aparecer as linguas autóctonas. As invasións xermánicas tiveron unha influencia
A fin do imperio romano prodúcese no século v decisiva no proceso de fragmentación lingüística da
coas invasións de distintos pobos xermánicos. Así, Romania. Por tanto, do século v ao século ix con-
os suevos fundaron en Braga no ano 411 o primeiro fórmanse os trazos lingüísticos fundamentais das
reino da Europa medieval e, posteriormente en 585, actuais linguas románicas ou romances, que xa se
foron invadidos polos visigodos. diferencian do latín a finais do século viii. Así, por
volta deste século nace o galego-portugués, que se
Pola súa parte, no ano 711 os árabes desembarcan na estende por Galiza e o norte de Portugal, e as outras
Península Ibérica e rapidamente invaden o territorio linguas románicas peninsulares (catalán e español,
visigodo. Non obstante, a súa presenza no noso país entre outras) e europeas (francés, italiano, romanés
–e a súa pegada na nosa lingua– foi moi escasa, pois etc.).
este axiña fica libre do dominio musulmán.
Linguas de oïl
Franco-
Provenzal
2. Estratos lingüísticos: substrato,
superestrato e adstrato Occitano
A lingua galega está constituída fundamentalmen-
lán

Éuscaro
te por un estrato latino con influencias dun subs- Leonés és
te
o

on
eg

ag
Cas

Ar Catalán
trato celta e precelta, dun superestrato xermá-
al
G

nico e árabe e dun adstrato composto por outros


idiomas (que veñen enriquecendo o galego desde
o seu nacemento até a actualidade pola vía do Árabe e mozárabe
préstamo).
Estes diversos estratos deixaron sobre o latín pega-
das no léxico común, na onomástica (toponimia e
antroponimia) e, nalgún caso, na fonética. Mapa das linguas
peninsulares. Ano 1000.

24
Lingua e sociedade 1
4. Etapas da historia da lingua galega n Galego-portugués ou galego antigo: Baixa Idade
Media (ss. xii-xv).
O galego é unha lingua histórica, un vehículo de
n Galego medio: Séculos Escuros (ss. xvi e xvii) e
comunicación interpersoal e un sinal de identida-
de dos/das falantes propios/as. Podemos distinguir Ilustración (s. xviii).
tres etapas: n Galego contemporáneo: Idade Contemporánea

(s. xix - actualidade).

Actividades

1. Consulta no dicionario a procedencia das seguintes palabras e clasifícaas segundo o estrato ao cal
pertencen.
abur alfil amorodo arroz billa garaxe camiño camisa cifra gándara
guerra helmo laranxa luva pizza roubar iate toalla tortilla xadrez

2. A partir dos étimos latinos, tenta indicar os resultados nas diversas linguas románicas coa axuda de
varios dicionarios bilingües.
Galego-
Latín Catalán Español Francés Italiano Romanés
portugués
cattum gato
ficum fico
lactem lait
lunam lună
terram terra
plovere llover
u Proba agora coas equivalencias en inglés. Existe algunha similitude?

3. Completa esta liña do tempo coas etiquetas que faltan.


137/136
218

411

476

585

711
25
19

400 300 200 100 a. C. d. C. 100 200 300 400 500 600 700 800 900

batalla do Monte Medulio w caída do imperio romano de occidente w campaña de Décimo Xuño Bruto w
campaña de Xulio César w conquista dos visigodos w inicio da conquista da PI w invasión xermánica w invasión
árabe w fin da conquista de Hispania w nacemento das linguas románicas w formación do reino suevo

4. Le o seguinte texto e responde ás seguintes cuestións embaixo.


Coa romanización terá lugar unha auténtica transformación tecnolóxica. Por un lado, a presenza
romana traerá un novo tipo de asentamento urbano e moitos castros serán abandonados pola forza
ou por pactos, aínda que algúns deles subsistirán até ben entrado o medievo.
A actividade mineira será o principal obxectivo económico da metrópole e a extracción sistemática
de ouro, ferro e estaño farase con adiantados métodos de enxeñaría, conseguindo unha alta ren-
dibilidade para Roma. Alén disto, as actividades mercantís servirán para abrir unha diversificada
rede viaria que una os centros principais polo interior e por vía marítima e que comunique Gallae-
cia co resto da Península.
Basilio Cegarra: Guía e rutas da arte. Épocas e estilos.
u Cales son as causas polas cales os romanos tiñan tanto interese en conquistar a Gallaecia prerromana?
u Que consecuencias trouxo consigo a romanización? A nivel lingüístico, que provocou este proceso

histórico?

