You are on page 1of 3

Mellorando a Biblioteca do IES García Barbón

Neste curso 2019-2020 estamos apostando de maneira planificada e decidida pola


mellora da nosa Biblioteca, sabedores da importancia da lectura para o
desenvolvemento intelectual e persoal dos nosos estudantes.

A lectura é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o noso cerebro e
as capacidades mentais. A lectura enche de actividade o conxunto do cerebro e reforza
tamén as habilidades sociais e a empatía, así como reduce o nivel de estrés do lector.

Carmen Manzano Rovira é a coordinadora da Biblioteca e unha das principais


impulsoras das medidas de mellora que pasamos a comentar brevemente.

En primeiro lugar, quitamos as portas que non deixaban o acceso directo ós libros –
moitas grazas ao alumnado de Mantemento Electromecánico de Maquinaria que
realizaron dito traballo-. Deste xeito, calquera pode consultar os fondos disponibles.
Por outra parte, temos creado estanterías especializadas (por exemplo, Educación
Emocional, Mindfulness e Igualdade). Tamén se realizou unha ordenación e
reorganización das obras existentes por categorías.
No que se refire aos fondos bibliográficos, vimos de adquirir distintas novidades
editoriais sobre diversos temas demandadas tanto polo profesorado como polos
estudantes (Administración, Enfermaría, Comunicación, Educación, divulgación e
novela xuvenil, entre outros).

Polo que afecta ao fomento do uso da Biblioteca por parte do alumnado, temos
desenvolto distintas actividades: elaboración dun Bookflix que reflicte as novidades
bibliogáficas, unha estantería de cores que adicada ás novidades e as recomendacións
e un blog específico: ( https://iesgarciabarbonbiblioteca.blogspot.com ) .
Complementariamente, levamos adiante meses temáticos con carteis, decoración,
libros recomendados e actividades específicas (por exemplo en Novembro adicamos o
mes á Ciencia –con exposición de material de laboratorio na Biblioteca-. En breve,
tamén contaremos cun espazo de ludoteca con xogos educativos.
A meta é acadar a creación dun espazo de lectura, estudo e formación para alumnado
e profesorado. Neste curso procuramos acadar un maior número de lectores habituais.

“A lectura é para a mente o que exercicio é para o corpo”


-Joseph Addison-