You are on page 1of 9

Flash – back esquemático da conclusión de que o ADN é o portador da información xenética Gregor Johann Mendel Mendel descubriu que

os xens eran os factores hereditarios que determinaban as características externas dos seres vivos. Experimento que data do ano 1865 e 1866. 1º Lei

2º Lei Guisantes procedentes do resultado da primeira xeración manifestase o fenotipo (a) ( oculto) en proporción 3:1.

Nota: Se se tratase de individuos heterocigotos na descendencia aparecería o carácter recesivo cunha probabilidade do 50%.

3º lei Individuos homocigotos ( raza pura), manifestarase o alelo que sexa dominante( A) mentres que o recesivo permanece oculto(a). Resultado do cruce de guisantes lisos e rugosos, ambos os dous homocigotos, o resultado que prevalecerá será o do fenotipo dominante, pero como se pode aprezar, os xenes non se mesturan nin desaparecen de xeración en xeración.

Archibald Garrod No ano 1909 mentres estaba estudando a enfermidade da alcaptonuria ,que é hereditaria recesiva ,debido a alteración do metabolismo celular que determina a aparición do ácido homoxentísico. Así ,cúmprese:
Fenilalanina -Tirosina Ácido polihidroxifenilpirúvico-Ácido Homogentísico. Nas persoas sans o ácido homoxentísico é transformado pola enzima homoxentísico-oxidasa no ácido 4-maleil-acetoacético que, se transformará no acetil-CoA, que será degradada no ciclo de Krebs a CO2 e H2O.

Garrod concluiu que o xen normal produce a enzima necesaria, mentres que o recesivo non a produce. Desta maneira, surxiu a hipótese refomulada de un xen- unha enzima.

Frederick Griffith No ano 1928 descubriu mediante un experimento( coa bacteria diplococcus pneumoniae, que existían 2 cepas: 1 virulenta a tipo S e a outra non virulenta tipo R) o que el chamou “principio de transformación” ,este experimento marca o inicio da investigación do ADN como material xenético. O feito destacable deste descubrimento é que ao mesturar bacterias virulentas mortas coas non virulentas vivas, chegou a conclusión de que había algo,que facía que esas bacterias non virulentas se convertisen en virulentas, este algo é heredado e permanente.Máis tarde aislouse e descubriuse que era ADN(Avery, Mccarty e Mcleod)

Concluíron que era o ADN e non a proteína o Oswald Avery, Mcleod e Mccarty No ano 1944 propuxéronse encontrar cal era o compoñente que transmitía o carácter heredable do experimento de Griffith e para iso fixeron o experimento que se mostra a dereita. No mesmo, despois de matar con calor a variedade S,separaron a mestura en 6 tubos de proba, cada un contiña o axente descoñecido.Por conseguinte, engadiuse unha enzima diferente en cada tubo, excepto nun o de control que non recibiu nada. Estas enzimas eran a ARNasa(destrúe ARN),proteasa(destrúe proteínas), ADNasa(destrúe ADN), e unha enzima que destrúe glícidos. Como conclusión, o tubo que contiña a enzima que destruía o ADN perdiu completamente a capacidade para transformar as bacterias. A continuación, para demostrar isto mellor, extraeron líquido da S.pneumoniae matada con material xenético dentro das células. calor( variedade S) e sometérono a unha preparación e purificación,aislando o ADN puro da mestura.Este ADN podía transformar a S en R.

Erwin Chargaff En el año 1950 demostró que el ADN era portador de la información genética, analizó al detalle la composición de base estraídos de diferentes organismos. Demostró que la proporción de las bases nitrógenadas no se encontraba en las mismas proporciones iguales en las distintas especies.También que independientemente la proporción de purinas era igual a la de piriminas( la concentración de A= T y la de C=G).

Rosalind Franklin

No ano 1952 Rosalind Franklin, que traballaba en equipo con Maurice Wilkins, foi capaz de obter unha excelente fotografía de ADN por difracción de raios X, a partir da cal, podía deducirse a distribución e a distancia entre os átomos que formaban parte do ADN. O estudo das fotografías obtidas por esta técnica, foi fundamental no descubrimento da estructura do ADN.

James Watson e Francis Crick A partir das fotografías de Rosalind Franklin concluíron cal era a estructura do ADN. E, tal e como se amosa na imaxe da dereita: O ADN é unha dobre hélice coas bases nitróxenadas dirixidas hacia o centro(coma os peldaños dunha escaleira caracol) e as unidades de azucre-fosfato ao largo dos lados da hélice(como as barandas da escaleira).As hebras que a conforman son complementarias(Chargaff). Así pois, chegaron a conclusión de que as dúas hebras son antiparalelas, teñen unha orientación distinta( unha hebra vai dende o extremo 3’ ao 5’ e a outra do 3’ao 5’).

Matthew Messelson e Franklin Stahl

1957, probaron a natureza semiconservadora da replicación do ADN. Isto, significa que cada unha das dúas moléculas copiadas de ADN están constituídas por unha hebra da molécula orixinal e a nova hebra sintetizada a partir da orixinal. O experimento foi realizado con E.coli . No experimento fixeron crecer ADN en medio N15 durante 14 xeracións. Posteriormente,comprobaron que era posible distinguir entre as bacterias que crecerán durante 14 xeracións en nitróxeno normal(N14) das que crecerán no N15( mediante centrifugación). Por último, despois de sucesivas xeracións, chegaron a conclusión de que o ADN era semiconservativo.

Etapa de 1961 a 1966 Francis Crick e o xenetista británico Sydney Renner descobren a forma na que se organizan as bases do ADN para producir aminoácidos. A súa teoría foi confirmada no 1966 Marshall Nirenberg, Heinrich Mathaei e Severo Ochoa que descifraron o código xenético para cada un dos 20aa. Ao parecer, o código xenético está organizado en tripletes ou codóns, é dexenerado, o código xenético non é solapado,é universal. O experimento de confirmación de Severo Ochoa foi co aislamento dunha enzima dunha célula bacteriana de Escherichia coli, que sería coñecida co nome de ARNpolimerasa(necesaria para a síntese de proteínas). Con esta enzima viu a síntese de ARN no laboratorio. Un ano máis tarde Arthur Kornberg, demostrou que a síntese de ADN tamén requería outra enzima a polimerasa.
Estes hallazgos permitiron o desciframento do código xenético .

Severo Ochoa