25
1 Literatura
Literatura galega. Xéneros literarios
1. A literatura galega
A literatura galega está conformada polo conxunto de obras narrativas, poéticas e
teatrais escritas en galego.
Cando falamos de literatura galega cómpre termos en conta que se trata do desen-
volvemento literario dunha lingua que non está normalizada, o cal ten consecuencias
Neste curso estudare-
mos a literatura galega no estabelecemento dos diferentes períodos literarios. Así, o galego vai pasar de vivir
desde a Idade Media normalizado durante o período medieval a ser un idioma minorizado en situación
até o inicio da Idade diglósica a partir do século xvi. Porén, desde as primeiras décadas do século xx a so-
Contemporánea.
ciedade galega vai esforzarse por superar o conflito lingüístico a través dun proceso
de normalización lingüística en que aínda estamos inmersos/as.
Esta é a liña temporal que sintetiza os principais períodos da historia da literatura
galega:
Idade Media (desde Idade Contemporánea
finais do século xii Idade Moderna (desde o século xix até
até finais do século xv) (s. xvi, xvii e xviii) a actualidade)
00 a

)
50 r

xv os

63 o

91 o

rra 191 lar

er o xx is

l
ua
iii

36

75
do 0-13 ndo

15 ci

18 nt

de 4-18 ent

l a
i e cur

)
)

ii)

4)
xv

1- cu

cu n
0- en

ct
19

19
8- e

sé e fi
80 im

m
e

aa
89 ise
35 ad

 xv Es

(s.

4-

6-
20 pl

De (18 rdi

do a d
(1 urd

(1 n

91

93
(1 dec

ur
(1 es

(s. los

fi
xu
ció

at
ur
6

(1

(1
x
de

ia
cu

re

Re
de

at
ra

nc

rra

er
do

Lit
er
st

ue

ue
Pr

Lit
ío

Ilu

ca
ío
r

eg

sg
Pe

r
Pe

Po
Pr

Todas as literaturas teñen a súa propia historia e, aínda que poidan presentar ca-
racterísticas comúns, cada unha mantén unha estreita relación cos acontecementos
históricos do territorio en que se desenvolve.
Os escritores e as escritoras máis salientábeis de cada período conforman o
canon literario, isto é, o conxunto de autores/as e obras imprescindíbeis para nos
achegarmos á historia literaria dun determinado pobo. Aproximármonos a esa
historia literaria implica achegármonos tamén a un modo de ver, de analizar e de
entender o mundo.

2. Xéneros literarios
Os xéneros literarios son o resultado de constatar a existencia dunha serie de
características formais e temáticas comúns a un conxunto de textos literarios.
Os xéneros literarios son catro: xénero lírico, xénero narrativo, xénero dramático e
xénero didáctico.
A terminoloxía con que se designan os xéneros na actualidade procede de Aristóte-
les, que só considerou tres: a lírica, a épica e a dramática. Porén, os xéneros literarios
non permaneceron estáticos ao longo do tempo, senón que foron evolucionando e
deron lugar a diferentes subxéneros.
Por outra parte, non debemos confundir subxénero con tema; os subxéneros son
estruturas textuais, mentres que os temas dependen do asunto tratado na obra. Así,
O dramático é un dos catro xé- un mesmo tema –como o amor, por exemplo– pode ser abordado desde diferentes
neros literarios. subxéneros: novela, conto, égloga, canción, comedia, ópera etc.

26
Literatura
1
n Xénero lírico n Xénero dramático
Hai cidades que teñen dúas vidas. Alcaldesa: Como pode ver, este concello dispón
Unha, a máis longa, é silenciosa, de contedores específicos para cada tipo de
íntima e chea de segredos residuo.
que garda pudorosamente para ela. Dióxenes: Vexo, vexo.
Outra, tan breve que só dura o verán, está
Alcaldesa: E, ademais, dispomos dunha planta de
 [chea de voces, de luces
reciclaxe recén inaugurada, que nos vai per-
e de cancións alegres que non lembran mitir recuperar gran parte destes residuos.
a vida que deixou atrás.
Fernando González Graña
Fran Alonso
n Xénero didáctico
n Xénero narrativo
Durante a plena e baixa Idade Media a cidade erixiu-
Esta cidade é alucinante. Moita luz. Moita xente mo- se en centro de poder da sociedade feudal. Nun
véndose a toda hostia polo trazado perfecto. Xente mundo de asentamento disperso e fragmentado,
que pelexa. Comecei as aulas. Todo está cheo de ela puido facer valer a súa potencia e coherencia
enerxía, información, novidade. Síntome moi pe- demográfica, o nivel económico dos seus habitan-
quena, ás veces moi grande. Ven pronto aquí. tes e a solidez da súa organización política.
Rexina Vega Anselmo López Carreira

2.1. Xénero lírico


O xénero lírico caracterízase por primar a expresión subxectiva do autor ou da
autora, é dicir, o seu modo de ver, sentir e comprender o mundo.
A maior parte dos textos que conforman este xénero son poemas, mais tamén
debemos ter en conta que existen poemas narrativos e textos líricos en prosa.
Pertencen ao xénero lírico a canción, a égloga, a elexía, o epigrama, o himno e a
oda.
Subxéneros Características Exemplos
Canción Composición poética destinada a ser cantada. “Cántiga”, de Manuel Curros Enríquez, en
Aires da miña terra (1880).
Égloga Poema lírico en que un grupo de pastores e pastoras “Égloga de Belmiro e Benigno” (1951), de
falan de amor nun lugar idealizado (locus amoenus). Nicómedes Pastor Díaz.
Elexía Poema lírico cuxo tema é o lamento por unha morte. “Elexía da ausencia fonda”, de Pura
Vázquez, en Desmemoriado río (1997).
Epigrama Composición breve de tipo satírico que ten a súa orixe Fábulas y epigramas (1892), de Amador
nos textos que na Grecia clásica se escribían nas tumbas. Montenegro y Saavedra.
Himno Poema de tema relixioso, patriótico ou deportivo “Os pinos”, de Eduardo Pondal, en
composto para ser cantado en grupo. Queixumes dos pinos (1886).
Oda Composición poética de tema xeralmente serio e “Oda aos mariñeiros de cangas”, de
elevado. Bernardino Graña, en Profecía do mar (1966).

2.2. Xénero narrativo


O xénero narrativo abrangue obras en prosa e poemas narrativos que presentan
unha voz narrativa encargada de expor a acción desenvolta por un/unha ou varios
personaxes nun espazo e nun tempo determinados.

27
1 Literatura
Dentro do xénero narrativo existen os seguintes subxéneros: conto, epopea, fábula,
lenda e novela.
Subxéneros Características Exemplos
Conto Texto en prosa que reúne todas as características do xénero Dos arquivos do trasno (1926), de Ra-
narrativo e que se singulariza pola súa brevidade. fael Dieste.
Os contos de orixe popular acostuman ser anónimos.
Epopea Composición épica en prosa ou en verso que presenta un he- Os Eoas (2005), de Eduardo Pondal.
roe ou heroína como protagonista dunha serie de aventuras.
Fábula Composición en prosa ou en verso en que os personaxes prin- Fábulas y epigramas (1892), de
cipais son animais e que encerra unha ensinanza moralizante, Amador Montenegro y Saavedra.
polo que pode ser considerada un subxénero didáctico.
Lenda Texto en prosa, xeralmente breve e anónimo, que recolle Lenda da cova da serpe.
elementos fantásticos ou míticos.
Novela Obra en prosa de grande extensión que cumpre todas as Merlín e familia (1955), de Álvaro
características propias do xénero narrativo. Cunqueiro.

2.3. Xénero dramático


O xénero dramático presenta, ao igual que o narrativo, uns/unhas personaxes que
actúan nun tempo e nun espazo concretos. Non obstante, o xénero dramático dife-
rénciase do narrativo pola utilización do diálogo en lugar da voz narrativa.
Os subxéneros dramáticos, que poden estar escritos en prosa ou en verso, son a
comedia, o entremés, a ópera, a traxedia e a traxicomedia.
Subxéneros Características Exemplos
Comedia Composición teatral que pretende provocar o riso. O achado do castro (1983), de Manuel
Núñez Singala.
Entremés Peza teatral breve de ton burlesco e personaxes populares Entremés famoso sobre da pesca do
que se intercala nos entreactos de obras máis amplas. río Miño (1671), de Gabriel Feijoo de
Araújo.
Ópera Composición dramática na cal os/as intérpretes cantan o O Mariscal (1923), de Eduardo Rodrí-
texto en lugar de recitalo. guez Losada-Rebellón.
Traxedia Peza longa de ton elevado en que interveñen personaxes O incerto señor don Hamlet, príncipe de
obrigados/as a loitar contra o seu destino. Dinamarca (1958), de Álvaro Cunqueiro.
Traxicomedia Peza en que se mesturan elementos da comedia e da Os vellos non deben de namorarse
traxedia. (1948), de Castelao.

2.4. Xénero didáctico


Agrúpanse no xénero didáctico aqueles textos en prosa cuxo obxecto é a divulga-
ción dun tema concreto.
Como subxéneros da didáctica podemos citar a biografía, a crónica, o ensaio e a oratoria.
Subxéneros Características Exemplos
Biografía Texto que recolle os principais acontecementos da vida Residente privilexiada (1980), de María
dunha persoa. Casares.
Crónica Compilación de feitos presentados cronoloxicamente. Crónica xeral (finais do século xiii,
principios do xiv).
Ensaio Estudo científico que analiza ou interpreta un tema concreto. Sempre en Galiza (1944), de Castelao.
Oratoria Discurso oral caracterizado pola súa elocuencia. “Fálalles de nós” (1959), de Ramón
Suárez Picallo.

28
Literatura
1
Actividades

1. Le o seguinte texto e responde a estas cuestións.


Pertenzo a un pobo que conta cunha historia que vén de moitos séculos atrás, de tempos inmemoriá-
beis en que o meu país era un reino, o Reino de Galiza, que xa se comunicaba nesta mesma lingua que
estou a empregar agora contigo, unha historia propia que atravesou épocas moi diferentes e mesmo
difíciles que, non obstante, foi quen de superar felizmente.
Descubrín que todos os meus devanceiros, todos os homes e mulleres do pasado que foron facendo o
país, empregando como lingua de comunicación e de cultura o galego, deixaron por escrito innumerá-
beis obras literarias que abranguen os máis variados xéneros (poesía, narrativa, relato curto, teatro,
ensaio etc.), inspirados en milleiros de temas ben diferentes, desde os máis frecuentes e comúns a
todos nós (o amor, a soidade, a emigración etc.) até os máis científicos e especializados: antropoloxía,
etnografía, xeografía e historia... Son moitos os nomes propios que podería citar e inacabábel a lista
de títulos que ficaron escritos, conformando a nosa memoria literaria.
En primeiro lugar, debo admitir que o feito de coñecer a evolución histórica e idiomática galega me
axudou moito, pois serviu para me decatar de que a historia da literatura galega é o produto resultante
do noso devir histórico irregular; quero dicir, que en épocas de máximo esplendor e hexemonía como
pobo, a nosa cultura e literatura tamén se converteu nun produto que gozaba de prestixio a nivel euro-
peo, e, pola contra, cando a nosa entidade se pretendía precarizar, a literatura tamén se viu resentida
e minorizada, se ben nunca completamente anulada.
Mercedes Queixas Zas: Breve historia da literatura galega.
n A que situación histórica alude a autora?
n A literatura galega abrangue calquera xénero literario e calquera tema?
n O repertorio de autores e autoras que conforman a nosa literatura é amplo ou reducido?
n Que outro elemento resulta indisociábel da literatura galega? Por que?
n Cando goza a literatura galega de maior prestixio dentro de Europa?

2. Repara nestas liñas temporais correspondentes á literatura catalá, española e portuguesa até finais
do século xix.

xii xiii xiv xv xvi xvii xviii xix Literatura catalá

Idade Media (s. xii-s. xv) Período de transición Ilustración Renaixença


(ss. xvi e xvii) (s. xviii) (s. xix)

Barroco Romanticismo
(século xvii) (principios do s. xix)

xii xiii xiv xv xvi xvii xviii xix Literatura española

Idade Media (s. xii-s. xv) Renacemento Neoclasicismo Realismo e Naturalismo


(s. xvi) (s. xviii) (mediados e finais
do s. xix)

Barroco Romanticismo
(século xvii) (principios do s. xix)

xii xiii xiv xv xvi xvii xviii xix Literatura portuguesa

Idade media (s. xii-s. xv) Renacemento Neoclasicismo Realismo e Naturalismo


(s. xvi) (s. xviii) (mediados e finais
do s. xix)

n Que liñas temporais se parecen máis entre si?


n Cal destas liñas garda máis semellanza coa da literatura galega?

n Que relación existe entre os períodos literarios e a situación sociolingüística de cada territorio?

29
1 Literatura

3. Cales destas obras pensas que forman parte do canon literario galego? Procura información sobre a
súa autoría e sobre o xénero literario e o período histórico a que pertencen.

O señor dos aneis - Os outros feirantes - Follas Novas - Veladas indecentes - O vixía no centeo - Crónica
Troiana - O lobo da xente - O diario de Ana Frank - Morgana en Esmelle - O señor das moscas - Cantares
Gallegos - Cumios borrascosos - O mariscal - De catro a catro - Cartas de inverno - Moda galega reloaded -
Os biosbardos - Unha primavera para Aldara - Cousas - O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio
e feminismo - Longa noite de pedra - A illa misteriosa - O lapis do carpinteiro - Mutacións xenéticas -
Con pólvora e magnolias - Saxo tenor - Historia da literatura galega contemporánea

Título Autor/a Xénero Período

4. Atendendo ao cadro realizado na actividade anterior, responde ás preguntas embaixo.


n A partir de que período hai máis escritoras? Cal cres que é o motivo principal?
n Cal é o xénero máis cultivado no século xix?

n Na literatura actual predomina algún xénero?

5. Sinala a que xénero e a que subxénero pertencen os seguintes fragmentos.


“Versión oficial”
E cando aquel rapaz, máis inxenuo ou máis valente, comezou a berrar no medio da multitude que
en realidade o rei ía espido, apareceron as forzas e os corpos de seguranza do Estado e mallárono a
paus.
Non fose ser que, por unha vez, a realidade estragase a versión oficial.
Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café.

No punto que faguía o sagro xuramento, “Un consolo”


unha luz de miragre tremelou no apousento Toliño polo fútbol
e abatéronse as portas e pareceu no estrado, morreu o probe Olegario
onde o asento baleiro, Galahaz, o Esperado. dun infarto coronario
Sin espada nin casco, nin espora ni escudo, cando meteron un gol
ten a gracia dun neno, mais o porte barudo. os do conxunto contrario.
como espigas do trigo os cabelos doirados, E o seu amigo Casais,
a cor como de rosas, os ollos azuados facendo o pranto da morte,
e a cruz sagra, vermella como aberta ferida, decía antre tristes ais:
na brancura do traxe, sobre o peito garnida. —Aínda tiveches sorte,
Ó ver o cabaleiro e o fermoso craror que nos meteron tres máis.
todos quedan suspensos e louvan a El Señor.
Xosé María Álvarez Blázquez:
Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida. Poesía galega completa.

30
Literatura
1

Gloria “O xurelo e o golfiño”


A nosa compañía desfaise hoxe, aquí.
Un brancoazul xureliño
Eu decidín ficar. Ti podes despegar.
ao fuxire san un día
Labarta
dos dentes dun arroaz qu’o xa engulía,
Sen ti non penso ir a ningures.
no mar perto está da foz do Miño,
Gloria
falaba desta maneira:
Só unha cousa che pido, no entanto.
—Este mar de Galiza é o máis fermoso;
Labarta
é fermosa entre todas a ribeira,
Cal?
mais a min, peixe probe e pequeniño,
Gloria
engúleme o máis grande e podentoso.
Pecha a xanela, que refresca.
Emigremos pra achar mellor a sorte:
Labarta
ireime pra a América do Norte.
A xanela?
Asín falaba e marchou,
Gloria
mais logo ao tempo de chegar, ao probe,
O mundo ten xanelas e é por eses resquicios que se coa
a ilusión da vida que nos mata. a golecha balea o engulipou!
Eu non quero escoitar máis que esa música, soñar José Rubinos: Cantigas, fábulas e
paraxes que non hai nin flores que non poden darse. outros poemas (escolma poética).
Agora a miña música é un silencio precedendo outro
silencio.
Manuel Lourenzo (texto) /
Juan Durán (música): O arame.

“Ecodeseño”
Que significa realmente iso do ecodeseño? Un produto deseñado con criterios ecolóxicos, un obxecto
froito do ecodeseño, é aquel no cal se incorporaron aspectos que reducen o impacto ambiental en
todo o seu ciclo de vida, desde que se extraen do medio as materias primas até que é xestionado
como residuo. Dous cartafoles poden ser idénticos no seu aspecto mais diferentes no deseño; un deles
pode estar feito con cartón reciclado e o outro con pasta virxe de papel. Outro exemplo é o da bolsa
para botar restos orgánicos, que pode ser de plástico ou de fécula de pataca. Co cartafol do primeiro
exemplo evitamos extraer unha nova materia prima do medio e transformala e co segundo reutiliza-
mos un residuo.
Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá.

6. Selecciona un destes tipos de texto –co seu correspondente tema– e trata de crear un texto literario.
Himno Lenda Entremés Crónica
Loubanza a un Misterio nunha Posíbel situación A fin do verán.
Tema equipo deportivo. casa abandonada cómica nunha
no centro da vila. veciñanza.

31
Rc
Reforzo de competencias

A taxa rosa, o imposto que só pagan as mulleres


Non só cobran menos, senón que ademais desembolsan un importe maior que os homes polo mesmo produto.
En palabras da secretaria de Estado polos dereitos da muller en Francia: É o rosa a nova cor do luxo?

María Viñas, 10 de marzo de 2015 o bando feminino só posúe o 1 % da ri- cor rosa. Polo mesmo desodorizante e
queza mundial. Aínda así, elas pagan da mesma marca situado no estante de
Tres días antes do Día Internacional da máis que os homes polo mesmo produto. cosméticos femininos. Polas mesmas
Muller, a Organización Internacional do A culpábel deste abismo é a denominada luvas de fregar en tallas máis pequenas.
Traballo (OIT) facía públicas as conclu- taxa rosa, un imposto invisíbel que grava O alboroto do colectivo puxo en alerta
sións do seu informe Fenda salarial de xé- as versións femininas dun produto. as autoridades francesas e no pasado no-
nero e fenda salarial por maternidade; as Cando o pasado verán a revista Forbes vembro o Ministerio de Economía galo
mulleres españolas cobran un 17 % menos publicou que as mulleres estadouniden- emprendeu un investigación propia para
que os homes por faceren o mesmo traballo ses chegan a pagar por ano 1.300 dólares tentear o fenómeno.
e as que teñen fillos, un 5 % menos que as máis que os homes por produtos simila- Na actualidade non existe ningunha nor-
que non os teñen. Esta fenda salarial entre res, o colectivo feminista francés Geor- ma internacional que castigue este tipo
home e muller ascende até o 19 % se falar- gette Sand mergullou nunha concienciu- de desequilibrios, de exclusións discretas,
mos de Europa e a un elevadísimo 36 % se da comparación de prezos. Cando termi- aceptadas, maquilladas. En caso de que o
ollarmos os Estados Unidos. nou a súa análise, tiña importantes datos salto de cifra afectase a individuos de dife-
A metade do mundo está formado por que revelar: as mulleres chegan a pagar rentes razas, a disparidade na caixa rexis-
homes; a outra metade son mulleres. até un 75 % máis polo mesmo produto. tradora, pensémolo, estaría seguramente
Con todo, os datos da ONU revelan que Polo mesmo cepillo de dentes, mais de máis que atada en curto e regulada.
La Voz de Galicia LMS

1. Cal é tema principal do artigo? LA


2. Procura un sinónimo para cada unha das seguintes palabras. LA
desembolsan w fenda w imposto w alboroto w tentear w castigue

3. Concordas coa opinión manifestada pola xornalista no último parágrafo? Por que? LS
4. O colectivo francés Georgette Sand toma o seu nome de George Sand, o pseudónimo adoptado pola
escritora Amandine Aurore Lucile Dupin. En pares, investigade sobre a súa figura e explicade por que
se viu obrigada a publicar baixo un pseudónimo. LDASC
5. O uso de pseudónimos é frecuente nas literaturas de todo o mundo. En pares, indagade que escritores/as
da literatura galega empregaron pseudónimos e coloca os seus nomes nunha liña temporal. LDAC
6. Procura información sobre os seguintes aspectos. LMDAS
n Salario mínimo en España, en Francia e nos Estados Unidos.
n Media salarial neses mesmos países.
n Diferenzas entre a media salarial dos homes e das mulleres.

u A seguir, recolle nunha gráfica os datos obtidos.


7. Escribe un artigo de opinión sobre un tema social en que se poida apreciar calquera tipo de desigual-
dade. LASI
8. En pequenos grupos, debatede sobre a muller e o mundo laboral tratando de tocar os seguintes puntos:
LASI
n Poden as mulleres realizar os mesmos traballos que os homes? E ao contrario?

n É xusto que as mulleres cobren menos por faceren o mesmo traballo que os homes?

Clave de competencias
L Comunicación lingüística; M Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; D Competencia dixital;
A Aprender a aprender; S Competencias sociais e cívicas; I Sentido de iniciativa e espírito emprendedor; C Conciencia e expresións culturais.

32